Date post: | 22-Jun-2015 |
Category: |
Education |
Upload: | dives-gallaecia |
View: | 197 times |
Download: | 9 times |
AS LENDAS DA AS LENDAS DA ANTIGA ROMAANTIGA ROMA
Galería de imaxesGalería de imaxes
Álvaro P. Vilariño. Versión 1.0 dec.2012
ENEASENEAS
Eneas foxe dunha Troia en chamas, levando nos ombros ó seu pai Anquises. O neno ós pés de Eneas é o seu fillo Ascanio, tamén chamado Iulo, que dará nome á gens Iulia, á que pertencían Xulio César e o emperador Augusto. Tamén Creúsa, muller de Eneas, quere acompañar ó seu marido, pero morrerá no desorde e confusión da batalla. (Federico Barocci, "Eneas foxe de Troia", 1598)
A LOBAA LOBA
A pesares dos intentos de Amulio por privar de descendencia á súa sobriña Rhea Silvia, o deus Marte xaceu coa rapaza, quen deu a luz a dous xemeos. Amulio enviou a Silvia ó carcere e ordenou a un servo abandoar ós recén nacidos nas augas do Tíber, pero a cesta quedou enganchada na ribeira e os nenos foron criados por unha loba. (Agostino, Annibale e Ludovico Carracci, "Rómulo e Remo criados pola loba", 1590-1592)
RÓMULO E REMORÓMULO E REMO
Laurencia, a muller de Faústulo, acolle ós dous xemeos. Tito Livio recorda unha antiga versión do mito segundo a cal Laurencia era apodada "a loba", de ahí a orixe da lenda dos dous rapaces criados polo animal consagrado a Marte. (Sebastiano Ricci, "A infancia de Rómulo e Remo", 1706-1707)
AS SABINASAS SABINAS
As mulleres sabinas foron raptadas por Rómulo no transcurso dun convite para poboar a cidade de recente fundación. Semellante idea provocou unha sanguenta guerra en medio da cal as mulleres sabinas interpuxéronse entre os dous bandos implorando o cese de hostilidades (Nicolás Poussin, 1637-1638 ).
LUCRECIALUCRECIA
Nobre dama romana, esposa de Colatino. Despois de ser forzada por Sexto Tarquinio, o fillo do rei, mandou chamar ó seu pai e ó seu esposo, e tras facelos xurar vinganza, quitouse a vida cravándose un puñal.(Lucas Cranach o vello, "Lucrecia", 1533)
SEXTO TARQUNIO E SEXTO TARQUNIO E LUCRECIALUCRECIA
Sexto Tarquinio ameaza a Lucrecia, lanzándose contra ela armado cun puñal. Dille que se non cede ós seus desexos matará a un escravo e deixaraa xunto o seu cadáver. Así pensaríase que Lucrecia fora sorprendida en adulterio na compaña dun servo. Sen saída, Lucrecia cederá por fin ós desexos de Sexto. (Tiziano, "Tarquinio e Lucrecia", 1570)
OS HORACIOSOS HORACIOS
Na guerra entre Roma a a veciña Alba Longa (s. VII a.C.), ambas cidades deciden de mutuo acordo confiar o resultado da batalla ó combate entre 6 irmáns xemeos, de idade e valor semellantes: 3 Horacios, romanos, e 3 Curiacios, albanos. No cadro aparecen os tres Horacios xurando fidelidade á patria, coas espadas en alto. O único supervivinte foi un dos Horacios, e a victoria foi para Roma. (J.-Louis David, "O xuramento dos Horacios", 1784)
MUCIO SCÉVOLAMUCIO SCÉVOLA
Asediada Roma polo rei etrusco Porsena, o xove romano logrou introducirse no campamento inimigo decidido a matar ó rei, pero ó chegar alí matou a un escriba por erro (no cadro, ó lado do rei). Capturado e levado ante Porsena Mucio puxo a man dereita nun braseiro para demostrarlle ó rei o pouco que lle importaba a vida. Porsena, impresionado, liberou ó romano. Desde ese día foi chamado Scevola, é dicir, "o zurdo". (Hans Baldung Grien, "Mucio Scevola", 1515)
MUCIO SCÉVOLA IIMUCIO SCÉVOLA II
O nobre romano introduce a súa man dereita no lume ante a mirada atónita do rei etrusco Porsena. (Sebastiano Ricci, "Mucio Scevola", 1684-1685).
MARCO CURCIOMARCO CURCIO
Di Tito Livio que un día abreuse unha gran greta no Foro, e por máis que o intentaban non conseguían pechala. Os adiviños dixeron que o abismo só se pecharía coa cousa máis importante para Roma. O xove Marco Curcio, sostendo que a cousa máis importante para a cidade era o valor e as armas, chimpouse ó vacio co seu cabalo. Na súa honra a greta foi chamada "Burato de Marco Curcio". (Benxamín Robert Haydon, "Marco Curcio lánzase ó abismo", 1836-1842)
DECIO MUSDECIO MUS
Fronte ó incerto do resultado da batalla ente romanos e samnitas (s. IV a.C), o consul Decio Mus pregunta ó sacerdote como debía de sacrificarse polas lexións. O sacerdote sométeo a un solemne ritual, consagrándoo ás divindades infernais. Decio lánzase só contra os inimigos e morre, sen embargo os romanos venceron na batalla.(Decio Mus consulta o oráculo, manufactura de Bruselas, 1616-1642)