[Recuncho de sentimento]
Explorando sEntimEntos ·
[nosa histoRia]
Un atEntado na torrE dE nogUEira ·
[en movemento]
8ª primavEra En rUta, dE novo nas orixEs · a conciEncia do montE nEmE ·
[Bio-espazo]
píllara das dUnas, a xoia dE Baldaio ·
[teRRitoRio]
gÁndara, na tErra dE sonEira, Un mUndo nUnha parroqUia ·
[melloR así]
o Barro como matErial dE constrUción ·
[contRanatuRa]
a avEspa vElUtina (nEgritorax) amEaza amBiEntal ·
[acción mocidade]
Escola amBiEntal dE sEnda nova · a mochila dE lEti ·
Nº 0 · XUllo · 2017
abrindo camiño é unha publicación gratuíta editada pola asociación ambiental senda nova. a publicidade inserida é con fins exclusivos a de amortización da edición e impresión da mesma. esta obra ten unha licenza creative commons Recoñecemento-non comercial 4.0 internacional.
Abrindo Camiño, foron os Días de Ecoloxía e Patrimonio cos que, hai menos dun ano,
quixemos celebrar os dez
de existencia de Senda
Nova. As xornadas celebra-
das no Mercado Municipal
de Carballo xuntaron de
xeito expositivo as diferen-
tes áreas nas que a entidade
vén traballando durante
este tempo, e que teñen
como nexo a posta en valor
do patrimonio ambiental e
cultural das comarcas que
compartimos.
Ademais da exposición de
material, que reflectiu ese
labor, e do recoñecemento
ao longo traballo a prol da
terra de persoeiros como
Xan Fernández Carrera,
estes Días de Ecoloxía e
Patrimonio desenvolveron
unha serie de actividades
relacionadas con ese noso
patrimonio, e tamén coa
programación que realiza-
mos en Senda Nova.
Aínda con todo, as avalia-
cións máis interesantes
destas excepcionais xorna-
das tiveron que ver coas xun-
tanzas de múltiples entida-
des de diferente espectro e
obxectivos, pero que com-
parten espazo xeográfico
nesta Costa da Morte na que
nos toca vivir.
Certamente, o traballo diario
durante estes anos permi-
tiunos o contacto directo
con entidades de moitos
tipos, as máis, as que dende
cada unha das parroquias se
encargan de dinamizar os
pequenos espazos no que
está dividido o territorio.
Aínda así, xuntarnos unha
morea delas nesas xorna-
das, supuxo poñer enriba da
mesa valores e carencias que
moitas veces compartimos
a maioría duns colectivos
que avaliamos de conxunto
a necesidade da colabora-
ción continua entre asocia-
cións, e que é preciso man-
termos como un importante
motor da dinamización rural
a partir da posta en valor
dun dos maiores activos que
temos: o noso patrimonio.
E con isto nace esta humilde
publicación. Coas ganas de
xuntarnos e de visibilizar
uns esforzos máis escuros
do merecido, de entidades
e movementos a prol dun
territorio cheo de espazos
para protexer, de activida-
des realizadas, de valores
escondidos que necesitamos
descubrir.
Agradecemos ás empresas
que nos axudan con estas
follas, ao entender a nosa
filosofía de querer apoiar-
nos só no pequeno comer-
cio e no comercio sostible
para saír adiante con esta
publicación. O encaixe non
é fácil cando se trata de ini-
ciativas novas que marcan
a traxectoria da actividade
económica nunha filosofía
definida.
As grazas esténdense a
todos e todas as que tedes
letras ou fotos propias
nunhas páxinas que preten-
den vertebrar en diferentes
seccións, apartados que se
centran no noso patrimonio
e na dinamización rural das
comarcas de Bergantiños e
Soneira.
Grazas a Rebeca Blanco,
a Nel Vidal e a Breo de
PositiBos por todo. Grazas
a cada un dos voluntarios e
voluntarias de Senda Nova
por espremer minutos, días e
horas en cada unha das máis
de 60 actividades que espa-
llamos en cada ano.
Jose M. Menéndez
Edita: Asociación Ambiental Senda Nova / Enderezo: Rúa Venezuela nº 12 cp 15100 Carballo / Tel: +34611037617 / Email: [email protected] Web: www.sendanova.org / Imprime: PositiBos / Foto de portada: Píllaras, de Andrés Pereira / Sección contranatura: Paco García
Revisión lingüística: Nel Vidal / Fotografía: Senda Nova, colaboradoras e socias / Deseño gráfico, diagramación e web: PositiBos.gal / Depósito legal: C 1048-2017 Os textos publicados son responsabilidade das persoas propietarias, quen responden, ademais, da orixinalidade da súa obra. Senda Nova non se responsabiliza das opinións
verquidas polas persoas dos artigos publicados, quen serán responsables legais do seu contido, autenticidade e carácter inédito.
Edito
rial
DOMINGO LUNS (segunda feira)MARTES
(terza feira)MÉRCORES (corta feira)
XOVES(quinta feira)
VENRES(sexta feira) SÁBADO
A AGUALADA 1º
BAIO 3º 1º
A PONTE DO PORTO 2º / UlT
CAMARIÑAS X X
CAMELLE X
CARBALLO 2º / 3º / 5º X
CAIÓN X
ZAS 1º
PAIOSACO 1º / 3º
CORME X
LAXE X
PONTECESO X
MALPICA X
LEILOIO 1º / 3º
VIMIANZO X
Feir
as
DE
Ber
ga
nti
ño
s E
son
eir
a
Os
nom
es d
os
día
s d
a se
man
a es
tán
tam
én n
a fo
rma
trad
icio
nal g
aleg
a: w
ww
.bit
.ly/d
iass
eman
aU
n “X
” si
gnifi
ca t
od
os
eses
día
s d
a se
man
a. O
“FE
IRÓ
N”
de
Car
bal
lo é
o 5
º d
om
ingo
de
mes
.
ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org 3
opinión
JoSé
RoDRígUEz
Feirante. Natural
de Berdillo.
Empatíafai a xente de tantas enti-
dades. Pois poñámo-
nos xa a imaxinar as
cousas que arranxa-
ría aplicar isto no noso
día a día, e aprendamos
a ter empatía con todo
canto nos rodea, e sobre
todo cos máis débiles.
Xoguemos a intentar
entendelos, e sei certo que
esta sociedade verá como
se cura pouco a pouco o
bulling, a violencia no
fogar, e ata a maneira de
andar polo monte e mirar
a natureza.
Ensinemos os máis peque-
nos a que sexan empáticos
e seguramente consigamos
ata facelos máis felices...
Que opinades?
Empatía: a solución a todos os males. Solución á violen-cia no fogar, ao bulling e
a mil cousas que despois
de explicarme, seguro
que encontraredes vós
mesmos.
A definición vén sendo
algo así como poñerse no
sitio doutra persoa. Pois
imaxinemos que amplia-
mos isto..., e que somos
capaces de ter empatía
con animais, ou ata
coa mesma natureza
en xeral. Quizais
chegara este exerci-
cio para deixar de con-
taminar por contaminar,
respectar aos animais, e
ata unha cuestión impor-
tantísima: ter empatía coa
xente que pon o seu tempo
e recursos para intentar
transmitir este respecto,
como vemos día a día que
recuncho de sentimento
JoSE ANToNIo
ANDRADE
FIgUEIRAS
Avogado.
Escritor
de Seavia,
Coristanco.
Explorando sentimentos e abrindo camiños á esperanza
nos devolvan o neno que
fomos.
Neste senso non hai
cambio arredor de
nós, por insignificante
que pareza, que non
altere a percepción que
tiñamos do pasado. Non é
posible acometer sen riscos
para o espírito novas modu-
lacións da paisaxe. Todas
afectarán, para ben ou para
mal, os afectos polo rueiro,
polo lugar morriñento que
nos acubillou de peque-
rrechos. Mais tal afirma-
ción non debería erguerse
como desculpa para o inmo-
bilismo absoluto na trans-
formación da terra. A miúdo
interprétase de xeito desa-
fortunado a idea de cambio.
En realidade, e con carác-
ter xeral, os nosos devan-
ceiros mudaron (cambia-
ron) para ben o contorno
no que vivían. Trocaron en
terras fértiles boa parte dos
montes, boedos e páramos
asilvestrados. E fixérono de
xeito ordenado e intelixente,
plantando cada cousa no seu
sitio, en función da caste de
cultivos, e as súas necesida-
des de regadío ou ciclo de
reposición. Tiveron igual-
mente en conta o carácter
expansivo das especies, e
o seu sentido previsor non
foi alleo á permisividade da
penetración solar nas súas
vivendas, polo xeral orien-
tadas para un maior aprovei-
tamento da luz no inverno e
unha maior estadía a sombra
perante o verán.
Abofé que non hai mellor
maneira de comprobar ata
que punto o que digo é ou
non certo, que ir de vagar
pola vida, explorando senti-
mentos e abrindo camiños á
esperanza.
Como tantos galegos, vivo dacabalo entre un asentamento urbano, no que suposta-
mente teño garantido o
sustento económico (cidade
da Coruña), e a aldea nativa
(a Suevia coristanquesa),
que me acolle cada fin de
semana. Con ser tal reparto
unha solución para conten-
tar a carteira e mailo corazón,
este último latexa a ritmos
desiguais en función dunha
ou doutra latitude.
Mentres un é mozo resiste
sen maior contratempo nin
frustración a vertixe das
viaxes semanais ou mesmo
diarias, e os quilómetros
e peaxes non mingúan a
vontade de pertenza ao
rural ou, dito de xeito máis
retórico, de peregrinación ao
santuario da infancia. Non
parece cousa distinta este
intento noso de ancoraxe
emocional a un mundo de
nenos e de nenas que agora
non temos (nin somos). Pero
teimamos na persecución
dos soños, e loitamos por
recuperar unha liberdade e
unha fantasía que, sendo
comúns nos primeiros
anos da vida, revisten
unha singularidade
propia entre os que
somos eternos rapaces
da aldea.
Orfo o terruño de xentes
novas, debemos cando
menos preservar o outro
compoñente existencial,
definitivo e definitorio en
todo sentimento de saudade:
a paisaxe. Enténdase esta
nun sentido máis persoal
e íntimo que aquel que a
cámara do móbil é capaz de
reproducir de xeito pano-
rámico alí por onde cami-
ñamos. Porque a perspec-
tiva da parroquia ou o hori-
zonte bergantiñán, con ser
importantes na conforma-
ción estética de cada un de
nós, pouca relevancia acadan
a carón dos escenarios da
vida cotiá. Tanto é así que,
na miña crenza, volvemos
e asentamos no lugar onde
nacemos, na medida en que
a configuración do contorno
próximo esperte en nós emo-
cións reconfortantes que
4 ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org
nosa historia
MARTíN
RAbUñAl
ANDRADE
Avogado.
Autor de varios
estudos sobre a
historia da Torre
de Nogueira.
Veciño de
Brenlla, Couso,
Coristanco.
Un atentado na torre de nogueira
nobreza propietaria; un
lugar a onde moitos
labregos, chega-
dos desta e incluso
doutras comarcas da
contorna, acudían a
entregar ao administra-
dor do seu amo ou señor
as rendas en especie (trigo,
carneiros, galiñas, man-
teiga…) que debían pagar
polas súas casas e facen-
das. Pero ademais de ser
ese centro recadador, a
casa da Torre de Nogueira
tamén era a cabeza dun
couto redondo de preto de
1.000 hectáreas, que abran-
guía case a metade da parro-
quia de Seavia, cos lugares
de Nogueira, Rabadeira,
Pe r e i r a s , C a m p e l o ,
Salgueiras, etc., onde todo
era propiedade particular do
señor de Nogueira e onde
todos os seus habitantes –
sen excepción– nada tiñan
de seu, probablemente nin
sequera a liberdade para
buscar unha vida mellor.
Quero entender que cando
no ano 1847 os herdeiros
do Duque de Zaragoza,
marqués de Lazán, de
Cañizar, Señor de Nogueira,
etc., puxeran en venda o
couto de Nogueira, aqueles
veciños verían próxima a
esperanza de deixar atrás
aquela anacrónica situación
feudal, pero, no obstante,
xa en pleno século XX, esta
dona Pilar Cano-Manuel
(nora do que fora o compra-
dor do couto de Nogueira
en 1847, José María Maya),
e que na noite do atentado
descansaba no seu pazo de
Nogueira, non era máis que a
representante dunha adiñei-
rada familia burguesa que,
para os efectos prácticos, se
colocara na posición daquela
vella nobreza e que mantiña
invariable ese sistema case
feudal, partindo en anacos as
esperanzas daqueles sufri-
dos labregos.
Esa señora viúva, refinada e
culta, que adoitaba pasar os
veráns en Nogueira, vivindo
ao xeito de Downton Abbeye
paseando en carruaxe polas
“calles” de Nogueira das
que fala o artigo de prensa,
polo visto, non contaba coa
amizade dos seus caseiros,
aos que adoitaba levar á
xustiza e negarlles o dereito
a recoller leña ou toxo nos
seus montes, especialmente
naquel chamado “Monte do
Quinto” (polo quinto monllo
que había que entregarlle
ao señor daquelas terras),
a pesar de que iso mesmo
viñan facendo eses labregos,
e antes deles os seus anter-
gos, dende sempre.
A pesar desta sonora pro-
testa de 1916 –e doutras
moitas que seguramente
non recolleron os xornais
pero que permanecen na
memoria das xentes da
parroquia de Seavia– o
sistema de vasalaxe mantí-
vose en Nogueira ata media-
dos do século XX sen que
esta última xeración de
irmandiños armados con
dinamita puidese facer nada
por evitalo.
Para chegar á aldea de
Nogueira hai que coller un
desvío á dereita na estrada
que vai de Coristanco a
Santa Comba, á altura da
parroquia coristanquesa de
Seavia, un pouco antes de
chegar á Rabadeira. Unha
vez alí pode observarse
como os muros da Torre de
Nogueira, sólidos a proba
de atentado, seguen sendo
ese testemuño calado do
pasado feudal da comarca
de Bergantiños.
No ano 1916 alguén
atentou con dina-
mita contra a Torre de
Nogueira, o monumento
civil por excelencia do
concello de Coristanco.
Nunca se soubo quen
foi o autor do atentado.
Hai uns meses, na procura de informa-ción sobre a Torre de Nogueira, atopei na hemero-
teca do xornal El Progreso
un exemplar con data de
6 de xuño de 1916 cunha
nova que me deixou cavi-
lando: “Atentado con dina-
mita”, unha sinxela e breve
nota de prensa que indicaba
o seguinte: “Durante la noche
del 8 al nueve del corriente
se ha cometido en el término
municipal de Coristanco un
atentado por medio de la
dinamita” (que curioso,
pensei, por medio “de la
dinamita”) “A las dos de la
madrugada dos fuertes deto-
naciones oídas en el lugar de
Torres de Nogueira, parro-
quia de Seavia, llevaron la
alarma al vecindario el cual se
echó a la calle para enterarse
de lo que ocurría” –bota-
ríase “a la corredoira”,
diría eu, máis exacta-
mente- “Pronto se ave-
riguó que se trataba de
dos petardos colocados
cerca de la casa de doña
Pilar Cano-Manuel, viuda de
Maya, en la cual se abrieron
dos boquetes pero sin oca-
sionar daños de importancia.
Se ignora quien haya sido el
autor de atentado”.
Se cadra os alarmados
veciños de Nogueira que
aquela noite de xuño
de 1916 espertaron co
estrondo dos petardos non
estaban tan sorprendidos
como parece; seguramente
nin sequera se trataba de
algo illado, tendo en conta
o contexto no que os feitos
aconteceron.
Nogueira nunca foi unha
aldea sen máis na comarca
de Bergantiños, xa non
só por contar coa robusta
torre edificada no Século
XV, senón por ser durante
séculos o centro de admi-
nistración e recadación de
rendas forais por parte da
Explicacións de Martín no roteiro Coristanco Histórico”.
ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org 5
en movemento
JoSE M.
MENéNDEz
VARElA
Programación
do proxecto
das Historias
de Inverno.
Presidente da A.
Ambiental Senda
Nova. Natural
de Llaviana-
Asturies e veciño
de Carballo.
8ª primavera en ruta, de novo nas orixes
moitos os que viron unha
idea utópica, doutras
latitudes, ou tamén
un tanto tola, a de
camiñar en grupo por
uns lugares que consi-
deraban máis que vistos
por ser “monte”, e pouco
atractivos dende a posi-
ción formigonada de sen-
timento de rexeitamento
cara ao pack vacas-toxo-la-
ma-silvas. A dificultade
vén dada dobremente, cun
esforzo organizativo que
recolle, moitas veces, ter
que arranxar a golpe de
gabillo, moitos dos tramos
desa senda, antiga en his-
toria, esquecida en tempo.
Frecuentemente o traballo
continuo por aquilo non con-
segue a utopía, mais faina
desprazarse a esta máis
lonxe e facerse grande a
medida que os pequenos
soños se van convertendo
en realidade. Fano a diario
e co calendario escondido,
sen darte apenas conta nin
que foron soños un día.
A PRIMAVERA EN RUTA
quixo entón ser o marco
onde proxectaramos todas
esas ideas. Permitiu facer
de escenario onde poder
colocar todos os actores
implicados e comezar unha
representación que preten-
día axudar a sacar un pou-
quiño a manta, e poder des-
cubrir algo, un rural triste.
Comezamos cando os esfor-
zos previos deron coñe-
cemento, e o volume de
deseños de percorridos
foi suficiente para pechar
un programa ambicioso de
camiñadas e nos fixo cons-
cientes e seguros de nos
mesmos. Soubemos entón
que o camiño podía ser
longo e con curvas, pero
que o encaixe de boliños de
todos os actores da obra de
teatro era o rompecabezas
perfecto.
Persoeiros nas aldeas que
nos mostran orgullosos e
que nos forman no coñe-
cemento. Persoeiros cami-
ñantes que nos acompa-
ñan na lama interpreta-
tiva. Concellos que colabo-
ran nos proxectos e proxec-
tos que se volven maiores a
través do apoio das asocia-
cións do noso rural e a labor
voluntaria de prevención de
Protección Civil.
O crecemento no fortalece-
mento das ideas e o esforzo
continuo fixo posible estes
8 anos de PRIMAVERA EN
RUTA. Esta oitava edición,
xa con 9 percorridos, segue
avanzando nas súas premisas
e suma forzas coa Fundación
Pondal, para establecer,
entre outros, un itinerario
de homenaxe ao escritor de
Ponteceso. Serán case 70
camiñadas que vertebraron a
xeografía da bisbarra a través
de verbas, paradas e espí-
rito de convivencia. Máis de
1000 quilómetros que se se
suman ao posterior Outono
en Marcha, xuntarán unha
boa presa de paradas inter-
pretativas, contos na hora
do bocata, chistes, lendas,
amigos novos ou incluso
parellas forxadas a carón
das corredoiras.
E o guión da obra seguen a
escribilo os que, co traballo
continuo seguen a marcar a
base do futuro.
As voluntarias e voluntarios
de Senda Nova a través do
esforzo diario, tirando arreo
dunha corda. Non importa o
peso nin saber quen empuxa.
A vós, grazas.
No 2006, o traballo de patear monte, buscar ant igas sendas, deseñar percorri-
dos para camiñar, que uniran
patrimonio de Bergantiños,
era aproveitado coa crea-
ción do colectivo Senda Nova
para dar a coñecer, apren-
der, gozar, interpretar e
tamén protexer, o patrimo-
nio ambiental, cultural e pai-
saxístico máis descoñecido
das nosas comarcas.
Dinamizar eses percorridos
foi, xa dende aquela, unha
das dedicacións máis impor-
tantes do grupo de persoas
que labrábamos, entón,
o comezo da entidade.
Coincidiamos en realizar acti-
vidades dun xeito interpreta-
tivo. Escaneamos cada recun-
cho da nosa xeografía apren-
dendo uns de outros e, todos
nós, das persoas maiores que
nos recibían nas aldeas para
contar aquilo que nunca lle
preguntaban a diario. Eles
foron os primeiros profeso-
res que tivemos na apren-
dizaxe continua do ache-
gamento á interpretación.
Pensabamos que cami-
ñalo de xeito perió-
dico serviría para
darlle vida continua ás
corredoiras, mámoas,
c a s t r o s , m u í ñ o s ,
pontes…, que salpican
o chan da Costa da Morte
dende as silvas e o esque-
cemento infinito que sofre
o noso rural. Na era do tanxi-
ble como vértice superior da
valoración estatística, a dina-
mización do patrimonio a
través de actividades sitúase,
no debate da rúa, moi por
detrás de actuacións públi-
cas que sexan capaces de
adornar unha foto con inau-
guracións de cemento ou
asfalto con forma de estrada
ou edificio. Tamén xardín e
árbore ornamental, se é que
desexamos chiscarlle o ollo á
moda medioambiental.
E certamente, as chamadas
da asociación para a parti-
cipación en actividades na
lama, con choiva, entre silvas
e toxos e con distancias
entre 15 e 20 quilómetros,
tiveron nos comezos unha
repercusión desigual. Foron
6 ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org
en movemento
JoSE M.
MENéNDEz
VARElA
Programación
do proxecto
das Historias
de Inverno.
Presidente da A.
Ambiental Senda
Nova. Natural
de Llaviana-
Asturies e veciño
de Carballo.
historias de inverno, contos dunha noite
noite, na escuridade dos
medios, e quizá dunha
parte da veciñanza
que non segue a ser
realmente consciente
da súa importancia
na unión dos veciños,
na dinamización cultural e
social... No mantemento da
propia vida do territorio.
Tamén nos abriu portas, as
do local.
Preparamos a aula inten-
tando, dentro da humil-
dade, construír un escena-
rio cómodo e relativamente
extraordinario, que supoña
un relativo gusto para a veci-
ñanza e unha cadeira impor-
tante para a importancia
dos narradores e narrado-
ras noutro faladoiro.
Tamén chegan da man del,
encargado de convencer aos
mesmos persoeiros para que
nos contaran a historia da
parroquia. Encargado de
difundir a nova na igrexa
e de colocar carteis para o
coñecemento dos veciños.
Encargado de dicir “si“ a
todo o que lle propoñemos,
nunha posición de facilitar
todo canto necesitamos
noutra estación máis deste
proxecto continuo.
Entón comezou a andaina
a través das temáticas. Os
protagonistas subiron á
máquina do tempo a uns par-
ticipantes ansiosos por ver
en escena aos seus maiores.
Fixérono a medida que ían
entrando en materia. Pouco
a pouco foron asimilando,
con certa dificultade, que a
magnitude de público con-
gregado si que viña buscar
esas verbas. Tamén viven-
cias, experiencias, historia
e saber persoal . E é que
a sociedade, de costas á
memoria dos maiores, fixé-
ralles crer que as súas pala-
bras sobre as experiencias
dunha longa e dura vida, non
eran máis que contos aburri-
dos sen valor.
“Eu non sei nada” comen-
tan, nun prólogo común a
cantos faladoiros se reali-
zan, e que serve de quece-
mento para poder cambiar o
frío das leiras, polo calor dun
local alimentado con café,
pastas, infusións e os ollos
dos orgullosos netos e netas
escoitando ao avó ou a avoa.
Hai esperanza de futuro
dentro dun centro cheo que
espalla unha das ferramen-
tas máis importantes para o
orgullo: A memoria da propia
parroquia. Dentro si hai un
calor de lareira, un sabor a
anos 40 e unha contraposi-
ción á realidade da actuali-
dade fría do exterior.
Non houbo sesión de
HISTORAS DE INVERNO
sen unha carga forte de sin-
ceridade e, sobre todo, de
emoción. De aprendizaxe
para o entendemento dunha
realidade social abondo dife-
rente á de decenas de anos
antes, con claros vínculos na
veciñanza, con autonomía na
propia parroquia, con unión
e moito tempo dedicado ao
compromiso.
As HISTORIAS DE INVERNO
serven para medrar no coñe-
cemento das personalidades
propias dos lugares que hoxe
parecen idénticos, e que con-
servan en verbas de galego
auténtico, a esencia do que
máis queremos.
Os faladoiros son un dos
encaixes máis perfec-
tos de cantas programa-
cións temos, mesturando a
Baixamos todos os com-pañeiros e as compa-ñeiras do Land Rover, sen pausa. Dispoñémonos a
montar o equipo de imaxe
e son. Retiramos os termos
de café e tamén a auga
quente para as infusións e
para acompañar unhas ricas
pastas ás que lles daremos
bo xeito mentres dura a acti-
vidade. Logo montamos o
esqueleto do photocall e,
posteriormente, a lona que
debuxa o centro dos fala-
doiros máis entrañables.
Nela lese: HISTORIAS DE
INVERNO.
Antes diso temos falado
mentres percorremos os
estreitos camiños das aldeas
para chegar a este destino. O
falar fai de antídoto perfecto
para non ternos mareado
ata chegar aquí en todos os
itinerarios. Son xa 21 parro-
quias rurais, das comarcas
de Soneira e Bergantiños,
as que teremos percorrido
cando remate esta xeira de
faladoiros. Tres anos xa de
aprendizaxe continuo do
noso rural, no noso rural.
O local social da parroquia
atópase frío e só, na escu-
ridade dunha tarde que xa
é noite por mor do inverno.
Quizá a vida segue debaixo
do fumegar das chemineas
dos fogares, mais non é
doado imaxinar hoxe a
lareira chea de vida e
de contos. De xun-
tanza entre xera-
cións. De transmisión
dunha experiencia de
avós a netos, necesaria
para propia vida. De man-
temento das lendas e do
propio orgullo por un terri-
torio pequeniño, pero que
dou de comer sempre aos
avós dos avós dos avós, e
que segue a estar marcado,
aínda hoxe, por unha per-
sonalidade propia a través
do diferente de cada lugar,
do disperso dos núcleos de
poboación ou das festas.
A era do teléfono móbil
entrou con forza. Tamén
nun rural da Costa da Morte
onde se soe contrapoñer ao
ancestral, en clara desvan-
taxe o último nas modas, nos
medios..., nos cartos.
Aínda así, hai xente que
segue á súa bola, abrindo
sempre portas. A traballar
coa asociación de veciños,
cultural, deportiva... A orga-
nizar as festas do lugar e
a dinamizar o sitio que
ten que unir a veciños e
veciñas: Os centros sociais
das parroquias.
E alí estaba, abrindo as
portas, como tantas e tantas
veces. Cun labor sempre na
Locais que devol-
ven vida nas
noites de inverno.
Veciñanza que
se xunta, como
na lareira, ao
calor das pala-
bras antigas
ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org 7
acción directa coa memoria,
a través da posta en valor
da propia persoa narradora.
Coñecendo multitude de
entidades rurais que activan
con traballo escuro, a chispa
da dinamización nas nosas
aldeas. Persoas dun enorme
grao de compromiso, pre-
sentadores e narradores
entusiasmados que mello-
ran co paso das edicións,
cada un dos faladoiros.
Locais que devolven vida nas
noites de inverno. Veciñanza
que se xunta, como na
lareira, ao calor das pala-
bras antigas. Coñecemento
do pasado e da realidade das
aldeas na invernía. Círculos
de interacción, na prórroga
da actividade. Preguntas e
respostas; e tamén cuestións
sen responder e que invitan
á reflexión e ás conclusións
múltiples dos voluntarios de
Senda Nova que, sen des-
canso, forxan o prestixio do
proxecto.
Despois o aplauso aos pro-
tagonistas. Tamén o aga-
sallo á emoción duns ollos
húmidos curtidos polo traba-
llo de anos e, tamén, a unha
mente traballada e espre-
mida en dúas horas de fala-
doiro. Uns segundos de agra-
decemento que ben podían
ser parabéns eternos por
todo o aprendido.
Ola Luís, como xurde e
onde a idea de crear unha
entidade deste tipo e
cales foron os seus pri-
meiros pasos.
A idea de formar unha plata-
forma xurde na necesidade
e conveniencia de coordinar
e defender os dereitos da
veciñanza primando o ben
común sobre os intereses
particulares.
No caso da Plataforma
na Defensa da Terra de
Coristanco, os primeiros
pasos foron acordar loitar
contra a planta de residuos
industriais que se pretende
poñer en funcionamento no
lugar de “A Furoca”, San Paio,
Coristanco.
Con que obxectivos xené-
ricos nace a plataforma.
A Plataforma é unha
entidade horizontal, non
hai xefes, neste senso des-
tacar que cada membro
da mesma ten un voto, e
todos os membros temos
os mesmos dereitos.
A Plataforma defenderá
os intereses lexítimos da
veciñanza fronte calquera
agresión que os membros
da mesma consideren per-
xudicial para os veciños e
veciñas, para as súas terras
e o seu modo de vida.
Que accións se teñen pre-
vistas para acadar eses
obxectivos.
A primeira acción é a infor-
mación, neste senso con-
sideramos que dispor de
información veraz é primor-
dial. En moitas ocasións, a
veciñanza non protesta
por descoñecemento das
“Un abrazo e ata a próxima, com-
pañeiros” comentan co coche
cargado de bártulos, gravacións
e montón grande de experiencias
a ordenar no traxecto nocturno
da volta a casa.
consecuencias que lle pode traer
certo tipo de proxectos.
A segunda é a mobilización dos
veciños, ou sexa, unha vez infor-
mados, acordar en xuntanza as
accións a levar a cabo con todos
os medios ao noso alcance.
Que apoios ten?
Contamos con apoios de outras
asociacións ecoloxistas e ambien-
tais. Agradecemos tamén, colabo-
ración e apoio de todos e todas
os que que concordan con nós na
defensa da causa, tendo sempre
en conta que os verdadeiros pro-
tagonistas son os veciños e veciñas
afectados.
En vista desas posibles
ameazas que nos expós, que
optimistas sodes de cara a con-
seguir resultados positivos.
Somos optimistas porque pensa-
mos que temos a verdade do noso
lado, e temos confianza na xusta
aplicación das leis.
Os postos de traballo é un dos
argumentos que se expoñen a
carón de moitos proxectos que
para outra parte da poboación
son agresivos. Que valoración
tes sobre isto.
Ofrecer postos de traballo é a
estratexia típica das empresas
para xustificar as súas activida-
des. Os postos de traballo neste
proxecto (Gesmaga) en concreto,
non existen, xa que so sería cambiar
o lugar de traballo dos operarios
dos que xa dispón.
Como podemos artellar logo
unha actividade económica
sostible sen ter que pasar por
proxectos agresivos co medio.
Consideramos que, tanto a activi-
dade que neste caso ocupa esta
empresa como outras semellantes,
son necesarias no actual marco no
que vivimos, pero pensamos que se
deben levar a cabo nun sitio axei-
tado como, por exemplo, un polí-
gono industrial e coas as medidas
necesarias de seguridade e res-
pecto pola veciñanza e o medio
ambiente. Que neste caso, consi-
deramos que non cumple ningunha
das anteriores.
entrevista:
luís EspasandínMembro da Plataforma en Defensa da Terra
de Coristanco. Destacado activista ambiental
da comarca. Veciño de Coristanco.
Hai esperanza de futuro dentro dun
centro cheo que espalla unha das ferra-
mentas máis importantes para o orgullo:
A memoria da propia parroquia. Dentro
si hai un calor de lareira, un sabor a
anos 40 e unha contraposición á reali-
dade da actualidade fría do exterior.
8 ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org
en movemento
ADRIáN EIRíS
ToRRES
Enxeñeiro,
amante da
natureza, veciño
de Rus.
a conciencia do monte neme
Esas historias
son a semente da
miña fascinación
polo Monte Neme,
enraizaron en min
e pouco a pouco
irían agromando
co tempo
O feito de
roubar mineral a
empresas alemáns
ou ao Estado
daquel entón, así
como traficar con
el no mercado
negro a través da
Raia, supoño que
incluso se poden
considerar actos
loables e positivos
Un recobra a conscien-cia cando esperta, oe cousas, abre os ollos e pouco a pouco vai descu-
brindo que hora é e onde se
atopa. Recordas que ocorreu
onte e sabes porque estás
nese lugar, tes plans proxec-
tados para o día e comezas
a facer cousas, de forma ple-
namente consciente ou de
forma mecánica e rutineira.
As nosas capacidades cogni-
tivas permítennos ir moito
máis alá dos día de onte, hoxe
e mañá. A memoria permí-
tenos remontarnos a viven-
cias de moitos anos atrás e
aprender delas. Desas expe-
riencias extraemos conclu-
sións do que pode ocorrer
no futuro, e así, no presente,
somos capaces de facer plans
cara a un obxectivo ou deixar
voar a imaxinación, proxec-
tar os nosos desexos e ter
esperanzas doutras realida-
des posibles.
O meu avó ten agora noventa
e dous anos. Meu avó foi
comerciante e transportista
e contábame moitas histo-
rias; de sitios e xentes de
Rus e arredores, da mili, das
súas innumerables viaxes; ao
Ribeiro a por viño, a Madrid,
a Valencia..., odiseas con
aqueles vehículos e por
aquelas estradiñas de entón.
Tamén me falaba moitas
veces de Monte Neme e do
volframio, de ir con Chinto
e algún enxeñeiro alemán a
facer medicións, de levar ou ir
buscar alí materiais co camión
ou de ir co seu pai apañar
pedras negras de volframio
polo monte (polo Neme ou
por Barilongo), supoño que
á roubeta. É relativo, é com-
plicado xulgar agora aqueles
comportamentos, pero o
feito de roubar mineral a
empresas alemás ou ao
Estado daquel entón, así
como traficar con el
no mercado negro a
través da Raia, supoño
que incluso se poden
considerar actos loables
e positivos.
Hoxe hai días nos que non
me recoñece. El segue con-
tándome historias con certos
elementos e base reais, pero
con xiros inesperados de
improvisación. Sinto moita
mágoa de non ter escoitado
con máis atención, ter pre-
guntado moito máis e non ter
recollido documentalmente
as súas memorias.
Esas historias son a semente
da miña fascinación polo
Monte Neme, enraizaron en
min e pouco a pouco irían
agromando co tempo. Monte
Neme, a pesar de ter estado
sempre aí, latente, e de non
reparar nel, foise tornando
visible para min. Comezaba
a ser consciente da súa pre-
senza cando o vía pola ventá
dende Carballo, cando ía pola
estrada de Malpica ou atrave-
sando o val de Nétoma cara
a Razo. Cada vez escoitaba e
prestáballe máis atención ás
lendas e historias do Monte
Neme que saían en conver-
sas ou na prensa. Nos libros
de crónicas de Carballo, de
Xan Fraga, saían fotos de
xente na mina e eu sempre
me preguntaba ou imaxinaba
se meu avó andaría por alí
preto. Monte Neme sempre
tivo esa aura de miste-
rio, de saber que foi un
monte mítico e his-
tórico, e ao mesmo
tempo afastado
e descoñecido,
como unha figura
do pasado que
agora xa tiña pouco
que dicir, porque xa
pasaran os seus tempos de
gloria e agora só tiña unha
explotación mineira aló
enriba.
Creo que hai un sen-
timento de resigna-
ción da miña xeración
en Carballo por non poder
coñecer cousas do pasado
recente que xa non existen,
pero que os maiores si coñe-
ceron, das que só che falaban
con nostalxia e que só vimos
nas fotografías: os baños
vellos, a antiga igrexa demo-
lida, a antiga casa do conce-
llo tirada, a casa de Chinto
desaparecida, os troles que
xa non circulaban… Non
obstante, paréceme que o
Monte Neme sempre estaba
nun segundo plano, coma se
pasase desapercibido, e é
un símbolo tan importante
coma os outros e existe, en
mal estado pero segue pre-
sente. Eses elementos que xa
non están, agora pertencen
á memoria e son vivencias
que temos que ter na con-
ciencia. Esa xeración ante-
rior á miña, que nos falaba
e aínda hoxe fala con nos-
talxia deses símbolos perdi-
dos, pode que fose a primeira
en espreguizarse.
Alí onde a nosa memoria falla
ou non chega, hai como unha
necesidade de encher ese
oco, e deixamos voar a imaxi-
nación e estiramos e proxec-
tamos os nosos recordos. Ás
veces inventamos unha reali-
dade que nos axude a com-
prender quen somos e
que nos trouxo ata
onde estamos. Por
iso, os mitos e as
lendas, teñen moito
valor, aínda que
non conten unha
realidade pasada
de forma fidedigna,
axúdannos a compren-
der como se vivía nesa
época: os valores, a cultura
e ata os desexos e soños
das xentes que os crearon.
Paradoxalmente ese recordo
inconsciente forma parte
tamén da propia realidade
e axuda a coñecer e ter cons-
ciencia dunha realidade máis
ampla.
Por iso creo que precisamos
preservar ese patrimonio
inmaterial tan rico do Monte
Neme, por unha banda, os
recordos, testemuños, docu-
mentos e probas reais que
nos permitan reconstruír
minuciosa e obxectivamente
un pasado real, e por outra,
das lendas e mitos dos mora-
dores ancestrais e da tradi-
ción oral que aínda atesou-
ran os anciáns dos nosos días.
Esas lendas falan de meigas
que na noite de San Xoán
facían o seu aquelarre no alto
do monte. Era, ao parecer,
un referente en Galicia, un
dos lugares máis importan-
tes de xuntanza das meigas
no solsticio de verán. Facían
os seus rituais e feitizos para
facerlles dano aos humanos
e bailaban na chamada Eira
das Meigas, un crómlech,
citado por Murguía na súa
Historia de Galicia, feito con
pedras de seixo branco dis-
postas en forma de círculo e
que lles servían como senta-
doiro. Dicíase que na Eira non
medraba nin toxo, nin silvas,
nin herba.
Pero seguramente este
tipo de lendas e misti-
cismo deriven da presenza
real doutros pobos ances-
trais para os que xa era un
lugar máxico e de culto, ben
foran de culturas megalíti-
cas, castrexas ou célticas.
De feito, no Neme e arredo-
res atopáronse (aparte do
crómlech) restos de castros,
ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org 9
dolmens e ornamentos. Tamén, o
propio nome do monte, Nemeth, é
común atopalo na toponimia galega
e provén dunha deidade céltica das
montañas e os bosques sagrados.
O Neme sería por tanto, un monte
ou bosque sagrado.
Os nomes dos lugares son outro
patrimonio a cabalo entre o mate-
rial e inmaterial. Normalmente fála-
nnos de cousas existentes que aínda
están presentes, pero en moitas
ocasións doutras que xa non están
pero si estiveron noutros tempos. A
toponimia do Monte Neme, ademais
de dicirnos que era un monte ou
bosque sagrado, fálanos do seixo
branco (pedra que tanto abunda
nel), de penas e petóns, de soutos
e fragas, de gándaras, de bouzas,
de castros, de agras e chousas…
É dicir, descríbenos e sitúanos os
tipos de vexetación e árbores que
hai ou houbo antes de que se espa-
llase o eucalipto: matos, xestas,
carballos, castiñeiros, piñeiros...
Fálanos do percorrido das augas
por el, das formas das súas rochas
ou dos usos do terreo e os asenta-
mentos da poboación.
Non sei moi ben a razón, ben sexa
que os seres humanos somos uns
seres de marcado carácter social,
ou antropocéntricos e que sempre
tentamos explicar o mundo dende
o noso punto de vista, pero temos
a necesidade de identificar e darlle
propiedades humanas a elementos
inanimados ou do mundo natural.
Usamos adxectivos humanos para
describir as cousas, asignámoslles
características humanas, identifi-
camos facianas nelas, chegamos a
falarlles e ata lle imaxinamos unha
personalidade coa que tentamos
entendelas, relacionarnos e crear
un vínculo emocional. Tendemos a
darlle conciencia e alma ás cousas
e aos elementos naturais.
Coa toponimia, como vimos antes,
un podería imaxinarse e describir
o rostro que tería o monte na anti-
güidade e ao longo da historia, mais
como podería ser a súa alma?, que
nos podería contar de nós e todo
o que leva vivido no tempo que
leva aí? Quizais falaría dos primei-
ros poboadores, dos cazadores da
prehistoria, dos primeiros gandei-
ros e campesiños da zona e dos
homes e mulleres do megalitismo.
Podería relatarnos as chegadas dos
pobos das culturas fenicias, célti-
cas e romanas, dos comerciantes
e mineiros na busca do estaño (e
posteriormente do volframio). Logo
podería narrarnos o paso dos pere-
grinos do Camiño Inglés que ían
dende Malpica pasando por Cances
cara a Santiago, de guerreiros e sol-
dados que loitaron nestas terras
ou dos navíos que pasaron (ou
non) preto dos baixos de Baldaio.
Contaríanos historias de empresa-
rios alemáns e quizais ata espías do
Reich… Quen sabe, ata nos podería
falar de todos e cada un dos ber-
gantiñáns que alimentou ou apro-
visionou ao longo da historia e dos
que tiveron o privilexio de visitar o
seu cumio algunha vez. Para nós,
o Monte Neme sempre estivo aí.
Ten patrimonio, historia e memoria.
A miña sobriña ten agora tres
aniños. Non é unha nena ficticia
do discurso dunha campaña polí-
tica, asegúrovos que é unha nena
real. Encántanlle os animais e ten
espírito aventureiro, gústalle explo-
rar e subir a todos os sitios. Non é
consciente de moitas cousas ao seu
redor porque para ela son novas e
aínda está descubríndoas. Observo
a súa capacidade de asombro e
como lle fascinan os animais e a
natureza.
O verán pasado estivemos na praia
de Razo e viu o mar, –Moita auga–,
dixo sinalando, aínda que logo
escapaba das ondas co medo. E
alí, ao seu carón, estaba o Monte
Neme de testemuña. Seguramente
ela non reparou nel entón, aínda
que estou seguro que nuns anos,
mentres estea coa táboa no mar
facendo surf, ou envolta na toalla
despois dun baño comendo o boca-
dillo, ou volvendo dun paseo cara
á explanada, reparará nel. Máis
adiante xa a imaxino facendo rutas
en bici cos seus amigos subindo e
baixando pola ladeira de Nétoma,
paseando co seu can polo monte ou
subindo dende Santa Mariña ata o
seu cumio para pasar a tarde nun
contorno natural recuperado e ben
coidado, respirando aire puro na
fraga e gozando dende o miradoiro
das paisaxes espectaculares das
Sisargas e das marismas de Baldaio.
Esta é a visión dun futuro posible
do monte (aclaro que só é a miña
particular e dende un punto de vista
do ocio). Tampouco é que non se
poidan facer moitas desas cousas
hoxe en día, si, pódense facer a
pesar de que o monte, e sobre todo
o espazo da mina, na actualidade
non están debidamente acondi-
cionados para eses usos. Incluso
hai que recoñecer que ten o seu
encanto para quen lle chamen á
atención as paisaxes apocalípti-
cas, é unha sorte de mestura de
Death Valley e Mad Max coas súas
explanadas inhóspitas e balsas
de auga cor esmeralda radiante,
visualmente moi atractivas aínda
que seguramente pouco sauda-
bles. Son o resultado de anos de
extracción do cobizado volframio e
do seixo, que deixaron esas feridas
e cicatrices nel e que seguen aí sen
tratar. Aínda así, un pode gozar do
monte, subir andando ou en bici,
por exemplo, acompañado da
xente das asociacións Media Ducia
e Senda Nova nalgunha das activi-
dades que soen organizar. De feito,
cada verán, subo andando varias
veces ao Monte Neme con eles ou
outros amigos que non o coñecen,
nese caso, sinto gran satisfacción
e orgullo dándolles a coñecer ese
fermoso paraxe.
Darlle un enfoque e trato humano
ao Monte Neme, como a un máis de
nós, non o tornará un ser vivo, evi-
dentemente, pero respectalo, pro-
texelo e coidalo cos valores con que
nos tratamos a nós mesmos ou coma
se fose unha parte de nós, fainos
máis humanos como sociedade. Así
como meu avó simboliza o pasado,
a memoria, as historias e o patri-
monio a conservar, e a miña sobriña
o futuro, a esperanza, o descubri-
mento do contorno e a nova mirada
da natureza, eu, nós, a sociedade
actual, somos o presente. Somos
os contedores ou almacéns tempo-
rais do patrimonio e a memoria do
Monte Neme así como os protecto-
res do seu contorno natural. Por iso
temos a obriga de preservar e facer
chegar o legado ás xeracións vindei-
ras e proxectar o que será e sentar
as bases para que o poidan aprovei-
tar no futuro. Se tomamos concien-
cia do Monte Neme, se escoitamos
a súa memoria e as súas historias do
pasado, se abrimos os ollos e temos
unha visión de futuro, entón, el e
nós espertaremos. Iso será a con-
ciencia do Monte Neme.
O propio nome do monte,
Nemeth, é común atopalo
na toponimia galega e
provén dunha deidade
céltica das montañas e
os bosques sagrados. O
Neme sería por tanto, un
monte ou bosque sagrado.
10 ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org
Bio-espazo
ANDRéS
PEREIRA
Relacións
institucionais
e Proxectos
do Grupo
Naturalísta
Hábitat
[gnhabitat.org]
píllara das dunas, a xoia de Baldaio
que pon de manifesto o
exiguo da poboación
galega.
A súa estratexia de
reprodución, moi
exposta, así como as
necesidades de alimen-
tación vencelladas ao litoral
fana moi sensible ás amezas
e alteracións nas praias: lim-
pezas mecanizadas, animais
ceibes, certas prácticas
deportivas e a perda do seu
hábitat cóntanse entre as cir-
cunstancias que, xunto con
outras, complican o pano-
rama desta especie.
Por todos estes motivos,
no pasado ano 2016 dife-
rentes particulares e ins-
titucións públicas e priva-
das, consolidamos o que se
chamou “Grupo Píllara”, que
pretende de xeito coordi-
nado establecer a implica-
ción e o seguimento dos
areais importantes na con-
servación desta especie,
ao tempo que promover
estratexias para a integra-
ción doutros organismos na
súa protección, e de accións
divulgativas para o coñece-
mento e a concienciación
cidadá.
Fomos varios os que, sen
dubidalo, propuxémonos
para botar unha man na
praia de Baldaio, areal que
demostraría máis tarde ser
un dos máis destacables
en canto ao éxito reprodu-
tivo da especie en Galicia.
O seguimento supuxo, evi-
dentemente, a visita perió-
dica ao areal, especialmente
no período reprodutivo des-
tacado no plan de conser-
vación (do 15 marzo ao 15
de xullo).
En cada visita, acompa-
ñados de prismáticos e
cámaras fotográficas,
tomabamos nota dos resul-
tados obtidos durante a
prospección (exemplares
observados, niños detec-
tados, entre outros). Estes
datos eran inmediatamente
postos en coñecemento do
Servizo de Conservación da
Natureza, quen actuaba en
función das necesidades.
Particularmente significa-
tivo supoñía atopar un niño
na area cos seus correspon-
dentes ovos (xeralmente 3
na especie, moi crípticos),
o que desataba a alegría
no grupo e o conseguinte
protocolo de actuación.
Atopado o niño, os técnicos
da Administración achegába-
nse para instalar as coñeci-
das como parcelas de exclu-
sión, medidas de protección
que se sitúan ao redor do
niño para minimizar a inci-
dencia dos depredadores,
acompañadas nas proximida-
des dun panel explicativo a
fin de evitar a aproximación
e molestias polos usuarios
das praias.
Destes niños nacían os
pequenos polos da píllara,
que como acontece con
outras especies de aves
limícolas, son nidífugos,
podendo desprazarse e ali-
mentarse por si mesmos
pouco despois de nacer.
Logo dos esforzos de moitos
implicados, a campaña
2016 en Baldaio resultou
finalmente nun total de 11
Decatádesvos dos documentais nos que se nos mostran espe-cies emblemáticas, por todos
coñecidas, onde se nos relata
os seus precarios estados
de conservación? Pois ben,
malia nosa posible incons-
ciencia non é preciso poñer
a vista en paraxes remotas
ou praias afastadas para
que a problemática das
especies de fauna ameaza-
das, e da conservación da
natureza en xeral, sexa unha
realidade. Aquí mesmo, ao
carón das nosas casas, na
praia mesma de Baldaio e a
súa contorna, atópase unha
fermosa especie de ave, tan
pequena como sensible á
alteración do seu hábitat e
ás molestias que, alleos á
súa presenza e fraxilidade,
lle podamos causar.
A píllara das dunas,
Charadriusalexandrinus –
como se chama en nomen-
clatura científica–, pequena
limícola de apenas uns 15
centímetros de lonxitude,
non é soamente unha máis
das moitas especies de
aves que crían, se alimen-
tan ou descansan no areal
de Baldaio, senón que forma
parte tristemente ademais
do patrimonio ameazado de
Galicia, precisando da nosa
implicación e esforzos para
a súa conservación.
Se ben a nivel global é
unha especie considerada
en “Preocupación menor”
(BirdLifeInternational. 2016),
en España, cunha poboa-
ción estimada duns miles
de exemplares, as súas cir-
cunstancias e tendencia fixé-
ronlle merecedora de entrar
na categoría de “Vulnerable”
(Figuerolaet al. 2004). Mais,
por que en Galicia é tan
importante? A resposta
radica en varias circuns-
tancias: por una parte,
o declive poboacional
estimado nos últimos
anos e o reducido
tamaño da poboación
presente en Galicia, o que
lle supuxo pasar a formar
parte do Catálogo Galego de
Especies Ameazadas baixo o
epígrafe de “Vulnerable” das
categorías de ameaza; e por
outra, a relevancia de que a
galega é a única poboación
desta especie existente en
todo o sector cántabro-at-
lántico do litoral español.
A catalogación dunha
especie como vulnerable
en Galicia implica a elabo-
ración dun plan de conser-
vación (Decretos 88/2007
e 167/2011), que teña por
obxectivo garantir a con-
servación da especie e os
seus hábitats. No caso da
Píllara das dunas esta rea-
lidade fíxose patente coa
aprobación no 2014 do
seu Plan de Conservación
(Decreto 9/2014), que ven
de establecer unha serie
de normas e restricións no
litoral galego, especialmente
naquelas áreas imprescin-
dibles para a súa conser-
vación. E é que en Galicia,
prezado lector, dende os
anos 80 apenas se ten reve-
lado a presenza dalgunhas
ducias de parellas reprodu-
toras repartidas en diferen-
tes areais (en 2008 o censo
revelou soamente 81 pare-
llas en apenas 20 praias), o Macho reprodutor de Píllara das dunas na praia de Baldaio. Imaxe © Andrés Pereira.
Parcela de exclusión e panel explicativo situa-dos na praia de Baldaio. Imaxe © Andrés Pereira.
ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org 11
futuras campañas de coñe-
cemento e concienciación
cidadá sobre esta especie.
Obriga de todos, e compro-
miso de moitos, é procurar
que estas pegadas non des-
aparezan nunca das nosas
praias.
Axúdanos a protexela!
polos de píllara voados, o
que tendo en conta as cifras
baralladas en Galicia da idea
da importancia deste areal
na súa conservación.
Así e todo, Baldaio non é
alleo a certas problemáti-
cas que seguen comprome-
tendo a presenza da píllara.
Condutas evitables como a
presenza de cans ceibos
polo areal, especialmente na
época de reprodución, debe-
rían ser consideradas por
todos os usuarios das praias
unha vez conscientes do
impacto que pode supoñer
na fráxil píllara: depredación
de ovos e polos, molestias
aos adultos reprodutores co
conseguinte abandono dos
niños, entre outras. Esta rea-
lidade, detectada acotío nas
visitas de seguimento, supón
unha auténtica ameaza
para a especie, a pesar dos
paneis informativos existen-
tes e da normativa munici-
pal vixente, que prohibe a
presenza de animais nas
praias en período estival
(normativa reguladora
das praias, limpeza, salu-
bridade e hixiene). A nosa
mascota debe gozar con-
nosco e nós con ela, pero
nunca comprometendo o
benestar doutras especies
silvestres. Pola contra, na
campaña 2016 foron tamén
moitos os aspectos positi-
vos en Baldaio: charlas for-
mativas e a boa disposición
por parte do Concello de
Carballo axudaron na con-
cienciación sobre a pequena
píllara. Pendentes quedan
Poliño de píllara das dunas na praia de Baldaio. Imaxe © Andrés Pereira.
Bibliografía• Figuerola J. y Amat J.A. (2003). Chorilejopatinegro, Charadriusalexandrinus. En, MartíR. y Del Moral
J.C. (Eds.): Atlas de las Aves Reproductoras de España, pp.252-253. Dirección General de Conservación
de la Naturaleza-Sociedad Española de Ornitología. Madrid.
• Figuerola J., Amat J.A y Díaz, J.A. (2004). Chorilejopatinegro, Charadriusalexandrinus. En, Madroño
A., González C. y Atienza J.C. (Eds.). Libro Rojo de las Aves de España, pp. 228-230. Dirección General
para la Biodiversidad- SEO/Birdlife. Madrid.
• Penas X., Pedreira C. y Silvar C. (2004). Guía das Aves de Galicia,463 pp. Baía Edicións. A Coruña.
Webgrafía• Amat, J. A. (2016). ChorlitejoPatinegro - Charadriusalexandrinus. En: Enciclopedia Virtual de los
Vertebrados Españoles. Salvador, A., Morales, M. B. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales,
Madrid. http://www.vertebradosibericos.org/
• BirdLifeInternational (2016). Charadriusalexandrinus. The IUCN RedListofThreatenedSpecies 2016: e.
T22727487A86579835. http://dx.doi.org/10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22727487A86579835.en
• Concello de Carballo (2012). Anuncio de aprobación definitiva do texto articulado da ordenanza
municipal reguladora da limpeza, salubridade e hixiene no termo municipal de Carballo (A Coruña).
http://www.carballo.org/media/documentos/ordenanza_limpeza.pdf
• Concello de Carballo (2013). Anuncio de aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora
das praias do concello de Carballo (A Coruña). http://www.carballo.org/media/documentos/orde-
nanza_praias.pdf
• Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Xunta de Galicia(2014). DECRETO
9/2014, de 23 deenero, por el que se aprueba el Plan de conservación del chorlitejopatinegro
(Charadriusalexandrinus L.) en Galicia. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140131/
AnuncioCA02-270114-0002_es.html
• Consellería de Medio Ambiente y Desarrollo Sostenible, Xunta de Galicia (2007). DECRETO 88/2007,
de 19 de abril, por el que se regula el Catálogo gallego de especies amenazadas. http://www.xunta.
gal/dog/Publicados/2007/20070509/Anuncio12742_es.html
• Consellería de Medio Rural, Xunta de Galicia (2011). DECRETO 167/2011, do 4 de agosto, polo que
se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies
ameazadas e se actualiza o dito catálogo. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110812/
AnuncioC3H1-050811-5238_es.html
• SEO/BirdLifee Fundación BBVA (2008). Chorlitejopatinegro (Charadriusalexandrinus). En: Enciclopedia
de las Aves de España. http://www.seo.org/ave/chorlitejo-patinegro/
agradecementos
A todos aqueles comprometidos coa conservación
da píllara das dunas:
A todos os compañeiros do GN Hábitat, con espe-
cial mención a Daniel Monteagudo, Carla Soaje,
Manuel Cernadas, Elia Pérez, Juan David Presa, Alba
López e Emma Fernández, que botaron unha man
no seu seguimento en Baldaio na campaña 2016.
Aos compañeiros da Asociación Ambiental Senda
Nova –con especial mención a Eva Cameán e José M.
Menéndez–, a Manuel Mariño e Santiago Andrade,
por tantos esforzos investidos na súa protección
no areal de Baldaio.
E, finalmente, a todos os integrantes do Grupo de
Traballo da Pillara das dunas, que pretende o seu
éxito en Galicia, con especial mención a Miguel
Hermida, Fernando R. Brea, axentes e vixiantes
da Dirección Xeral de Conservación da Natureza,
Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), Sociedade
Galega de Historia Natural (SGHN), Asociación
para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega),
Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM),
Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO-Delegación
de Pontevedra), Universidade de Santiago de
Compostela (con especial mención a María Vidal
e Suso Domínguez), Concellos e demais axentes
implicados na súa conservación.
12 ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org
territorio
EVARISTo
DoMíNgUEz
RIAl
Historiador,
profesor no
Colexio de a
Agualada e
voluntario en
diferentes
entidades
culturais e
ambientais
da Costa da
Morte. Natural
de Gándara-
Zas e veciño de
Carballo.
gÁndara, na terra de soneira, un mundo nunha parroquia
Da parroquia de Cuns e
pasando por Budián
vén o rego do Muíño
Vello ou da Fervenza
que se xunta co do
Sixto a medio camiño
entre ela e Parga. Dados
os seus desniveis e o seu
caudal, ás súas beiras edifi-
cáronse numerosos muíños.
Entre os dous suman case
uns 30; e destacan pola faci-
lidade de acceso, á ducia
escasa que se conservan, iso
si en pésimas condicións, río
arriba entre a ponte do Sixto
e a da “Carballa Vella”. Augas
abaixo da primeira destas
pontes entra no val e dis-
corre moito máis tranquilo.
Destacamos, dentro da
etnografía, as casas cons-
truídas coa boa pedra dos
montes da zona; os alpen-
dres (ou “cabanotes” como
se lles di aquí) e os hórreos
ou “cabazos” de esveltos
pés.
Cómpre destacar a canti-
dade de restos arqueolóxi-
cos cos que conta: Nada
menos que 16, mámoas
(que eran enterramentos
do Neolítico), algunhas delas
desfeitas para poder rea-
lizar os traballos agrícolas
e outras para facer repo-
boacións forestais. No pri-
meiro caso está a das Minas,
en Vilaestévez, que tiña un
dolmen e obxectos cerá-
micos. Das outras desfei-
tas destacan a da Chousa
do Crego, preto da igrexa
parroquial ou as que había
entre as aldeas de Sobreira e
A Pedra; dous castros, varios
xacementos romanos, unha
torre medieval, etc.
Da época castrexa con-
serva dous castros en bas-
tante bo estado de conser-
vación: O do Bico da Cruz e
o de Vilaestévez. O primeiro
conta con grandes defensas
tanto naturais como artifi-
ciais. Fóra do recinto forti-
ficado, polo NO, aínda recor-
damos os alicerces circula-
res de construcións; de aí
o outro nome polo que se
coñece “das Cortellas”. O de
Vilaestévez, totalmente cir-
cular, conserva case toda a
súa muralla orixinal e parte
do foxo, aproveitado para
camiño de carro.
De época romana son bas-
tante abundantes os ves-
tixios localizados en catro
puntos distintos da parro-
quia, entre os que destaca
santa Mª de gándara está situada no extremo NO do con-cello de Zas e da Terra de
Soneira, ten case 14 km2.
Formaba parte no Antigo
Réxime da xurisdición seño-
rial de Vimianzo. O seu terri-
torio está dividido en dúas
metades pola cordal monta-
ñosa da serra de Santiago,
co ben contorneado Pico de
Meda (567 m.) como alti-
tude máxima. Este monte,
entre Carreira e Gándara, é
o punto máis alto de toda
a comarca, “cerne e reitor
das paisaxes desta Galicia”,
segundo Otero Pedrayo.
Os lugares da freguesía
van quedar a ambos os
lados desta barreira mon-
tañosa; ao oeste do Pico de
Meda: Gándara, Quintáns,
O Sisto, Sobreira, O Vilar e
Vilaestévez, (todas en plena
chaira soneirá), e Budián,
Parga e Vilar Ramilo polo
leste, no curso alto do río
do Sisto e o seu afluente
o río do Muíño Vello ou da
Fervenza, que máis adiante
formarán o río Grande do
Porto.
Destacaremos as magnífi-
cas vistas desde este cume.
En días claros é posible
ver puntos tan afastados
como o monte Pindo, Baio,
Ponteceso, Corme, as illas
Sisargas, Zas, Santa Comba,
Agualada ou Carballo, en
total, puntos perten-
centes a 11 concellos,
incluíndo aos seus pés
o achanzado val de
Soneira, que vai de N
a S, que é o occidente da
parroquia. Hai un proxecto
por parte do concello de Zas
de instalar paneis explicati-
vos para poñer en valor este
estratéxico miradoiro.
Pola parte leste deste cordal
están as aldeas de Budián,
Parga ou Vilar Ramilo. A
rentes destas dúas últimas
aldeas corre o río de Parga
ou do Sixto, (muda o nome
segundo a aldea pola que
pasa) que forma preto de
Vilar Ramilo unha fermosí-
sima fervenza por ter que
salvar un desnivel conside-
rable. Hai, aos dous lados, un
interesante conxunto etno-
gráfico que se está estra-
gando, por abandono: unha
ponte de laxes (probable-
mente medieval) e uns cinco
ou seis muíños precisados
de urxente restauración. É,
con case toda seguridade, un
dos recunchos cunha paisaxe
máis fermosa de todo o con-
cello de Zas. Augas abaixo
e antes de Parga hai outras
dúas fervenzas, un chisco
menos espectaculares e
con menos desniveis pero,
tamén, de incomparable
beleza.
Aldeas da parroquia de Gándara.
ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org 13
especialmente na Agra da
Cruz, preto da igrexa parro-
quial. Aquí atopáronse abun-
dantes tégulas, un frag-
mento dun anel de pasta
vítrea, cerámica vulgar e
fragmentos de “terra sigi-
llata”, cerámica de luxo coa
marca do oleiro. Neste caso
sábese que fora elaborada
en Marsella, (S. de Francia).
Parece que alí houbo unha
vila romana dos séculos II
ou III d.C. Hoxe non queda
case nada.
Medievais eran as Torres
de Surribado ou do Boén,
entre O Sixto e Sobreira,
das que non se conserva
case nada agás os arran-
ques dunha torre cadrada
duns seis ou sete metros de
lado. Por investigacións de
Ana Framiñán sábese que:
“Había una vez una torre de
piedra en la tierra de Sonera
y eran los años de la mitad
del siglo XV. La señora Doña
Mayor de Sotomayor, […]
mujer de Ruy Sánchez de
Moscoso, le hizo un prés-
tamo de 150.000 marave-
dís a la señora Doña Teresa
de Estúñiga, […] esposa de
Diego Pérez Sarmiento, conde
y adelantado. Como prenda
de devolución de la suma,
le dio la “casa de Boén” que
estaba en “Sonera” (La Voz
de Galicia, 19/9/99).
Destas torres falan dúas
lendas como que cando
querían ir a cama acen-
dían un facho para poñerse
de acordo cos das Torres
da Penela ou do Pazo de
Romelle e, tamén, que a súa
dona para ir á igrexa non saía
das súas propiedades. Por
certo, no exterior da sancris-
tía hai un bonito escudo de
armas que non demos desci-
frado. Preto da igrexa hai un
magnifico cruceiro barroco
feito en 1720.
Cruceiro a carón da igrexa parroquial de Gándara”.
Bibliografía:• DOMINGUEZ RIAL, E.
(1984): “Riqueza arqueoló-
gica del Ayuntamiento de
Zas”, en O Voceiro de Zas nº
0, 1, 2; Zas.
• LEMA SUÁREZ, X.Mª (coord.
e dir.) et alii [E. DOMÍNGUEZ
RIAL, X. FERNÁNDEZ
CARRERA, R. MOUZO
LAVANDEIRA e X.Mª REI
LEMA] (2010): A Terra de
Soneira, no corazón da Costa
da Morte; Edicións Xerais de
Galicia, Vigo.
• PXOM do concello de Zas.
14 ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org
mellor así
RobERTo
RIVAS ESPAñA
Aprendiz da
vida. Veciño do
Rodo, parroquia
de Oza.
o barro como material de construción
de atopar en calquer
lugar, é barato, non
produce ningún tipo
de escombros nin con-
tamina e pódelo reu-
tilizar as veces que
queiras. Nós tivemos a
sorte de atopalo a 50 cm de
profundidade e a 10 metros
da casa, tamén mercamos
arxila máis pura para os aca-
bados en Buño, a escasos
6 quilómetros, reducindo
custes de transporte e
pegada ecolóxica na obra.
Mais o por que do barro
nas casas? Como explicar-
lle a alguén os beneficios
do barro? Pois o barro ten
unhas excelentes propie-
dades térmicas, ten unha
gran capacidade de alma-
cenar calor e cedelo pouco
a pouco (inercia térmica),
ten un bo aillamento acús-
tico, é un material que regula
a humidade, é dicir, temos
un deshumificador natural
na casa funcionando conti-
nuamente. É transpirable, e
evita todo tipo de condensa-
cións e problemas derivados,
coma fungos e outras pato-
loxías. Penso que xa é hora
de deixar de falar do barro
coma un material primitivo e
entendelo como unha alter-
nativa moderna, sustenta-
bél e sofisticada. Se en ¾
do mundo se utiliza, aquí na
Galiza tamén se pode, e o
mellor de todo, funciona!
Hai uns anos deci-dimos reformar a nosa casa con cri-terios de bioconstrución,
sen ningunha experiencia
e formación fomos pouco
a pouco adquirindo coñe-
cementos teóricos e prác-
ticos. Tiñamos claro que
intentariamos facer todo o
posíbel nós mesmos, coas
nosas mans, con materiais
naturais, e reciclando todo
o que se poidese da casa e
con materiais de refugallo.
Illamos con cortiza pren-
sada, impermeabilizamos
con cal, carpintaría de
madeira, puxemos unha
estufa “rusa” ou de
dobre combustión,
reorientámola casa
ao sur, onde fixemos
unha galería que é a pri-
meira calefacción e por
onde principalmente entra
a luz; entrou a luz, e de que
maneira, para ensinarnos o
camiño de que todo o que
precisabamos era barro para
rematar a casa.
O barro é unha mestura de
auga, terra, arxila e outros
compostos, é dos materias
máis utilizados no mundo
para a construción, é doado
Fotos do obradoiro de construción con barro, polas nenas da Escola Ambiental Senda Nova.
O barro ten unhas excelentes propiedades
térmicas, ten un bo aillamento acústico,
é un un deshumificador natural
ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org 15
mellor así
macerado de ortiga
VIToR M.
loURENço
FERNáNDES
Permacultor.
Veciño de
Carballo.
Este preparado permitiranos loitar contra pragas e enfermidades así coma ferti-lizar o noso horto de xeito ecolóxico, sen necesidade de acudir a ningún produto
químico.
Coma fertilizante achegaralle ao chan ele-
mentos tan importantes coma nitróxeno,
ferro, fósforo, potasio, calcio ou silicio de
vital importancia para o crecemento dos
nosos cultivos. E pensar que moita xente a
considera coma unha mala hera!
O macerado de ortiga é moi sinxelo de pre-
parar e as vosas plantas agradecerano, iso
si, cheira un pouco. Este fermento vai actuar
reforzando as defensas naturais das plantas
diante de enfermidades e pragas.
pRepaRación
• Ortiga fresca (1 kg.)
• Luvas
• Tesoiras
• Dous cubos ou bidóns e
unha tapa non metálicos
(con capacidade mínima
para 10 litros)
• Auga
• Un pau de madeira
• Un coador non metálico
• É importante non
empregar cubos ou
outros elementos de
tipo metálico para facer
o preparado.
• Para manipular as
ortigas debes poñer as
luvas para evitar a irrita-
ción que producen.
• Como vos dicía ao pri-
meiro, a ortiga vai
moi ben para previr e
combater pragas moi
comúns en hortas e
xardíns. Pragas coma o
pulgón, e ácaros coma
a araña vermella, pero
tamén axuda a previr e
combater fungos coma
o mildiu que tan ben
coñecemos pola nosa
terra. Para a preven-
ción empregarémolo
por unha semana en días
alternos unha vez ao día,
pola tardiña alta. Para
tratar pragas ou enfer-
midades, aplicarémolo
todos os días durante
unha semana en forma
de spray nas partes
aéreas das plantas ou
coma auga para regar.
• Tamén é moi bene-
ficioso coma abono
foliar ou coma fertili-
zante liquido en forma
de spray aplicado na
parte aérea das plantas
á tardiña alta ou coma
abono líquido mexido
coa auga de rego en pro-
porción cinco de auga
por unha de macerado.
Este abono estimula
moi ben o crecemento
das raíces das plantas,
favorece a floración e
pódese empregar para
regar os sementei-
ras porque estimula o
proceso de xerminación.
Gardádeo nun bidón escuro
nun lugar fresco lonxe da
luz e poderás empregalo
durante un mes ou dous.
• Corta as ortigas e logo
as follas pola metade e
vainas botando no cal-
deiro que encherás de
auga. Tapa o caldeiro
e déixao nun sitio
fresco e escuro durante
un mínimo de dúas
semanas e un máximo
de tres remexendo a
mestura co pau cada
tres días. Despois do
tempo sinalado imos
colando a solución
pouco a pouco.
• Para empregalo debes
disolver unha parte do
macerado en cinco de
auga.
aplicacións do maceRado de oRtiGa
16 ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org
O que podemos facer para minimizar o seu impacto,
impulsado polo sector apícola, principalmente é:
1. Trampeando na primavera capturando raíñas cando
saen da invernada para facer os seus niños primarios
e logo os secundarios. Para iso estase a experimentar
con trampas e atraentes no procura dos máis selecti-
vos e eficaces, cada raíña capturada é un niño menos
no verán.
2. Eliminando niños que custodian celosamente,
tarefa normalmente difícil pola súa altura e tamén
polo perigo de achegarse a eles para destruílos ou
recollelos.
contranatura
FRANCISCo
gRAñA
VázQUEz
Coordinador da
delegación de
AGA (Asociación
Galega de
Apicultura)
na Costa da
Morte. Veciño
de Vilaño-A
Laracha.
a avespa velutina (negritorax) ameaza ambiental
Na apicultura os danos
provocados por esta
especie son cuantio-
sos, dado que cal-
quera produto e indi-
viduo da colmea é un
manxar para ela, e chega
a exterminar colonias entei-
ras. Cífrase o impacto en
termos de produción nun
30% menos, e unha desapa-
rición de enxames nun 25%
de media.
Hai outros sectores produti-
vos como o da froita da viti-
cultura ou madeireiros, que
se ben afectados por esta
praga.
No ano 2010 chegou ao oeste de Francia procedente de Asia esta especie invasora. Foise
expandindo a unha media
de 200 km por ano ao longo
da franxa costeira cantá-
brica. Chegou de pleno á
nosa comarca no ano 2016
e practicamente a toda a
costa galega, entrando por
Ribadeo e cada vez estase a
estender polo interior.
O noso ecosistema sufriu un
grande impacto coa chegada
desta especie que se adaptou
perfectamente ao noso terri-
torio, basicamente por non
ter depredadores importan-
tes e pola cantidade de auga
que necesita para construír
os seus niños.
A súa morfoloxía é pare-
cida á da autóctona
avespa crabro, mesmo
é fácil confundilas,
esta de maior tamaño
e de máis cor amarela.
É importante distingui-
las, xa que a crabro está en
clara regresión e cómpre a
súa función no equilibrio do
ecosistema, e mesmo axuda
a controlar a velutina.
A velutina fai os seus niños
de tamaño considerable,
basicamente en árbores a
certa altura e tamén en cons-
trucións domésticas. Como
toda especie invasora chega
a un territorio propicio e
experimenta unha implan-
tación masiva (momento
actual).
Os danos que ocasiona son múltiples:
1. Por unha banda, derivados da súa presenza e alarma
social que provoca na poboación polo risco de ser
picados con consecuencias dispares.
2. Os que ocasiona pola súa alimentación e a das súas
crías. Aliméntase basicamente doutros insectos, pre-
ferentemente de nespras e de abellas, e ocasiona un
grave problema de polinización, factor importantí-
simo para o mundo vexetal e polo tanto de produ-
ción de alimentos, o que causa unha diminución moi
importante desas especies e rompe a cadea alimenta-
ria establecida.
Coido que as distintas admi-
nistracións reaccionan de
xeito dispar, nalgúns casos
mesmo non consideran un
problema cando en reali-
dade si o é. A Xunta, depu-
tacións e algúns concellos
destinan un pequeno orza-
mento para combater esta
praga, en todo caso escaso
para facer fronte a esta rea-
lidade e mesmo sen coordi-
nación entre eles.
Na miña opinión, dado que
é un problema que afecta a
distintos ámbitos, habería
que montar unha xuntanza
coas distintas administra-
cións para tratar de opti-
mizar recursos e unir esfor-
zos para loitar contra esta
especie invasora que causa
danos e alarma social.
Sectores
produtivos como
o da froita da
viticultura ou
madeireiros,
tamén se ben
afectados por
esta praga.
O noso
ecosistema sufriu
un grande impacto
coa chegada
desta especie
que se adaptou
perfectamente ao
noso territorio.
Foto: Francis ithuRBuRu
ABRINDO CAMIÑO nº0 | Asociación Ambiental Senda Nova | www.sendanova.org 17
contranatura
ISMAEl
ANToNIo
lóPEz PéREz
Presidente
da Asociación
Medioambiental
Petón do Lobo.
Veciño de
Corcoesto.
ASoCIACIóN
AMbIENTAl
CoNTRAMINATE
a seca nos ríos
non son muíños, son os xigantes!
intensivo da auga, a elec-
tricidade e a industria,
provocará un incre-
mento da demanda,
que se traducirá nunha
redución de maior
caudal dos ríos.
Se ollamos os ríos da nosa
contorna vemos que as
empresas que xestionan
as centrais hidroeléctricas
cada vez realizan máis obras
nos leitos, para aumentar ou
manter a mesma produción
con menos caudal. Tratan
de ter os leitos limpos de
sedimentos e afondar os
embalses e pantanos para
que o salto da auga teña
máis forza e poida xerar
máis enerxía. Así ocorre no
río Xallas, no río Anllóns, no
río Sil…
Pero estas obras son nefas-
tas para o propio río, a vexe-
tación ripariae a vida animal
en xeral. Se a isto lle engadi-
mos os fertilizantes, pestici-
das, puríns..., que van parar
aos ríos, decatámonos de
que estamos os estamos a
matar.
Por iso cómpre sen demora
un cambio no sistema
da xestión hidrolóxica e
máis conciencia ambien-
tal por parte da cidadanía
e das persoas gobernantes,
para mitigar canto antes o
impacto socioeconómico e
ambiental da seca.
parte do conxunto paisaxís-
tico dos Penedos de Pasarela
e Traba, que é paisaxe pro-
texida. O proxecto afectaría
de forma permanente a este
lugar, que perderá parte da
súa importancia paisaxística
recoñecida, coa visión dos
eólicos (con máis de oitenta
metros de presenza).
O val de Soesto e a lagoa
de Traba, dous ecosistemas
singulares e con alto valor
de conservación, quedarán
modificados para sempre.
O concello de Laxe e os seus
habitantes non obteremos
ningún beneficio deste
proxecto.
Neste momento, Laxe é o
único concello da comarca
libre de muíños: esta singula-
ridade atrae o turismo.
O canon eólico, neste caso,
NON SE PAGARÁ. Segundo
o INEGA, un proxecto de
entre 1 e 3 muíños non
tributa.
Tres muíños non van dar
postos de traballo, un técnico
de Corme ou de Camariñas
bastaría para ocuparse deles.
Hai que ter en conta as con-
secuencias negativas para
a veciñanza: ruído, risco de
rotura de eólicos, perda da
calidade da paisaxe e no
sector forestal, así como
modificacións na rede de
camiños e propiedades par-
ticulares co trazado das vías
e sistemas de subministro
e evacuación previstos no
proxecto.
É preciso protexer o monte
Chan porque está catalo-
gado no POL (Plan de orde-
nación do litoral) como zona
de interese dentro dunha
área de mellora ambiental
e paisaxística: http://www.
xunta.es/litoral/web/index.
php/pol
Os ríos cada vez teñen menos auga, conse-cuencia do cambio climático e do quecemento
global que estamos a sufrir.
Os caudais baixos son malos
para os peixes e cada vez a
tempada de seca, sen choiva,
é máis longa no tempo.
As tempadas de seca esgotan
os ríos, en tanto que a maior
parte dos peixes non toleran
tan pouco osíxeno nin as
altas temperaturas. A isto
hai que lle engadir que nos
vindeiros anos van influír,
tanto en frecuencia como
en intensidade, as enchen-
tes fluviais e as tempadas de
seca cada vez máis longas.
Por outra banda, a
presión da poboa-
ción sobre os cursos
da auga é cada vez
maior e acentúase
sobre todo na época de
seca, que é cando a xente
fai máis uso da auga.
A revista Hydrology anda
Earth System Sciences indi-
caba que en Europa a auga
será un problema de primeira
orde a medida que transco-
rran os anos. As tempadas
de seca conforme avance
o século serán en Europa
intensas e frecuentes. Mais
a escaseza de auga non apa-
recerá só polo impacto do
quecemento global. O crece-
mento da poboación e o uso
Petón do Lobo e
Contramínate, entre
outros colectivos pre-
ocupados pola preser-
vación dos espazos
naturais de Laxe, opó-
ñense ao