1
2
OLA A TODO O MUNDO!!
OUTRO ANO MÁIS CHEGA A NOSA REVISTA
"FOLERPAS" NA QUE AS DIFERENTES CLASES E
EQUIPOS DO NOSO COLE AMOSAN ALGÚN DOS
TRABALLIÑOS REALIZADOS NA AULA.
COMO VEN OCURRENDO NOS ÚLTIMOS CURSOS, A
REVISTA É UN MONOGRÁFICO DO AUTOR
HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
CARLOS CASARES MOURIÑO.
NESTE 2017, TANTO A CARA COLA TOLA COMA EU
(O BERETIÑO) ESTIVEMOS TODO O CURSO
ANIMANDO AOS GRUPOS DESTE CENTRO A
DISEÑAR E DESCUBRIR CASAS E EDIFICIOS. SEN
EMBARGO NON NOS ESQUECEMOS DE QUE
CONSTRUCIÓN MÁIS IMPORTANTE É A DO NOSO
COÑECEMENTO E POR ISO APROVEITAMOS
"FOLERPAS" PARA INVITALOS A DESCUBRIR
NOVAS COUSAS DESTE AUTOR TAN IMPORTANTE
DA NOSA CULTURA.
QUEREDES DESCUBRILAS VOS TAMÉN? ESTADES
LISTOS PARA VER O NOSO ESFORZO?
POIS ADIANTE!!
3
EDUCACIÓN INFANTIL
4
LA
.
5
6
7
8
9
E para rematar...
Xoga a descifrar o que pon e a recoñecer entre as letras
os nomes dos teus compañeiros/as de
4º de Educación Infantil.
10
AUTORES DA BIOGRAFÍA:
11
1º DE PRIMARIA
Lolo quere andar en bici,
pero na casa non lle
deixan. Por iso aprende
a facelo ás agochadas,
entre caixóns, entre
valados… Lolo acaba
sendo un fenómeno sobre
as dúas rodas.
Despois de ler o libro,
cada alumna e alumno
púxose na pel de Lolo e
escribiu o que lle gustaría poder facer na bici. En bicicleta
gustaríame…
Facer “cabaliños” con ela (Sara).
Ir ó parque en bici e facer como se fora una moto (Xairo).
Que o meu irmán me levase de paseo e me ensinara a
montar nela (Jennifer).
Ir ó cole cos meus amigos e botar carreiras con eles (Sheila).
Ir ó cole ou ó parque coa bici e dar a volta ó mundo (Uxía).
Ir cos meus pais a dar paseos polo monte, ir ó cole en bici e
poder viaxar montando nela (Elías).
Facer un salto mortal, unha voltereta e recorrer o mundo
con ela (Breixo).
Dar paseos polos sitios que eu queira cando me apeteza
(Aarón).
Facer carreiras cos meus compañeiros e encher a miña
vitrina de trofeos (Elia).
Ir a México a ver o concerto de Son Lúa en vivo (Adriana).
Dar saltos, andar por sitios difíciles e pegar freadas con
moito control (Raquel).
12
Ir ó colexio porque así non contaminamos e ir de paseo polo
monte co meu pai (Mario).
Poñerlle foguetes á bici para que ande soa a moita
velocidade e poder voar (Yeray).
Andar moi ben nela, saltar muros e andar por algún que
sexan moi estreitos (Luis).
Andar polo parque e ir de paseo coas miñas amigas (Xiana).
Ir dar paseos polo bosque coa miña familia e poder ir ó cole
en bici cos meus amigos (Marta).
Ir ó colexio cos meus amigos, dar paseos con eles e parar nos
sitios que queiramos. Espero que os reis magos me traían
una bicicleta (Ania).
Viaxar cos meus amigos aos sitios que nos apetezan e poder
estar alí o tempo que desexemos (Iago).
Saber montar moi ben nela e facer todo tipo de piruetas. O
libro gustoume moito porque Lolo aprende a manexar moi
ben a bicicleta e porque tamén sabe cociñar (África).
Ir á piscina de Laza xunto coa miña curmá Alba. Oxalá
poideran vir os meus pais e a miña irmá comigo na bici
(Sabela).
Ir dar a volta ao mundo e dar paseos co meu pai polo monte
(Juan).
Facer carreiras que
me permitan coñecer
novos amigos e tamén
ir ao colexio en bici
para non contaminar
(Carlota).
Practicar ata lograr
manexala moi ben e
así poder dar paseos
por onde queira e
poder ir ao colexio
nela (Mar).
13
2º DE PRIMARIA
O primeiro que queremos que coñezades deste conto infantil
son os personaxes. De entre todos os veciños de Beiro os
protagonistas son…
Outros datos que aprendemos sobre este libro son:
14
O CAN RIN É… O LOBO CRISPÍN É…
Rin é un can, moi intelixente
que axuda aos veciños de
Beiro. Un día enfermou
unha veciña e Rin foi buscar
ao médico porque soñaba que
era unha princesa chinesa.
O médico non quería saír da casa
porque tronaba e no bosque estaba
o lobo Crispín. Rin demostrou ao
médico que podía defendelo e
comezaron o camiño. De súpeto,
apareceu o lobo que os quería
papar. Pero Rín colleu ao lobo
polo pescozo…
Ao final Rin e Crispín
fixeron un trato. Crispín
podía escapar se o día da
festa lambía unha ovella a
saída da igrexa.
15
3º DE PRIMARIA
CONTOUNOS QUE HABÍA UN
LIMOEIRO QUE DABA LARANXAS…
DEBÍA SER MÁXICO, NON CREDES…?
16
Un bo día, dous nenos chamados Carlos e David, que eran
novos no pobo foron xogar polo bosque e chegaron ata unha
casa abandonada que tiña un limoeiro e… sabedes que?
Florecían libros!! Libros de todos os tipos: de aventuras, de
fantasía… os nenos tan abraiados quedaron, que sen perder
un intre correron cara as súas casas a contarllo as súas
familias. Como ninguén lles daba crédito, insistiron e
insistiron ata que os seus pais decidiron acompañalos… e
cando chegaron… quedaron pampos observando aquela
árbore que en vez de limóns daba libros.
A mañá seguinte, contáronlle a todo o pobo o segredo de
Carlos e David e a partir dese día a xente da aldea ía ler
libros a árbore.
E os nen@s de TERCEIRO imos a contarvos o que pasou o
cabo dun tempo con esa árbore tan especial
17
4º DE PRIMARIA
A Galiña Azul apareceu por primeira vez no
ano 1968, e desde entón foi lida por miles de
nenos galegos, pero tamén por moitas persoas
maiores. Trátase dun libro onde o autor vai
recordando para una nena amiga,Ana, algúns
episodios vividos por ela na infancia, entre os
que destacan as historias de Leoncio, o inventor
da bomba da Felicidade e do “papapio”, una
lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central do
libro é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito porque, segundo
di, una galiña que en vez de dicir "cacaracá" di "cocorocó" e que
ten cinco plumas encarnadas na á dereita, é dicir que “non é una
galiña como é debido”.
Os nen@s de cuarto realizamos una maqueta da Galiña Azul onde
quixemos representar un novo lugar no que vivir libre de
prexuízos. Un mundo sen diferenzas, tolerante, aberto, positivo...
Eliximos este mundo porque aínda que todo estea rodeado de azul
cada quen ten distintas personalidades.
18
6º DE PRIMARIA
Ademais dun importante autor , Carlos Casares traduciu ao
galego algunhas das obras máis importantes da literatura
universal como "O vello e o mar" de Ernest Hemingway ou "O
Principiño" de Antoine Saint- Exupèry.
Na clase de 6º o lemos e o resumimos nun power point (que logo
expuxemos na aula), fixemos unhas maquetas dos seus
principais persoaxes e creamos "os novos mundos do Principiño"
.
19
O PAIS DE CRISTAL (ALBA GÓMEZ)
O seguinte planeta era moi frío e fráxil e todo cuberto
de cristal. Nel vivía un home chamado Antón quen
tamén era completamente de cristal e que era o último
da súa especie. Era case unha especie extinguida cada
que vez que unha muller e un home de cristal
namorábanse os dous morrían.
Ao chegar alí, o Principiño tivo tanto frío que tivo que
abrigarse, entón preguntoulle que facía alí ao que o
Principiño díxolle que estaba en busca dunha
aventura. Antón respondeulle que no seu planeta non
había aventura que era moi aburrido e o Principiño
díxolle: "Si te paras un momento a mirar, poderás ver
cousas marabillosas".
Os dous ficaron xuntos e observaron unha preciosa flor
de cristal que acababa de nacer e que podía falar.
Ademais, aquela flor non era como a rosa do
Principiño senón que era bondadosa, xenerosa,
pensaba primeiro nos demais... por iso, Antón ese día
atopou unha amiga para toda a vida.
CHUCHELANDIA (ALBA CASTRO)
Un día o Principiño esqueceuse da rosa e decidiu viaxar
en busca dun novo amor tan doce como o azucre.
Entón aterrou nun planeta no que o chan era da mesma
textura que a area pero da cor do sal e o sabor do
azucre. As casas estaban feitas con deliciosos ladrillos,
as árbores tiñan froitas de doces e alí coñeceu ao seu
novo amor: un amorodo (obviamente de caramelo) que
non era normal... era xigante!. Ambos gustáronse ao
momento.
Ao Principiño parecíalle xenial ese novo mundo pero o
amorodo xa estaba aburrido del así que decidiron crear
un novo mundo xuntos. Decorárono ao gusto dos dous:
puxéronlle árbores, máis ladrillos de doces... mentres
traballaban se ían coñecendo, charlaban e (sobre todo) se
namoraron... estaban feitos o un para o outro!
O Principiño quixo amar para sempre o amorodo e el,
ao contrario que a rosa quixo amalo para sempre, e os
dous viviron ben no seu planeta construíndo pouco a
pouco o "Fresiño" e aprendendo a amarse mutuamente.
20
O CAMALEÓN (MARA OTERO)
O Principiño chega a un planeta nin grande, nin
pequeno; nin verde, nin amarelo; nin tímido, nin
atrevido. En fin., un planeta indeciso como o seu
dono... un camaleón.
Cando o Principiño chegou ao seu carón o animal
estaba escribindo na seu caderno: "feo- guapo, só-
acompañado, liso- rizo, entretido- aburrido....
Como o camaleón nin lle fala nin lle mira, o
Principiño comeza a conversa:
- Ola! Son o Principiño
- Bos dás! ou noite...- e o camaleón preguntou- 12 ou
1?
O Principiño detectou que o camaleón tiña algún
problema coa decisión. Non sabía porqué... quizais
porque nunca está dunha soa cor e podería ser
signo de indecisión. Nunca tivérao claro.
- Que fas- volveulle preguntar o Principiño -
Escribes un diario?
- Non...- dixo o animal mentres seguía escribindo:
gordo- fraco, negro- branco... - Non é un diario, é o
meu caderno de decisións .
-Decisións? Iso parece mais ben un caderno de
indecisións.
- Non. Eu creo que cando escribo é unha forma de
expresarme na que síntome libre, se ataduras. Por
iso estas follas son de decisións: de ser libre, feliz,
de sentirme contento... Cando escribo antónimos
escollo entre as dúas opcións. Non cres?
- Agora que o explicas paréceme unha forma
sinxela e á vez complexa de ver o mundo. Grazas.
21
5º A DE PRIMARIA
Como nos encantan as bandas deseñadas decidimos converter
algún dos libros de Carlos Casares.
asares
Toribio Revoluciona o Tráfico
Carlos Casares
22
Toribio Contra O Profesor Smith
Quen é Toribio?
23
5º B DE PRIMARIA
Ola, somos os nenos de 5º e inventamos distintos dispositivos
como Toribio, deixámosvos as nosas creacións e xa nos diredes se
algún dos nosos inventos sérvenvos para mellorar as vosas vidas
3 Ds 4 Brazos
Este invento serve para satisfacer os
teus gustos polos videoxogos e para satisfacer
a túa barriga. Tamén pode facer máis cousas
mentres xogas como: vestirche, facer os
deberes...e todo iso, mentres xogas.
Fábrica Renova Cousas
É moi divertido e se algo che rompe só tes
que tiralo ao lixo, lévano a unha fábrica e
alí renóvano, despois vai a outra papeleira
e alí recóllelo como
novo. Bolígrafo Máxico
Serve para que un nen@ vago o vaga que
non quere facer os deberes ou os exames.
Próbao.
Gorra Chuleta
Serve para copiar nos exames pero
tamén para concentrarte si non
queres copiar
24
Iphone Nintendo
Estás cansado de ir pola Nintendo e pola
Iphone para xogar Pokemon sol ou pokemon
Go. Creamos unha nintendo que só tocando un
botón transpórtase nun Iphone. O mellor
remedio para estar
no sofá.
Tenis voadores
Son chulísimos, Conteñen uns
propulsores e ás que cando saltes, Voarás!!!
Levamap
1º- Fai click non cerco que che guste
viaxar.
2º- O levamap levarache ao destino
directamente.
Condicións de uso: Non mollar, non tirar ao chan, utilizar con
precaución
Satichufe Conectado ao teu
móbil podes ter cobertura en calquera
lugar do mundo.
Saticable Conectado dentro dos
túneles podes ter cobertura nel.
ÁS de Pomba!!! É un
invento que serve para que no canto
de ir andando a calquera sitio, vas en
Ás de Pomba.
25
6º DE PRIMARIA
Fai xa nove anos que empezamos a aventura da
educación neste colexio e fixemos moitas cousas e nos
divertimos moito. Agora que estamos en 6º, xa cun pé no
instituto, queremos lembrar e agradecer uns anos tan
fabulosos.
Ao comezar infantil, aínda que estabamos en clases
separadas, nos levábamos moi ben. Os primeiros anos
xunto con David aprendemos con videoxogos, libros,
manualidades... e convertémonos na araña do
Guggenheim, disfrazámonos de Cocorico, tivemos a
primeira graduación da nosa vida e sobre todo fixemos
novos amigos. A verdade, que daquela éramos uns
trastes e non sabemos como os mestres de infantil foron
capaces de nos soportar...
Ao longo de primaria tivemos uns profes xeniais (ainda
que algúns máis novos que outros) . Primeiro coa profe
Vanessa pasamos de ser os maiores de infantil aos máis
pequenos da nova etapa.
Despois (en 2º, 3º e 4º de primaria) estivemos co noso
mestre Óscar co que vivimos uns anos incribles.
Ademais, a nosa gran familia foi crecendo: en 3º chegou
Simón, un ano despois Iván Regueiro e Joel e no curso
seguinte Antía. Todos eles aterraron na nosa clase e
están moi integrados hoxe en día.
26
Xa fai un ano que nos
despedíamos de Laura
(a nosa fantástica
titora de 5º) e aínda
hoxe a estrañamos,
ao igual que o resto
de profes do ano
pasado.
E agora en 6º (o noso
último ano na
primaria) tamén
coñecemos a unha
compañeira nova e a
moitísimos mestres
que todos foron moi
ben recibidos. Sen
embargo, o noso titor
é un vello coñecido
pois rematamos o colexio co mesmo mestre co que o
comezamos.
Botaremos en falta este sitio porque levamos aquí máis
da metade da nosa vida e aquí temos moitos dos nosos
mellores recordos (risas, choros, sentimentos...) e se
forxaron os nosos valores.
Faremos novos amigos pero non mellores que os que xa
temos, e sen dúbida pechamos un dos ciclos máis
marabillosos das nosas vidas
27
BIBLIOTECA
28
IMPORTANTE:
A biblioteca e o
alumnado de
6º… BOA
COMBINACIÓN!
!!
29
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
LEMBRÁDEVOS DESTE CRUCIGRAMA? SOLUCIONADEO!
ATOPA AS 5 DIFERENZAS DESTA ILUSTRACIÓN DE: "O CAN
RIN E O LOBO CRISPÍN".
PISTAS:
1. Carlos...
2. Xinzo de Limia
3. Universidade de...
4. Vento...
5. “Dous marelos, un rosa e
tres verdemar”
6. “O can chámase Paulino”
7. “Avisouna de que o leite se
ía verter no lume"
8. Entre 1991 e 1994
9. “Burra vella”
10. Enjamio
30
E AGORA... BUSCA NA SOPA DE LETRAS PALABRAS
RELACIONADAS COA OBRA.: A GALIÑA AZUL.
DESCOBRE A OBRA AGOCHADA TRAS O CÓDIGO SECRETO.
Lorenzo
Leoncio
Bomba
Cocorocó
Peixe
Felicidade
Paxariño
Ovos
*SE QUERES MÁIS XOGOS COMA ESTOS VISITA: seminariogalan.org
31
A.N.P.A. "OS MUÍÑOS" Como todos os anos chegou a maratón, este ano adicada a
CARLOS CASARES. Dende a ANPA non perdemos a
oportunidade de participar. A ANPA levou a froita e mais o
bocata que sentaron estupendamente aos noso atletas.
Deixámosvos unha breve reportaxe gráfica do evento.
1. Quecendo motores
2. Preparados e
a dalo todo …
32
4. A merendar….
Despois de tanto esforzo, xusto é que preparásemos unha
pequena merenda
5. Despois de tanto esforzo …
haberá que descansar, non é?
33
SAUDIÑOS BERETUDOS
EDUCACIÓN INFANTIL: BIOGRAFÍA
E. P. 1º: "LOLO ANDA EN BICICLETA"
E. P. 2º: "O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN"
E.P. 3º: "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS”
E. P. 4º: “A GALIÑA AZUL"
E.P. 6º: "OS NOVOS MUNDOS DO PRINCIPIÑO”
E.P. 5º A: “TORIBIO E A BANDA DESEÑADA"
E.P. 5º B: “INVENTANDO CON TORIBIO”
E.P. 6º: "DESPEDIDA DO NOSO COLEXIO”
BIBLIOTECA: "CASARES EN NOTAS ADHESIVAS"
DINAMIZACIÓN: "XOGOS DAS LETRAS GALEGAS"
ANPA: “CHEGOU O MARATÓN”
Sumario: “COUSAS COUSIÑAS”
3
2
17
18
21
23
25
27
29
31
11
13
15
33
34