1
7.- Inspección Post mortem - Ditame
Documento principal
NATUREZA DO CONTROL
INSPECCIÓN PORT MORTEM
Bovinos
Porcinos
Ovino – Cabrún
Solípedos domésticos
CADROS DE MEDIDAS
REXISTROS DO SERVIZO VETERINARIO OFICIAL - SEMAGA
DITAME
Servizo de Seguridade Alimentaria
2
É tarefa específica do Servizo Veterinario Oficial, recollida na Sección 3 doRegulamento de execución (UE) 2019/627 da Comisión Europea de 15 de marzo de2019
Realizarase a inspección dos canais e despoxos inmediatamente despois do sacrificio doanimal. Esta inspección consistirá nun exame visual de todas as superficies externas, examescomplementarios tales como a palpación e a incisión e probas de laboratorio.
Os canais presentaranse divididos lonxitudinalmente en dúas metades ao longo da columnavertebral no caso dos solípedos, bovinos maiores de oito meses e porcinos domésticosmaiores de cinco semanas. A autoridade competente poderá autorizar de forma expresa apresentación destes canais sen dividir, por hábitos alimentarios, condicións técnicas ousituacións sanitarias especiais así como os canais de animais suxeitos ao programa de control evixilancia das EET.
Durante a inspección deberanse tomar as debidas precaucións a fin de reducir ao máximo orisco de contaminación da carne por manipulacións tales como palpación, corte ou incisión.Realizarase un exame para detección de presenza de triquinas en carnes de súidos e solípedos.
Se procede, realizarase exame para detectar a presenza de muermo en solípedos, medianteinspección de mucosas da tráquea, larinxe, cavidades nasais, senos e as súas ramificacións,logo de incisión da cabeza no plano medio e ablación do tabique nasal.
Enviarase comunicación ao xefe de zona en caso de detectarse algunha das enfermidadestransmisibles ao home e/ou animais, referidas no R.D. 1940/2004, sobre a vixilancia daszoonoses e os axentes zoonóticos e o R.D. 526/2014 do 10 de xuño, polo que se establece alistaxe de enfermidades de animais de declaración obrigatoria e se da a normativa para a súanotificación.
7.1.- NATUREZA DO CONTROL
Efectuarase nos seguintes ámbitos:
1. A comprobación das actuacións do operador económico en relación ás condiciónsestablecidas polo Regulamento (CE) 853/2004 co fin de facilitar a correctainspección post mortem.
2. As actuacións do veterinario oficial do matadoiro de acordo ao ao Regulamento(CE) 627/2019
3. O protocolo de inspección, os rexistros e os resultados veñen establecidos noaplicativo SEMAGA de inspección en matadoiros
Servizo de Seguridade Alimentaria
3
7.2.1.- INSPECCIÓN POSTMORTEM ENBOVINOS
Servizo de Seguridade Alimentaria
4Servizo de Seguridade Alimentaria
5
7.2.2.- INSPECCIÓN POSTMORTEM ENPORCINOS
Servizo de Seguridade Alimentaria
6
ANÁLISE TRIQUINOSCÓPICO
Triquina: ver apartado correspondente, e Regulamento 2015/1375
ANOMALÍAS ORGANOLÉPTICAS: CHEIRO SEXUAL
Instrucción I/DXSP/07/14
Establécese con carácter xeral un procedemento de apoio ao ditame de aptitude para consumo de canais de súidos domésticos con cheiro sexual forte. Este procedemento demostrará que o simple oreo das canais pode non ser suficiente para a desaparición do cheiro.
Dado que a forma de consumo deste produto vai ser mediante o seu quecemento, faise necesariosometelo a esta proba para comprobar se desaparece a anomalía organoléptica.
A.- Se tras o oreo o cheiro persiste, a carne será declarada non apta para consumo.
B.- Se tras o oreo non se detecta cheiro procederase á toma de mostras do touciño dorsal erecortes musculares ao longo do longíssimus dorsi. Someteranse a unha das probas seguintes:
1.FRITURA.- Dourar mediante fritura as diferentes mostras (Tapar a fritura, ao obxecto deconservar o cheiro)
2. COCIDO.- Introducir as mostras nun frasco con peche hermético e mergullar ao bañomaría ata observar a condensación no frasco e cor cocido da carne (aprox 30 minutos).
C.- A aptitude para consumo determinarase tras o resultado olfactivo das probas.
Servizo de Seguridade Alimentaria
7
7.2.3.- INSPECCIÓN POSTMORTEM ENOVINO E CABRÚN
Servizo de Seguridade Alimentaria
8
7.2.4.- INSPECCIÓN POSTMORTEM ENSOLÍPEDOS DOMÉSTICOS
Servizo de Seguridade Alimentaria
9
ANÁLISE TRIQUINOSCÓPICO SOLÍPEDOS
Triquina: ver apartado correspondente, e Regulamento 2015/1375
RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS ESPECIES
O alto grado de parasitoses detectado nos matadoiros da nosa comunidade podeaconsellar incidir noutros órganos cando o veterinario o estime. Do mesmo xeito candohaxa indicios de risco para a saúde humana, a sanidade animal ou o benestar animal oveterinario oficial poderá executar os procedementos+ de incisión e palpación queconsidere.
Independentemente dos procedementos de inspección postmortem en cada especie,para o ditame de aptitude haberá que ter presente, ademais, a resposta satisfactoria aosseguintes controis recollidos na sección 4 do RG UE 2019/627
Encefalopatía esponxiforme transmisible en ruminantes
Cisticercose en súidos e en bovinos
Triquinose en súidos, solípedes e outras especies sensibles
Tuberculose e Brucelose en todas as especies
Mormo en solípedes, se se considera necesario por parte da inspección veterinariaoficial
Salmonelose
Campylobacter
Requisitos específicos relativos a los análisis de laboratorio
Servizo de Seguridade Alimentaria
10
7.3.- CADOS DE MEDIDAS ANTE PERIGOSESPECÍFICOS
No caso de detección dalgún dos perigos específicos definidos polo Regulamento2019/627 Sección 4:
https://vetmaga.sergas.gal/Contidos/Documents/242/Cadro_decisions_IPM.pdf
Servizo de Seguridade Alimentaria
11
7.4.- REXISTROS
PARTE DE ZOONOSES
No caso de lesións compatibles con enfermidades zoonóticas rexistraranse no parte dezoonoses
https://vetmaga.sergas.gal/Contidos/IPM-Zoonose
SEMAGA
Procederase a rexistrar os resultados da inspección postmortem, ditames de aptitude enon aptitude para o consumo, nese caso rexistrarase a causa da non aptitude.
Servizo de Seguridade Alimentaria
12
Unha vez finalizada a inspección e ditaminado o destino das carnes procederase ao envíodos datos á empresa, para que proceda ás comunicacións pertinentes (Medio Rural, ICAetc)
Rexistro de incidencias nos controis diarios e semanais, relacionados con este apartado.Unha vez solucionada a incidencia procederase á anotación no aplicativo de xeito quepoda comprobarse cantas incidencias permanecen abertas e cantas foron emendadas.
https://vetmaga.sergas.gal/Contidos/IPM-SEMAGA
Servizo de Seguridade Alimentaria
13
7.5.- DICTAME
Unha vez realizada a IPM e tendo en conta que para realizala tívose en conta toda ainformación de: > ICA. > IAM. > Cadea de sacrificio. > Resultados de laboratorio
Emitirase un ditame sobre a aptitude da carne. A carne poderá declararse
Apta para o consumo humano sen restricións.
Totalmente inadecuada para consumo humano: Decomiso total.
Eliminada parcialmente para consumo humano: Decomiso parcial.
Condicionalmente apta para o consumo humano: cando debe someterse a algúntipo de tratamento, e se este non pode ser aplicado será ditaminada comodecomiso total.
Cando o resultado da inspección post mortem non sexa concluínte e sexa necesaria arealización de probas complementarias, o ditame posporase ata ter o resultado delas.
Apta para o consumo humano:
A carne procedente de animais nos que na IPM non se atoparon probas da existenciadunha enfermidade ou defecto inaceptable e o sacrificio e faenado leváronse a cabo deacordo cos requisitos de hixiene, información da cadea alimentaria e benestar animal.
ANEXO DICTAMEN DECOMISOS
DECLARACIÓN DA TOTALIDADE DA CARNE COMO NON APTA PARA CONSUMO
DECLARACIÓN DE PARTE DA CARNE (EXPURGO, DECOMISO PARCIAL) COMONON APTA PARA CONSUMO
DECLARACIÓN DE CARNE APTA PARA CONSUMO CONDICIONALMENTE(autorización expresa pola autoridade)
https://vetmaga.sergas.gal/Contidos/Ditame
Servizo de Seguridade Alimentaria
14Servizo de Seguridade Alimentaria