Obxectivos
1. Facilitar ao novo alumnado o tránsito e adaptación á contorna uni-versitaria.
2. Presentar os recursos e ferramentas que terán ao seu dispór na Uni-versidade de Vigo e, en particular, na Escola de Enxeñaría Aeronáu-tica e do Espazo.
3. Dar a coñecer as aulas, laboratorios e instalacións onde recibirán docencia, así como outras infraestruturas do Campus de Ourense.
Programa
Luns, 4 de setembro de 2017
Salón de actos Marie Curie. Edi� cio Politécnico
10.00 h Recepción e benvida polo equipo directivo do centro.
10.30 - 12.30 h Presentación dos distintos servizos do Campus de Ourense.
- Filemón Rivas Conde. Xestor de actividades culturais do Campus de Ourense.
- Isabel Ferreiro González. Psicopedagoga responsable do Gabinete Psicopedagóxico
- Rodrigo Alberte Pivida. Técnico do servizo de deportes do Campus de Ourense.
- Julia Jiménez López. Directora da Biblioteca Central do Campus de Ourense.
- Mercedes Álvarez Piñeiro. Coordinadora do Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
12.30 - 14.00 h Visita guiada polo campus co profesorado do centro.
Presentación das materias de 1º curso do Grao en Enxeñaría Aeroespacial.
Aula 3.4. Edi� cio de Facultades.
16.00 h Presentación da materia Cálculo I
17.00 h Presentación da materia Álxebra lineal
18.00 h Presentación da materia Física I
19.00 h Presentación da materia Expresión Gráfi ca
20.00 h Presentación da materia Informática
Martes, 5 de setembro de 2017
Aula 3.4. Edi� cio de Facultades. Comezo das clases
09.00 - 10.00 h Física I
10.00 - 11.00 h Álxebra lineal
11.00 - 13.00 h Informática
13.00 - 14.00 h Física I
Sala Emilia Pardo Bazán. Edi� cio de Facultades
16.00 - 18.00 h Obradoiro co Gabinete Psicopedagóxico
- Isabel Ferreiro González. Psicopedagoga responsable do Gabinete Psicopedagóxico.
Información
Secretaría de dirección da EEAEPara consultas relativas a información xeral sobre a titulación e o profe-sorado do centroDespacho nº17Pavillón Manuel Martínez-Risco988 368 [email protected]
Administración da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Facultade de Ciencias e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do EspazoPara consultas relativas a xestión académica (admisión, traslados, recoñe-cemento de créditos, etc.)Planta baixa. Edifi cio Politécnico988 387 004988 387 [email protected]@uvigo.es
aero.uvigo.es
Presentación
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo é un centro universitario de recente creación polo Decreto 6/2017 do 12 de xaneiro. O noso cen-tro conta cun equipo humano cunha ampla traxectoria na docencia, na investigación e na xestión académica. No primeiro curso do noso centro, 21 persoas impartiron docencia aos 50 alumnas e alumnos que comeza-ron os seus estudos no curso 2016/17. No próximo curso 2017/2018 se-rán xa 34 as persoas encargadas de formar aos futuros profesionais como Enxeñeiras e Enxeñeiros Técnicos Aeroespaciais.
A Universidade de Vigo conta cunha importante traxectoria aeroespacial. Convén lembrar que nesta altura foron xa tres os satélites postos en órbita (XaTcobeo, HumSAT e Serpens-B) e ten previsto o lanzamento de varios máis nos vindeiros anos. A carreira espacial da Universidade de Vigo é po-sible grazas aos excelentes grupos de investigación no ámbito tecnolóxico formando a agrupación aeroespacial, aos que hai que engadir os distintos equipos de Física Aplicada, Mecánica de Fluídos, Matemática Aplicada, Informática, Expresión Gráfi ca, Química, Estatística, Electrónica, Auto-mática ou Ciencias dos Materiais, por citar algúns.
A nosa misión é a de proporcionar ao alumnado da mellor formación posible no ámbito da enxeñaría aeroespacial, nas mencións de aeronaves e equipos e materiais aeroespaciais. O Grao en Enxeñaría Aeroespacial forma profesionais nunha profesión regulada que se ocupen do deseño, construción, mantemento e mellora de aeronaves e vehículos espaciais así como de todo o equipamento, subsistemas e infraestruturas que requiren.
Para dar continuidade na formación aeroespacial dos futuros egresados e egresadas do Grao en Enxeñaría Aeroespacial xa se está a traballlar na dirección do Centro para ofertar desde a Escola diferentes títulos superio-res: Máster universitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados, Máster universitario en Ciencias e Tecnoloxía do Espazo, e Máster Universitario en Enxeñaría Aeronáutica (profesión regulada).
Destinatarios
Alumnado de primeiro curso do Grao en Enxeñaría Aeroespacial
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Salón de actos Marie CurieEdifi cio Politécnico
4 de setembro de 2017
Xornada de benvida
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Salón de actos Marie CurieEdificio Politécnico
4 de setembro de 2017
Xornada de benvida