+ All Categories
Home > Documents > Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite...

Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite...

Date post: 06-Jul-2020
Category:
Upload: others
View: 0 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
24
Cerne eMPresA Descontos e sorteos na Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta O Cire recibe a medalla de ouro no seu 40º aniversario Foille entregada por acordo da corporación “como ho- menaxe e agradecemento á traxectoria e ao encomia- ble labor realizado a prol da cultura e do deporte”.P8 COMArCA CuLturA O museo ultima unha mostra sobre os cines e as veladas en Melide P14 eNtrevistA Alberto Otero Desguaces Lual P23 O sector leiteiro protestará nas rúas contras os abusos da industria P13 ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña) Os camiños do Norte e Primitivo xa son Patrimonio da Humanidade A UNESCO recoñece a importancia destas rutas milenarias con percorrido por tres concellos da Terra de Melide, que ve nesta distinción unha oportunidade de desen- volvemento económico, turístico e cultural . A de- claración trae ademais outra boa nova para a co- marca, pois a distinción como Patrimonio da Hu- manidade inclúe o reco- ñecemento singular de catro bens galegos, entre os cales se atopa o mos- teiro de Sobrado. P11 A Coral Polifónica trae a Melide os sons cubanos A vila acollerá o vin- deiro 18 de xullo o 1º Festival de Habaneras “Camiño de Santiago”, no que participarán catro formacións de Galicia e Asturias. O certame celebrarase ao aire libre, coa Praza do Convento como es- cenario. Terá unha duración de dúas ho- ras e as actuacións serán gravadas para posteriormente publi- car un disco. P15
Transcript
Page 1: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Cerne

eMPresADescontos esorteos naNoite Abertado comerciomelidense P3

O xornal da terra de MelideNº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta

O Cire recibe a medalla deouro no seu 40º aniversario

Foille entregada por acordo da corporación “como ho-menaxe e agradecemento á traxectoria e ao encomia-ble labor realizado a prol da cultura e do deporte”.P8

COMArCA

CuLturAO museo ultimaunha mostrasobre os cines e as veladas enMelide P14

eNtrevistA

Alberto OteroDesguacesLual P23

O sector leiteiroprotestará nasrúas contras os abusos daindustria P13

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca

Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

Os camiños do Norte e Primitivo xa son Patrimonio da HumanidadeA UNESCO recoñece aimportancia destas rutasmilenarias con percorridopor tres concellos daTerra de Melide, que venesta distinción unhaoportunidade de desen-volvemento económico,turístico e cultural . A de-claración trae ademaisoutra boa nova para a co-marca, pois a distincióncomo Patrimonio da Hu-manidade inclúe o reco-ñecemento singular decatro bens galegos, entreos cales se atopa o mos-teiro de Sobrado. P11

A Coral Polifónica trae aMelide os sons cubanosA vila acollerá o vin-deiro 18 de xullo o 1ºFestival de Habaneras“Camiño de Santiago”,no que participaráncatro formacións deGalicia e Asturias. Ocertame celebraraseao aire libre, coa Prazado Convento como es-cenario. Terá unhaduración de dúas ho-ras e as actuaciónsserán gravadas paraposteriormente publi-car un disco. P15

Page 2: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

2 Editorial Cerne 114. Xullo 2015

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta COOrDiNACiÓN e reDACCiÓN: iván G. Blanco

eDiCiÓN: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)eNDereZO: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓNs: Rafael R. Gaioso, César C. Vega, Xabier Pazo

AGrADeCeMeNtOs: Pilar López, Adolfo Álvarez, imprenta MeligrafiMPresiÓN: Publicaciones Tameiga S.L.

DePÓsitO LeGAL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDiTORiAL..................................2

-EMPRESA.....................................3

-MELiDE........................................8

-COMARCA...................................11

-CULTURA E LECER...................14

-COLABORACióNS.....................22

-ENTREViSTA.............................23

ÍNDiCe

Editorial Tribuna de opinión

Buscando o bo camiño Apoio ao sector leiteiroXunta Directiva de AseteM-CCA

A directiva de Asetem trae denovo ás páxinas de opinión doxornal Cerne as súas refle-xións sobre a crise leiteiraen Galicia. Facémolo para so-lidarizarnos coa loita por untraballo digno que manteñenos gandeiros galegos dendehai tempo, para defendelosen tanto que son unha parteimportante da economía dacomarca e para manifestar onoso apoio á protesta convo-cada para o vindeiro 17 dexullo en Compostela; un apoioque brindaremos cantas vecessexan necesarias se con isocontribuímos a que rematedefinitivamente unha situa-ción que está afogando a cen-tos de familias.

Nada é novo neste pano-rama xa coñecido de prezosirrisorios en orixe que seguená baixa, salvo a chantaxe quecomezaron a practicar algun-

has empresas transforma-doras que deciden por contapropia a quen lle recollen oleite e a quen non. “Ou entraspolo aro ao aí che queda”, se-ría a tradución a verbas colo-quiais do que está a suceder.

É tempo dunha reacciónunánime e contundente, aonivel das verbas do alcaldede Lalín, Rafael Cuíña, que foio primeiro en falar sen ambi-güidades dun “terrorismo eco-nómico” contra os gandeirosgalegos. Por veces semella quese orquestrou unha reconver-sión encuberta do campo ga-lego que ten por obxectivofinal a desaparición por inani-ción e inacción (institucional)do sector leiteiro.

E se resulta que é certa,aínda estamos a tempo deparala. O rural galego necesitado leite e dos gandeiros paraseguir con vida.

O Camiño de Santiago nondeixa de recibir boas novas.A última chegou de mans daUNESCO, que recentementedeclarou Patrimonio da Hu-manidade o Camiño do Nortee o Primitivo.

Esta distinción é sen dú-bida un gran premio para asrutas xacobeas e para Galicia,pero comporta tamén unhaenorme responsabilidade: ade saber coidar, explotar econservar debidamente unhaherdanza cultural (e tamén unrecurso económico) que nosúltimos anos demostrou serunha fonte de riqueza e undos mellores escaparates decara ao exterior. Nese aspectoas eivas son tantas que noslevan a pensar que o éxito doCamiño se debe a calquerafactor menos a unha planifi-cación e xestión acertadas.

Aí é onde hai que centrartodas as enerxías a partir deagora e facer que o Camiñode Santiago sexa unha das

prioridades a nivel de investi-mentos públicos, na medidaen que todos os seus itinera-rios son arterias creadoras depostos de traballo e riqueza,salvavidas incluso para unhaGalicia interior cada vez máisdepauperada.

Que ata o de agora non setomou o Camiño de Santiagoen serio é unha evidencia queconstatamos en pequenos de-talles, como o feito de que pasea carón dunha subestacióneléctrica no Milladoiro, porenriba dunha autopista enSan Lázaro, polo medio dunpolígono industrial en Melideou que atravese en tantos etantos puntos estradas nacio-nais. Evidencias de que semaltratou porque nunca foiunha prioridade.

Aínda a día de hoxe, candoa peregrinación a Compostelase revelou xa como un fenó-meno de masas, a sinalizacióndas diferentes rutas segue a serdeficiente e confusa, os alber-

gues públicos insuficientes, ocoidado de certos tramos nuloe comprometida a seguridadeviaria nalgúns puntos. Domesmo xeito, pouco ou nadase fai por conservar as mostrasde riqueza cultural que vanaparecendo a cada paso no Ca-miño: Leboreiro e Furelos sonos exemplos máis próximos.

A raíz da declaración dePatrimonio da Humanidade, aadministración autonómicaaprobou un paquete de actua-cións para o Camiño do Nortee o Primitivo. Benvidas sexan,máis non deberan formarparte dunha improvisacióneventual, senón dunha apostameditada a longo prazo. Nestesentido o Plan Director dosCamiños de Santiago que seestá rematando de redactarpara os períodos 2015-2021 éunha oportunidade de ouropara comezar a facer as cousasdun xeito acorde á transcen-dencia que ten a Ruta Xaco-bea. Busquemos o bo camiño.

Page 3: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Empresa 3Cerne 114. Xullo 2015

31 de xullo, noite aberta no comercio de Melide con descontos e promocións

Cita obrigada para visitantes e clienteshabituais do comercio de Melide ovenres 31 de xullo. Dezanove estable-cementos asociados a Asetem-Ccaparticiparán ese día nunha xornadaespecial con descontos extraordinariose un horario de apertura excepcional.

En concreto, as tendas permane-cerán abertas ata as 00:00 horas e

dende as 17:00 farán grandes descon-tos e promocións interesantes nal-gúns dos seus produtos e servizos.

A clientela poderá visitar sen com-promiso as tendas, que lucirán unhadecoración especial para a ocasióncon alfombra vermella e globos bran-cos. Será tamén unha noite divertida,con animación na rúa e actuacións

musicais itinerantes que alegrarán oambiente de tendas e bares. Ade-mais, a Noite Aberta, organizada porAsetem en colaboración co Concellode Melide, coincidirá co último día daedición estival do concurso de tapas,Deste xeito, a oferta gastronómicaserá un atractivo engadido a unhaxornada de compras con descontos.

- Fotos antigas do Catastro de Melide

- Concentración parcelaria

- Legalización de pozos, traídas de

auga, etc...

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)

- Informes periciais e valoracións

- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos

- Catastro

- Segregacións e agrupacións

- Imposto de sucesións

Dezanove tendas abrirán as súas portas ata as 12 da noiteCALZADOS BROZ

COLORÍN COLORADODÁNDOLO

EKATÉELECTROSAN

GALAICA BISUTERÍALA CORTINA

LEIVA MOTOSPORTLIBRERÍA VICTORIO

MyMMERCERÍA MARVI

MIS MEJORES LABORESMULTIÓPTICAS

MUXICA TENDA XOVENROMERO ZAPATERÍAS

SISUKASTARDEMODA

XEBREXOIERÍA ORO LEY

ESTABLECEMENTOS

PARTICIPANTES

Non se trata dun conto, senón dunha reali-dade, pero á media noite rómpese o feitizo.

Ata daquela, é dende as 5 da tarde, as tendas participantesfarán descontos moi tentadores a maiores dos propiosdesta época de rebaixas. Cada tenda terá liberdade parafacer as súas propias promocións: 50%, 60%, 70% derebaixa, segunda prenda a prezo reducido, dous por un,agasallos por cada compra realizada, tickets descontopara futuras compras... Os bos prezos están garantidospero cada tenda será unha caixa de sorpresas.

Descontos de escándalocon hora límite!!

Vestímonos de gala. Busca o distintivo!!

Será moi doado para osclientes identificar os esta-

especial: alfombra vermella na entrada e globospartir das cinco da tarde unha decoración

Noite Aberta, pois ese día lucirán ablecementos que participan na

brancos á beira das portas, nos escaparates e no in-terior dos propios comercios servirán para saber ondeconvén mercar ese día. Onde non haxa decoración es-pecial tampouco haberá desconto especial!

Asetem-Cca organiza de cara a finaisde xullo e principios de agosto a Viedición do Melide de Tapas, de xeito

que o día 31 pola noite será unha boa oportunidade paradegustar un petisco ao tempo que se vai de compras. A gas-tronomía saltará incluso a algunha das tendas, que ofrece-rán pinchos e refrixerios para os visitantes. Tamén haberádegustación de vermú por cortesía da marca Nordesía, quedistribuirá varias botellas por establecemento.

Vai unha rolda de tapas ?Por se non abandasen os grandes descon-tos que aplicarán as tendas asociadas aAsetem na Noite Aberta, a xornada de compras enMelide pagará a pena aínda que sexa polo bo ambienteque se vivirá nas rúas da vila ese día. Unha agrupaciónmusical tocará en directo facendo percorridos polos dife-rentes establecementos e locais de hostalería. Ademaistamén haberá animación a cargo de actores caracterizadoscon globoflexia e agasallos. Ao final da noite sortearaseunha sesión no Balneario Río Pambre entre todas aspersoas que realizasen compras durante a Noite Aberta.

Animación na rúa e sorteo

Page 4: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

4 Empresa Cerne 114. Xullo 2015

Tlf: 982 153 232 / 679 035 713

A BOA VIÑAA FUNDACIÓN

BREOGÁNCASA ALONGOS

CHIQUITÍNCIRE

ESTILOGODIVA

NOVO VALENTENOVO CONTINENTEPARRILLADA PILMARPULPERÍA TABOADA

STOPXEBRE

ESTABLECEMENTOS

PARTICIPANTES

TAPEAR EN MELIDE TEN PREMIO

- Entre os pasaportes selados na súa totalidade

ou ao 75% sortearase:

* Unha estancia no Pazo de Eidián (Agolada)

Inclúe: xantar, cea e aloxamento unha noite.

- Entre todas as tarxetas de votación depositadas

nas urnas dos locais participantes sortearanse:

* Cesta de produtos ecolóxicos de Casa Alongos

* Cesta con viños e licores de Bodegas Mejuto

* Cea para dúas persoas en Parrillada Pilmar

* Lote de produtos cárnicos de Grupo García

* Dous lotes de queixo D.O.Arzúa-Ulloa

- Premio para a persoa máis activa nas redes.

volve con máis premiosca nunca a ruta de tapasorganizada por Asetem

Xa está aquí a sexta edición doMelide de Tapas, o concursode petiscos que organiza aAsociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem-Cca)e que desta volta chega conmáis dunha novidade.

A primeira delas é o cam-bio nas datas, que se meten notempo de verán “para ofrecer-lles unha alternativa de ociomáis aos moitos visitantes quese achegan á vila nesta épocado ano”, explica Manuel Váz-quez, presidente da patronal.Deste xeito o concurso, queantes se celebraba en dúas finsde semana do mes de xuño,celebrarase este ano de xeitocontinuo entre o 24 de xullo eo 2 de agosto, ámbolos dousdías incluídos.

Pero sen dúbida a maiornovidade está nos premios quese sortearán entre os clientesao remate da ruta, moito máisnumerosos ca en edicións an-

teriores. En total serán oito osgalardóns que se entregarán,distribuídos en tres categorías:para os clientes que probenpolo menos o 75% das trece ta-pas en concurso, para os clien-tes que proben algunha tapa epara a persoa que faga maiornúmero de mencións sobre aruta nas redes sociais.

Outra das novidades é queun profesional da gastronomíasupervisará todas as tapas pre-sentadas e asesorará a cadaparticipante, antes de que co-mece o concurso, sobre os as-pectos en que pode mellorala.Esta medida, que ten por ob-xectivo mellorar a calidade daspropostas que se lle ofrezanaos clientes, é unha das suxes-tións feitas por ElementalChefs, unha empresa especia-lizada coa que está colabo-rando Asetem nesta ediciónpara profesionalizar aíndamáis o Melide de Tapas.

1 € POR TAPA

* Estancia para dúas persoas nun hotel con spa.

Premio por xentileza de Galicia Calidade.

Page 5: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Empresa 5Cerne 114. Xullo 2015

A igualdade entre homes e mulleres é un dereito humano univer-sal. A conmemoración, o pasado 8 de marzo, do Día Internacionalda Muller, é un acto que pretende visibilizar e combater as desi-gualdades existentes. A pesar da globalización e dos distintoscambios que experimenta o mundo empresarial, homes e mulleresestán expostos a diferentes contornas de traballo, o que traducidoá materia preventiva implica que están expostos a distintos factoresde risco. Esta segregación detéctase tamén entre sectores e entreempregos dentro do mesmo sector, xa que de forma xeral cadasexo desenvolve tarefas diferentes.

As administracións públicas esfórzanse en fomentar medi-das que aseguren a igualdade entre mulleres e homes no que serefire ao acceso ao emprego, á formación, á promoción profesional,á igualdade salarial e ás condicións de traballo. De igual xeito, noámbito laboral a prevención de riscos céntrase en previr os factoresque teñen maior incidencia en determinados sectores e ocupacións.

Actualmente, a relación entre prevención e empresa deberecoller un enfoque de igualdade ante a decidida participación damuller na esfera laboral e empresarial. Pero para iso é necesarioavanzar no coñecemento da relación saúde e traballo nas mulleres,reorientando os estudos sobre efectos e riscos. As inquietudes enmateria preventiva sobre as mulleres están moito máis orientadasao seu dobre papel produtivo e reprodutivo.

Outro aspecto fundamental pasa por fortalecer a sensibili-dade de xénero nas actividades de investigación. Necesítase máisinvestigación sobre a saúde e a seguridade das mulleres no traballo,en especial nos sectores onde constitúen maioría. É preciso reforzara recompilación de datos desagregados por sexo, sobre exposicióna enfermidades e lesións no lugar de traballo, e reunir esta infor-mación de xeito sistemático non ámbitos internacional, rexionale empresarial.

A igualdade entre mulleres e homes non é só unha cuestiónde xustiza, é tamén unha condición previa para lograr un crece-mento sostible, emprego, competitividade e cohesión social.A igualdade entre mulleres e homes demostrou ser unha soluciónsostible para antigos e novos retos. Para iso contamos con tresferramentas fundamentais: as políticas de igualdade, as políticasde seguridade e saúde no traballo e as perspectiva de xénerona prevención de riscos laborais. É necesario realizar constantesesforzos para mellorar a organización do traballo e as condiciónslaborais, co obxectivo de que se adapten mellor tanto a mullerescomo a homes.

COs CinCO sentiDOs

María Botana Rocamonde

Responsable do Servicio de Prevención de Riesgos Laborales da Confederación de Empresarios da Coruña.

Consellos para a prevención de riscos laborais

4. Eles, elas e a prevención de riscos

Concha Amo gana os 100 eurosde Sintoniza co teu comercio

A nova campaña que Asetem está arealizar en colaboración con RadioMelide, Sintoniza co teu comercio,segue repartindo mensualmentecheques de 100 euros entre os clien-tes das tendas locais. Nesta ocasióna ganadora do mes de xuño foi Con-cha Amo, veciña de Melide, quexa pode gastar o seu cheque regaloen calquera dos establecementosasociados a Asetem. Nos meses an-

A premiada, Concha Amo, recolleu en Asetem o seu cheque de 100 euros

teriores resultaron agraciadas RosaRodríguez e Sandra Fernández.

Sintoniza co teu comercio é unconcurso que realiza diariamenteRadio Melide e no que se formulanpreguntas relacionadas co labor de-senvolvido por Asetem. Ao final decada mes realízase un sorteo entretodos os oíntes que foron atinando.En xuño rexistráronse 95 chamadaspara participar no concurso.

Negocian o apoio técnico queterán as empresas do viveiro

O Concello, a Cámara de Comerciode Compostela e a Fundación insti-tuto Cameral comezaron este mes arolda de contactos para establecer oxeito no que se prestará asesora-mento aos emprendedores que utili-cen o futuro viveiro de empresas deMelide, cuxa posta en funcionamen-to está prevista para finais de ano.

Das negociacións resultará unconvenio de colaboración entre astres entidades no que determinarán

Reunión a tres bandas: Concello, Cámara de Comercio e Fundación Cameral

tanto as características do apoiotécnico a prestar como os criteriosde admisión para os interesados enafincarse no viveiro, aberto a empre-sas de Melide, Arzúa, Boimorto, San-tiso, Toques, Sobrado e Vilasantar.

A intención é que o documentoestea asinado antes do remate dasobras que se realizarán no EdificioMultiusos para habilitar o viveiro.O concello pediu unha prórroga atao 30 de novembro para xustificalas.

Page 6: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

6 Empresa Cerne 114. Xullo 2015

eMPreNDeDOrAs eN MeLiDe

-Acaba de coller as rendasda librería na que estivocomo empregada 27 anos.Como se sente?-Pilar varela (P.v.): Éunha nova etapa. Agora vexoo negocio con outros ollos,con máis responsabilidade, etamén teño novas preocupa-cións. Antes era traballar, le-var o salario a finais de mes eesquecerse de todo. Agora isocambiou, hai que collelo dou-tra maneira. De todas formasteño moitas ganas de sacaristo adiante e teño un grandeapoio nos que foron os meusxefes, que son os únicos quetiven en toda a vida. Sei queestán aí para axudarme. Ta-mén vai quedar unha compa-ñeira polas tardes e enoutubro vai vir miña filla.

-Custoulle tomar a deci-sión? Deulle moitas voltas?-P.v.: Sinceramente, non.Ningunha. Tiña moi claro

dende o principio que sealgún día mo propoñían osmeus xefes, ía aceptar e nontería ningún problema encoller o touro polos cornos etirar para adiante. Despois detanto tempo xa estaba moiacostumada a este traballo ecando chegou o momento nonme custou nada decidirme.

-Como respondeu a clien-tela ante o cambio na xe-rencia da librería? -P.v.: De marabilla. Nesecaso tamén estou moi agrade-cida. Moita xente non o sabía,porque foi cousa de dous díae non lle demos moita publi-cidade. Aínda hoxe, a medidaque o van sabendo, veñen aquípara felicitarme. Eu o queteño é que tamén estou moiencariñada cos clientes, por-que levo moito tempo coneles. Son un grande apoio.

-Hai algo ao desta etapa

ao que lle teña medo? -P.v.: Pois agora mesmo po-ñerme coas cuestión informá-ticas. É un mundo que nonvai comigo e por iso me impónun pouco de respecto. Atao momento empregabamosunha rexistradora manual enon tiñamos nada dixita-lizado. Agora imos intentarpoñernos un pouco ao día equeremos comezar a empre-gar códigos para cada un dosprodutos que vendemos. Seráalgo ao que me teña que afa-cer, pero malo será que non osaque adiante. O demais nonme mete moito medo porquemáis ou menos xa estaba damiña man.

-ten pensado facer máiscambios na librería?-P.v.: Temos pensado facermoitos, pero co tempo, unhavez que me acabe de asentar.Gustaríame reformar os esca-parates, cambiar os exposito-

res… en definitiva, darlle outroambiente á tenda. Pero xadigo, será pouco a pouco. Pri-meiro hai que saír dos gastosfundamentais e despois xa che-gará o momento de arrincar.

-empeza con ganas e ta-mén con forza, en plenacampaña de reserva de li-bros para o novo curso... -P.v.: Certo. Esa tamén éunha oportunidade que me

PiLAR VARELA, NOVA XERENTA DE “LiBRERíA ViCTORiO” (R/ Taboada Roca, nº 1)

“Agora vexo o negocio con outrosollos, con máis responsabilidade”

deron os xefes, de poder co-mezar nunha época do anoboa para o negocio. Así taménse poden levar os primeirosmeses con máis optimismoe seguridade. Sacaremos uncatálogo de material escolar emáis adiante un de xoguetesporque enganchamos coacampaña de reis. Agora xa es-tamos coa reserva de libros ede momento está indo moiben, coma en anos anteriores.

Pilar Varela na sección de xoguetes de Librería Victorio

Axudas para instalar caldeiras de gas natural e renovar fiestras

Asetem-Cca reúnese co novo edilresponsable da área de comercio

O presidente e a xerenta de Asetem mantiveron unha reunión co novoconcelleiro de comercio, Luis Arias, co obxectivo de definir as liñas decolaboración de cara ao medio prazo. Nesta primeira toma de contactoos representantes da patronal expresaron a necesidade de darlle unhautilidade real á Mesa Local de Comercio, empregándoa como foro paradebater sobre as diferentes iniciativas que se vaian poñendo en marcha.Ao mesmo tempo propuxeron unificar un calendario de actuacións earrincaron o compromiso do concelleiro de colaborar en maior medidapara reforzar o sorteo de Nadal. Por outra banda, acordouse convocaraos comerciantes a unha reunión para decidir a data do Mercamelide deverán. Será o 20 de xullo ás 21:00 horas no salón rexio do Concello.

A Consellería de Economía e in-dustria convocou axudas para arenovación de fiestras e de caldei-ras de alta eficiencia enerxética.O prazo de presentación de soli-citudes permanecerá aberto atao 30 de outubro e os particularesque queiran beneficiarse destesapoios terán que poñerse en con-tacto con algunhas das entidadescolaboradoras adscritas á convoca-toria. O listado destas entidadespoderá consultarse a partir do 1de agosto na páxina web da conse-llería: www.economiaeindustria.xunta.es.

No que respecta á orde para arenovación de fiestras, esta tencomo obxectivo a substitucióndunha ventá xa existente por outraigual ou de inferior tamaño, decara a incentivar a súa rehabili-tación, acadando melloras signifi-cativas na calidade da construción

e aforro en termos económicos.A contía máxima por vivenda uni-familiar é de 100 euros por metrocadrado de oco co límite de 3.000euros. Nas comunidades de pro-pietarios ou edificios de vivendasa contía será de 3.000 euros cunmáximo de 50.000 euros. En cal-quera dos dous casos a cantidadeda subvención non superará o 25%do custo total da obra.

En canto ás caldeiras, promó-vese a implantación de equiposde gas natural, así como de novascaldeiras de biomasa. Os apoiosnesta caso chegan ata o 30% doinvestimento, elevándose ata o40% se a caldeira que se prevéssubstituír é de gasoil.

Con estas actuacións a Xuntaaspira a diminuír o gasto en ener-xía das familias galegas, que repre-senta máis do 14% do consumoenerxético da comunidade.

Page 7: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Publicidade 7Cerne 114. Xullo 2015

MARKET

MELIDE

Ronda de Pontevedra, 42 - 44

Nova xerencia

MARKET

CARNICERÍA AO CORTE

PAN DE FORNO DE LEÑA

APARCAMENTO PARA CLIENTES

O supermercado Día da Ronda de Pontevedra, en Melide, estrea xerencia enova filosofía. Aproveitando todas as vantaxes que ofrece unha gran marca,sobre todo no que a ofertas se refire, a idea dos novos xestores, Diana Feijóoe Juan Loureiro, é “facer un supermercado coma os de antes”. Que significaisto? nin máis nin menos ca “coñecer aos clientes, poder chamarlles polonome, ter confianza con eles e eles con nós, saudalos todos os días eaxudarlles no que lles faga falta”. trato próximo, produto de calidade, bosprezos e bo servizo serán as sinais de identidade do negocio.

Ademais, a diferenza doutros supermercados da cadea Día, o establece-mento da Ronda de Pontevedra conta cunha carnicería ao corte onde seserve carne fresca de primeira calidade (tenreira galega) e as mellores mar-cas de embutidos que hai no mercado: torre de núñez, Campofrío, el Pozo...

Page 8: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

8 Melide Cerne 114. Xullo 2015

O Club de Fútbol Cire recibe no seu40º aniversario a Medalla de Melide

poder entrenar por las tardes”.Outro dos momentos im-

portantes na historia do Cireque lembrou Jesús Pampín foia venda do campo ao Concelloen 1990, “con gran pena paramuchos socios”, ante a impo-sibilidade de afrontar todos osgastos. Ao fío disto, o presi-dente destacou “las relacionescordiales que siempre tuvie-ron con el club las diferentes

corporaciones” e referiuse áimportancia de mellorar emanter en bo estado as insta-lacións. Nesa liña apelou ánecesidade de construír unaparcamento como obxectivode futuro. Pampín rematoufacendo un agradecementoa todos os socios, casas comer-ciais, patrocinadores, admi-nistracións pública y “a todoel pueblo de Melide”.

O club de fútbol Cire foi aentidade galardoada este anoco máximo recoñecementoinstitucional do Concello deMelide; a Medalla de Ouro,que a corporación municipalacordou concederlle “comohomenaxe e agradecemento átraxectoria e ao encomiablelabor realizado a prol da cul-tura e do deporte”.

Así se reflectiu no diplomaque o daquela presidente doclub, Jesús Carlos Pampín, re-colleu de mans da alcaldesa notranscurso dun acto celebradono salón de plenos en coinci-dencia, como é tradicional, codía de San Pedro, patrón deMelide. Á marxe das palabrasescritas, a rexedora, ÁnxelesVázquez, definiu o Cire comoun club “admirable” e un refe-rente para o tecido asociativodo municipio: “de vós apren-derán moitos”, dixo. A maioresdestacou o mérito de ter feito“deporte para todos” e de“sacar a moitos nenos da rúae levalos por outra vía”. Nasúa intervención deixou taménun compromiso co club, queen 2015 cumpriu 40 anosdende a súa fundación: “inten-taremos ampliar as instala-cións, algo que tedes merecidoe que imos conseguir”, afir-mou Vázquez.

toda unha vidaO ton emotivo do acto púxoo opresidente da entidade, JesúsPampín, que recordou na súaalocución as catro décadas devida dun club que a día dehoxe conta con 705 socios, 8equipos federados, 140 xoga-dores e 8 adestradores.

Como bo coñecedor da en-tidade, en tanto que foi mem-bro fundador e presidentedurante os últimos 22 anos,Jesús Pampín lembrou os ini-cios difíciles nos que “socios yaficionados” pasaban as tardescavando nun monte “con pen-dientes enormes” para poderconstruír un campo digno.“íbamos todos los sábadosa ver si la hierba crecía perose la acababan comiendo laspiedras”, recordou.

O camiño non resultounada doado pero o Cire foimedrando pouco a pouco. Conesforzo conseguiu construírsea tribuna, os baños e dotar ocampo de iluminación “para

Jesús Pampín tras recoller a medalla de mans da alcaldesa

Foto de familia con membros da corporación e acompañantes

Membros da última directiva do Cire ante as portas do Concello

UN CAMIÑO FEITO CON “ESFORZO, LOITA E CORAXE”

O 23 de maio de 1975 cons-tituíase en Melide a pri-meira xunta directiva doClub de Fútbol Cire, presi-dida por Enrique GonzálezValiño e integrada “por ungrupo de amigos”, segundorelata Jesús Pampín, un dosfundadores. Pouco tempodespois, en 1979, mercouseo terreo para construír ocampo, que custou daquela100.000 pesetas e que sepuido pagar grazas en partea unha subvención da Depu-tación da Coruña.

O resto saíu todo “delesfuerzo, lucha y coraje” desocios e afeccionados, quese puxeron mans á obrapara converter un montenun campo apto para poderpracticar deporte. Pouco apouco fóronse conseguindomelloras pero o terreo“nunca dejó de ser un barri-zal” e os custos para acon-dicionalo eran demasiadoelevados como para poderfacerlles fronte. Deste xeito,no transcurso da asembleaxeral de 1.995, acórdasevenderlle as instalacións aoConcello, que cedeu o seu

uso por cincuenta anos. Nas súas catro décadas

de historia, o Cire non dei-xou de participar ningúnano en competicións ofi-ciais. Os seus maiores éxitoschegaron nas tempadas1982/83 e 1990/91, candocompetiu na Primeira Cate-goría Rexional. Tamén en1978, ano no que conquis-tou a Copa da Montaña.

Á marxe de trofeos, ta-mén é todo un éxito a crea-ción das categoríasinferiores de cadetes, xuve-nís, prebenxamín, benxa-mín, alevín e infantil, quese foron incorporando aospoucos entre 1995 e 2007.Outro dos grandes logros éo Torneo de Fútbol sala, quese vén organizando cadames de agosto dende hai 34anos. Unha das últimas ini-ciativas da entidade é oCampus de Fútbol Cire Me-lide, organizado co obxec-tivo de fomentar o deportee o compañeirismo entre osmáis cativos. Na última edi-ción participaron preto de500 rapaces de toda Galiciae tamén de Portugal.

Xogadores dun dos primeiros equipos federados do Cire

Carné de socio da tempada 1975-1976

Page 9: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Melide 9Cerne 114. Xullo 2015

O parque rosalía de Castro, pechadoindefinidamente por falta de seguridade

“Por motivos de seguridadeestas instalacións permane-cerán pechadas”. Así rezan oscarteis colocados nas cercas deferro que dende principios domes de xullo impiden o accesoá área de xogos infantil doParque Rosalía de Castro.

O goberno local decidiuclausurar as instalacións des-pois de comprobar que o mo-biliario da área non reuníaunhas condicións mínimas deseguridade. Así o certificaronos técnicos municipais tralasqueixas formuladas por paise nais, que foron os que enprimeira instancia alertarondo estado da zona de xogos.O parque infantil construíusehai cinco anos pero o seu nivelde deterioración é considera-ble e algúns elementos mesmocomezan a podrecer.

É por isto que, segundo oexecutivo municipal, o mobi-liario non vale para arranxar ehaberá que cambialo por com-pleto. Ante a falta da partida

económica necesaria para aco-meter a compra de materialde forma inmediata, dende oConcello evitan fixar unhadata para a reapertura dasinstalacións.

Falta de informaciónDende a oposición, o PSOEagarda que o parque volva a es-tar en uso antes de que remate

o verán e pídelle ao PP que nonactúe coa “falta de informacióne improvisación” coa que aoseu xuízo xestionou a situaciónnun primeiro momento. Se-gundo os socialistas, a área foicerrada sen sequera colgar uncartel explicando os motivosdo peche e moitos cativo seguí-rona utilizando a pesar dascercas de ferro colocadas.

Nos primeiros días a área infantil pechouse sen explicitar o motivo

Boooomba vai! Pum!!

FOtO-DeNuNCiA

Por que nonchamarlle ta-mén bombei-ros aos lanza-dores de bom-bas de palen-que? Esas per-soas que nes-tas datas tanfesteiras seconverten enanunciadoresestrondososda troula.

Xa estánen pleno auxeos bombopa-lenqueiros deMelide. Porfalta de prác-tica non ha sernunha terracon tantas fes-

O PsOe pide a dimisión doconcelleiro de sanidade

Persoal do Centro de Saúdede Melide remitiu o pasado11 de xullo un escrito á Xe-rencia de Xestión integradade Santiago para manifestara súa disconformidade coaconduta que está a mantero concelleiro de Sanidade,Benito Nebril, no seu tratocos traballadores.

Así o poñen de manifestoos socialistas de Melide, quense fan eco da situación “degran preocupación e males-tar” que se vive no ambulato-rio pola actitude “despótica”do responsable local da áreasanitaria, que tamén é mé-dico do servizo de urxenciasdo PAC.

Segundo explica o PSOEnun comunicado feito pú-blico, o escrito foi asinado“pola gran maioría” dosprofesionais e nel dáse contada forma do proceder doedil, que presuntamente

tas, máis o erro de cálculo é ben frecuente. Xa vimos este anocomo as canas das bombas caeron no medio da vila, preto daxente e mesmo sobre coches estacionados no Cantón de SanRoque. Tamén noutras ocasións se deixaron ver en patios devivendas do casco urbano. Bombeiros e bombopalenqueirosde Melide: pedímoslles responsabilidade... e menos puntería!

PSOE Melide acusa aos traballadores demaltratar aos pacientes e re-crimínalle aos responsablesdo centro a elaboración departes de avarías. Segundorecollería o escrito, tamén éhabitual que o edil intimideao persoal aludindo ao cargoque ocupa no Concello.

Os socialistas de Melideconsideran que o concelleiroestá a actuar “como un comi-sario político” e que se extra-limita nas súas funcións.En base a iso anuncian quetomarán medidas a nivellocal e autonómico: porunha banda solicitarán aconvocatoria urxente daXunta Local de Portavocespara “esixir responsabili-dades políticas”. Por outra, ea través do grupo socialistano Parlamento de Galicia,solicitaranlle á conselleira deSanidade “información so-bre o asunto e medidas”.

un mes e medio e 50.000 €para a comisión do san roque

O San Roque volverá a estar organizado por unha comisión defestas. Logo de que en 2014 o Concello lle cedese o relevo á ini-ciativa veciñal, o pasado 24 de xuño dábase a coñecer o nome daspersoas que se encargarán de organizar este ano as festas grandesda vila. No equipo ten un peso específico a Asociación de Hosta-lería Melide Móvese e están tamén representados outros sectoresgremiais. A comisión botou a andar con pouco máis de mes emedio para pechar o cartel das festas e con 50.000 € de achegamunicipal que o executivo melidense reservou nos orzamentosdeste ano. O que transcendeu ata agora do San Roque 2015 e quevolverá haber feira medieval (os días 11, 12 e 13) e que as festasse prolongarán ata o día 20. A cantante Sés poñerá o peche eestán aseguradas “bandas, música tradicional e boas orquestras”.

Os membros da comisión mantiveron unha reunión coa alcaldesa

A alcaldesa de Melide, ÁnxelesVázquez, sentarase nos esca-nos da Deputación entre osanos 2017 e 2019. Así o deci-diu a dirección provincial doPartido Popular tralas reu-nións mantidas cos alcaldese portavoces do Partido Xudi-cial de Santiago unha vezcoñecidos os resultados daseleccións municipais.

Xunto con Ánxeles Váz-quez accederán á instituciónprovincial na segunda parte domandato o alcalde de Boquei-xón, Ovidio Rodeiro, e o con-celleiro popular de Compos-tela Alejandro Sánchez-Bru-nete. Farano para substituír aAgustín Hernández, voceirodo PP no concello de Santiago;Andrés García, alcalde de ABaña, e Susana García, conce-lleira popular en Ordes.

O pleno para a constitu-ción da nova Deputación cele-brarase o día 16 de xullo.

Ánxeles vázquezserá deputada provincial no final do mandato

Page 10: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

10 Melide Cerne 114. Xullo 2015

Dous coruñeses fanse cos títulos de Miss e Míster Galicia da 3ª idade

bre todo moita alegría e vitali-dade; os ingredientes perfectospara facerse co primeiro pre-mio dun certame de belezaque leva celebrándose en Me-lide 22 anos e que congregounesta edición a preto de 1.000xubilados chegados das catroprovincias galegas.

Na categoría femininaforon vinte as mulleres quese presentaron a un concurso

do que Melide tampouco se foicoas mans baleiras, pois unhadas representantes locais, AnaAlcalde, fíxose coa banda deMiss Elegancia. O mesmo su-cedeu na categoría masculina,onde competiron dez candida-tos e no que Jesús Arias, veciñoda vila, resultou elixido MisterMarchoso.

Se despuntamos en beleza,mellor nos foi aínda no tradi-cional Campionato Galego dePasodobres, que este ano secelebrou por primeira vez ensesión matutina. Os represen-tantes de Melide fixeron pleno,con primeiro posto para aparella formada por RobertoGarcía máis María Montero esegundo posto para Luis Seijase Carmen Pérez.

Degustación de melindres,sesión vermú e baile a cargodunha orquestra completarona XXii edición dun festival aoque o Concello lle prevé dar“un gran cambio” de cara aoano que vén.

Amparo Morales (74 anos), Miss Galicia 3ª idade

Os avós galegos máis guaposestán na Coruña. Polo menoseste ano e a xulgar polo resul-tado do Festival Galego da3ª idade que se celebrou enMelide o pasado 12 de xullo eno que foron coroados Miss eMíster Galicia 2015: AmparoMorales e José Martínez. 74anos ela. 82 anos el. Os dousresidentes na cidade herculina,con boa percha, elegancia e so-

José Martínez (82) anos, Míster Galicia 3ª idade Os representantes de Melide tamén resultaron premiados:

Jesús Arias, Mister Marchoso e Ana Alcalde, Miss Elegancia

Adolfo Álvarez

Adolfo Álvarez

Avenida de América, 3 - MELIDE

GRANDES

REBAIXAS

Page 11: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Comarca 11Cerne 114. Xullo 2015

A uNesCO declara Patrimonio Mundial daHumanidade os camiños do Norte e PrimitivoMelide, Toques e Sobrado ven nesta distinción unha oportunidade para o crecemento

O Camiño Primitivo na súa recta final cara a Melide

O Camiño do Norte e o Ca-miño Primitivo, con perco-rrido por tres concellos daTerra de Melide, son xa Patri-monio da Humanidade. Esterecoñecemento, o de maiorcategoría que pode recibirun ben, representa non só aculminación dun proceso quedurou sete anos, senón taménun impulso para o desenvol-vemento de Galicia en xerale para o de Melide, Toquese Sobrado en particular; ostres municipios da comarcaque atravesan estas rutasmilenarias e que teñen antesi unha nova oportunidadede crecemento.

Este foi o aspecto no queincidiu o Conselleiro de Cul-tura e Educación o pasado 5de xullo nada máis coñecer adecisión da UNESCO. RománRodríguez destacou “a singu-

lar transcendencia para a Ga-licia interior pola importanciaque a declaración ten comorecurso para o desenvolve-mento cultural, patrimonial,económico e turístico”.

As boas novas para a co-marca non rematan aí, pois adistinción como PatrimonioMundial inclúe o recoñece-mento singular de catro bensgalegos, entre os que está omosteiro de Sobrado dosMonxes, xunto coa murallae a catedral de Lugo máis abasílica de Mondoñedo.

A día de hoxe son cinco osbens patrimonio da huma-nidade que hai en Galicia: acidade vella de Santiago deCompostela, elixida en 1985; oCamiño de Santiago Francés,inscrito en 1993; a muralla ro-mana de Lugo, recoñecida no2000; a Torre de Hércules,

O Camiño Primitivo ao seu paso pola Serra do Careón, en Toques

Peregrinos da Diócese de Tortosa no Camiño Primitivo en Melide

Dous camiños en auxe

Foron tradicionalmente unhasdas rutas xacobeas menos con-corridas, pero nos últimosanos a tendencia está cam-biando e cada vez son máis osperegrinos que escollen o Ca-miño do Norte ou o Primitivopara chegaren a Compostela.Os últimos datos publicadospola Xunta de Galicia indicanque no que vai de 2015 o Ca-miño do Norte sumou 4.634peregrinos, o que representaun 4,57% máis ca no mesmoperíodo do ano pasado. Noque respecta ao Camiño Pri-mitivo, acolleu 3.803 peregri-nos, un 3,76% máis.

Sobre este último itinera-rio, que pasa por Toques e con-flúe en Melide co CamiñoFrancés, dise que é un dos demaior beleza paisaxística e du-reza. Ten ademais o atractivode ser considerada a ruta máisantiga de todas. Facer o Ca-miño Primitivo é seguir as pe-gadas do primeiro peregrino, orei Alfonso ii, quen no ano 813,e logo de coñecerse o achadodo sepulcro do Apóstolo, cami-ñou dende Oviedo para com-probalo en persoa.

Melloras para “estar á altura”dun Patrimonio da Humanidade

Catro días despois de serendeclarados Patrimonio daHumanidade pola UNESCO,o goberno da Xunta anun-ciou un conxunto de actua-cións no Camiño Primitivoe no Camiño do Norte para“estar á altura” do recoñe-cemento recibido e para tercapacidade de resposta anteo incremento de camiñantesnestas rutas.

En concreto os traballosprevistos teñen como fina-lidade reforzar a rede de al-bergues, mellorar os servizosaos peregrinos, acondicionaro estado das rutas, impulsara promoción destes camiñose afondar na coordinaciónentre as administracións einstitucións implicadas. Notocante á rede de alberguesprevese abrir un novo esta-blecemento no núcleo his-tórico do concello da Fonsa-grada co obxectivo de dupli-car a oferta de prazas na lo-

calidade. Tamén se edificaráun novo albergue na zona deFriol.

Sobre os servizos aosperegrinos, dotaranse deconexión wifi os albergues,recuperaranse fontes deauga potable, reforzarase aasistencia sanitaria e amplia-rase a oferta de actividadessanitarias. Tamén se prevéintervir no eido do acon-dicionamento, prestandomaior atención á limpeza demarxes, mellorando a sina-lización para adaptala ásdelimitacións recentementeaprobadas e incidindo naseguridade viaria.

O conxunto de actuaciónsatenderá ademais ao ámbitoda promoción. Nesta liña ogoberno autonómico adian-tou que aproveitando a de-claración de Patrimonio daHumanidade, o vindeiro ano2016 será o Ano do CamiñoPrimitivo e do Norte.

Artabrón

Turismo Melide

que acadou a súa inclusión en2009 e o recentemente nome-ados Camiños da costa, coas

súas dúas variantes: o Camiñodo Norte e o Camiño Primi-tivo. Estes dous itinerarios

transcorren por un total de25 concellos das provinciasde Lugo e A Coruña.

Page 12: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

12 Comarca Cerne 114. Xullo 2015

ADOPCIÓN DE CANSABANDONADOS

Axúdalles a atopar o fogar que merecen

CACHORROSUrxe adopción destes

cachorros, fillos dunha

cadela mastín atigrada.

Eran 11 irmáns e 5 deles

aínda non atoparon fogar.

Un mes e medio de idade.

Vacinados e desparasitados.

LUKACadela cruce de mastín e

labrador. Once meses de

idade. Criada a biberón

dende os tres días.

Moi cariñosa e bulideira.

PASTOR ALEMÁNDous cachorros de raza

pastor alemán. 3 meses.

Moi ben levados. Adopción

conxunta preferentemente.

Visita a páxina de Facebook

“CANS PERDIDOS

EN MELIDE”

para obter máisinformación

Tlf. de contacto:

639 97 10 05

As retribucións do novo alcalde tensan oprimeiro pleno do mandato en toques

explicacións. Penas asegurou que adedicación exclusiva non estaba nassúas pretensións iniciais pero que seviu abocado a ela por cuestións labo-rais: “o meu traballo (técnico agrícola)estaba financiado con fondos da Unión

Europea e tiven que renunciar a elporque non me permitían unha dedi-cación parcial”. A isto o rexedor enga-diu que percibirá “o mesmo que estabacobrando antes” e que a súa retribu-ción “é das máis baixas dos alcaldesdo contorno”.

“Prisioneiro das palabras”As explicacións non convenceron aolíder da oposición, o popular José

O novo curso político comezou conintensidade en Toques e intercambiode reproches entre goberno (BNG,PSOE) e oposición (PP) no primeiropleno do mandato, ese que serve paradefinir o funcionamento do Concelloe establecer o réxime de retribuciónsdos cargos electos.

Precisamente foi esta última cues-tión a que destapou a caixa dos tronosao aprobar o equipo de goberno unhadedicación exclusiva para o alcalde, onacionalista José Ángel Penas, polaque percibirá 28.850 euros brutosanuais. A isto súmaselle outra dedica-ción, neste caso parcial, por importede 13.743 euros ao ano para a conce-lleira do PSOE Vanessa Peteiro. En to-tal, os gastos en salarios de cargospolíticos superarán en 15.097 eurosanuais os do anterior executivo (PP,independentes), no que había dousconcelleiros con cadansúa dedicaciónparcial e no que os alcaldes non tiñansoldo asignado.

Consciente da tempestade que íadesatar a nova proposta, o actualrexedor xustificou a súa decisión antesmesmo de que a oposición pedise

A oposición bótalle encara a José Ángel Penasque vaia gastar 15.097 €máis ao ano en salarios

de cargos políticos

Antonio Castro, que atacou duramenteo réxime de retribucións aprobado:“durante seis anos houbo dous alcal-des en situación parecida e renuncia-ron a cobrar”, dixo, “eu nunca vin unduro nin pasei unha soa dieta e agoravendo isto quédaseme cara de bobo”.

Ao mesmo tempo Castro acusou aoBNG de estar practicando no gobernoo que criticaba dende a oposición:“se non teño demencia, nalgunha pro-posta incluso nos pedistes que renun-ciaramos ás dietas”, argumentou,“cada un é prisioneiro das súas pala-bras. Non ter falado antes”.

Por outra banda o voceiro do PPadvertiu das consecuencias que podenderivar para as arcas municipais: “seantes eramos pobres, tanto melloroua cousa para ser ricos? Agora si quenon imos cumprir co plan de déficit”,sentenciou. Malia a contundencia dascríticas, dous dos catro concelleiros dogrupo popular optaron por absterseá hora da votación. Un deles foi o exalcalde Jorge Calvo, quen explicou que“sobre as remuneracións pódese estarde acordo ou non pero agora hai queesixir resultados”.

Terra Doce inicia o proceso para conseguirunha marca de garantía para a repostería local

presidente de Melide Terra Doce, Al-berto Rodríguez, na radio municipal“non é outra cousa ca definir os nososprodutos para ter unha base legal encanto a morfoloxía, textura, sabor,procesado, elaboración ou utilizaciónde materias primas”.

Deste xeito, unha vez que esesparámetros estean definidos e a marcaaprobada, ningún melindre, rico ouamendoado que non se axuste a esas

características poderáser comercializadocomo un doce tradicio-nal da comarca: “esesbaremos de calidadevan estar identificadoscunha pegatina que osvai diferenciar do restode produtos para que oconsumidor final saibarealmente o que estámercando”, explicouAlberto Rodríguez.

Segundo asegurou opresidente de MelideTerra Doce, a asociaciónxa ten un borrador de-señado e a día de hoxe

está delimitando a zona xeográfica deprodución na medida en que, aoseu xuízo, “é moi importante defenderestes produtos dende o territorio”.O seguinte paso será enviar toda a do-cumentación á Oficina de Patentes deMadrid, previo visto e prace da Xunta,para obter o certificado da marca degarantía. Os reposteiros prevén com-pletar todo o proceso antes de queremate o ano.

A asociación de reposte-ría tradicional MelideTerra Doce acaba deemprender camiño paraconseguir unha marcapropia para os melin-dres, ricos e amendoa-dos que produce. Conesta medida os repostei-ros da comarca preten-den certificar a calidadee as características pro-pias dos doces da zonapara poñelos en valor eevitar que sexan obxectode copias fraudulentascoas que se pode enga-nar ao consumidor.

O primeiro paso foi unha reuniónque representantes da asociación e doConcello mantiveron recentementeco subdirector xeral de industria e Se-guridade Alimentaria, Ricardo Rivas,co obxectivo de buscar asesoramentoe coñecer de primeira man as liñas aseguir. No encontro acordouse que afórmula máis axeitada para protexeros doces locais sería crear unha marcade garantía, que segundo explicou o

Turismo Melide

Page 13: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Comarca 13Cerne 114. Xullo 2015

CRÓNICA EN CATRO ESTADIOS

O sector gandeiro, de novo en pé de guerrapolo baixo prezo do leite

A crise pola que atravesa sector leiteiro galegodende hai anos volveu amosar a súa peor cara nosúltimos meses. Lonxe de mellorar, os datos dan contadunha situación de alerta vermella que pon en serio risco o futuro de10.000 explotacións gandeiras, 26.000 postos de traballo directos earredor de 45.000 indirectos. Por primeira vez nos últimos cinco tri-mestres, e como consecuencia directa da crise de prezos, a achega dosector primario ao produto interior bruto de Galicia rexistrou núme-ros negativos. Concretamente, entre xaneiro e marzo de 2015 a acti-vidade contabilizou unha caída do 0,9%, máis do dobre cá industria.A isto hai que engadirlle un mercado liberalizado e un escenario in-ternacional con maior produción e menores prezos que arrastrou ábaixa, e moito máis do agardado, as cotizacións no campo galego.Tanto é así que hai unhas 1.000 explotacións leiteiras, o 10% do to-tal, que están recibindo entre 0,18 e 0,20 euros por litro producido.Os sindicatos denuncian que esta situación só se está a vivir en Gali-cia e que obedece a unha estratexia de deslocalización para achegara produción de leite en España aos grandes centros de consumo.

1UNHA SITUACIÓN LÍMITE

A indignación do sector primario pola situación actual comezou afacerse patente na montaña coruñesa. Preto de 500 gandeiros saíroná rúa a finais de xuño en Teixeiro (concello de Curtis) para manifes-tarse baixo o lema “Prezos xustos para os nosos produtos. Garantíade recollida”. A convocatoria non só tiña por obxectivo reclamar unhascotizacións dignas para o leite, senón tamén solidarizarse coas explo-tacións ás que Leite Río deixara de recollerlles o produto.

“Agora tocoulles a eles e mañá pódenos tocar a nós”, precisaron os gandeiros deCurtis nun comunicado. “Non podemos seguir producindo nas actuais condicións, cunsprezos que nos están a levar á ruína e coas industrias facendo de nós o que queren men-tres a Consellería de Medio Rural e o Ministerio de Agricultura miran para outro lado”.

2

PRIMEIRA RESPOSTA Á PROVOCACIÓN

A concentración estivo apoiada por varios alcaldes da comarca, como o de Santiso, Ma-nuel Adán (BNG); o de Toques, José Ángel Penas (BNG); o de Sobrado, Lisardo Santos(PSOE) e o de Boimorto, Xosé Luis Rivas (BNG). Non estiveron os rexedores do PP. Ta-mén participou a eurodeputada de AGE Lidia Senra e representantes de Unións Agrariase o Sindicato Labrego Galego, que ve nas ameazas de non recoller o leite “unha estratexiamáis da industria para acurralar as granxas e impoñer prezos cada vez máis baixos”.

O primeiro alcalde en tomar a iniciativa para tra-tar de buscar unha saída digna para os gandeiros

foi do de Boimorto, Xosé Luis Rivas, que convocou aos rexedores detoda Galicia para deseñar unha estratexia común e presionar tantoá industria láctea como ás administracións supramuniciapais.Ao primeiro encontro asistiron 20 alcaldes.

Tamén os rexedores do PP na comarca se puxeron mans á obra.A iniciativa do alcalde de Curtis, Javier Caínzos, os rexedores deAranga, Vilasantar, Mesía e Sobrado asinaron un acordo de apoio aosector no que solicitan que se cumpran os contratos asinados cosgandeiros. instan tamén á Xunta a que faga os requirimentos opor-tunos en caso de que a industria non respecte os pactos establecidos.Ao acordo adxuntáronse documentos entregados polos gandeirospara desmontar a coartada de Leite Río, que xustificou a paralizaciónda recollida en que o leite non reunía unha calidade mínima.

3 REACCIÓN DOS ALCALDES

Ante a urxente necesidade de atopar unha saída, as tres principaisorganizacións agrarias de Galicia (Unións Agrarias, Sindicato Labrego

Galego e Xóvenes Agricultores) impulsaron a creación da Plataforma pola Defensa doLeite Galego, a cuxo acto de constitución en Compostela asistiron preto de 200 persoas,entre elas unha ampla representación de alcaldes de todas as cores políticas.

Os promotores remarcan a importancia de levar adiante unha resposta “unánimee contundente” para facer unha fronte común ante o que consideran “un boicot” daindustria para provocar “unha volta atrás” do paquete lácteo. Como medida máisinmediata da plataforma, convocouse unha manifestación para o vindeiro 17 de xullona capital de Galicia, a que lle seguirá “unha gran tractorada”.

A Plataforma esíxelle á Xunta e ao Goberno central determinar a ilegalidade detodos os contratos asinados baixo presión da industria, reforzar o poder negociador dosgandeiros establecendo a arbitraxe, garantir a recollida, unificar os criterios autonómicospara evitar a venda a perdas da distribución e axudarlle ás granxas a reducir custos.

4 PLATAFORMA E MANIFESTACIÓN

Page 14: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

14 Cultura e lecer Cerne 114. Xullo 2015

recordos da gran pantalla e lembranzas sobre o escenario

O museo comarcal prepara unha mostra para agosto sobreo cine e as veladas no Melide de mediados do século XX

a exposición “vai gustar moitoe vaille traer recordos á xentede Melide, porque verán amoitos coñecidos e veciños

que actuaban e que xa nonestán con nós”. En definitiva,a mostra será o reflexo “dunmomento moi bonito, dunha

Na memoria cinematográficade Melide Arroz Amargoocupa un lugar de excepción.As desventuras dunha parellade ladróns interpretada porDoris Dowling e Vittorio Gass-man cos arrozais do norte deitalia como telón de fondodeixou pegada en toda unhaxeración da vila. “É unha pelí-cula da que todo o mundo nosfala; as actrices ensinabanperna e ademais tiña moitocontido político e de reivindi-cación obreira”, explica Cris-tina Vázquez, traballadora domuseo comarcal, ao tempoque repasa anotacións e revisaunha caixa chea de folletos eentradas para os cines que tivoMelide no século pasado.

É só unha pequena partedo material co que levan tra-ballando no museo dende haisemanas para preparar a ex-posición temática que cadaano inaugura antes das festasdo San Roque e que destavolta levará por título “O cinee as veladas no Melide demediados do século XX”. Nonsó películas, senón tamén asobras de teatro serán obxectoda mostra, pois aquelas salasde cine con escenario incorpo-rado foron o lugar de repre-sentación de centos de obrasinterpretadas polas compañíasamateur que había na vila,onde o teatro sempre gozou demoi boa aceptación.

En vista do abondoso ma-terial fotográfico reunido,Cristina Vázquez adianta que

época dourada para Melide eculturalmente moi produtiva apesar do réxime franquista edas carencias económicas”.

Folleto sobre a proxección de “Allá en el rancho grande” no Cine Capitol, ano 1942

Cinco cines en MelideXunto con Arroz amargo, queconseguiu superar a censura(aínda que os diálogos foronmodificados na dobraxe), ou-tros coñecidos títulos comoLa Revoltosa, Allá en el Ran-cho Grande ou Marcelino pany vino pasaron a engordar alista de películas que se pro-xectaron nos cinco cines quetivo Melide en diferentes mo-mentos do século pasado.

O primeiro do que se tenconstancia estaba onde ac-tualmente se atopa PulperíaEzequiel: “era un garaxe conbancos corridos que puxeronen marcha dous socios, un deMelide e outro de Visantoña,e que durou cinco anos”, co-mentan dende o museo. Co-rrían daquela os anos trinta.Na década dos corenta abriuseo Cine Capitol (a carón deonde hoxe se atopa o KebabGüzel) e na dos cincuentainaugurouse o Cine Madrid-París, no edificio onde actual-mente está a discoteca Palla-dium. Do que apenas se sabenada é dun cine de vida efé-mera que houbo na Rolda daCoruña. Máis documentadoestá o Teleclub Priorada, unhacaste de cine, alonxado doconcepto puramente comer-cial, que impulsaron os padrespasionistas no seu convento.Corrían daquela os anos 60.Xa avanzado o tempo, crearonun foro no que tamén se deba-tía sobre as películas logo daproxección.

CO teAtRO CORRenDO POLAs veAs. UnhA éPOCA DOURADA

Representación da obra “La muralla”, no Cine Madrid-París, ano 1959 Representación da obra “Morena clara” no Cine Madrid-París, ano 1964

O teatro ocupará un espazo importante na exposición organizada polo Museoda Terra de Melide: “aquí sempre houbo moita tradición”, comentan, “moitosgrupos de veciños que formaban compañías, se cadra sen sequera poñerllesnome, e que se xuntaban e ensaiaban para facer representacións con certa

frecuencia”. Destacan con sorpresa que “moitas destas actuacións se facíanen galego, a pesar de que estamos a falar dos anos 50 e 60” e dun contexto deditadura. Títulos como O rei da carballeira ou Hoxe vai chover dan contadunha cultura feita en clave galega e dun momento cultural do máis produtivo.

Page 15: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Cultura e lecer 15Cerne 114. Xullo 2015

Melide acollerá o día 18 o primeiroFestival de Habaneras no Camiño

xa facemos o certame de pan-xoliñas e a Semana da Músicaábrese a estilos moi diferentes,pero o das habaneras era algoque non había e cremos quevai gustar”. Os antecedentes,

cando menos, así o indican:“este ano cando estabamosvendendo o disco na Festa doMelindre, véu moita xente pre-guntarnos se había habaneras”.Non hai dúbida da boa acep-tación que teñen estas compo-sición musicais, un clásico nosrepertorios das corais que aPolifónica de Melide quixo

A nova directiva da Coral Polifónica na Fonte dos Catro Canos

Os sons cálidos e melosos daCuba profunda chegarán aMelide este verán. Farano deman da Coral Polifónica, cuxanova xunta directiva se puxoa traballar arreo nada máisser nomeada no mes de marzopara organizar na vila o pri-meiro Festival de Habanerasno Camiño.

Será o sábado 18 de xullona Praza do Convento, un es-cenario a ceo aberto que aco-llerá dúas horas de músicaa cargo de catro formacións:Coral Villa Blanca de Luarca,Coral do Círculo Mercantil deRibeira, Coral Val do Fragosode Vigo e a propia Coral Poli-fónica de Melide.

Habaneras no CamiñoEsta iniciativa en forma defestival de habaneras xurdiupara cubrir un baleiro musicale para responder en certa me-dida ás demandas do público,segundo explica Miguel Rúa,secretario da Coral: “No Nadal

Organizado polaCoral Polifónica,

traerá á vila a tresformacións e será

o marco para agravación dun disco

asociar á Ruta Xacobea: “cer-tames de habaneras hai moi-tos pero no Camiño ningún”,explica Guillermo López, pre-sidente da Coral melidense.

Nesta primeira edición,por cuestións de tempo, asformacións participantes nonestán directamente relaciona-das co Camiño: “xa tiñan com-promisos e foi imposible, peropara o ano xa se verá”, comentao presidente, quen manifestaa intención de consolidar oFestival de Habaneras e derealizalo de agora en adiantecada 18 de xullo. O que si fixoa xunta directiva foi “visitartodos os alcaldes do CamiñoFrancés, dende O Cebreiro ataSantiago para que veñan esedía e traian xente, para queo festival teña a máxima reper-cusión posible para Melide”.

Gravación dun discoO concerto do primeiro Festi-val de Habaneras no Camiñoquedará para a posteridade,

Adolfo Álvarez

pois será gravado para logopublicar un disco. Durante osdescansos tamén se proxecta-rán sobre as paredes da igrexaparroquial imaxes e vídeossobre os concellos polos quepasa o Camiño. Unha vez re-matado o evento, celebraraseunha cea de confraternidadeno Hotel Carlos 96 á que seestima que asistan unhas 150persoas.

AgradecementosMalia as présas coas que

houbo que organizar o festivale ás moitas horas dedicadas(“dende que entramos creoque nos reunimos todos osdías menos os domingos”,comenta Guillermo López), adirectiva da Coral Polifónicaestá moi satisfeita coa respostaque recibiu a súa iniciativa porparte do pobo de Melide: “entodas as portas ás que chama-mos nos responderon moiben. Estámoslle moi agradeci-dos á xente, ao sector comer-cial e ao Concello”.

Page 16: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

16 Cultura e lecer Cerne 114. Xullo 2015

FestAs NA HONrA Á virXe DO CArMe

-Canto tempo leva vostedeorganizando as festas nahonra á virxe do Carme?-Manuel rguez. (M.r.):Agora levo sete anos seguidospero na década dos 70 xaestiven outros tres ou catro.Había unhas rapazas da con-fraría que tamén me axudabanpero xa levaban tempo e aca-báronse cansando, como énormal. Agora tampouco haixente que se queira meter naorganización. É unha pena,porque a tradición había queseguir con ela, pero...

-Non se lle fai moito tra-ballo para vostede solo?-M.r.: Eu gozo facendo istoporque estou xubilado e teñotempo libre. O único problemaé que sacrifico á miña familiasen necesidade ningunha.Grazas a ela que me está

botando unha man, porquenon hai quen axude.

-A que portas chama parareunir os cartos precisos? -M.r.: Traballo todo o anopara facer a festa; hai moitoque mover. En decembroempezo coa lotería de Nadal elogo en xaneiro outra vez coade Reis. Cando acabo coa lote-ría xa empezo a buscar anun-cios das casas comerciais edespois xa hai que ir pedindopolas casas. A iso haille quesumar tamén as achegas dosconfrades, que pagan unhacota anual de dez euros .

-Cantas persoas formanparte da confraría?-M.r.: Actualmente debe ha-ber uns 800 confrades, perocada vez van a menos porquea xente nova non se quere me-

ter e a vella vai morrendo. Esteano só fixen catro ramistas no-vos e a base de moito insistir.

-Non se pensou en subiras cotas para dispoñer demáis recursos? -M.r.: De momento non.Para moito non dan perovoume adaptando a iso. Conmoito traballo e coa colabora-ción dos confrades e da igrexa,van saíndo as festas adiante.A eles quérolles dar as grazase tamén ás empresas, ao Con-cello e aos veciños. Sen elesnon fariamos nada.

-Que parte da organi-zación é a que menos llegusta? -M.r.: O que máis me mata,con todos os meus respectospara os bares, é que non estouacostumado a tomar. Pero en-

trar nun sitio para pedir cartose non tomar nada... pareceque tampouco aquece nadaben... entón nese aspecto teñoque facer un esforzo.

-Como se presentan asfestas deste ano? -M.r.: Penso que van gustar.Van máis ou menos na mesma

MANUEL RODRíGUEz ViLA , ORGANizADOR

“O meu obxectivo é facer unha festafamiliar na que xente o pase ben”

liña de sempre, que é a que euquero seguir: non facer unhafesta comercial, senón unhafesta familiar e para os confra-des, con orquestras para bai-lar. Que a xente o pase ben éo meu obxectivo. Son unhasfestas que se fan con moitocariño; se algún defecto hai,pido desculpas...

José Rodríguez leva sete anos cargando co peso da organización

Camiño de Ovedo, nº 15

MELIDE

[email protected]

TLF.:

627 03 59 73 / 981 50 56 24

Ronda de Pontevedra, 6115800 Melide

(A Coruña)Telf. 881 956 394

[email protected]

Page 17: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Cultura e lecer 17Cerne 114. Xullo 2015

“O ABRAZO DAS IDADES”

Obradoiro de cociña

O día no que Furelos regresou a 1900

O escenario xa o tiñan, e erainmellorable. Só lles faltabasacarlle a ferruxe a algunhasferramentas e botarlle moitasganas, algo que non lle faltouá veciñanza de Furelos parafacer unha viaxe no tempo erecrear na aldea o estilo devida do ano 1.900.

Foron tres intensos días definais do mes de xuño nosque arredor de 50 figurantes(entre os propios veciños emembros da Asociación Cul-tural Charamela) participarondunha especie de parque te-mático de principios do séculopasado. Nun paseo pola aldeaos visitantes puideron recor-dar (ou descubrir) numerososoficios da época: queixeiras,costureiras, telleiros, tallistas,feirantes, boticarios, a mestrana escola, lavandeiras, cestei-ros, o carteiro, o médico, osgardas civís, filloeiras ou pa-nadeiros foron algúns deles.

Non faltou tampouco obarqueiro, boa música duranteas tres xornadas e comida

campestre á beira do río paracompletar tan boa experiencia. Organiza: Asociación Cultural Charamela

VI Encontro InterxeneracionalTerra de Melide

8 DE AGOSTOna Casa da Cultura

de 12:00 a 14:00

Exposición de xogos de café e té

de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 19:30

HOMENAXE INTERXENERACIONAL

19:30

“O SEGREDO DO TENDAL”

20:00

con Raquel Queizás

Concurso “TI SI QUE VALES”

21:00

coa actuación do mago Dani PoloFotografías: Turismo Melide

Veciños da aldea recrearon a época a través dos oficios tradicionais

Page 18: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

18 Cultura e lecer Cerne 114. Xullo 2015

3ª CONCENTRACIÓN MOTEIRA

Membros da organización coa alcaldesa no concerto do sábado 4 de xullo

3ª MEDIA MARATÓN NO CAMIÑO

Corredores da Asoc. deportiva Cerne, organizadora da carreira, en Palas de Rei

EN MUEBLES

Y COLCHONES

C/ Martagona, 13

MELIDE

981 50 79 64 - 662 55 11 16

[email protected]

Concello de Melide

O cambio de datas e de ubicación foi todo un acerto

Bo ambiente, motos, acrobacias e moita música dos 80

Adolfo Álvarez

Récord de participantes (631)... e de temperatura (30,8º)

Akka Essaadaoui e Joselyn Brea, vencedores

Francisco M.

Enfócame

Quiñoy

Page 19: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Cultura e lecer 19Cerne 114. Xullo 2015

Carlos Mosteiro, elixido presidente do Cire co apoio do 70% dos votos O Club de Fúlbol Cire cele-brou o pasado domingo 12 dexullo eleccións á xunta direc-tiva. Setecentos cinco sociosestaban chamados a votarpara escoller entre as dúascandidaturas que aspiraban axestionar a entidade. Final-mente o equipo encabezadopor Carlos Mosteiro Varelaproclamouse vencedor aoobter 263 votos, fronte aos109 que logrou a candidaturaliderada por Antonio VarelaExpósito. Rexistrouse ade-mais un voto en branco e ou-tro nulo.

Con este resultado o Clubde Fútbol Cire, que en 2015celebrou o seu 40º aniver-sario, abre unha nova etapadespois de 22 anos baixo apresidencia de Jesús CarlosPampín. Na nova andainaCarlos Mosteiro estará acom-pañado por un equipo de dezpersoas: María Gómez Mén-dez, José Luis Martínez Ra-mos, Julia Vázquez Sueiro,José Antonio Abad Barreiro,Ramón Abeledo López, Fer-nando Carreira Abad, ManuelConde Vázquez, Ricardo Ló-pez Novo, Sara López Vilare Miguel Pampín Vizcaíno.

Carlos Mosteiro Varela no Multiusos tras proclamarse vencedor

A xornada de votacións celebrouse o día 12 e durou catro horas

reforzarán a seguridade viarianos cruzamentos do Camiño

Turismo de Galicia e o Ministerio de Fomento impulsarán a cre-ación dun Grupo de Traballo de Seguridade Viaria para melloraros puntos de conflito entre as estadas estatais e autonómicase o Camiño de Santiago. O obxectivo é analizar os lugares decruzamento e planificar actuacións consensuadas, ben sexanobras ou melloras na sinalización, de cara a evitar os riscos paraos peregrinos. As medidas acordadas comezarán a aplicarseno trazado paralelo á N-547 que ten o Camiño Francés nosconcellos de Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino.

Por outra banda, aínda que tamén en materia de sinalización,O BNG de Melide presentou no Congreso, a través da deputadanacionalista Rosana Pérez, unha iniciativa que lle trasladaronos hostaleiros melidenses para que na saída da autovía A-54 enLavacolla se instale un indicador que sinale a dirección a Melide.

Punto conflitivo no cruzamento do Camiño coa N-547 en Sta. María

Fútbol e ocio na viaxe das escolas deportivas a Castellón

Os equipos de fútbol sala das categorías alevín masculino e fe-minino sub-16 das Escolas Deportivas de Melide desprazáronsea finais de xuño ata Castellón para participar no campionatoda especialidade que cada ano acolle esta vila do Levante. Osresultados foron positivos, ao quedaren os rapaces no quintoposto e as rapazas de segundas. Ademais, por segundo ano con-secutivo, Patricia López foi nomeada mellor xogadora femininado torneo. A viaxe, que durou tres días, tamén incluíu ocioademais de deporte e os cativos puideron gozar dunha xornadano parque de atraccións Warner, en Madrid.

Os equipos de alevín masculino e feminino sub-16 en Castellóntroitas de volta ao río mentres non chova

A Asociación de Troiteiros “Río Furelos” píde-lle aos seus socios que devolvan as troitascapturadas ao río “en tanto o réxime de choi-vas non mellore substancialmente o caudal domesmo”. Trátase dunha petición excepcionalacorde á situación tamén excepcional do cau-dal do Furelos, “que está moi por debaixo dohabitual nesta época do ano”. Esta medidapretende “asegurar a riqueza piscícola” do ríoao tempo que seguir facendo uso dos permisosde pesca mentres non remate a tempada.

240 moz@s nos campamentos de FurelosUn total de 240 mozos e mozas de entre 12 e17 anos participarán nalgunha das cinco quen-das que acollerá este verán o campamento xu-venil de Furelos. Baixo o nome “Natureza noCamiño” e “implica-T”, realizarán actividadesde bicicleta, tiro con arco, orientación, sendei-rismo ou voluntariado no Camiño. A Direc-tora Xeral de Xuventude, Celia Vázquez,aproveitou a súa visita ao campamento de Fu-relos para destacar que a Xunta investirá esteano máis de 2,4 millóns de euros para finan-ciar as 8.500 prazas desta campaña de verán.

Page 20: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

20 Publicidade Cerne 114. Xullo 2015

DiRECTORiO - SOCiOS/AS DE ASETEM

CC XestiónFlorentino Cuevillas, 2881 97 33 07Norbrok segurosAvda. Habana, 3 - 1º981 50 74 44seguros BilbaoRda. de Pontevedra, 113678 05 59 42

Canteras PrebetongBrasil, 56, Vigo981 50 55 76Canteras richinolArenal, 64, Lalín981 50 55 04

BlangarCtra. Lugo km 46, Melide981 50 54 18Carpintería LayaRua Palas de Rei, 8981 50 52 83Maderas Ovidio LeivaBelmil, Santiso608 58 74 47

Aceiteiro Rda. da Coruña, 34981 50 50 13Autoecambios vulcanoAvda. de Lugo, 99981 50 62 18Bodejas MejutoRda. de Pontevedra, 74981 50 50 04CalitexGalicia, 4981 50 51 54Calzados BrozCamiño de Ovedo, 13981 50 51 60Cárnicas GarcíaRda. da Coruña, 14981 81 54 00Casa JuanitoMateo S. Bugueiro, 39981 50 51 03Casa santosAvda. de Lugo, 8981 50 53 96Centro ComercialAresRda. da Coruña, 27981 50 50 53Cociñas M. BujánAvda. de Lugo, 99981 50 74 21

Colorín ColoradoRda. da Coruña, 10881 97 85 60Cooperativa MelisantoAgüeros, s/n, Melide981 50 60 26Deportes LópezAvda da Habana, 5981 50 54 25Distribuciones MellaXoán XXiii981 50 60 68ekatéCantón de San Roque,11881 97 74 17electrosanMartagona, 13981 50 79 64estanco AngarelaProgreso, 9981 50 60 96electricidade vilelaAvda de América, 34981 50 59 00el mundo del pintorAvda. Lugo, 43981 50 90 77espomasaCtra. Melide-Toques,km 8, Toques981 50 59 71establecimientosel MuebleRda. Pontevedra, 2981 50 50 89estación de servicio CorredoirasCorredoiras, 14, Boimorto981 51 60 04eurocadenaCantón de S. Roque, 9670 29 29 17Floristería MaruConvento, 9981 50 75 80Floristería strelitziaCantón S. Roque, 46881 81 91 01Floristería tarríoAmador Rguez, 7981 50 61 64Froitas OlgaAvda. da Habana, 1607 36 53 69Frutas NatiPol. ind. A Madanela600 44 80 92Fuciños rivasRda. da Coruña981 50 50 47Galaica BisuteríaRúa San Pedro, 8981 50 75 49imaxinaFlorentino Cuevillas, 4881 95 70 87imprenta MeligrafRúa Galicia, 26 981 50 62 56iris MelideEmilia Pardo Bazán, 11981 50 78 06Jim sports technology Madanela S/N 981 50 64 34

José XaneiroAvda. Toques, 57981 50 53 35Joyería Oro LeyRúa de San Pedro, 14981 50 54 68Joyería silvelaRda. da Coruña,40981 50 59 97La CortinaAvda. Lugo, 43981 50 63 58Lácteos terra deMelideOrois, Melide981 80 80 09Laia ZapateirosPraza Convento, 4626 25 20 54Leiva MotosportRda. da Coruña, 52981 50 73 34Librería CousasAvda. da Habana, 29981 50 57 75Librería victorioTaboada Roca, 1981 50 50 55M&M ModaRda. da Coruña, 58981 94 24 15MarviRúa do Convento, 16981 50 71 94MelimáticaOtero Pedrayo, 6981 50 78 81Mis mejores laboresAvda. América, 3657 43 56 99Mobles AresRda. da Coruña,62981 50 55 64Modas AlfonsoMateo Segade, 13981 50 54 58 Modas el DándoloConvento, 15981 50 63 70Muebles PaulaCrta. Lugo, km 46, 981 50 57 34Muxica tenda XovenRúa do Convento, 36981 50 63 66Óptica AbalRda. da Coruña, 16981 50 60 97Óptica MelideRúa do Convento, 17981 50 54 67Óptica NovaluxRda. da Coruña, 20981 50 51 99Ortopedia OrtosaúdeRda. Pontevedra, 16981 50 78 74Panadería e Pastelería toquesAvda. de Lugo, 31981 50 51 81Pastelería estiloRúa do Progreso, 6981 50 51 53Pastelería triskelNovoa Santos, 32981 50 50 98

Perfumería LyssRda. da Coruña, 44981 50 76 84Pescados e Mariscos ManoloRosaleda, 10629 81 20 29Q me comproAlexandre Bóveda, 16981 50 51 49ramón CabadoAvda. Toques, 30981 50 51 37ramón PampínBangoRda. de Pontevedra,105981 50 75 26ribeiraoConvento, 12981 50 50 18romero ZapateríasRda. da Coruña, 29981 50 53 56sanoguera FotografíaA Casilla, 1 - Moldes622 22 28 10sisuka ModaTaboada Roca, 1881 97 58 62suministros industriales Cire Pol. ind . A Madanela,parc. 22981 50 79 54supermercados GómezAmador Rodríguez, 3981 50 70 27susana estéticaRúa do Progreso, 27666 12 37 40XebreRúa de San Pedro, 16981 50 57 23Xoiería rovalAlexandre Bóveda,12981 50 54 31

Barreiro Lodeiro, J.Baltar, Melide981 51 53 86Const. M. espiñoConcepción Arenal, 5 981 50 77 29Const. Leonardo MiguélezSanta María, Melide981 50 52 73Const. Pichel Hnos.Avda. Estación, 2, Lalín986 78 07 59Costoya varela, J.Rda.Pontevedra,51 1º iz.981 50 70 89Cubiertas Hermanos BlancoPol. ind. A Raña, rúa 7.O Barco de Valdeorras988 33 52 94

excavaciones ParadelaRibeiro,s/n Os Ánxeles, Melide981 50 55 92Hijos de Casal MariñoE. Álvarez Carballido, 1981 50 53 10Hormigones Carral Sta. María de Veira, As Travesas, Carral981 50 50 25Hormigones MyhnorPol. ind. A Madanela,Parcela 30981 17 36 16intres FotografíaAvda. de Toques, 2881 97 42 24Marmolería MelideGosenxe, Ribadulla,Santiso981 50 55 18Química industrialProquintasPol. ind. A Madanela981 50 53 00revestimientos riferAvda. de Lalín, 26981 50 71 16

A Boa viñaPraza da Herba, 10Bodega CurrosRda. de Pontevedra,18981 50 59 68Casa AlongosCamiño Vello Stgo. s/n619 22 93 34Café ChaplinCantón de S. Roque,17981 50 53 55Cafetería A Fábricado CamiñoCantón de San Roque, 1Cafetería ArraigosCantón de San Roque, 9Cafetería CristalAlexandre Bóveda, 20981 50 90 09Cafetería M40Cantón de S. Roque, 40981 50 73 44Cafetería stopRúa da Cátedra, 1Esquina San Antonioespectáculos Ángel seoaneAvda. da Habana, 15981 50 53 28Hotel Carlos 96Avda. de Lugo, 119981 50 76 33Novo ContinenteLuis Seoane, 8981 50 61 82Parillada O CarburoVillamor, Toques981 50 49 07

Parrillada rúaAvda. de Lugo, 50981 50 60 76Pazo de eidiánEidián, 5 Agolada986 68 25 45Pizzería XoldraAvda. de Lugo, 25981 50 79 06Pulpería ezequielCantón de S. Roque,46981 50 52 91Pulpería taboadaAvda. Lugo, 22981 50 74 26restaurante PilmarSanta María, s/n981 50 76 17Xamonería GarceirasGaiteiros Garceiras, 1608 975 776

Academia BesbelloRúa San Antón, 5981 50 52 52Albergue vilelaRúa San Antón, 2616 01 13 75Fisio-vidaFlorentino Cuevillas,16981 50 70 47Clínica Dental AnaMarcos CardoRda. da Coruña, 31-1º B981 50 57 05Clínica Dental KarimRda. Pontevedra, 32981 50 62 44eva Novás abogadaRúa San Antón, 5981 50 72 17Gasolineira Bocelo Avda. de Lugo981 50 62 50Hardgalicia - “r”Rúa do Convento, 4693 77 88 66inmobiliaria villamorCantón de S. Roque, 8981 81 53 30skala PeluquerosAlmirante Brown,19-21981 50 59 03Perruquería santín & AmoCantón de S. Roque, 38Entrechán650 43 63 75tecnamelideA Madanela, parc. 80981 50 63 88intermax technologyRúa Folicheiro, 20902 908 737servinetVitiriz, s/n697 89 24 66

Autos MarPol. Madanela, 8-9981 81 53 36Desguaces LualO Coto s/n981 50 73 52Motor MelidePol. ind. A Madanela981 50 70 31talleres LeivaMadanela, Melide981 50 52 11talleres MejutoSta. María, Melide981 50 59 99

Mª Carmen Carreira simónRda. da Coruña, 50 - 1º981 50 52 80

La CaixaAlexandre Bóveda, 1881 03 08 20

Banco sabadellRúa do Convento, 13981 50 52 50

Cabado rguez, J.r.Pezobrés s/n, Santiso981 51 77 89Nutripor s.A.Pol. Madanela, 18-19981 50 64 70rey sánchez s.L.Emilio Campoamor, 2981 50 60 29transportes sierraPol. ind. Madanela,parcela 79981 51 58 18transportes ZasPalas de Rei982 18 34 04

Javier López LópezRúa Xosé Ramón Fdez.Castro, 6981 50 54 82

CONstruCiÓN

sOCiO COLABOrADOr

HOstALerÍA

AsesOrÍA

CANteirAs

COMerCiO

eNXeÑerÍAtÉCNiCAAGrÍCOLA

serviZOs

trANsPOrtes

CArPiNterÍA

tALLeres

Page 21: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Publicidade 21Cerne 114. Xullo 2015

1º ANIVERSARIO

XORNAL

CERNE

Anúnciate

981 50 61 88

[email protected]

NOVO LOCAL DE OCIO

EN MELIDE

José Luis Mato

Page 22: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

22 Colaboracións Cerne 114. Xullo 2015

Na procura do rexeneracionismoCésar C. Vega, filólogo

Ante a crise político–social da Restauracióne as perdas coloniais, entre finais do séculoXiX e comezos do século XX xurdiu en Españaun movemento ideolóxico co obxecto de diag-nostica–los motivos da decadencia e estable-cer medidas meliorativas. O seu promotor,Joaquín Costa, analizou asituación social e econó-mica na obra Oligarquía ycaciquismo como la formaactual del gobierno en Es-paña. Urgencia y modo decambiarla (1902). Consi-deraba causantes do atrasoo poder arbitrario de go-bernadores civís e caciquese maila manipulación tur-nista do funcionamentoinstitucional. Para acadaristo propoñía a eliminacióndo caciquismo, substituín-doo por un determinado tipo de neolibe-ralismo; unha axeitada alimentación e educa-ción, e un proxecto de progreso, sustentadopola europeización, que carrexaría a potencia-ción das fontes de riqueza, especialmente apolítica hidráulica.

Un dos máximos representantes gale-gos foi Eloi Anselmo Luis André (Mourazos,19–Vii–1876—Madrid, 24–V–1935). Estelicenciado nas carreiras de Filosofía e Letras ede Dereito ampliou a formación en centrosuniversitarios do estranxeiro. Vertebraba opensamento co europeísmo, relativo ó modo

de pensar dunha difusa entidade espiritual,que se materializaría na forma estatal republi-cana, no trazo espiritual da reforma e na revo-lución como xermolo da alma contemporánea;o españolismo, fórmula sintética e articula-toria de directrices, procedementos e resolu-

cións necesarias para a so-ciedade española do séculoXX, e o galeguismo, cuxoobxectivo era elaborar unproxecto modernizador deGalicia en canto realidadepsíquica. ó devandito es-quema súmaselle o acti-vismo ideoestético, resul-tado do actualismo de Wil-helm Wundt e do subs-tancialismo de RudolphEucken.

A obra andriana sin-gularízase polos coñece-

mentos alicerzados en probas e datos. Porunha banda, o galego manexouno en vintee nove poemas, divulgados en 2014 poloCentro Ramón Piñeiro para a investigación enHumanidades. Algúns deles son "Redención","Río Miño...", "A aixada", "A odisea galega","A nosa fala", "Sangue... semente" e "EntreScila e Caribdis". Por outra banda, o castelánrexístrase en publicacións periódicas e libroscomo El Histrionismo Español, La menta-lidad alemana, La educación de la adoles-cencia, Dos idearios y dos democracias ouEl sistema ferroviario de Galicia y León.

Actividades de MeLiSA no 2015

Rafael R. Gaioso, enxeñeiro informático

Desde o ano 2012, a Asocia-ción de Usuarios de SoftwareLibre da Terra de Melide (Me-LiSA), asina un convenio decolaboración coa Axencia paraa Modernización Tecnolóxicade Galicia (AMTEGA), órganodependente da Xunta deGalicia, para a realización deactividades de fomento dosoftware libre na nosa comu-nidade.

Durante este ano, estase adesenvolver a terceira edicióndo proxecto "Tecnoloxía esoftware libre en centros peni-tenciarios de Galicia", que co-mezou no mes de xaneiro noCentro Penitenciario de Tei-xeiro. Un total de 15 internosparticiparon nun obradoirode montaxe e configuración deequipos informáticos cun sis-tema operativo libre GNU/Li-nux, e que foi dirixido polos

voluntarios de MeLiSA, JorgeLama e Rafael Rodríguez. Parapoder realizar este obradoiro,realizouse unha doazón de 7equipos informáticos comple-tos, os cales, unha vez revisa-dos e configurados, quedarona disposición do centro paraseren utilizados nas diferentesaulas de informática coas queconta o centro penitenciario.

Durante o mes de xulloestanse realizando outrosdous obradoiros, nos centrosde A Lama e Monterroso.Neste caso, a maiores do obra-doiro práctico de montaxee configuración de equipos,vaise pór en marcha un pro-xecto piloto para dotar o cen-tro pontevedrés dun servidoronde poder instalar unha aulavirtual con diferentes cursosen liña. Na actualidade ningúncentro penitenciario de Es-

paña conta cun equipamentodeste tipo, e os resultados doproxecto que se inicia na Lamaservirán de referencia para oresto de centros do Estado.

O día 1 de outubro terálugar a ii Xornada de Usuariosde R en Galicia, na que se da-rán cita todas aquelas persoasinteresadas en coñecer as últi-mas novidades no uso destalinguaxe de uso estatístico,que cada vez ten un maioruso en diferentes sectores dainvestigación. MeLiSA foi aresponsable da organizaciónda i Xornada de Usuarios deR en Galicia no ano 2013, eo ano pasado, organizou asVi Jornadas de R-Hispano,durante os días 23 e 24 de ou-tubro. Todas elas teñen lugarno Centro de Novas Tecnolo-xías de Galicia, situado no ba-rrio de Conxo de Santiago de

Compostela. A infor-mación actualizadaestá publicada naweb oficial da xor-nada [r-users.gal].

E por último, odía 17 de outubro,MeLiSA organiza a iXornada de RadioLibre, que terá lugaren Melide, nun lugaraínda por determi-nar, e que será coor-dinada por Lucía eSergio de Laborato-rio de Radio [www.laboratorioderadio.com]. A xornada estádirixida a todas aspersoas relacionadasco mundo da radio,ben sexan profesio-nais ou colaborado-res, e na que os asistentespoderán asistir a obradoirosde gravación de programas,edición con Audacity, emisiónen vivo a través de internet oucomo liberar os contidos baixounha licenza libre.

Por último, recordar quetódalas actividade organizadaspor MeLiSA son de balde, econ acceso libre para quenteña curiosidade polos conti-dos, ou queira colaborar con-nosco dalgún xeito.

De pesca rápida

ou lenta

Xabier Pazo, Asoc. “Río Furelos”

O Pescar lento ou rápido é unha cuestión de gustos. Hai troi-teiros que polo seu carácter escapan das táboas e balsas comose viran o demo. Outros atopan nelas a ocasión para pescar egozar. Pescar rápido leva implícito andar moito río na busca detroitas, sen importar o tamaño. Pola contra, a pesca lenta é unhapescuda para pillar troitas grandes con moita dificultade. Diríaque non hai unha pesca rápida ou lenta, senón troiteiros rápidose lentos en base á situación real no río, ao intre do ano, á ma-neira de entender a pesca e, como non, a se están competindo.

Estou convencido que nas táboas lentas entran enxogo moitas apreciacións. Todos somos testemuñas dos intresnos que a propia natureza nos distrae no entorno polo que an-damos. Aquí prima a calidade, a dificultade dunha captura. Apesca lenta esixe nun primeiro intre certo coñecemento do ríoe despois práctica, moita práctica. Na pesca rápida podemospermitirnos certos fallos, tanto na montaxe como na presen-tación. Aumentar ou diminuír o tamaño do noso cebo semprenos vai ir ben. Lonxe de pensar que nos pode prexudicar, nostramos rápidos as troitas non teñen tempo de explorar os de-talles da nosa presentación e para nós é a ocasión de ver mellora efectividade da mesma (culleriña - mosca).

Poucos troiteiros queren comunicar os seus avances,xa que o tempo que se necesita para chegar a unhas conclu-sións contrastadas é a parte máis valiosa. A falta de tempo oufalta de gañas por levar a cabo estas ideas, deixa polo camiñomoitos sen sabores motivados pola dificultade de progresarmáis rapidamente. Por outra banda, a falta de respecto poloslogros conseguido por aqueles que empregaron o seu tempoen busca de melloras eficaces, orixinou certo hermetismo nesecampo. Nós sos, e xa é, podemos mellorar. A natureza e o serhumano distan moito de ser predicibles, polo que moitos le-varán as moscas e culleriñas a tumba. E nos os culpo por elo.

Page 23: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

Entrevista 23Cerne 114. Xullo 2015

ALBERTO OTERO QUiNTELA, “DESGUACES LUAL”

“Moita xente descoñece que tamén temostaller, chapa e pintura, rodas e grúa 24 h.”Case se pode dicir que o seu destino estaba marcado. Naceu e criouse entre

coches, colleulle gusto ao mundo do motor e acabou facendo del unha

paixón e un medio de vida. Alberto Otero tomou o relevo de seu pai e con

só 27 anos é xa o responsable de Desguaces Lual, un negocio con visos de

expansión situado no límite da provincia. O espazo quédase pequeno

para a almacenaxe de coches e para as pretensións de Alberto, que como

bo emprendedor prevé ampliar o negocio trasladando parte dos servizos ao

polígono da Madanela. Ideas claras e novos retos para unha vida por diante.

Nave de Desguaces Lual dedicada ao taller de reparación

“Tramitamos no momento abaixa do coche,de xeito que ocliente non ten

que ir a Tráfico”

“Temos algo detodo en pezas derecambio paraautomóbiles,furgonetas etodoterreos”

-Como chega un rapaztan novo a estar á fronteda súa propia empresa?-Alberto Otero (A.O.): Esteé un negocio familiar quemontaron meus pais candoeu nacín. Fun criado sempreno medio de coches, collinllegusto ao mundo do motor e de-cidín quedarme aquí. Afortu-nadamente podo dicir que mededico ao que máis me gusta.

-Baixo o nome de Desgua-ces Lual agóchanse outrosmoitos servizos.-A.O.: Si. Hai moita xenteque aínda non o sabe, peroaquí temos algo de todo: tallermecánico, chapa e pintura,pneumáticos, compra-vendade vehículos e servizo de grúa24 horas.

-No que ao deguace se re-fire, teñen pezas para to-dos os modelos de coche?-A.O.: É difícil dicir distoteño e disto non, porque estánentrando coches constan-temente. Nestes momentostemos almacenados entre 500e 600 vehículos. A persoaencargada do desguace andatodo o día no medio deles esabe perfectamente as pezasque hai dispoñibles. Eu diríaque vai entrando algo de todono que se refire a pezas paracoches, furgonetas, tractores etodoterreos. Para camións nontemos, por motivos de espazo,e para motos tampouco.

-Cales son as pezas máisdemandadas? -A.O.: Agora mesmo a chapa:frontais, defensas, capós, fa-rois... tamén moita rodausada. Hoxe en día a mecánicatrabállase menos porque agoraos coches son moi bos e nonse avarían tanto.

-reparacións, recambios,pezas usadas, segunda

man... en principio este éun tipo de negocio quenon se debería de resentircoa crise. -A.O.: Eu creo que a crise nonfoi boa para ningún negocio.isto é todo unha cadea e seen Melide hai unha tenda quevai mal, ese señor non me vaivir mercar a min. Cando non ahabía entraban no desguacemoitos coches; algún ano re-collemos 500. Agora estanserecollendo máis ou menos ametade. Se hai crise a xenteaproveita máis os automóbi-les. Se non entran coches, nontemos tantas pezas e a menoroferta, menores son tamén asvendas. O que non foi a peoré o mercado de coches desegunda man.

-Como vos nutrides de ve-hículos para o desguace? -A.O.: A maioría son coches

sinistrados ou ben coches quea xente quere cambiar poridade ou quilometraxe. Nóscomprámolos a aseguradorasou a particulares directa-mente, taxámolos, facermosunha oferta e se interesa...queda o trato feito. Agora ade-mais xa damos nós a baixa dovehículo directamente. Anteshabía que ir a Tráfico peroagora xa nos encargamosaquí de todos os trámites. Fa-cémolo no momento a travésdun programa informáticoconectado coa DGT. Destexeito o cliente sae do taller enon ten que preocuparse denada máis.

-Comentaba que tiña faltade espazo. É ese un doshándicaps do negocio? -A.O.: Si, a día de hoxe é undos grandes problemas quetemos, porque aquí onde

estamos non hai para ondeampliar. Necesitábamos outrotanto espazo coma o que te-mos. A idea é separar o nego-cio do desguace do que é otaller, porque hai moita xenteque aínda a día de hoxe nosasocia só ao desguace e nonsabe que temos os outros ser-vizos. Entón estamos inten-tando irnos para o polígono.Temos unha parcela mercadae estamos a ver se mercamosoutras dúas para poder edifi-car. Se todo sae ben, deixa-remos o desguace no Coto etrasladaremos para a Mada-nela o tema de chapa e pin-tura, compra—venda e tallerde reparación.

-imaxino que pola acumu-lación de coches e polotratamento de residuos,as esixencias en materiade medio ambiente son

moitas... -A.O.: Nese aspecto houboun gran cambio hai cousa dedez anos. Antes había moitodescontrol. Agora obrigáron-nos a pavimentar unha por-centaxe da finca, a recollertodas as augas, que van paraun decantador, e a analizalasperiodicamente. Logo está ta-mén a recollida de aceites e debaterías. Non se escapa nada!Unha vez que estás posto aodía é unha rutina que noncusta traballo. O malo foi pa-sar de non ter norma nin-gunha a aplicala toda. Esecambio custou moito facelo,pero unha vez feito os primei-ros beneficiados somos nós.

Deguaces Lual

O Coto - Melide

Tlf: 981 50 73 52

Page 24: Nº 114. Xullo 2015. Distribución gratuíta Os camiños do Norte e … · 2015-07-14 · Noite Aberta do comercio melidense P3 O xornal da terra de Melide Nº 114. Xullo 2015. Distribución

CERNE Cerne 114. Xullo 2015


Recommended