Date post: | 06-May-2018 |
Category: |
Documents |
Upload: | hoangkhanh |
View: | 218 times |
Download: | 0 times |
Manual de usuario Plug-in Word
Versión en galego Equipo de desenvolvemento
MU
CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN
NOME DO DOCUMENTO: Manual plug-in MS Word VERSIÓN: 1.0
COD. DO DOCUMENTO:
ELABORADO POR: Equipo de desenvolvemento DATA: 16/05/2013
VALIDADO POR: Amtega DATA:
APROBADO POR: Amtega DATA:
REXISTRO DE CAMBIOS
Versión Causa da nova versión Data de
aprobación
1.0 Versión inicial 16/05/2013
Datos básicos do proxecto
Nome do proxecto
Tradutor Gaio
Código do proxecto
TGaio
CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este material exclusivamente para os servizos que foron acordados coa AMTEGA e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibida a reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordado coa AMTEGA .
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 3 de 18
PT_v.03.00
Índice
1. INTRODUCIÓN ........................................................................................................................................ 4
2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA.............................................................................................................. 5
2.1. Requisitos de hardware e software ............................................................................................ 5 2.2. Perfís de usuario ......................................................................................................................... 5
3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA ........................................................................................................ 6
3.1.1. Instalación do Gaio WordToolBar ............................................................................. 6 3.1.2. Traducir utilizando o plug-in de Gaio WordToolBar .................................................. 8 3.1.3. Axuda do plug-in...................................................................................................... 13 3.1.4. Desinstalar o plug-in ................................................................................................ 14
4. PREGUNTAS FRECUENTES DO SISTEMA ........................................................................................ 16
5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO ......................................................................................................... 17
6. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS ..................................................................................................... 18
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 4 de 18
PT_v.03.00
1. INTRODUCIÓN
O obxectivo deste documento é explicar o proceso de instalación e utilización do plug-in para Microsoft
Word do tradutor Gaio.
Este plug-in pode ser obtido desde o apartado de descargas do frontal de tradución de Gaio
(http://gaio.xunta.es).
O plug-in estará dispoñible para os usuarios que fagan uso do sistema de tradución automática.
Para levar a cabo a tradución, o plug-in conéctase cos servizos web de tradución, polo que é moi
importante que o uso deste se realice desde un equipo conectado á rede da Xunta de Galicia.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 5 de 18
PT_v.03.00
2. PRESENTACIÓN DO SISTEMA
Gaio WordToolBar utilízase para realizar traducións automáticas de textos desde o editor do Microsoft Word. É unha ferramenta que supón unha diminución considerable do tempo de realización de traducións de texto, xa que non é necesario realizalas desde internet. Esta nova ferramenta é de axuda para todos aqueles usuarios que utilicen de maneira frecuente o editor de textos do Microsoft Word no seu traballo diario ou mesmo para aquelas persoas que estean interesadas na tradución automática de textos.
2.1. Requisitos de hardware e software
Gaio WordToolBar ten os seguintes requisitos:
Librería SOAP Toolkit 3.0: no caso de non tela instalada poderá atopar unha copia no cartafol de
instalación baixo o nome soapsdk.exe.
Conexión á rede da Xunta de Galicia: permisos para acceder aos servizos web de tradución
automática.
Unha versión compatible de Microsoft Office instalada (2007 ou 2010).
Habilitar execución de macros no Word Office 2007, 2010.
Instalar o Acrobat Reader para poder visualizar a axuda en PDF.
2.2. Perfís de usuario
Usuario con acceso á rede da Xunta de Galicia.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 6 de 18
PT_v.03.00
3. FUNCIONALIDADES DO SISTEMA
3.1.1. Instalación do Gaio WordToolBar
O plug-in para realizar a tradución automática desde o Microsoft Word está dispoñible no apartado de descargas do frontal de tradución (http://gaio.xunta.es). En primeiro lugar, cómpre descargar o ficheiro GaioWordToolBar.zip. Unha vez finalizada a descarga, debemos proceder a descomprimir o ficheiro nun cartafol do noso equipo. Debemos comprobar que dispomos no noso equipo dos elementos de software indicados no apartado 2.1. Posteriormente, débese lanzar o programa soapsdk.exe que nos permitirá facer a conexión do plug-in cos servizos web de tradución. Unha vez descomprimido o ficheiro, deberemos lanzar o programa de instalación, denominado InstaladorGaioWord.exe.
O proceso de instalación é sinxelo e guiará o usuario durante todo o proceso de instalación do plug-in do Word no seu equipo.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 7 de 18
PT_v.03.00
A seguinte pantalla indícanos que o proceso de instalación se completou de forma correcta.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 8 de 18
PT_v.03.00
Gaio WordToolBar é un plug-in que permite traducir textos nun ou varios idiomas desde o Microsoft Word.
As súas características principais son:
Permite seleccionar entre todos os pares de idiomas que o cliente ten instalados no seu sistema de
tradución automática.
Ofrece varias opcións de tradución tales como:
traducir o texto seleccionado e substituílo;
traducir o texto seleccionado e incorporalo debaixo;
traducir o texto seleccionado e colocalo no portapapeis.
Acceso ao manual de axuda.
O funcionamento do plug-in é moi sinxelo: o usuario é o encargado de seleccionar os idiomas orixe e
destino da tradución, así como a forma na que o texto vai ser traducido. A continuación, mediante unha
chamada ao servizo de tradución, o texto será traducido, reenviado ao editor de texto do usuario e
incorporado ao mesmo.
3.1.2. Traducir utilizando o plug-in de Gaio WordToolBar
A continuación mostraremos as diferentes posibilidades de tradución do plug-in de Gaio WordToolBar. Esta ferramenta ofrece varias posibilidades de tradución de textos:
tradución do texto seleccionado e substitución do mesmo;
tradución do texto seleccionado e incorporación debaixo do texto seleccionado;
tradución do texto seleccionado e envío do texto traducido ao portapapeis do editor.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 9 de 18
PT_v.03.00
Cando lanzamos o Word por primeira vez, despois de facer a instalación do plug-in, aparecerá unha mensaxe como a que podemos ver na pantalla seguinte:
O Word mostra unha advertencia de seguridade para indicarnos que se deshabilitou a execución de macros. Para que funcione o plug-in debemos premer o botón Habilitar contenido. Para realizar calquera tradución de texto hai uns pasos xerais que o usuario ten que seguir, tales como a selección do idioma orixe do texto de tradución e o idioma destino ao que vai ser traducido.
Ilustración 1: selección do idioma orixe da tradución.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 10 de 18
PT_v.03.00
Ilustración 2: seleccionando o idioma destino da tradución.
3.1.2.1. Traducir e substituír
A continuación atopámonos coa opción de traducir e substituír o texto. Para realizar correctamente a tradución, o usuario ten que realizar os seguintes pasos:
seleccionar os idiomas orixe e destino de tradución,
seleccionar o texto do documento que se debe traducir,
premer a opción de traducir e substituír.
Tras realizar estes pasos, o propio plug-in realizará a lectura, o envío dos textos e a recepción dos textos traducidos de maneira totalmente automática.
Ilustración 3: tradución con reemprazo do texto.
Na seguinte imaxe podemos observar o resultado do proceso de tradución.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 11 de 18
PT_v.03.00
Ilustración 4: resultado da tradución con reemprazo.
3.1.2.2. Traducir e colocar debaixo
A opción de traducir e colocar debaixo é a segunda que aparece no menú de tradución do plug-in. Para realizar correctamente a tradución, o usuario ten que realizar os seguintes pasos:
seleccionar os idiomas orixe e destino de tradución;
seleccionar o texto do documento que se debe traducir;
premer a opción de traducir e colocar debaixo.
Tras realizar estes pasos, o propio plug-in realizará a lectura, o envío dos textos e a recepción dos textos traducidos de maneira totalmente automática.
Ilustración 5: opción de traducir e colocar debaixo.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 12 de 18
PT_v.03.00
Como mostra a imaxe superior, o texto orixe non só foi traducido senón que ademais se colocou debaixo.
3.1.2.3. Traducir e colocar no portapapeis
En último lugar, temos a opción de traducir e substituír o texto. Para realizar correctamente a tradución, o usuario ten que realizar os seguintes pasos:
seleccionar os idiomas orixe e destino de tradución;
seleccionar o texto do documento que se debe traducir;
premer a opción de traducir e colocar no portapapeis.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 13 de 18
PT_v.03.00
Ilustración 6: copia do resultado no portapapeis.
Tras realizar estes pasos, o propio plug-in realizará a lectura, o envío dos textos e a recepción dos textos traducidos de maneira totalmente automática. O plug-in colocará o texto traducido no portapapeis do editor de texto e o usuario será o encargado de situalo no documento.
Ilustración 7: a tradución pégase no Wordpad.
3.1.3. Axuda do plug-in
O segundo dos menús do plug-in é o relacionado coa axuda da aplicación. Esta axuda está formada polos seguintes apartados:
axuda de Gaio WordToolbar (o presente documento PDF);
acerca de Gaio WordToolbar.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 14 de 18
PT_v.03.00
3.1.4. Desinstalar o plug-in
Para levar a cabo a desinstalación do plug-in, abonda con acceder ao menú de inicio do sistema operativo Windows. Aí poderemos ver o grupo de programas de GaioWordToolBar. Como podemos ver na imaxe seguinte, abonda con premer a opción Desinstalar. Isto lanzará o proceso de desinstalación do software do noso equipo. É importante ter os programas Microsoft Office (Word, Excel, etc.) pechados antes de levar a cabo a desinstalación.
Ilustración 8: grupo de programas do plug-in de Gaio para Word.
Unha vez lanzado o proceso de desinstalación, aparecerá unha pantalla como a que podemos ver a continuación.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 15 de 18
PT_v.03.00
Ao premer o botón Desinstalar, confirmamos que queremos levar a cabo o proceso.
Ilustración 9: pantalla que indica que o proceso de desinstalación se completou correctamente.
A pantalla anterior indica que o proceso se completou de forma correcta e polo tanto abonda con premer o
botón Pechar para finalizar.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 16 de 18
PT_v.03.00
4. PREGUNTAS FRECUENTES DO SISTEMA
Porque non funciona a tradución por medio do plug-in?
O plug-in chama os servizos web de tradución, polo tanto deberemos asegurarnos de facer uso do mesmo
cando esteamos conectados á rede da Xunta de Galicia.
Con que versións de Microsoft Office funciona o plug-in?
O plug-in está preparado para funcionar coas versións 2007 e 2010 de Microsoft Office. En versións
posteriores non está probado.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 17 de 18
PT_v.03.00
5. LISTA DE MENSAXES DE ERRO
Código Descrición Gravidade Solución
101 Dirección de idioma non soportada Media Comprobar que o sentido de
tradución que está solicitando
o usuario está soportado polo
sistema de tradución.
105 Fallo durante o proceso de validación Media Verificar o nome de usuario e
contrasinal que emprega o
usuario para chamar o
servizo web de tradución.
Comprobar que o usuario
está habilitado no frontal de
Administración.
E_WSDL Non é posible realizar a conexión co servizo web de
tradución
Media Comprobar que os servizos
web están operativos.
Comprobar que o usuario
está na rede da Xunta e ten
acceso aos WSDL
A librería MSSOPAP30.DLL non está instalada.
Proceso de instalación cancelado.
Media O plug-in necesita a librería
indicada para poder
establecer a comunicación
cos servizos web de
tradución. O usuario debe
primeiro instalar a librería e
despois volver a lanzar o
proceso de instalación.
O Word estase a executar, pécheo antes de continuar
co proceso de instalación
Baixa O usuario debe ter o Word
pechado para poder instalar o
plug-in. Deberá pechar o
Word e lanzar de novo o
proceso de instalación.
O Word estase a executar, pécheo antes de continuar
co proceso de desinstalación
Baixa O usuario debe ter o Word
pechado para poder
desinstalar o plug-in. Deberá
pechar o Word e lanzar de
novo o proceso de
desinstalación.
DOC_ManualPluginWord_V000_1_gl.docx Páxina 18 de 18
PT_v.03.00
6. ANEXO I: GLOSARIO DE TERMOS
(Conceptos e termos que se empregan no documento e que son importantes para comprender a
funcionalidade do mesmo)