Memoria2018
www.fundacionplacidocastro.com
Memoria2018
1. Conferencia Anual
O 25 de Xaneiro celebrouse
en As Neves a XIX Conferencia
Anual sobre “Plácido Castro
e o universalismo galeguista”,
impartida por Xulio Ríos,
presidente de honra do
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional e
autor, entre outros, de “Galicia
e a Sociedade das Nacións”
(Galaxia, 1992). A actividade
foi organizada en colaboración
co concello de As Neves
Pontevedra), estando á espera
da edición impresa.
Memoria2018
2. Premio de Tradución
A décimosétima edición,
correspondente a 2017, foi
declarada deserta polo xurado.
Memoria2018
3. Convenio coa adega Terra de Asorei
O 31 de Xullo, a Fundación
Plácido Castro e a adega Terra
de Asorei asinaron un convenio
de colaboración “para a
promoción da figura e obra de
Plácido Castro”. O convenio
contempla como obxectivos: a) o
apoio e valorización nos termos
que en cada caso proceda
do Premio Plácido Castro de
Tradución; b) o reforzamento
dos actos cívicos e culturais da
Fundación coa presenza dos
viños de Adegas Terra de Asorei
nos supostos en que de común
acordo se estableza; c) o estudo
do lanzamento dunha marca
“Plácido” que incorporaría o
trazo da sinatura e o ex libris do
citado autor.
O convenio foi asinado por Susi
Castro e Xosé Ramón Durán
Martínez.
Memoria2018
4. Convenio de colaboración coa USC
No marco do convenio subscrito
coa Facultade de Xeografía e
Historia da USC, Paula Gondar
Núñez realizou prácticas
na Fundación consistentes
na realización dun preciso
Inventario Documental de todos
os fondos relacionados con
Plácido Castro a disposición da
entidade.
posición da entidade.
Memoria2018
5. Nova exposición sobre Plácido Castro
En lona e con deseño de Pepe
Carreiro, a nova exposición, xa
dispoñible, achega os elementos
indispensables para coñecer a
vida, obra e pensamento de
Plácido Castro. Os 10 paneis
que conforman a exposición
teñen cinco niveis de lectura:
o título; unha cita tirada das
Máximas do propio Plácido
Castro; un texto breve sobre
o período que se trata; os pés
de foto; e as imaxes. O tamaño
dos paneis é de 1,20 (ancho) x
2 (alto) m. O soporte: roller con
dúas varelas.
Memoria2018
6. Misión en Madrid
Os días 16 e 17 de xullo, a
Fundación Plácido Castro
mantivo encontros nas
embaixadas de Irlanda e
Reino Unido e tamén co
correspondente da BBC
e do Irish Times. Ademais
de constatar a vontade de
colaboración coa entidade,
en 2019 levarase a cabo unha
exposición das fotos realizadas
por Plácido Castro na súa viaxe
a Irlanda en 1928.
Memoria2018
7. Plan de promoción da páxina web da Fundación e da presenza nas redes sociais
O plan de promoción da
entidade para divulgar a
figura de Plácido Castro nas
redes sociais permitiu avances
importantes.
O número de seguidores en
Facebook ascende a 1.505
(antes 1.357).
En Twitter é de 301.
Memoria2018
8. Relacións Institucionais
Cabe destacar a participación
nos actos en memoria de
Alexandre Bóveda e tamén do
85 aniversario da participación
de Galicia no IX Congreso
de Nacionalidades Europeas,
organizado pola Fundación Vía
Galega.
Memoria2018
9. Reunións do Padroado
O Padroado reuniuse en tres
ocasións ao longo do exercicio
2018: o 23 de febreiro, o 13 de
xuño e o 25 de outubro.
Memoria2018
10. Nova sede oficial e Arquivo Permanente
Rematada a fase de reforma e
acondicionamento do inmoble
sito no Camiño da Calzada,
s/n, iniciáronse os labores de
traslado de documentación e de
dotación dos medios materiais.
Memoria2018
11. Outras actividadesPublicáronse en diferentes
medios artigos divulgativos a
propósito da figura de Plácido
Castro.
Memoria2018
12. Balance económico
INGRESOS 4.546,56APORTACIONS PATRONOS 4.400,00
Aportación Concello Vilagarcía de Arousa 1.800,00
Aportación Concello Cambados 1.800,00
Aportación Concello Corcubión 800,00
OUTROS 146,56
Dereitos de autor (Nortídeas Comunicación, S.L.) 146,56
GASTOS 5.354,15GASTOS XERAIS 774,27
Gastos de secretaría anual 450,00
Servizo asesoría 254,17
Servizos bancarios e similares 11,20
Outros tributos ( tasas xunta) 9,94
Outros servizos (memoria Fundación, e correos) 48,96
GASTOS DAS ACTIVIDADES 4.579,88
Xestión redes sociais 2.394,59
Conferencia Anual Plácido Castro 93,54
Edición Conferencia Anual 181,50
Xestións Madrid ampliación padroado 382,20
Homenaxe Alexandre Bóveda 70,00
Exposición biográfica Plácido Castro 1.458,05
EXCEDENTE NEGATIVO EXERCICIO 2018 -807,59
FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO
31 de decembro de 2018