+ All Categories
Home > Documents > Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Date post: 28-Jul-2015
Category:
Upload: lopezmourenza
View: 118 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
36
O centeo
Transcript
Page 1: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

O centeo

Page 2: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

CENTEO(Secale cereale)

centenorye

seiglecenteio

Page 3: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

O centeo é unha planta herbácea gramínea que pode acadar 1,60 m de altura. Ten unha fácil nascencia e resiste os climas fríos mellor que os outros cereais.

Page 4: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

RAÍZ Fasciculada. Ten un sistema radicular moi desenvolvido.

Page 5: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

TALO (CANA) Oco, dividido por tabiques transversais.

Page 6: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

FOLLAS Alternas, envainadoras e cos nervos paralelos. De 20 a 30 cm de lonxitude.

Page 7: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

FLORES Agrupadas en espigas terminais protexidas por brácteas (glumas e glumelas).Florece de maio a xuño.

Page 8: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

espiga e grans de centeo

FROITOS (GRANS) De tipo cariópside, cunha única semente soldada ao froito.

Page 9: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

O centeo é un cereal que se cultiva desde finais do paleolítico. Os indicios máis antigos son de Abu Hureyra, ao norte de Siria, no val do Éufrates.

Page 10: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

O centeo está moi ben adaptado aos solos ácidos e de pouca fertilidade e ao clima rigoroso do interior de Galiza. Noutros tempos foi o cereal máis cultivado (o pan) e a base fundamental da alimentación en moitas zonas rurais, en especial da montaña.Hoxe en día este cultivo está practicamente abandonado. Cultívase sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense, a maior parte para forraxe.

campo de centeo na Mezquita

Page 11: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

searas de centeo nos Ancares, hai 30 anos

Page 12: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Seméntase no outono (grandal) e recóllese de xuño a agosto. Tamén se pode sementar na primavera (serodio) se o mal tempo non o permite no outono.

CULTIVO

Page 13: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

A sementeiraTradicionalmente cultivábase de varias maneiras:-Anovando o monte facendo rozas, estivadas ou cavadas. As "searas" ou "senras" de centro cultivadas polo sistema de rozas aproveitaban un ano a fertilidade natural do monte e cun lixeiro estercado podíanse sementar outro ano máis, Logo deixábanse outra vez a monte.-En barbeito cultivando a terra un ano si e outro non.-En rotación con outros cultivos, alternándoo xeralmente con patacas.  Cando a planta acada unha certa altura pódese aproveitar como forraxe dándolle un corte ou pacéndoo co gando, A este alimento para o gando chámaselle "ferraña", Na primavera volve agromar e déixase ata a sega.

Page 14: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

ARADOS: Empréganse para labrar a terra arrastrados por máquinas ou animais.

Cambela: é un arado tradicional galego moi primitivo. Está feito aproveitado a camba natural dunha árbore á que se lle engadía unha rella de ferro. Usábase nas montañas do Cebreiro, Ancares e O Courel.

Arado romano: é o arado tradicional máis común. Usouse desde a prehistoria ata a actualidade. Está construído en madeira agás a rella ou ferro que cobre o dente.

Museo da Fonsagrada

Page 15: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

A seituraTen lugar cando o froito está maduro desde finais de xuño ata agosto, segundo as zonas.Faise utilizando fouciños, gadañas ou máquinas segadoras.Tradicionalmente a seitura facíase á man, cortando e xuntando as plantas en gavelas que se ataban en feixes ou mollos. Os mollos poñíanse de pé apoiados uns nos outros formando medeiros para que secasen, logo fórmábanse as medas, onde se amoreaban os mollos colocándoos en víos horizontais e cos grans cara adentro. Actualmente só se fai a seitura á man en parcelas pequenas. Nas grandes utilízanse máquinas.

Page 16: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

seitura de centeo nos Ancares, hai 30 anos

Page 17: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

GADAÑAFormada por unha lámina de ferro triangular e curvada, afiada pola parte cóncava, é un mango perpendicular para manexala. Úsase para segar herba e cereais.

FOUCE, FOUCIÑO ou FOUCIÑAFormado por unha folla de ferro en forma de media lúa, afiada pola parte cóncava, cun mango para suxeitala. Úsase para cortar herba, cereais...

Page 18: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

A mallaÉ o labor que se realiza para separar o grao da palla. Pódese realizar de varias formas:-Golpeando directamente as espigas dos mollos contra un obxecto (pedra, táboa...).-Lavadoiro: golpéanse as espigas cun pau sobre unha pedra ou unha táboa inclinada. Deste xeito só se mallan cantidades pequenas.-Con mallo: labor que se facía colectivamente na eira propia ou nunha eira común por turnos. Faise con tempo soleado para que o centeo estea ben seco e quente e salte ben o gran.

Page 19: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Os malladores postos en dúas ringleiras, unha fronte da outra, van mallando alternativamente, cando os dunha ringleira baten co mallo, os da outra téñeno levantado. Comezan mallando de vagar (desbicar ou decruar) e logo baten más forte facendo resoar o golpe (bourear). Vanse desprazando por todas as fileiras de mollos ata que rematan.

Page 20: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Rematada a malla vanse collendo os feixes de palla, sacúdense e átanse con vincallos, facendo colmeiros que se levan para o palleiro. Logo várrese superficialmente para eliminar os coaños (pallas miúdas, espigas...) e xúntase o grao coa axuda de rodos.

Page 21: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Malla mecánicaFaise con máquinas malladoras que separan a palla do gran. É un traballo que se pode facer na mesma leira onde están as medas ou na eira da casa. Tamén é costume xuntarse os veciños para axudar. As malladoras adoitan ser dun particular que as aluga a cada casa cobrando segundo o tempo de traballo.

Page 22: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

MALLOFormado por dous paus, un longo (mangueira) e outro máis curto (pírtigo ou malladoiro) articulados entre sí por medio dunhas pezas de coiro, corno ou ferro. Úsase para mallar ou debullar os cereais.

  

Page 23: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

GALLAS, GALLETAS, FORCADAS, FORQUILLAS.Instrumentos de formas diversas con varios dentes longos e finos dispostos, unhas veces alineados, e outras en planos diferentes. Úsanse para cargar e remexer herba, palla...

 

forquilla galla galleta

PA DE AVENTARFormadas por unha peza de madeira rectangular cun mango. Úsábanse para aventar os cereais.

 

PANDEIRO, PENEIRA, CRIBORecipientes cilíndricos formados por un marco de madeira e un fondo de coiro ou rede metálica. Úsanse para aventar os cereais.

 

Page 24: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

O centeo podíase gardar como estaba ou limpar de palla (quitándolle as abixardas). Para iso érguese ou avéntase nun sitio no que haxa vento para que se separen os anacos de palla, as arganas e o po do gran. Facíase cun pandeiro ou un cribo deixándoo caír desde o alto para que o vento leve as abixardas.Máis recentemente este labor realizábase cunhas máquinas aventadoras.Logo xuntábase o gran, recollíase, medíase cun ferrado e gardábase en sacos, nunha tulla ou nunha hucha.

As tullas son recipientes de madeira nos que tradicionalmente se almacenaba o gran.

Tulla feita cun toro oco de castiñeiro.(Museo Liste, Oseira)

Page 25: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

USOS DO CENTEOA fariña úsase para facer pan, soa ou mesturada con fariña de trigo ou de millo (mistura ou mistilla). A fariña de centeo é máis escura que a de trigo e contén menos glute, o que fai o pan máis escuro e máis compacto. O pan de centeo consérvase moi ben.

Page 26: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

O centeo forma parte de numerosos alimentos a base de cereais: pastas, galletas, copos...En Rusia o centeo utilízase para elaborar unha cervexa.É un dos cereais que se empregan na elaboración do whisky.

Page 27: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

O gran e a palla úsanse para alimentación do gando.Coa palla longa e flexible (colmo) fanse cubertas para alboios e pallozas, sombreiros, cestos, cordas...

Page 28: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

O CORNELLO DO CENTEO, caruncho, cornizo, dentón, grao de corvo, dente de can (Claviceps purpurea) é un fungo ascomicete que ataca o centeo instalándose no ovario da flor.Contén varias substancias tóxicas e foi moi utilizado en medicina popular.

Page 29: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

MUÍÑOSSon distintos tipos de aparellos que se empregan para moer o gran e facer fariña.Coñécense desde tempos moi antigos. Funcionan con enerxía muscular, hidráulica, eólica, das mareas, eléctrica...

Page 30: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Muíño hidráulico

Page 31: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Muíño de vento

Muíño eléctrico

Page 32: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

ELABORACIÓN DO PANINGREDIENTES: fariña, auga, sal, lévedo.PROCESO:•Amasado•División e pesado•Repouso ou fermentación•Formado•Cocción

Page 33: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01
Page 34: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

REFRÁNS-O que sementa sen semente sega sen fouciña.-Por San Xoan bótalle a fouciña ao pan, e en Santa Mariña da meda fai fariña.-En abril espigas mil, en maio todo espigado.-Polo San Simón tapa o portelo da sazón (gran sementado do seu tempo), o da resteva non.-Polo San Clemente bota a túa semente.-No agosto a fariña e no setembro a fouciña.-Por Santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña.-A auga por San Xoán tolle o viño e non da pan.-Polo San Xoán seca a raíz do pan.

TRADICIÓN ORAL

Page 35: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

Festa da malla en Allariz

Existen moitos costumes e tradicións relacionados coa malla nos diferentes puntos de Galiza. Actualmente xa non se fai, pero nalgúns lugares celébranse festas etnográficas que reproducen a tradición (AlIariz, Xunqueirade Ambía, Vilalba, Noceda do Caurel...)

Page 36: Ocenteo 141225035613-conversion-gate01

MONTAXE: Adela LeiroTEXTOS: Adela Leiro, Manuel NúñezFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetDEBUXOS: Mon Daporta

Decembro 2014


Recommended