Date post: | 31-Jul-2015 |
Category: |
Government & Nonprofit |
Upload: | autismogalicia |
View: | 1,057 times |
Download: | 7 times |
memoria de actividades
2013
(resumo)
ÍNDICE Federación Autismo Galicia Quen somos ................................................................... 5 As nosas entidades ......................................................... 8
Programas de actividades 2013 Programa de Atención a Persoas con TEA e Familias ... 11 Programa de Accesibilidade ......................................... 18 Programa de Emprego .................................................. 21 Programa de Formación ............................................... 23 Programa de Comunicación ......................................... 28
A Federación Autismo Galicia en cifras Memoria de Recursos Humanos .................................. 38 Memoria Económica .................................................... 39
Federación Autismo Galicia Sede social: Rúa Home Santo de Bonaval,74
Centro de Recursos: Rúa Rodríguez de Viguri, 35 15703 Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 589 365
Fax: 981 589 344 [email protected] www.autismogalicia.org
En 1995 as principais entidades dedicadas ás persoas con autismo na nosa comunidade autónoma deci-diron crear unha federación que servise como referencia e punto de encontro para todas elas. Deste xeito naceu Autismo Galicia, baseada no consenso e a participación das entidades galegas de autismo.
P O R Q U E U N H A F E D E R A C I Ó N ? O principal cometido da Federación Autismo Galicia será loitar polos dereitos e o benestar das persoas con autismo e das súas familias, converterse nun referente técnico e informativo e complementar os servizos especializados que ofertan as entidades, de xeito que as familias sintan que as súas necesidades están cubertas por entidades e profesionais especializados. O pensamento que impulsou a creación da Federación foi a certeza de que as entidades sociais deben apoiarse entre si para poder lograr os seus obxectivos. Será este mesmo pensamento o que vertebre o percorrido de Autismo Galicia, impulsando a súa participación en diversas redes de colaboración como representantes do colectivo de persoas con trastorno do espectro do autismo en Galicia.
IGUALDADEIGUALDADEIGUALDADEIGUALDADE PARTICIPACIÓNPARTICIPACIÓNPARTICIPACIÓNPARTICIPACIÓN SOLIDARIEDADESOLIDARIEDADESOLIDARIEDADESOLIDARIEDADE DEMOCRACIA DEMOCRACIA DEMOCRACIA DEMOCRACIA INTERNAINTERNAINTERNAINTERNA TRANSPARENCIATRANSPARENCIATRANSPARENCIATRANSPARENCIA INFORMATIVAINFORMATIVAINFORMATIVAINFORMATIVA
Q U E N S O M O S ?
A Federación Autismo Galicia conta con diversos mecanismos de control para asegurar o correcto funcionamento da entidade. Ademais de render contas perante as administracións públicas e os financiadores, a Federación está so-metida a auditoría externa e publica anualmente as súas contas. Está declara-da como Entidade de Utilidade Pública polo Ministerio de Interior e inscrita nos rexistros públicos da Xunta de Galicia:
Rexistro de Asociacións nº 95-2
Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais nº E-948
Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria nº O205
Asemblea Xeral
É o órgano de máximo poder da Federación e nela están representadas todas as entidades que a forman.
Xunta Directiva
A ela corresponde a xestión e a dirección da entidade. Estes cargos son elixidos democraticamente pola Asemblea, ocúpanse de xeito voluntario e non reciben prestacións económicas.
• Presidente — Antonio de la Iglesia Soriano (ASPANAES) • Secretario — José Manuel Varela Rodríguez (APA Castro Navás) • Tesoureiro—Cipriano Luis Jiménez Casas (APA Menela)
Q U E N S O M O S ?
C O M O N O S O R G A N I Z A M O S ?
Área de Comunicación
Asemblea Xeral
Xunta Directiva
Comité de Dirección
Consello Asesor
Asesores Externos
Servizos e Dereitos
do Colectivo
Sanidade
Educación
Comisións
Accesibilidade
Área de Xestión e Organización
Económica e financeira
Asociacións
Proxectos
Área de Apoio Ao Colectivo
Formación
Emprego
Persoas con TEA e Familias
A Coruña: Asociación ASPANAES:
Fundación Autismo Coruña
Lugo: Asociación Capaces Lugo
Ourense: Asociación de Familiares de Persoas
con Trastornos da Comunicación Social de Ourense
Pontevedra: Fundación Menela
Asociación Autismo Vigo
Asociación APACAF
Asociación de Pais do Centro “Os mecos”
Asociación de Pais do Centro de EE Menela
Asociación de Pais do Centro Ocupacional Residencial Castro Navás
Fundación Tutelar Camiño do Miño
A S N O S A S E N T I D A D E S
Q U E S E R V I Z O S O F E R T A N ? Dende as entidades sen ánimo de lucro que forman Autismo Galicia, bríndase este apoio especializado e de calidade ás persoas con TEA no eido familiar, social, educativo e asistencial: • Unidades de diagnóstico e atención temperá.
• Servizos de orientación, asesoramento e escola de familias.
• Colexios de educación especial onde os rapaces poden ter unha escolarización total ou combinada con colexios ordinarios.
• Centros de día e residenciais para persoas adultas con TEA.
• Servizos de respiro familiar, ocio e inclusión social.
• Formación a familias e a profesionais que desenvolven o seu traballo con persoas con TEA.
560
persoas con TEA atendidas en 2013
870
usuarios de servizos
66
persoas voluntarias
260
traballadoras e traballadores
As entidades en cifras
1.680
familiares de persoas con TEA (contando 3 persoas por unidade familiar)
A S N O S A S E N T I D A D E S
P R O G R A M A S D E A C T I V I D A D E S 2013
Atención a Persoas con TEA e Familias
Accesibilidade
Emprego Formación
Comunicación e
Sensibilización
ATENCIÓN A PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
INFORMACIÓN, ATENCIÓN E ASESORAMENTO Aténdense as consultas recibidas brindando información e, cando se considera necesario, derívase ás entidades membro ou ben aos servizos públicos.
Quen adoita consultar? Familiares de persoas con TEA e en menor medida mestres, traballadores sociais e persoas con TEA.
Sobre quen adoita consultar? Na gran maioría de casos sobre nenos e nenas.
Cal é o tema da consulta? Principalmente dúbidas sobre o diagnóstico e a rede de centros e servizos que en Galicia.
Que solucións se achegan? Na ampla maioría dos casos o caso é atendido pola propia Federa-ción ou as súas entidades asociadas. Nalgúns casos, tamen se orienta cara servizos hospitalarios especializados ou ás adminis-tracións públicas.
Descanso das familiar e conciliación da vida familiar, laboral e social
Reforzo da aprendizaxe adquirida
e autonomía persoal
Actividades de ocio
adaptadas
Acceso ao ocio e a cultura
e inclusión na sociedade
ATENCIÓN A PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
ATENCIÓN A PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
INCLUSIÓN SOCIAL
RESPIRO FAMILIAR OCIO
Viaxe de equinoterapia 6 días nun entorno natural reali-zando actividades de ocio e tera-
pia con cabalos
Estancias de setembro Actividades lúdicas e ao aire libre en dúas quendas para rapaces e
adultos
Estancias de xullo Vacacións de verán en As Pontes
Estancias de agosto Vacacións de verán en Nigrán
10 persoas 24 persoas
22 persoas 12 persoas
A Coruña - ASPANAES Fomentando a autonomía en activida-
des da vida cotiá
Lugo - Capaces Lugo Fomentando a participación social
Ourense - TRASCOS Accedendo ao ocio e a cultura
22 persoas 10 persoas 7 persoas
107107107107
persoas con TEA se beneficiaron deste programa, un 64% máis ca en 2012
ACTIVIDADES DE APOIO A FAMILIAS Talleres e charlas en Lugo e Ourense dirixidas a formar aos familiares de persoas con TEA para unha mellor abordaxe dos trastornos:
• Usos das TIC, talleres xurídicos, diagnóstico, intervención no fogar e comunicación.
32
familiares asistiron aos talleres en Lugo e Ourense
+ 64%
ATENCIÓN A PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
Dentro do Programa de Accesibilidade téñense en conta tres eidos nos que traballar: o educativo, o sanitario e o so-cial. Ao longo de 2013 desenvolveuse este último, comezan-do por adaptar espazos deportivos ás necesidades de comu-nicación das persoas con TEA.
As persoas con TEA teñen dificultades coa linguaxe, polo
que a miúdo poden non comprender o seu entorno e ato-parse perdidas, o que lles ocasiona moita ansiedade. Non
obstante, teñen moi desenvolvido o pensamento visual, é dicir, comprenden moito mellor as imaxes que as verbas, polo que é máis sinxelo e efectivo comunicarse con eles deste xeito. Para iso, utilizamos pictogramas de ARASAAC,
imaxes sinxelas e descritivas que se axustan ás súas ne-
cesidades.
TRÍPTICOS E GUÍAS INFORMATIVAS
Consúltaas en www.autismogalicia.org
Traballo colaborativo coas entidades federadas
Adaptacións realizadas por persoal especializado e probadas por persoas con TEA
Apoio institucional
ACCESIBIL IDADE PARA PERSOAS CON TEA
SINALIZANDO ESPAZOS PÚBLICOS PASO A PASO 1. Un equipo multidisciplinar formado por técnicos da Federación e
das asociacións provinciais participantes valoran as necesidades e seleccionan os espazos a adaptar.
2. Mantense unha xuntanza cos responsables políticos destes espa-zos para presentar o proxecto e gañar a súa colaboración.
3. Realízase un estudo sobre o terreo das adaptacións necesarias en cada espazo.
4. Elabóranse os pictogramas, próbanse con persoas con TEA e tras-ládanse á concellería para que esta se encargue de elaborar a si-nalización.
5. Realízase unha segunda visita técnica ao espazo para colocar os pictogramas axeitadamente.
6. Aválianse o resultado en función de distintos indicadores.
A Estrada adaptadas as piscinas municipais
Santiago logrado o compromiso da Concellería de Deportes e comezado o estudo dos
espazos
Culleredo logrado o compromiso da Concellería
de Deportes
ACCESIBIL IDADE PARA PERSOAS CON TEA
INFORMACIÓN E ASESORAMENTO As persoas con TEA que buscan emprego e se achegan a Autismo Galicia son atendidas pola nosa Área de Emprego, integrada por persoas con formación especializada e experiencia no eido da integración sociolaboral.
NOVAS FERRAMENTAS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO Aproveitando o Día Mundial de Concienciación do Autismo, a Federación presentou o seu Proxecto de Formación en Habilida-de Sociolaborais, baseado na metodoloxía do emprego con apoio y articulado a través dun DVD interactivo que axudará aos prepa-radores laborais a desenvolver o seu traballo.
COLABORACIÓN COAS EMPRESAS
Co apoio da Federación, Fundación Menela logra comercializar as súas marmeladas artesás elaboradas por persoas con TEA nos establecementos de Frutas Nieves en Vigo.
Renóvase o acordo entre Fundación Menela, Autismo Galicia e Embalajes Armando para o traballo de catro persoas con TEA do centro Castro Navás. Continuarán a realizar a montaxe das tapas das caixas para o marisco da empresa viguesa.
EMPREGO
Cursos para profesionais
1. Prevención de Riscos na saúde das Persoas con TEA (2ª edición)
2. Xornadas Saúde e Atención Temperá para Persoas con TEA
3. Curso Sistemas Alternativos e Aumentati-vos de Comunicación
129 alumnos
Promoción de saúde e
hábitos saudables
1. Xornada Modelo de Ética e Calidade de Vi-da
2. Xornada Hábitos de Vida Saudables
125 alumnos
Accións formativas para
desempregados
1. Curso de Preparador Laboral Especialista en TEA e noutras Discapacidades
15 alumnos
+ 38%
269269269269
persoas se beneficiaron da formación,
un 38% máis ca en 2012
FORMACIÓN
NOVAS PUBLICACIÓNS Publícase o número XVII de Maremagnum e a revista para familias de Autismo Galicia (consúltaas en www.autismogalicia.org)
Apoiamos ás entidades federadasApoiamos ás entidades federadasApoiamos ás entidades federadasApoiamos ás entidades federadas na súa comunicación e na organización de eventos.
Sensibilizamos á sociedadeSensibilizamos á sociedadeSensibilizamos á sociedadeSensibilizamos á sociedade
e damos a coñecer os trastornos do espectro do autismo con información veraz e positiva.
Apoiamos a investigaciónApoiamos a investigaciónApoiamos a investigaciónApoiamos a investigación
colaborando con cantas persoas buscan información para os seus traballos de investigación.
Traballamos en redeTraballamos en redeTraballamos en redeTraballamos en rede
con CERMI Galicia, EAPN Galicia, a Confederación Autis-mo España, Autismo Europa e o Grupo de Converxencia
Asociativa de Galicia.
COMUNICACIÓN E SENSIBIL IZACIÓN
DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO Con motivo do Día Mundial de Concienciación do Autismo, a Federación presen-tou dous novos proxectos encamiñados á inclusión das persoas con TEA no eido sanitario e laboral: • Accesibilidade para as Persoas con TEA aos Servizos de Saúde, posto en
marcha por ASPANAES e pola Facultade de Enfermería da Universidade de Santiago.
• Formación en Habilidades Sociolaborais para Persoas con TEA, posto en
marcha por Autismo Galicia para apoiar a inserción laboral deste colectivo.
DÍAS EUROPEOS DO AUTISMO Para celebrar estas datas, Autismo Galicia e Fundación Menela organi-zaron unha xornada formativa sobre saúde e detección temperá dos trastornos que foi impartida polas profesionais da asociación barcelo-nesa Carrilet.
COMUNICACIÓN E SENSIBIL IZACIÓN
DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE Nun acto reivindicativo, persoas con distintas discapacidades, repre-sentando ás entidades do CERMI Galicia, expuxeron ante o público os seus desexos e exixiron os seus dereitos como cidadáns.
RESUMO DE RECURSOS HUMANOS
Consulta as contas anuais e
o informe de auditoría en www.autismogalicia.org
RESUMO DE DATOS ECONÓMICOS
S E G U E A C O Ñ E C E R N O S !
Máis información, memoria de actividades completa, informe de auditoría e contas anuais na nosa web www.autismogalicia.org.
www.facebook.com/federacion.autismo.galicia @AutismoGalicia