Date post: | 24-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | jose-manuel-garcia |
View: | 266 times |
Download: | 4 times |
PRÁCTICA DE PODA
SANTIAGO FERNÁNDEZ SANTISOJAVIER CORDEIRO SILVAALBERTO BLANCO FAJÍNJOSÉ MANUEL GARCÍA MOURIZ
A actividade consiste en poñer en práctica os coñecementos
adquiridos da parte teórica vista na clase, para elo realizamos
unha práctica de poda ornamental en Prunus sp. na finca do instituto, observando as
necesidades de poda da árbore.
PODADEIRAS DUNHA MAN
Para cortes de ramas delgadas.
SERRUCHOS DE PODA
Para cortes de ramas máis grosas. PODAS DE DÚAS
MANS Para cortes de ramas
medias sen esforzo.
FERRAMENTAS A EMPREGAR
CRITERIOS DE PODA: Farase un aclareo e despunte de ramas, seleccionando para cortar
aquelas ramas que estean entrecruzadas, as que estean moi
xuntas xa que compitan entre elas, as que tenden a meterse cara a dentro, procurando que quede a copa o máis homoxénea posible.
CRITERIOS DE PODA:Escollemos a guía máis vertical procurando facer cortes limpos sen desgarres, para unha mellor
cicatrización, se cortará coa coitela da poda polo lado que vai
quedar a rama.
CRITERIOS DE PODA:Nas ramas exteriores faremos un despunte deixando
as xemas cara o exterior, desta maneira as novas ramas crecerán cara afora mantendo a copa da
árbore, o corte deberá ter unha inclinación e unha distancia cara á xema correcta.
Tamén se eliminarán os tocóns de podas anteriores xa que son
facilmente atacados por patóxenos e os chupóns xa que compiten
coas ramas que as sostén.
E se amontoan para facilitar a súa posterior retirada.
Finalmente os restos de poda se retiran do chan xa que poden ser foco de posibles ataques de fungos
do solo que se transmiten as árbores.