O NOME
Berta Mª Brea GonzálezC.E.I.P XUNQUEIRA 1
CLASES DE NOMES
Comúns
Propios
Concretos
Abstractos
Contables
Non Contables
Individuais
Colectivos
Comúns. Designan seres ou obxectos da mesma clase: león, avión.
Propios. Designan un ser ou lugar para distinguilo dos demais da súa especie: Lois, Paula,África. Escríbense sempre con maiúscula inicial. Lois Paula
Concretos. Designan algo que podemos percibir polos sentidos: libro, mesa.
Abstractos. Designan ideas que non podemos percibir a través dos sentidos: medo, amor...
Contables.Designan algo que pode ser contado: lapis,casas.
Non contables. Designan algo que non pode ser contado numéricamente:auga, pan, leite.
Individuais.Designan en singular un só obxecto:coche,cadeira.
Colectivos. Designan en singular un conxunto de obxectos: rabaño, enxame.
FORMACIÓN DO FEMININO
Se en masculino remata en -o ou en -e cambia esa vogal por -a: o mono- a mona, o mestre -a mestra.
Se remata en vogal tónica engade -a: avó -avoa.
A maior parte dos rematados en consoante engaden -a: rapaz-rapaza, profesor-profesora.
Moitos nomes rematados en -n forman o feminino en -a: bailarín -bailarina.
Os nomes rematados en -ón fan o feminino en -oa: ladrón-ladroa.
Algúns nomes rematados en -án fan o feminino en -á: aldeán-aldeá.
Algúns substantivos teñen forma distinta para o masculino e o feminino: cabalo-égoa, home-muller.
FORMACIÓN DO PLURAL
Os substantivos que rematan en vogal ou en -n engaden -s: restaurante – restaurantes, man- mans.
Os rematados en -l engaden -es: pel-peles. Pero se son palabras agudas, perden o -l e engaden -is: animal – animais.
Os que rematan en consoante distinta de -n ou -l engaden -es: pintor- pintores, compás- compases.
Os extranxeirismos adoitan facer o plural en -s: hámster-hámsters