Date post: | 21-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | campusculturae-campusculturae |
View: | 223 times |
Download: | 4 times |
ww
w.u
sc.es/campu
scultu
rae ww
w.facebook.com
/campU
SCu
lturae @
campU
SCu
lturae
campu
scultu
rae@u
sc.es / neira.cru
z@u
sc.es / irene.g
arcia@u
sc.es+34 881816533 / +34 881816
535
campUSCulturaeun espazo internacional para as minorías e a diversidade cultural
Coa presenza do Reitor da Universidade de Santiago de Compos-tela, Juan J. Casares Long, preséntase campUSCulturae, proxec-to co-financiado pola Culture Agency da Comisión Europea que fará da Universidade de Santiago centro xerador e coordinador de iniciativas a prol da diversidade cultural, do libro e da lectura ao longo dos próximos cinco anos en colaboración con entidades doutros cinco países europeos.
NContidos de cam
pUSCulturae Centro Internacional da Creatividade · Museo Internacional da Ilustración · Centro da InterCulturalid
ade · R
adio
-TV
cam
pUSC
ultu
rae
· Bib
liote
ca In
tern
acional campUSCulturae
Contenidos de cam
pUSCulturae Centro Internacional de la Creatividad · Museo Internacional de la Ilustración · Centro de la InterCultura
lidad
· Ra
dio-
TV c
ampU
SCul
tura
e · B
ilblio
teca
Inte
rnac
ional campUSCulturae
campUSCulturae’s contents Creativity International Centre · International Museum of Illustration · Cultural Interdialogue C
entre ·
Radi
o-TV
cam
pUSC
ultu
rae
· cam
pUSC
ultu
rae In
ternational Library
N
Descripción do proxecto
campUSCulturae é un proxecto a prol da diversidade cultural e das minorias lingüísticas
coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela e cofinanciado pola Culture
Agency da Comisión Europea a través do programa “Culture”. É a primera vez que unha
universidade española, en calidade de coordinadora dun proxecto, acada unha subven-
ción europea desta características, cunha contía de 2.273.857 euros para os próximos
cinco anos.
Xa que logo, campUSCulturae converte á Universidade de Santiago de Compostela na
primeira universidade española coordinadora dun proxecto avalado e financiado pola
Unión Europea desde o programa “Culture”, proxecto que, ademais, vén beneficiar e
poñer en valor a área das Humanidades como ámbito de innovación e excelencia. O diá-
logo que campUSCulturae propón desde as Humanidades coas Ciencias, recoñecendo
a capacidade creativa que estoutro eido do saber pode achegar, significa unha ponte
tendida entre dous sectores artificialmente separados que, a partir de agora, atoparán en
campUSCulturae unha nova canle de entendemento e comunicación.
Áreas da USC implicadas en campUSCulturae
Para conseguir isto, e demostrando a súa vocación interdisciplinar e transversal, cam-
pUSCulturae vai vehicularse, dentro da Universidade de Santiago, desde as seguintes
áreas e departamento:
• FacultadedeCienciasdaComunicación
• BibliotecaXeraldaUSC
• AreaTIC
• OficinadeInvestigacióneTecnoloxía(OIT)
Ademais da imbricación entre Humanidades e Ciencias que vai supoñer, campUSCul-
turae supón tamén unha aposta da Universidade de Santiago a prol dun proxecto de
extensión universitaria que terá como receptores non só á comunidade científica e uni-
versitaria, senón á sociedade, prestando particular atención ás familias e á infancia.
ww
w.u
sc.es/campu
scultu
rae ww
w.facebook.com
/campU
SCu
lturae @
campU
SCu
lturae
campu
scultu
rae@u
sc.es / neira.cru
z@u
sc.es / irene.g
arcia@u
sc.es+34 881816533 / +34 881816535
ÁmbitosdeacciónecontidosdecampUSCulturae
BibliotecaInternacionalcampUSCulturae• Biblioteca internacional especializada en literatura infantil e literatura científica sobre
a creación literaria e artística para nenos e mozos
• Centro de documentación sobre literaturas infantís e diversidade cultural
• Portal trilingüe galego, castelán e inglés
• Sala de investigación e servizo de asesoramento lector
MuseoInternacionaldaIlustración• Colección permanente da obra de ilustradores de todo o mundo
• Exposicións temporais e itinerantes
• Obradoiros formativos especializados
• Museo virtual e espazo de experimentación interactiva coa arte
CentrodaInterCulturalidade• BIT, Banco de Ideas e Tempo, espazo on-line para o intercambio de experiencias,
tempo e proxectos sobre multiculturalidade
• IRE.net, Intercambio de Recursos en Rede entre distintas comunidades culturais
• ADAN, Plan para Asociar a Diferencia á Normalidade. Programa de integración na
cultura de persoas con necesidades especiais
• Radio-TV campUSCulturae, canle de radio e televisión on-line sobre diversidade
cultural
CentroInternacionaldaCreatividade• Plataforma de experimentación entre linguaxes infantís e arte contemporánea
• Espazo de creación músico-literaria
• Laboratorio de autoedición e de libros únicos e de artista
• Escaparate virtual das culturas: A Praza das Palabras do Mundo
• Laboratorio permanente de experimentación coas artes escénicas e a palabra
• Caleidoscopio de sensacións: a vivencia do ritmo, do son e da palabra
ww
w.u
sc.es/campu
scultu
rae ww
w.facebook.com
/campU
SCu
lturae @
campU
SCu
lturae
campu
scultu
rae@u
sc.es / neira.cru
z@u
sc.es / irene.g
arcia@u
sc.es+34 881816533 / +34 881816535
Coordinación do proxecto eInstituciónseuropeascoorganizadoras
Os coordinadores de campUSCulturae son Irene García García e Xosé A. Neira Cruz,
autores do proxecto e da solicitude presentada perante a Culture Agency da Comisión
Europea o pasado mes de setembro de 2009.
Como todo proxecto dentro do programa europeo “Culture”, a acción cofinanciada pola
UE deberá ser desenvolvida en rede con institucións de cando menos outros cinco paí-
ses europeos. Os nosos compañeiros nesta viaxe a prol das culturas e das linguas do
mundo que se denomina campUSCulturae serán os seguintes:
• MinorityStudiesSocietySTUDIIROMANI, de Bulgaria, organización non go-
bernamental creada en Sofía en 1991 cuxo ámbito de acción se focaliza no apoio,
promoción, difusión e estudo dos grupos culturais minoritarios europeos, nomeada-
mente os que pertencen á étnia xitana.
• VigdísFinnbogadóttirInstituteofForeignLanguages, da Univeridade de Is-
landia, é un centro de estudo sobre a diversidade lingüística do mundo fundado en
2001 pola ex-presidenta de Islandia, Vigdís Finnbogadóttir, actual embaixadora de
boa vontade da UNESCO para as linguas do mundo.
• A UniversidadedeLodz, unha das principais institucións educaticas de Polonia,
ten desenvolvido un amplo traballo de investigación e estudo das minorías culturais,
habida conta do feito de ser Lodz unha cidade de cruzamento de identidades culturais
diversas, pola convivencia de polacos, xudeos, alemáns e rusos no seu tecido urbano.
• CHEConsultGmbHé unha consultora alemana especializada desde 2001 no
traballo con institucións educativas, institutos de investigación e grupos científicos
que procuran estratexias de traballo acordes cos novos retos do actual marco univer-
sitario europeo.
• A AssociaçãoCulturalePedagógica“Pontenas...ondas!” é unha entidade
sen ánimo de lucro portuguesa que ten creado unha rede de colaboración entre cen-
tros de ensino do sur de Galicia e do norte de Portugal a través do emprego da radio
e da televisión con fins educativas. Entre outras iniciativas puxo en marcha a can-
didatura da tradición oral galego-portuguesa á declaración UNESCO de patrimonio
inmaterial da Humanidade.
ww
w.u
sc.es/campu
scultu
rae ww
w.facebook.com
/campU
SCu
lturae @
campU
SCu
lturae
campu
scultu
rae@u
sc.es / neira.cru
z@u
sc.es / irene.g
arcia@u
sc.es+34 881816533 / +34 881816535
NContidos de cam
pUSC
ultu
rae Centro Internacional da Creatividade · Museo Internacional da Ilustración · C
entro da In
terC
ultu
ralid
ade
· Rad
io-T
V c
ampU
SCul
tura
e · B
iblio
teca Internacional campUSCulturae
Contenidos de campU
SCultu
rae Centro Internacional de la Creatividad · Museo Internacional de la Ilustración · Centro
de la In
terC
ultu
ralid
ad ·
Radi
o-TV
cam
pUSC
ultu
rae
· Bilb
lioteca In
ternacional campUSCulturae
campUSCulturae’s conten
ts Creativity International Centre · International Museum of Illustration · C
ultural In
terdial
ogue
Cen
tre ·
Radi
o-TV
cam
pUSC
ultu
rae
· cam
pUSCulturae International Library
PrimeirasactividadescampUSCulturae• xullo 2011: Reunión do grupo europeo campUSCulturae
• setembro 2011: Festival das letras (Xardín de Fonseca)
• outubro 2011: presentación do 1º número da revista campUSCulturae
• novembro 2011 : Outono cultural
• decembro 2011: Presentación de campUSCulturae na Feira Internacional do Libro
de Guadalajara (México)
• xaneiro 2012: presentación do 2º número da revista campUSCulturae
• febreiro 2012: Congreso Internacional “Ilustrar desde a Diversidade” (Salón Nobre
de Fonseca)
• febreiro-abril 2012: Exposición ilustraMundos (sala de exposición de Fonseca)
• abril 2012: presentación de campUSCulturae na Feira Internacional do Libro Infantil
de Bolonia (Italia)
• maio 2012: presentación do 3º número da revista campUSCulturae
• xuño 2012: Congreso Internacional sobre Diversidade Lingüística (Rejkiavik, Islandia)
Máisinformación:
Universidade de Santiago de CompostelaFacultade de Ciencias da Comunicación
Despachos 9 e 11Avda. de Castelao, s/n • 15782 Santiago de Compostela
Tel. +34 881 816533 / +34 881816535
www.usc.es/campusculturaewww.facebook.com/campUSCulturae / @campUSCulturae