“De Cero a Cen
En Tres Poemas”
Sarai no teclado e Sergio co violín abriron o encontro
Roedores do caucho
Chean de noite queimando goma,
Flipados de euforia e decibelios,
Coa gasolina inxectada en vea.
Logo, malotes de discoteca,
descenden do carro maqueado,
Co seu toque bakala na fala,
Arrastrando o ese como serpes
Coa roupa axustada ás tatuaxes,
Marcando paquete e territorio,
Feroces como galos de pelexa.
Hoxe, drogados de adrenalina,
Eternamente con dezaoito anos,
Sóñanse duros e invencibles,
Alleos ao tributo do destino;
Irán ficando aos poucos na cuneta,
Coa morte a rondar o seu cerebro,
As neuronas gripadas para sempre.
Carlos Negro (Makinaria)
061
Ao outro lado da liña,
Cando a noite se converte
En fronteira da angustia,
Hai unha nai que non dorme
E reza a soas na cama
Para que non soe nunca
Ese timbre terrible
Con estrondo de sombra:
Accidente
Ambulancia
Urxencias
Quirófano
Carlos Negro (Makinaria)
Rústico Estilo
Toda a aldea está en venda,
Aínda que ninguén a compre.
Vai caendo a pedazos,
Morta a cámara lenta,
De inverno en inverno,
Sen rastro de esperanza,
Despoboada e gris.
E o antigo muíño,
Emblema da familia,
Non o han recuperar
A doenza do verso,
A memoria ferida,
O estigma da perda.
Só a cultura do turismo,
O mercado inmobiliario,
A moda do rústico estilo
Carlos Negro (Cultivos Transxénicos)
A poesía din que é…
Un conxunto de versos
A expresión dos sentimentos
Un conxunto de palabras en forma de verso
Un xénero literario
Versos, rimas e estrofas
Un pequeno texto que rima con algún dos versos dunha
maneira melódica
Unha forma de afondar máis nos sentimentos
Versos e estrofas
Unas cantas rases que expresan as máis belas historias de
desamor
Unha forma de escribir con rimas e versos determinados
Unha forma mais de expresarse
Un tipo de texto no que as palabras riman e expresan
sentimentos
Varias estrofas compostas por versos
Un texto no que un autor, axudado de ritmo e a asonancia,
expresa as súas emocións
Un xénero literario no que a rima é o máis importante
Un xénero literario composto por versos e estrofas e con
musicalidade
Unha composición literaria escrita en verso
Palabras que riman entre si, versos con sílabas contadas e
cun número de estrofas determinadas
Unha composición artística con dous tipos de rima
(Alumnado 3º e 4º ESO)
A poesía para min é…
Unha forma de expresión libre
Unha maneira de dicir o que sentes sen ser xulgado
Unha escapatoria
Entretida
Un arte
Unha forma de expresar dunha maneira
Aquel pequeno texto que expresa un sentimento que conta
unha vida e que encerra un mundo
Unha maneira de expresar sentimentos ou pensamentos de
alguén
Liberdade
Unha de tantas formas de expresar o que sentes
Unha forma de expresar o que non se pode expresar doutra
forma
A maneira que teñen algunhas persoas de expresas os seus
sentimentos
Inspiradora
Un texto no que se fala de sentimentos
A voz durmida doutro ser que se agocha nos nosos
interiores máis profundos
Expresar moito en poucas palabras
Unha forma de expresión
Unha forma de expresar sentimentos e de reflectir a
actualidade
Unha expresión do mundo
Pensamentos e sentimentos compartidos con aqueles que
abren o seu corazón ao lela
O reflexo no papal baseado nos meus pensamentos e
sentimentos
(Alumnado 3º e 4º ESO)
Greguerías
O sofá é o cabalo dos vagos
A parede é a ventá dos ignorantes
A vida é como unha carreira de caracois
As follas son os semáforos das estacións
O traballo máis fácil é o que fai outra persoa
Soñar é ver a televisión apagada
O camiño máis longo é o que fai unha pulga sobre o pescozo
da xirafa
As tartarugas son coma vellos na taberna
(Aldara, Andrea, José Carlos)
Lista de cousas que os humanos encontrarán nunha libreta
Eses deberes de matemáticas ignorados.
Unha data inesquecible
O nome do teu namorado
Aquelas conversas secretas cando queda media hora de
clase
Un fragmento dunha canción inspiradora
Un debuxo de Ralph
Os apuntes inacabados de física
Cartas daquel amor perdido
Esas fotocopias dun tema pasado
Pequenos borróns feitos con típex
Notas sen sentido algún
Ese separador desvirgado
Unicornios
Frases con e sen sentido
Unha despedida
Raias
Contadores de comillas
Recordos pegados con fixo
Todos os nomes das persoas importantes
Os recordos do pasado
As promesas dun mañá
Un “Quérote”
A imaxinación reflectida
Pequenas citas
Debuxos traumáticos
Desexos de morrer
A moda (Noelia, Ruth, Joel)
Medo
Medo a quedar soa na multitude
Mede a non poder imaxinar
Medo a non saber expresas o que penso nun papel
Medo a non existir para os meus compañeiros,
E medo a que os meus compañeiros non existan para min.
Medo a non volver a abrir os ollos
e non poder tocar as nubes
e a restrinxir as miñas bágoas para sempre.
Medo a perder a razón
E medo a perder o meu corazón.
(Mariña, Andrea, Sara, Ánxela)
O Lapis
Eses lapis esquecidos,
abandonados no fondo dun caixón
anticuados e mesmo roídos.
Eses lapis que nalgún tempo
estiveron nas mans dun neno
que xogou a rompelos.
Eses lapis que non lles queda outra
que esperar que unhas mans
decidan con desprecio o seu final
Xa non contarán eses lapis
as vellas historias que ninguén quere escoitar.
(Victoria, Mar, Irene, Silvia)
Poema Dadá
A vieira de Ferrol
Sigo a medias coa pornografía
A investigación destroza o paraíso
O amplificador da homofobia é un matón
Mentres adelgaza a prostitución
Gastaron millóns na verdade.
O lema das tarxetas pide un rescate
Os teimudos marxinais piden placer
O rescate pide un lema
O rei fantasma de China
Entrega premios aos búlgaros
O fermoso Urdangarín alucina de peregrina
Denantes sen millóns se consolan
Os adolescentes reparten crónicas
Pachi pincha ao papa
O galáctico conquista Pescanova
Don Alberto está de xolda na discoteca
Picasso volve historiando
(Jorge, Carlos, Miriam, Aitor)
OPINIÓN DA RAPAZADA…
3º ESO
Carlos Aguado
En mi opinión, la charla con Carlos Negro fue muy interesante, ya
que nos demostró que la poesía va más allá de lo poemas de amor.
También, nos enseñó cómo podíamos hacer nuestros propios
poemas de diferente forma, como por ejemplo, recortando
palabras sueltas de un periódico para luego pegarlas y hacer un
texto. Además, me gustó el detalle de los dulces que nos dio..
Ruth Nouche
En la charla del otro día me gustaron las actividades que propuso,
lo de escribir poemas y bueno, puede que esto un poco menos, lo
del tubo por el que susurraba. Sus explicaciones estaban
bastante bien, y sinceramente de la charla me gustó todo así que
puedo omitir el punto de lo que no me gustó.
4º ESO
Victoria Formoso
Para min, esta foi unha experiencia moi divertida. Gustoume
moito poder interactuar tan de cerca coa poesía, e pareceume un
home moi amable. Se por min fose, se faría todos os martes.
Silvia Iglesias
A visita de Carlos Negro pareceume unha experiencia maravillosa
demostrounos, como el ben dixo, que a poesía non son todo
pombas e flores, é dicir non é todo amor, desamor, morte...
Pódese facer poesía de todo tipo. Gústoume moito que fora tan
próximo a nós e nos axudara a facer poesía, ou polo menos
intentalo. Repetiríaa sen dúbida.
Aldara López
A experiencia con Carlos Negro resultoume moi gratificante pois,
ademáis de que a poesía do autor paréceme fascinante, aprendín
que un poema é algo máis ca palabras en verso. Agora, tamén me
voltei máis aficionada á poesía, pois son capaz de disfrutala
completamente. Pareceume especialmente interesante a
actividade de escribir e paseino moi ben con ela. Tamén
descubrín algúns libros dos que non escoitara falar e que me
chamaron moito a atención. En resumo, foi moi inspirador e
gustaríame poder realizar un encontro coma este noutra ocasión.
Carlos Negro – Bibliografía Poética
Cine
“El club de los poetas muertos” – Oh capitán, mi capitán
http://www.youtube.com/watch?v=HVS4PiVicqw
Álbum Ilustrado
Leo Lionni – “Frederick”
http://revistababar.com/wp/frederick/
Jean-Pierre Simeon: “Un poema para curar a los peces”
http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2010/03/un-poema-para-
curar-los-peces.html
Adriana Falcao – “Maniática de la explicación”
http://www.lecturaviva.cl/lecturav_wp/?libro=maniatica-de-la-
explicacion
Poesía
Ajo – “Micropoemas 2”
http://www.arrebatolibros.com/es/wp-
content/themes/arrebato/iBooks/AJO_micropoemas2_4ed.pdf
Fran Alonso – “O meu gato é un poeta” , “Poetízate”
http://www.gatopoeta.net/
http://xerais.blogaliza.org/2011/11/16/%C2%ABpoetizate%C2%BB-de-fran-alonso-unha-
antoloxia-para-vivir-a-poesia-como-unha-rebelion/
Xosé María Álvarez Blázquez
http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas/-
/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/13439
Ernesto Cardenal – “Epigramas”
http://www.youtube.com/watch?v=2UqRvQ4_qCw
http://paredolia.wordpress.com/2010/02/05/ernesto-cardenals-epigramas-the-claudia-
poems-part-1/
http://www.tumblr.com/tagged/epigramas
http://www.poetryfoundation.org/bio/ernesto-cardenal
Rosalía de Castro
http://www.rosaliadecastro.com/
Lupe Gómez Arto – “Pornografía”
http://vimeo.com/42359831
Samuel L. Paris
http://pararaparis.bandcamp.com/album/inflamable
Antón Lopo
http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=696
Miguel Munárriz – “Poesía para los que leen prosa”
http://www.visor-libros.com/webhtml/visor/555.htm
http://www.elmundo.es/encuentros/invitados/2004/05/1087/
Andrés Neuman
http://www.andresneuman.com/
http://andresneuman.blogspot.com.es/
Uxío Novoneyra
http://www.uxionovoneyra.com/
Benjamín Prado
http://www.amediavoz.com/prado.htm
Kirmen Uribe – “Mientras tanto dame la mano”
http://kirmenuribe.com/es/testuak/poemak/
Roger Wolfe
http://www.amediavoz.com/wolfe.htm
Imaxes topadas en:
1. http://blogs.20minutos.es/madreconadolescentes/2008/05/
2. http://irnustian.com/2012/06/load-shedding-more-than-just-annoying/
3. http://www.abc.es/fotos-galicia/20121212/vista-aldea-unos-compradores-
1503815091023.html
4. http://www.ecologiaverde.com/pareja-de-tortugas-rompe-tras-115-anos-de-
matrimonio/
5. https://englishvg1.wikispaces.com/Ralph+Wiggum
6. http://imposibilidadesimprovabilidades.blogspot.com.es/2012/08/blog-post.html
7. http://es.paperblog.com/arte-en-lapices-679143/
8. http://letrasdenada.blogspot.com.es/2012/02/titulares-de-fuego.html
9. http://es.123rf.com/photo_9149649_recortes-de-titulares-de-prensa-mostrando-
malas-noticias.html
10. http://vanguardia-deportiva.blogspot.com.es/2010_06_01_archive.html