Date post: | 09-Aug-2015 |
Category: |
Presentations & Public Speaking |
Upload: | filmotecaforum |
View: | 266 times |
Download: | 4 times |
Nacemento do Cinema
Antecedentes
INTENTOS DE CAPTAR O MOVEMENTO E O TEMPO NAS ARTES PLÁSTICAS: das covas de Altamira á pintura contemporánea. Escenas relixiosas.
XOGOS DE SOMBRASSombras chinescas, teatros de sombras.
LANTERNA MÁXICAChristian Huygens 1650? Athanasius Kirhcer, 1640?Cámara escura cun xogo de lentes que concentraban a luz dunha lámpada (de aceite) e a facían pasar por placas de cristal pintadas. Ao mover as placas podíanse crear ilusións de movemento.Foto: Andreas Praefcke / Wikipedia
Antecedentes
A CÁMARA ESCURAAparello óptico que consiste nunha caixa (ou sala) con un burato nun lado para o paso da luz, que se proxecta na superficie interna. A imaxe reprodúcese invertida.
A FOTOGRAFÍA
Joseph-Nicéphore Niepce N: 7 de marzo de 1765M: 5 de xullo de 1833Científico francés, partiu do principio da cámara escura e fixou quimicamente a luz (betun de Xudea). Point de vue du Gras, 1826 ou 1827
Louis-Jacques Daguerre N: 18 de novembro de 1787M: 10 de xullo de 1851Baseándose en traballos anteriores desenvolveu o “daguerrotipo”, que empregaba sales de prata para a fixación da luz.
Point de vue du Gras, Niepce, 1826 ou 1827
Boulevard du Temple, Daguerre, 1828
Antecedentes
A PERSISTENCIA DA RETINA
A “persistencia da visión” ou “persistencia retiniana” designa a ilusión provocada cando un obxecto visto polo ollo humano “persiste” na retina (ou “non se esquece” durante unha fracción de segundo despois de que o percibamos. Se proxectamos as imaxes a un ritmo superior a 16 por segundo interprétanse coma un movemento continuo, sen interrupción. Cando proxectamos un filme nunha pantalla, o cerebro combina cada fotograma co anterior e o seguinte para producir unha ilusión de movemento: “as cousas parecen moverse”, mais o que estamos a ver é realmente unha sucesión de imaxes estáticas.
O estudo de Peter Mark Roget, de título “Explanation of an optical deception in the appearance of the spokes of a wheel when seen through vertical apertures”, puxo as bases modernas -aínda que erróneas- desta teoría. Hoxe coñecemos que a visión é un proceso cerebral máis complexo, mais o concepto, aínda que impreciso, segue a ser empregado na actualidade.
Nese principio fundaméntanse aparellos coma o fenaquistiscopio, o estroboscopio, o zoótropo...
Antecedentes
CRONOFOTOGRAFÍA
Revólver astronómico de Pierre Janssen N: 22 de febreiro de 1824M: 23 de decembro de 1907
Fusil fotográfico de Étienne-Jules Marey N: 5 de marzo de 1830M: 21 de maio de 1904 http://www.biusante.parisdescartes.fr/marey/
Eadweard Muybridge N: 9 de abril de 1830M: 8 de maio de 1904
Boys playing leapfrog, Muybridge, 1883-1886, impresa en 1887
Antecedentes
A PANTALLA
Charles-Émile Reynaud N: 8 de decembro de 1844M: 9 de xaneiro de 1918 Conseguiu presentar as imaxes sobre unha pantalla por proxección. Pioneiro dos debuxos animados, o 28 de outubro de 1892 proxectou en público os primeiros filmes de animación no Museo Grévin de París: Un bon bock, Le Clown et ses chiens e Pauvre Pierrot.
A PELÍCULA DE CELULOIDE
Flexíbel, resistente, transparente... e inflamábel. Producida comercialmente pola Eastman Kodak dende 1889, empezou a ser empregada en 1891 por William Dickson, empregado de Edison, para os experimentos do “kinetoscopio”.
O kinetoscopio do estadounidense Thomas Alva Edison (1847-1931) e o escocés William Kennedy Dickson (1860-1935) era un aparello que permitía o visionado individual dunha fita de imaxes. Non había, pois, proxección desas imaxes sobre unha pantalla para o seu visionado público.
A factoría Edison produciu diversos filmes para kinetoscopio, algúns dos cales aínda hoxe se conservan.
O 13 de febreiro de 1895 Louis Lumière (1864-1948) patentou co seu irmán Auguste o “cinematógrafo”, un “aparello que serve para a obtención e visión de probas cronofotográficas”. Servía, pois, coma tomavistas mais tamén coma proxector, accionado por unha manivela que arrastraba o filme ao ritmo de 16 imaxes por segundo.
A primeira exhibición pública desta “curiosidade científica” tivo lugar o 28 de decembro de 1895 nun salón no soto do Grand Café, no número 14 do Boulevard des Capucines de París. O dono do café tiña pouca confianza no éxito do invento e estipulou o pagamento de 30 francos diarios en concepto de alugueiro da sala durante un ano. O prezo da entrada sería de 1 franco e a sesión duraba aproximadamente media hora.
O primeiro día a asistencia non foi moi espectacular e a recadación total foi de apenas 35 francos. A partir de aí comeza outra historia. A verdadeira historia do cinema.
Irmáns Lumière
Auguste Marie Louis Nicolas N: 19 de outubro de 1862, Besançon
M: 10 de abril de 1954, Lyon
Louis JeanN: 5 de outubro de 1864, Besançon
M: 6 de xuño de 1948, Bandol
Georges Méliès
N: 8 de decembro de 1861, ParísM: 21 de xaneiro de 1938, París
Mago e cineasta, desenvolveu unha morea de efectos técnicos e narrativos nos primeiros anos do cinema. Creou
centos de filmes, dos que hoxe se conservan uns 200, entre eles a célebre
Viaxe a Lúa (1902).
James Williamson
N: 8 de novembro de 1855M: 18 de agosto de 1933
Farmacéutico e pioneiro do cinema no Reino Unido. Empregou a acción con sentido de continuidade ao longo de
diferentes planos, un recurso que inspiraría o traballo posterior de
Edwin S. Porter
Attack on a China Mission (1900)The Big Swallow (1901)
Fire! (1901)
George Albert Smith
N: 4 de xaneiro de 1864, LondresM: 17 de maio de 1959, Brighton
Hipnotizador, inventor e pioneiro do cinema no Reino Unido. Entre as súas achegas, o uso de primeiros planos e
progresos no uso narrativo da montaxe.
As Seen Through a Telescope (1900)Grandma's Reading Glass (1900)
Sick Kitten (1903)Mary Jane's Mishap (1903)
Robert William Paul
N: 3 de outubro de 1869 M: 29 de marzo de 1943
Fabricantes de instrumental científico e pioneiro do cinema no Reino Unido. Usou a montaxe con sentido de continuidade e
ideou a técnica da exposición múltiple.
The Derby (1895)Come Along, Do! (1898)
The Countryman and the Cinematograph (1901)
Scrooge, or, Marley's Ghost (1901)A Chess Dispute (1903)
Alice Guy-Blaché
N: París, 1 de xullo de 1873M: New Jersey, 24 de marzo de 1968
A primeira muller directora da historia do cinema empezou a traballar coma secretaria de Leon Gaumont en 1894. Uniuse logo á Gaumont Film Company, fundada en 1895 e aínda en activo. Entre 1896 e 1906 foi xefa de produción da compañía.
Casou en 1907 con Herbert Blaché. Con el trasladouse aos EEUU onde fundaron o seu propio estudio, The Solax Company, o maior antes do nacemento de Hollywood.
Ao longo da súa carreira (1896-1922) dirixiu uns mil filmes, dos que se conservan máis de 300. Entre eles, AVENUE DE L'OPERA (1900), a superprodución LA VIE DU CHRIST (1905) e FALLING LEAVES (1912).
Edwin Stanton Porter
N: 21 de abril de 1879, PennsylvaniaM: 30 de abril de 1941, New York
Execution of Czolgosz with Panorama of Auburn Prison (1901)
Life of an American Fireman (1903)The Great Train Robbery (1903)
Nacemento do Cinema é unha presentación feita por Martin Pawley para O ano que o cinema nos cativou e Filmoteca Fórum, obradoiros de cinema do Centro Ágora e Fórum
Metropolitano. Fonte das imaxes: Wikipedia.