MANUEL ARAMBURU NÚÑEZ
Manuel Aramburu Núñez naceu o 10 de abril de 1936 en León, de pais galegos.
Iniciou a súa aprendizaxe no mundo da pintura en Pontevedra, cidade á que con
motivo da guerra civil tivo que trasladarse a súa familia pouco tempo despois do seu
nacemento. É un dos grandes mestres da pintura actual e pertence á chamada
xeración de vangardas e silencios, da que forma parte un grupo de artistas que
desenvolveron a súa actividade creativa a partir da posguerra española, posterior, por
tanto, a artistas como Manuel Colmeiro ou Laxeiro e anterior á nova escola artística
galega, iniciada quizás a partir da experiencia Atlántica nos anos 80. Realizou
exposicións individuais en España, Suecia, Alemaña, Holanda e Portugal.
Maternidad, 1954 Óleo/lenzo. 81 x 65 cm
Colección Mari Guillán Fajardo
Na súa etapa de aprendizaxe é influído polos artistas galegos das xeracións
inmediatamente anteriores, como Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Luis Seoane,
Manolo Torres, Laxeiro ou Pesqueira, artistas estes últimos cos que Aramburu tivo
moito contacto, nalgún caso unha gran amizade e respecto mutuo, así como polos
impresionistas e postimpresionistas do s. XIX, especialmente Paul Cézanne ou Van
Gogh.
Barcos, 1953
Óleo/táboa. 50 x 61 cm Colección Mari Guillán Fajardo
O Paraño, 1968 Óleo/lenzo. 81 x 100 cm
Colección familia Domínguez Fernández
No período comprendido entre 1971 e 1975, na pintura de Aramburu
encóntrase o tema recorrente dos montes do Paraño, que pasa a formar parte das
coleccións de distintos museos, sendo por eles recoñecido en publicacións nacionais
como representación da moderna pintura española.
No ano 1975 presenta na Bienal
Nacional de Arte de Pontevedra a súa obra
Desguace, que obtén a medalla de ouro
(posteriormente obtería a de bronce na
Bienal Internacional), iniciando a súa etapa
de Hierros, que marca a temática da súa obra
ata a actualidade.
Desguace, 1975
Óleo/lenzo. 162 x 130 cm Museo de Pontevedra. Depósito Deputación de
Pontevedra
Unha constante ó longo de toda a súa traxectoria é a súa faceta de xenial
retratista, estudoso de mestres como Velázquez, Goya ou Sotomayor, que o levan a
aceptar o encargo de retratar en diversas ocasións a Don Juan Carlos I, Rei de España,
e a Don Felipe de Borbón, Príncipe de Asturias, e a realizar a galería de retratos da
Escuela Naval Militar de Marín (Pontevedra) ou dos decanos da Facultade de Dereito
da Universidade de Santiago de Compostela.
Aramburu no seu estudio