LITERATURA 2014
Cucaina
Aula das Letras
2 LITERATURA
CUCAINA
ÍNDICECucaina 4
Aula das Letras 12
Literatura Vicens Vives,un empeño educativo
Deseñar unha colección literaria é un labor apaixonante. Así a todo,
o reto é dobre cando se pretende conxugar o pracer que produce
a lectura dun bo libro coa vontade de formar a sensibilidade e o
espírito crítico dos estudantes. Tal empeño, que atopa camiño
aberto pola traxectoria editorial de Vicens Vives, materializouse
na creación de dúas coleccións literarias que, con decidida vocación didáctica,
están presididas por un rigor intelectual e unha calidade de edición capaces
de satisfacer o lector máis esixente.
Cucaina concibiuse para os primeiros niveis do ensino secundario e distínguese
pola calidade das súas numerosas ilustracións e polo seu atractivo formato.
En Cucaina publícanse relatos de escritores como Oscar Wilde, Charles Dickens,
Arthur Conan Doyle ou William Irish, quen, ao tempo que nos conmoven coa
beleza das súas historias, nos proporcionan sabias leccións sobre o ser humano.
Algúns títulos desta colección son adaptacións de grandes obras elaboradas
cun refinado estilo literario.
Con Aula das Letras pretendemos guiar os primeiros pasos do estudante
que se inicia na lectura de obras fundamentais da tradición literaria universal.
A escolma de autores e títulos capaces de seducir a lectores en proceso de for-
mación é, xa que logo, un obxectivo básico desta colección ilustrada en cor por
afamados artistas.
Ambas as coleccións dan cabida a toda clase de xéneros literarios. A edición
de todas as obras segue dous criterios rexedores: as notas e prólogos
proporcionan o conxunto de claves para a comprensión cabal do texto, mentres
que as meditadas actividades estimulan a participación activa e a reflexión
persoal do estudante.
LITERATURA 3
CUCAINA
O texto literario está composto cunha letra facil-
mente lexible. As abundantes ilustracións en cor
son obra de prestixiosos ilustradores nacionais e
estranxeiros. A nota léxica está redactada con gran sinxe-
leza e claridade.
As actividades ofrécense como complemento da lectura e
estrutúranse en tres apartados:
– En «Comprensión» ou «Argumento» repásanse os
episodios ou as situacións claves que fan progresar a
acción.
– En «Comentario» e «Expresión» vaise alén da
comprensión superficial da obra, e, en función da
idade á que se destina cada lectura, reflexiónase sobre
personaxes, temas, valores éticos etc.
– En «Creación» e «Expresión» propóñense toda unha
serie de actividades creativas arredor da obra:
composición de textos escritos, debates,
dramatizacións etc.
Todos os volumes contan cunha Guía didáctica.
4 LITERATURA
As actividades, divididas en tresseccións, constitúen unha guíasinxela e amena para tirar maiorrendemento da lectura.
As abundantes ilustracións
en cor son obra deprestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.
LITERATURA 5
As notas están redactadas congran sinxeleza e claridade.
O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.
CUCAINA
6 LITERATURA
CUCAINA
1. A voz dos soñose outros contos prodixiosos
Hugh Lupton
Contos tradicionais e fantásticos
Como pode ver un cego con máis claridade que uncazador? É posible que chovan moletes e que os peixesnaden entre a herba dos bosques? As cativadorashistorias deste libro advírtennos contra as persoascontiñeiras, suxírennos que confiar nos soños nonsempre resulta desatinado, e apréndennos que o máissabio é quen ve cos ollos da mente… e do corazón.
Desde 7 anos ISBN: 978-84-682-1062-9
2. O Xigante egoístae outros contos
Oscar Wilde
Contos morais e fantásticos
Este libro reúne os contos máis fermosos econmovedores de Oscar Wilde, os seus relatosmáis dotados de valores morais. Os protagonistasdestes contos alcanzan a felicidade e o amorcando, renunciando ao egoísmo, se mostranamables e xenerosos e se preocupan polo bendos demais.
Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1104-6
CUCAINA
4. Conto de NadalCharles DickensAdaptación de Pablo Antón Pascual
Relato moral e de fantasía
Ao vello avarento Ebenezer Scrooge aparécenselle unhanoite catro espectros que fan que recapacite sobre a súaconduta e que lle amosan o sinistro futuro que terá seteima no seu egoísmo. Con este conmovedor relato,Dickens propúxose remover as conciencias dos seuslectores e convencelos da necesidade de seren bondadosose de practicaren a caridade nun mundo inxusto.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1071-1
3. Fábulas de EsopoJerry Pinkney
Contos morais e fábulas
Neste fermoso libro escolmáronse sesenta fábulas deEsopo, un xénero e un autor imitados sen descanso.A súa permanente popularidade non é de estrañar,pois cada relato depara unha sorpresa: un muiñeiroe seu fillo deciden levar un burro ao lombo, un lobodisfrázase cunha pel de ovella, unha gansa pon ovosde ouro, un sapoconcho gáñalle a unha lebre nunhacarreira…
Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1133-6
LITERATURA 7
CUCAINACUCAINA
6. Un tirón no raboMary Hoffman
Fábulas e contos de animais
Que acontece cando un lobo comellón pretendepapar a ovella máis repoluda? E cando un raposopresume da súa velocidade diante dun caranguexo?Neste libro reúnense once divertidas historias deanimais, nas que o lector descubrirá que se un sepasa de listo, é demasiado cobizoso ou se comportacoma un farfallán, pode saír bastante malparado.
Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1268-5
5. Mitos gregosMaria AngelidouAdaptación de Miguel Tristán
Relatos mitolóxicos
Toda a maxia e a beleza da mitoloxía aparecenreflectidas nos catorce mitos gregos desta colección.O libro explica, entre outras historias, a loita de Teseocontra o Minotauro, a lenda da caixa de Pandora, odesafortunado voo de Ícaro, a viaxe de Orfeo aosinfernos e a astucia do cabalo de madeira co queUlises puxo fin á guerra de Troia.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1049-0
8 LITERATURA
CUCAINA
8 LITERATURA
9. Grandes esperanzasCharles DickensAdaptación de José María Pérez Zúñiga
Relato de aventuras e formación
O orfo Pip namórase de Estella, unha fermosa rapaza quevive cunha excéntrica anciá. Para conquistar a súa amada,Pip decide converterse nun cabaleiro e arredarse da súahumilde familia. Esa cega ambición lévao a desdeñar atodos aqueles que o queren de verdade e a se deixarhumillar polos que o desprezan, o cal fai que se sintaculpable e descubra, ao cabo, que o segredo dafelicidade reside nos bos sentimentos.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1275-3
CUCAINA
8. Relatos de monstrosSteven Zorn
Terror, humor e fantasía
Polas páxinas deste libro espreitan toda clase de monstros:un marabilloso dragón, uns enredantes trasnos, a criaturado doutor Frankenstein, un temible lobishome… Os seisrelatos que narran as súas aparicións farán que arrepíes demedo, que te divirtas, que te emociones, pero, sobretodo, con eles aprenderás que non todos os monstros sontan espantosos nin tan daniños como os pintan. A queesperas para descubrilo?
Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1266-1
7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custoso
William Irish
Aventura, misterio e humor negro
A intriga, a emoción e o suspense atrapan o lectordesde a primeira á última liña destes dousmagníficos relatos policiais. No primeiro delesviviremos a aventura dun verdadeiro «aprendiz dedetective». O humor negro de Un roubo moicustoso, en troques, culmina nun arrepiantedesenlace.
Desde 10 anos ISBN: 978-84-316-2941-0
LITERATURA 9LITERATURA 9
CUCAINA
13. Relatos de pantasmasSteven Zorn
Misterio, terror e humor
Un viaxeiro comparte o camarote dun barco cunmorto vivente… Un rapaz orfo recibe a visita dedúas pantasmas de curta idade que non pretendenoutra cousa que salvarlle a vida… Atrévete a entrarno mundo misterioso e fantástico dos oito contosdeste libro. En cada unha das súas páxinas atoparásunha sorpresa.
Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1301-9
10. Robinson CrusoeDaniel DefoeAdaptación de Eduardo Alonso
Novela de aventuras
Dominado pola ambición e o afán de aventuras,o mozo Robinson Crusoe abandona o seu fogarpaterno e, tras superar unha serie de perigosasaventuras e infortunios, naufraga nunha illadeserta. Para sobrevivir na illa e dominar unhanatureza hostil, Crusoe verase obrigado a avivaro enxeño e a desenvolver múltiples destrezas.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1299-9
11. O corcovadoe outros contos de «As mil e unha noites»
Anónimo
Contos de aventuras, fantasía e humor
Nestes dez contos de As mil e unha noites, as anécdotasmáis divertidas e as fábulas máis formativas conviven conhistorias tan fantásticas como a do home que gardaba nasúa bolsa toda unha cidade, o corcovado que morreucatro veces e ao fin resucitou, o avarento que o perdeutodo por mor dos seus zapatos e o leñador que tornourico ao grito de «Ábrete, sésamo!».
Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1302-6
12. O misterio dos bailarínsPenca de Prata
Arthur Conan Doyle
Relatos policiais
A capacidade de observación e o talento dedutivo de SherlockHolmes relocen nestes dous relatos subxugantes. En O misteriodos bailaríns, o famoso detective resolve un intrigante asasinatograzas ao enxeñoso desciframento dun criptograma, mentresque en Penca de Prata Holmes ten que empregar toda a súaperspicacia para desbotar as probas que acusan o presuntoculpable e identificar o verdadeiro asasino.
Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1300-2
CUCAINA
NOVIDADE NOVIDADE
NOVIDADENOVIDADE
10 LITERATURA
CUCAINA
15. Miguel StrogoffJules VerneAdaptación de José María Pérez Zúñiga
Novela de aventuras
O capitán Miguel Strogoff realiza unha longa e perigosa viaxepola estepa siberiana para previr o gobernador de Irkutsk contrao traidor Iván Ogareff, que se aliou cos invasores tártaros. Polocamiño, o correo do tsar é capturado e cegado cun sabreincandescente polo inimigo. Con todo, a perseveranza deStrogoff e a axuda da moza Nadia permiten que o heroeescape, se enfronte a Ogareff e deteña a invasión tártara.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1442-9
EN PREPARACIÓN
14. Oliver TwistCharles DickensAdaptación de Pablo Antón Pascual
Novela realista e moral
Esta conmovedora novela narra as desventuras de OliverTwist, un rapaz que medra nun refuxio de mendigos eque sofre incontables penalidades cando se une, sensabelo, a una banda de garduños. Cun hábil manexo daintriga e o misterio, Dickens traza un retrato satíricodunha sociedade incapaz de comprender que só o amorpode vencer os peores instintos humanos.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1298-2
NOVIDADE
LITERATURA 11
CUCAINA
17. PinochoCarlo CollodiAdaptación de Agustín Sánchez Aguilar
Novela de fantasía e formación
Pinocho é un boneco de madeira que se move, fala e dis-corre. O malo é que un día si e outro tamén acaban saín-dolle as contas furadas. As súas sorprendentes aventurasdescóbrennos o doado que resulta meter a zoca cando unten pouca experiencia nas cousas da vida, pero tamén nosaprenden que, cun pouco de esforzo, calquera pode facerrealidade as súas maiores ilusións.
Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1444-3
EN PREPARACIÓNEN PREPARACIÓN
16. O ollo de cristalCharlie sairá esta noite
Cornell Woolrich
Relato policial e de intriga
Estes dous apaixonantes relatos policiais demostran amestría de Cornell Woolrich no manexo do suspense e daintriga. En O ollo de cristal, un rapaz enxeñoso e afoutosegue o rastro dun asasino, mentres que en Charlie sairáesta noite un capitán de policía presente que o seu propiofillo é un perigoso atracador.
Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1443-6
18. As viaxes de GulliverJonathan SwiftAdaptación de Martin Jenkins
Novela de aventuras, fantasía e sátira social
Tras naufragar na illa de Liliput, o doutor Lemuel Gullivercoñece os seus diminutos e mesquiños habitantes, capa-ces de declararlle a guerra ao país veciño por non se poñeren de acordo sobre como escachar os ovos. Nas viaxes sucesivas, Gulliver convive con outros personaxesextraordinarios, a través dos cales satiriza, con humor e enxeño, os defectos dos seres humanos.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1643-0
NOVIDADE
19. Amigos robotsIsaac Asimov
Ciencia ficción
Nos dous relatos deste libro, Asimov descríbenosunha sociedade futura na que os robots se convertenen fieis servidores dos seres humanos até o extremode suplir as súas carencias afectivas. Tal é o caso deRobbie, un dos contos máis tenros escritos poloautor, e tamén de Sally, relato no que uns cochesdotados de intelixencia defenden o seu dono doataque duns malfeitores.
Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1589-1
EN PREPARACIÓN
12 LITERATURA
Os textos auxiliares reúnendocumentos críticos, históricos,éticos etc., que constitúen o puntode partida para as actividades.
Foliación en números arábigos.
Nota léxica redactada con claridade.
Número da nota sociocultural
ou de interpretación destacadoen cor.
Concibida para cubrir as etapas da Educación Secun-daria Obrigatoria e do Bacharelato, esta colecciónreúne unha serie de libros que cativarán o interese
do estudante tanto polos seus temas coma polo seu valorliterario. A carón de autores de obrigada presenza (Poe,London, Conan Doyle…), Aula das Letras ofrece opcións in-novadoras tales como escolmas de relatos policiais, de hu-mor ou de narracións fantásticas. Esta colección aspira asímesmo a familiarizar o alumnado con todos os xéneros li-terarios, polo que inclúe novelas, relatos, pezas teatrais…
Alén de ponderadas introducións, cada edición incorporaunha útil dobre anotación (léxica e explicativa) e, sobretodo, un amplo abano de propostas de traballo onde otexto se analiza non só desde o punto de vista literario,senón atendendo a outros enfoques que o contido de cadalibro esixe: histórico, ético etc.
A colección conta con ilustracións en cor de artistas derecoñecido prestixio.
AULA DAS LETRAS
LITERATURA 13
Explicación previa áformulación de cuestións.
A letra en negra destaca ostemas nos que se centran as
Clara división temática enapartados e subapartados.
Nas actividades remítese aostextos auxiliares, á Introducióne, sobre todo, ao propio textoliterario.
Todos os volumes contancon ilustracións en cor.
AULA DAS LETRAS
14 LITERATURA
AULA DAS LETRAS
1. O escaravello de ouroOs crimes da rúa Morgue
Edgar Allan Poe
Relatos de enxeño e de misterio
Este libro reúne dous dos contos máis famosos de Poe. En«O escaravello de ouro», o achado dun pergameo cunhamensaxe cifrada da pé á exhibición do enxeño doprotagonista, Legrand, e do humor do seu inesqueciblecriado. En «Os crimes da rúa Morgue», o investigadorDupin consegue resolver cunha asoballante lóxica oenigmático caso dun crime cometido nun cuarto fechado.
Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1047-6
2. A visita do inspectorJ. B. Priestley
Drama moral e de intriga
Un inspector de policía preséntase no domicilio dafamilia Birling, interrompe a animada cea coa que estána celebrar o compromiso matrimonial de Sheila eindaga na implicación dos comensais no suicidio dunhamoza. A obra desenvolve a partir de entón unha tramachea de suspense na que se presenta un tema de fondocalado moral: todos formamos parte da humanidade esomos responsables da sorte dos demais.
Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1048-3
3. A chamada da naturezaJack London
Novela naturalista e de aventuras
Ambientada no Canadá e durante a «febre do ouro» de1897, A chamada da natureza relata a loita polasupervivencia de Buck, un can ao que uns desaprehen-sivos raptan en California para ser vendido nas xélidasterras do Norte. A crueldade que Buck debe afrontarqueda mitigada polo amor e a fidelidade que o can sentepolo seu amo, unha lección que nos fai vibrar e queLondon nos transmite con todo dramatismo…
4. A rateiraAgatha Christie
Drama policial
Tras cometerse un asasinato en Londres, o sarxento depolicía Trotter preséntase nun pequeno hotel afastadoda capital e illado pola neve para advertirlles aos seusmoradores que o asasino está a piques de chegar copropósito de cometer outro crime. A habelencia coa quea autora manexa a intriga e o desenlace sorprendenteconverteron esta obra na máis representada de toda ahistoria do teatro.
Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1070-4 Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1303-3
NOVIDADE
LITERATURA 15
5. Canción de NadalCharles Dickens
Novela moral e de fantasía
A melodramática historia do vello avaro EbenezerScrooge, que unha noite soña cos horrores que haberáde padecer se porfía no seu detestable egoísmo,ofrécese nesta fermosa edición cun prólogo que estudaa famosa obra de Dickens con detalle. A edición contacon máis de sesenta acuarelas do artista irlandés P. J.Lynch e unhas actividades que analizan o libro desde opunto de vista literario, histórico e ético.
Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1304-0
6. Antoloxía do relato policialSelección de J. Santamaría e P. Alonso
Relatos policiais
Os relatos policiais desta engaiolante escolma conteñenos grandes temas do xénero e contan cos máis famososdetectives como protagonistas: o inimitable SherlockHolmes, o duro e cínico Sam Spade ou o infalible ElleryQueen. Nos contos de Conan Doyle, Dashiell Hammett,Berkeley Cox ou William Irish, o lector descubrirá afascinación que exerce o misterio e o pracer queproduce resolvelo.
Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1305-7
AULA DAS LETRAS
NOVIDADE NOVIDADE
7. As mil e unha noitesSelección de Brian Alderson
Relatos de aventuras, de misterio e de humor
Magoado pola infidelidade da súa esposa, un vingativosultán decide axustizar cada día unha muller até que,chegada a quenda de Sahrazad, a rapaza se nega aaceptar ese destino atroz. Para adiar a súa morte,Sahrazad acorda cativar a atención do rei unha noitetras outra con historias ateigadas de prodixios, relatosde misterio e intriga, contos humorísticos… atéconformar o libro máis fascinante de todos os tempos.
Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1306-4
NOVIDADE
8. O signo dos catroArthur Conan Doyle
Relato policial e de misterio
A señorita Mary Morstan acode a Sherlock Holmespara que a acompañe a unha cita cun home descoñe-cido que lle foi enviando unha perla cada ano duranteos últimos dez. O enigmático personaxe é fillo dunamigo do pai de Mary, un oficial británico desaparecidomisteriosamente, e no encontro relátalles unhatrepidante historia de roubos, traizóns e asasinatosque Holmes deberá solucionar.
Desde 14 anos ISBN: 978-84-682-1307-1
NOVIDADE
16 LITERATURA
10. O gato negroe outros contos de horror
Edgar Allan Poe
Relatos de fantasía e horror
Para provocar o espanto do lector, Poe indagou nos recantosmáis escuros da mente humana: dela proceden as imaxesdelirantes que inducen ao asasinato os protagonistas dalgúnsrelatos («O gato negro» e «O corazón delator») e nela incuba odesexo de vinganza que culmina en atroces crimes («A barricade amontillado» e «Hop Frog»). En todos estes relatos, en fin,brilla o xenio literario de Poe, mestre inigualado de contistas.
Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1446-7
9. O can dos BaskervilleArthur Conan Doyle
Relato policial e de misterio
Desexoso de satisfacer os seus ávidos lectores, ArthurConan Doyle baseouse na lenda dun can feroz e espectralpara compoñer a máis brillante de todas as novelas nasque o protagonista é Sherlock Holmes. O can dosBaskerville é unha obra espléndida onde, a partir da fusióndo xénero policial cos recursos da novela gótica, secontrapoñen, sazonados cunha boa dose de suspense, o poder da razón e as pantasmas do sobrenatural.
Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1445-0
AULA DAS LETRAS
11. Relatos de humorEdición de Montserral Amores
Contos de humor
O humor ten moitas virtudes: libera as tensións, mellorao ánimo, denuncia os vicios sociais e amósanos sen nosmagoar as verdades máis duras. Para que as risas nonfalten, Relatos de humor recolle algúns dos contos máisdivertidos da literatura universal, polos que desfilan,entre outros moitos personaxes, unha momiaanalfabeta, un gato falangueiro e un ladrón vocacionalque non dá roubado por moito que o intenta.
Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1447-4
12. Viaxe ao futuroRelatos de ciencia ficción
Edición de Agustín Sánchez Aguilar
Relatos de ciencia ficción
Non hai xogo máis excitante que imaxinar o que vai vir. A iso éao que se dedica a ciencia ficción, o xénero ao que pertenceViaxe ao futuro. Unha partida de cazadores embarca nunhamáquina do tempo para matar un dinosauro, cinco astronautasdesaparecen sen deixar rastro no planeta Xúpiter, un androidechega á Terra cargado cunha bomba letal, unha estrañaepidemia impulsa os homes a acabar coas mulleres que aman…
Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1448-1
EN PREPARACIÓN
NOVIDADE
NOVIDADE
NOVIDADE
LITERATURA 17
AULA DAS LETRAS
Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1644-7
13. A pantasma de Cantervillee outros contos
Oscar Wilde
Relatos de fantasía e horror
Encabezada por «A pantasma de Canterville», un relato quecombina trazos do xénero gótico e unha divertidísima sátirada aristocracia británica, esta antoloxía reúne os contosmáis entrañables do escritor irlandés. Neles, Wilde critica aridícula vaidade dun pretensioso foguete, censura ahipocrisía de quen finxe amizade ou conmóvenos co amore a xenerosidade sen límites de moitos dos seus personaxes.
NOVIDADE
Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1588-4
14. Robbiee outros relatos
Isaac Asimov
Ciencia Ficción
Que pasará cando utilicemos os robots como coidadores dosnosos fillos e como condutores dos nosos coches; candoconfiemos neles para escoller os nosos gobernantes e pararesolver todos os nosos problemas? Que ocorrerá se asmáquinas comezan a decidir por nós? Ateigado de suxestivaspreguntas e de imaxinativas respostas, Robbie e outros relatosamósanos un futuro que ilusiona e inquieta ao mesmo tempo.
EN PREPARACIÓN
1. A voz dos soños e outros contos prodixiosos Hugh Lupton
Contostradicionaise fantásticos · · · · · · · · · · · · · · · ·
2. O Xigante egoístae outros contosOscar Wilde
Contos morais e
fantásticos · · · · · · · · · · · · · · · ·3. Fábulas de Esopo
Jerry Pinkney
Contosmorais efábulas · · · · · · · · · · · · · · · ·
4. Conto de Nadal Charles Dickens
Relatomoral e defantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·
5. Mitos gregos Maria Angelidou
Relatosmitolóxicos · · · · · · · · · · · · · · · ·
Colección Cucaina
CADRO DE VALORES
Amiz
ade
Com
pañe
irism
o
Con
fianz
a
Con
stan
cia
Cre
ativ
idad
e
Crit
erio
pro
pio
Div
ersid
ade
Xen
eros
idad
e
Hon
rade
z
Imax
inac
ión
Xus
tiza
Med
io n
atur
al
Resp
onsa
bilid
ade
Solid
arie
dade
Tole
ranc
ia
Vale
ntía
18 LITERATURA
7. Aprendiz de detective Un roubo moi custosoWilliam Irish
Aventura,misterioe humornegro
· · · · · · · · · · · · · · · ·8. Relatos de monstros
Selección de Steven Zorn
Terror,humor efantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·
9. Grandes esperanzasCharles Dickens
Relato deaventuras eformación · · · · · · · · · · · · · · · ·
10. Robinson CrusoeDaniel Defoe
Novela deaventuras · · · · · · · · · · · · · · · ·
11. O corcovado e outros contos de «As mil e unha noites»Anónimo
Contos deaventuras,fantasía e humor
· · · · · · · · · · · · · · · ·12. O misterio dos bailaríns
Penca de PrataArthur Conan Doyle
Relatospoliciais · · · · · · · · · · · · · · · ·
13. Relatos de pantasmasAdaptación de Steven Zorn
Misterio,terror
e humor · · · · · · · · · · · · · · · ·14. Oliver Twist
Charles DickensNovelarealista · · · · · · · · · · · · · · · ·
15. Miguel Strogoff Jules Verne
Novela deaventuras · · · · · · · · · · · · · · · ·
Colección Cucaina
CADRO DE VALORES
Amiz
ade
Com
pañe
irism
o
Con
fianz
a
Con
stan
cia
Cre
ativ
idad
e
Crit
erio
pro
pio
Div
ersid
ade
Xen
eros
idad
e
Hon
rade
z
Imax
inac
ión
Xus
tiza
Med
io n
atur
al
Resp
onsa
bilid
ade
Solid
arie
dade
Tole
ranc
ia
Vale
ntía
16. O ollo de cristalCharlie sairá esta noiteCornell Woolrich
Relatopolicial e de intriga · · · · · · · · · · · · · · · ·
17. Pinocho Carlo Collodi
Novela defantasía eformación · · · · · · · · · · · · · · · ·
18. As viaxes de Gulliver Jonathan Swift
Novela deaventuras,fantasía e
sátira social· · · · · · · · · · · · · · · ·
19. Amigos robots Isaac Asimov
Cienciaficción · · · · · · · · · · · · · · · ·
6. Un tirón no raboMary Hoffman
Fábulas econtos deanimais · · · · · · · · · · · · · · · ·
LITERATURA 19
Colección Aula das Letras
CADRO DE VALORES
1. O escaravello de ouro Os crimes da rúa MorgueEdgar Allan Poe
Relatos deenxeño e
de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·2. A visita do inspector
J. B. Priestley
Dramamoral e de
intriga · · · · · · · · · · · · · · · ·3. A chamada da natureza
Jack London
Novelanaturalista
e deaventuras
· · · · · · · · · · · · · · · ·4. A rateira
Agatha ChristieDramapolicial · · · · · · · · · · · · · · · ·
5. Canción de NadalCharles Dickens
Novelamoral e defantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·
6. Antoloxía do relato policialVarios autores
Relatospoliciais · · · · · · · · · · · · · · · ·
7. As mil e unha noitesVarios autores
Relatos deaventuras,
de misterio ede humor
· · · · · · · · · · · · · · · ·8. O signo dos catro
Arthur Conan Doyle
Relatopolicial e
de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·
Amiz
ade
Com
pañe
irism
o
Con
fianz
a
Con
stan
cia
Cre
ativ
idad
e
Crit
erio
pro
pio
Div
ersid
ade
Xen
eros
idad
e
Hon
rade
z
Imax
inac
ión
Xus
tiza
Med
io n
atur
al
Resp
onsa
bilid
ade
Solid
arie
dade
Tole
ranc
ia
Vale
ntía
10. O gato negro e outros contos de horrorEdgar Allan Poe
Relatos defantasía e
horror · · · · · · · · · · · · · · · ·9. O can dos Baskerville
Arthur Conan Doyle
Relatopolicial e
de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·
11. Relatos de humorVarios autores
Contos dehumor · · · · · · · · · · · · · · · ·
12. Viaxe ao futuroRelatos de ciencia-ficciónVarios autores
Relatos deciencia-ficción · · · · · · · · · · · · · · · ·
13. A pantasma de Cantervillee outros contosOscar Wilde
Relatos defantasía e
horror · · · · · · · · · · · · · · · ·14. Robbie e outros relatos
Isaac AsimovCienciaficción · · · · · · · · · · · · · · · ·
Ronda de Outeiro, 308. 15011 A Coruña. Tel. 981 27 35 00 • Fax 981 26 98 86
15011 A Coruña • [email protected] • www.vicensvives.es
C10
0791
1. A voz dos soños e outros contos
prodixiosos
2. O Xigante egoístae outros contos
3. Fábulas de Esopo
4. Conto de Nadal 5. Mitos gregos 6. Un tirón no rabo