Os ss. XVI, XVII e XVIII noméanse Escuros porque o idioma galego escasea de manifestacións literarias escritas; este emprégase como única lingua no ámbito familiar nun país cunha gran masa forestal que fornecía de madeira á
flota do Estado español sen recibir nada a cambio.
A literatura galega só se transmitía oralmente: cantigas,
refráns, adiviñas, lendas e contos...
Os cegos transmitían a literatura oral
Cando a imprenta chega a España e a Galiza, esta non difunde o seu uso escrito, pois estaba en mans dos gobernantes casteláns, que
vivían de costas á cultura do país galego.
Incluso a fidalguía galega fala galego coa servidume. Porén, esta mesma nobreza usa o
castelán para relacionarse coa castelá. Por tanto emprega o galego diglosicamente ó reservalo
soamente para situacións informais.
dirixidas a uns fregueses e
freguesas que non entendían nin latín nin
castelán.
A Igrexa, que utilizaba principalmente o latín, tamén se nega a usar o
galego na confesión ou nas homilías,
A burguesía, que xa fora debilitada politicamente nas
Guerras Irmandiñas pola aristocracia (s. XV) ...
A persistencia desta situación fixo que o pobo, analfabeto, non concibise o seu
idioma como apto para relacionarse nos ámbitos formais, así que o sentimento de
diglosia prendeu fortemente nel.
Ao longo destes
séculos o galego foise castelanizan
do, vulgarizando
e dialectalizan
do fortemente ao carecer
de gramáticas
ou dun modelo culto de idioma no
poder.
Durante estes longos anos os funcionarios dos concellos e os sacerdotes dedícanse
sistematicamente a castelanizar a toponimia e, consecuentemente, os
apelidos. Así xorden barbarismos orais e ortográficos como Seijo, Perero, Orense,
Carballino, Arteijo, Villarino, Ameijeiras, Boutureira, Porranes, Sangiao, Regenjo, Balado, Cobas, Noya, Niño de la Guía,
Valle del Oro, Segad, Gontad, Mamed...
Esta imposición do español levou a que mesmo hoxe en día o pobo galego
non teña unha conciencia clara de cales son os seus nomes. Incluso a
xente cre que as poboacións galegas poden levar un nome galego e outro castelán segundo o idioma que se fale.
Mais no s. XVIII as ideas racionais dos ilustrados impelen a personaxes como
Sarmiento a reclamar o uso do galego no ensino, Administración e Igrexa.
Benito J. Feijoo, pola súa banda, defende nos seus escritos que o galego non é un dialecto do castelán senón unha lingua coa mesma
orixe latina ca este.
Ademais, Sarmiento, Cornide ou o Padre Sobreira inauguraron a ciencia da
lexicografía galega creando listas de termos galegos sobre fauna e flora galegas.
A literatura popular, anónima, presentaba
composicións circunstanciais
baseadas en feitos históricos, como o
Pranto da Frouseira, que narra morte do mariscal Pardo de Cela (1483), ou o saqueo de Cangas
polos turcos en 1617.
TORRE DA FROUSEIRA
Curiosamente, destes tempos temos noticia da primeira muller escritora, Isabel de
Castro e Andrade, quen compuxo varios sonetos no s. XVI, dos que só conservamos
un.
A literatura culta amosa poucas mostras, como unhas décimas ao
Apóstolo Santiago, de Martín Torrado, no s. XVII.
Tamén resulta curioso que a primeira peza
teatral coñecida en galego date do
s. XVII, nunha época de grande
escaseza literaria.
A poesía tamén se manifestou nos vilancicos feitos por
autores como Carlos Patiño ou Frei Francisco de Santiago.
Outros moitos tamén se atoparon nas catedrais de Santiago de Compostela e
Mondoñedo. Os vilancicos de galegos tiveron moito éxito
nas celebracións litúrxicas do Nadal durante os séculos XVII
e XVIII.
Tamén os ilustrados foron literatos: Frei
Martín Sarmiento, que realmente se
chamaba Pedro J. García Balboa, escribiu 1.200
coplas de carácter popularista baixo o pseudónimo de Tío Marcos da Portela.
manuscrito
Outro poeta popularista foi o cura de
Fruíme, Diego Antonio de Cernadas e
Castro, autor dunhas famosas coplas de
tema costumista.
Os irmáns de Feijoo, Anselmo e Plácido, ademais
de Cornide, elaboraron poesía culta (sonetos) ao
estilo do dezaoito. Anselmo Feijoo ten un poema en
quintillas sobre a batalla de Rande (ría de Vigo) contra a
flota inglesa, en 1702.
Tamén sabemos da creación literaria por parte dalgunha muller cultivada, como Mª Francisca de Isla e Losada,
alcumada a Musa Compostelá, quen, polo feito de ser muller
nuns tempos pouco igualitarios, non nos deixou
mostras da súa autoría a pesar do recoñecemento literario e
persoal de que gozaba entre os ilustrados.