De repente, sentiron como o crepitar do lume. Deron un pincho e
puxéronse a escoitar atentamente. Algo asustados pensaron que se
estaba a queimar o xardín.
Entón decidiron facer unha corda máis resistente. Tiraron e
tiraron, pero non tiñan forza suficiente. Daquela viron que o pozo tiña
unha polea. Pasaron por ela a corda e tiraron con forza. Maruxa
estaba libre por fin!