Departamento de
Grego
Itinerario Lector Bacharelato
IES de Fene Biblioteca “O Segrel do Penedo”
http://osegrel.blogspot.com
QUERIDA ALEJANDRÍA
García Esperón, María
Editorial Norma
Segundo o costume romano, a xove Cleopatra Selena, filla da lendaria Cleopa-
tra e do xeneral romano Marco Antonio, acaba de recibir a nova de que o seu
matrimonio vén de ser concertado con Juba II, fillo do rei de Mauritania que, co-
mo os propios Cleopatra e Marco Antonio, suicidouse para non afrontar a derro-
ta do seu reino ante o Imperio Romano. Como Juba II, Cleopatra Selena segue
a ser unha raíña, aínda que se converteu en escrava dos romanos cando Roma derrotou ao im-
perio exipcio e caeu a cidade de Alexandría, Esta é a carta marabillosa e conmovedora que Cle-
opatra Selene escribe á súa cidade caída, para renderlle tributo e consagrala na memoria, pero
tamén para contarlle como vive a súa propia felicidade e a súa desdicha en Roma, despois da
derrota da súa liñaxe de faraóns. Esta novela extraordinaria, uns dos mellores exemplos de lite-
ratura xuvenil de América Latina, obtivo o Premio Norma-Fundalectrua 2007.
LA HIJA DE HOMERO
Graves, Robert
Plaza y Janés
O autor narra a historia dunha notable princesa italiana, Nausicca, que vi-
viu setecentos anos antes de Cristo e salvou o trono do seu pai das ambi-
cións dos usurpadores e a dous dos seus irmáns dunha morte violenta,
liberándose ela mesma dun desagradable matrimonio grazas á inespera-
da axuda dun nobre cretense que naufragara nas costas de Sicilia.
Con esta novela Robert Graves analiza a teoría que lanzou Samuel Butler
en 1896 pola que a autoría da “Odisea” habería que atribuirlla a unha princesa Siciliana que
ademais se retratou a si mesma no personaxe de Nausicaa.
LA MITOLOGÍA EN EL MUSEO DEL PRADO
Antonio J. Onieva
Editorial Offo
Cerca de douscentos cadros de asunto mitológico atesoura o Museo del Pra-
do, proporción de alto rango en relación con outros asunos (religiosos, béli-
cos, retratos…) e que xustifican a presenza deste libro no que, se é importan-
te a porción literario, moito máis o é a gráfica, máis de 50 reproduccións en cores, escrupulosa-
mente comprobadas ou orixinais ademáis dun estudo biográfico do artista en un comentario por
cada un dos cadros.
CORAZÓN DE ULISES
Reverte, Javier
Plaza y Janés
Un clásico da literatura de viaxes que reúne o mellor da literatura deste autor:
A pedagoxía e a emoción, o saber e a información, a poesía e a historia, o hu-
mor e a reflexión. Reverte cóntanos a súa viaxe polos territorios da Grecia ac-
tual, pero tamén acércanos aos territorios do pasado grego.
Como fixo Ulises, hai máis de trinta séculos, Reverte completa unha viaxe circular. Partindo de
Ítaca percorre o Peloponeso, as augas do Exeo, a costa oriental de Turquía e as beiras do Mar
Negro. Dende alá viaxa ao extremo occidental da Canal de Corinto e navega de novo ata Ítaca.
Antes de regresar a España, a súa última escala é a cidade exipcia de Alexandría onde concluía
a civilización grega. Ao seu paso polas cidades Reverte detense nos heroes e mitos e atópase
con persoeiros distintos, situacións curiosas e coas súas propias lembranzas.
EL VELLOCINO DE ORO
Graves, Robert
Editorial Planeta
O autor comeza explicándonos a orixe da lenda do Vellocino –un cisma relixio-
so que alzaría a Zeus sobre o resto de divindades, incluída a propia deusa nai-
para facer un rápido repaso mitolóxico e da situación política da Grecia arcai-
ca. Así mesmo busca e da explicación a cada extraordinaria aventura na que
os heroes enfrentáronse a homes e monstruos.
O resultado final é un libro de gran fermosura. Unha viaxe fantástica e inesquecible.
LA DIOSA CONTRA ROMA
Sánchez Vicente, Pilar
Roca Editorial
Unha historia bélica, a epopea de Imborg, a guerreira que foi quen de aglutinar
aos ástures contra o emperador Augusto. Baseada en feitos históricos e narra-
da a dúas voces: un escravo grego, Cleóstrato, escriba de Tito Livio,
“embebido” nas tropas de Octavio Augusto durante a contenda, e a propia Im-
borg, a que fala cos deuses, a que desencadeou a tormenta...
Combinando realidade histórica con fición, este libro daranos a coñecer a verdadeira dimensión
dunha guerra que puxo en xaque a Roma e converteuse no pesadelo do emperador.
MIDDLESEX
Jeffrey Eugenides
Editorial Anagrama
Cal Stephanides é agregado cultural da embaixada dos EEUU en Berlín. Na-
morado dunha muller pero temeroso do que poida acontecer no momento da
verdade, cando caen as máscaras, velos e vestimentas, decide, xa na
“metade do camiño da vida” contar a súa historia, revelar o seu segredo. Por-
que Cal, como Tiresias, viviu como muller e como home. Todo comeza en
1922, cando Desdemona e Lefty Stephanides, os avós de Cal, que vivían nunha pequena aldea
preto de Esmirna e pertencente á comunidade grega de Turquía, foxen tras a guerra entre estes
dous países. No caso da destrución de Esmirna conseguen escapar con documentos falsos. Es-
tán namorados e, en medio dun mundo que se derruba, Desdemona finalmente accede a esque-
cer o tabú fundamental. Casan nun barco que os leva aos EEUU e se instalan en América, na
casa da súa prima Lina e seu marido. E as dúas parellas terán aos seus fillos case ao mesmo
tempo, e estes fillos, nun dobre ou triplo xogo de consanguinidades, casarán e será os pais de
Cal. Que cando nace é Calíope, e parece destinada a encarnar a lenda que se contaba en se-
gredo na aldea dos seus avós sobre esas nenas que cando chegaban a certa idade transformá-
banse en homes.
EPICURUS EL SABIO (Cómic)
Messner-Loebs, William & Kieth, Sam
Editorial Piranha Press
Epicurus El Sabio, son dous volumes nos que se narran os proble-
mas que atopa Epicuro, sabio e filósofo da idade de ouro da antiga
Grecia, para poder crear unha escola propia de pensamento. Isto,
vese salpica- do por un par de encargos que lle realizan os deuses, xa que o có-
mic asume que deuses e humanos chegamos a compartir territorio e intere-
ses. Cun de- buxo afastado dos canons habituais de beleza, pero tremenda-
mente simpático e un guión áxil e entretido, vemos un desfile de personaxes históricos, e non
tanto, como un nervioso e recorrente Platón, un sobrado e pasota Sócrates, ao altivo Aristóteles,
un xovencísimo Carlomagno que apunta maneiras, o sátiro Zeus que fecunda todo o que se pon
a tiro e unha interesante colección de figuras mitolóxicas e subtramas que configuran un cómic
cheo de humor social e acedo, sorprendentemente actual. É a ironía personificada. Caricaturas
dos filósofos gregos, das mulleres Espartanas, de Zeus, de Hera, e de outros tantos personaxes
míticos ou reais, Platón, Aristóteles, Sócrates, os pitagóricos, Herón,... nin sequera o mesmísimo
Hades se libra desta sátira humorística.
TESEO. EL REY DEBE MORIR Y EL TORO DEL MAR
Renault, Mary
Editorial Edhasa
Unha das historias máis emocionantes, marabillosas e sorprendentes da
antigüidade clásica, a historia do mito de Teseo, fundador da dinastía ate-
niense, reformador relixioso, gran navegante e ata pirata. A Teseo tamén se
lle atribúe o sinecismo ateniense –a reunión de varios pobos nunha cidade,
con igualdade de dereitos entre todos os habitantes e institucións políticas e
relixiosas unificadas, tras ter conquistada boa parte da Ática. Pero Teseo
non só aparece nos seus episodios máis emblemáticos –vencendo ao mi-
notauro en Creta e encabezando vitoriosas expedicións guerreiras- senón tamén nas súas rela-
cións persoais, nos seus amoríos con Adriana, Hipólita (a raíña das amazonas), Fedra e Helena,
e no seu mundo interior.
SÉNECA, EL CAMINO DEL SABIO
Lillo, Fernando
Editorial Diálogo
Ao longo da historia das ideas cada xeración ten buscado o seu propio Séne-
ca. Nesta novela, na que o filósofo reflexiona sobre si mesmo pouco antes da
súa morte, defendemos que Séneca segue a ser unha figura de gran interese
para o home de hoxe. Nun mundo no que prima a aparencia e o superficial,
axúdanos a súa ensinanza sobre o valor da interioridade e da meditación. An-
te o poder das paixóns aprendemos da súa loita por moderalas e non ser o
seu escravo. Pois a paixón ou ben a dominas ou te domina. Fronte ao individualismo imperante
admiramos o seu sentimento de servizo ao Estado, e a súa preocupación pola transcendencia
fronte a unha mirada horizontal e plana da existencia. A súa serenidade ante a morte, a súa re-
lación coas riquezas, a súa actitude ante a desgraza e o exilio ou o seu desexo de tratar aos es-
cravos dun xeito máis humanos, son outros tantos temas que aínda hoxe interpélanos e nos fan
máis sabios.