MARÍA CASTAÑA ATACA O BISPADO DE LUGO: María Castaña existiu realmente. Nada na Pobra do Brollón
(preto de Monforte de Lemos), alcumábase Castaña pola cor do cabelo. Fíxose famosa ao rebelarse en Lugo no
século XIV contra o bispo da diócese. O suceso causou estupor pola ousadía coa que a muller acometou ao
recadador do bispo, reclamando non pagar impostos abusivos, matando ao funcionario do bispo lucense.
Busca por Lugo diante os seguintes obxectos: un escudo-unha espada-o mordomo do bispo asasinado-unha
fouce-o señor bispo-unha monxa-un mendigo-un corvo-un lobo-un maravedí (moeda medieval)-un plano cun
arco debuxado-un freire-unha lanza-María Castaña-a muralla de Lugo
CASTELOS ASALTADOS POR TODA GALICIA: O pobo está farto. Os tributos que lle teñen que pagar aos
señores feudais e máis á Igrexa, os asaltos dos bandoleiros que andan a roubar polos camiños, a miseria e, por
riba, a peste. Son tantas cousas as que o pobo ten que aturar neste século XV, último da Idade Media, que se
organizou en Irmandades (formadas por comerciantes, artesáns, campesiños, e algúns fidalgos e relixiosos).
Os chamados irmandiños adicáronse ao principio a perseguir bandoleiros, pero logo se enfrontaron a nobres e
bispos, asaltando tanto castelo hai en Galicia, poñendo orde de xeito violento, rematando cos bandoleiros e
facendo fuxir aos nobres durante dous anos, voltando con milleiros de soldados para recuperar os seus feudos.
Busca polo castelo e contorna os seguintes obxectos: unha vara de xustiza-un bispo-un bandoleiro-un frade-
unhas tenaces-unha subela (ferramenta de zapateiro)-unha forca-unha fonda (para lanzar pedras)-unha pota
de aceite-unha maza de combate-un escudo-unha lanza-unha dama nobre-unha fouce-unha tea ou antorcha