Date post: | 25-Sep-2018 |
Category: |
Documents |
Upload: | nguyenphuc |
View: | 214 times |
Download: | 0 times |
A EMERXENCIA DAS LINGUAS ROMÁNICAS
Pilar Lorenzo Gradín
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2018/2019
FACULTADE DE FILOLOXÍA
DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
Área de FILOLOXÍA ROMÁNICA
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
AUTORA: Pilar Lorenzo Gradín.
Edición electrónica. 2018
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total
ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico,
gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito da autora.
1.- DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA
Nome da materia: A emerxencia das linguas románicas.
Código: G5081246.
Número de créditos: 6 ECTS.
Tipo de materia: Materia obrigatoria tanto no Grao de Linguas e Literaturas
modernas (Itinerario: Filoloxía Románica), como no Minor en Filoloxía Románica
(módulo Actualidade da Filoloxía Románica).
Número de créditos (teóricos e prácticos): 6 ECTS.
Duración: 1º cuadrimestre.
Prerrequisitos: A materia non esixe prerrequisitos previos, se ben é aconsellable
que os estudantes manexen, ademais do galego e do español, outra lingua de uso
habitual na produción científica para ler a bibliografía complementaria indicada
pola profesora durante o curso.
Profesores que a imparten: Pilar Lorenzo Gradín.
Linguas en que se imparte: galego / español.
Horario de clases: Luns, martes e mércores, de 13.00 a 14.00 horas. Aulas C02, B01,
D01.
Horas e lugar de titorías:
- 1º cuadrimestre: martes: 16.30 ás 20.00 horas; mércores: 16.00 ás 19.00 horas.
- 2º cuadrimestre: mércores: 12.00 ás 14.30; 16.00 ás 18.30 horas.
Titorías personalizadas: martes: 16.30 ás 18.30 horas.
- Lugar: Despacho 206 (2º andar).
E-mail de contacto: [email protected] (Recoméndase utilizar este medio tanto
para confirmar as titorías como para realizar aquelas consultas que non esixan a
presencia directa do estudante).
Datas oficiais dos exames:
1ª oportunidade: 11 de xaneiro de 2019, ás 9.30 horas, Aula C03.
2ª oportunidade: 24 de xuño de 2019, ás 9.30 horas, Aula C03.
2.- SENTIDO DA MATERIA NO PLAN DE ESTUDOS
A materia enmárcase no 1º cuadrimestre do 2º ano do Grao en Linguas e Literaturas
Modernas e ten carácter obrigatorio tanto para os alumnos que cursen o Maior como o Minor
en Filoloxía Románica.
O seu obxectivo principal é definir a problemática que rodea a xénese das linguas
romances e situar a súa aparición no contexto histórico-cultural que lles corresponde para
axudar os estudantes a comprender o proceso de transición que vai do latín ao vulgar. O
estudo da materia contempla textos de diversas modalidades, que porán de manifesto que
o proceso de desenvolvemento dos diversos sistemas romances atravesou distintas fases
(que non se corresponden necesariamente con períodos cronolóxicos diferenciados) ata a
súa completa consolidación. Neste -longo e complexo- percorrido evolutivo, prestarase
particular atención aos seguintes aspectos: 1) a dicotomía latín / romance; 2) o contexto no
que saen á luz as primixenias manifestacións en lingua vulgar; 3) a tipoloxía dos textos
obxecto de estudo; 4) a análise da representación escrita das novas realidades lingüísticas
neolatinas, e, finalmente, 5) o proceso de constitución das tradicións literarias románicas.
A emerxencia das linguas románicas complementa en diacronía os contidos que se
imparten en As linguas da Romania e, ao mesmo tempo, prepara os estudantes para afrontar
os Principios de Lingüística románica, en que se afondará no estudo gramatical que caracteriza
as diversas linguas do espazo romance. Dado que nos primeiros testemuños se recollen
textos literarios, a materia tamén introduce o alumnado no proceso de formación das
literaturas romances, polo que mantén estreitas relacións tanto con A literatura románica
medieval no contexto europeo como con Fundamentos da literatura románica medieval.
3.- OBXECTIVOS DA MATERIA
a) Relacionados cos coñecementos ou habilidades a adquirir na materia:
Amosar o contexto en que fan a súa aparición os primeiros textos das distintas
linguas románicas.
Analizar os diferentes tipos de textos que neste período conteñen as primeiras
referencias escritas en romance.
Aclarar os diferentes graos de dependencia e de ruptura que as linguas romances
presentan con respecto ao latín na súa fase inicial.
Proporcionar coñecementos lingüísticos sobre as distintas linguas románicas nas
súas fases primitivas.
b) Relacionados co dominio de certas ferramentas de aprendizaxe ou de formación:
Familiarización co soporte manuscrito dos primeiros testemuños romances.
Familiarización cos manuais de Filoloxía Románica en xeral e cos manuais de cada
lingua romance en particular.
c) Obxectivos vinculados ao Plan de Estudos de Filoloxía Románica:
Proporcionar unha visión xeral da emerxencia e evolución dos textos literarios ata
a formación das grandes tradicións literarias romances no século XII.
Distinguir as características lingüísticas, literarias e culturais das diferentes etapas
históricas das linguas romances a partir do coñecemento da súa etapa de
formación.
Relacionar os contidos da materia cos das materias afíns do Maior en Filoloxía
Románica e cos das correspondentes do Grao en Linguas e Literaturas Modernas.
4.- COMPETENCIAS
a) As competencias xenéricas propias do Maior en Filoloxía Románica pódense
resumir nos seguintes puntos:
Visión global da familia lingüística románica dende unha perspectiva
histórico-comparada.
Intercomprensión das linguas románicas actuais.
Coñecemento e análise comparado do panorama literario desenvolvido nas
tradicións en lingua romance durante a Idade Media.
Capacidade para editar e interpretar textos medievais en lingua romance.
Comprensión da evolución da literatura románica medieval ata a actualidade.
Uso e elaboración de bases de datos e recursos electrónicos relacionados coas
linguas románicas e coa literatura románica medieval.
b) As competencias específicas desta materia son as seguintes:
Capacidade para recoñecer o impacto que os fenómenos históricos e culturais
desenvolveron na xénese das linguas romances.
Capacidade para diferenciar e localizar nos textos aqueles elementos do
protorromance que se afastan da gramática latina ou aqueloutros que poidan
asimilarse claramente a fenómenos propiamente romances.
Capacidade para identificar as particularidades dos primeiros textos literarios
romances.
Capacidade para distinguir as características definitorias das linguas románicas.
Capacidade para recoñecer diferentes graos de complexidade nos primeiros
textos escritos nas linguas neolatinas.
Capacidade para entender a produción cultural románica e os seus vínculos coa
produción latina.
5.- CONTIDOS
1.- As orixes das linguas romances e a súa problemática. As dicotomías latín / romance
e oral / escrito.
2.- Contexto histórico-cultural da aparición das primeiras manifestacións escritas en
lingua romance. A caída do Imperio romano e as súas consecuencias políticas e socio-
culturais. O Renacemento carolinxio e o Concilio de Tours.
3.- Delimitación espazo-temporal. Tipoloxía dos primeiros textos romances. Propostas
de clasificación.
4.- Análise externa dos primeiros textos en lingua romance e dos seus soportes de
escritura.
4.1.- Elementos romances en textos latinos. Selección: Catacumba de Commodilla. O
Indovinello veronese. As Glosas de Reichenau e as Glosas de Kassel. As Glosas
emilinanenses e silenses.
4.2.- Textos romances non literarios: Serments de Strasbourgh. Privilexio logudorés.
Condaghe. Placiti capuani. Inscripción da Basílica de San Clemente. Noticia de kesos.
Notícia de fiadores. Testamento de Afonso II. Notícia de torto. Homilies de Organyà.
Cartas zaratinas. Carta de Neacsu de Cîmpulung.
4.3.- Os primeiros textos das tradicións literarias romances. Selección: Cantilène de
Sainte Eulalie. Sermon de Valenciennes. Vie de Saint Léger. Alba bilingüe. Boecis.
Sermón pseudoagustiniano. As jarchas. Representación de los Reyes Magos. Ritmo
laurenziano.
6.- BIBLIOGRAFÍA
Asperti, S., Origini romanze, Roma, Viella, 2007.
Banniard, M., Du latin aux langues romances, Paris, Nathan, 2002.
---, Viva voce. Communication écrite et communication orale du IVe IXe siècle en Occident
latin, Paris, Institut des Études Augustiniennes,1992.
Curtius, E. R., Literatura europea y Edad Media latina, Madrid, F.C. E., 1976 (2ª
reimpresión).
Fradejas Rueda, J. M., Las lenguas románicas, Madrid, Arco libros, 2010.
Franck, B. E J Hartmann, Inventaire systématique des premiers documents des langues
romanes, Tübingen, Max Niemeyer, 1997.
Gargallo Gil, J. E., e M. Reina Bastardas (coords.), Manual de lingüística románica,
Barcelona, Ariel, 2007.
Holtus, G., M. Metzeltin e Ch. Schmitt, Lexikon der romanistischen Linguistik, Tübingen,
Max Niemeyer, vol. II/2, 1995.
Meneghetti, Mª L., Le origini delle letterature medievali romanze, Bari, Laterza, 1997.
Monteverdi, A., Manuale di avviamento agli studi romanzi. Le lingue romanze, Milano, F.
Vallardi, 1952.
Renzi, L, Nuova introduzione alla filologia romanza, Bologna, Il Mulino, 1985.
Selig, M. et alii, Le passage à l’écrit des langues romanes, Tübingen, Gunter Narr,1993.
Tagliavini, C., Orígenes de las lenguas neolatinas, México, F. C. E.,1973.
Varvaro, A., Identità linguistiche e letterarie nell’Europa romanza, Roma, Salerno
Editrice, 2004.
---, Literatura románica de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 1983.
VV.AA., Grundriss der romanischen Literaturen des Mettelalters, vol. I (Généralités),
Heidelberg, Carl Winter,1972.
Van Acker, M. et alii (eds.), Latin écrit - roman oral?: de la dichotomisation à la continuité,
Turnhout, Brepols, 2008.
Wright, R., Latín tardío y romance temprano (en España y la Francia carolingia), Madrid,
Gredos, 1989.
Zaccarello, M. - M. Maiden (eds.), The early Textualization of the romance Languages:
recent perspectives, Atti del convegno di Oxford 23-24 marzo 2002, Roma, Salerno Editrice,
2003.
N.B. Na súa maior parte, as obras citadas tratan aspectos xerais das linguas
románicas e das súas literaturas. Para aspectos particulares de cada texto do
programa, a profesora facilitará aos estudantes aquelas referencias suplementarias
que considere máis pertinentes.
7.- METODOLOXÍA DO ENSINO
As clases terán, fundamentalmente, unha orientación teórico-práctica, xa que a
exposición dos temas que configuran a programación basearase na análise dos textos e na
correspondente selección de imaxes. Así mesmo, a profesora facilitará lecturas adicionais,
para que os alumnos completen as explicacións ofrecidas na aula e dean conta nas sesións
interactivas e na preparación dos traballos dos contidos asimilados nas clases expositivas.
Por este motivo, as intervencións na aula terán un peso significativo no proceso de
avaliación (cfr. apartado 10).
Ademais, cada estudante deberá preparar individualmente e expoñer na aula o
comentario de dous textos de distintas linguas románicas, elaborados entre os séculos IX e
XII. Dun deses comentarios deberá entregar unha versión escrita, completa e coidada,
seguindo as pautas marcadas pola profesora. A este propósito, advírtese que a preparación
dos traballos esixe un considerable grao de dedicación individual non presencial.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas a resolver tanto as dúbidas
que levanten as explicacións das sesións presenciais como a preparación dos comentarios,
aínda que tamén se poden utilizar para presentar calquera aspecto que poida resultar de
interese para o alumno.
Como corresponde a este método de traballo, os estudantes deben levar ao día o
estudo da materia e ir asimilando de maneira progresiva os contidos que se vaian
desenvolvendo ao longo do curso. Consecuentemente, a asistencia a clase é obrigatoria (cfr.
apartado 10).
8.- CRONOGRAMA
O tempo de duración que se contempla para o desenvolvemento de cada un dos
temas que configuran o programa é o que se reproduce no seguinte cronograma orientativo:
Semanas Temas
1 As orixes das linguas romances
2 a 3 Contexto de aparición dos primeiros textos
romances.
4 a 5 Delimitación espazo-temporal. Tipoloxía
dos primeiros textos romances..
6 a 8 Análise externa dos primeiros textos.
4.1.- Elementos romances en textos latinos
9 a 12 4.2.- Textos romances non literarios
12-15 4.3.- Os primeiros textos das tradicións
literarias romances.
9.- SISTEMA DE AVALIACIÓN E APRENDIZAXE
1ª oportunidade (XANEIRO): Para superar a materia os estudantes deben participar
activamente nas clases presenciais e nas actividades prácticas programadas, que se conciben
como complemento dos contidos teóricos das sesión expositivas. Dado que a materia prevé
un sistema de avaliación continua, a asistencia a clase é obrigatoria.
Para acadar os obxectivos didácticos marcados na programación, os estudantes
prepararán as seguintes actividades:
a) Comentarios de dous textos seleccionados de acordo coa profesora, aos que os
estudantes aplicarán tanto os contidos teóricos recibidos na aula como aqueles datos
procedentes da lectura da bibliografía especializada recomendada pola docente (50%
cualificación).
c) Elaboración dun traballo monográfico orientado pola profesora, no que o
estudante deberá dar conta da súa capacidade na asimilación de información, da
organización razoada dos contidos e da súa argumentación crítica na exposición (50% nota
final).
DATA DE ENTREGA do traballo: 10 de xaneiro 2019.
A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co que
prevé a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de
Educación Superior, aprobada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de
marzo de 2010, pode ser suplida cos oportunos traballos substitutivos.
En calquera caso, os estudantes que non poidan seguir con regularidade as clases,
non realicen as actividades programadas ou non obteñan unha nota mínima de 5 puntos
durante a avaliación continua terán que presentarse ao exame final da materia (1 pregunta
teórica e 2 comentarios de texto de calquera das obras do temario), que se realizará nas datas
oficiais establecidas pola Secretaría da Facultade de Filoloxía (cfr. apartado 1).
* Na primeira oportunidade, os ESTUDANTES REPETIDORES que opten pola
avaliación continua obterán o 40% da cualificación a través da realización das actividades
prácticas programadas, mentres que o 60% restante corresponderá a un exame escrito, que
versará sobre os contidos teóricos e prácticos das sesións expositivas.
2ª oportunidade (XUÑO): A avaliación efectuarase exclusivamente a través dun
exame escrito, que incluirá preguntas teóricas e prácticas (2 comentarios de texto): 100% da
cualificación.
Alumnado con dispensa de asistencia ás clases
Todos aqueles estudantes que conten con dispensa de asistencia acreditada serán avaliados
unicamente a través dun exame escrito en ambas as dúas oportunidades.
O peso que se lle adxudica a cada un dos elementos contemplados na avaliación é o
que a seguir se reproduce:
ELEMENTO
AVALIADO
CRITERIOS INSTRUMENTO PORCENTAXE
Asistencia e
participación nas
sesións
presenciais
Asistencia regular
e puntual;
participación
activa nas
distintas
actividades e
calidade das
intervencións na aula
Observacións e
notas do profesor
durante as sesións
presenciais.
Autoavaliación
15%
Contidos e
actividades
prácticas da
materia
Dominio dos
contidos teóricos, das
estratexias aprendidas,
da claridade expositiva
e da práctica crítica.
Exposición dos
comentarios de
texto
35%
Traballos escritos,
debates e
exposicións orais
Calidade dos contidos;
creatividade; expresión
e presentación
coidadas; aplicación da
bibliografía de maneira
razoada.
Elaboración dun
traballo
monográfico
50%
A distribución en horas das actividades (presenciais e non presenciais) asignadas á
materia é a seguinte:
Actividades
Horas
presenciais
Horas non
presenciais
Horas de
traballo
autónomo
TOTAL
Sesións
expositivas 24 - 36 60
Sesións
interactivas 24 20 (TD) 40 84
Titorías 3 - - 3
Sesións de
avaliación 3 - - 3
TOTAL 54 20 76 150
10.- OUTRAS INFORMACIÓNS
É fundamental que os alumnos leven un ritmo de traballo constante e equilibrado ao
longo do cuadrimestre. Así mesmo, para o correcto aproveitamento da programación, é
recomendable ter capacidade para ler nalgunha lingua estranxeira, o que favorecerá que o
estudante enriqueza, valore e contraste a información dada polo docente nas sesións
presenciais. Ademais, é importante que os alumnos relacionen os contidos adquiridos cos
doutras materias afíns.
APÉNDICE
1.- Primeiros textos romances non literarios. Selección
data documento lingua tipo procedencia
ca. 780 Indovinello veronese ital.? ocasional Verona
842 Serments de Strasbourg oïl documento Soissons
s. IX
(ca. 850)
Catacumba de Commodilla ital.? ocasional Roma
s. X (ca.
950)
Glosas silenses esp. documento Navarra
s. X (2ª
metade)
Glosas emilianenses esp. documento Navarra
960 - 963 Placiti campani ital. documento Montecassino
fin s. X Noticia de kesos esp. ocasional León
s. XI Xuramentos feudais cat. documento Biblioteca
Catalunya
fin s. XI Fórmula de confesión umbra ital relixioso Norcia
fin s. XI Privilexio logudorés sardo documento Pisa
fin s. XI Carta cagliaritana en caracteres
gregos
sardo documento (Marsella)
s. XII
(1100-1130)
Versión do Evanxelio de S. Xoán oc relixioso Limousin
ss. XI-XII Conto navale pisano ital. ocasional Pisa
s. XII Sermón pseudoagustiniano rom. relixioso Einsiedeln
s. XII (>
1110)
Condaghe sardo documento Cerdeña
s. XII Homilíes de Organyà cat. relixioso Urgell
ca. 1174 Pacto dos irmáns Pais port. documento Santa María de
Arnoso (Braga)
ca. 1175-
1200
Noticia de fiadores port. ocasional Rio Tinto
1214-15 Noticia de torto port documento Vairão
1214 Testamento Afonso II port. documento Torre do
Tombo
ca. 1280 Inventario de bens dálm. documento Ragusa
(= Dubrovnik)
ca. 1290 Confraternita dei Battuti (Cividale) friul documento Udine
1394 Dereito de propiedade ladino documento Trentino-Alto
Adige
ca. 1325-
1327
Cartas zaratinas dálm. documento Dalmacia
1521 Carta Neacsu Cîmpulung rum documento Brasov
med. s.
XVI
Códice de Voronet rum relixioso Bucarest
2.- Primeiros textos das tradicións literarias romances. Selección
data texto lingua xénero procedencia
ca. 880 Cantilène de Sainte
Eulalie
oïl haxiografía St. Amand
(Valenciennes)
s. X Vie de Saint Léger oïl haxiografía St. Maixent (Poitiers)
s. X Passion de Clermont-
Ferrand
oïl haxiografía Poitiers
s. X
(ca. 937-
952)
Sermon de Xonás ou
Sermon de
Valenciennes
oil sermón St Amand
(Valenciennes)
s. X Alba bilingüe oc poesía relixiosa (?) Fleury-sur-Loire
s. XI Sponsus oïl teatro San Marcial de
Limoges
s. XI Chanson de S. Alexis oïl haxiografía sudeste do dominio oil
s. XI Boecis oc haxiografía S. Marcial de Limoges
s. XI Canción mariana In
hoc anni circulo
oc poesía relixiosa (Paris)
s. XI Sancta Fides oc haxiografía Fleury-sur-Loire
s. XI-XII Jarchas mozárabes mozárabe lírica Andalucía
finais s.
XI?
Roman d’Alexandre frprov narrativa (Firenze)