+ All Categories
Home > Documents > Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe...

Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe...

Date post: 11-Nov-2018
Category:
Upload: ngongoc
View: 224 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
24
Cerne O xornal da Terra de Melide Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta EMPRESA Asetem renova a directiva coa incorporación de cinco novos membros P3 Estrella Gómez, Stardemoda MELIDE Rebaixan a “suficiente” a calidade das augas da área de Furelos P12 COMARCA Récord nos campamentos de Santiso tras matricularse 85 cativos P17 Promocionan no exterior os domingos do comercio local Asetem repartirá 3.000 trípticos en diferentes vilas de Galicia para dar a coñecer entre clientes potenciais a principal peculiaridade do comercio melidense. P3 Broz recompila nun libro todo o patrimonio de Melide A vila de Melide é unha pequena enciclopedia con 607 páxinas e 500 fotografías froito de máis de trinta anos dedicados á investigación da historia local. P19 Charamela recibe a Medalla de Ouro polo seu labor cultural O pobo de Melide reco- ñece con este galardón o traballo da asociación por recuperar a tradición teatral da vila dende o compromiso co galego e implicando a diferentes xeracións. A presidenta do colectivo, Mary Gó- mez Neira, recibiu a dis- tinción en nome dos 228 socios que integran Cha- ramela e asegurou que a medalla de ouro, a cal de- finiu como “un tesouro”, servirá para intensificar aínda máis o seu com- promiso con Melide. P11 ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña) ENTREVISTA
Transcript
Page 1: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

CerneO xornal da Terra de MelideNº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta

EMPRESAAsetem renovaa directiva coaincorporaciónde cinco novosmembros P3

EstrellaGómez, Stardemoda

MELIDERebaixan a“suficiente” a calidade das augas da áreade Furelos P12

COMARCARécord noscampamentosde Santiso trasmatricularse85 cativos P17

Promocionan no exterior osdomingos do comercio local

Asetem repartirá 3.000 trípticos en diferentes vilasde Galicia para dar a coñecer entre clientes potenciaisa principal peculiaridade do comercio melidense. P3

Broz recompila nun librotodo o patrimonio de Melide

A vila de Melide é unha pequena enciclopedia con607 páxinas e 500 fotografías froito de máis de trintaanos dedicados á investigación da historia local. P19

Charamela recibe a Medalla deOuro polo seu labor cultural

O pobo de Melide reco-ñece con este galardón otraballo da asociaciónpor recuperar a tradiciónteatral da vila dende ocompromiso co galego eimplicando a diferentesxeracións. A presidentado colectivo, Mary Gó-mez Neira, recibiu a dis-tinción en nome dos 228socios que integran Cha-ramela e asegurou que amedalla de ouro, a cal de-finiu como “un tesouro”,servirá para intensificaraínda máis o seu com-promiso con Melide. P11

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

26 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarcaTfno: 981 50 61 88 - [email protected]

Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

ENTREVISTA

Page 2: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

2 Editorial Cerne 126. Xullo 2016

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta COORDINACIÓN E REDACCIÓN: Iván G. Blanco

EDICIÓN: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)ENDEREZO: R/ lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓNS: Xosé Núñez, César C. Vega, Jorge lama

AGRADECEMENTOS: Pilar lópez, Adolfo Álvarez, Imprenta MeligrafIMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga S.l.

DEPÓSITO LEGAL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDITORIAl..................................2-EMPRESA.....................................3-MElIDE.......................................11-COMARCA...................................13-CulTuRA E lECER....................19-COlABORACIóNS......................22-ENTREVISTA..............................23

ÍNDICE

Editorial Tribuna de opinión

Chamémoslle catastrazo Vacacións en paz

Cada ano por estas datas Me-lide e outras vilas galegas agar-daban expectantes a chegadados rapaces e rapazas saha-rauís que, procedentes doscampamentos de refuxiados deTinduf, viaxaban a Galicia aoabeiro do programa Vacaciónsen paz para pasar uns mesesentre familiares e veciños queos apreciaban e para facer omáis parecido posible a unhavida normal, afastada en todocaso das temperaturas infer-nais, das carencias alimenta-rias e das miserias propiasdunha existencia no desterro.

2016 debuxa un panoramacomplexo. O programa, orga-nizado dende 1991 pola aso-ciación Solidariedade Galegaco Pobo Saharauí, podería terque cancelarse por falta de

financiamento. Algunhas dassubvencións que conceden osconcellos aínda non chegarone a compañía Aeroliñas Al-xerianas xa non admite opagamento a prazos; só poradiantado. A asociación solici-tou xa un crédito bancario de100.000 euros pero hai quereunir outros 45.000 antes dodías 15 de xullo. En caso con-trario, 325 nenos e nenas que-darán sen as súas vacaciónsen paz. Sería a primeira vezdende 1991.

A solidariedade non tenlímites e de seguro que seconseguirá o obxectivo, peroiso non quita que sintamosmágoa por ver como inclusoás accións humanitarias máisben intencionadas se lles po-ñen atrancos absurdos.

Son días de botar as mans ácabeza, de indignarse e de pa-gar. Pouco máis se pode facerante as cartas que están reci-bindo moitos veciños e veci-ñas de Melide reclamando opago dos atrasos da contribu-ción (nalgúns casos ata catroanos) derivados da regulariza-ción catastral impulsada poloMinisterio de Facenda.

Dita regularización deuseen coñecer popularmentecomo “catastrazo” e o nomefaille xustiza, pois deixa o re-gusto amargo desas imposi-cións que simplemente hai queacatar e desas medidas que sepoñen en marcha en temposde vacas fracas para evitar ocolapso das arcas públicasapelando aos petos dos mes-mos de sempre. Precisamoscartos, saquémolos de ondepoidamos sen mirar quenpaga. Aínda que sexan gan-deiros asfixiados pola crise do

sector lácteo, aínda que sexanxubilados dependentes ao queagora se lles cobra pola palleirana que se deslombaron a traba-llar para retirarse cunha pen-sión de menos de 600 €.

Estes son dous dos perfísmáis afectados polo catas-trazo, que está a ser moi pre-xudicial para o rural galego.A revisión catastral posta enmarcha en Galicia en setem-bro de 2013 e que xa se com-pletou en 165 concellos (54 naprovincia da Coruña) obriga apagar a contribución rústicapor granxas, cortes, palleiras,pendellos, arrimos e mesmoinvernadoiros que ata agoraestaban exentos, xa que só tri-butaban as fincas. Os sindica-tos agrarios estiman que estánafectadas arredor dun millónde propiedades e que se mul-tiplicarán por 10 os ingresosque obteñen os concellos a tra-vés do IBI rústico. Iso implica

que pasarán de recadar 10 mi-llóns a recadar preto de 100.

Os grandes números danben, pero nas pequenas econo-mías o panorama complícase.Pode facelo máis ou menos enfunción dos concellos, xa queunha vez que o goberno cen-tral remata a revisión son asfacendas locais as que deter-minan a taxa que permite anormativa: dende a máis baixado 0,3% do valor da propie-dade á máis alta do 0,9%.

Para o caso, un gandeiroque teña unhas cortes valora-das en 100.000 euros e polasque ata agora non pagabanada, coa regularización pasa-ría a pagar 900 euros ao anose se lle aplica a taxa máximae 300 coa mínima. A isto haique engadir que o Catastropode reclamar os atrasos deata os últimos 4 anos. Catas-trazo contra o que só cabe odereito á indignación.

Page 3: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Empresa 3Cerne 126. Xullo 2016

Pasados dous anos dende acelebración de eleccións e coobxectivo de dar cumprimentoao establecido nos seus estatu-tos, a Asociación de Empresa-rios Terra de Melide (Asetem)procedeu a renovar parte daxunta directiva.

Dito trámite realizouse opasado 30 de xuño en coin-cidencia coa celebración daAsemblea Xeral Ordinaria,pois as novas incorporaciónstiveron que ser referendadaspolos socios e socias mediantevotación. As principais novi-dades producíronse nos pos-tos de vogais, aos que acce-deron as seguintes persoas:Margarita Iglesias (Mis Mejo-res labores), Karim Gamil(Clínica Dental Karim), Cris-tina louzao (California 66),Sabela Santín (Santín & AmoPerruqueiros) e Ceferino lo-bato (Cafetería Chaplin).

Xunto con estas incorpora-

cións, a Asemblea ratificou asaída da xunta de directiva deRut Gallego (Sisuka), lucasGarea (Cafetería Arraigos) eDiego Sánchez (SIC Cire). Se-gue como vogal Jorge Pereiro(Pulpería Ezequiel).

O resto do equipo direc-tivo continúa tal e como que-dou configurado despois daseleccións de 2014, con JuanCarlos Casal (Hijos de CasalMariño) como contador, JoséValiño (Muxica) como tesou-reiro, José Ramón Villamor(Oro ley) como secretario,Manuel Vázquez (TransportesSierra) como presidente ecomo vicepresidente RodrigoFernández (Seguros Bilbao),quen puxo o seu cargo a dispo-sición da Asemblea, pois así oesixen os estatutos, mais re-sultou novamente reelixido.

Falta de aparcamentoA xuntanza tamén serviu para

Asetem promociona os domingos deMelide co reparto de 3.000 trípticos

un dos aspectos diferenciaisdo comercio de Melide é ofeito de abrir todos os domin-gos do ano, unha característicaque o fai singular dentro dopanorama galego e que supónen si mesma un atractivo paraos consumidores.

Consciente dese potencial,Asetem acaba de poñer en

marcha unha campaña infor-mativa para promocionar osdomingos de Melide e dar acoñecer esta peculiaridade ennúcleos de poboación próxi-mos nos que haxa clientessusceptibles de desprazárenseata a vila. En concreto repar-tiranse algo máis de 3.000trípticos entre as cidades d´A

Primeira xornada de reparto na cidade de lugo Detalle interior do tríptico “Melide, aberto os domingos”

Coruña e lugo e as vilas delalín e Arzúa.

Máis ca comercioBaixo un lema tan sinxelocomo é “Melide, aberto os do-mingos”, o tríptico inclúe nasúa parte exterior o nome de95 negocios asociados a Ase-tem clasificados por catego-rías. Ademais, recolle taméninformación adicional “parafacer ver que unha mañá decompras se pode completarcunha boa oferta gastronó-mica e unha tarde de turismo,facendo de Melide un lugarideal para pasar toda unhaxornada”, explica o presidentede Asetem, Manuel Vázquez.

Así é que dito tríptico faireferencia á tradición pulpeirade Melide, á súa reposteríapropia e ao tradicional queixode Arzúa-ulloa. Tamén men-ciona algúns elementos patri-moniais de interese e variosenclaves da contorna que me-recen ser visitados.

A patronal renova parte da xunta directivaCinco novos socios incorpóranse en calidade de vogais

Cristina LouzaoCalifornia 66

Ceferino LobatoCafetería Chaplin

Sabela SantínSantín & Amo Perruq.

Karim GamilClínica Dental Karim

Margarita IglesiasMis Mejores Labores

presentar ante os asistenteso balance tanto económicocomo de actividades corres-pondente ao ano 2015. Aomesmo tempo os socios esocias plantearon diferentesinquietudes e manifestaronespecialmente a súa preocupa-ción pola falta de espazo parao aparcamento no casco ur-bano. Nesa liña, entre as ideasque se achegaron falouse deaproveitar o Cantón de SanRoque para construír unha

estación de autobuses (unhadas carencias da vila) ou unaparcadoiro subterráneo.

Non obstante, conscientesda envergadura de ditos pro-xectos, como medida a curtoprazo mencionouse a posibi-lidade de solicitarlle ao Conce-llo o traslado da parada detaxis para unha rúa próximade xeito que toda a marxefrontal do Cantón de San Ro-que se poida empregar comolugar de parada para buses.

Se podemos presumir dealgo en Melide é do nosopatrimonio. A históricaPraza do Convento é o lugar ideal para iniciar unha visita sen présas. Pérdete polas rúa docasco histórico ata atopar a subida aoCastelo, onde poderásgozar dunha fermosa panorámica da nosa vila.

Cando pases polo Cantón deSan Roque, centro neurálxicoda vila, no esquezas visitar oCruceiro de Melide, o máisantigo de Galicia segundoverbas de Castelao.Data do século XIV.

Museo da Terra de MelideIgrexa de Santa MaríaAldea de LeboreiroPraia fluvial de FurelosAldea e ponte medieval de Furelos

Page 4: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

4 Publicidade Cerne 126. Xullo 2016

Ronda de Pontevedra, 46 - Melide981 06 86 09 672 47 55 80

ESPECIALIDADESTERAPIA MANUAL OSTEOPÁTICA

FISIOTERAPIA CRÁNEO MANDIBULARREHABILITACIÓN - PUNCIÓN SECA - PILATES TERAPÉUTICO

TRATAMENTOSLESIÓNS DEPORTIVAS - ACCIDENTES DE TRÁFICO

MASOTERAPIA - CINESITERAPIACRIOTERAPIA/TERMOTERAPIA - ELECTROTERAPIA

ENFERMIDADES TRAUMATOLÓXICAS,NEUROLÓXICAS E REUMATOLÓXICAS

ENFERMIDADES CRÓNICAS (FIBROMIALXIA)

www.fisioterapiasandraabad.es

Menús especialesOpción 1 - 35 €Varidado de mariscos: salpicón, almejas,navajas, langostinos.Chuletón trinchado, entrecot, rape, lubina omerluza.Rioja, Albariño, agua, cerveza o refrescos.Postre, café y chupito

Opción 3 - 20 €Salpicón de marisco, langostinos. Churrasco mixto o merluza.Albariño, Rioja, agua, cerveza o refrescos. Postre y café.

Opción 2 - 16 €Varidado de: langostinos, pimientos depadrón, empanada. Churrasco mixto (ternera, cerdo y criollo) omerluza.Vino, agua, cerveza, refrescos. Postre y café.

Opción 4 - 30 €Varidado de: salpicón, navajas,zamburiñas.Chuleta de ternera, churrasco, entrecot,merluza o rape.Ribeiro, Rioja, agua, cerveza o refrescos.Postre, café y chupito

Page 5: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Empresa 5Cerne 126. Xullo 2016

Casa Alongos foi galardoada recen-temente co Certificado de Excelenciade TripAdvisor, un premio co queesta web de viaxes (a máis grande domundo) distingue aos negocios de hos-talería que ofrecen unha experienciade calidade superior de maneira con-tinuada e reciben valoracións positivasdos viaxeiros de forma sistemática.

O Certificado de Excelencia tenen conta a calidade, a cantidade e orecentes que sexan as opinións envia-

CASA ALONGOS OBTÉN O CERTIFICADODE EXCELENCIA DE TRIP ADVISOR

das polos viaxeiros a TripAdvisor.Para poder obtelo, os negocios debenter unha puntuación mínima de 4puntos sobre 5, así como ter un nú-mero mínimo de opinións e un perfilcunha antigüidade superior a un ano.

A xuízo de Concha Casares e Franlugrís, propietarios de Casa Alongos,a clave deste éxito está en “trasladarsentimentos a través duns pratosfeitos con cariño, bo produto, e cunsorriso á hora de servilos”.

A oferta gastronómica de Melide e asúa comarca está de en hora boa coaapertura dun restaurante chamado aser referente da boa mesa. Baixo abatuta do chef Pedro Coego O recun-cho do Convento abre as súas portasen pleno casco histórico para achegaraire fresco ao sector da restauracióndende a experiencia e o saber facer.

Tras algo máis de cinco anosrexentando outro establecementohostaleiro na vila, Pedro Coego e o

O “RECUNCHO DO CONVENTO” ABRE AS PORTAS DUN MUNDO DE SABORES

seu equipo asumiron o reto de trasla-darse a unha nova localización (a rúado Convento) co obxectivo de darlle áclientela “unha oferta e un servizomellores”. Nesta andaina acompáñaoun grupo de xente, tanto persoal decociña como camareiros, que iniciana nova etapa “co moita ilusión”.

O 8 de xullo deuse o pistoletazode saída cunha festa de inauguraciónque encheu a terraza e as mesas dexente, música e petiscos.

Seis anos despois da súa aperturaTenda Xebre inicia unha nova etapaestreando ubicación. Dende agoraeste establecemento especializado navenda de produtos ecolóxicos e arte-sáns de calidade atenderá aos seusclientes na Praza do Convento, “unhalocalización privilexiada, ao pé doCamiño Primitivo e onde se realizanmoitos eventos que nos farán máisvisibles”, explica Minia Varela, unhadas xerentes do negocio.

TENDA XEBRE INICIA UNHA NOVA ETAPANO CORAZÓN DO CASCO HISTÓRICO

Os novos tempos tamén traeránconsigo a incorporación de novosprodutos, aínda que iso non farácambiar a filosofía da tenda, que tencomo base a alimentación saudable:“a xente está cada vez máis concien-ciada de que hai que comer mellorporque iso ten relación directa coasaúde”, apunta Minia Varela. Algúnsdeses produtos saudables puidéronsedegustar o propio día da inaugura-ción, celebrada o pasado 8 de xullo.

Na véspera de San Pedro Viñoteca Ri-beirao acolleu unha nova xornada depresentación e cata de viños. Nelaparticiparon representantes de 24bodegas de toda España que deronconta das cualidades dos seus caldosante profesionais do sector comohostaleiros, delegados ou sumilleres.Posteriormente as portas de ViñotecaRibeirao abríronse ao público en xerale ducias de persoas puideron degustarde balde máis de cen marcas de viño

24 BODEGAS DE TODA ESPAÑA DANSECITA NUNHA CATA EN VIÑOTECA RIBEIRAO

ao tempo que atender de primeiraman a interesantes explicacións.

As bodegas participantes foron:lan, Vivanco, Carlos Serres, Faustino,Marqués de Cáceres, Remírez de Ga-nuza, Marqués de Riscal, Vallobera,Valduero, Abadía Retuerta, Cillar deSilos, Pagos del Rey, Heras Cordón,Gran Bazán, Castro Brey, Ponte daBoga, D´Berna, S. Ruiz, Eidosela, Al-gueira, Finca Millara, Coto de Goma-riz, Vizcarra e Marqués de Murrieta.

Page 6: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

6 Empresa Cerne 126. Xullo 2016

SUBVENCIÓNS PARA MULLERES EMPRENDEDORASPROGRAMA EMEGA

Beneficiarias e requisitos comúns:Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividadeou formalicen os seus plans Innova ou Activa entre o 01/01/2015 e o01/08/2016, microempresa ou pequena empresa calquera que sexa asúa forma xurídica. A administración da empresa ten que exercelaunha muller e o capital social estar maioritariamente subscrito pormulleres (pequenas empresas) e integramente subscrito por mulleres(microempresas).

As promotoras deben estar de alta na Seguridade Social, desen-volvendo a súa actividade profesional na empresa de forma habitual.Investimento mínimo en inmobilizado material ou intanxible, nasliñas Emprende, Innova e Activa, de 1.000 € (3.000 € na liña ITEF),se incluír o IVE, agás cando non sexa susceptible de recuperación.

Prazo de solicitude: ata o 01/08/2016

Liñas de Axuda:

LIÑA EMPRENDE- Beneficiarias e requisitos: empresas de nova creación que

inicien a súa actividade entre o 01/01/2015 e o 01/08/2016. Ten quesupor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras; quedeben estar desempregadas durante un período mínimo de 1 mesinmediatamente anterior á data de inicio da actividade laboral. No casode empresas constituídas por máis de unha promotora, a condición dedesempregada cumprirase polo 50% das promotoras como mínimo.

- Contía: entre 12.000 e 22.000 €, segundo o número depostos de traballo para mulleres que se creen.

LIÑA INNOVADirixido a empresas constituídas por mulleres que acrediten a reali-zación efectiva da actividade empresarial entre 2 e 5 anos. Deben pre-sentar un proxecto de mellora que supoña a creación, como mínimo,de un posto de traballo para unha muller, de capacitación profesionalmedia ou superior, por un período mínimo de 2 anos.

O proxecto de mellora levarase a cabo entre o 01/01/2015 e o31/10/2016 e deberá materializarse nalgunha das seguintes accións:

˃ Desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención denovos produtos ou procesos, ou mellora dos existentes.

˃ Aplicación de novas fórmulas de produción ou distribución.˃ Diversificación da produción e/ou ofertas de produtos ou servizos.˃ Reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos

ou servizos innovadores ou de especial singularidade.- Contías: entre 15.000 e 22.000 euros, segundo os postos de

traballo creados.

LIÑA ACTIVADirixido a empresas que acrediten a realización efectiva da actividadeempresarial por un período mínimo de 3 anos e que presenten unproxecto de reactivación para o mantemento do emprego. Deberánmanter ou incrementar o número de postos de traballo por contapropia ou allea preexistentes.

- Contías: entre 6.000 e 18.000 euros, segundo o número depostos de traballo para mulleres.

LIÑA ITEFPoderán acollerse a esta liña empresas de nova creación con un pro-xecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigacióne da tecnoloxía; que inicien a actividade entre o 01/01/2015 e o01/08/2016. A promotora ou unha delas, como mínimo, deberáter titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñe-cemento ou da tecnoloxía.

- Contía: entre 18.000 e 50.000 €, segundo os postos creados.

Información elaborada por CC XestiónRúa Otero Pedrayo, 10 - Melide

O pasado 17 de xuño o comercio deMelide acolleu a segunda edición daNoite Aberta, un día con grandesdescontos e ofertas especiais no queas tendas abriron ata as 12 da noite,ofreceron petiscos e sortearon aga-sallos variados.

A elevada participación (29 nego-cios asociados a Asetem, 10 máis cana edición de 2015) e o esmero dosestablecementos na decoración e nosdescontos facían prever o grandeéxito que finalmente resultou ser aNoite Aberta, na que o bo tempo ea animación musical tamén contri-buíron a que a clientela se achegasea Melide: “non podemos cuantificaren termos económicos o impactoque tivo esta iniciativa no noso co-mercio”, sinala o presidente da pa-

Asetem organizará unha segunda NoiteAberta se así o demanda o comercio

tronal, Manuel García, “pero só polomovemento de xente que se viu esedía tanto na rúa como dentro das ten-das e polos comentarios que nos fixe-ron chegar os comerciantes, podemosdicir que o balance foi moi positivo”.

Tendo en conta isto, a asociaciónde empresarios amósase disposta aorganizar outra Noite Aberta estemesmo ano se o sector comercial asío demanda e “sempre e cando haxadatas dispoñibles e estas sexan ade-cuadas”. Neste sentido, o tempo xogaen contra, pois hai que ter en conta aproximidade do San Roque e taméndo Mercamelide, outra cita comercialpropia tamén do mes de agosto. Decelebrarse, Asetem está aberta a rea-lizar modificacións “que fagan esteevento aínda máis atractivo”.

As tendas luciron unha decoración especial o día da Noite Aberta

O GDR PREMIARÁ AS INICIATIVAS INNOVADORAS E VINCULADAS AO CAMIÑO NO LEADER 2014-2020

O Grupo de Desenvolvemento Rural(GDR) ao que pertence a Terra deMelide ten xa elaborada a estratexiade desenvolvemento do territoriocoa que optará a fondos do planleader 2014-2020.

Segundo o documento que reco-lle as liñas estratéxicas de actuaciónno eido do comercio, o GDR daráfinanciamento con carácter priori-tario aos negocios innovadores vin-culados ao Camiño de Santiago eque fagan promoción dos produtosagroalimentarios do territorio. Istoobedece ao obxectivo a medio prazode “diversificar a economía local decada concello, creando 10 novosnegocios inexistentes a nivel muni-cipal”. De acordo con esta premisa,

só se subvencionarán os comerciospolo miúdo ou servizos que sexancompletamente novos. Por outrabanda tamén se apoiará economica-mente aqueles negocios orientadosao peregrino ou ao turismo, que es-tean no Camiño de Santiago e quevendan ou promocionen produtosfabricados no territorio (exclúensebares, cafeterías e supermercados).

No eido da industria, e seguindoas recomendacións da unión Euro-pea, recibirán puntuacións extra áhora de acceder a financiamento osproxectos relacionados co cambio cli-mático, o aforro de enerxía, a saúdee a cultura. Tamén aqueles que sexaniniciativas colectivas ou poñan en va-lor infraestruturas abandonadas.

Page 7: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Publicidade 7Cerne 126. Xullo 2016

AVOGADOS

!∀#∃%&!∀∋#()∗∀∋+∋,

−).+%∗#/%&!0!1%2#345%2

R/ Luis Seoane, 2 - 2”Tlf. 981 506 455 � Móbil 661 58 00 04

!∀#∃!

C. 1678

C. 711

# #

# #

R/ Luis Seoane, 2 - 2”Tlf. 981 506 455 � Móbil 661 58 00 04

!∀#∃!

C

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

HERDANZAS

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

MELIDE

Ana Pernas VilasusoC. 1678

Miguel Fernández LópezC. 711

# #

# #

� Móbil 661 58 00 04

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf.: 981 506 455 - 661 580 004

Cantón de San Roque, 13Tlf.: 981 50 53 46 MELIDE

Page 8: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

8 Publicidade Cerne 126. Xullo 2016

FESTAS NA HONRA A SANTAMARÍA

Santa María prepárasepara o seu día máis intenso

A comisión traballou arreo para facer as mellores festas posibles

Plan perfecto para unha noite de verán. A antesala do SanRoque está en Melide, si, pero na parroquia de Santa María,que celebra as súas festas patronais o próximo 5 de agosto.Será unha xornada moi intensa que dará comezo ao xeitotradicional coa misa solemne e a procesión, seguida da corres-pondente sesión vermú para ir quentando motores a cargo daorquestra Venezia. A actuación estelar chegará coa verbena ecoa música da orquestra París de Noia. Como remate, o MacroFestival de DJ´s continuará coa festa ata que o corpo aguante.E para non perder detalle, todo o que aconteza no campo serágravado en streaming con drons!! Por se chove ou quenta o sol,que tanto torna unha cousa como a outra, haberá carpa. Moitomáis non se pode pedir. Só faltas ti!!

Ҩ

Page 9: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Publicidade 9Cerne 126. Xullo 2016

TERRAZADE VERÁN

INAUGURACIÓN!

RÚA DO CONVENTO, 7 - MELIDE

Page 10: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

10 Publicidade Cerne 126. Xullo 2016

GRANDES REBAIXAS

- TODAS AS MATERIAS- TODOS OS NIVEIS- GRUPOS REDUCIDOS- AMPLITUDE DE HORARIOS

INGLÉS: DESDE OS 3 ANOS.CON PROFESORADO NATIVO

CIENCIAS: BIOLOXÍA, ECONOMÍA, MATEMÁTICAS, FÍSICA, QUÍMICA, DEBUXO...

LETRAS: GALEGO, CASTELÁN, LATÍN,HISTORIA, FILOSOFÍA, SOCIAIS...

IDIOMAS: FRANCÉS, PORTUGUÉS, INGLÉS, ALEMÁN, HOLANDÉS CON NATIVO.

TELÉFONOS: 981 505 252609 121 554

RÚA SAN ANTONIO, nº 5 - MELIDE

CLASES EN XULLO, AGOSTO E SETEMBRO

Avenida de América, 3 - MELIDE

Page 11: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Melide 11Cerne 126. Xullo 2016

Melide premia coa Medalla de Ouroo compromiso cultural de Charamela

ciedade. “Cada vida, de feito, éunha obra con máis ou menosespectadores”, explicou, “nonse sabe o que é o teatro ata quenon se pisa un escenario, ataque non se ten unha perso-naxe entre as mans. Candoentras xa non podes saír”.

Un auténtico tesouroComo representante dos 228socios cos que conta na actua-lidade Charamela, Mª Carmen

Gómez dixo recibir a medalla“coa mesma ilusión e alegríaque poñemos no noso traba-llo”. Por outra banda asegurouque o galardón é un revulsivo“que alenta a nosa gana deseguir traballando” ao tempoque contribúe “a renovar ocompromiso co teatro e coacultura de Melide”. En defi-nitiva, e segundo expresou, opremio representa para Cha-ramela “un auténtico tesouro”.

A Asociación Cultural Cha-ramela foi a entidade galar-doada este ano coa máximadistinción institucional doConcello de Melide; a Medallade Ouro, que a corporaciónmunicipal acordou concederlleen recoñecemento ao traballorealizado para recuperar a tra-dición teatral da vila dende ocompromiso co galego e impli-cando a diferentes xeracións.

Precisamente eses foronos dous aspectos que máissalientou a alcaldesa, DaliaGarcía, durante a entrega damedalla, que como é tradicio-nal se realizou o 29 de xuño nosalón de plenos en coinciden-cia co día do patrón, San Pe-dro. “Anímovos a seguir noeixo da transversalidade, com-binando savia nova e saviavella, porque ese é o puntoclave para seguir medrando”,dixo a rexedora, quen se amo-sou convencida de que “aoigual que outras asociaciónsque teñen este galardón ocoidan con moito agarimo vóstampouco nos ides defraudar”.

A vida é teatroA nota emotiva do acto púxoa odiscurso de Mª Carmen Gó-mez Neira, presidenta de Cha-ramela dende a súa fundaciónno ano 2006 e directora dundos grupos de teatro. Tras reci-bir a medalla non puido conteras lágrimas ao referirse ao “en-tusiasmo e entrega de todas aspersoas que forman esta fami-lia”, unha das claves da exitosatraxectoria da asociación. “Osque tivemos a fortuna de viviresta experiencia gardamos nonoso corazón momentos ines-quecibles”, dixo Gómez Neirapara concluír que Charamela “émoito máis ca teatro, actores edecorados; é unión, sentimen-tos, alegría e amizade”.

Na súa intervención a pre-sidenta de Charamela recor-dou as orixes da asociación eaquela primeira obra de teatrono pavillón municipal “quetivo un éxito que nunca pui-demos imaxinar” e que foi oxermolo do proxecto multicul-tural que representa hoxe aentidade.

Nun sentido máis amploGómez Neira referiuse á cul-tura como un ben necesario“que fai prósperos os pobos”e falou do teatro como unhadisciplina intrínseca a toda so-

Mary Gómez, presidenta de Charamela, tras recibir a medalla

Membros de Charamela e concelleiros no salón de plenos

Foto de familia ás portas da casa do Concello

Un encontro interxeracionalco teatro como bandeira

O xermolo estivo no teatro,nunha obra de Prado La-meiro que baixo o título“Almas sinxelas” se repre-sentou no ano 2004 co ob-xectivo de recadar fondospara a excursión de fin decurso dos nenos e nenas doColexio Pastor Barral. Mais,debido a ese efecto aditivoque ten crear unha perso-naxe e subir a un escenario,aquela estrea solidaria deri-vou en 2006 na creacióndunha asociación, Chara-mela, que pasados dez anosfixo de Melide un dos refe-rentes do teatro afeccio-nado en Galicia.

Dende a súa creación aasociación cultural Chara-mela puxo en escena pretode trinta obras de autoresda terra e internacionais,tanto clásicos como moder-nos, e sempre utilizando ogalego como vehículo de ex-presión. O grupo de teatro,formado por 38 actores eactrices dirixidos por Jesús eMª Carmen Gómez, levaronas súas creacións por nume-rosas vilas de Galicia e sonconvidados habituais dos

principais festivais de teatroamateur da nosa xeografía.No seu compromiso coatransmisión cultural, dende2003 a asociación encár-gase de ensaiar o grupo deteatro das  Escolas Deporti-vas do Concello de Melide.

O teatro é a bandeira deCharamela, pero Charamelaé moito máis ca teatro. Noano 2010 crea o Encontro In-terxeracional “O abrazo dasidades”, unha iniciativa queten por obxectivo transmitirvivencias entre xeracións. En2014 puxo en marcha acampaña Xuventude Sa. Ta-mén colabora co Concello narealización das alfombrasflorais de Corpus, na cabal-gata de Reis, na elaboracióndos cabezudos e estandartesdo Carme e na organizaciónda Feira de 1.900, que se ce-lebra na aldea de Furelos. Aasociación conta cun equipoque se dedica á creación decomparsas para o Entroido,leva a cabo magostos e ta-mén celebra o San Xoán,actividades todas elas enca-miñadas a poñer en valor astradicións propias.

Turismo Melide

Page 12: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

12 Melide Cerne 126. Xullo 2016

A Consellería de Sanidade, or-ganismo encargado de cuali-ficar as áreas de baño de todaGalicia, vén de rebaixar de“boa” a “suficiente” a calidadedas augas do Furelos ao seupaso pola praia fluvial, queestrea tempada de verán coacualificación máis baixa dastres posibles en zonas aptaspara o baño. Xunto con Me-lide, outras seis áreas recrea-tivas de interior obteñen amesma nota. Só dúas en todaGalicia están por debaixo; asdos concellos de Baralla e OCorgo (na provincia de lugo),onde o baño está prohibido.

A alcaldesa, Dalia García,lanza unha mensaxe de tran-quilidade e sinala que as augasda praia fluvial seguen a seridóneas “para o seu uso polopúblico en xeral sen ningúntipo de contaminación”. A re-xedora insiste en recordar queos resultados das últimas aná-lises realizadas son “moi simi-lares” aos das tempadasestivais anteriores e destaca

Rebaixan a “suficiente” a calidade da auga da praia fluvial de Furelos

que “están moi por debaixo dosparámetros que desaconsellano baño na cunca continental”.Con estes argumentos Garcíadeféndese das críticas que, trascoñecerse a nova catalogación,realizaron sobre o asunto ossocialistas, aos que a alcaldesaacusa de alarmistas e de facer-lle un fraco favor á vila por“utilizar con fins políticos” undos principais recursos turís-ticos de Melide.

O PSOE non cuestiona queo Furelos siga sendo apto para

o baño pero si “a ineficacia e odesinterese dos gobernanteslocais” ante as sucesivas de-nuncias que fixeron nos últi-mos meses sobre vertidos edeficiencias na rede de sanea-mento que acabaron contami-nando o Furelos e os seusafluentes. “É un problema quetivo como resposta primeiroa negación e despois a inca-pa-cidade de solución a pesarde importantes investimentosen materia de saneamento”,explica José Antonio Prado.

O PSOE de Melide solicitaralle ao goberno popular de DaliaGarcía que convoque “inmediatamente” unha reunión coa veci-ñanza para “informar, asumir responsabilidades e buscar solu-cións” en relación co proceso de regularización catastral que serealizou no concello en 2014 (impulsado polo Ministerio de Fa-cenda) e que se está a traducir agora na chegada de recibos doIBI para o cobro de atrasos de ata catro anos. Segundo denun-cian os socialistas isto está a supor “un desembolso económicoimportante que pon en serias dificultades a economía de moitasfamilias” tendo en conta ademais que dita regularización deri-vou “nun incremento desmesurados dos valores catastrais” que,din, son superiores aos valores reais de mercado. Dende o PSOEtamén lamentan que o concello aplique un coeficiente de actua-lización do valor catastral do solo do 1,1%, “o que implica que cadaano o valor do solo de Melide se incrementa nun 10%”.

Solicitan maior información ante achegada dos recibos do “catastrazo”

logo de 23 anos cun formatomoi similar que fixo de Melidea meca da beleza con solera, oconcello, organizador do con-curso de Miss e Mister Galicia3ª idade, prevé introducir al-gunha novidade no certame de

As misses da 3ª idade desfilarán o anoque vén con roupa do comercio local

cara á edición do ano que vén.A idea pasa por involucrar aocomercio local e “poñer todasas facilidades dende o Concellopara que as tendas presenten asúa roupa sobre a pasarela”,explicou a concelleira de

Benestar Social, Chus lópezMourón. Co obxectivo de am-pliar o abano de estilos e deprendas que se poidan lucir,barállase a posibilidade de queos maiores que participen nocertame desfilen “acompaña-

José Varela (A Coruña), Mister Galicia

dos dos seus netos ou de fami-liares máis novos”, sinalou aedil. Esta iniciativa, que haberáque madurar de aquí ao anoque vén, prevé implicar taménás perruquerías da vila e aomáximo número de sectores.

Alta participaciónA XXIII edición do certame deMiss e Míster Galicia 3ª idade,celebrada o pasado 3 de xullo,non defraudou. O Cantón deSan Roque estivo ateigado dexente un ano máis para verdesfilar sobre a pasarela ás 24mulleres e 12 homes que com-petiron por facerse con al-gunha das doce bandas a en-tregar. Finalmente, tras unhahora de deliberación, o xuradoescolleu a Alicia González, na-tural de Agolada e residente naCoruña, como Miss Galicia. Otítulo de Míster recaeu en JoséVarela, que aos seus 93 anosasegurou que o segredo da súavitalidade está en bailar catrodías á semana. Melide nonmarchou coas mans baleiras:Concepción Quintás e ManuelVázquez foron coroados comoos máis elegantes.

Expropiacións notramo da A-54Melide-Palas

Avanza o proceso de ex-propiacións para construíro tramo melidense da au-tovía lugo-Santiago. De-marcación de Carreterasdel Estado en Galicia con-vocou aos afectados polotramo Enlace Melide (Sur)- Enlace Palas de Rei paraproceder ao levantamentode actas previo á ocupa-ción dos terreos. A casaconsistorial acollerá entreos días 12 e 13 de xullo asreunións cos propietarios.

As actuacións nestetramo tamén afectan apropietarios de Santiso,que tiveron a súa reunióno día 11. En Palas o pro-ceso durará sete días: 14,15, 18, 19, 20, 21 e 22 dexullo. O levantamento deactas do tramo Arzúa-Melide xa se fixo no mesde febreiro.

Dous coruñeses triúnfan na XXIII edición do concurso de beleza

Trala revisión catastral tamén hai que pagar por cortes e pendellos

La Voz de Galicia

Alicia González (Agolada), Miss Galicia

Page 13: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Comarca 13Cerne 126. Xullo 2016

A Asociación Cultural Banda-Escola de Música de Visantoñaorganizará o vindeiro 5 deagosto unha cea solidaria coobxectivo de recadar os máxi-mos fondos posibles para axu-dar ao financiamento da escolaá que lle dá soporte e na que seforman na actualidade máis de30 nenos/as da comarca.

As cotas dos socios, o prezodas matrículas e a colabora-ción desinteresada de moitaspersoas xa non son suficientespara dar sostido este proxectoeducativo e cultural que nutrede músicos á banda e que aomesmo tempo é axente dina-mizador do rural e canteira deartistas. “Incluso os músicosda banda non están cobrandopolas actuacións e dedicantodo aos fondos para mantera escola”, explican dende axunta directiva da asociación,“pero a día de hoxepor nós mesmosnon somos capacesde manter un fi-nanciamento tanelevado”.

A pesar docomplexo da situa-ción, a cea solida-ria “non vai serunha velada de la-mentacións; ímolopasar ben”, insis-ten, “pero isto é unxeito de chamar aatención porquenon temos outroremedio. Trátasede xuntar algúnscartos para ir ti-rando uns meses

Visantoña apela á solidariedade comovía para soster a súa escola de música

ata que algún organismo teñaa ben axudarnos”.

Mensaxe ás instituciónsA cea solidaria terá taménun carácter reivindicativo enesa chamada de atención asinstitucións públicas estaránno centro da diana; concreta-mente o Concello de Santiso, aDeputación e a Consellería deCultura: “temos moi boa rela-ción con todas elas pero á horada verdade non acaban deimplicarse economicamente equeremos que se dean de contadeste sufrimento”, asegurandende a directiva ao tempo quese preguntan “que sería dos va-lores culturais no medio ruralse non fora por asociacións senánimo de lucro como a nosa”.

Un día de homenaxeNo plano máis festivo a cele-

bración servirá tamén parahomenaxear a todas as persoasque pasaron pola banda, in-cluídos os actuais compoñen-tes, así como ao presidente dehonra, Xosé Núñez.

O escenario, nada casual,será o Pazo de Vilar de Ferrei-ros, escollido polo seu caráctersimbólico (pois baixo o seumecenado naceu a banda deVisantoña hai 139 anos) e pola“colaboración extraordinaria”que sempre ofreceu o grupohostaleiro que xestiona o com-plexo; Ruta Jacobea. Por iso, odirector do pazo, Jesús Camba,será tamén homenaxeado.

As entradas para a cea, aun prezo de 23 euros con rifaincluída para un sorteo, podenmercarse no Bar lareira, noMesón de Visantoña e a travésdos números de teléfono 659653 099 e 609 059 634.

Nada máis comezar o veránxa recibiu o primeiro aviso.Incluso antes de que se ini-ciase a tempada de alto riscode incendios (que empezouo pasado 1 de xullo) o lumefixo acto de presenza nosmontes de Toques, que foronescenario do primeiro incen-dio do verán no distrito fo-restal de Santiago.

Afectou a unha zona demonte raso da parroquia deParadela, onde se iniciou so-bre as dúas da madrugadado 28 de xuño. As lapas esti-veron activas durante seishoras e queimaron unha su-perficie de 25,5 hectáreas.Segundo a Consellería doMedio Rural a situación es-tivo baixo control dende oprincipio grazas á rápidaintervención do dispositivocontra incendios e a quea zona afectada non eraabrupta nin tiña árbores.

Para previr incendios

Toques sofre o primeiro incendiodo verán no distrito de Santiago

coma este e coma o que anopasado arrasou en Toques320 hectáreas (un dos máisgrandes de Galicia), o Con-cello ten previsto realizaren breve as contrataciónsdo equipo de prevención deincendios, do que formaránparte cinco persoas.

O que xa está operativoé o dispositivo da Xunta con-tra os lumes, que na provin-cia da Coruña integran 26técnicos, 95 axentes fores-tais, 27 emisoristas, 22 vixi-lantes fixos, 34 brigadas e 34motobombas da Conselleríade Medio Rural, ademaisdos 7 Grupos de EmerxenciaSupramunicipal. A isto haique sumar 32 brigadas daempresa pública Seaga, 62brigadas dos concellos, 18motobombas municipais,dous helicópteros con baseen Santa Comba e Abegondomáis tres avións anfibioscon base en labacolla.

Máis de 1.400 persoas formarán parte das brigadas contraincendios en toda Galicia

unha das primeiras promocións da escola de música de Visantoña. Ano 1992

A conselleira falou en Melide da parcelaria de Maceda-Orois

Medio Rural investirá 120.000 euros en mellorara rede viaria entre Melide e Sobrado

A conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez,reuniuse cos rexedores de Melide e Sobradopara presentarlles o plan de arranxo de camiñosco que o seu departamento quere mellorar acomunicación viaria entre os dous concellos.

No que a Melide se refire vanse acondicionardous tramos da estrada que vai dende Folladelaata o límite con Sobrado. No primeiro abriransecunetas e pavimentarase con aglomerado enquente. No segundo farase limpeza de borde,bacheo e tratamento asfáltico. Respecto ás ac-tuacións no concello de Sobrado, vaise anchear

e asfaltar a pista que vai dende o núcleo deGrañas cara a Melide. As dúas obras suman uninvestimento de 120.000 euros. As que se rea-licen en Melide terán unha duración estimadade 4 meses e as de Sobrado 2 semanas.

Vázquez, que se desprazou ata Melide,aproveitou a visita para reunirse cos veciñosafectados pola concentración parcelaria deMaceda-Orois, que se atopa na fase de reor-ganización, último paso administrativo antesde entregar os títulos. unha vez rematada per-mitirá pasar de 2.636 fincas a 1.004.

Page 14: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

14 Comarca Cerne 126. Xullo 2016

CATASTRO E REXISTRO DA PROPIEDADECOORDINARANSE CUN NOVO SISTEMA DIXITAL

A diferente natureza das institucións do Catastro e doRexistro e a falla de comunicación entre ambas fixo nece-saria unha reforma de gran alcance que agora contemplao uso dun novo formato dixital -o formato GML INSPIRE-

Está previsto que nos próximos meses se xeralice o uso dunnovo formato dixital – o formato GMl INSPIRE- que permitirá acoordinación entre as Institucións do Catastro e do Rexistro daPropiedade. O formato papel xa non será suficiente e será preciso apresentación da documentación no novo formato dixital para adap-tarse á lei. A reforma da lei 13/2015 da lei de Catastro Inmobiliariocontempla que a coordinación gráfica das fincas rexistrais sexaperfectamente coincidente. Segundo o art.38 da lei Hipotecaria“O rexistro protexerá a ubicación e delimitación xeográfica da finca”.

Ata agora o intentode establecer unha co-ordinación entre a in-formación que mane-xaban ámbalas dúasInstitucións baseábaseno establecemento dasreferencias catastrais –o código alfanuméricoidentificador oficial eobrigatorio dos bensinmobles- que identifi-caba as fincas. Isto non

significaba que a finca estivese perfectamente delimitada. Agora nonsó se pode garantir o dereito de propiedade senón que ao incorporaras bases gráficas, sempre que se correspondan coa realidade doterreo, ou sexa, sempre que se incorpore un plano xeorreferenciadodos lindes da finca; tamén se garantirá a protección da xeometría esuperficie da finca.

A razón pola que ata agora non había unha comunicaciónentre o Catastro e o Rexistro era, en primeiro lugar, debido a que setrataba dunha comunicación unilateral, do Rexistro ao Catastro e;en segundo lugar, debido á diferente natureza de cada unha dasInstitucións. O Catastro é unha Institución de carácter eminente-mente fiscal-tributario con fins recadatorios a través de – por exem-plo- o IBI (Imposto de Bens Inmobles) o chamado “recibo dacontribución”; ademais é de inscrición obrigatoria xa que busca ter oterritorio e os titulares das propiedades controlados. O Rexistro dapropiedade, pola súa banda, é de carácter xurídico e de inscrición vo-luntaria; e produce efectos ante todos pola sinatura de documentospúblicos como escrituras, documentos xudiciais ou administrativos.

Grazas a xeralización do uso do formato GMl poderase ache-gar unha base gráfica catastral, sempre que se corresponda coa reali-dade, ou unha representación gráfica alternativa, no caso que haxadiscrepancia entre as escrituras, o catastro e/ou a propia realidadeda finca. O uso do formato GMl facilita a protección xurídica dosdereitos de propiedade e tamén a delimitación física da finca baixo asalvagarda dos tribunais. Os avances tecnolóxicos permiten a xeorre-ferenciación dos marcos, ou sexa, a delimitación exacta dos lindes porcoordenadas uTM mediante o uso de tecnoloxía GPS. O que implicaque incluso no caso de alteración da posición dos marcos, éstespoderán ser colocados na súa ubicación correcta sempre que fosenecesario. Ademais este novo formato GMl supón un valor engadidono mercado da propiedade inmobiliaria ao aumentar a facilidadeda súa transmisión, xa que, nos procesos de compra-venda seráposible saber exactamente o que se está a adquirir.

Información elaborada por Gabinete CartotecRúa Alfonso Castelao, 23 - 4º C

O campamento militar da Ciadella,en Sobrado, o máis importante dosasentamentos defensivos romanosque se coñecen en Galicia (xuntoco de Bande, en Ourense) afrontaunha nova fase para a súa postaen valor: a Consellería de Culturadestinará 90.000 euros para realizarnovas prospeccións, un proxectofinanciado no 80% con fondos Federque permitirá escavar o lado oesteda muralla, tanto por dentro comopor fóra, e realizar unha sondaxepara comprobar o estado de conser-vación desa mesma muralla no ladosur do campamento.

Malia que aínda se descoñece onome da empresa que realizará asescavacións, os traballos de limpezaque se están a realizar nestes momen-tos xa permitiron facer algunha des-

Fondos Feder permitirán facer novasprospeccións no campamento da Ciadella

cuberta, como por exemplo dous for-nos de pan que apareceron na parteinterior de dita muralla. No xace-mento tamén se atoparon utensiliosde cociña, cerámica, puntas de lanzas,frechas ou broches de bronce que seempregaban para as vestimentas.

O campamento da Ciadella éun asentamento militar de épocaromana no que se estima que entreos séculos II e V habitaron preto de500 soldados da Legio VII Gemina,a lexión encargada de defender osterritorios que na actualidade secorresponden coa provincia de lugoe o norte da d´A Coruña. Ocupa unhaextensión de 2,4 hectáreas e tenforma rectangular. O campamentoestaba defendido por unha murallaque á súa vez estaba protexida porvarias torres e un foxo.

Vista xeral dunha das partes escavadas do campamento. Ano 2007

TEJERINA VISITA “TERRA DE MELIDE”

Tejerina e Vázquez estiveron acompañadas polosecretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, a

alcaldesa de Melide e varios concelleiros

A ministra de Agricultura,Isabel García Tejerina, ate-rrou en Melide durante acampaña electoral para aseleccións xerais do 26-J.

De man da conselleira doMedio Rural, Ánxeles Váz-quez, a ministra visitou asinstalacións da queixeríaTerra de Melide (situada naparroquia de Orois), unhadas máis premiadas de todaGalicia na variedade dequeixo Arzúa-ulloa.

Na fábrica desta em-presa familiar os asistentesparticiparon nunha degus-tación na que puideroncomprobar de primeiraman a calidade do produto.

Page 15: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Publicidade 15Cerne 126. Xullo 2016

Rúa de San Pedro, 1415800 MELIDE (A Coruña)Tlf: 981 50 54 68

JoyeríaOro Ley

Taller propio

www.lindesmelide.com 981 935 [email protected] Ronda da Coruña 68, Baixo Izda. 15800 (Melide)

INMOBILIARIA MELIDE AGORA É NOVA IMAXE

TRASLADÁMONOS !!

VISÍTANOS NAPRAZA DO CONVENTO

A CARÓN DO MUSEO

www.tendaxebre.es981 50 57 23

Page 16: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

16 Publicidade Cerne 126. Xullo 2016

al comprar tusmó progresivasalta gama

GRATIS2

197€

asgafas

Ronda de A Coruña, 2015800 MelideA Coruña

www.multiopticas.comTabora

REXCE ÓPTICA: E-15-001238REXCE AUDIO: E-15-001241

Page 17: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Comarca 17Cerne 126. Xullo 2016

Vilariño (San Breixo). Palas de Rei. 27203 LugoTelf.: 982 37 41 35 / Fax.: 982 37 40 98

Web: www.balnearioriopambre.com

Santiso vive o seu particularbaby boom este verán. Mais,lonxe dun ansiado e necesariorepunte da natalidade, a expli-cación hai que buscala noéxito dos campamentos de ve-rán ofertados polo Concello,nos que participan dende quederon comezo o pasado 4 dexullo 85 rapaces e rapazas deentre 3 de 12 anos; un récordabsoluto. A cifra, elevada depor si, adquire maior dimen-sión en comparanza co nú-mero de escolares que cursanestudos o resto do ano no co-lexio municipal: tan só 40.

Tal foi a avalancha de ca-tivos, que o goberno local tivoque botar man dunha subven-ción da Deputación da Coruñapara contratar unha empresade ocio que se encargase dexestionar o campamento.“Grazas a iso poderemos aten-delos”, explican, “ oano pasado tivemos 60e aínda fixemos as acti-vidades con persoal doConcello, pero este anosería inasumible”.

Dende o executivomunicipal amósanse“contentos” pola boaacollida que tiveron oscampamentos malianon atopar explicaciónpara tan elevado nú-mero de inscricións:“as instalacións soncómodas e gustan perotampouco temos nadaque non teñan os cam-pamentos doutros con-cellos veciños”.

Arzúa e Melide son

Avalancha de cativos en Santiso con85 inscritos no campamento de verán

dous dos lugares de proceden-cia de boa parte dos partici-pantes. De feito este ano oConcello de Santiso habilitouunha liña de autobús con

horario de recollida e entregapara facilitar o transporte doscativos residentes no concelloveciño de Melide. O mesmo faicos rapaces de Santiso: “nondeixamos de coller ningún porcoller aos de fóra”, insisten

O gobernomunicipal estudamodificar as basespara establecer

un límite máximode admitidos

dende o equipo de goberno. As bases dos campamentos

de verán dan prioridade deinscrición aos cativos escolari-zados e empadroados en San-tiso, seguidos daqueles queteñen familiares de primeiro,segundo e terceiro grao empa-droados no concello e por úl-timo os rapaces procedentesdoutros municipios. Non obs-tante, ditas bases non contem-plan un límite de admisión.Por iso, e para evitar que oscampamentos morran deéxito, o equipo de gobernocontempla modificar ditasbases de cara ao ano que véne establecer un tope máximode inscritos: “as instalaciónschega un momento en que nondan máis de si e os cativosrequiren moita atención. unexceso de nenos podería serprexudicial”.

Campamento de 2015. Cativos e cativas diríxense a realizar actividades

ELECCIÓNS XERAIS 2016

MELIDE. Participación: 69,1 %

2015Variación

PP - 2.255 (52,9 %)

PSOE - 806 (18,9 %)

U.PODEMOS - 658 (15,4 %)

C´s - 285 (6,7 %)

BNG - 171 (4 %)

+ 4,6 %

+ 0,7 %

- 0,4 %

- 0,6 %

- 3,7 %

- 3,8 %

SOBRADO. Participación: 64,4 %

PP - 619 (55,4 %)

PSOE - 291 (26 %)

U.PODEMOS - 93 (8,3 %)

C´s - 73 (6,5 %)

BNG - 19 (1,7 %)

+ 6,4 %

- 4,3 %

- 2,8 %

+ 1,1 %

- 0,9 %

- 4,6 %

TOQUES. Participación: 69,7 %

PP - 472 (63,3 %)

PSOE - 111 (14,9 %)

U.PODEMOS - 66 (8,9 %)

BNG - 57 (7,6 %)

C´s - 29 (3,9 %)

+ 7,1 %

- 2,2 %

- 4,4 %

- 0,8 %

+ 0,6 %

- 3,8 %

SANTISO. Participación: 66,7 %

PP - 591 (58,7 %)

PSOE - 199 (19,8 %)

U.PODEMOS - 121 (12 %)

C´s - 40 (4 %)

BNG - 35 (3,5 %)

+ 8,2 %

- 3,5 %

- 0,3 %

- 0,2 %

- 2,9 %

- 3,2 %

Page 18: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

18 Publicidade Cerne 126. Xullo 2016

FESTAS NA HONRA Á VIRXE DO CARME

As Festas do Carme teñenun cariz especial polo seuambiente máis recollido efamiliar, por esa mesturade ocio, tradición e devo-ción que as fai especiais.

Segundo se recolleno libro A vila de Melide,escrito por Xosé ManuelBroz, a orixe desta festivi-dade data de 1744, ano noque se constrúe a capela eno que o presbítero BlasNúñez de Segade fundaa Confraría do Carme.

Así é a descrición quedito libro fai das Festas doCarme: “unha festa e de-voción de longa raigamena vila, onde a xente de-vota vai con velas na pro-

cesión do día 16, nunhalonga fila; pola rúa doCastelo, segue pola en-trada de Santiago ata ocruce, para subir pola rúade San Pedro e Principaló Castelo e á Capela. Odía anterior faise a proce-sión desde a Parroquial,coa Virxe do Carme Pe-quena, e logo volve parao seu altar ó seguinte día17. Antes facíase unhafeira de sementes de na-biña, corbo, toxo... que oslabregos expoñían á beirado camiño do castelo pa-ra os tratantes que viñanmercar.

A festa romaría facíaseantes na estrada de Lugo,

onde os bares poñían ba-rracas, adornadas conmirtos, onde era costumetomar cervexa con gase-osa servida en xarras de

cristal. Nun tempo antigo,dise que a festa era á beirada Capela. Os días antesda festa a comisión vaipola casa dos confrades

a pedir a cota da festa,levando o ramo da Virxe,que o confrade leva ata acasa do seguinte confrade,a quen llo entregaba”.

Festas con tradición, festas con devoción

Ҩ

Chiquitín

* Almorzos

* Habitacións

* Menú do día

* Terrazas

* Especialidade en pulpo e carnes galegas

A parada no teu Camiño

Tfno.: 981 815 333 www.chiquitinmelide.es Rúa San Antón, 18 - 15800 MELIDE

* Especialidade en hamburguesas de boi de Kobe e polo con espinacas

* Menú do peregrino

Camiño de Ovedo, nº [email protected]

TLF.:627 03 59 73 / 981 50 56 24

Page 19: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Cultura e lecer 19Cerne 126. Xullo 2016

Broz Rei recompila nun libro todasas vertentes do patrimonio de Melide

Poucas vilas poden presumirde ter un patrimonio tan rico emoitas menos de ter quen sepreste a investigalo co detallee a dedicación coa que XoséManuel Broz leva estudando ode Melide durante boa parteda súa vida.

Mestre xubilado, pintor,persoa de natureza semprecuriosa, divulgador e investi-gador incansable, Broz Reiafonda agora na súa faceta deescritor coa publicación doque se empeña en denominaro seu “quinto e derradeiro” li-bro; un volume de 607 páxinasno que, baixo o título A vila deMelide, aborda o patrimoniolocal dende numerosas pers-pectivas: civil, relixiosa, artís-tica, histórica, cultural, etno-gráfica ou folclórica.

O libro, que o propio autordefine no limiar como “uncompendio de traballos ante-riores, unha actualización dedatos e unha publicación denovos coñecementos arredorde Melide”, comezou a for-xarse en 1982, cando saíu a luzo primeiro dos boletíns anuaisque publica o museo comar-cal, do que Broz Rei é directore do que tamén no seu día foipromotor. Precisamente neseescenario se presentou o pa-sado 1 de xullo A vila de Me-

A publicación recolle nas súas 607 páxinas máis de 500 fotografías e a xenealoxía de 62 familias melidás

lide, no transcurso dun actono que, rodeado de amigos,veciños e familiares, XoséManuel Broz destacou o papelrelevante que xoga a foto-grafía no seu último traballo.De feito son máis de 500as imaxes (a maioría en cor)que, “con visións diferentes evarias perspectivas”, van sal-picando as páxinas, motivopolo que a publicación taménpodería ser definida como uninventario fotográfico.

Tal e como explica o propioautor, ademais da reportaxegráfica e variada sobre o pa-trimonio, o volume taménachega “unha interesante elaboriosa” xenealoxía de 62familias melidás “sacada dosarquivos onde se le a historiada nosa xente, todos inmi-grantes de terras de fóra quese asentaron nesta vila”. A elesvai dedicado o libro, “melidaosque viviron e fixeron esta vida,que son os nosos patrucios”,tamén aos seus alumnos, aoseu neto Miguel “para quesaiba das súas raíces” e, dunxeito máis xeral “a todo o pobode Melide, herdeiro dun fer-moso e amplo patrimonio,para que o conservemos comounha herdanza dos nososantergos e o leguemos ás vin-deiras xeracións”.

“O ABRAZO DAS IDADES”

Organiza: Asociación Cultural Charamela

VII Encontro Interxeneracional Terra de Melide

6 DE AGOSTO na Casa da Cultura

de 12:00 a 14:00

de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 19:00

19:30

OBRADOIRO DE COCIÑA

20:00

21:30

Exposición CHARAMELA EN FOTOS

HOMENAXE INTERXERACIONAL

Teatro coa Asociación Cultural Charamela“VAICHE BOA...”

Concurso coa actuación deTI SI QUE VALESSuilma Aali e Uma, do concurso “Levántate” de Tele 5

˃

˃

˃

˃

˃

X. Manuel Broz acompañado por Ricardo Suárez (esq.) e Roberto Pérez, maquetadores do libro

Os domingos en Melide serán máis animados nos meses dexullo e agosto. Á alegría propia do bo tempo e do período es-tival súmase a última iniciativa de dinamización posta enmarcha pola Concellería de Turismo: “Vermú no Camiño”,unha serie de actuacións musicais na rúa que se están a rea-lizar en diferentes enclaves da vila e que teñen como fío con-dutor a ruta xacobea. O obxectivo destes domingos deverbena, para os que o Concello contou coa colaboración damarca de vermú galego St. Petroni, é “mobilizar á xente” e“promocionar Melide e a súa hostalería en tempos de verán”.

As dúas primeiras actuacións xa tiveron lugar en Furelose no casco vello. As vindeiras serán os días 24 de xullo (cascovello), 31 de xullo (casco vello e Ronda de Pontevedra), 7 deagosto (casco vello) e 28 de agosto (Santa María).

“Vermú no Camiño” amenizaráos domingos de xullo e agosto

O representante de St. Petroni coa alcaldesa e o edil de turismo

Page 20: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

20 Cultura e lecer Cerne 126. Xullo 2016

LOLO PENAS NON DEFRAUDA E VENCE NOS 21 DO CAMIÑO

MOITO MÁIS CA MOTOS NAIV CONCENTRACIÓN DE MELIDE

Era o favorito e os prognósticos non se equivoca-ron: o corredor arzuán lolo Penas, que pode pre-sumir de ter sido campión de España de 10.000metros, 14 veces internacional e de levar dousmundiais ás súas costas, proclamouse vencedorda IV Media Maratón “Os 21 do Camiño”, que sedisputou entre Palas e Melide o pasado 25 dexuño. Fixo un tempo de 1:12: 24. Tan só catrosegundos por detrás del cruzou a liña de metaGustavo Nieves, corredor vigués de 34 anos queeste verán participará non xogos paralímpicosde Río de Janeiro, na que será a súa cuarta citaolímpica despois de ter estado xa en Sydney, Pekíne londres. O terceiro posto do podio ocupouno oveterano Elías Dominguez, cun tempo de 1:15:05.

Anxo Castro (7º) e óscar lugrís (8º) foron osatletas locais mellor clasificados.

Na categoría feminina Paula Mayobre fíxose coavitoria cun tempo de 1:25:47. Acreditada comodeportista de alto nivel pola Xunta de Galicia,esta corredora de Ares foi atleta internacionalcoa selección española en 6 ocasións e tres vecesmundialista. Participou nun campionato euro-peo e nunha olimpíada da xuventude. O se-gundo posto foi para María Jesús Gestido(1:27:38) e o bronce levouno Rocío Alvite cuntempo de 1:30:23.

O acróbata portugués Paulo Martinho é xa unincondicional da concentración melidense e oseu espectáculo, o máis seguido polo público.

Motos e máis motos. Para admiralas pero sobretodo para percorrer estrada. O bo tempo acompa-ñou as rutas pola comarca da Terra de Melide.

Concerto de altura cunha banda lendaria: Burningfixo vibrar co seu rock o Cantón de San Roque.

As motos foron sen dúbida as protagonistas peroa concentración moteira dos Millí Riders, quecelebrou a súa cuarta edición os días 1,2 e 3 dexullo revelouse como un evento capaz de encherde ocio a axenda de toda unha fin de semana:

FURELOS REPRODUCE ÁPERFECCIÓN A VIDA EN 1900

Page 21: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Cultura e lecer 21Cerne 126. Xullo 2016

Os Melidaos participan no últimodisco da histórica Coral de Ruada

Tocaron por primeiravez xuntos hai cousadun ano na Praza Maiorda cidade das Burgas.Hai poucos días, concre-tamente o 24 de xuño,a Coral de Ruada deOurense e Os Melidaossubiron de novo ao esce-nario e repetiron expe-riencia por unha boacausa: a presentaciónoficial do último discoda histórica coral ou-rensá, do que os gaitei-ros de Melide formanparte xunto con outrasformacións e artistas decategoría como Treixa-dura, Milladoiro, luarna lubre ou CristinaPato, entre outros.

Máis de 200 persoascompletaron o aforo doTeatro Principal de Ou-rense para coñecer deprimeira man algunhasdas 18 pezas musicaisque integran o CD eDVD De Ruada entreamigos, un traballo dis-cográfico no que a Coralde Ruada conta taméncoa achega dos corosinfantís de catro cole-xios ourensáns e mesmode artista estranxeiroscomo Andrew Cronshawe Tigran Aleksanyan,procedentes de Inglate-rra e Armenia respec-tivamente.

Os Melidaos e membros da Coral de Ruada

Presentación do disco no Teatro Principal de Ourense

O traballo discográfico inclúe tamén as colaboracións deTreixadura, luar na lubre ou Milladoiro, entre outros

É a primeira vez que a Coralde Ruada, nos seus case cenanos de historia, grava temascon colaboracións de diversasagrupacións, motivo polo calpara Os Melidaos supón

“unha gran honra ser elixidospara cantar neste disco e,ademais, por ter a deferenciade chamarnos para actuaren directo na presentacióndo mesmo”.

“VERÁN CULTURAL”CONCELLO DE MELIDE

23 de xullo (12:00 h.), na Casa da CulturaOS BOLECHAS VAN ÁS OLIMPÍADAS

23 de xullo (20:30 h.), na Praza do ConventoII FESTIVAL DE HABANERAS NO CAMIÑO

Organizado pola Coral Polifónica de Melide

30 de xullo (20:30 h.), na Praza do ConventoO FIADEIRO

Actuación de música e baile tradicional

3 de agosto (20:30 h.), na Casa da CulturaOS ROEDORES

Teatro infantil coa compañía “Redrum Teatro”

5 de agosto (22:30 h.), na Praza do ConventoODAIKO & VANESA MUELA

Actuación Musical

7 de agosto (21:30 h.), na Praza do ConventoUXÍA E NARF

Actuación Musical “Baladas da Galiza imaxinaria”

10 de agosto (18:30 h.), na Praza do ConventoGARABATO DE XOGOS

Xogos para todas as idades

11 de agosto (20:30 h.), na Casa da CulturaAS FABAS MÁXICAS

Teatro infantil coa compañía “Caramuxo Teatro”

Page 22: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

22 Colaboracións Cerne 126. Xullo 2016

Podcasting, outra forma de acceder a contidos multimedia

Vivimos nunha sociedade ca-racterizada polas présas e afalta de tempo. O consumo devídeo pode ser unha das for-mas de lecer, pero require danosa atención plena. Doutrabanda, os contidos en audiopermítennos compatibilizalocoa realización doutras tarefase aproveitar mellor o tempo.Isto non é nada novidoso. Aspersoas que nos gusta a radiolevámolo facendo toda a vida.

Non obstante, coa apari-ción do podcasting imos unpaso máis alá, porque o consu-midor destes contidos vólveseselectivo na busca e pode gozarde certas vantaxes sobre a ra-dio tradicional; non ten queesperar a recibir os contidosque a emisora de turno queiraprogramar nin esperar ás horasque decida emitir. Co podcas-ting podemos seleccionar ebuscar contidos que sexan donoso interese cando nós deci-damos, podemos levalos des-cargados nos nosos móbiles

e tamén temos a opción deconfigurar a aplicación queusemos para xestionar estespodcasts (chamada xenerica-mente podcatcher) para quenos avise cando exista un pro-grama novo dos que estamossubscritos e que nolo descar-gue automaticamente (pode-mos configuralo para querealice a descarga cando omóbil teña conectividade wifi,para non gastar datos).

Existe unha gran canti-dade de podcasts que tocan di-ferentes temáticas, a maioríadeles gratuítos. un bo sitioonde empezar é na plataformaiVoox, onde atoparemos milesde podcasts en español. Pode-mos acceder a ela a través dunnavegador ou descargar a appgratuíta para o móbil. Nestaopción meterannos uns segun-dos de publicidade ao principioda escoita, como fan Spotify eoutras similares. A plataformatamén dispón dunha moda-lidade gratuíta para quen se

anime a crear o seu propiopodcast e queira telo aloxadoen internet. De todas formas,itunes é a plataforma máisimportante e coñecida nomundo do podcasting. Outraque tamén recomendo revisaré Spreaker e, en breve, Goo-gle tamén terá en España o seuservizo de podcasting dentrodo seu Google Play Music.

Do lado das aplicaciónsrecomendables para o móbil(se queremos acceder a pod-casts que non están en iVoox),podemos empezar con Pod-cast & Radio Addict ou An-tennaPod (as dúas gratuítas)ou Pocket Casts (de pago).Algúns podcasts recomenda-bles: El gran apagón (ficciónsonora), la Cafetera (actuali-dade), Colectivo Burbuja (eco-nomía), Carne Cruda (actuali-dade e cultura), Fans Fiction(cine e series), Podcast de Hieloy Fuego (Xogo de Tronos).

Jorge Lama, formador en novas tecnoloxías

fonso no ano 1796 co obxectivode frear a poderosa armada deGran Bretaña, inimigo francés.

Deste xeito Ana María Sotoparticipou durante cinco anosnese conflito mariño cuxosprotagonistas eran ingleses efranceses. Primeiro loitou nacosta catalá e máis tarde nosur, onde participou na defensade Cádiz, ameazada polas fra-gatas inglesas do AlmiranteJohn Jervis. Tamén participouna batalla do Cabo de San Vi-cente no ano de 1797 a bordoda fragata Nosa Señora dasMercedes, que era un dos bar-cos que escoltaban ao Santí-sima Trinidade, un dos barcosmáis grandes do mundo na-quela época.

un ano mais tarde, en 1798,durante un recoñecementomédico rutineiro, descubriusea súa condición de muller. Nonobstante, lonxe de ser casti-gada ou humillada, o rei CarlosIV concedeulle un soldo e máiso grao de sarxento en atencióná heroicidade demostrada e

á súa acrisolada conduta. unsoldo de dous reais de vellóndiarios permitiulle atender asnecesidades de seus pais, que-dando ademais autorizada ausar as cores dos batallóns daMariña Española e os galónsde sarxento nas súas roupasde muller.

Xosé Núñez, escritor

Ana María de Soto, nacida enAguilar (Córdoba), foi a pri-meira muller infante de Ma-riña da que se ten constanciaata hoxe. No ano 1793, con 16anos de idade, alistouse nosbatallóns da Mariña de Guerraespañola.

Ao igual que pasaba nou-tras esferas da sociedade, poraquel entón as mulleres tiñanvetado o acceso ao exército.Foi por iso que Ana María sefixo pasar por home, presen-tándose en San Fernando conome de Antonio María deSoto. Ninguén se deu de contado engano e conseguiu ingre-sar na Sexta Compañía doOnce Batallón.

Naqueles anos España par-ticipaba no conflito europeoque enfrontaba á Francia revo-lucionaria co resto de paísesque vían con temor a revoltagala e a tendencia libertariaque acompañaba a súa ideo-loxía. España posicionouse dolado de Francia ao firmar oTratado da Granxa de San Ilde-

Fazaña belicosa dunha muller no século XVIII

O Naturalismona literatura galega

Dende a segunda metade doséculo XIX ata os primeirosdecenios do século XX, o na-turalismo desenvolveuse noseidos literario e filosófico coobxecto de reflecti–lo com-portamento, os instintosprimarios e as miserias hu-manas presentes na socie-dade e na realidade cotiá.Fundamentábase nas ache-gas de diferentes correntes depensamento, entre elas o po-sitivismo de Auguste Comte,a antropoloxía materialistae os postulados científicosde Charles Darwin e JohannMendel. Caracterizábase polatemática científica e por pro-cedementos como o fata-lismo, a degradación físicae moral dos personaxes, acrítica e a denuncia de certosvalores e institucións da so-ciedade, a narración obxec-tiva e unha linguaxe sinxela.

Malia carecer de escolae tradición propia en Galicia,durante o Rexurdimento cer-tos autores manexaron onaturalismo para plasma–larealidade con exactitude.Deseguido, recóllense algúns:

> Xan de Masma (pseu-dónimo de Patricio Delgadoluaces) foi autor d’A besta,narración que viu a luz enFollas Novas entre o 29 dexaneiro e o 24 de decembrode 1899. Na súa introducióncensura os principios natura-listas de Émile Zola e rematacun epílogo, no que teorizasobre fórmulas cooperati-vistas e de xustiza social enconsonancia co socialismoutópico, de fondo enraiza-mento no norte de Galicia.

A obra divídese en dúaspartes. A primeira céntrasena biografía de Pepiña, deascendencia labrega, e noacoso de Policarpio, arren-datario das terras e respon-

sábel do desaloxo familiar.Na segunda acolle a chegadade Pedro, mozo carlista queretorna do exilio para casarcon Pepiña. En síntese, oautor censura as clases aco-modadas por seren cul-pábeis da inxustiza e daopresión sufrida polas ca-madas populares.

> Heraclio Pérez Placerescribiu Beira do lar. Cuen-tos gallegos (1903). leva oprólogo «Al lector», asinadopor lOS EDITORES. Nel re-sumen eloxiosamente a tra-xectoria persoal e literaria doescritor e despois debullan aobra literaria deste singula-rizada polo naturalismo. Aseguir, figuran unha críticaloatoria de Eladio RodríguezGonzález e os textos litera-rios, compostos por catro po-emas narrativos, dez relatosinéditos e outros trece xa in-cluídos nos libros Contos,leendas e tradiciós e Contosda terriña.

A temática literaria cla-sifícase en catro grupos: a li-teratura popular, a improntalírico–sentimental, o afonda-mento na psicoloxía dos per-sonaxes e a transmisión deemocións estéticas xurdidasda contemplación paisaxís-tica. Os personaxes extráensedo mundo rural. A propósitoda figura feminina, convénsinala–lo tratamento da naie do resto de mulleres, oraidealizadas ora interpretadaspopularmente.

> Rogelio Rivero gozoude popularidade por cultivarunha prosa sobre a vida aldeáque se perfila con sátira ehumor. Incidía na crueza ena miseria moral e física, porexemplo, en Fungueirazos.Contos gallegos (1916) eGalicia, Rindo (1924).César C. Vega, investigador

Heraclio Pérez Placer Xan de Masma

Page 23: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

Entrevista 23Cerne 126. Xullo 2016

ESTREllA GóMEZ RAMOS, STARDEMODA

“O 17 de xullo celebraremos o primeiroaniversario con descontos e regalos”

A vida dá moitas voltas e Estrella Gómez sábeo moi ben. Mais nese deixarselevar esta moza destinada a ser mestra de Educación Infantil chegou a boporto. Esa é polo menos a sensación que lle deixa o último ano á fronte dasúa propia tenda de roupa (Stardemoda), unha iniciativa na que se embarcou

sen dubidalo tras moito tempo de traballo como dependenta. Satisfeitaco resultado da decisión e coa boa marcha da tenda, considérase unhaemprendedora privilexiada por non ter que sufrir “esa costa tan empinadaque sempre hai que padecer ao principio cando empezas un negocio”.

“Penso que oscomerciantes de

Melide somosunidos, pero

deberíamos selomoito máis”

“Nesta profesiónsempre se levatraballo para acasa; a cabezanunca deixa de pensar”

- Stardemoda cumpre unano. Está satisfeita coaevolución da tenda nestetempo?-Estrella Gómez (E.G.): Si,estou moi contenta. Foi unano de ilusións, de esperanzae de miles de sabores diferen-tes que pasou moi rápido. Sin-ceramente, non esperaba quefose todo tan ben. Síntomeafortunada. levaba moitotempo con esa idea na cabezae cando decidín poñerme polamiña conta os clientes que xame coñecían seguiron vindo emercando. Confiaron en min.Teño que darlle grazas a todoo mundo por iso e tamén polasmostras de cariño, as palabrase o apoio que me prestaron.

- Ter experiencia no sectorfacilitoulle a posta en mar-cha do negocio?-E.G.: Máis ca emprender oque fixen foi darlle continui-dade ao que xa facía. levabamoitos anos traballando cosmesmos clientes, xa coñecía amecánica da tenda e por isonon me pareceu difícil. Pensoque son unha privilexiada por-que non sufrín esa costa tanempinada que hai que superarao principio cando pos enmarcha un negocio. Foi collera tenda, triplicar as vendas eir todo para mellor. A verdadeé que nos tempos en que esta-mos non esperaba acadar esesobxectivos tan rápido.

- Fala de continuidadepero, cambiou algo atenda neste ano? -E.G.: Si, intentei darlle algomáis de alegría e cambiei unpouco os estilos de roupa, in-corporando prendas que mar-quen a diferenza con outroscomercios de Melide. Agorateño roupa con máis coloridoe máis estampados, sen deixarde lado as liñas básicas, queteñen sempre os seus fans

incondicionais. Ademais ulti-mamente introducín taménalgo de roupa de festa.

- Que imaxe intentou pro-xectar de cara á clientela?-E.G.: Quero que a xentesaiba que Stardemoda é unhatenda con moita variedade deroupa na que se pode entrar,mirar, probar e marchar senmercar se non hai nada queguste. Non pasa nada por iso,nunca imos poñer mala cara.As prendas están para velas.Se a xente non entra na tendanon pode saber o que teño.

- Como vai celebrar esteprimeiro aniversario?-E.G.: Fareino tendo en contaá clientela, que é a que me per-mitiu chegar ata aquí. Comoagradecemento, o día 17 de xu-llo vai haber descontos espe-ciais e regalo seguro por cadacompra que ser realice. Tamén

poñerei uns pinchos e refres-cos. Vai ser un día diferente.

- Que é o máis difícil dexestionar un comercio? -E.G.: É un traballo máis sa-crificado do que poida parecerporque non só se trata de aten-der á xente: saes da tenda evas pensando nos escaparates,en que comprar, como com-prar... sempre se leva traballopara a casa e a cabeza nondeixa de pensar. De todos osxeitos para min o máis difícil éir ás coleccións, porque botashoras e horas vendo moitaroupa. Ao final o que menosme gusta a min é a que antesse vende na tenda.

- É difícil coñecer os gus-tos da xente?-E.G.: Como levo moitotempo, cos clientes máis anti-gos xa sei os gusto nada máisentrar pola porta. Cos novos

leva algo máis de tempo captaras ideas pero aínda así creoque descarto bastante rápido;desde que veñen un par deveces xa se coñece ben o estilode roupa que lles gusta. Este éun traballo que require moitapsicoloxía.

- Nun negocio de roupacomo o seu tamén se notaa influencia do Camiño?Os peregrinos compran? -E.G.: Compraban máis doque compran. Recordo anosde facer moi boa caixa conperegrinos e algúns inclusode ter que privarse porque nontiñan onde meter a roupa. Operegrino que máis merca é oque vén en setembro: xente deidade media con máis poderadquisitivo.

- Como ve o comercio deMelide? Cales cre que sonas súas fortalezas e as

súas debilidades? -E.G.:Os comerciantes de Me-lide somos unidos pero tería-mos que selo aínda moito máis.Vexo que cada un vai bastanteao seu e había que facer máiscousas xuntos. A nivel comer-cial e do que eu vendo perciboque hai moita falta de tallasgrandes. O problema é que re-sulta difícil atopalas para poderpoñelas á venda. Estou can-sada de buscalas e non as douatopado. unha persoa conobesidade ten problemas paravestir á moda. Cústame enten-delo, deberían facelas aíndaque só sexa porque é un nego-cio e hai demanda. De feito, euvendo máis roupa da talla Xlca da XS.

StardemodaTlf: 626 56 49 02R/ San Pedro, 10

Estrella Gómez cambiou a súa vocación de mestra polo mundo da moda

Page 24: Nº 126. Xullo 2016. Distribución gratuíta Charamela recibe ...asetem.com/wp-content/uploads/2016/07/CERNE-126-XULLO-2016.pdf · dunha existencia no desterro. 2016 debuxa un panorama

CERNE Cerne 126. Xullo 2016

Dende a traxectoria e a experiencia que avala Espectáculos ÁngelSeoane recomendamos a todas as comisións de festas que traballensempre con profesionais, pois é o mellor xeito de garantir que todo sedesenvolva correctamente e tamén de evitar sorpresas desagradables.

Recordamos que no momento de solicitar os permisos par poderorganizar as festas é necesaria, segundo establece o Artigo 42.2 da Leide Emprendemento e Competitividade Económica de Galicia, a seguintedocumentación:> Proxecto da festa e plano do campo da festa, certificado CE da empresafabricante do escenario ou dun técnico competente, documentaciónda cabeza tractora, documentación do escenario, ITV, Seguro de Res-ponsabilidade Civil e boletín de industria; Seguro de ResponsabilidadeCivil Festas Xerais, factura da Sociedad General de Autores Españoles(SGAE) ou recibo de pago.

Ademais, recomendámoslles ás comisións de festas que, de nonteren constituída unha asociación cultural sen ánimo de lucro, seanimen a facelo, pois desta maneira poderán, entre outros beneficios,deducir o IVE na declaración.

Agardamos que estes consellos sexan de utilidade e aproveitamosa ocasión para expresar o noso agradecemento aos centos de comisiónsque ao longo dos últimos 36 anos depositaron a súa confianza nestaempresa para organizar festas e celebracións.


Recommended