GRAO EN FILOSOFÍA | 3º CURSO
GUÍA DOCENTE | 2018-2019
ESTÉTICA
1. INFORMACIÓN BÁSICA
DESCRICIÓN
A materia Estética, código G5031328 é unha materia obrigatoria do segundo semestre do terceiro curso
do Grao en Filosofía. Ten 6 créditos ECTS. Trátase dunha materia da área Filosofía, integrada no do
Dpto. de Filosofía e Antropoloxía.
PRERREQUISITOS
Presuponse a formación propia do nivel do grao en que se imparte e, sobre todo, a que corresponde á
Introdución á Estética e as materias do bloque de “Metafísica e Teoría do Coñecemento”.
IMPARTICIÓN
En principio será impartida en lingua galega, agás no caso de por haber estudantes non galegos/as, se
faga conveniente impartila en español.
A materia impártena os profesores da área de Filosofía Rafael Martínez Castro –coordinador- 36 horas
(75%) e o profesor Javier Barcia González 12 horas (25%).
A información relevante da materia, así como os avisos e cualificacións, aparecerá na páxina
correspondente no campus virtual da USC.
Horario da materia: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia).
TITORÍAS
Horario das titorías: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia). Na medida do posible recoméndase
reservar hora. Tamén é posible recibir asistencia titorial fóra do horario de titorías solicitandoo en persoa
ou por correo electrónico. As titorías poden ser individuais ou colectivas.
Lugar: despacho 220; 2º andar da Facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos, s/n. No caso de titorías
colectivas programadas poderase solicitar do decanato o uso dunha aula ou seminario.
Teléfono: 881812512 (ou extensión 12512). Correo electrónico: [email protected]
Para consultas fora das horas de titorías prégase o envío dun correo electrónico.
2. SITUACIÓN DA MATERIA NA TITULACIÓN
BLOQUE FORMATIVO NO QUE SE INTEGRA A MATERIA
A "Estética" é unha materia obrigatoria de terceiro curso integrada no Bloque ou Módulo de “Estética”,
xunto coa "Introdución á Estética" (materia de Formación Básica de primeiro curso) e "Filosofía e Teoría
das artes" (materia optativa de cuarto curso)-.
PAPEL DA MATERIA DENTRO DO BLOCO
Na materia de "Estética", contando xa coas nocións xerais impartidas na materia de "Introdución á
estética" así como co nivel de coñecementos e competencias propias do nivel no que se insire, consonte
á memoria do título –páxina 64–, afróntase cuestións do tipo: 1. A orixe histórica do homo aestheticus.
3. A arte na historia: teorías sobre a arte e as dificultades presentes dunha definición da arte. 3. Arte e
técnica. 4. A poiesis artística. 5. A estructura da obra de arte: dimensións e estratos constitutivos. 6. Arte
e Natureza. 7. Estética da paisaxe, ecoestética e Landart. 8. Arte e sociedade. 9. Arte, política e ética.
Ver:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/memorias_graos_USC/G5031_Fil
osofia.pdf
3. OBXECTIVOS DA MATERIA
1) Que alumnado leve a cabo unha reconstrución filosófica do problema da beleza, como determinación
ontolóxica fundamental.
2) Que alumnado leve a cabo unha reconstrución das competencias e o estatuto da estética no conxunto
do saber filosófico, precisando os fitos máis importantes da historia da estética na perspectiva de
interpretar a súa crítica e os termos das discusións actuais percorrendo o traxecto que vai da ontoloxía da
beleza á teoría da arte.
3) Que alumnado se familiarice cos conceptos principais da Estética, analizando textos básicos
4) Que alumnado se familiarice cos problemas estéticos relacionados coas artes no contexto actual, con
fin de enfrontarse teoricamente ao fenómeno da crise da arte moderna.
5) Que alumnado sexa quen de articular a problemática da estética en relación co resto das materias
filosóficas do grao, nomeadamente a Metafísica, a Teoría do Coñecemento e a Filosofía da Mente; aparte
da Historia da Filosofía, sobre todo Moderna e Contemporánea.
4. COMPETENCIAS
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como
saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos
académicos, con referencia ás achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no
ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións presentadas e
ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral coma interesado e/ou entendido en temáticas
filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do
saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e
problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo
que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, apoiándose en libros
de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da
vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que los estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha
forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e
defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente
dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de
índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público
tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos
(escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación
oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para
desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións
interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta
ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito
emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade para problemas de igualdade e
medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía,
seguindo a súa historia nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos se indican nas
fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos
éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, presentar e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade,
laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
5. CONTIDOS
Seguindo o esquema co que abordamos a metafísica e en íntima conexión coa problemática desta
abordaremos a problemática da estética a partir dunha reconstrución filosófica das grandes liñas do
problema da estética na modernidad, dende a súa xenealoxía ata a súa crise, dende a pregunta polo
suxeito da experiencia estética da realidade, cando esta non coincide necesariamente cunha
experiencia da arte, ata a crise da arte moderna como culminación do ideal da modernidade estética.
Isto impón dúas liñas de fuga: unha que apunta á “crise da modernidade”, mais tamén na perspectiva
da antigüidade. Por diversos motivos, sobre todo de economía interna, non abordaremos a noción de
“beleza” en Grecia; convirá, porén, ter presentes algunas ideas forza que pesan decisivamente na
tradición. En todo caso tornaremos necesariamente sobre Grecia no tema que trata sobre as
perspectivas nietzsheanas.
O (dis)curso se articula en tres tempos centrados en tres ideas chave: beleza, gusto, arte. Esta
articulación deseña un plano no que se insiren e cobran sentido as temáticas que será obxecto de
especial tratamento do curso. Outros puntos quedarán meramente indicado e/ou abertos ao estudo
dirixido por parte de alumnas/os especialmente motivadas/os.
Sobre ese plano o curso concentrarase no problema da “constitución da estética como disciplina
filosófica” e dende un punto de vista textual nunha abordaxe das teses e, sobre todo, da aporeticidade
interna da Crítica do xuízo de Kant.
Tendo en conta: a) o carácter esencial e prioritario desta tarefa; b) a súa dificultade; c) os límites do
curso, hai que tomar moi en conta a posibilidade de que esta tarefa absorba prácticamente todas as
enerxías e non quede tempo para abordar a fondo ningunha outra temática.
Consideramos, porén, que resulta necesario deseñar este plano para manter vivo o horizonte
problemático no que nos movemos, a saber: estética e modernidade. Na medida do posible, ademais,
e seguindo as preferencias e intereses do alumnado procuraremos tocar todos os temas, cando menos
nalgún dos puntos que contribúan de maneira máis eficaz a manter o sentido do (dis)curso.
ESTÉTICA E MODERNIDADE
PARTE IMPARTIDA POLO PROF. JAVIER BARCIA GONZÁLEZ.
BELEZA
Tema 0.- Significado(s) e xénese da Estética como disciplina filosófica:
Significado: o problema da súa condición polisemántica.
Xénese: o problema da súa consistencia. (Da concepción clásica da beleza ao nacemento da
Estética como disciplina filosófica).
PARTE IMPARTIDA POLO PROF. RAFAEL MARTÍNEZ CASTRO.
GUSTO
Tema I. A constitución da estética como disciplina filosófica.
Fundamentación do xuízo de gusto, de Burke a Kant. A formación do punto de vista estético.
A Crítica do Xuízo: o xiro da estética.
Os catro momentos do xuízo de gusto na “Analítica do belo”. Xuízo de coñecemento e xuízo
de gusto. Diferencia: belo, bo, útil e agradable. O xuízo de gusto como xuízo desinteresado.
Validez universal obxectiva e validez universal subxectiva. A “finalidade sen fin”. Beleza
libre e beleza adherente. O xuízo de gusto como xuízo puro: pracer contemplativo e pracer
sensual. A necesidade subxectiva no xuízo de gusto: como se procura a aprobación xeral dun
xuízo estético.
A analítica do sublime. A escala humana e o inhumano. A dor que provoca pracer. Definicións
e exemplos kantianos do sublime. O sublime matemático e a idea de infinitude. O sublime
dinámico na natureza. O sublime e as vangardas. O sublime e a arte contemporánea. O
sublime kantiano na filosofía contemporánea.
A teoría kantiana do xenio como teoría kantiana da arte..
A OBRA DE ARTE
Tema 2.- A estética despois de Kant. Idealismo: do “eu absoluto” á “filosofía da arte”.
Kant lido polo romanticismo temperán. A nova categoría do belo: a perda do feo como categoría
límite do estético. O novo concepto de obra de arte.
A ironía no romanticismo temperán. A crítica da ironía romántica: Hegel e Deleuze.
O concepto de crítica de arte no romanticismo alemán. A criticabilidade da obra de arte.
Estética e sistema. A estética como filosofía da arte. A arte no “sistema do idealismo”: a filosofía
da arte de Schelling.
Tema 3.- A “modernidade estética”
Benjamin. Estética e grande cidade. Valor exhibitivo e valor cultural na obra de arte. Recepción
óptica e recepción táctil. O Libro das Pasaxes na obra de Benjamin.
Adorno. Os problemas estéticos na Teoría estética. A perda de obviedade da arte; particularidade
e historicidade do seu concepto. A crítica do goce artístico
Mimese e racionalidade na obra de arte. O carácter enigmático da obra de arte. A comprensión e
a interpretación da obra de arte. A relación arte e sociedade. A promesa de felicidade da arte. O
problema da modernidade artística na Teoría estética. A obra de arte autónoma. A arte moderna
como expresión do non idéntico.
Tema 4.- Fronte á modernidade estética:
O carácter de pasado da arte na estética de Hegel. A beleza como atributo da arte, non da natureza.
A arte como primeiro momento do espírito absoluto. O sistema de las artes.
A “superación” da estética en Heidegger. Heidegger e a verdade da obra de arte. A perspectiva
ontolóxica sobre a arte. A orixe da obra de arte. A modernidade como “época da imaxe do mundo”
e a estética.
A crise da modernidade estética e o tema da fin da historia. Xenealoxía de la crisis da modernidade
estética. Vangardas e política. Os anos sesenta como configuración estético-política. Ruptura coa
idea moderna de obra de arte autónoma. Principio e fin da posmodernidade. A lóxica cultural do
capitalismo tardío. Arte histórica e arte poshistórica. A arte despois da morte da arte.
Tema 4.- Crítica á modernidade estética como crítica radical á estética. Perspectivas
nietzscheanas e postnietzscheanas.
Da arte no“nacemento da traxedia” á arte como reliquia do pasado en Humano demasiado
humano.
O “antiplatonismo nietzscheano”. A crítica da relación modelo/copia; verdade/apariencia;
forma/contido. Contra da katharsis: a arte como estimulante para a vida. Beleza, gusto e
desinterese como “arte de espectadores”. Contra do pesimismo schopenhaueriano e o “culto
romántico do xenio”.
Modos postnietzscheanos de pensar a “tarefa” da arte. A arte como testimonio. O problema del
cuerpo. El problema da imaxe. Pegadas de Benjamin e Heidegger na filosofía da arte
contemporánea.
5. METODOLOXÍA DE TRABALLO.
Baixo á asunción da vella máxima kantiana segundo á cal “non se aprende filosofía, apréndese
a filosofar” o traballo do curso desenvólvese mediante:
Exposicións teóricas do profesor, que deben de ser seguidas con sentido crítico. Estas
exposicións non pretenden en ningún caso sentar doutrina. Trátase de marcar unha liña
expositiva para configurar problemas.
A Aula Virtual será o medio a través do cal se informará das novidades e na medida do
posible se proporcionarán materiais. Cómpre, porén, subliñar que a lexislación vixente
impón severos límites legais para subir textos publicados á Aula Virtual. O alumnado debe
facer uso da biblioteca e asumir a responsabilidade das ocasionais reproducións.
Recoméndase a adquisición de certas obras de uso intensivo no curso, así como daquelas
que deben formar parte da biblioteca persoal dun estudante de filosofía. Non parece
abusivo contar con que un/unha estudante univeritario/a adquira libros cando menos na
medida que os adquiren os estudantes de secundaria.
Lecturas de textos e bibliografía.
Participación do alumnado en clase e actividades de AV.
Diálogo permanente, tanto nas aulas –presencial e virtual– como nas titorías, cuxo uso se
recomenda vivamente.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
A asistencia á clase non é unha obriga, senón propiamente un dereito que se adquire polo feito de
matricularse. A “obriga” de asistir ten un carácter técnico; é a mesma que ten de entrar na sala de
proxección a tal ou cal hora a persoa que adquire unha entrada de cine: está “obrigada” a asistir se
quere ver a película pola que pagou. O que non pode é “ver a película” sen asistir á proxección.
Máis ben que obriga a asistencia á clase –igual ca o acceso á AV, ás titorías, á biblioteca etc...– é, ao
tempo, un dereito e unha condición.
O curso é algo que sucede, nalgún lugar e nalgún momento. Estar ausente dos lugares dos que se
desenvolve o curso, significa non seguir o curso. A efectos de avaliación resulta irrelevante a causa
pola que un/unha alumno/a non sigue adecuadamente o curso –i.e. non asiste ou non asiste con
regularidade–.
Sexa por imposibilidade material ou por decisión persoal as consecuencias son as mesmas, e idéntica
será tamén a alternativa. O que aquí deben de quedar claros son os seguintes extremos:
a) Este profesor admite –porque é obvio!–, que asistir a clase, sendo unha condición necesaria
para “seguir o curso” non o é para aprender filosofía. En consecuencia é perfectamente
concibible que unha persoa poida superar a materia, mesmo coas máis altas cualificacións.
b) Porén, na medida en que unha persoas estea fóra do réxime normal do curso a súa autonomía
de traballo é practicamente total. Este profesor non se pode comprometer a establecer
programas persoalizados de preparación da materia nin a tutelar e asistir tecnicamente a
persoas que non sigan o curso oficial. E se trata propiamente dunha incapacidade, pois na
medida do posible eu axudarei e atenderei encantado a quen mo solicite, pero tendo en conta
que esa “medida” será en casa e que, sobro todo, non pode haber ningún compromiso.
c) Este profesor non descoñecerá ningún signo que poida percibir e que poida contribuír á
avaliación dunha persoa; o que non pode, porén, é comprometerse a avaliar méritos, fóra dos
procedementos que se fixarán no apartado “6. AVALIACIÓN”.
Con respecto ao alumnado que poida e queira exercer o dereito de asistencia, o seu traballo
articularase deste xeito:
(1) Nas sesións interactivas: a) preparación da presentación cando corresponda; b) lectura dos textos,
acreditada mediante a elaboración dunha “ficha de lectura” que será preceptivamente entregada antes
da sesión.
(2) Lectura dos textos e activo traballo de estudo e documentación. Cómpre ter en conta que o
desenvolvemento dunha materia comporta esixencias que non poden nin deben ser programadas
porque basicamente teñen un carácter persoal. O estudoso de calquera disciplina, pero moi
especialmente no caso da filosofía, debe saber recoñecer as súa necesidades e tratar de satisfacelas,
coa axuda do profesor, pero tamén ca máxima autonomía. O “topos” referencial do estudante non
debe ser a aula, senón a biblioteca, a cal hoxe ten unha case ilimitada extensión virtual.
(3) Realización das actividades que se indiquen dentro da aula virtual –AV–.
(4) Realización dos exames.
(5) O profesor está ao servicio do alumnado. Os/as alumnos/as deben de verme dende a súa autonomía
intelectual como un entrenador: deben seguir as miñas pautas, pero tamén discutilas; o profesor debe
de ser interpelado, débese requerir del axuda e asistencia mantendo con este unha tensión crítica –e
mesmo agonal–. Non hai espazo para ningún clase de rito social, só se trata dunha cousa: comprender.
REQUISITOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alumado. Por asistencia entendemos
“asistencia regular” e por tal entendemos a asistencia de como mínimo o 80% das sesións. En todas
as sesións haberá un control de asistencia.
A asistencia regular será condición necesaria para a “avaliación continua”
A entrada na aula terá lugar nos dez primeiros minutos, pasados os cales rógase que se absteñan de
entrar. O incumprimento desta norma poderá obrigar a revisar as condicións de avaliación
continua.
Durante o tempo da clase non se pode abandonar a aula, agás en caso de extrema necesidade, o
cal debe ter o carácter extraordinario que ten en calquera acto público. En todo caso que por
necesidade teña que abandonar a aula non pode volver a entrar na mesma sesión. O
incumprimento desta norma poderá obrigar a revisar as condicións de avaliación continua.
6. AVALIACIÓN
A avaliación total resultará da media ponderada das cualificacións obtidas por cada alumno/a nas
partes respectivamente impartidas
AVALIACIÓN DA PARTE IMPARTIDA POLO PROF. JAVIER BARCIA GONZÁLEZ.
O Tema 0, impartido polo Prof. Javier Barcia, será avaliado do seguinte xeito:
-Exame sobre os textos correspondentes a este Tema 0. (20%). Este examen podrá realizarse en la
fecha que se determine al inicio de curso o en la fecha del examen oficial de la materia.
-Realización das actividades propias das clases interactivas. (5%)
Porcentaxe da avaliación: 12 horas (tema 0) de 48 totales de la materia, equivale al 25%
SISTEMA DE AVALIACIÓN PARA ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
- Exame acerca dos textos correspondentes a este tema, incluíndo ademáis unha pregunta
específica sobre o material das clases interactivas que estes alumnos/as non puideron facer
presencialmente (25%).
AVALIACIÓN DA PARTE IMPARTIDA POLO PROF. RAFAEL MARTÍNEZ
CASTRO.
“Avaliación continua” (para alumnas/os con asistencia regular: asistencia ao 80% das sesións)
Asistencia regular a clase 10 ptos.
Participación en clases presenciais 0-25 ptos.
Participación en clases presenciais 0-25 ptos.
2 exames parciais non presenciais 0-60 ptos.
Os 120 ptos. máximos faranse corresponder con 100 e a partir de aí axustaranse porcentualmente os
resto das cualificacións. Finalmente faranse corresponder coas notas de 0-10 axustando as décimas
por arriba.
Para acadar a suficiencia é preciso:
Acadar 50 ptos. finais
Aprobar –15 ptos.– cando menos un dos exames.
Obter no outro unha cualificación non inferior a 10 pts.
Explicación. Este procedemento de avaliación responde ao seguintes criterios:
O seguimento regular do curso debe permitir superar a materia.
Permitimos que a suma inicial de puntos sexa superior a 100 para que se poidan compensar as dúas
partes (actividade nas aulas e exames), de xeito que o axuste non xere graves distorsións; que non
deben darse pois o normal é que o rendemento nos exames coincida bastante co rendemento nas
clases.
Os criterios de avaliación son obxectivos (participación, coñecementos, claridade conceptual, orde
expositiva, calidade da expresión) e subxectivos (responden a apreciacións do profesor), pero nunca
arbitrarios –ha de ser posible argumentar–. Unha obxectivación extrema resulta radicalmente
imposible nunha materia deste tipo. No só nos exames, senón tamén na avaliación cualitativa das
intervencións nas clase e na AV entran en xogo múltiples factores de gran complexidade,
maximamente agudizada no caso da filosofía.
Exames non presenciais: Para o alumnado con “asistencia regular” os exames serán sempre “non
presenciais: Ao respecto cómpre deixar claro:
Trátase de exames, non de “traballos”. No seu momento daranse pautas de realización que convén
seguir rigorosamente. Propoñerase unha ou varias cuestións relativas aos temas e problemas tratados
no curso e que han de ser respondidas sobre a base dos textos e as liñas marcadas no curso. Isto non
significa que cada quen non poida orientar a súa exposición da maneira que mellor se acomode á súa
comprensión. O que nunca debe facer é reformular –implícita ou explicitamente– a cuestión temática
proposta. Calquera dúbida ao respecto ha de ser resolta previamente co profesor. Pódese dar –e tense
dado– o caso dun “exame” aparentemente brillante que, porén, obteña unha cualificación baixa, moi
baixa ou mesmo ningunha, pola sinxela razón de que, aínda no caso de que o dito sexa correcto e
interesante, se desentenda do preguntado.
Por iso cómpre recordar que se trata dun exame e non dun traballo. Un exame que só se diferencia
dos convencionais exames presenciais en que non o é. E non ó é para evitar determinados trazos do
exame presencial que resultan prexudiciais para avaliación nunha materia desta índole. O exame
presencial sirve, no mellor dos casos, para comprobar “coñecementos”, sobre todo en materias na que
importa moito a memorización de certos contidos. A memoria é sempre importante, pero no noso
caso non sirve para avaliar. O exame presencial propicia unha simplificación escolar dos temas que
é absolutamente incompatible co sentido e obxectivos da materia. No exame “non presencial” prima
a composición, a articulación do tema; e a calidade da articulación correlaciona coa claridade
conceptual e a capacidade expositiva. Se trata de saber ata que punto cada alumno/a comprende os
problemas; e para iso non serve de nada saber o que non sabe; só importa saber como sabe o que sabe.
Os/as alumnos/as con asistencia regular teñen que facer unha proba presencial de control; está, sen
embargo, só servirá para interpretar mellor o exame presencial, cuxa avaliación poderá tamén nesetir
algunha entrevista para aclarar aspectos eventualmente escuros.
Tal e como está fixado oficialmente haberá un exame final. Este servirá para:
1º) Avaliación do alumnado que non fora cualificado pola avaliación continua.
2º) Mellora de cualificacións.
3º) Realización de probas de control.
Os temas do exame final serán comunicados a través da AV o día que remate o período lectivo.
Os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non teñan acadado a suficiencia Terán que reelaborar
as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade.
Os alumnos/as que tendo acadado a suficiencia desexen mellorar nota na segunda oportunidade deben
solicitar por correo electrónico a renuncia á cualificación o desexo de figurar nas actas da 1ª
oportunidade como “non presentados”.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS Quen teña dispensa de asistencia ás aulas será avaliado mediante un exame final na data oficial sobre os
contidos da materia.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
EXAMES CG1 CG4 CB1 CB5 CT01 CE1 CE2
Participación e actividades na
AULA VIRTUAL
CG2 CG3 CG4 CG5 CB2 CB3 CB4 CB5 CT01 CT02 CT03
CE1 CE2 CE4 CE5 CE6 CE7 CE10
Participación e actividades na
AULA PRESENCIAL
CG5 CB4 CT01 CT02 CT03 CE5 CE6 CE7 CE10
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
6 créditos ECTS, 150h.
- Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
- Horas non presenciais: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h
Preparación do exame 24h.
RECOMENDACIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA
1) Ler os textos metodica e concienzudamente no momento adecuado, evitando a acumulación
2) Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do profesor,
mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses
3) Participación activa nas clases. Isto significa presentar textos, e participar na discusión dos
mesmos con vistas á súa interpretación; pero significa sobre todo atender ao profesor tratando de
que quede claro o que este quere dicir. Carece de sentido aparentar a claridade.
4) Participación activa na AV. A empezar polo(s) foro(s). Todas as dúbidas e/ou consideracións
relativas á comprensión dos textos e en xeral das materias do curso deben de ser trasladadas ao(s)
foro(s). Deste xeito obrigámonos a verbalizalas dun xeito preciso. Por esta vía comprobaremos
que hai cousas que entendemos mellor –ou peor– do que cremos. Teremos para empezar, xa que
logo, unha representación máis fiable do que sabemos e do que non sabemos. O que sabemos
saberémolo mellor, e o que non sabemos... o “non-saberemos” tamén mellor, i..e. teremos
articulado os nosos problemas de comprensión. Ao tempo estaremos exercitando a nosa
expresión, en xeral e no referente aos asuntos filosóficos. Deseguida abriremos un debate e nos
situaremos nun espazo dialóxico, que é o propio do filosofar. Outros/as colegas nos contestarán.
Eu tamén, claro. Pero tereino que facer de maneira particularmente concisa e rigorosa.
5) Preparación dos exames seguindo rigorosamente as pautas indicadas
7. BIBLIOGRAFÍA
ADORNO, T. W., Teoría estética, Akal, 2004,
AGAMBEN, GIORGIO, El hombre sin contenido, , Barcelona, Áltera, 2005
AGAMBEN, GIORGIO, Idea de la prosa, trad. L. Silvani, Barcelona, Península, 1988
ARENDT, HANNAH, Walter Benjamin; Bertolt Brecht; Hermann Broch; Rosa Luxemburgo,
Barcelona, Anagrama, 1971, pp. 7-71
AUMONT, J. La estética hoy (Cátedra)
AZÚA, F.. Diccionario de las Artes (Anagrama)
BENJAMIN, WALTER, El concepto de crítica de arte en el romanticismo alemán, Barcelona,
Península, 1988
BENJAMIN, WALTER, La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica, en Discursos
interrumpidos(Taurus)
BENJAMIN, WALTER, Libro de los Pasajes, edición de Rolf Tiedemann, trad. L. Fernández
Castañeda, I. Herrera, y F. Guerrero, Madrid, Akal, 2005, pp. 37-63
BENJAMIN, WALTER,: Poesía y capitalismo. Iluminaciones II, Madrid, Taurus,
BERLIN, ISAIAH, Las raíces del romanticismo, Madrid, Taurus, 2000
BODEI, R. La forma de lo bello (Antonio Machado libros)
BOURDIEU, P. Las reglas del arte (Anagrama)
BOWIE, ANDREW, Estética y subjetividad. La filosofía alemana de Kant a Nietzsche y la teoría
estética actual, trad. E. Leonetti, Madrid, Visor, 1999
BOZAL, VALERIANO (ed.), Historia de las ideas estéticas y de las teorías artísticas
contemporáneas, Madrid, La Balsa de la Medusa, Visor, 1996
BRAUDILLARD, J La transparencia del mal (Anagrama)
BRUYNE, E.: La Estética de la Edad Media. Madrid, Visor, 1988.
BÜRGER, PETER, Teoría de la vanguardia, Buenos Aires, Las cuarenta, 2010
BURKE, EDMUND, De lo sublime y de lo bello, Barcelona, Altaya, 1998
CLAIR, JEAN, La responsabilidad del artista. Las vanguardias entre el terror y la razón, Madrid,
Visor, 2000
D’ANGELO, PAOLO, La estética del romanticismo, Madrid, Visor, 1998
DANTO, A. C.: El abuso de la belleza. La estética y el concepto del arte. Barcelona,
DANTO, ARTHUR, Después del fin del arte. El arte contemporáneo y el linde de la historia, trad.
E. Neerman, Barcelona, Paidós, 1999, especialmente caps. 2 y 8.
DE MAN, PAUL, La ideología estética, Madrid, Cátedra, 1998
DEBORD. G. La Sociedad del espectáculo (Pretextos)
DELEUZE, GILLES, Lógica del sentido, Barcelona, Planeta-Agostini, 1994.
DERRIDA, J.: De la Gramatología. Buenos Aires, S. XXI, 1975
DERRIDA, J.: La diseminación. Madrid, Fundamentos, 1975.
EAGLETON, TERRY, La estética como ideología, Madrid, Trotta, 2006,
ECO, U. Historia de la fealdad (Lumen)
ECO, U.: Historia de la Belleza. Barcelona, Lumen, 2004
FOSTER, HAL, El retorno de lo real. La vanguardia a finales de siglo, Madrid, Akal, 2001.
FRISBY, DAVID, Paisajes urbanos de la modernidad. Exploraciones críticas, Universidad
Nacional de Quilmes / Buenos Aires, Prometeo, 2007
GIVONE, S.: Historia de la Estética. Madrid, Tecnos, 1990
GOMBRICH., E. Arte e Ilusión (Debate)
GROYS, BORIS, Obra de arte total Stalin, Pre-textos, Valencia, 2008
GROYS, BORIS, Sobre lo nuevo. Ensayo de una economía cultural, Valencia, Pre-textos, 2005,
Guerrero, Luis Juan, Qué es la belleza, Buenos Aires, Columba, 1956 (Buenos Aires, Las cuarenta,
2011)
HEGEL, G. W. F., Lecciones sobre la estética, Akal, 1989.
HEIDEGGER, M.: Nietzsche. 2 vols., Barcelona, Destino, 2000
HEIDEGGER, MARTIN, “El origen de la obra de arte”, en: Caminos de Bosque, trad. H. Cortés y
A. Leyte, Madrid, Alianza, 1996
HEIDEGGER, MARTIN, “Hölderlin y la esencia de la poesía”, México, FCE, 1973, pp. 124-148
HEIDEGGER, MARTIN, “La época de la imagen del mundo”, en: Caminos del bosque, Madrid,
Alianza, 2000
HEIDEGGER, MARTIN, “La voluntad de poder como arte”, en: Nietzsche I, Barcelona, Destino,
2000, pp. 19-198
HOBSBAWM, ERIC, A la zaga. Decadencia y fracaso de las vanguardias del siglo XX, Barcelona,
Crítica, 2000
JAMESON, FREDRIC, El giro cultural. Escritos seleccionados sobre el posmodernismo 1983-1998,
trad. H. Pons, Buenos Aires, Manantial, 1999.
JAMESON, FREDRIC, El posmodernismo o la lógica cultural del capitalismo tardío, Madrid, Trotta,
1996
JIMÉNEZ, M.: ¿Qué es la estética? Barcelona, Idea, 1998
KANT, IMMANUEL, Crítica del juicio, Madrid, Espasa Calpe, 1984; Crítica del discernimiento,
Madrid, A.Machado Libros, 2003.
LEYRA, A. Mª: Tiempo de Estética. Madrid, Fundamentos, 1999
LUKÁCS, GEORG, El alma y las formas/ Teoría de la novela, México, Grijalbo, 1985,
LYOTARD, JEAN-FRANÇOIS, La condición posmoderna, Madrid, Cátedra, 1984
Machado Libros. La balsa de medusa)
MARCHÁN, S. Del arte objetual al arte de concepto (Akal)
MARCHÁN, S. La Estética en la cultura moderna (Alianza)
MARCUSE, HERBERT, La dimensión estética, Barcelona, Materiales, 1978
MASOTTA, OSCAR, Revolución en el arte. Pop-art, happenings y arte de los medios en la década
del sesenta, Buenos Aires, Edhasa, 2004
MOLES, A. El Kitsch (Paidós)
NEUMANN. E. Mitos de artista (Técnos)
NIETZSCHE, FRIEDRICH, Aurora. Pensamientos sobre los prejuicios morales (1881), trad. G.
NIETZSCHE, FRIEDRICH, El nacimiento de la tragedia, trad. Andrés Sánchez Pascual, Madrid,
Alianza, 1994,
NIETZSCHE, FRIEDRICH, Humano demasiado humano, Madrid, Akal, 1996,
ONFRAY, M.: La construcción de uno mismo. La moral estética. Buenos Aires, Perfil, 2000.
Paidós, 2005.
PAJON MECLOY, E.: El irrealismo. Madrid, Fundamentos, 2000
PARDO, J.L. Nunca fue más hermosa la basura (Galaxia Gutenberg)
PAREYSON, L. Conversaciones de estética (Antonio Piedras, Universidad de Puerto Rico, 1979.
RANCIÈRE, JACQUES, El espectador emancipado, Buenos Aires, Manantial, 2010,
RANCIÈRE, JACQUES, El malestar en la estética, Buenos Aires, 2011
RICHTER, HANS, Historia del dadaísmo, Buenos Aires, Nueva Visión, 1973
ROSENKRANZ, K Estética de lo feo (Julio Ollero ed.)
SCHAEFFER, J.P. Adiós a la estética (A. Machado libros)
SCHAEFFER, JEAN-MARIE El arte de la edad moderna. La estética y la filosofía del arte desde el
siglo XVIII hasta nuestros días, Caracas, Monte Ávila, 1999
SCHELLING, F. W. J., Filosofía del arte, trad. Virginia López Domínguez, Madrid, Tecnos, 1999,
SCHLEGEL, FRIEDRICH, Poesía y filosofía, Madrid, Alianza, 1994, pp. 47-67
SCHLEGEL, FRIEDRICH, Sobre el estudio de la poesía griega (1797), Madrid, Akal, 1995.
SCHOPENHAUER, ARTHUR, Metafísica de lo bello y estética, trad. J. A. García Martínez, Buenos
Aires, CEAL, 1968
SONTAG, SUSAN, Contra la interpretación, Buenos Aires, Alfaguara, 1996,
SONTAG, SUSAN, Estilos radicales, Buenos Aires, Punto de Lectura, 2005,
SOURIAU, E. Diccionario de la Estética (Akal)
SOURIAU, E.. Diccionario de la Estética (Akal)
TATARKIEWICKZ, WLADISLAW, Historia de seis ideas. Arte, belleza, forma, creatividad,
mimesis, experiencia estética, Madrid, Tecnos, 1987
TATARKIEWICZ, W.: Historia de la Estética. 3 vols., Madrid, Akal, 1987
TRÍAS, E.El artista y la ciudad (Anagrama)
VATTIMO, GIANNI, Diálogo con Nietzsche, Buenos Aires, Paidós, 2002, pp. 159-196
VATTIMO, GIANNI, El fin de la modernidad. Nihilismo y hermenéutica en la cultura postmoderna,
Buenos Aires, Gedisa, 1986, pp. 49-59.
VATTIMO, GIANNI, La sociedad transparente, Barcelona, Paidós, 1990
WAGNER, RICHARD, El arte del futuro, Buenos Aires, Prometeo, 2011
WELLMER, ALBRECHT, Sobre la dialéctica de modernidad y postmodernidad. La crítica de la
razón después de Adorno, Madrid, Visor, 1993FUNDAMENTAL
AMPLIADA