Date post: | 09-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | ies-ramon-ma-aller-ulloa |
View: | 224 times |
Download: | 2 times |
Instituto Ramón Mª Aller Ulloa - LALÍN
Guía de uso da biblioteca
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 3
A nosa biblioteca 5
Os nosos fondos 7
A CDU (Clasificación Decimal Universal 9-11
Táboas 13
Índices de CDU 14-15
Índice alfabético de materias 16-17
ABIES eCatálogo:Consultas no computador 18
Xornais e outras publicacións periódicas 20
Préstamos 22
Os computadores (Normas de uso) 23-24
O persoal da biblioteca 25
ÍNDICE
un sitio para:
ler (máis de 12.000 libros)
oír (500 vídeos e DVD’s)
ver (300 CD’s e casetes)
navegar (6 PC’s)
informarte
documentarte
A BIBLIOTECA
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 5
A nosa biblioteca ten máis de 13000 títulos. Están organizados conforme á CDU (Clasificación Decimal Universal). Non todos están na sala de lectura, pero ti podes usar calquera. A maior parte deles pódelos levar para a casa e telos durante un tempo. Se entendes como está organizada,
a biblioteca serache moi útil � para a túa formación � para a túa información � para a túa diversión
porque a biblioteca está pensada para ti
Os nosos fondos superan os 17000 documentos. A maior parte deles son libros, pero tamén atopa-rás revistas, mapas, casetes, discos, vídeos, CD ROM e DVD’s.
Constantemente ampliamos e renovamos estes fon-dos. Neste proceso, ti cumpres un papel moi im-portante.
Por outra parte, todo o material está perfectamente organizado para que teñas un fácil acceso a el. O sistema de organización que seguimos é a CDU
A CDU (Clasificación Decimal Universal) é o sistema
de clasificación máis estendido no noso entorno cultural. É importante saberes como funciona porque iso permitirache manobrar na maior par-te das bibliotecas ás que vaias.
A súa base está na asignación de un díxito a unha materia. Pódense utilizar cantos díxitos se quei-ran. Cantos menos se empreguen a clasificación será máis xeral, cantos máis se empreguen a clasificación será máis específica.
A biblioteca non remata na sala de lectura: nin todo o material está exposto nela, nin ti tes porque utilizalo sempre aí. Pódelo levar para a casa, seguindo as nor-mas que temos e respectando os prazos.
17.000 documentos
a
CDU
Pódelos levar
Etiqueta vermella Está sección non se organiza pola CDU, só por APELIDO DO AUTOR e TÍTU-
LO. Nela están as mellores coleccións de LITERATURA XUVENIL
Caderno deCaderno de
suxestiónssuxestións
Utiliza o caderno de suxestiónsUtiliza o caderno de suxestións
A túa colaboración é fundamental A túa colaboración é fundamental
para renovar e ampliar fondospara renovar e ampliar fondos
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 7
OS NOSOS FONDOS Ao longo dos seus máis de 50 anos, o Instituto foi xuntando os fondos actuais.
Os máis de 17000 documentos dos que dispoñemos son, polo tanto, o resultado do labor realizado por moitas persoas e institucións. En 1988, un incendio provocado levou parte da biblioteca, por iso non temos máis. Todos os anos os Departamentos e o propio Centro destina parte dos seus recur-sos económicos a ampliar e renovar os fondos.
A nosa biblioteca goza dun presuposto propio. Con el imos comprando os fondos e ou-tros materiais. Se ti (profesor/a, alumno/a, pai/nai...) consideras importante comprar algún que non hai, anótao no libro de su-xestións. Isto é fundamental cara a ter-mos unha biblioteca que cubra as necesi-dades de tod@s.
A maior parte do material está na Sala. O resto está nos Departamentos ou no Almacén. Neste caso trátase de material que non consideramos de uso común ( por estar desfasado, por ser moi específico, etc). Con todo, ti podes ter acceso a el. Des-pois de mirares no ficheiro e comproba-res que o temos, solicítao aos encarga-dos de biblioteca.
Nas seguintes páxinas explicámosche como é
a CDU. O principio é que calquera campo do saber se inclúe en 9 grandes grupos. Cada grupo dá lugar a unha sección.
O material da biblioteca divídese, así, en 9 seccións, Unha vez que identificas un nú-mero coa materia correspondente, atopar o que buscas é moito máis fácil.
Deste xeito, ao principio da biblioteca está o 0 (que se corresponde coas obras de informa-ción xeral) e ao final está o 9 (onde se sitúan as obras de Xeografía e Historia)
Selección: o libro de
suxestións
Localización: Sala de lectura
Almacén
Departamentos
do
O ao
9
BUR
tar
VER
vin
DAH cha
Sección
ETIQUETA VERMELLA As mellores coleccións, os clásicos máis lidos, os personaxes máis universais, os contemporáneos máis celebrados... da
LITERATURA XUVENIL
SAI pri
COL ave
TOL
señ
DEF gul
DOC can
ROD cue
CAS mis
FER
cen
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 9
a CDU: (clasificación decimal universal)
as nove grandes seccións
As 9 seccións en que se organiza a biblioteca correspón-dense con cadanseu díxito de materia. Ese é o primeiro dos díxi-tos que compoñen a CDU e que atopas na
etiqueta do lombo do libro
Cada libro ten pegada no seu lombo unha etiqueta, que consta de tres liñas, a primeira numérica, as ou-tras dúas alfabéticas.
946.11 VIL his
A súa correspon-dencia é esta:
a) CDU (946.11) b) Tres primeiras letras do
apelido do autor (VIL) c) Tres primeiras letras do
título (his)
0. Obras xerais
1. Filosofía
2. Relixión
3. Ciencias sociais
5. Ciencias puras
6. Ciencias aplicadas
7. Belas artes. Música Deportes
8. Lingua e literatura 9. Xeografía. Historia. Biografías
Os libros ordénanse primeiro pola CDU. Todos os que teñen a CDU idéntica están xuntos. Despois polo apelido do autor (¡ollo!, polo apelido completo, non só as tres
primeiras letras). Iso significa que todos os libros do mesmo autor e da mes-ma materia están xuntos. Finalmente polo título. Os libros de cada autor que están xuntos ordénanse polo título.
Lembra: As obras de literatura xuvenil non seguen este criterio. Están na sección ETIQUETA VERMELLA
1 1 1 1 level 1111
3 3 3 3 niveau 3333
MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL 88888888 LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA
LecturasLecturasLecturasLecturasLecturasLecturasLecturasLecturas adaptadasadaptadasadaptadasadaptadasadaptadasadaptadasadaptadasadaptadas InglésInglésInglésInglésInglésInglésInglésInglés
MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL MATERIA XERAL 88888888 LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA LINGUA e LITERATURA
LecturasLecturasLecturasLecturasLecturasLecturasLecturasLecturas adaptadasadaptadasadaptadasadaptadasadaptadasadaptadasadaptadasadaptadas FrancésFrancésFrancésFrancésFrancésFrancésFrancésFrancés
As “Lecturas adaptadas” en INGLÉS e FRANCÉS están nos ARMARIOS ETIQUETA VERMELLA. Telas clasificadas por niveis de dificultade: do 1 (nivel máis baixo) ao 4 (o máis alto).
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 11
a CDU: (clasificación decimal universal)
as subdivisións
Cada unha das grandes seccións divídese en dez subseccións (ese é o segundo díxi-to da CDU) E así sucesivamente. Pode-mos establecer infinitas divi-sións, pero polo xeral non é necesario. Na CDU cada díxito ten un significado e engade unha matización aos anteriores
Esta é a CDU de Aves:
598.2 O 5 indica Ciencias Puras O 9, Zooloxía. O 8, saurópsidos. O 2, aves
Xa tes localizado o teu libro nunha das grandes seccións. (Imaxina que é un libro de Xeoloxía).
Sabes que está na 5 (Ciencias puras). Ora ben, dentro de ciencias puras hai moitas materias. ¿Como se ordenan?
Cada unha das grandes seccións diví-dense en dez subseccións (ese é o segundo díxito da CDU)
Sírvanos este exemplo, dentro do 5 Cien-cias Puras, atopamos:
En cada unha destas subdivisións póden-
se establecer outras dez, engadindo un tercei-ro díxito (510, 511, 512, 513...). E nesas dez, outras dez (xa temos catro díxitos). E outras, e outras, e outras...
Se a biblioteca o require, podemos le-
var a pormenorización das materias case ata o infinito
A nosa non chega a tanto. Ela organízase pensando en nós (@s usuari@s) e só preci-sa as materias que habitualmente manexa-mos no Instituto
5. Ciencias puras
51. Matemáticas 52. Astronomía 53. Física 54. Química 55. Xeoloxía. Meteoroloxía 56. Paleontoloxía. Fósiles 57. Ciencia biolóxicas 58. Botánica 59. Zooloxía
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 13
T Á B O A S
¿Entendiches como funciona a CDU? Como ves, é un sistema que nos permite or-
denar e atopar cada libro segundo a materia da que trata.
Ademais é o sistema máis estendido nas bi-bliotecas do noso contorno xeográfico e cultural, pero coidado:
A CDU non é para
memorizar.
Estariamos bos se tiveramos que saber a que co-rresponde cada numeriño. Todas as avantaxes da
CDU quedarían en nada
A súa utilidade non depende diso
As táboas que seguen
son para que as consultes.
Así si que che vai resultar
fácil atopar o título que queres.
1. Correspondencias CDU� materias
2. Correspondencias materias � CD
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 14
ÍNDICES DE
CDU
Estes son as CDU que utilizamos na bi-blioteca. Hai moitos máis e po-
deriámolos empregar. Tamén poderiamos
empregar menos. Cremos que, á vista
do tipo de material que temos e das necesida-des d@s nos@s usua-ri@s habituais, estes son os máis axeitados.
Fíxate: as materias están xerarquizadas do máis xeral (as nove grandes seccións) ao máis específico
0 DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, CATÁLOGOS, BIBLIOTECONOMÍA
004 INFORMÁTICA 02 BIBLIOTECONOMÍA 031 ENCICLOPEDIAS 036 GUÍAS (de viaxes) 038 DICIONARIOS 07 PRENSA. XORNALISMO 1 FILOSOFÍA
159.9 PSICOLOXÍA 16 LÓXICA, EPISTEMOLOXÍA 17 ÉTICA 19 HISTORIA DA FILOSOFÍA 2. RELIXIÓN 2 RELIXIÓN CATÓLICA EN XERAL 22 BIBLIA 24 TEOLOXÍA MORAL. PRÁCTICA RELIXIOSA. 29 OUTRAS RELIXIÓNS. 292 MITOLOXÍA 3 CIENCIAS SOCIAIS 31 DEMOGRAFÍA. ESTATÍSTICA SOCIOLOXÍA 314 Demografía. Estudios de Poboación 316 Socioloxía. 32 POLÍTICA 33 ECONOMÍA 34 DEREITO. XURISPRUDENCIA 35 SERVICIO MILITAR. OBXECCIÓN 37 EDUCACIÓN. ENSINO 371 Organización da educación e o ensino 373 Ensino escolar en xeral
377.8 Formación do profesorado 378 Universidade e orientación universitaria 39 ETNOGRAFÍA. COSTUMES. FOLCLORE 396 Feminismo. Muller. 5 Ciencias puras
502 PROTECCIÓN DA NATUREZA. 504 CIENCIAS DO MEDIO AMBIENTE 51 MATEMÁTICAS 52 ASTRONOMÍA 53 FÍSICA 54 QUÍMICA 55 CIENCIAS DA TERRA: Xeoloxía. Meteoroloxía 56 PALENTEOLOXÍA. FÓSILES 57 CIENCIAS BIOLÓXICAS 58 BOTÁNICA 59 ZOOLOXÍA
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 15
Despois da CDU que atopas nestas tábo-as, algúns libros le-van auxiliares. Estes son os auxilia-res máis comúns que utilizamos:
a) de forma (075)
Libros de texto (038)
Dicionarios (031)
Enciclopedias (036)
Guías (041)
Folletos
b) de lugar (461.1)
Galicia
c) de lingua =20
Inglés =40
Francés =499
Catalán =50
Italiano =60
Castelán =690
Portugués =699
Galego =71
Latín =75
Grego clásico (Estes refírense á lingua na que está a obra, non a aquela na que foi escrita
6 CIENCIAS APLICADAS 61 MEDICINA
613.88 Educación sexual 615.32 Drogas
62 TECNOLOXÍA 631 AGRICULTURA
7 Belas artes. Música. Xogos. Deportes 7 ARTE EN XERAL 74 DEBUXO. DESEÑO
741.5 Banda deseñada 77 FOTOGRAFÍA. CINE 78 MÚSICA 79 DEPORTES. XOGOS 8 Lingua e literatura 80 LINGÜÍSTICA XERAL
800.7 Sociolingüística 802 Lingua inglesa 803 Lingua alemá 804 Lingua francesa 806 Lingua castelá
806.9 Lingua galega (e portuguesa) 807.1 Lingua latina 807.5 Lingua grega
82 LITERATURA 82.09 Historia e crítica da literatura universal 820 Literatura inglesa 830 Literaturas xermánicas 840 Literatura francesa
849.9 Literatura catalá 850 Literatura italiana 860 Literatura española
869.0 Literatura portuguesa 869.9 Literatura galega 871 Literatura latina 872 Literatura grega (clásica) 880 Literaturas eslavas 882 Literatura rusa
891.69 Literatura vasca 892.7 Literatura árabe 895.1 Literatura chinesa 895.6 Literatura xaponesa
9 XEOGRAFÍA. HISTORIA. BIOGRAFÍAS 902 ARQUEOLOXÍA 91 XEOGRAFÍA EN XERAL 911 Atlas. Mapas
914.6 Xeografía de España 914.611 Xeografía de Galicia 929A/Z BIOGRAFÍAS (ORDENADAS do A ao Z)
930 HISTORIA EN XERAL 931 Prehistoria e historia antiga
940.1 Historia medieval 940.2 Historia moderna (ata 1914) 940.5 Historia contemporánea 946 Historia de España
946.11 Historia de Galicia
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 16
índice alfabético de
MATERIAS coa súa correspondente CDU
¿Que materia trata o libro que estás buscando? Aquí tes unha relación das materias nas que está organizada a bibliote-ca. Búscalle a súa CDU e atoparás facilmente ese libro
A- Agricultura 631 Arqueoloxía 902 Arte en Galicia 7(461.1) Arte en xeral 7 Astronomía 52 Atlas. 911
-B- Banda deseñada 741.5 Biblia 22 Biblioteconomía 02 Biografías (ordenadas de A a Z) 929A/Z Botánica 58
-C- Bioloxía 57 Ciencias sociais 3 Cine 77 Cómic (Ver Banda deseñada) Costumes (ver Etnografía)
-D- Debuxo. Deseño 74 Demografía 314 Deportes. Xogos 79 Dereito. Xurisprudencia 34 Dicionarios 038
Dicionarios de Castelán (038)60 Dicionarios de Francés (038)840 Dicionarios de Galego (038)869.9 Dicionarios de Grego (038)875 Dicionarios de Inglés (038)820
Drogas 615.32 -E-
Economía 33 Educación sexual 613.88 Educación. Ensino 37 Enciclopedias 04
Ensino escolar en xeral 373
Ensino (Formación do profesorado) 377.8 Ensino (Organización) 371 Ensino (Universidade) 378
Ética 17 Etnografía 39 Etnografía galega 39.461
-F- Feminismo 396 Filosofía en xeral 1 Física 53 Folclore (ver Etnografía) Fósiles 56 Fotografía 77
-H- Historia da filosofía 19 Historia e crítica da literatura universal 82.09
No 04 só atoparas as enciclopedias de contidos xerais. As enciclopedias específicas dunha materia (p. ex. Enciclopedia de Arte) están onda os demais libros desa materia, co auxiliar (031). No noso exemplo: 7 (031). 7 indica arte, (031) enciclopedia de
Os dicionarios específicos dunha materia (p. ex. Dicionario de Informática) están onda os demais libros desa materia, co auxiliar (038). No noso exemplo: 004 (038). 004 indica informáti-ca, (038) dicionario de
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 17
Historia en xeral 930 Prehistoria e historia antiga(931) Historia contemporánea 940.5 Historia medieval 940.1 Historia moderna (ata 1914)940.2
Historia de España 946 Historia de Galicia 946.11
-I- Informática 004
-L- Lingüística xeral 80
Lingua alemá 803 Lingua castelá 806 Lingua francesa 804 Lingua galega (e portuguesa)806.9 Lingua grega 807.5 Lingua inglesa 802 Lingua latina 807.1
Literatura en xeral 82 Literatura árabe 892.7 Literatura catalá 849.9 Literatura chinesa 895.1 Literatura española 860 Literatura finesa 894.541 Literatura francesa 840 Literatura galega 869.9 Literatura grega (clásica) 872 Literatura hebrea 892.4 Literatura india 891.1 Literatura inglesa 820 Literatura italiana 850 Literatura latina 871 Literatura portuguesa 869.0 Literatura rusa 882 Literatura vasca 891.69 Literatura xaponesa 895.6 Literaturas eslavas 880 Literaturas xermánicas 830
Lóxica, epistemoloxía 164
Os estudios de crítica ou de historia específicos dunha literatura concreta (p. ex. Estudios de literatura española) van inmediatamente des-pois das obras co engadido 09 Deste xeito un libro de crítica de literatura española é 860.09 ( o 860 indica literatura española e o 09, crítica.
-M- Matemáticas 51 Medicina 61 Meteoroloxía 55 Mitoloxía 292 Mocidade 316.35 Muller. Feminismo 396 Música galega 78(461.1) Música 78
-O- Obxección de conciencia 35
-P- Paleontoloxía 55 Política 32 Práctica relixiosa. 24 Prehistoria e historia ant. 931 Prensa 07 Protección da natureza. 502 Psicoloxía 159.9
-QU- Química 54
-R- Relixión católica en xeral 2
-S- Servizo militar 35 Sexo (Educación sexual) 613.88 Sociolingüística 800.7 Socioloxía 316
-T- Tecnoloxía 62 Teoloxía moral. 24
-U- Universidade e orientación universitaria 378
-X- Xeografía de España 914.6 Xeografía de Galicia 914.611 Xeografía en xeral 91 Xeoloxía 55 Xornalismo 07
-Z- Zooloxía 59
Fondo local
DEZA 001 ABC abc
Busca nos andeis do Fondo Lo-cal as pu-blicacións sobre as xentes e as terras de Deza
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 19
ABIES e o catálogo Para comprobares se na biblioteca hai o libro que buscas podes ir directa-
mente aos estantes ou ao programa de xestión. O noso programa de xestión chámase ABIES.
ABIES cataloga todo o material da biblioteca. Consultándoo podes atopar o que buscas.
Sigue as instrucións de ABIES e comprobarás doadamente se hai ou non o libro que queres.
Podes buscalo por calquera dos campos que che mostra a pantalla de consulta:
Autor
Título
CDU
Descritores
¿Coñeces o autor do libro? O ordenador irache dicindo todos os libros que hai dese autor.
O que sabes é o título. Sinálallo ao ordenador e rapida-
mente che indicará se o hai. ¿Queres saber que libros hai dunha determinada CDU?
Indícallo a ABIES e mostrarachos ¿Queres saber que libros hai de determinada materia? Indícallo a ABIES e mostrarachos
¡Ollo! Busca polo apelido.
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 21
XORNAIS e OUTRAS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS
Libros, discos, casetes... non completan todo o material da biblioteca. Nela
tamén podes atopar diversas publicacións periódicas.
Xornais
Semanarios, revistas...
Os xornais que se reciben cada día están nos ex-positores, á beira do revisteiro
Na biblioteca recíbense numerosas publicacións de
diversa periodicidade. Os últimos números recibidos de cada están no re-
visteiro. Os números anteriores están nos arquivadores que
do almacén. Podes utilizar tanto unhas coma outras. Estas publicacións son de moi variados tipos. Se
necesitas levar algunha para facer un traballo, solicítaa igual que o fas co outro material.
Se os colles, vólveos aos mesmo sitio
Na biblioteca tamén temos: • Catálogos de editoriais • Catálogos de material didáctico
SE BUSCAS UN MATERIAL MOI ESPECÍFICO PODES
ATOPAR INFORMACIÓN NESTAS RELACIÓNS
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 23
PRÉSTAMOS A non ser uns poucos exemplares que indican o contrario, podes levar pres-
tado calquera material do que hai na biblioteca. Para iso tes que:
a) Ter aberta a túa ficha de lector/a (xeralmente xa cha creamos cando te matri-culas por primeira vez no centro)
b) Solicitarllo ao profesor ou profesora de garda na biblioteca.
Lembra que non podes ter máis de tres títulos na casa
Prazos de préstamo: Libros : 15 días, como máximo. Material audiovisual : 3 días como máximo
Se non che deu tempo, podes renovar o préstamo e terás un novo prazo.
Non reteñas o material máis tempo do que o precises. Mentres o tes ti na casa, non o poden utilizar outros.
Se solidari@
Como accederes á Internet, desde a BIBLIOTECA
Todo o alumnado do instituto posúe a súa conta Cal é a túa? O usuario constrúelo:
inicial do nome + inicial do primeiro ape-lido+dous últimos números do DNI + letra do DNI.
O contrasinal constrúelo: au. + DNI (coa letra en maiúscula)
Exemplo:
Nome: Ramón María Aller Ulloa DNI: 12345678K Usuario: raulloa78k Contrasinal: au.12345678K
Unha vez que entras por primeira vez, debes cambiar o contrasinal, de xeito que só ti o coñe-
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 25
OS COMPUTADORES Os COMPUTADORES que hai na sala da Biblioteca:
� Teñen conexión á INTERNET. � Están a disposición de tod@s.
Para usalos: Apunta o número de ordenador e a hora durante a cal o queres
usar no CADERNO que hai na mesa d@ bibliotecari@.
Considera que: �Son ordenadores dun centro educativo. �O seu escaso número obriganos a compartilos. �Ás veces, hai compañeir@s que os precisan para facer un traballo.
Por iso, temos unhas regras de uso que debes coñecer e respectar
Nos computadores da Biblioteca, non se pode:
���� Acceder a páxinas pornográficas na Internet ���� Acceder a páxinas prohibidas a menores de
idade ���� Acceder a páxinas de xogos na Internet. ���� Acceder a foros e chat’s que non teñan rela-
ción directa coa actividade escolar. ���� Personalizar o escritorio ou gardar docu-
mentos persoais ���� Instalar programas sen solicitar permiso
Instituto “Ramón María Aller Ulloa”- Lalín 27
O PERSOAL DE BIBLIOTECA
Para mantermos a biblioteca en orde e organizada hai un serie de persoas
que se ocupan especificamente dela. Á parte das funcións que se indican abaixo cumpren unha fundamental: pó-
dente asesorar. consulta co profesorado da biblioteca calquera dúbida que
teñas sobre ela
Profesorado de garda
de biblioteca
Responsábel e equipo de apoio
Os profesores ou profesoras que están de garda na biblioteca ocúpanse dos présta-mos. Debes acudir a eles para levar un libro e entregárllelo cando o devolvas.
No cadro da porta podes comprobar quen
está de garda de biblioteca en cada mo-mento.
O profesorado que se integra no equipo de
apoio ocúpase de: � Administrar os presupostos de biblio-
teca, con atención preferente ao li-bro de suxestións
� Fichar os libros e os outros materiais � Manter os estantes en orde � Revisar periodicamente as fichas de
préstamo e reclamar o material non devolto
Para solicitar préstamos ou facer devolucións:
Aproveita as horas libres. Se é posible non esperes aos recreos.
Xa tes visto que nos recreos da ESO se xunta moita xente.
O título que buscas: Guía de uso da Biblioteca / Pereira, Mario. -- [4ª ed.]. -- Lalín : IES “Ramón María Aller Ulloa”, 2009 24 p. : il. col. ; 30 cm.
Bibliotecas escolares Guías de uso 02 : 036