Date post: | 20-Jul-2015 |
Category: |
Education |
Upload: | bibliotecadocole |
View: | 1,888 times |
Download: | 2 times |
POEMASPOEMASDO DO
SOLSOL
CEIP Quintela (Moaña)
Recompilación de poemas sobre o solCEIP Quintela (Moaña)
A neve e o sol casaronen mañanciña de abril,ela ves�da de branco
con perfume de xasmínel co seu metal brillantede trompeta e de clarín.
Foi na praia dos lagartos onde se dixeron o si.
E baixaron polas laxas aquel día tan feliz
augas cantareiras, limpascomo un só de violín.
Helena Villar Janeiro.
"Na praia dos lagartos”
Edicións do Castro
O sol chámase Lourenzoe é un señor moi finchadoque está no outo do ceo,todo o día relumbrando.
Vai ves�do de mareloleva chaleque encarnado.Moi seguro de sí mesmo,o seu calor nos vai dando.
O sol chámase Lourenzoe é un señor moi señalado.
¡Se non fora polo sol,estaría o mundo xeado!
Soio o sol manda no ceo,moi solemne, moi barbado.¡As súas barbas son os raios,con que nos vai alumando!
"Os soños na gaiola". Manuel MaríaEdicións Xerais
Díxome o paspallás
cando pasei o río
que non saía o sol
por mor de que vai frío.
Eu mandeille un abrigo
de cunchiñas do mar
para que se acochase
e saíse a pasear.
E o sol saiu tan forte
que o paspallás voou
e entre moitas folliñas
co medo se agochou.
Anisia Miranda."Cantarolas”.
Edicións Xerais
O sol sol solquentaba na horta.
O sol sol solqueimabana porta.
O sol sol solcabelos de ouro.
O sol sol solgardaba un tesouro.
O sol sol sol,o sol lacazánanuncia o verán.
Antonio García TeijeiroAs catro estacións
Ed. Xerais
O SOL NAMORADO
O sol namoradopintou nun espello
a face da lúacun lápis de xeo.
“ O sol está tolo”,dixo ela abraiada
pousando a cacholana fonda almofada.
A lúa esvaeuseco sono que �ña.o sol moumeaba:
“¡ai, que boni�ña!”
Antonio García Teijeiro
A lúa e o sol
No ceo hai dous reinosben separados,
os seus monarcas están namoarados.
Falo da lúae falo do sol
sempre agochados
tras do seu amor.
O sol sae cedoha de madrugar,
cando chega a lúa,tense que agochar.
Dálle moita mágoadálle moita pena,
non pode ver a lúa cando está chea.
María CanosaVagalume dos versos
Editorial Galaxia
O sol e a lúa
son moi bos amigos.
se vós non o credes,
pechade os olliños.
Escriben poemas
que deixan nas rúas
con moito agarimo
e sol e a lúa.
O sol e a lúa
e certas estrelas
aledan con elas
ós nenos e as nenas.
Antonio García Teijeiro
Trazos,trozos e retrincos
Xunta de Galicia
CEIP Quintela (Moaña)Equipo de biblioteca
Equipo de Dinamización da Lingua Galega