OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a través da súa
deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á proposición non de lei
en comisión do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda,
documento número 12058, Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de
Galiza para a conservación do humidal de Valdoviño, que figura na orde do día
da comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e
Servizos, que se vai celebrar o 10 de outubro ás 10:30 horas.
Emenda de adición:
Engadir o seguinte:
“-Reprobar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza por
incumprimento flagrante dos acordos do Parlamento de Galiza e por ofrecer
información falsas en relación coas súas actuacións no humidal protexido, areal e
lagoa da Frouxeira.
-Exixir que a Xunta de Galiza remita, pola vía do artigo 140, unha
comunicación na que dea conta das razóns do incumprimento do acordo
Parlamentar do ano 2009 en relación coa xestión deste espazo protexido, así
como da situación actual.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Facer pública toda a documentación técnica relacionada coas actuacións
de baleirado da Lagoa da Frouxeira, así como remitir a mesma as asociacións
ecoloxistas que o teñen solicitado, en cumprimento da legalidade vixente.”
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz S. do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 09/10/2013 17:39:40
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa da Comisión 2.ª,
Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da
súa deputada Patricia Vilán Lorenzo, a través do seu portavoz e ao abeiro
do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa
Mesa a seguinte emenda á Proposición non de lei en Comisión do Grupo
Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, sobre as actuacións que
debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos danos ocasionados
polo incendio que devastou o Monte Pindo o 11 de setembro de 2013 e a
súa declaración como Parque Natural (09/PNC-001017, doc. núm. 12352)
Emenda de modificación
Débese modificar o punto 5 da parte resolutiva da proposición non de lei,
que quedará redactado co seguinte contido:
“5.- Previamente á declaración do Monte Pindo como Parque Natural, se
proceda a instar ao Concello de Carnota á elaboración do PXOM
(substituíndo ás normas subsidiarias de planeamento en vigor), que inclúa o
Monte Pindo, tendo en conta o ben dos veciños e veciñas de Carnota.”
Emenda de adición
Débese engadir un novo punto 5 bis na parte resolutiva da proposición non
de lei, que quedará redactado co seguinte contido:
“5 bis.- Finalizados as labores de rexeneración e recuperación dos valores
medioambientais da zona, se inicie o procedemento para a declaración do
Monte Pindo como Parque Natural e, de forma simultánea, se aprobe unha
partida orzamentaria específica para o Monte Pindo, co fin do seu
aproveitamento sustentable e económico.”
Pazo do Parlamento, 9 de outubro de 2013
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 09/10/2013 17:57:39 José Luís Méndez Romeu na data 09/10/2013 17:57:47
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a través da súa
deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á proposición non de lei en
comisión do Grupo Parlamentar dos Socialistas de Galiza, documento número
5421, Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas
axudas para a subsidiación de préstamos por adquisición de vivenda protexida
vinculadas aos plans nacionais de vivenda 2002-2005, 2005-2008 e 2009-2012, que
figura na orde do día da comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio
Ambiente e Servizos, que se vai celebrar o 10 de outubro ás 10:30 horas.
Emenda de adición:
Engadir un novo punto:
“E instar ao Goberno do Estado a derrogar a disposición adicional segunda da lei
4/2013 de medidas de flexibilización e fomento do mercado de aluguer de vivendas.”
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz S. do G.P. do BNG
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 09/10/2013 17:54:11
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a través da súa
deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á proposición non de lei en
comisión do Grupo Parlamentar dos Socialistas de Galiza, documento número
10927, Sobre a emisión dun informe de impacto ambiental desfavorable ao mantemento
da factoría de ENCE en Pontevedra, que figura na orde do día da comisión 2ª,
Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, que se vai celebrar
o 10 de outubro ás 10:30 horas.
Emenda de substitución:
Substituír a parte resolutiva polo seguinte:
“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a exercer as competencias exclusivas en
ordenación do territorio -recoñecidas nos artigos 148-149 da CE, no artigo 27 do EAG e
ratificadas polas sentenza 61/97 do Tribunal Constitucional- coa finalidade de que o
complexo ENCE-ELNOSA abandone o seu actual emprazamento na ría de Pontevedra
na data límite de xullo de 2018, prazo no que remata a concesión administrativa que ten
outorgada.”
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz S. do G.P. do BNG
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 09/10/2013 17:36:34
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
A Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte emenda á proposición non de lei en Comisión, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, 09/PNC-000429 (5421), sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas axudas para a subsidiación de prestamos por adquisición de vivenda protexida vinculadas aos plans nacionais de vivenda 2002-2005, 2005-2008 e 2009-2012.
Emenda de substitución
Débese substituír o texto da parte resolutiva, polo que segue a continuación:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Dirixirse ao Goberno de España para demandar a reposición da prórroga para a subsidiación dos préstamos hipotecarios para todas aquelas persoas beneficiarias que cumpran os requisitos establecidos conforme ao disposto nos Reais Decretos que regulan os Plan de Vivenda 2005-2008 e 2009-2012, ou cando menos, que acceda a autorizar a prórroga naqueles casos nos que haxa constancia dunha maior necesidade en orde a criterios económicos e de circunstancias familiares.
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
2. No caso de que o Estado non asuma esas axudas, que por parte da Xunta de Galicia se faga unha valoración do número de persoas acollidas ás subsidiacións hipotecarias dos anteriores Plans de Vivenda na nosa Comunidade co fin de determinar a situación das familias máis desfavorecidas afectadas por esa medida e, de ser o caso, articular medidas alternativas desde o ámbito autonómico que axuden a mitigar os efectos naqueles casos con maiores dificultades económicas e con especiais circunstancias familiares”.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013 Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 09/10/2013 18:06:53
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
A Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte emenda á proposición non de lei en Comisión do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, 09/PNC-000976 (11568), sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para o mantemento das liñas de trasporte público que estaba a cubrir a empresa ATSA no Val Miñor ata o 1 de setembro de 2013.
Emenda de substitución
Débese substituír o texto da parte resolutiva, polo que segue a continuación:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Que continúe co seu labor de implantar un Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo, volvendo a instar ao Concello de Vigo para que participe de forma activa na consecución deste obxectivo.
2. Que extreme as comprobacións e teña en conta as alegacións presentadas en relación coa modificación do título concesional formulada pola empresa ATSA, tratando que as alteracións que se puidesen producir impliquen o menor efecto nos servizos e na mobilidade da cidadanía”.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013 Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 09/10/2013 18:07:18
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
A Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte emenda á proposición non de lei en Comisión, do Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda, 09/ PNC-000999 (12058), sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para a conservación do humidal de Valdoviño.
Emenda de substitución
Débese substituír o texto da parte resolutiva, polo que segue a continuación:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia, a elaborar coa máis ampla participación das entidades e cidadanía interesadas o “Plan de conservación do humidal protexido lagoa de Valdoviño” co obxecto de regular as actuacións a realizar nese espazo no futuro”.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013
Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 09/10/2013 18:07:31
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara presenta, ante esa Mesa, a seguinte Emenda á Proposición non de lei en Comisión do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia “Sobre a emisión dun informe de impacto ambiental desfavorable ao mantemento da factoría ENCE en Pontevedra.”(09/PNC-000940(10927))
EMENDA DE SUBSTITUCIÓN
Débese substituír o texto da parte resolutiva polo seguinte texto:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que na emisión do informe autonómico previsto na vixente Lei de Costas, para o caso de que o Goberno do Estado tramite unha solicitude de ENCE para a prórroga da súa concesión de ocupación do DPMT na súa actual localización, se garanta co maior rigor e exhaustividade a defensa do interese xeral de Galicia e o cumprimento máis estrito da normativa ambiental de aplicación”.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 09/10/2013 18:06:51