Date post: | 22-Jan-2018 |
Category: |
Education |
Upload: | curtisbiblio |
View: | 86 times |
Download: | 4 times |
PROXECTO LECTOR DE CENTRO
Documento que integra todas as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. Procura a adquisición das competencias básicas, especialmente:
• comunicación lingüística
• tratamento da información e a competencia dixital
• competencia cultural e artística
• competencia para aprender a aprender
OBXECTIVOS DO PROXECTO LECTOR
• Desenvolver a competencia lectora
• Favorecer a competencia literaria
• Educar no uso crítico da información
• Fomentar o hábito da lectura
• Apoiar a adquisición das competencias básicas
OBXECTIVOS, FUNDAMENTOS E ORGANIZACIÓN
• Formación de lectores competentes…
• O proceso lector. Características dos lectores competentes na sociedade da información. Literacidade. Competencia lectora…
• Lectura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades
• Metodoloxías máis axeitadas
• Organización de espazos e tempos. Creación de ambientes lectores
• Coordinación do proxecto. Participación de todo o profesorado. Modo de organización
INTERVENCIÓNS PRECISAS
Entre outras:
• Ensinanza de estratexias de comprensión lectora en todas as áreas
• Actividades de educación documental (educación en información). Integración das TIC
• Aprendizaxe e práctica de estratexias de comprensión lectora, con todo tipo de textos, en todas as áreas de aprendizaxe
FOMENTO DA LECTURA E DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LECTOR NO IES DE CURTIS
• Proporcionar aos departamentos didácticos os materiais necesarios e dispoñibles pola biblioteca, encamiñados á inclusión de actividades de fomento da lectura
• Deseño de actividades de comprensión lectora por áreas, ciclos e cursos que teñan como marco os principios do Proxecto lector de centro
• Programación de actividades de animación lectora
• Adicación de sesións de titoría a ensinar aos alumnos a aproveitar todos os recursos da biblioteca e a facer deles individuos cada vez máis competentes na comunicación a través de distintos códigos e canais
• Dinamizacións lectoras na biblioteca
QUE É A PUBLICIDADE?
● A PUBLICIDADE é unha técnica de promoción de produtos.
● QUE OBXECTIVO TEN? Informar ó público, a través dos medios de comunicación, sobre as vantaxes de bens e servizos, para vendelos e obter beneficios económicos.
● CAL É A SÚA FERRAMENTA FUNDAMENTAL? Os anuncios publicitarios, difundidos a través dos medios de comunicación.
QUEN FAI OS ANUNCIOS PUBLICITARIOS ?
Fanos os "creativos publicitarios“, que traballan en Axencias de Publicidade.
Cómpre ter en conta que no deseño e elaboración dun anuncio intervén moita xente: sociólogos, psicólogos, xente que fai enquisas, músicos, especialistas en imaxe e deseño… Todo está perfectamente estudado para que o anuncio capte a atención dun determinado grupo de xente.
QUE INFORMACIÓN PODEN TRANSMITIR AS CORES?
● Cores Cálidas: : dan sensación de actividade, de alegría, de dinamismo, de confianza , forza, poder, vitalidade. Os publicistas úsanos como reclamo da atención do consumidor.
● Cores frías: : dan sensación de tranquilidade, descanso, seriedade, profundidade e reflexión.
Cores cálidas
CADA COR TEN UN SIGNIFICADO
VERMELLA: úsase para captar a atención. Pode ter valor connotativo de paixón, forza, potencia…
AMARELA: úsase tamén para captar a atención. Asóciase á luz e á calor.
O BRANCO E O NEGRO
BRANCO: cor atraente pola súa limpeza. Asóciase á limpeza, á perfección e ao bo gusto. Úsase tamén para destacar sobre un fondo.
NEGRO: úsase como fondo para buscar o contraste. Pode asociarse ao exótico, pero tamén ao misterio, elegancia e distinción.
O VERDE E O AZUL
VERDE: VERDE: transmite sensación de relaxación e calma. Asóciase, con frecuencia, á natureza, a todo o puro e san.
AZUL: AZUL: suxire calma, tranquilidade, serenidade. Asóciase á inmensidade do mar e do ceo.
OS TIPOS DE PLANOS
Nun anuncio publicitario é moi importante analizar os tipos de planos (espazo visual onde están obxectos, personaxes…) que predominan, xa que axudan a entender que se quere suliñar, na mensaxe publicitaria: se interesan paisaxes, aparecerán planos panorámicos, se o interese se centra nalgunha parte do corpo ou dun obxecto , manexaranse os primeiros planos ou de detalle…
A ANGULACIÓN
Consiste en colocar a cámara nunha posición para crear un efecto determinado no lector ou espectador. Observade a seguinte diapositiva.
TEMÁTICA
Os publicistas deseñan as súas mensaxes publicitarias en torno a temas que resultan moi atraentes para o receptor e que despertan nel sensacións positivas:
A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMENTO, A VIDA SAUDABLE, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O FACTOR ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE , A AMIZADE, A DIVERSIÓN…
Observade as seguintes diapositivas:
ESTEREOTIPOS
Son ideas acerca de tipos sociais firmemente aceptadas por unha comunidade. A xeneralización inherente ó estereotipo faino erróneo, falso.
Velaquí algún dos estereotipos máis comúns no mundo publicitario, cos que debemos ser moi críticos, pola falsedade que actualmente conlevan:
OS ESTEREOTIPOS DE SEXO
● HOME: ESTABLE, VALOROSO, AMANTE DO RISCO, CONQUISTADOR, EXECUTIVO…
● MULLER: AMA DE CASA, NAI , INFERIOR INTELECTUALMENTE, FERMOSA, COQUETA…
● TAMÉN OS NENOS SON REPRESENTADOS COMO DISTINTOS DAS NENAS...
MATERIAIS
Modelo ficha de análise
Vídeos en Pinterest