É posible que nos cheguen presentacións (tipo powerpoint, por exemplo) ou que nós mesmos teñamos algunhas feitas e que nos gustaría compartir dentro de nosos blogues. Imos ver como poder compartir presentacións en Slideshare.net e despois no noso blogue de Climántica.
1. Na barra de direccións do navegador escribimos http: //www.slideshare.net e prememos a tecla Intro...
2. Para entrar como membros da páxina prememos en Login...
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 1 DE 9
3. Escribimos os nosos datos para: - Nome de Usuario (Username or Email) e Contrasinal (Password). Prememos en Login para entrar...
4. Para subir a nosa presentación prememos en Upload...
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 2 DE 9
5. Agora buscaremos o arquivo coa nosa presentación, prememos Browse and select files...
6. Abrirase unha ventá para buscar a presentación no noso PC. Localizamos no noso ordenador a presentación que queremos subir...
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 3 DE 9
7. Navegamos por el PC ata atopar a presentación, logo seleccionámola facendo clic sobre ela e prememos Abrir...
8. Agardamos a que o arquivo se cargue na nosa conta. Mentres se o desexamos podemos engadir diversos detalles á nosa presentación como etiquetas (tags), categoría, descripción.
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 4 DE 9
9. Aparece publicada a presentación que subimos...
10. Podemos vela utilizando os botóns da ventá de presentación...
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 5 DE 9
11. Para utilizar a presentación no blogue, actuaremos do modo habitual para introducir un obxecto multimedia... é dicir, buscando o seu ID (para wordpress), seleccionándoa e copiándoa...
12. Neste intre, vamos á pantalla de Administración (onde estábamos escribindo o post ou onde vamos a comenzar afacelo ) e procedemos do modo habitual para introducir un recurso multimedia...
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 6 DE 9
13. No campo Portal da ventá que aparece seleccionamos Slide Share...
14. No campo Buscar id por la url o el código (embedded), facemos clic co botón dereito do rato e seleccionamos Pegar...
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 7 DE 9
15. Prememos Insertar...
16. Aparece o código asociado á presentación. Podemos engadir texto ou calquera outro recurso. Ao igual que sempre, pulsamos en Gardar como borrador e Previsualizar....
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 8 DE 9
17. Xa vemos como quedaría a presentación. Agora podemos publicala seguindo os pasos habituais...
Slideshare inclúe moitas características e efectos que podes ir probando pouco a pouco... anímate e descúbreas!!!
Slideshare pode exercer un efecto motivador no alumnado. Por exemplo, animámosvos a que lles propoñades actividades nas que teñan que recoller imaxes, elaborar unha presentación e despois a publiquen no blogue.
Recorda que aquí poderás subir documentos de múltiples tipos: ppt, pps, pot (PowerPoint), pdf, odp (OpenOffice), doc (MSWord), xls (MSExcel), rtf.
CLIMÁNTICA E-LEARNING PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE
PÁXINA 9 DE 9