Elaborado pola
Comunidade Educativa do
C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN (MOAÑA)
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
ENTRANTES
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
ENSALADA CON FABAS, XAMÓN E OVO DURO
CATEGORÍA (aperitivos, entrantes, 1º platos, platos principais, sobremesas,…)
ENTRANTE
INGREDIENTES (para 4 persoas)
1 leituga romana
1 cebolleta
1 tarro pequeño de FABAS previamente cocidas
4 tomates maduros
4 ovos de codorniz
100 gr. de xamón curado cortado en lonchas finas
4 cucharadas de aceite de oliva
1 cucharada de vinagre de xerez
sal
ELABORACIÓN
Cocer os ovos nunha cacerola con auga e sal durante 4 minutos. Seguido,
refrescalos en auga fría e pelalos.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Pasar as fabas pola auga e escurrilas. Lavar os tomates e partilos en daditos.
Limpiar a cebolleta, lavala e cortala en rodajas finas. Lavar tamén as follas de
leituga e cortalas en xuliana fina.
Mesturar as fabas cos tomates e a cebolleta. Repartir a leituga en 4 pratos,
sazonala lixeiramente e remover. Incorporar a mestura das fabas e engadirlle
os ovos cortados pola metade. Trocear as lonchas de xamón e repartilas por
riba.
Para elaborar unha vinagreta: verter nunha cunca un pouco de aceite de
oliva, vinagre e unha pizca de sal, batindo coas varillas manuais ata
emulsionalos. Aliñar a ensalada e servir deseguida.
NOTA: Se en vez de utilizar ovos de codorniz, se decide empregar ovos de galiña,
cocelos durante 10 minutos para que queden duros.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
GARAVANZOS CON TOMATITOS E ATÚN
CATEGORÍA
ENTRANTES
INGREDIENTES (para 4 persoas)
250 gr. de GARAVANZOS previamente
cocidos
250 gr. de tomates cherry
2 cebolletas
250 gr. de atún en aceite de oliva
Uns tallos de cebollino
Sal
Pementa
ELABORACIÓN
Escorrer o atún, reservando o aceite de conservación.
Retirar as raíces das cebolletas, así como a primeira capa e a parte verde
máis dura. Lavalas e cortalas en xuliana.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Lavar tamén os tomates e secalos. Reservar algúns para decorar o plato ó
rematar, e cortar pola metade os demáis tomates.
Lavar os tallos de cebollino, secalos e picalos menudos. Enxugar os garavanzos
para eliminar a auga na que se coceron, escurrilos ben e botalos nunha
ensaladeira. Engadir os tomates e maila cebolleta.
Salpimentar e remover con dúas cucharas á vez.
Engadir o atún desmenuzado en lascas e espolvorear co cebollino ben picado.
Finalmente regar a ensalada co aceite do atún, decorala cos tomatitos
reservados previamente e servir.
O TRUCO: Pon os tomatitos entre dous pratos chans coa man enriba, e ábreos
dunha sola pasada de coitelo.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
REVOLTO DE CHÍCHAROS CON XAMÓN
CATEGORÍA
ENTRANTE
INGREDIENTES
2 OVOS
80 gr. de CHÍCHAROS
Media CEBOLA
Varias lonchas de XAMÓN
Un chisco de aceite
ELABORACIÓN
Cocer os CHÍCHAROS durante 12 minutos nunha pota con auga fervendo e
con sal, ata que ablanden. Despois escorrer e reservar.
Sofreir a cebola ben picada e engadir a continuación o xamón cortado en
tiras. Continuar co salteado aproximadamente 5 minutos ata que comece a
dorarse. (En lugar de xamón serrano, pódese utilizar tamén xamón dulce ou
“bacon”).
Engadir os ovos e os CHÍCHAROS. Remover continuamente ata que os ovos
esté totalmente feito. Salpimentar ó gusto.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
VERDURAS Á CREMA (CON CHÍCHAROS)
CATEGORÍA
ENTRANTE OU 1º PLATO
INGREDIENTES
250 gr. de CHÍCHAROS
250 gr. de XUDÍAS
50 gr. de manteiga
2 cucharadas de sal
100 gr. de queixo parmesano.
150 gr. de crema de leite
1 cucharada de allo, picado moi fino.
1 cucharada de pementa negra.
ELABORACIÓN
Botar os CHÍCHAROS nunha pota con auga fervendo.
Pasados 5 minuntos, engadirlle as FABAS e deixar cocer durante 8-10
minutos máis. Pasado o tempo, retirarlle a auga cun escorredor e pasar pola
auga fría (a finalidade é a de cortarlle a coción).
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Nunha tixola ben quente, engadir a manteiga, os CHÍCHAROS e FABAS
cocidas, o allo, a sal e a pementa. Deixar dourar durante 2 minutos.
Engadir a crema de leite e retirar do lume.
Engadir o queixo parmesano ó gusto, e servir.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
PRIMEIROS PLATOS
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Chícharos con bacon
CATEGORÍA
1º plato
INGREDIENTES
250 gramos de bacon en tiras
500 gramos de chícharos
300 gramos de auga
1 cebola
50 g de aceite
sal
ELABORACIÓN
Pele e limpe a cebola e córtea moi finiña.
Verta o aceite nunha tixola e cando esté quente, engada a cebola, e
póchea durante 6 minutos a fogo frouxo.
Unha vez pochada, verta a auga na tixola xunto cos chícharos, e engada
o sal ó gusto, suba o fogo ó máximo até que ferva, e cando rompa a
ferver, baixe a fogo medio, e cociñe durante 15 minutos e reserve.
Engada o bacon nunha tixola e saltee durante 2 minutos a fogo forte e
engada os chícharos reservados na tixola e saltee 2 minutos máis.
A comeeeeeeeeeeeeeerrr...!!!
PEGAR OU INSERTAR
IMAXE
OU DEBUXO
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
ENSALADA DE XUDÍAS
CATEGORÍA
1º PLATO
INGREDIENTES
XUDÍAS
OVOS
TOMATE
ATÚN EN CONSERVA
ELABORACIÓN
Lavar as xudías e o tomate.
Picar as xudías en porcións de 3 cms aprox.
Botar as xudías a cocer nunha pota de auga fervendo durante 20 -30 minutos
(pinchar as xudías co garfo para comprobar se xa están cocidas).
Cocer os ovos durante 12 minutos aprox.
Escurrir as xudías, pelar os ovos, e esperar a que arrefríen.
Mezclar nun bol as xudías frías, os ovos e tomate picados, e engadir o atún.
Listo para servir. Aderezar con aceite e vinagre ó gusto.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
FABAS CON CHOURIZO
CATEGORÍA (aperitivos, entrantes, 1º platos, platos principais, sobremesas,…)
1º PLATO
INGREDIENTES
FABAS
Touciño
Chourizo(s)
Cebola
Allo
Pimentón dulce
Sal
Aceite
ELABORACIÓN
Deixanse as FABAS a remollo a noite anterior.
Ao día seguinte lávanse e poñense a cocer xunto coa cebola, o sal, o touciño e
os chourizos.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Cando esté todo cocido faise un rustido nunha tixola con aceite, allo e
pimentón e engádese por riba.
Rectifícase de sal.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
GARAVANZOS CON ESPINACAS
CATEGORÍA (aperitivos, entrantes, 1º platos, platos principais, sobremesas,…)
1º PLATO
INGREDIENTES
Garavanzos
Espinacas
Allo
Pimentón dulce
Sal
Aceite
ELABORACIÓN
Deixanse os garavanzos a remollo a noite anterior. Ao día seguinte lávanse e
poñense a cocer con sal.
Cando están cocidos engádense as espinacas a cocer 5-10 min. Escúrrese algo
ao gusto. Faise un refrito con aceite, allo e pimentón, e engádese por riba.
Rectifícase de sal.
NOTA: Tamén se poden engadir cenorias. Nese caso, poñeríanse a cocer cos
garavanzos.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
NUGGET DE GARAVANZOS - “CHICKPEA NUGGETS”
CATEGORÍA
1º PLATO
INGREDIENTES
2 TAZAS DE GARAVANZOS
COCIDOS.
1 TAZA DE COPOS DE AVENA
¼ DE CUCHARADITA DE PEMENTA BRANCA OU NEGRA MOLIDA.
1 CUCHARADITA DE ALLO EN PÓ.
1 CUCHARADITA DE SAL.
6 CUCHARADAS DE FARIÑA DE GARAVANZOS.
PAN RILADO.
ELABORACIÓN
Esmagullar os garavanzos cocidos con garfio. Engadir o resto dos ingredientes
agás a fariña de garavanzos e o pan rilado. Amasar ata integrar. Deixar
repousar unha hora na nevera.
Estirar unha lámina de “film” de cociña e coloca a masa enriba. Volve a cubrila
co “film”. Pásalle o rolo de cociña para estirar a masa ata 2 cms de grosor.
IMAXE
OU DEBUXO
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Corta as porcións de “nuggets” estilo croqueta, albóndiga ou con figuras
creativas.
Cocer ó vapor durante 5 minutos. Enfriar e secar.
O rebozado: mezclar a fariña de garavanzos coa sal e a auga de xeito que
quede máis espesa que un ovo batido.
Para cada “nugget”, pasalo primeiro pola fariña de garavanzo, despois pola
mezcla do rebozado, e finalmente polo pan rilado.
Freir en aceite ata que se doren. Escurrilos sobre papel absorbente.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
PLATOS PRINCIPAIS
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
“FABAS DA AVOA ROSA”
CATEGORÍA
PRATO PRINCIPAL
INGREDIENTES
½ kilo de FABAS
½ kilo de xarrete
1 tira de costela fresca de porco
1 chourizo
1 anaco de touciño ibérico
¼ de pemento vermello e ¼ de pemento verde
½ cebola grande
1 cenoria
1 dente de allo grande
1 folla de laurel
1 pizca de orégano
1 pizca de pimentón
1 sobre de colorante
2 cucharadas de aceite de oliva
Sal
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
ELABORACIÓN
Poñer en remollo as fabas o día anterior.
Nunha ola poñer o aceite coa cebola partida en anacos grandes e o allo, darlle
unhas voltas e engadir o orégano, dourar un minuto. Poñer o pimentón e 1 litro
de auga. Cando estea a ferver, engadir a carne sen trocear, a costela partida
en dúas, e o touciño, o chourizo, o laurel, a cenoria e os pementos sen trocear
(para poderlles sacar ben a pel cando estean feitos e volver a incorporalos).
Sacamos a carne, o chourizo, a costela e o laurel.
Poñemos a batidora na olla e batimos todo. Engadimos agora as fabas coa
carne, a costela, o chourizo e o colorante, engadimos o sal e deixamos cocer
(se nos queda en seco engadimos auga fría axustándonos ás fabas).
Cando leven ¾ de hora, sacamos a carne, a costela e o chourizo e vemos cómo
van as fabas (necesitarán máis ou menos cocción dependendo do tamaño).
Troceamos ó gusto a carne, o chourizo e a costela.
Cando as fabas estén listas, engadimos a carne e o chourizo de novo á olla e
dámoslle un fervor.
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
POSTRES
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Black Bean Brownies
CATEGORÍA (aperitivos, entrantes, 1º platos, platos principais, sobremesas,…)
Dessert
INGREDIENTES
1 cup black beans (cooked)
3 eggs
3 tablespoons vegetable oil
¼ cup dark cocoa powder
1 teaspoon vanilla extract
¼ to ½ cup honey
Chocolate chips
ELABORACIÓN
Preheat oven to 170 C
Put black beans, eggs, oil, cocoa powder, vanilla, and honey in a blender,
mix until smooth
Pour mixture into a baking pan lined with baking paper and put chocolate
chips on top
bake aprox. 20-25 minutes, or until brownies are dry in the middle
PEGAR OU INSERTAR
IMAXE
OU DEBUXO
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Black Bean Brownies (Brownies de Alubias negras)
CATEGORÍA (aperitivos, entrantes, 1º platos, platos principais, sobremesas,…)
POSTRE
INGREDIENTES
3 ovos
1 taza de Alubias negras cociñadas
3 cucharadas de aceite
¼ taza cacao en polvo
1 cucharilla de extracto de vainilla
Entre ¼ e media taza de mel
Pepiñas de chocolate
Canela
ELABORACIÓN
Precalentar o forno a 170º C
Poñer as Alubias negras, os ovos, o aceite, o cacao, a canela, a vainilla e a mel
nun bol para batir posteriormente ata que quede suave.
PEGAR OU INSERTAR
IMAXE
OU DEBUXO
RECETARIO DE LEGUMES C.E.I.P. PLURILINGÜE TIRÁN
Nunha bandexa, poñer por riba papel de forno, e a continuación botar a masa
mesturada previamente coa batidora. A continuación botar por riba as pepiñas
de chocolate.
Mantémolo no forno entre 20-25 minutos aproximadamente, ou ata que o noso
brownies estén secos por dentro. Esto último podémolo averiguar meténdolle
un garfio no medio da masa, e éste terá que saír limpo, sin ningunha masa
pegada.