Queimar loureiro ou oliveira para
alonxar os tronos ou bañarse con auga de flores
da Herba de San Xoán para afastar as doenzas, son prácticas vivas
del colegioActualidad
Pie de foto
Herbas e verbas, claves da mediciña popular de GaliciaO presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, protagonista da presentación do ‘Tractatus de Herbis’, da Editorial Moleiro, na sede do colexio en Riego de Agua, onde pronunciou unha conferencia
Por A. Losada
Ramón Villares, presi-dente do Consello da Cul-tura Galega (CGC), estivo na sede do Colexio en Riego de Agua (A Coruña), con moti-vo da presentación da edición do Tractatus de Herbis realizada pola editorial Moleiro, e da in-auguración da mostra Códices iluminados: un legado científico e artístico de valor incalculable.
O acto estivo presidido polos presidentes do Colexio Médico, Luciano Vidán; do Colexio Far-macéutico, Héctor Castro -quen realizou unha das súas primei-ras aparicións públicas tras a súa recente toma de posesión- e da editorial, Manuel Moleiro. Tamén asistiron o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, e a delegada territorial da Xun-ta na Coruña, Belén do Campo. Ante estas autoridades e máis dun cento de persoas, o profesor Vilares pronunciou un relatorio titulado O ‘Tractatus de Herbis’ e a medicina popular en Galicia, na que destacou que “o libro que hoxe presentamos é singular, é un dos grandes monumentos da cultura medieval, e tivo unha grande repercusión e difusión en todo Occidente”.
O Tractatus recolle boa parte da sabedoría da época e, “moi-tos dos coñecementos nel con-tidos estiveron presentes nas boticas dos mosteiros galegos, na formación dos boticarios e, de resultas de todo iso, na cultura popular que, durante séculos, fusionou a medicina de raíz hipocrática coas solucións curativas de corte máxico ou bruxeril”.
Ramón Villares, seguindo o traballo do medievalista Arse-nio Ferraces, presente tamén na sala, describiu o Tractatus como “un grande álbum no que se representan, acompañados de textos breves, medio cento de plantas mediciñais, xunto a
O opio, a amapola e a
mandrágora teñen documentados
efectos narcóticos e foron empregadas como anestésicos
Ramón Villares
Exposición de códices no Colexio
54a saúde de galicia
actualidad del colegio
algúns animais, peixes de mar, minerais e figuras humanas. Reflicte a vida cotiá da socieda-de medieval mediterránea, sen darlle preferencia a produtos refinados ou luxosos. Foi escrito e composto no século XV en Ita-lia, terra de encontro de varias culturas, o que supón que reco-lle o máis relevante da tradición médica ata daquela coñecida en Oriente e Occidente, antes da descoberta de América”.
O presidente do Consello da Cultura Galega recordou a frase latina “herba et non verba, onde hai herbas non mandan pala-bras, que nace dun verso de Vir-lixio e que recolle a tradición de considerar aos médicos como grandes faladores, pero tamén describe perfectamente a medi-ciña popular galega, composta de herbas e de verbas, é dicir, de maxia”.
As particulares tradicións do pobo de Galicia foron xa reco-llidas por Martiño de Dumio, na súa obra De correctione rus-ticorum, na que recompila as prácticas relixiosas heterodoxas que atopou nas aldeas galegas do século VI despois de Cristo, como “poñer cirios nos cruces de camiños, adorar as augas e outras cousas que aínda están ou estiveron presentes ata ben entrado o século XX”. Tamén os frades bieitos Jerónimo Feijóo e Martín Sarmiento puxeron de manifesto estes asuntos.
medicina popular en Galicia, un compendio da maioría do que sabemos”. No ronsel destas obras sitúase a máis contem-poránea La medicina popular interpretada, de Mariño Ferro, segundo recordou Villares.
E, por suposto, no campo da literatura citou a Escola de men-ciñeiros, de Álvaro Cunqueiro, “un libro que el quería titular Escola de curandeirios, pero mudouno por consello do seu prologuista, Domingo García Sabell. Os saberes de Cunqueiro eran produto da observación e a aprendizaxe, que comezou xa na infancia, co seu pai, que era un zoólogo e naturalista, e coa relación cos clientes da botica familiar”.
Ramón Villares salientou que hai numerosos exemplos docu-mentais do uso de plantas na medicina popular galega. É o caso da carqueixa, cuxo poder curativo foi alabado xa por Frei Martín Sarmiento, ou doutras que mudaron o nome ao fío da tradición cristiá, como a herba de San Pedro ou a de San Xoán. “E a outras, bendecidas ou non, se lle recoñece capacidade para
Certos animais ou plantas usáronse para prognosticar
se un enfermo se ía salvar ou ía morrer
O uso da tea de araña
como remedio hemostático está recollido en varios textos medievais
Os labregos mexaban polas mans cando lles rebentaban polo
exceso de traballo
Ás secrecións do home atribuíanselle
propiedades curativas, tanto médicas coma
máxicas
Pero, como sinala o profe-sor Villares, o primeiro autor moderno que se ocupou destas tradicións dun xeito etnográfico foi o médico lugués Jesús Ro-dríguez López que, en 1895, pu-blicou o que logo se convertería nun texto clásico: Supersticiones en Galicia, “unha obra auroral dun xénero que logo tivo moi-tos continuadores, como o ta-mén facultativo Luis Quibén, que escribiu nos anos 40 La
A exposición de Moleiro estivo aberta ata o 28 de xuño
Héctor Castro, Luciano Vidán, Miguel Ángel Cadenas, Belén do Campo, Manuel Moleiro e Antonio Fontenla
55a saúde de galicia
actualidad del colegio
Xunto a estes remedios de productos e sustancias,
empregábanse as palabras, a maxia,
para reforzar a curación
A medicina popular galega está chea de actores que interveñen de xeito activo na
procura da saúde. A súa ciencia está respaldada pola cultura herdada
Eles non diagnosticaban doenzas, senón que adiviñaban, e facíano falando cos veciños. Tiñan grande coidado no
trato humano
alonxar os males. Queimar lou-reiro ou oliveira para alonxar os tronos, bañarse con auga de flores da Herba de San Xoán para afastar as doenzas, pasar os animais por enriba das cin-zas dunha cacharela... son prác-ticas xa recollidas por Martiño de Dumio e que aínda viven na cultura popular, aínda que es-tean en retroceso”.
Outras especies vexetais coma o opio, a amapola e a mandrágora teñen documen-tados efectos narcóticos e foron empregadas como anestésicos na cirurxía. “A mandrágora, en concreto, ten unha longa tra-dición e está moi asentada no imaxinario popular. A forma da súa raíz foi asimilada á figura humana, e pensábase que pro-vocaba a morte instantánea da persoa que a arrincaba. Dese-ñáronse medios sustitutivos, ainda que insolidarios para evi-tar este fatal desenlace, como atar a planta a un can famento e tirarlle un anaco de pan ao ani-mal, para que extraera a raíz”.
Doutra banda, a ortiga ten propiedades diuréticas, e o pe-rixel, o fiuncho e o loureiro ser-viron e serven como condimen-tos gastronómicos. Ademais, como explicou Villares, “certos animais ou plantas foron em-pregados para prognosticar se un enfermo se ía salvar ou ía morrer. Por exémplo, facíaselle orinar sobre unha ortiga e se ao día seguinte seguía verde, era que sanaría, pero se estaba
seca era morte segura. Outra tradición era untar a planta dos pés do doente con lardo de porco e botarlle a un can. Se o cadelo comía o lardo, a persoa salvábase”.
O uso da tea de araña como remedio hemostático, para cor-tar hemorraxias, está recollido en varios textos medievais, incluido o Tractatus, e aínda hoxe se recomenda. E mesmo os seres humanos estaban con-siderados na tradición da medi-ciña como una fonte de reme-dios. “Ás secrecións do home atribuíanselle propiedades curativas, tanto médicas coma máxicas. A orina era utilizada como loción ou tomada por via oral, con algo de edulcorante e plantas aromáticas, e os labre-gos mexaban polas mans cando lles rebentaban polo exceso de traballo, como se recolle na película Los santos inocentes”.
Xunto a estes remedios de productos e substancias, em-pregábanse as palabras, a maxia, para reforzar a curación. Era o terreo dos curandeiros, meigas, sabios, saludadores... Como lembrou o presidente do Consello da Cultura Galega: “A
medicina popular de Galicia está chea de actores que inter-veñen de xeito activo na procu-ra da saúde, pero é unha activi-dade que non precisa distinción, nin sequera simbólica. Non son chamáns, son campesiños que exercen de curandeiros. E a súa ciencia está respaldada, de xeito inconsciente, pola cultura her-dada. Eles non diagnosticaban doenzas, senón que adiviñaban, e facíano falando cos veciños, dende a proximidade psico-lóxica. Tiñan grande coidado no trato humano”.
Para rematar, o profesor Ra-món Villares explicou que estas figuras non deben confundirse con outros curandeiros “que nin son populares nin son cientí-ficos”, e que aínda existen na sociedade actual, alimentados pola pervivencia das crenzas nos remedios sanadores de cor-te máxico. Soubemos hai uns días que un xogador de fútbol, Diego Costa, foi ata a Euro-pa balcánica na procura dun remedio para as súas lesións musculares a base de placenta de egua. Debeu ter pouco éxi-to, a xulgar polas súas pobres prestacións na final da Cham-pions”. É un xornal deportivo informou que Kwaku Bonsan, un dos bruxos máis influintes de Ghana, país rival de Portugal na última xornada do Grupo C, estaba traballando para impedir que Cristiano Ronaldo xogase o mundial. Afirmou ter colo-cado un po especial dos seus deuses, xunto a varias pócemas e brevaxes e unha fotografía do xogador. Así, causoulle unha le-sión espiritual, que se ía plas-mando na rodilla, na cabeza ou nas costas. Algo semellante ao noso mal do aire, pero aplicado a futbolistas multimillonarios”.
O editor Manuel Moleiro, durante a súa intervención
O público ateigou a sala
56a saúde de galicia