+ All Categories
Home > Documents > Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que...

Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que...

Date post: 05-Jun-2020
Category:
Upload: others
View: 1 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
24
Cerne O xornal da Terra de Melide Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta MELIDE Incremento do 14% nas contas para 2016, que ascenden a 6,2 millóns P11 ENTREVISTA Concha Casares, Casa Alongos COMARCA Amancio Ortega merca terreo en Sobrado para cultivar castaña galega P14 CULTURA Melide estrea equipo de fútbol sala feminino na competición oficial P19 Rouban no Nadal en polo menos 5 naves do polígono Os ladróns actuaron na madrugada dos dous últimos sábados do ano. Levaron pequenas cantidades de diñeiro e causaron algúns estragos no mobiliario. P11 Comeza a coller forma a rede de calor con biomasa Medancli S.L., a empresa promotora, inicia unha reco- llida de sinaturas para recadar apoio social e acelerar un proxecto que podería funcionar en novembro. P13 Vertidos de augas fecais ao pé da depuradora contaminan o río As fortes precipitacións do comezo de ano deixa- ron en evidencia as eivas da rede de saneamento e destaparon numerosos puntos nos que as augas residuais escapan a cal- quera tratamento de de- puración para acabar no río Furelos. Un dos principais vertidos loca- lizouse nunha estación de bombeo situada a uns 150 metros da depuradora municipal. Os residuos rebordaron tamén de ca- nalizacións en desuso e anegaron camiños. P12 ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)
Transcript
Page 1: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

CerneO xornal da Terra de MelideNº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta

MELIDEIncremento do14% nas contaspara 2016, queascenden a 6,2millóns P11

ENTREVISTA

ConchaCasares,

Casa Alongos

COMARCAAmancio Ortegamerca terreo enSobrado paracultivar castañagalega P14

CULTURAMelide estreaequipo de fútbolsala femininona competiciónoficial P19

Rouban no Nadal en polomenos 5 naves do polígono

Os ladróns actuaron na madrugada dos dous últimossábados do ano. Levaron pequenas cantidades dediñeiro e causaron algúns estragos no mobiliario. P11

Comeza a coller forma arede de calor con biomasa

Medancli S.L., a empresa promotora, inicia unha reco-llida de sinaturas para recadar apoio social e acelerarun proxecto que podería funcionar en novembro. P13

Vertidos de augas fecais ao péda depuradora contaminan o ríoAs fortes precipitaciónsdo comezo de ano deixa-ron en evidencia as eivasda rede de saneamentoe destaparon numerosospuntos nos que as augasresiduais escapan a cal-quera tratamento de de-puración para acabarno río Furelos. Un dosprincipais vertidos loca-lizouse nunha estación debombeo situada a uns 150metros da depuradoramunicipal. Os residuosrebordaron tamén de ca-nalizacións en desuso eanegaron camiños. P12

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarcaTfno: 981 50 61 88 - [email protected]

Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

Page 2: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

2 Editorial Cerne 120. Xaneiro 2016

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta COORDINACIÓN E REDACCIÓN: Iván G. blanco

EDICIÓN: Asociación de Empresarios terra de Melide (ASEtEM-CCA)ENDEREZO: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓNS: César C. Vega, Santiago Prado Conde

AGRADECEMENTOS: Pilar López, Adolfo Álvarez, Sandra VázquezIMPRESIÓN: Publicaciones tameiga S.L.

DEPÓSITO LEGAL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDItORIAL..................................2-EMPRESA.....................................3-MELIDE.......................................11-COMARCA...................................14-CULtURA E LECER....................19-COLAbORACIóNS......................22-ENtREVIStA..............................23

ÍNDICE

Editorial Tribuna de opinión

Referente industrial Se chove, que chova!Xunta Directiva de ASETEM-CCA

Choveu. E choveu sobre mo-llado, porque non é a primeiravez que o Furelos bota por fóranin tampouco é a primeira vezque botan por fóra tamén ascanalizacións e os rexistrosdunha rede de saneamentoque semella facer augas.

No primeiro dos casospouco máis hai que facer camanter o río limpo e agardara que a enchente non sexamoita. No segundo, deberíansepoñer todos os medios aoalcance para evitar que osresiduos afloren á superficiee vaian parar aos nosos ríoscando cae unha tromba deauga. Certo é que un episodiode precipitacións intensassupón sempre circunstanciasextraordinarias, tamén paraa rede de saneamento, que se

pode colapsar. Pero non me-nos certo é que os vertidos fe-cais se están convertendo nunproblema crónico para Melide.

As imaxes falan por si soas,con regos de augas residuaissen tratar decorrendo cara aorío a menos de 100 metros dadepuradora e con corredoirasanegadas con restos fecais.Hai moitos puntos conflitivose son conflitivos moi a miúdo.

A renovación da rede desaneamento avanza paulatina-mente. É un feito. Pero resultainsuficiente. Deámoslle toda aprioridade á cuestión medio-ambiental, que é tamén unhacuestión de saúde. Aínda quesó sexa para poder dicir contranquilidade e como galegosque somos iso de “se chove,que chova!”

O xornal Cerne estrea nestenúmero unha pequena sec-ción na que a través de datosestatísticos e en meses sucesi-vos se pretende facer unharadiografía dos sectores pro-dutivos locais e unha poste-rior diagnose que determine oque se podería denominar“estado da cuestión”.

Das cifras publicadas naprimeira entrega, onde seanaliza a natureza das empre-sas, o sector de actividade noque operan e o número deasalariados que teñen xa sepode tirar algunha conclu-sión. A primeira, xa coñecidapor todos, é a fortaleza dosector servizos, que ten nocomercio e na hostalería osprincipais motores de crea-ción de emprego. A segunda,menos evidente, é a debili-dade do sector industrial que,sendo tamén un importantepiar da economía melidense,parece condenado a un le-targo eterno, a unha loitaconstante por pegar ese saltoque nunca chega.

Dito doutro xeito: Melideé un referente comercial peronon un referente industrial.E podería selo. Debería selo.Máis agora cando nun par deanos a autovía será por finunha realidade. Comezousecon mal pé ao non reivindicarcon máis contundencia unenlace preto do polígono,

pero aínda así seguimos tendopor diante unha oportunidadeque compriría aproveitar.

No desenvolvemento dofuturo e no letargo do presenteinflúen de xeito determinanteas infraestruturas e os servizosdo parque empresarial da Ma-danela. Melide necesita un po-lígono industrial de primeira,libre de todas as eivas que viñe-ron lastrando ata agora a im-plantación de novas empresas.Nos últimos anos déronse pa-sos que contribuíron á mellora:bonificación do 30% no prezodas parcelas á venda (queagora será do 50% para algun-has delas), instalación dunsistema contraincendios, as-fal- tado das vías... pero foronsempre pasos insuficientes.

A Madanela necesita ser

atractiva para o empresariadoe iso dificilmente pode sucedercando o polígono segue sen unsistema para a xestión de resi-duos contaminantes, cando oacceso a internet constitúe unproblema para o que cadapouco se van buscando par-ches, cando a presión da augaé en ocasións deficiente, candose pide maior vixilancia e,sobre todo, cando se sabe queas posibilidades futuras deampliación están a día de hoxehipotecadas polas limitaciónsque impón a Rede Natura.Servizos precarios e inseguri-dade son os maiores inimigosdo investimento. O polígonoda Madanela precisa de actua-cións decididas se queremosque nun futuro Melide taménsexa un referente industrial.

Page 3: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Empresa 3Cerne 120. Xaneiro 2016

A Asociación de Empresariosterra de Melide (Asetem-Cca)puxo un ano máis punto e finalá campaña de Nadal cunhagala celebrada na Casa daCultura na que non faltaron amúsica e o humor. Con DavidNoya como mestre de ceri-monias e os seus monólogossobre as relacións de parella eas diferenzas educativas entrea ESO e a EXb, deu comezounha velada na que sen dúbidao momento máis agardadofoi o sorteo de 5.500 euros enpremios entre os clientes queao longo de 38 días do Nadalrealizaron as súas compras nocomercio melidense.

Finalmente o premiogordo, dotado con 2.000 eu-ros, foi para o número 42.788,

repartido por Pescados Ma-nolo. Os tres premios de 1.000euros corresponden a boletosdistribuídos por Muxica, Cal-zados broz e de novo PescadosManolo. Ademais sorteáronse500 euros entre as persoasque asistiron coas súas rifasá gala. Neste caso o premioquedou deserto pois, tras sa-car o máximo de 20 númerosestablecido nas bases nota-riais, non apareceu o boletopremiado.

Agora os clientes agracia-dos terán de prazo ata o 29 dexaneiro ás 13:00 horas parapresentar nas oficinas da pa-tronal as rifas premiadas, tantoas titulares como as de reserva.A principios de febreiro fixa-rase unha data para celebrar

o acto de entrega de premios,no que os clientes ganadoresrecibirán o galardón de mansdos titulares dos establecemen-tos que lles deron a rifa agra-ciada. Obterán vales de 50euros ata completar o valordo premio acadado.

Precisamente na contíados premios estivo unha dasnovidades desta campaña deNadal, na que se pasou de re-partir 22 a 5 galardóns, perode maior valor económico.Outro dos cambios estivo nosistema para a elección denúmeros premiados: a tradi-cional caixa de madeira que seviña empregando para depo-sitar as matrices das rifas re-partidas desapareceu para darpaso aos bombos e ás bólas.

Cae en Pescadería Manoloo gordo melidense de Nadal

O presentador, David Noya, fai un selfie cos mozos e mozas que sacaron as bolas do sorteo

- Fotos antigas do Catastro de Melide- Concentración parcelaria- Legalización de pozos, traídas de auga, etc...

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)- Informes periciais e valoracións- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos- Catastro- Segregacións e agrupacións- Imposto de sucesións

60.000 rifas e récord de participación

Os grandes números marcaron a decimosexta edición da cam-paña Este Nadal toca en Melide. En total repartíronse 58.900rifas entre os clientes, 11.000 máis ca na edición anterior. Poroutra banda, este ano bateuse récord de participación, con 83comercios. Nunca antes, dende que se puxo en marcha a cam-paña en 1.999, se acadara un número tan elevado.

O presidente de Asetem, Manuel Vázquez, sinala quenesta edición “se marcou un punto de inflexión que debe servircomo referente para vindeiros anos” e anima aos asociados “aseguir participando masivamente nas campañas, porque esa éa mellor maneira de proxectar o comercio de Melide”. Por outrabanda, e en referencia á gala coa que se pechou Este Nadal Tocaen Melide, destaca “a nova dimensión que está adquirindo acampaña nos últimos anos” e a “implicación cada vez maior deAsetem e Concello de Melide nesta iniciativa”.

Este foi o segundo ano no que se organizou unha galapara acompañar o sorteo de premios. Estivo amenizada polopresentador e humorista David Noya, xunto coa agrupación de-zana De perdidos al Trío.

NÚMEROS PREMIADOS

ESTEESTETOCATOCA

PREMIO Nº TITULAR Nº RESERVA

2.000 €

1.000 €

500 €

1.000 €

1.000 €

42.788 54.413(Pescados Manolo) (Xoiería Silvela)

55.924 12.771(Muxica) (Enxeñeiro técnico

Javier López)

51.941 07.017(Calzados Broz) (Tu Boutik)

42.770 32.853(Pescados Manolo) (Pulpería Taboada)

DESERTO (Sorteado entre as persoas asistentes á gala celebrada

o 7 de xaneiro)

Page 4: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

4 Publicidade Cerne 120. Xaneiro 2016

ILUSTRE COLEGIO DE ODONTÓLOGOSY ESTOMATÓLOGOS DE A CORUÑA

Ronda da Coruña, 31 - 1ºB15800 - MELIDE (A Coruña)

Tlf.: 981 50 57 05

Ana Marcos CardoOdontóloga

Bar CantónCAMPIONATO DE TUTE - DECEMBRO 2015

Como cada mes de decembro dende haicatro anos o Bar Cantón de Melide conver-teuse no lugar de reunión dos melloresxogadores de cartas da comarca. O motivonon foi outro máis que o Campionato deTute que organizou o establecemento polaponte da Constitución. Concorrido e dis-putado, rematou con xenerosos premiospara as oito primeiras parellas.

1º 2º 3º

4º 5º 6º

7º 8º

Page 5: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Empresa 5Cerne 120. Xaneiro 2016

CESE TEMPORAL DE ACTIVIDADE NOGDR AO FINALIZAR O LEADER 2007-2013

O Grupo de DesenvolvementoRural Ulla-tambre-Mandeo(GDR UtM), no que está in-tegrada a comarca de Melide,pechou temporalmente assúas portas o pasado 29 de de-cembro tras dar por rematadoo programa europeo de axudas“Leader” para o período 2007-2013 e completar o pago porun importe de 800.000 eurosás iniciativas postas en mar-cha durante 2015.

A clausura desta etapa re-alizouse a mediados de de-cembro no telecentro deMelisanto cun encontro noque participaron todos os pro-motores e promotoras querecibiron algunha subvenciónao abeiro deste programa nosúltimos cinco anos. Á reuniónacudiron preto de 50 persoasque aproveitaron para debater

e propoñer ideas de cara aonovo período 2014-2020 doPlan Leader, cuxas bases e

dotación orzamentaria seagarda que sexan publicadasproximamente.

O Pazo de Congresos e Expo-sicións acollerá a fin de se-mana do 20 e 21 de febreirounha nova edición do Mer-camelide, que chegará naquenda de inverno con algun-has novidades para consumi-dores e visitantes.

A organización, que inte-gran o Concello e a asociacióncomarcal de empresarios(Asetem), decidiu introduciralgúns cambios no que ás acti-vidades complementarias serefire para manter o atractivodeste evento comercial, quevai xa pola 17ª edición. “O quequixemos facer foi conservar aesencia da feira, que está fun-cionando ben, pero introducirun pequeno sopro de airefresco para que a xente queacuda atope cousas diferen-tes”, explica Manuel Vázquez,presidente da patronal.

Rosquillas de MelideUnha das principais novidadesestá na oferta gastronómicaque tradicionalmente acom-paña a edición de inverno do

A variedade segue a ser a principal aposta do Mercamelide

Mercamelide busca reactivarse connovos atractivos para a clientela

Mercamelide. A filloeira deLestedo, presente nos últimosanos, dará paso ás rosquillasde tixola, que serán repartidasde xeito gratuíto entre todas aspersoas que presenten un tíc-ket de compra. Con esta inicia-tiva a organización pretende,por unha banda, darlle cabidaaos negocios de repostería davila e por outra poñer en valorun produto típico de Melideque se está perdendo.

Sorteo de vales de compraOutro dos cambios afecta aosagasallos sorteados durante afin de semana entre os clientesda feira. Neste caso, as cestascon produtos de alimentacióndarán paso a vales de compra,cun valor aínda por determi-

nar, que os premiados pode-rán empregar en calquera doscomercios participantes noMercamelide. Sortearanse tresvales ao longo desa fin de se-mana e a maiores, como colo-fón, un premio maior de 500euros. tamén está confirmadoque haberá actividades deanimación infantil na tardedo sábado.

Non haberá variacións noque á oferta comercial serefire. A falta de que peche oprazo de inscrición o próximodía 5 de febreiro, agárdase aparticipación de máis de 30comercios de sectores varia-dos. “Coma sempre, no Mer-camelide poderase atopar detodo e a bo prezo”, destacaManuel Vázquez.

A feira de saldosdará protagonismoá repostería local eincluirá cambios nosorteo de agasallos

LIÑAS DE AXUDAS E SUBVENCIÓNSA PARTICULARES PARA O ANO 2016

Para a factura eléctricaA Xunta de Galicia habi-litou unha liña de axudaspara subvencionarlle parteda factura eléctrica ás fa-milias cuxos ingresos totaisnon superen 1,5 veces oIPREM (9.585 euros/ano)e das que formen partemenores ou discapacitados(grao maior do 33%). Pó-dense beneficiar dela todasas persoas que convivancon menores de 18 anos oudiscapacitados. O prazo desolicitude remata o 31 dexullo de 2016.

Para renovar fiestrasExiste unha liña de axudasdestinadas á rehabilitacióndos ocos acristalados dasfachadas, tanto no refe-rente ao acristalamentocomo aos marcos, co fin demellorar a eficiencia ener-xética de edificios e casas econseguir un maior aforroeconómico. As solicitudesdeben facerse na empresaque vaia instalar as fiestras,que previamente se ten queter dado de alta como “en-tidade colaboradora”. Estasubvención poderase soli-citar a partir do 1 de marzoe ata o 30 de setembro. Aaxuda máxima será de3.000 € por vivenda e

50.000 € por edificio.

Para renovar tellados As axudas para renovar cu-bertas con tella cerámicapoderán solicitarse entreo 20 de xaneiro e o 20 deabril. Están dirixidas a par-ticulares e comunidades depropietarios, sempre quea actuación se realice envivendas ou edificios devivenda colectiva e edifi-cacións anexas da súa titu-laridade. A axuda cobre o40% dos custos totais, queserán como máximo 55 €por metro cadrado.

Para renovar fachadasUnha subvención moi si-milar á anterior é a dirixidaa fomentar a rehabilitacióncon granito das fachadasde edificacións. Con estasaxudas quérese contribuíra embelecer o tecido cons-trutivo galego cun materialde fácil colocación e res-pectuoso co ambiente á vezque se mellora a eficienciaenerxética. Pódese solicitarentre o 20 de xaneiro e o20 de abril. En caso de serconcedida, cubrirá o 40%dos custos totais, que seráncomo máximo 12.000€ porvivenda illada e 40.000 €por edificio de vivendas.

ANTONIO DIETER MOURE, ELIXIDONOVO PRESIDENTE DA CEG

Antonio Dieter Moure, em-presario ourensán do sectorda formación, será o novopresidente da patronal ga-lega. A súa candidatura im-púxose por 102 votos contra92 á presentada por JoséManuel Pérez Canal naseleccións que recentementecelebrou a Confederaciónde Empresarios de Galicia(CEG). O axustado doscomicios e a rivalidade dosdous aspirantes deixanunha patronal dividida eauguran un novo período

de inestabilidade no seo daCEG logo do controvertidomandato do anterior presi-dente, Fernández Alvariño.

O novo presidente daCEG, de 64 anos, é o pri-meiro profesor á fronte dosempresarios galegos. En1975 fundou en Ourense ocolexio Valle Inclán, uncentro privado de FP doque segue sendo director.Foi tamén presidente daFederación Ourensá debalonmán e fundador daFundación Mestre Mateo.

Algúns membros do GDR tras unha reunión no mes de setembro

Page 6: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

6 Empresa Cerne 120. Xaneiro 2016

PROMOCION DO EMPREGO AUTÓNOMO

beneficiarios: Desempregados inscritos noServizo Público de Emprego, que creen o seupropio posto de traballo como traballadoresautónomos, ou como membros de comuni-dades de bens ou sociedades civís de novacreación; e causen alta entre o 01/10/2015 eo 30/09/2016.Liñas de axuda:

a) PARA INICIAtIVAS DE AUtOEM-PREGO XUVENILMenores de 30 anos e causar alta entre o01/10/2015 e o 30/09/2016.Contía: 1200 € (sen investimento), coa obrigade manter a actividade 1 ano.

b) POLO EStAbLECEMENtO COMOtRAbALLADOR AUtóNOMO OU PORCONtA PROPIA.Requisitos: Investimento en inmobilizado ma-terial ou intanxible de como mínimo 3.000 €máis IVE, realizado entre os 3 meses anterio-res e os 6 meses seguintes ao inicio da acti-vidade, coa data límite do 20/12/2016.Contías: 5.000 € (desempregado xeral); 8.000€ (desempregado con discapacidade oupertencente a colectivos de risco de exclusiónsocial); e 10.000 € (mulleres desempregadascon discapacidade ou pertencente a colectivosde risco de exclusión social).Obrigas: Exercer a actividade 2 anos.Prazo de solicitude: Ata o 29/02/2016 (Estasliñas son incompatibles entre si).

PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓ-NOMO DAS PERSOAS INSCRITAS NOSISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA

XUVENIL (SNGX)beneficiarios: Persoas novas inscritas noSNGX, que creen o seu propio posto de traba-llo como traballadores autónomos, ou comomembros de comunidades de bens ou socie-dades civís de nova creación; e causen altaentre o 01/10/2015 e o 30/09/2016.Liñas de axuda:

a) SUbVENCION PARA INICIAtI-VAS DE AUtOEMPREGO XUVENILtraballador por conta propia que cause altaentre o 01/10/2015 e o 30/09/2016, sempree cando estea de alta na data da solicitudeda mesma.Contía: 1200 € (sen investimento), coa obrigade manter a actividade 1 ano.

b) SUbVENCIóN POLO EStAbLE-CEMENtO COMO tRAbALLADOR AUtó-NOMO OU POR CONtA PROPIA.Con investimento en inmobilizado materialou intanxible de como mínimo 2.000 €, senincluír o IVE, realizado entre os 3 mesesanteriores e os 6 meses seguintes ao inicio daactividade, coa data límite do 20/12/2016.Contías: 7.500 € (mozo); 8.000 € (moza); e10.000 € (persoa nova con discapacidade oupertencente a colectivos de risco de exclusiónsocial).Obrigas: Exercer a actividade 2 anos.Prazo de solicitude, para ambas liñas: Ata o30/09/2016. Estas liñas de axuda son incom-patibles entre si.

MELLORA DA IMAXE, MODERNI-ZACIÓN, ESTABLECEMENTO DENOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE

COMERCIALIZACIÓNbeneficiarios:.- Comerciantes retallistas, cuxo epígrafe deactividade figure na orde da convocatoria daaxuda..- titulares de obradoiros artesanais inscritosno Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e quefagan uso da marca Artesanía de Galicia..- Federacións de comerciantes e as asocia-cións profesionais de artesáns.Actuacións subvencionables:

1.- Para comerciantes retallistas:.- Acondicionamento do local comercial. .-Mellora da imaxe exterior e adquisiciónde moblaxe e equipamento para a superficiede venda.

2.- Para os titulares de obradoiros

artesanais:.-Sistemas de etiquetas intelixentes que completen o envase conmáis información.

3.- Para comerciantes retallistas e titulares de obra-doiros artesanais:.- Ferramentas ou programas informáticos de xestión doestablecemento e deseño de produtos..- Desenvolvemento e implantación de sistemas de empa-quetado e etiquetaxe..- Novos sistemas de comercialización que combinen o comer-cio online e offline, así como implantación de páxinas webcon tenda online e pasarela de pagamento..-Páxinas web comerciais..-Novos sistemas de comercialización e información ao consu-midor, mediante utilización das redes sociais para a venda.Contía: 40% do investimento subvencionable para os gastosde acondicionamento de local e moblaxe, e o 50 % para o restodas actuacións con límites máximos en todas as partidas. As actuacións deben ser realizadas e pagadas entre o01/01/2016 e o10/10/2016. Prazo: Dende o 18 de Xaneiro ata o 18 de febreiro de 2016

REMUDA COMERCIALbeneficiarios: Comerciantes retallistas, que teñan como mí-nimo 64 anos, que exerzan a actividade de forma ininterrom-pida nos últimos 10 anos, estean de alta en autónomos e quena idade ordinaria de xubilación se teña o período mínimoesixido para poder ter dereito á pensión de xubilación. Débesedesignar a unha persoa física continuadora da actividade, quetamén será beneficiaria da axuda.Contías:.-transmisores que teñan a idade de xubilación: 800 €..-transmisores que non teñan idade de xubilación: 800€/mensuais dende o mes seguinte á resolución de concesiónata o último mes en que cumpran a idade de xubilación, abo-nados nun pagamento único..-Adquirentes do negocio comercial: 2.000 €Os transmisores beneficiarios quedarán coa obriga de cotizará Seguridade Social, no caso de que deba cubrir o períodomínimo de cotización establecido.Prazo: Ata o 31/08/2016.

CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

beneficiarios:.- traballadores autónomos ou profesionais, pola primeira con-tratación indefinida durante o seu primeiro ano de actividade,con unha persoa desempregada..- traballadores autónomos ou profesionais, pola segundae terceira contratación indefinida nos tres primeiros anos deactividade, con persoas desempregadas.Contías, para contratacións a xornada completa:.- Entre 4.000 e 6.000 €, pola primeira contratación in-definida..- Entre 5.000 e 7.000 €, pola segunda e terceira contrataciónindefinida.Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o01/10/2015 e o 30/09/2016.Prazos de solicitude: .- Contratacións realizadas entre o 01/10/2015 e o 30/12/2015,prazo de solicitude ata o 29/02/2015..- Contratacións realizadas dende o 31/12/2015, o prazo de so-licitude será ata o último día do segundo mes seguinte á datade inicio da contratación (prazo máximo, ata o 30/09/2016).Obrigas dos beneficiarios, entre outras: Manter ditas contra-tacións 2 anos.

SUBVENCIÓNS

Page 7: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Publicidade 7Cerne 120. Xaneiro 2016

Page 8: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

8 Empresa Cerne 120. Xaneiro 2016

RADIOGRAFÍA DO SECTOR EMPRESARIAL DA COMARCA (I)O xornal Cerne inicia co primeiro número de 2016 unha serie de publica-cións a través das que, nos vindeiros meses e mediante datos estatísticos,tratará de achegarlle aos lectores a realidade do tecido económico comarcal.

Baixo o título Radiografía do Sector Empresarial da Comarca, esta sec-ción, realizada en colaboración co Servizo de Orientación Laboral do Con-cello de Melide, comezará afondando na natureza do sector empresarial.

Segundo os últimos datos pu-blicados polo Instituto Galegode Estatística (IGE), na co-

marca da terra de Melideexisten 1.044 empresas, dascales 717 (68,7%) pertencen

Os escaparates de moitas dastendas de Melide non só des-tacan estes días polos atracti-vos prezos das rebaixas, senóntamén por convertérense tem-poralmente en galerías quedan cabida a pequenas obrasde arte elaboradas tamén porpequenos artistas. Son as cre-acións que durante o Nadal re-alizaron os nenos e nenas de

OS CATIVOS DEBUXAN OPEQUENO COMERCIO

educación infantil e primariados tres colexios da vila e nosque a través da imaxe, da cor e

das letras expoñen a súa visióndo pequeno comercio local.

Estes debuxos, que irán ro-

tando polos escaparates docasco urbano ata finais do mesde febreiro, son o resultado

dunha iniciativa posta enmarcha por Asetem, en cola-boración coas Anpas dos trescentros educativos, coa que sequere concienciar aos máis ca-tivos sobre a importancia dopequeno comercio. Para iso,ademais dos debuxos, entre-góuselles unha ilustración di-dáctica na que, baixo o lema“mercar no pequeno comercio

fainos grandes”, selles explicaba o que éo comercio de proxi-midade, as súas van-taxes e as principaisameazas que ten naactualidade.

O traballo benfeito terá a súa re-compensa, pois encoincidencia coa ce-lebración do Merca-melide de inverno,os días 20 e 21 de fe-breiro, faráselle en-trega de cadanseuagasallo a todos oscativos que realiza-ron un debuxo. Conesta iniciativa Ase-tem colabora por se-gunda vez coasAnpas na promocióndo comercio local.

Industria

EMPRESAS POR CONDICIÓN XURÍDICAPersoas físicas

Sociedades anónimas

Socs. Resp. Limitada

Cooperativas

Outras

TOTAL

124

8

208

5

699

1.044

EMPRESAS POR Nº DE ASALARIADOSSen asalariados

De 1 a 2 asalariados

De 3 a 5 asalariados

De 6 a 9 asalariados

De 10 a 19 asalariados

De 20 a 49 asalariados

13

25

96

224

682

4

EMPRESAS POR ACTIVIDADE

Construción Servizos

99 228 717

ao sector servizos. O tradicio-nal peso do comercio e a pre-senza cada vez maior denegocios de hostalería aso-ciados ao auxe do Camiño deSantiago fai que a inmensamaioría de empresas se con-centren nun sector caracte-rizado pola creación de em-prego estacional. Pola contra

a rama da industria, onde osempregos tenden a ser máisestables, só representa o 9,5%do total de empresas. Ligadasao sector da construción, etrala crise inmobiliaria, resis-ten 228 compañías, que re-presentan o 21,8%.

Outro dos datos destaca-bles que nos deixa a radiogra-fía do sector empresarial é aescasa capacidade que teñenos negocios da comarca paracrear empregos, tal e como sededuce do feito de que o65,3% das empresas (682)non teña ningún asalariado.tan só 17 (o 1,6%) ten máis de10 empregados e ningunhasupera os 50. Isto vén a indi-car que predomina a figura doempresario autónomo e dapequena empresa.

Estes datos van en conso-nancia coa natureza xurídica

dos negocios da comarca, quese acollen maioritariamenteá figura da “persoa física”, re-presentando un 66,9%. tan sóhai rexistradas 5 sociedadesanónimas. A fórmula das coo-perativas, promocionada nosúltimos tempos dende as ad-ministracións, semellou noncallar malia ser idónea parao medio rural. Supoñen o0,77% do total.

O conxunto de datos de-buxa un empresario autó-nomo do sector servizos e senempregados ao seu cargocomo o perfil tipo do empren-dedor na comarca. A tenden-cia a emprender na hostaleríae no comercio fai que se mar-xinen outras potencialidadesda comarca pero reflicte aomesmo tempo a solidez dosector terciario como creadorde riqueza e traballo.

Page 9: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Publicidade 9Cerne 120. Xaneiro 2016

Page 10: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

10 Publicidade Cerne 120. Xaneiro 2016

Campionato de tute na Cafetería Marta

Cantón de San Roque, 13 - MELIDE

Os reis da baralla2º 3º

MELIDENOVO PUB

Agardámoste!

Page 11: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Melide 11Cerne 120. Xaneiro 2016

Os amigos do alleo quixeronfacer o seu agosto en plenoNadal no polígono da Mada-nela. Segundo puido saber oxornal Cerne, nos dous últi-mos sábados do 2015 produ-círonse polo menos cinco rou-bos en diferentes naves doparque empresarial de Melide.

A maioría concentráronsena noite do sábado 26 ao do-mingo 27 sobre as dúas damadrugada. Esa era, candomenos, a hora que marcabanas cámaras de videovixilanciade Melisanto, que gravaron asmanobras de “dous mozos no-vos”, segundo explica o seuxerente. As instalacións dacooperativa foron obxecto deroubo, aínda que os cacos tansó levaron uns 50 euros enmoedas de cambio, non sen

O Nadal deixa unha vaga de roubosno polígono industrial da Madanela

antes romper “unha cristaleira,a caixa rexistradora e as pecha-duras dos caixóns”. O modusoperandi, baseado na forzabruta, leva ao responsables deMelisanto a pensar que osladróns “erans uns chapuzas”.

A mesma idea comparte apropietaria de Frutas Nati,onde entraron o sábado ante-rior, 20 de decembro, a golpede maza. “Rebentaron a portada entrada e a da oficina edespois foron directos arrincaro dispositivo da alarma”,comenta. A incidencia, nonobstante, foi detectada polacentral de alarmas, que llacomunicou aos propietariosdesta empresa de alimenta-ción e eles á súa vez á GardaCivil. Cando chegaron os axen-tes os ladróns xa fuxiran sen

chegar a roubar nada: “virondende fóra unha caixa negra edeberon pensar que era a caixaforte, pero era un regalo”.

Algo de mellor sorte corre-ron en Nutripor, outra das na-ves asaltadas, onde os ladrónsentraron pola ventá da oficinae “revolveron todo buscandocartos pero deixaron o mobi-liario intacto”, explica unhaempregada da compañía. Le-varon consigo o diñeiro queatoparon na caixa, que, se-gundo indica, “era unha canti-dade pequena porque nuncatemos moitos cartos”.

Weber Cemarksa taménfoi un dos obxectivos na ma-drugada do 27 de decembro.Non obstante os seus respon-sables cren que os ladrónseran “gente muy profesional”

Como mínimo resultaron afectadas as naves de cinco empresasOs ladróns foron gravados por cámaras de seguridade

Entre as naves afectadas está un almacén de froitas

e xustifícano polo xeito que ti-veron de burlar as “completas”medidas de seguridade destaempresa, que sufriu tres rou-bos nos vinte anos que levainstalada en Melide. “tene-mos detectores en todas lasestancias, sólo en la oficinahay 15”, explican dende estacementeira, “no sabotearonninguno pero se movieron pordentro sin hacer saltar lasalarmas”.

Consideran ademais que oscacos estiveron dentro dasinstalacións “mucho tiempo”

e que tiñan por única intencio-nalidade “buscar dinero”. Le-varon “una pequeña cantidad”e o bote dunha peña dos em-pregados. Polo demais nonfixeron ningún estrago e, se-gundo comentan dende WeberCemarksa, “ni siquiera tocaronun ordendor”.

Outra das naves afectadaspor esta vaga de roubos foi ade Jim Sports. Agora os em-presarios do polígono pidennovas medidas de seguridade,a maiores das individuais decada empresa.

O Concello de Melide apro-bou, cos votos a favor do PPe en contra de bNG e PSOE,os orzamentos municipaispara 2016, que ascenden a6.266.971 euros e experimen-tan un incremento do 13,8%(764.014 euros) con respectoao exercicio económico do anoanterior.

O concelleiro de facenda,Luis Arias, asegurou durantea súa intervención que as con-tas “seguen a mesma liña deactuación ca na pasada lexis-latura” e terán na contencióndo gasto unha das principaisdirectrices, xa que “deu un boresultado e permitiu que a re-alidade económica do Conce-llo mudara notablemente conrespecto a 2011”. Nese sentidopuntualizou que “agora opunto de partida é moito máisfavorable” e aludiu á reduciónda débeda bancaria, que pa-sou de 2.492.204 euros haicatro anos a 787.783 eurosna actualidade.

Arias tamén fixo fincapé

no “esforzo inversor” dos or-zamentos deste ano, que con-templan 951.953 euros parainvestimentos, o que supón448.766 euros máis ca noexercicio anterior. Por outrabanda destacou que o orza-mento contempla a contrata-ción de dúas prazas de auxiliaradministrativo, outras dúasde educadoras para a escolainfantil, unha de conserxe eoutra de persoal eventual,ademais das da Policía Local.

Falta de proxectosAs contas non convenceron aningún dos dous partidos daoposición. Os concelleiros dobNG coincidiron co equipo degoberno en que os orzamentos“van na mesma liña ca os an-teriores”, algo que para elessignifica que “non son axei-tados para avanzar”.

O voceiro dos nacionalis-tas, Xosé Igrexas, argumentouo seu voto en contra alegandoque falta un proxecto políticode futuro detrás dos números:

“un orzamento non só é xes-tionar gastos e servizos, haique facer programas para odesenvolvemento do pobo,con proxectos e cantidadesconcretas. Diso non hai nada”.

Igrexas tamén apuntou queo Concello só destina 127.288euros de recursos propios a in-vestimentos e que a cifra total“sería menor cá doutros anos”se non fose polas achegas daDeputación a través do Plande Obras e Servizos.

Pola súa banda, o PSOEpuxo en dúbida que se vaiancontratar todas as prazas orza-das: “as da Policía Local levananos nos presupostos e nuncase executaron”, recriminou oconcelleiro José AntonioPrado. O edil socialista taméncriticou que “non se tome máisen serio a emerxencia social”e non se incrementen as parti-das económicas neste capítulopara posibilitar que sexan osprofesionais e non voluntarios“os que axuden a quen máis onecesita”.

Aprobadas as contas post crise cunaumento do 14% e máis investimento

INVESTIMENTOS PARA 2016 AOS QUE O CONCELLO DESTINA RECURSOS PROPIOS

Remate Casa da Cultura

Saneamento e abast. auga

Infraestruturas

Admón. xeral (edificios)

Admón. xeral (informática)

Instalacións cultura

Iluminación pública

45.279 €

8.000 €

10.080 €

15.000 €

15.729 €

16.400 €

6.000 €

Ferramentas e sinais tráfico

Mobiliario urbanismo

Instalacións Radio Municipal

Instalacións Turismo

Mobiliario Centro Social

Mobiliario Escola Infantil

Equipos órganos de goberno

3.000 €

500 €

500 €

500 €

1.500 €

1.500 €

300 €

Instalacións deportes 3.000 €

TOTAL RECURSOS PROPIOS 127.288 €

Page 12: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

12 Melide Cerne 120. Xaneiro 2016

As fortes borrascas coas quecomezou o ano non só trouxe-ron chuvia ás terras de Melide,senón que tamén deixaron enevidencia o mal funcionamentoda súa rede de saneamento edestaparon numerosos puntosonde as augas fecais escapan acalquera proceso de depura-ción e campan ás súas anchascamiño do río Furelos.

Uns dos principais focosde contaminación atópase naestación de bombeo próximaá aldea de Furelos, situada aescasos 150 metros da depu-radora municipal e na queconflúen tanto augas pluviaiscomo fecais. Incapaz de proce-sar todo o volume de residuos,estes rebordaron as arquetas eforon parar directamente aocauce fluvial, 20 metros máisabaixo, nunha zona habilitadapara a pesca. Non é a primeiravez que se produce un fenó-meno similar, pois xa o anopasado houbo un episodio pa-recido na estación de bombeopróxima ao instituto da vila,contaminando nese caso o ríoMartagona.

Outro dos focos de conta-minación está xusto a carón daplanta de depuración, onde osresiduos anegaron por com-pleto o camiño de terra queconduce ata ela procedentesde canalizacións en desusoque conectaban coa antigadepuradora. Non é todo: na aldea de Furelo pódense ver re-xistros emitindo directamenteao río e o parque empresarialalberga outro foco de conta-minación. Á espera de que se

Eivas na rede de saneamentoprovocan vertidos fecais ao Furelos

Augas fecais saíndo dunha estación de bombeo cara ao río

Rexistro emitindo residuos directamente ao río en Furelos

execute o proxecto para ca-nalizar os residuos á estacióndepuradora, augas pluviaise industriais conflúen paradesembocar no Rego de Vi-mianzo, nos límites dos con-cellos de Melide e Santiso.

O bNG de Melide, que sefixo eco dos vertidos, respon-sabiliza ao Partido Popular

desta situación, que atribúetanto “á pésima xestión naárea de infraestruturas” comoá redución de investimentos.“É lamentable que isto se pro-duza xusto ao carón da depu-radora e xunto ao río sen queo goberno local faga nada”,denuncia o concelleiro nacio-nalista Xosé Igrexas.

Por que o río Furelos se desbordacon tanta facilidade?

A primeira cadea de borras-cas do inverno trouxo denovo unha estampa coñe-cida para a veciñanza de Me-lide: a do desbordamento dorío Furelos, que ten semprea súa imaxe máis icónica naárea recreativa do mesmonome completamente aso-lagada polas augas.

tal se produciu o pasado7 de xaneiro, despois de seisdías de chuvia consecutivosnos que, segundo os datosda estación meteorolóxicasituada no Meire, se rexis-traron en total 155 litros pormetro cadrado. Sendo estaunha cantidade de precipi-tacións abondosa, cómpredestacar que só un día, pre-cisamente o 7 de xaneiro, sesuperou o límite a partir docal se establece a alerta ama-rela por chuvias: 40 litrospor metro cadrado. Caeron,en concreto 48,8. Esta can-tidade queda lonxe dos 70,6que caeron ese mesmo díaen Arzúa ou dos 116,5 que se

recolleron en Santa Comba.Xa que logo, que é o que

explica que o río se desbordecon tanta facilidade? O pre-sidente da Asociación detroiteiros Río Furelos, Xa-vier Pazo, apunta a que é unrío no que o caudal varía comoita facilidade: “igual quesobe rápido, baixa rápido”, adiferenza do que acontececon outros como o Pambreou o Iso “que tardan moitoen desbordar pero despoistamén lles leva días baixar”.Por outra banda Pazo sinalaque o Furelos ten moitosafluentes e destaca que é “unrío moi caudaloso”. De feito,é o segundo despois do Sarque maior caudal lle aportaao río Ulla.

Segundo Pazo as precipi-tacións fixeron subir o Fure-los ao seu paso pola árearecreativa 1,5 m. sobre o seucauce pero aínda lle faltou“subir outro tanto” paraacadar a súa altura récorde chegar ata a estrada.

A auga chegou ata o aparcadoiro da área recreativa

CANDO CHOVE BAIXO CUBERTO

Ximnasio do CEIP nº 1 asolagado tras un día de fortes chuvias

Varias instalacións municipaisvíronse afectadas por goteirase filtracións nas últimas sema-nas. Entre elas está o ximnasiodo CEIP nº 1, cuxo pavimentoquedou cuberto pola auga nasúa práctica totalidade logodun día de intensas chuvias du-rante as vacacións de Nadal.

O bNG saíu ao paso destaincidencia para apuntar que“os recortes conlevan perigospara os nosos fillos e fillas” epara recordar que “non é a pri-meira vez que xorden queixaspolo abandono e falta de man-

temento ó que ten sometidoo Concello as instalacións mu-nicipais”. Ao mesmo tempodenunciaron a existencia degoteiras no parque infantil doPazo de Congresos.

tamén o PSOE sacou á luzas filtracións de auga que seproducen na entrada do cen-tro de saúde e no edificio derehabilitación cando chove,algo que ao seu xuízo “ponen risco a usuarios e persoalsanitario”. Por outra bandainciden en que “cada vez quechove” unha gran poza de

auga dificulta o acceso ao cen-tro educativo da Martagona. Ovoceiro dos socialistas, JoséAntonio Prado, carga as tintascontra a alcaldesa e consideraque “antepoñer algunhas in-tervencións improvisadas ediscutibles a necesidades deactuación urxente non é xeitode responder á responsabi-lidade de goberno”.

Dende o executivo localsosteñen que as filtraciónsforon froito “da propia inten-sidade da choiva” e negan faltade mantemento nas instala-

cións. A alcaldesa, Dalia Gar-cía Couso, pídelle “veracidade”á oposición e subliña que “fa-

cer política das inclemenciasmeteorolóxicas é unha acti-tude pouco seria”.

Page 13: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

En outubro de 2014 o xornalCerne informaba dunha pro-posta que acababa de chegaraos despachos da casa consis-torial para instalar en Melideun sistema urbano de calorque proporcionase calefaccióne auga quente a 1.200 viven-das da vila mediante a com-bustión de biomasa.

Quince meses despois oproxecto está preto de serunha realidade e depende tansó de que haxa o suficienteapoio social para que a Xuntarespalde economicamente oproxecto e poidan comezar asobras. De ser así, á volta domes de novembro a rede decalor xa podería prestar ser-vizo, segundo as estimación deMedancli S.L., empresa galegaespecializada en climatizacióne enerxías renovables que pro-move o proxecto. Deste xeitoMelide converteríase na pri-meira vila de Galicia en contarcunha rede de calor.

Co obxectivo de apurar ostempos e presentar o plan antea veciñanza, os responsablesda compañía trasladáronse ataMelide o pasado 15 de xaneiro,momento que aproveitaronpara iniciar unha recollida de

Recreación dunha sala de caldeiras con biomasa

O interese social determinará se saeadiante a rede de calor con biomasa

sinaturas que presentarán naXunta de Galicia: “é funda-mental que o pobo amose inte-rese, porque o investimento éelevado (2,2 millóns) e a admi-nistración quere estar segurade que sexa útil”, explicou Ra-fael Gómez Canoura, adminis-trador de Medancli S.L.

Durante a exposición pú-blica transcenderon nume-rosos detalles deste proxectoque trasladaría o calor ásvivendas a través dunha redede tubaxes de 6 km pola quecircularía auga quente dendeunha central térmica. Esta

construiríase a carón do insti-tuto e nela queimaríanse arre-dor de 48 toneladas semanaisde restos vexetais, un combus-tible “ecolóxico, económico egalego”, que sairía dos montesda comarca.

A instalación da rede de ca-lor con biomasa conta co apoiodo Concello de Melide, que veno proxecto unha oportuni-dade para facer do municipio“un referente de sustentabili-dade” e para “crear sinerxíasa nivel local, xerar empregoe fixar poboación”, sinalou aalcaldesa, Dalia García.

Melide 13Cerne 120. Xaneiro 2016

A audiencia provincial absolve aSocorro Cea polo accidente dun

operario municipal en 2009Socorro Cea, alcaldesa deMelide polo bNG entre osanos 2007 e 2011, foi ab-solta pola Audiencia da Co-ruña dun delito contra odereito dos traballadores edoutro de lesións por im-prudencia grave que pesa-ban sobre ela en relación coaccidente sufrido por unoperario municipal durantea súa etapa como rexedora.

A administración pro-vincial exime así a SocorroCea de toda responsabili-dade e decláraa inocentelogo de ter admitido a trá-mite un recurso presentadopor ela mesma contra o ve-redicto condenatorio que oXulgado do Penal número4 da Coruña ditara previa-mente, en febreiro do anopasado. Dita sentenza con-denaba á ex alcaldesa na-cionalista a 11 meses de

prisión e a outros tantosde inhabilitación.

Á hora de emitir o seufallo e revocar a condenaanterior, a Audiencia Pro-vincial tivo en conta que,antes de producirse o acci-dente laboral, o gobernoencabezado por Cea xa tiñaen marcha a elaboracióndun Plan de Prevención deRiscos Laborais, do que ataentón carecía o Concello.

O traballador acciden-tado, que xa non formaparte da plantilla muni-cipal, presentou taménquerela no seu momentocontra o daquela arquitectomunicipal e contra o encar-gado de obra. Solicitabaunha indemnización de215.000 euros que final-mente foi de 110.000 traschegar a un acordo coConcello de Melide.

A colonia do Camiño

FOTO-DENUNCIA

Os fitos de pedra do Camiño Francés están sendo obxecto derenovación dende o Cebreiro ata Compostela. trabállase paraque a ruta estea mellor sinalizada e para mellorar a súa estéticade xeito coherente. todo suma, pero o resultado sería máis efec-tivo se non se descoidasen aspectos básicos. Por facer unha com-paranza ruda: de nada vale botar colonia se non nos lavamos.Así é que sería interesante que o firme do Camiño valera paracamiñar sobre del. Se non é así, sempre se poden colocar sinaispara indicar rutas alternativas.

A Xunta de Galicia incremen-tará do 30 ao 50% a bonifica-ción daquelas parcelas dopolígono industrial “con di-mensións irregulares, peoraproveitamento e máis dificul-tades de venda”.

Ese é o compromiso que, apetición da alcaldesa de Me-lide, Dalia García, adquiriu atitular da Consellería de Infra-estruturas durante unha re-cente visita a Melide. EthelVázquez evitou concretar polomomento cantas das 13 parce-las que aínda quedan sen ven-der se acollerán a ese descontoextraordinario pero amosouseconvencida de que esta me-dida “fomentará a actividadeeconómica e creará emprego”.

A conselleira tamén mani-festou que “sempre e cando seacredite demanda” o seu depar-

A conselleira e a alcaldesa visitaron a remodelada Rúa San Antón

As parcelas do polígono “con peoraproveitamento” custarán a metade

tamento traballará para am-pliar o polígono unha vez quese vendan todas as parcelas.

Mentres iso non suceda,os esforzos centraranse, tale como indicou a rexedora

melidá, “en complementar asegunda fase con novos servi-zos para atraer a máis em-prendedores”. O ano pasadoinvestíronse 150.000 eurosna renovación das vías.

Page 14: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

14 Comarca Cerne 120. Xaneiro 2016

Pontegadea, a sociedade deinvestimentos de Amancio Or-tega, centrada principalmenteen operacións no sector inmo-biliario, acaba de dar o saltoá actividade forestal. A firmapatrimonial do segundo homemáis rico do mundo está in-mersa nun proxecto para ocultivo de castañas no concellode Sobrado dos Monxes.

Hai poucas semanas queAmancio Ortega inxectou 1,2millóns de euros en SobradoForestal 2014, unha sociedadeparticipada por Pontegadea, obrazo inversor do magnate ga-lego, para poñer en marcha unproxecto forestal para a pro-dución de castaña autóctonagalega. Será “un referente ensustentabilidade económica,medioambiental e un modelode innovación”, segundo expli-can dende Pontegadea, “noque se aplicarán as técnicasmáis avanzadas no cultivo eaproveitamento do castaño”.

Amancio Ortega merca monte enSobrado para o cultivo de castañas

A sociedade, creada en xu-llo de 2014 cun capital de3.000 euros e obxecto socialde explotación agrícola, fores-tal, gandeira, avícola e pecua-ria de fincas rústicas, bota asía andar tras un ano de defi-

nición do proxecto que supuxoa compra de 100 hectáreasde terreo no municipio deSobrado. A zona foi elixidapola relativa proximidade aArteixo e fundamentalmentepolas condicións agroforestaisda contorna.

O investimento non tenprecedentes, pois ata agora amaior parte dos investimentosde Pontegadea producíronseno sector inmobiliario coa

Adquiriu a travésde Pontegadea

100 has. de terreonas que plantará

castiñeiros galegos

compra de edificios nas prin-cipais capitais do mundo.

Amancio Ortega semellater tomado en serio o pro-xecto. De feito o pasado 15de decembro situou como ad-ministrador único de SobradoForestal 2014 a José ArnauSierra, a súa man dereita,máximo responsable de Pon-tegadea e vicepresidente deInditex. Aínda que non haiprazos, dende Pontegadeaagardan que o proxecto poidaser presentado en sociedadenuns meses.

O interese do empresariocoruñés polo sector forestalnon é novo. Dende 2007 Indi-tex colabora coa Xunta de Ga-licia no Proyecto terra para aprotección e mellora xenéticadas principais especies fores-tais. A castaña galega está a tercada vez maior proxección eanualmente expórtanse dendeGalicia a todo o mundo entre15.000 e 20.000 toneladas,cun valor estimado de entre30 e 40 millóns de euros.

O Ministerio de Fomento deu-lle un novo empuxón á Auto-vía A-54 ao seu paso polacomarca ao sacar a concursocon tan só catro días de dife-renza as obras dos tramos Ar-zúa-Melide e Melide-Palas deRei.

Para o primeiro dos tra-mos, cunha lonxitude de 16,4quilómetros e un trazado pa-ralelo á actual estrada N-547,o orzamento estimado é de157,58 millóns de euros. Nocaso do segundo (Melide-Pa-las), con 11,7 quilómetros delonxitude, o presuposto esti-mado ascende a 121,66 mi-llóns. No seu conxunto estesdous trazados terán 13 viadu-tos, 6 pasos inferiores, 4 supe-riores e un muro de conten-

O pasado mes de outubro abriuse o tramo entre Palas e Guntín

Fomento saca a concurso os doustramos da A-54 entre Arzúa e Palas

ción. Para acceder a eles habi-litaranse seis enlaces.

Nos Presupostos do Estadopara 2016 Fomento reservacase 20 millóns para os doustramos centrais da A-54 epreto de 24 para intentar re-matar en 2017 as obras entreLavacolla e Arzúa. Non obs-tante, o plan de previsiónscontempla pagos ata o ano

2020, o que indica que a au-tovía non estará lista na súatotalidade ata que remate adécada. Coa apertura á circu-lación o pasado mes de outu-bro do tramo Guntín-Palas,están operativos a día de hoxe47 quilómetros de percorrido,xusto a metade dos 94 totaisque terá a autovía entre Lugoe Santiago.

Suman 28,1 km eteñen un orzamentoestimado próximo

aos 280 millóns

Antes do verán farase efectiva a entrega de títulos da concentra-ción parcelaria de Maceda-Orois, en Melide. Este foi o compro-miso asumido pola conselleira do Medio Rural, ÁnxelesVázquez, do alcaldesa de dito municipio, Dalia García, no trans-curso da xuntanza de traballo que mantiveron o 14 de xaneiro. No encontro tamén abordaron a posta en valor dos montes deMelide e a conselleira comprometeu o seu apoio para organizarunha charla informativa sobre plantación de castiñeiros nosterreos forestais e creación de Sociedades de Fomento Forestal(Sofor). Por outra banda a rexedora melidá aproveitou a xun-tanza para solicitar unha motobomba e reforzar así o servizomunicipal de loita contra os incendios.

Veciños de Melide terán noverán os títulos da parcelaria

A conselleira A. Vázquez coa alcaldesa de Melide, Dalia García

RAFAEL DANIELEL ECONOMISTA.ES

Deixan sen médico durante dousdías o centro de saúde de Toques

Os veciños e veciñas de to-ques non tiveron que agar-dar á chegada dos reismagos para recibiren sor-presas. A primeira do anoatopárona o día 4 de xa-neiro cando acudiron polamañá ao centro de saúde ecomprobaron que non ha-bía médico na consulta.

Lonxe de ser un misteriode difícil resolución, o queaconteceu foi que o profe-sional titular colleu unhabaixa médica da que o Ser-vizo Galego de Saúde (Ser-gas) non tivo coñecemento,motivo polo que non enviouningún substituto. Esta é aexplicación que obtivo o al-calde de toques, José ÁngelPenas, tras recibir as quei-xas da veciñanza e comezara realizar chamadas e moverfíos para tratar de emendara situación.

O rexedor, que pon endúbida os argumentos ofre-

cidos dende a Xunta, critica“a desinformación total”que envolveu todo este epi-sodio e laméntase polaprecariedade crónica á queestán sometidos os conce-llos pequenos no que a pres-tación de servizos básicosse refire: “se non chegamosa mobilizarnos, aínda esta-ríamos sen médico a día dehoxe”, asegura.

Finalmente foron dousos días nos que o servizo deconsulta estivo interrom-pido, suficientes para cau-sar importantes molestiasa moitos dos veciños, quemesmo tiveron que acudirao servizo de urxencias deMelide para facer receitasde medicamentos dos quenon podían prescindir. Ou-tros non puideron renovaros partes de baixa e moitosvíronse na obriga de cance-lar citas que xa tiñan pro-gramadas.

La Voz de Galicia

Page 15: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Comarca 15Cerne 120. Xaneiro 2016

O goberno local de Santisoaproveitou a visita institucio-nal que a vicepresidenta da De-putación, a nacionalista GorettiSanmartín, fixo ao municipio opasado día 19 para solicitar fi-nanciamento de cara a realizaractuacións en diversos eidos.

Unha das prioridades quelle trasladou á mandatariaprovincial foi a necesidade deconstruír dúas sendas peonís:unha entre Arcediago e Choréne outra para comunicar Visan-toña e Ribadulla, peticiónque obedece a “unha vella de-manda dos veciños dende quese arranxou a estrada”, expli-cou o alcalde, Manuel Adán. Orexedor tamén instou á vice-presidenta a facer seu o com-promiso adquirido polo ante-rior presidente popular da De-putación, Diego Calvo, co quese acordou adquirir unha palaretroescavadora para uso con-xunto entre Santiso e Melide.

Por outra banda, o execu-tivo local entregou un dossiercos proxectos culturais para

Membros dos tres partidos coa vicepresidenta da Deputación

Santiso solicita financiamento daDeputación para dúas sendas peonís

os que precisa financiamento,facendo especial fincapé nabanda e na Escola de Música.Dende a oposición, a con-celleira popular Matilde Palla-res, tamén presente no encon-tro, aproveitou para pedir“que se lle bote unha man” áruta de sendeirismo de PenaUlla que, cos seus 20 km entrea Pontenova e o límite conArzúa, está rematada peropendente de homologar.

Na súa intervención Goretti

Sanmartín incidiu en que aDeputación prestará “especialatención” aos pequenos conce-llos porque “os veciños teñenque ter os mesmos dereitos eos mesmos servizos ca os queviven nas cidades”, dixo. Nestamesma idea insistiu hai poucomáis dun mes en toques, aonde se desprazou para asinarun convenio de colaboraciónco Concello para o financia-mento, con 227.972 euros, dasobras en Prados (Paradela).

Page 16: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

16 Publicidade Cerne 120. Xaneiro 2016

REBAIXAS

R/ San Pedro, 10

Tlf: 626 56 49 02

Moda infantil - PuericulturaComunión - Arras - Bautizo

Rúa Alexandre Bóveda, 11 - MELIDE - Telf.: 981 505 111

Integral de Publicidade Galega s.l.

MODA HOME - MULLER

Mercedes Abad LeónTfno.: 981 50 63 70 - 610 75 78 84

Rúa do convento, 1515800 MELIDE

Ronda de Pontevedra, 6115800 Melide (A Coruña)

Telf. 881 956 394

[email protected]@blogspot.com

Calzados

Ronda da Coruña, 24

Broz981 81 56 19

MELIDECamiño de Ovedo, 13981 50 51 60

MELIDE

Síguenos en

sisukasisuka

R/ San Pedro, 5 Tlf: 881 975 862

California 66

Rosaleda, 5

Tlf.: 687 776 436

Moda home-muller

Síguenos en

Page 17: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Publicidade 17Cerne 120. Xaneiro 2016

MELIDEMerécelas

REBAIXAS70%-Ata

ROUPA DE NENO/A 5 €a partir de

Ata o 31 deXANEIRO 30%- en

artigosde

REBAIXASDescubre os nosos grandes descontos!

C/ Martagona, 13 MELIDE981 50 79 64 - 662 55 11 [email protected]

Page 18: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

18 Publicidade Cerne 120. Xaneiro 2016

exÑÉáàxÜ•t exÑÉáàxÜ•t wx wx XÇàÜÉ|wÉXÇàÜÉ|wÉ

xÇ `xÄ|wxxÇ `xÄ|wx

Souto - TOQUES / Tfno.: 981 50 47 60

Tfno.: 981 50 78 [email protected]

Rúa Camiño de Ovedo, nº 615800 MELIDE (A Coruña)

R/ Novoa Santos, 32 - baixoTlfs.: 981 50 50 98 / 654 217 798

TAHONATAHONAFundada en 1930

Especialidad en:Empanadas - Ricos - Melindres - Rosquillas de sartén

Almendrados - Croissants - Pan de trigo del paísY otros productos de Carnaval (filloas, orellas, rosquillas...)

Avda. Habana, 7 - Telf. 981 50 51 27MELIDE (A Coruña)

Page 19: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Cultura e lecer 19Cerne 120. Xaneiro 2016

Patricia López e Arón Ayude,alumnos da Escuela Ayude deMelide, foron os dous únicostiradores galegos convocadospolo seleccionador nacionalde esgrima, Ángel Fernández,para participar na concen-tración coa que os mellores de-portistas españois na especiali-dade de espada prepararoneste Nadal as próximas probasdo calendario de competición.

No caso de Patricia Lópezachégase unha cita moi impor-

Patricia López competirá no mundial de espada

tante. Nada menos que ocampionato do mundo junior,que se celebrará o 30 dexaneiro en burgos, e para oque conseguiu clasificarse nasprobas do ranking nacional deMadrid, disputadas antes doNadal. Nese campionato ta-mén participou Arón Ayude,que conseguiu clasificarse noposto 19º de 140 deportistas,unha boa actuación que llevaleu a convocatoria do selec-cionador nacional.

O fútbol sala en Melide é máisca un deporte; é unha tradi-ción. Faise visible todos osanos en forma de tardes de ve-rán e pipas no polideportivomunicipal grazas ao torneo queorganiza dende hai máis detres décadas o CIRE. Agora aafección por este deporte tendende hai un par de mesesunha nova ilusión: o equipo defútbol sala feminino EscolasDeportivas Concello de Melide,integrado por once rapazas quemedraron xuntas xogando cobalón e que acaban de dar osalto á competición regrada.

Mais de 200 persoas asis-tiron á súa primeira vitoria nacasa, nun partido non aptopara cardíacos con remontadae triunfo final por 4-3 que fixovibrar as bancadas e contaxiouilusión. A mesma ilusión polofútbol que emana das xogado-ras e que souberon ver os seusproxenitores, quen decidirontomar a iniciativa “para darllesun empurrón e que sentisenese plus que dá competir”, ex-plica José María Valcárcel, paidunha das futbolistas. Así foicomo comezaron a mover fíospara que as súas fillas puidesencompetir, igual que facían osnenos das escolas deportivascos que compartían adestra-mentos, nun ámbito no que “acompetición é máis restrinxidana categoría feminina porquenon hai moitos equipos”.

É a hora do fútbol sala femininoMelide estréase na competición oficial cun equipo saído das

escolas deportivas e integrado por once rapazas

Pouco a pouco o proxectofoi collendo forma, coma unpuzzle que suma pezas e ben-feitores. A aventura axiña tro-pezou, como acontece con casetodo, co obstáculo económicoe aí foi onde entrou en xogo oConcello de Melide, que reci-biu con agrado a idea de crearun equipo de fútbol sala femi-nino e que se puxo “a dispo-sición para axudar no quepuidese”, sinala José María. Aadministración local correucos custos do equipamento edos traslados en autobús, quesuporían un gasto difícil deasumir para os pais malia se-ren poucos os desprazamentosque terán que facer en toda aliga: o equipo xoga en catego-ría cadete, que se disputa anivel galego e onde tan sócompiten sete formacións.

A ilusión, o equipamento eun autobús para desprazarsenon abondaban para un pro-xecto serio que requiría unadestrador propio. Chegadas aese punto apareceu un vellocoñecido, Fran, que puxo o seugran de area aceptando ades-trar ás rapazas dous ou tresdías á semana sen recibir nin-gún tipo de compensacióneconómica. “Xa as adestrarapara o torneo de verán e elasquedaron encantadas”, ase-gura José María, “a verdadeé que se involucra con elasun montón”.

Faltaba aínda a cuarta patapara darlle un sustento sólidoao equipo, que para poder ins-cribirse na Federación Galegade Fútbol precisaba o respaldodun club cun NIF e uns esta-tutos. E aí estaba para botarunha man o Melide FútbolSala, cuxo equipo masculinodeixou de competir hai tresanos pero cuxos estatutos va-leron de soporte para o novoproxecto.

Nesas brincadeiras que tena vida, cando os documentoschegaron á man de José MaríaValcárcel, descubriu nelesanotacións do seu puño e le-tra, de cando hai 23 anos eratesoureiro da directiva quefundou o Melide Fútbol Sala.Unha “sorpresa emotiva” quedúas décadas despois o fai soñar: “a miña aspiración comopai e como melidense é que odía de mañá este novo equipose chame Melide Fútbol SalaFeminino”.

Por diante queda un longocamiño pero non hai dúbidade que todas as persoas queforman parte deste proxectoxa levan moito ganado: “candorematan os partido imos todosxuntos tomar algo e xuntámo-nos 30 ou 35 persoas. Iso émoi bonito. Ganar tamén,pero facer amigos, convivir erelacionarse socialmente é oque ao final lle dá vida a unhapersoa”.

As xogadoras do Escolas Deportivas Concello de Melide, antes dun partido, co seu adestrador

José Ayude, Patricia López e o seleccionador nacional de esgrima

Page 20: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

20 Cultura e lecer Cerne 120. Xaneiro 2016

O pavillón polideportivo de Visan-toña, en Santiso, acolleu por pri-meira vez a Copa Deputación deKick boxing, na que participaronclubs de burela, Ribadeo, Cee,Cedeira, Lugo, Santiago, Ferrol,Vigo, Pontevedra, Poio, Lalín eMelide. tamén estiveron presen-tes os alumnos de Escuela Ayude,que conseguiron facerse con 5medallas de ouro, 4 de prata e 4de bronce. Cristina Cardeiro fíxoseco trofeo á mellor deportista.

SANTISO, CAPITAL PROVINCIAL DO KICK BOXING

A Escola de Música e bailetradicional Herba Grileiraestreou o ano cun novo pro-xecto: un festival infantilque celebrou a súa primeiraedición o pasado 3 de xa-neiro na Casa da Cultura deMelide e que, ademais dasactuacións a cargo do alum-nado, contou tamén coaparticipación de máis de 40cativos e cativas da agrupa-ción Falcatrueiros, de Mon-terroso.

I FESTIVAL INFANTIL DE HERBA GRILEIRA

O presidente da Asociación Cultu-ral Música no Camiño, FernandoVázquez Arias, asinou un conveniocoa Deputación da Coruña a travésdo cal a institución provincialachegará 52.000 euros paraapoiar o ciclo de concertos doprograma Música Lírica, desen-volvido pola Orquestra Sinfónicade Melide. En dito ciclo, ofertadoaos concellos, inclúense catro pro-postas entre as que destaca unprograma de música lírica galega.

APOIO PARA A ORQUESTRA SINFÓNICA

A Asociación de troiteiros“Río Furelos” convoca parao vindeiro 29 de xaneiroa súa XIII Asemblea XeralOrdinaria, na que se prevéaprobar os orzamentos parao ano 2016 e na que se pre-sentará o calendario deactividades a realizar nosvindeiros meses. tamén seestablecerá a cota de sociopara este ano. A cita será nosalón de actos do EdificioMultiusos ás 19:00 horas.

OS TROITEIROS CELEBRAN ASEMBLEA

Page 21: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Publicidade 21Cerne 120. Xaneiro 2016

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

HERDANZAS

Rúa de San Pedro, 1415800 MELIDE (A Coruña)Tlf: 981 50 54 68

JoyeríaOro Ley

Taller propio

Page 22: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

22 Colaboracións Cerne 120. Xaneiro 2016

Xosé Neira Vilas, o latexar do pobo (II)Percorrido pola obra

César C. Vega, investigadorFoi autor do poemarioDende lonxe (1958) e damiscelánea narrativo–poética Cantarolas econtos prá xente miúda(1975), en colaboracióncoa súa muller, AnisiaMiranda. Nela, inclúecontos de tradición orale poemas infantís quese deran a coñecer nosemanario infantilAxóuxere. tamén reali-zou numerosos librosde literatura infantil,entre eles O espantalloamigo (1971), O caba-liño de buxo (1971) e Decando Suso foi carteiro(1988).

No terreo narrativoescribiu numerosos li-bros caracterizados polariqueza fraseolóxica eléxica, na que salientao vocabulario concer-nente a obxectos e actividadesrurais, e pola sintaxe sinxelae de períodos curtos. Consonte

a clasificación temática deGonzalo Navaza (2000), pro-porcionaremos uns apunta-

mentos acerca daobra de Neira Vilas.

Por unha banda,temos tres narra-cións rurais con pro-tagonismo infantil.Memorias dun nenolabrego (1961)consta de dezasetecapítulos, con uni-dade narrativa com-pleta e autónoma,nos que un narradoren primeira persoaglosa vivencias per-soais da vida del naaldea. O enfoque crí-tico perfílase coa psi-coloxía de balbino,personaxe narradorque percibe a inxus-tiza social e a divi-sión entre a xenteacomodada e o pobo.Cartas a Lelo (1971)fórmase de vinte e

unha cartas dirixidas portoño, un rapaz da aldea debalbino, a un amigo emigrado

no brasil. Cada episodio fina-liza cunha lección moralizantee ten como destinatario os/asnenas/as. Aqueles anos doMoncho (1977) nárrase enterceira persoa durante deza-oito capítulos que se separanen dúas series mediante o ini-cio da Guerra Civil Española.

Por outra banda, as na-rracións rurais con prota-gonismo adulto nútrense detres obras: Xente no rodicio(1965), trátase de vinte relatosbreves relativos ó drama ruralmarcados pola desgraza (po-breza, prexuízos, impermea-bilidade social e violencia);A muller de ferro (1969), cuxaanécdota se caracteriza porcontar con simbolismo oualegoría ou por se achegará temática do absurdo, eQuerido Tomás (1980) repro-duce o monólogo da prota-gonista Sara, mestra dunhaaldea cercana duns cincuentaanos, desenvolvido en dousplanos temporais, o mes deagosto da década de 1970 ea mocidade.

Así mesmo, compútansenarracións ambientadas naemigración: Camiño brete-moso (1967), no que un vello

emigrante galego na Arxen-tina, solitario e con poucosrecursos, se dirixe a outrovello recordando a súa propiavida; Historias de emigrantes(1968), volume con dezaseisrelatos que recollen caracterese destinos persoais de emi-grantes; Remuíño de sombras(1973), noventa fragmentos dediferente extensión (brevesinstantáneas, treitos de artigosxornalísticos...) co obxecto deofrecer unha visión globaldunha realidade complexa evariada, e Tempo novo (1987),ambientado na illa de Cuba,singularízase pola experienciarevolucionaria e pola novarealidade social.

E, por último, as series deestampas breves Lar (1973),Nai (1980) e Pan (1986) foronrecollidas en 1993 no volumeCharamuscas. A primeira se-rie reúne textos breves queefectúan unha exaltación líricade escenarios e realidadesda cultura campesiña. Nasegunda patentízase a auto-biografía. A terceira, con trintae nove narracións, contén ins-tantáneas, escenarios ou re-tratos alusivos a un destinopersoal.

Incertezas na xeira da sobreinformaciónSantiago Prado Conde (Chago),

antropólogo

Albiscar no pasado recenteelementos que tornen a desi-lusión colectiva en novos xei-tos de recuperar o dinamismosocial parece alleo a aquilo queproxectamos cara o futuro.A sobreinformación á queestamos acostumados nestanova xeira que foi acuñada desociedade do coñecemento,da postmordenidade, do cibe-respazo ou da sociedade enrede, parece ser un dos ele-mentos máis recorrentes daanomia social. Constante-mente queixámonos das di-ficultades nunha especie deautodestrución anímica quenos leva cara o camiño daparálise. Isto pode deberse aque os vellos referentes xa nonson axeitados ou, mellor dito,estanse adaptando ao mundoactual e aínda non somos quende proxectar como nos guíannas novas forman que o capi-talismo está adoitando.

Sennett, nun magníficolibro de finais dos anos 90baixo o título A corrosión docarácter: as consecuenciaspersoais do traballo no novocapitalismo, xa expoñía queunha das principais mudanzasno novo capitalismo é que seestá eliminando a orde a longoprazo acadada na segunda me-tade do século XX por un novolema denominado “nada alongo prazo”. É dicir, o cambiocontinuo, a sobreoferta cons-tante de novos produtos, pen-sar que o acadado en materiade conquistas ou dereitossociais non poden garantirsepara o futuro, entre outras,xeran múltiples incertezas nunmundo que estaba pensadopara “toda a vida”. O benestarcolectivo que en datas pasadasse converteu na bandeirade moitos e no que existía,incluso, certa afinidade entreos distintos partidos políticos

adoita agora trazos melancó-licos de que algo está a mudare que nos queren arrebatarnunha especia de xogo neutralque se nos presenta como ne-cesario. Loxicamente, ao en-trar nunha espiral na que nonsomos quen de discernir oude articular discursos que setornen reflexivos debido aosexcesos da información, oscambios acelerados causansentimentos ambivalentes.tanto estamos no cumio daesperanza como rapidamentenos corroe o desalento antemudanzas que non somosquen de controlar.

Ante este reducido diag-nóstico da xeira actual, sus-cítanse novos elementos quepodemos facer nosos. Se mira-mos a tradición como o cú-mulo de subxectividades,atoparemos diálogo e novasformas cooperativas. Se temosen conta os erros do pasado,

poderemos cami-ñar pola sendada ilusión. E sedemandamos eacadamos cotasparticipativas ademocracia será,cando menos, autopía cara a quet e n d e r e m o s .Sexa como fose,o que parece ate-rrarnos candomiramos as diná-micas sociais éque de nós de-penderá que ar-tellemos unhasociedade na queo recoñecementodas pequenascousas da vidanos poden enca-miñar cara o terreo das posibi-lidades, do camiño a camiño,do pouco ao pouco e nos per-mitirán fuxir así das ópticasglobalizadoras do formatado edo sempre igual. Por iso, per-mítanme nomear aquí o librotratado para radicais. Manualpara revolucionarios pragmá-ticos de Saul Alinsky, que veu

a luz a inicios da década dos70, e as propostas enxeñosas,reais, creativas e legais querealiza para a acción colectiva,ademais duns principios quese achegan ao campo do hu-mor como unha forma deresistir e, quizais tamén, paraque o silencio non sexa vistocomo consentimento.

Anisia Miranda e Neira Vilas

Page 23: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

Entrevista 23Cerne 120. Xaneiro 2016

CONCHA CASARES MOZO, CASA ALONGOS

“Queremos que a xente se sinta comana casa cando veña comer aquí”

Dentro da definición poliédrica que se podería facer de Casa Alongos des-taca a coherencia, esa que leva a reflectir nos seus menús e nos seus pratosa filosofía e o xeito entender o mundo de quen o rexe no día a día; ConchaCasares e Fran Lugrís. Produtos “auténticos e naturais” con orixe galega

constitúen a base dunha cociña tradicional e “da casa” que busca cons-tantemente a innovación, facendo desta tapería un sitio distinto. Situadaao pé do Camiño de Santiago, Casa Alongos é tamén un negocio “abertoao mundo” polo que transcorren emocións e anécdotas compartidas.

“A gratitude docliente despoisde probar algo

que ten bo saboré para nós moi

importante”

“Non tratamosde facer pratos

sofisticados, senón de usarprodutos da

zona e naturais”

- Estará de acordo comigoen que o seu local é unestablecemento diferente.-Concha Casares (C.C.):Supoño que é un establece-mento como moitos outros, oque pasa é que ao estar ao pédo Camiño de Santiago temosa sorte de que pare xente demoitas partes do mundo. Qui-zais sexa diferente porque in-tentamos innovar un pouco nacociña mantendo produtos tra-dicionais. Por exemplo co temado pulpo facemos unha ham-burguesa que tivo moito éxito:cambiamos o concepto tradi-cional e preparamos uns mon-tadiños de pulpo, queixo SanSimón e cebola caramelizada...son cousas diferentes peronada sofisticadas. Por outraparte temos unha terraza exte-rior moi bonita, a cociña estáaberta.... si, o certo e que inten-tamos ter algo diferenciador.

- Como definiría vostedeCasa Alongos?-C.C.: Somos unha tapería naque se serven racións abun-dantes, variadas, e onde sepode xantar e cear ben porpouco prezo. Aquí non face-mos cousas extraordinarias,pero facémolas con cariño.Non se trata de elaborar pra-tos sofisticados, senón de em-pregar produtos auténticos,naturais e, na medida do posi-ble, galegos.

- Tivo claro dende unprincipio o enfoque quelle quería dar ao negocio?-C.C.: O único que sabiamosao principio é que queriamosque a xente cando viñera co-mer aquí se sentira coma nasúa casa. Queriamos cociñarcomo faría calquera no seu díaa día, mantendo uns estánda-res de calidade e utilizando unproduto natural e da zona: dexente que produce tomates detempada, que produce brócoli,

ou que ten queixos de aquí...buscamos cociñar como se fosepara a festa da casa; non podespretender que se ti non comesun prato, os demais o coman.

- Que me serviría se llepido un prato tradicionale innovador con produtosgalegos e naturais?-C.C.: Pois por exemplo unhacrema de chocolate con casta-ñas do Courel ou ricos de Me-lide, ou un arroz con leite, queé outra das sobremesas feitaspor nós que tivo moito éxito,con froitas de inverno como okiwi. Se fose no verán poderíaservir un sorbete de manda-rina con arandos do Careón.En canto a pratos, facemosunha boa hamburguesa concarne de boi Angus black cer-tificada e pan artesán de Me-lide. todos os embutidos quetemos son propiamente de

Galicia. temos o queixo deArzúa-Ulloa, o xamón de Vi-lalba, as fabas de Lourenzá...e croquetas de cocido dasde verdade, con bechamel. Éalgo que moita xente deses-tima porque dá traballo, peroa gratitude dun cliente despoisde que proba algo elaboradoe que ten bo sabor é para nósmoi importante.

- O feito de estar ao pé doCamiño condiciona o tipode menús e de clientela? -C.C.: Non, neste momentonon se pode establecer unhadiferenza entre peregrino ecliente local. O peregrino oque quere é comer ben, comacalquera persoa. Para nós ocliente é un cliente impersoal,á marxe de calquera tipo denacionalidade, por iso nonpodes dicir que uns son mello-res ca outros. Por aquí pasa

moita xente que nos valora...Ao final acabas caendo naconta de que polo mundo haipersoas impresionantes. Nósaquí témonos emocionadomoito coa gratitude da xente.

- Sen saír de Melide ten noseu negocio unha portaaberta ao mundo... -C.C.: Si, de feito teño moití-simas receitas manuscritas,máis de 100, de xente de di-versas partes do mundo: bul-garia, Hawai, Xapón, Corea,Sudáfrica, Polonia, Irlanda,Austria... toda esa xente tivoa ben escribirme o que facíasúa avoa, o que facía súa nai...é xente coa que realmente co-nectas e que che transmitemoitísimo sentimento. Haiunha empatía tremenda e mile unha anécdotas, porque tesunha porta aberta ao mundocontinuamente; ao de aquí e

ao de acolá. Este non é un localpara os peregrino; é un localpara o mundo.

- E tamén un local paraa cultura. Fáleme desavertente de Casa Alongos. -C.C.: Non somos un local deactuacións pero temos amigosque fan poesía, que escribenlibros, que tocan... e veñenaquí. Ás veces non é necesariobuscar; a xente vén a ti porqueestás aberto a todo tipo de po-sibilidades. Aquí entra xentemoi variopinta que nos plan-tea facer cousas e non quere-mos pecharlle a porta a nada.Nós disfrutamos con iso e axente que vén tamén.

Casa AlongosTlf: 981 506 392

Camiño Vello de Santiago

A burguer de Pulpo é unha creación de Concha Casares e Fran Lugrís

Page 24: Nº 120. Xaneiro 2016. Distribución gratuíta Vertidos …...sas, o sector de actividade no que operan e o número de asalariados que teñen xa se pode tirar algunha conclu - sión.

CERNE Cerne 120. Xaneiro 2016

al comprar tus mógraduadas

con

GRATIS2

77€

asgafas

Ronda de A Coruña, 2015800 MelideA Coruña

www.multiopticas.com

2GRA2

TISGRAGRATISasgaf

as

TISas

GRA

gral c

TISGRAGRATIS

aduadasompr

grar tus ompr

aduadasal c

TIS

aduadasmóar tus

gr

7777€

on gr

cgr

on aduadasgr

c

€7777€

aduadas

15800 Ronda de A Coruña, 20

Melide15800 Ronda de A Coruña, 20Ronda de A Coruña, 20

.multiopticas.cwww

A Coruña

om.multiopticas.c

A Coruña

om


Recommended