XUNTA DE GALICIA
Consellería de Medio Ambiente
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA:FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
XUNTA DE GALICIACONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTECentro de Información e Tecnoloxía Ambiental
Equipo de redacción:
Juan José Casares Long, Enrique Roca Bordello, José Ignacio Vila AlonsoCentro de Información e Tecnoloxía Ambiental, Consellería de Medio Ambiente
Darío Prada Rodríguez, Soledad Muniategui Lorenzo, Purificación López MahíaInstituto Universitario de Medio Ambiente, Universidade da Coruña
Supervisión lingüística:
Ramiro Combo
Deseño e maquetación:
Ninfa e Riveiro
Impresión:
Gráficas Anduriña
D.L.: PO - 106 - 2001
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA:
FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
José Carlos del Álamo JiménezConselleiro de Medio Ambiente
O tecido industrial que actualmente as sociedades avanzadas posuímos ten que
se enfrontar a un novo reto; xa non se trata de conseguir un desenvolvemento
industrial a calquera prezo, como se veu facendo desde a revolución industrial de
finais do século XIX ata finais do século XX, senón que hoxe en día, no comezo do
século XXI, o noso obxectivo é conseguir incorporar unha producción limpa na
industria, pois imponse a necesidade de que exista un equilibrio que faga compa-
tible o desenvolvemento económico cun contorno adecuado para nós e para os
nosos descendentes. En definitiva, o obxectivo do desenvolvemento sostible como
unha das grandes liñas directrices que debe orienta-las nosas actuacións.
A Directiva 96/61/CE do Consello, do 24 de setembro de 1996, relativa á pre-
vención e control integrados da contaminación (IPPC), establece un marco de refe-
rencia en medio ambiente no relativo ás instalacións industriais. Este marco para
a mellora medioambiental dos procesos está baseado na reducción da contamina-
ción en orixe mediante a incorporación das mellores técnicas dispoñibles.
Anteriormente tratábase de aplicar técnicas fin de liña (depuración de gases, tra-
tamento de augas residuais, etc.) encamiñadas a reduci-lo impacto unha vez xera-
do o residuo, o que non permitía resolve-lo problema, senón máis ben trasladalo
dun medio a outro (aire, auga ou solo). A producción limpa ou o emprego das mello-
res técnicas dispoñibles presenta un enfoque máis integrador e preventivo, cunha
aplicación práctica na empresa que supón unha mellora ambiental continua que
permite acadar unha reducción nos riscos ambientais, unha mellor eficiencia do
proceso e unha maior calidade dos productos, coa conseguinte mellora na rendibi-
lidade global dos procesos.
Por outra banda, a Directiva IPPC establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade
de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e
as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión
2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo
de emisións contaminantes.
Desde a súa creación, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia
realizou un esforzo relevante orientado cara á mellora no coñecemento do medio
ambiente industrial e especialmente cara á constatación das afeccións que os dife-
rentes procesos industriais de Galicia poden causar sobre o contorno. Neste ámbi-
to, hoxe ven a luz, como resultado deste traballo, unha serie de documentos que
recompilan unha información exhaustiva sobre as diferentes tecnoloxías emprega-
das, así como sobre o inventario de residuos e emisións contaminantes.
Este traballo, realizado a través do Centro de Información e Tecnoloxía
Ambiental, en colaboración co Instituto Universitario de Medio Ambiente da
Universidade da Coruña, permite establecer un diagnóstico inicial do sector, así
como subministrar unhas pautas de comportamento ambiental. Nun futuro inme-
diato haberá que analiza-la viabilidade técnica e económica das alternativas máis
idóneas para cada caso concreto, considerando as mellores técnicas dispoñibles,
para establecer entón os cambios necesarios en cada etapa do proceso. Na procu-
ra dunha producción limpa é indispensable promover un cambio nas actitudes e
aptitudes, para o que se require un compoñente formativo, educativo e de con-
cienciación colectiva importante. Na Consellería de Medio Ambiente somos cons-
cientes das dificultades que todos estes avances supoñen e de que se deben esta-
blecer horizontes a longo prazo. A importancia socioeconómica dos diferentes sec-
tores industriais galegos establece a necesidade de introducir con éxito as boas
prácticas ambientais, que aceleren a transición cara á producción limpa nas empre-
sas.
ÍNDICE
1 INTRODUCCIÓN .............................................................................................................................................................................13
1.1 Situación de partida ...............................................................................................................................................13
1.2 Selección de industrias e elaboración dun cuestionario ..............................................................14
1.3 Producción limpa ......................................................................................................................................................15
1.4 A directiva IPPC .........................................................................................................................................................16
2 XENERALIDADES DO SECTOR ................................................................................................................................................21
3 O SECTOR DA PASTA DE PAPEL EN GALICIA ....................................................................................................................25
3.1 ENCE e o sector forestal galego ....................................................................................................................26
4 PROCESO TECNOLÓXICO PRODUCTIVO .................................................................................................................................29
4.1 Materias primas, secundarias, auxiliares, subproductos e productos terminados .....30
4.2 Descrición do proceso ...........................................................................................................................................32
5 FONTES POTENCIAIS DE CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA E O SEU CONTROL .....................................................43
5.1 Fontes ...............................................................................................................................................................................43
5.2 Control .............................................................................................................................................................................43
6 FONTES POTENCIAIS DE CONTAMINACIÓN DA AUGA E O SEU CONTROL ..............................................................47
6.1 Fontes ...............................................................................................................................................................................47
6.2 Control de vertidos ..................................................................................................................................................48
7 RESIDUOS ......................................................................................................................................................................................53
8 POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL DA PLANTA ...........................................................................................................................55
8.1 O sistema de xestión medioambiental (SIGMA) .................................................................................55
8.2 Plan de mellora ..........................................................................................................................................................56
9 CONCLUSIÓNS E MELLORAS NAS TECNOLOXÍAS ............................................................................................................57
9.1 Técnicas de reducción de residuos ..............................................................................................................57
9.2 Melloras nas tecnoloxías ...................................................................................................................................60
9.3 Emisións á atmosfera ............................................................................................................................................60
9.4 Melloras tecnolóxicas xerais ...........................................................................................................................61
10 LEXISLACIÓN ..............................................................................................................................................................................63
10.1 Normativa básica ..................................................................................................................................................63
10.2 Atmosfera ...................................................................................................................................................................64
10.3 Vertidos líquidos ....................................................................................................................................................67
10.4 Residuos ......................................................................................................................................................................69
BIBLIOGRAFÍA ....................................................................................................................................................................................73
ABREVIATURAS E SIGLAS
ACV Análise do ciclo de vida
AOX Adsorbable organic halides (composto organohalo-
xenado absorbible)
CER Catálogo europeo de residuos
CFC Clorofluorocarbonos
COV Compostos orgánicos volátiles
DBO Demanda biolóxica de osíxeno
DQO Demanda química de osíxeno
ECF Elemental chlorine free (libre de cloro elemental)
EDAR Estación depuradora de augas residuais
EEA European Environmental Agency (Axencia
Medioambiental Europea)
AIA Avaliación de impacto ambiental
ENAC Entidade Nacional de Acreditación
EPA Environmental Protection Agency (Axencia de
Protección Medioambiental)
FO Fuel óleo
IPPC Integrated Pollution Prevention and Control (prevención
e control integrados da contaminación)
MPM Mellores prácticas medioambientais
MTD Mellor técnica dispoñible
PCB Polychlorinated Biphenyls (policlorobifenilos)
RD Real decreto
RSU Residuos sólidos urbanos
SS Sólidos en suspensión
tAD Toneladas secas ó aire
TCF Total chlorine free (Totalmente libre de cloro)
TRS Compostos reducidos de xofre
UE Unión Europea
UF Ultrafiltración
Und. Unidades
VLE Valor límite de emisión
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
11
1.1 SITUACIÓN DE PARTIDA
A Consellería de Medio Ambiente, como órgano da Administración
da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponde o exercicio
das competencias e funcións en materia de medio ambiente e conser-
vación da natureza, precisa, para alcanza-los obxectivos que lle foron
encomendados, dun coñecemento exhaustivo de información ambiental
a través dunha serie de indicadores ambientais que lle permitan tomar
decisións sobre a protección e mellora do medio ambiente.
Dous dos indicadores ambientais de maior relevancia que poden
informar significativamente sobre a situación da industria galega en
xeral son a emisión de contaminantes e a xeración de residuos.
Respecto ó primeiro, foi no ano 1983 cando se comezou a realizar un
inventario das emisións de contaminantes atmosféricos mediante o
programa europeo CORINE-AIRE, deseñado cunha metodoloxía que
permite compara-los resultados entre países da Unión Europea. No
programa -a responsabilidade do cal lle corresponde en España á
Dirección Xeral de Política Ambiental do Ministerio de Medio
Ambiente- colaborou en Galicia a Consellería de Industria, que elabo-
rou en 1990 os documentos “realización do inventario de focos indus-
triais de contaminación atmosférica nas provincias da Coruña e Lugo”
e “realización do inventario de focos industriais de contaminación
atmosférica nas provincias de Ourense e Pontevedra”.
Desde ese ano 1990 non se afondou nos coñecementos xa existen-
tes sobre as industrias e as causas que, en maior grao, contribúen á
contaminación, e os datos de emisión son actualizados a través da
información dos controis que realizan as industrias e dos resultados
das inspeccións levadas a cabo pola Consellería de Medio Ambiente.
Non obstante, é salientable que a carga contaminante total vertida á
atmosfera pasou de 685.000 toneladas en 1991 a 461.000 en 1996.
En canto ós residuos industriais, a Xunta de Galicia confeccionou en
1986 un inventario de residuos, que se ampliou no ano 1990. Como
consecuencia da aprobación en 1995 do Plan Nacional de Residuos
Perigosos 1995-2000, a Xunta adaptou as directrices europeas e a nor-
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
1 INTRODUCCIÓN
13
mativa española á realidade galega a través do Plan de Xestión de
Residuos Perigosos e Solos Contaminados de Galicia, o que supuxo
unha nova actualización do inventario.
Dos datos actuais, sábese que en Galicia existen unhas 2.000
empresas productoras de residuos industriais, e que un 99% deles os
producen unhas 1.200 plantas.
Por outro lado, dada a importancia da Directiva 96/61/CE, sobre pre-
vención e control integrados da contaminación (IPPC, integrated pollu-
tion prevention and control), tanto para os sectores industriais consi-
derados nela como para a Administración, seleccionáronse diferentes
sectores industriais sobre os que afondar estudiando as tecnoloxías
empregadas desde o punto de vista medioambiental, co obxectivo de
elaborar un documento que reflectise a situación real da industria
galega fronte á aplicación desta directiva e poder identifica-los aspec-
tos medioambientais máis relevantes.
1. 2 SELECCIÓN DE INDUSTRIAS E ELABORACIÓN DUN CUESTIONARIO
De acordo coas directrices do Centro de Información e Tecnoloxía
Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, seleccionáronse para a
primeira fase do estudio os seguintes sectores, que se considera que
presentan, potencialmente, unha destacada incidencia:
Sector I Enerxético:
- Refino de petróleo.
Sector II Transformación da madeira:
- Fabricación de pasta de papel.
- Fabricación de taboleiros.
Sector III Alimentación-conservas:
- Fabricación de conservas de peixe e de mariscos.
Sector IV Alimentación-lácteas:
- Leite líquido e fabricación de derivados do leite.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
14
1.3 PRODUCCIÓN LIMPA
O desenvolvemento sostible esixe a dispoñibilidade a longo
prazo de recursos naturais e a preservación da calidade medioambien-
tal. Polo tanto, require cambios nos métodos de producción existentes
e no comportamento do consumidor. O debate político e científico
subliñou, sobre todo, a importancia do progreso na tecnoloxía
medioambiental con respecto á explotación de recursos, producción,
consumo e eliminación de residuos.
Durante os últimos 20 anos, a innovación centrouse principalmente
nas tecnoloxías “final de liña”, e isto deu como resultado reduccións
considerables da contaminación medioambiental. Sen embargo, os cri-
terios que esixe o desenvolvemento sostible non se poden cumprir só
con este enfoque. Neste momento é crucial, por conseguinte, muda-lo
rumbo tomado polo progreso ata agora e traballar en dirección a un
cambio tecnolóxico fundamental, de cara ó desenvolvemento e aplica-
ción de novas técnicas e productos de fabricación sostibles, e así pro-
ducir un cambio desde a protección medioambiental “final de liña” a
unha protección medioambiental incorporada na producción, cunha
actitude proactiva.
A Axencia de Protección Medioambiental (EPA) dos Estados Unidos
define a prevención da contaminación como “o uso de materiais,
procesos ou métodos que reduzan ou eliminen a creación de contami-
nantes ou desperdicios na súa fonte de orixe. Isto inclúe os métodos
para reduci-lo emprego de materiais perigosos, enerxía, auga ou outros
métodos e procedementos que protexan os recursos naturais a través
da conservación ou dun uso máis eficiente”1. En Europa este mesmo
concepto coñécese co termo producción limpa.
As técnicas de reducción de residuos pódense aplicar a calquera
proceso de producción, e poden ser desde simples cambios operativos
ata os equipos de recuperación máis avanzados. Moitas destas técni-
cas son de tecnoloxía relativamente sinxela; de feito, moitas industrias
descubriron que os índices de xeración de residuos se poden reducir
significativamente mediante algúns cambios operativos sinxelos,
maior capacitación e mellor administración dos inventarios.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
1 U.S. Environmental Protection Agency, Environmental Protection Agency Pollution Prevention Directive, 13/5/1990.15
O obxectivo empresarial e a preservación do medio ambiente poden
ser para as empresas factores complementarios e non contrapostos.
1.4 A DIRECTIVA IPPC
A Directiva 96/61/CE, sobre prevención e control integrados da con-
taminación (IPPC), que establece como prazo límite para inicia-la súa
aplicación a novas instalacións o 31/10/1999, obrígalles a diversos
sectores productivos da Comunidade Autónoma de Galicia a realizar un
control integrado da contaminación.
Esta directiva representa un salto cualitativo en canto ó que a lexis-
lación medioambiental se refire. Establece un marco xeral de preven-
ción e control integrados da contaminación, e dispón das medidas
necesarias para a súa posta en práctica. Estas medidas plásmanse
nunha serie de obrigacións que deben ser satisfeitas, tanto polos titu-
lares das explotacións, como polos responsables da concesión de auto-
rizacións para a posta en funcionamento das industrias a que fai refe-
rencia esta directiva no seu anexo I. Por unha banda, esixe realizar un
control da contaminación en tódolos ámbitos (atmosfera, auga e solo)
e, por outra, fixa obrigacións para os Estados membros, os titulares das
industrias e as autoridades competentes. Por último, obriga a organizar
un procedemento integrado de concesión de permisos.
O enfoque integrado que esta directiva lle dá á contaminación sig-
nifica:
• Considerar todas e cada unha das fases do proceso productivo.
• Determinar unha adecuada relación entre a contía das emisións
contaminantes producidas e as características do medio ambiente
receptor en cada caso.
• Ter en conta a posible transferencia da contaminación desde un
medio receptor (auga, atmosfera e solo) a outro.
As experiencias adquiridas ó longo dos anos na aplicación das dife-
rentes normas ambientais da UE, todas elas reguladoras dos vertidos a
algún medio (auga, aire, etc.), puxeron de manifesto un efecto non
desexado de moitas delas, isto é, a transferencia da contaminación ori-
xinada dun medio a outro en lugar da súa reducción, que era o seu
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
16
obxectivo. Este fenómeno foi especialmente grave e evidente na indus-
tria, onde é posible, teoricamente, cumprir determinadas normas sobre
residuos diluíndo estes nos vertidos, ou limitar certas emisións atmos-
féricas a base de aumenta-lo volume de residuos xerados.
Outro elemento que favoreceu esta iniciativa da comisión foi a gran
dispersión de competencias en materia de autorización/inspección
ambiental existente en moitos países comunitarios, o que dificulta, na
maioría dos casos, a boa e correcta aplicación da normativa ambiental.
Neste punto viuse apoiada pola propia industria europea, que solicitou,
en diferentes ocasións, a implantación do “portelo único”, ó tempo que
se queixaba dos complicados, numerosos e incluso, ás veces, indefini-
dos e confusos mecanismos actuais de autorización das novas fábricas
por parte das autoridades ambientais.
Os titulares das industrias están obrigados a tomar medidas para
evitar ou, cando non sexa posible, reduci-las emisións contaminantes
na atmosfera, na auga e no solo, incluíndo residuos, mediante o res-
pecto duns valores límite de emisión (VLE), determinados segundo a
lexislación de cada momento e tomando como referencia as mellores
técnicas dispoñibles (MTD), sen impoñe-la utilización dunha técnica
específica.
Para considera-la aplicación destas técnicas, cómpre, en primeiro
lugar, coñece-la tecnoloxía que se está a empregar nos diferentes sec-
tores, e, en segundo lugar, estar permanentemente informados das téc-
nicas de producción limpas que existen no mercado, para o cal, a
Comisión Europea creou un Foro de Intercambio de Información sobre
as MTD.
O titular da industria que solicite permiso para unha nova instala-
ción deberá xuntar á súa solicitude unha descrición de:
• A instalación e o tipo e alcance das súas actividades.
• As materias primas e auxiliares, as substancias e a enerxía
empregadas na instalación ou xeradas por ela.
• As fontes das emisións da instalación.
• O estado do lugar no que se situará a instalación.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
17
• O tipo e a magnitude das emisións previsibles da instalación ós
diferentes medios, así como unha determinación dos seus efectos
significativos sobre o medio ambiente.
• A tecnoloxía prevista e outras técnicas utilizadas para evita-las
emisións procedentes da instalación ou, se iso non fose posible,
para reducilas.
• De seren necesarias, as medidas relativas á prevención e valora-
ción dos residuos xerados pola instalación.
• As medidas previstas para controla-las emisións ó medio
ambiente.
• As solicitudes de permiso deberán conter, ademais, un resumo
comprensible para o profano na materia de tódalas indicacións
especificadas nos guións anteriores.
Como consecuencia directa dos principios de prevención e de enfo-
que global da contaminación, asúmese a necesidade de establecer
valores límite de emisión tan baixos como sexa posible, e para iso rela-
ciónanse estes coas tecnoloxías industriais: os VLE serán aqueles
alcanzables coa aplicación das MTD.
Esta ligazón técnica entre VLE e MTD non significa que se impoña a
obriga de empregar estas últimas, pero si de alcanza-los niveis de emi-
sión ou estándares de calidade ambiental que elas permiten. O esta-
blecemento, como fai a directiva, duns VLE calculados sobre a base das
MTD implica que aqueles poderán ser modificados co tempo e se irán
reducindo a medida que melloren as técnicas.
Hai que precisar que se deixa certa flexibilidade para que as autori-
dades competentes ponderen e valoren non só o aspecto económico -o
custo das MTD-, senón tamén as condicións medioambientais e xeo-
gráficas locais, así como as características técnicas do lugar de locali-
zación.
A directiva non obriga ó permiso único, nin a modifica-la distribu-
ción administrativa de competencias, pero si lles impón a obriga ás
autoridades competentes, a todas, a se coordinaren para outorgar
entre todas elas o que se podería chamar un permiso integral (que pode
constar de moitos permisos parciais).
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
18
Outro aspecto que hai que destacar é o acceso á información sobre
o funcionamento das instalacións e sobre o seu efecto potencial no
medio ambiente para garanti-la transparencia do procedemento de
autorización en toda a Comunidade. Deste xeito, o público deberá ter
acceso, antes de que se adopte calquera autorización de novas insta-
lacións ou de modificacións substanciais das existentes, ás propias
autorizacións, ás súas actualizacións e ós correspondentes datos de
control.
Como síntese, pódese dicir que a directiva ten por obxecto a pre-
vención e a reducción integradas da contaminación procedente das
actividades industriais que se enumeran no seu anexo I. A súa finali-
dade é alcanzar un elevado nivel de protección do medio ambiente no
seu conxunto, establecendo, a través dun enfoque integrado dos dife-
rentes elementos que configuran o medio, un procedemento de autori-
zación para as instalacións correspondentes.
Os prazos que a directiva establece para que os Estados membros a
apliquen son os seguintes:
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
19
ENTRADA EN VIGOR(Art. 22)
PRAZO DE TRANSPOSICIÓN/APLICACIÓN (ART. 21)
PRAZO DE APLICACIÓN A NOVASINSTALACIÓNS(ART. 4)
PRIMEIRO INFORME Á C.E. SOBRE VALORES LÍMITES DISPOÑIBLES(ART. 16.1)
PRIMEIRO INFORME DE APLICACIÓN Á U.E.(ART. 5 E 6 DIR. 91/692/CE)(ART. 16.3)
PRAZO DE APLICACIÓN A INSTALACIÓNSEXISTENTES(ART. 5)
20 días despois da súapublicación
3 anos despois da súaentrada en vigor
3 anos despois da súaentrada en vigor
18 meses despois dadata de aplicación
3 anos despois da datade aplicación
8 anos despois da datade aplicación
31.10.1996
31.10.1999
31.10.1999
30.04.2001
31.10.2002
31.10.2007
A madeira foi e é un dos productos máis amplamente utilizados pola
humanidade ó longo de tódolos tempos. Segue e seguirá sendo unha
materia prima básica en múltiples aplicacións, tanto domésticas como
industriais. Os consumos a escala mundial móstranse no seguinte grá-
fico.
Como se pode apreciar, o 51% da madeira que se obtén dos bosques
do planeta ten un uso doméstico, fundamentalmente leña e carbón
vexetal, e o outro 49% restante destínase a usos industriais. Dentro
das últimas aplicacións, a industria da celulosa absorbe aproximada-
mente un 38% da madeira, a industria de serraxe, un 28%, e a de tabo-
leiros, un 8%.
A fabricación de pasta de celulosa é, polo tanto, o maior consumi-
dor industrial de madeira. Dentro deste sector, a celulosa ten dous
grandes campos de aplicación: a pasta para papel e a pasta para celu-
losa disolta (fibrana, nitrocelulosa e derivados, acetatos, etc.); o pri-
meiro deles é o de maior volume de actividade.
Dentro do sector industrial da celulosa para papel, aproximadamen-
te o 98% da producción mundial ten como materia prima a madeira, o
resto obtense doutros vexetais. Este sector subdivídese en tres grupos:
o de producción de pasta mecánica, no que a pasta se obtén por tritu-
ración directa da madeira; o da pasta química, no que a madeira se
somete a un tratamento químico para disolve-la lignina que cimenta as
fibras do tecido leñoso, as cales constitúen a pasta de papel; final-
mente, hai un terceiro grupo de procesos, chamados semiquímicos, nos
que se combinan os dous anteriores.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
21
2 XENERALIDADES DO SECTOR
51%
19%
14%
4%12% Usos domésticos
Pasta de celulosaAserríoTaboleirosOutros
Desde o punto de vista da contaminación ambiental, a industria da
celulosa está considerada como un sector de alto potencial contami-
nante. En xeral, admítese que os procesos mecánicos son os menos
contaminantes, seguidos dos semiquímicos, mentres que os químicos
son os que posúen a maior capacidade contaminadora.
Ocuparémonos soamente dun dos procesos químicos de fabricación,
o chamado proceso “ó sulfato” ou “kraft”, que é hoxe en día o máis
estendido, xa que cerca do 70% da pasta de papel se fabrica utili-
zando este proceso.
Actualmente, só unhas 32 fábricas en todo o mundo, á parte da de
ENCE de Pontevedra, teñen a tecnoloxía adecuada para realiza-lo pro-
ceso completo de producción de pasta de celulosa ó sulfato-TCF (fibras
curtas e longas). Delas, 19 encóntranse en países escandinavos.
ENCE-Pontevedra foi unha das fábricas pioneiras no mundo en pro-
ducir este tipo de pasta. Nos últimos anos aumentou a súa producción
ata chegar, en 1997, ás 288.000 toneladas de TCF.
ENCE converteuse na fábrica con maior porcentaxe de producción
de pasta TCF, arredor do 91% do total, como consecuencia de ser unha
das plantas de celulosa cunha tecnoloxía máis avanzada.
No sector da celulosa mundial -en 1997- só o 8% das fábricas podían
producir pasta TCF e o 28% pasta ECF. O 64% restante produce pasta
branqueada seguindo o método tradicional. Ademais de TCF, ENCE pro-
duce pasta ECF, outra pasta considerada ecolóxica que utiliza unha
solución de dióxido de cloro no branqueo, pero non consome cloro ele-
mental.
A pasta TCF é un producto relativamente novo, que acadou unha
importante implantación nos países con maiores esixencias medioam-
bientais.
A producción mundial de pasta TCF rolda os tres millóns de tonela-
das, o que representa aproximadamente o 2% da producción total.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
22
A actividade fundamental do grupo ENCE en Galicia é a producción
de pasta de celulosa de eucalipto na fábrica de Pontevedra. O grupo
conta tamén, entre outras, cunha empresa dedicada á explotación
forestal, Norte Forestal (NORFOR), unha electroquímica, Electroquímica
del Noroeste (ELNOSA), e un Centro de Investigación de ENCE (CIE).
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
23
País Fibra curta Fibra longa
España (ENCE - Pontevedra) 1 -Países escandinavos 10 12Estados Unidos - 1Canadá 1 5Brasil 2 -Portugal 1 -Sudamérica 1 -
Fábricas de pastas ó sulfato TCF no mundo
A industria seleccionada é a Fábrica de Celulosas de Pontevedra.
Está instalada na marisma de Lourizán, no termo municipal de
Pontevedra. Destínase á producción de pasta de papel de eucalipto
branqueada, polo proceso denominado “ó sulfato” ou “kraft”. As fibras
de celulosa son separadas por disolución da lignina na lixivia de coc-
ción (disolución de sosa e sulfuro sódico en auga) a elevadas tempera-
turas.
A fábrica está capacitada para producir 320.000 t/ano de pasta.
Esta pasta pode se-la denominada ECF, que utiliza no seu branqueo osí-
xeno, sosa e dióxido de cloro, ou a chamada TCF, branqueada con osí-
xeno, sosa e auga osixenada.
No ano 1994 a producción repartiuse nun 80% de pasta TCF e nun
20% de pasta ECF. En 1997 ENCE-Pontevedra produciu 292.000 tonela-
das de pasta de celulosa, que supuxeron unha facturación de 20.978
millóns de pesetas.
No gráfico seguinte móstrase a distribución de vendas nos anos
1988 e 1998. Como se pode observar, incrementouse substancialmente
a exportación.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
25
3 O SECTOR DA PASTA DE PAPEL EN GALICIA
3.1 ENCE E O SECTOR FORESTAL GALEGO
A actividade industrial de ENCE está directamente ligada ó sector
forestal galego. A compañía controla 7.600 hectáreas de monte en
Galicia, das que a metade son propias e o resto están consorciadas
con propietarios.
A actividade forestal do grupo ENCE en Galicia desenvólvese a tra-
vés da filial Norte Forestal S.A. (NORFOR). Aínda que a área forestal
funciona como unha unidade de negocio autónoma, o obxectivo xeral
da actividade forestal de ENCE é procura-la materia prima necesaria
para producir celulosa de forma competitiva, a medio e a longo prazo.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
26
0
20.000
40.000
60.000
80.000
100.000
120.000
Alemaña Austria Suíza R.Unido Holanda Suecia Italia Francia Outros España
1998
0
20.000
40.000
60.000
80.000
100.000
120.000
Alemaña Austria Suíza R.Unido Holanda Suecia Italia Francia Outros España
1988
Vendas en toneladas de pasta de papel de ENCE ós distintos paises.
Para iso, unha das prioridades é a realización de repoboacións, a con-
servación, mellora e defensa dos bosques. NORFOR, que tamén realiza
estudios e proxectos forestais, foi creada en 1978 e ten unha inciden-
cia socioeconómica notable no medio rural.
En total, o grupo ENCE controla 105.000 hectáreas na península
Ibérica, o que a converte no maior propietario forestal español despois
do Estado. É, ademais, o maior comprador de madeira de eucalipto
español e o principal subministrador de servicios silvícolas e de explo-
tación forestal.
A empresa conta tamén con 150 hectáreas de monte en Portugal e
máis de 33.000 hectáreas en Uruguai. O proxecto forestal de ENCE en
Uruguai, que se desenvolve por medio das filiais EUFORES e LAS
PLÉYADES, ten unha gran importancia estratéxica para a empresa na
medida en que representa unha garantía de abastecemento futuro das
fábricas do grupo.
A factoría podería absorber máis do 65% da madeira producida en
Galicia que hoxe se destina á producción de celulosa, aínda que actual-
mente esta porcentaxe é só do 46% pola forte presión do resto de pro-
ductores españois. Por este motivo, a empresa viuse obrigada a impor-
tar madeira por valor de 1.540 millóns de pesetas en 1997.
Na planta de Pontevedra consómense 900.000 metros cúbicos de
madeira, dos que o 74% procede de bosques galegos, o 19%, de
Portugal e o 8 %, de América.
O futuro de ENCE en Pontevedra está estreitamente ligado ó Plan
Forestal Galego, polo que a compañía pretende promover novas e
mellores masas forestais. Para iso, ENCE destina unha parte importan-
te dos seus ingresos a incrementa-lo seu patrimonio forestal en Galicia
e a buscar fórmulas de colaboración con outros propietarios. No esque-
ma que segue móstrase unha vista da planta.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
27
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
28
Esqu
ema
da P
lant
a de
Pro
ducc
ión
de P
asta
de
Pape
l de
EN
CE
en P
onte
vedr
a
A pasta papeleira é un producto fibroso, constituído fundamental-
mente por celulosa máis ou menos pura, que se obtén por distintos
procedementos a partir de vexetais na composición dos cales entra a
celulosa.
Esta pasta de celulosa, producto final dun proceso de fabricación no
que interveñen moitas variables, é a materia prima empregada na
fabricación do papel.
As pastas químicas constitúen o material fibroso que se obtén ó fi-
nal dos procesos de extracción da lignina e productos non celulósicos
existentes na materia prima vexetal.
A fase fundamental da fabricación consiste no tratamento con lixi-
via ou dixestión, durante a cal a madeira descascada e feita estelas é
sometida a un ataque químico baixo certas condicións de presión e
temperatura, no que ten lugar o enriquecemento do vexetal en celulo-
sa, xa que nela se extrae un 95% da non celulosa, parte en forma disol-
ta e parte en forma coloidal.
Á etapa de tratamento con lixivia séguelle outra de lavado para eli-
mina-las lixivias residuais que quedaron impregnando a pasta crúa.
Dáselle o nome de pasta crúa ó producto obtido na etapa de tratamen-
to con lixivia. Nesta etapa de lavado ten lugar un consumo de auga e a
producción duns subproductos en distintas concentracións.
Despois das etapas de lavado vén a fase de depuración, operación
mecánica tendente a clasifica-la pasta en canto a tipos de fibras se
refire, coa axuda de separadores de varios tipos e de auga a presión.
Engádese unha fase de fabricación chamada branqueo, na cal, por
ataque en varias etapas con osíxeno, sosa, dióxido de cloro e auga osi-
xenada, se elimina o 5% de non celulosa que aínda levaba a pasta
crúa.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
29
4 PROCESO TECNOLÓXICO PRODUCTIVO
4.1 MATERIAS PRIMAS, SECUNDARIAS, AUXILIARES, SUBPRODUCTOS E PRODUCTOS TERMINADOS
MATERIAS PRIMAS
A madeira utilizada para fabricar pasta de celulosa procede exclusi-
vamente das repoboacións realizadas para este fin coas especies do
xénero Eucalyptus, e que non constitúen ecosistemas naturais. Como
complemento á Política Medioambiental de Ence, a Dirección Forestal
asumiu os compromisos de comportamento ambiental que se resumen
no documento “Declaración ibérica sobre os principios para unha xes-
tión sostible dos bosques”, que serve de modelo para o desenvolve-
mento das súas actividades.
MATERIAS AUXILIARES
Na táboa adxunta especifícanse as principais materias secundarias
utilizadas no proceso productivo da fábrica, xunto co seu consumo
específico anual desde 1996:
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
30
1996 1997 1998
Consumo de madeira (m3/tAD) 2,84 2,90 2,83
2,75
2,8
2,85
2,9
1996 1997 1998Consumo de madeira
m3/tAD
Materias secundarias (kg/tAD) 1996 1997 1998
Sosa 22,45 23,31 24,20Osíxeno 23,65 25,75 21,35Auga osixenada 33,49 28,35 30,78Sulfúrico 16,92 16,10 11,87
CONSUMO ENERXÉTICO
O consumo de fuel óleo en 1998 foi de 89,03 kg/tAD. A fábrica de
ENCE-Pontevedra garante un consumo enerxético por tonelada de
pasta de celulosa branqueada producida inferior a 20 GJ. Na táboa
exprésanse os consumos nos últimos anos:
O balance específico de enerxía eléctrica da fábrica de Pontevedra
desde 1996 foi:
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
31
0
5
10
15
20
25
30
35
1996 1997 1998
SosaOsíxenoAuga osixenadaSulfúrico
kg/tAD
Unidade 1996 1997 1998
Consumo enerxético GJ/tAD 16,3 17,6 17,1
Enerxía eléctrica (kWh/tAD) 1996 1997 1998
Consumo 560,19 578,07 569,81Producción propia 661,79 628,53 626,22Enerxía comprada 7,76 26,43 38,67Enerxía vendida 109,35 76,88 95,08
CONSUMO DE AUGA
O consumo de auga por tonelada de pasta producida exprésase en
media anual:
4.2 DESCRICIÓN DO PROCESO
O proceso de tratamento con lixivia ó sulfato ou kraft é realmente un
proceso á sosa, pero coa diferencia de que aquí o ataque se produce
dunha forma máis controlada, pois estas lixivias constitúen unha solu-
ción tampón no que a contido de OH- se refire, xa que a medida que se
consomen os OH- no ataque ó vexetal, prodúcense máis ó liberarse
NaOH (hidróxido de sodio) pola hidrólise do SNa2 (sulfuro de sodio):
SNa2 + H2O => NaOH + SH2
Deste xeito, o ataque é progresivo e constante, evitándose o incon-
veniente dun ataque inicial excesivo.
Chámase proceso ó sulfato (Na2SO4) por ser este o producto empre-
gado, se ben, durante o proceso redúcese a SNa2, e este último é o que
realmente actúa.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
32
Unidade 1996 1997 1998
Consumo kg/tAD 48 32 34
0
100
200
300
400
500
600
700
1996 1997 1998
ConsumosProducción propiaEnerxía compradaEnerxía vendida
kWh/tAD
Debido á gran cantidade de hidróxido de sodio presente, o pH ini-
cial é de 13~14, para decrecer continuamente durante o proceso gra-
cias ós ácidos orgánicos liberados.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
33
PROCESO DE FABRICACIÓN DO PAPEL
DEPURACIÓN
PRENSA
SECADO
CORTADORA
ATADO
CALDEIRA DERECUPERACIÓN
CLASIFICACIÓN
FORNO DE CAL
TRATAMENTO E DEPURACIÓN DE EFLUENTES
VAPOSFERA
ESNAQUIZADO
CAL
SILO DE ESNAQUIZADOCOCCIÓN
LAVADO PENEIRADO
OSÍXENO
ALMACENAMENTODE PASTA
O proceso industrial é o seguinte:
TRATAMENTO DA MADEIRA
A madeira chega á fábrica por camión en rolo con e sen casca. A
madeira con casca pasa a través dun tambor descascador e procésase nun
estelador de 750 mm de diámetro, cunha capacidade de 180-200 m3/h. A
casca é transportada a través dunha cinta, despois móese e, finalmen-
te, envíase á caldeira de biomasa para queimala xunto con fuel. A
madeira sen casca pódese desfacer nun estelador de 700 mm de diá-
metro, cunha capacidade de 180 m3/h, e as estelas almacénanse en
tres pías de 20.000 m3 de capacidade cada unha, desde onde son
enviadas a un silo que alimenta directamente á liña de dixestores.
PASTA DE PAPEL
Existen oito dixestores revestidos de Inox/Fe, cunha capacidade de
120 m3 cada un, que inclúen un sistema de recuperación e condensa-
ción de gases que permite recoller e enviar á queima os gases oloro-
sos incondensables para reducir olores nos efluentes líquidos; cunha
capacidade de “stripping” de 70 t/h pódese eliminar o 90% do meta-
nol e o 95% de TRS (compostos reducidos de xofre). O proceso de coc-
ción está regulado por ordenador para asegura-la uniformidade da
pasta e optimiza-los custos do proceso. Ademais, a instalación consta
de tres tanques de descarga.
LAVADO E PENEIRADO
Unha vez realizado o ciclo de cocción durante un determinado tempo
e á temperatura adecuada, baléirase o lixiviador no denominado tan-
que de soprado, do cal pasa a pasta a uns separadores de nós co fin de
separa-los incocidos (nós, aglomerados de fibras). A fracción aceptada
nos separadores de nós contén as denominadas lixivias negras e as
fibras individualizadas, polo que é preciso realizar unha separación
destes dous compoñentes, o cal se fai na denominada fase de lavado.
O lavado lévase a cabo nos denominados tambores lavadores
mediante lavado a contra corrente, utilizándose as augas de extracción
dunha fase para lavado na fase anterior, desta forma, a pasta vai gra-
dualmente entrando en contacto coa lixivia máis limpa ata a última
fase, que se fai coa auga de proceso.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
34
Os sistemas modernos poden chegar a recuperar ata o 99% dos pro-
ductos químicos utilizados no dixestor. Un lavado eficiente reduce a
cantidade de lixivia negra da polpa, co que se consegue un menor con-
sumo de productos químicos no branqueado e menores emisións na
planta de branqueado. Sen embargo, se o lavado se mellora co aumen-
to da cantidade de auga de lavado, será necesario aumenta-la deman-
da de enerxía (vapor) á hora de concentra-la lixivia negra.
O lavado baixo presión é especialmente efectivo para eliminar subs-
tancias orgánicas disoltas, e engadir dióxido de carbono á auga de
lavado mellorará o efecto do lavado.
En ENCE, o sistema de lavado e peneirado de pasta crúa foi cam-
biado dentro do plan de modernización 1988-1992. Primeiro, a pasta
críbase nunha instalación composta por un separador de nós (tecnolo-
xía SUNDS) e un centrisorter Ahlström (clasificador de fibra que utiliza
a forza centrífuga para separa-la fibra). Para a primeira e segunda eta-
pas de lavado utilízanse catro filtros de 3,5 m de diámetro por 6 m de
táboa (de lonxitude) traballando en paralelo (2 e 2). Para a terceira e
cuarta etapa instalouse un novo filtro de presión (IMPCO Andritz).
A pasta lavada almacénase nunha cuba, depúrase, espésase e alma-
cénase no tanque de pasta depurada para enviala á fase de branqueo.
As lixivias negras extraídas da fase de lavado almacénanse nun tan-
que de almacenamento de lixivias negras.
Unha parte destas lixivias negras utilízase para completar o hidromó-
dulo da cocción; outra parte, para dilución na parte inferior do tanque de
soprado e evitar desta forma os atascos no fondo do tanque; e a porción
máis importante evapórase nuns evaporadores de múltiple efecto co fin
de lograr unha concentración de sólidos do 60%, aproximadamente, o
cal permite a combustión desta lixivia. As lixivias, unha vez concentra-
das, almacénanse nun tanque de lixivias negras, e a continuación fanse
pasar por un evaporador en fervenza para lograr unha maior concentra-
ción en sólidos, aproveitando o cal contido nos fumes da caldeira. As
lixivias negras concentradas con adicións de sulfato de sodio a partir dun
depósito entran nun alimentador, pasan por un quentador e, logo, son
introducidas na caldeira de recuperación para a súa combustión.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
35
Dentro da caldeira prodúcese unha fase de reducción e unha fase de
oxidación do combustible. Na fase de reducción o sulfato de sodio
redúcese a sulfuro de sodio co desprendemento de osíxeno, segundo a
reacción:
SO4Na2 => SNa2 + 2O2
Na fase de oxidación, debido á formación de óxido de sodio, este co
dióxido de carbono produce carbonato de sodio, segundo a seguinte
reacción:
Na2O + CO2 => CO3Na2
A caldeira produce un vapor que alimenta unha turbina, a cal accio-
na un xerador eléctrico. Produce o vapor de quentamento necesario
para tódolos procesos en fábrica e a enerxía eléctrica necesaria para a
fabricación.
Os residuos minerais reciben o nome de “torta de sal fundido”, e
van parar a un depósito onde se disolven e toman o nome de lixivia
verde. Estas lixivias almacénanse nun tanque e, de seguido, clarifícan-
se nun clarificador e lávanse nun lavador mediante auga de proceso. A
parte clarificada das lixivias verdes que contén carbonato de sodio e
sulfuro de sodio envíase ó apagador e ó clarificador de cal. O carbona-
to de sodio e o cal apagado (hidróxido de calcio) reaccionan formando
carbonato cálcico e sosa cáustica. Isto lógrase nos denominados caus-
tificadores, onde se obtén a caustificación das lixivias verdes e se con-
segue, xa que logo, o outro producto químico axente da cocción, que é
a sosa, de acordo coa seguinte reacción:
Ca(OH)2 + CO3Na2 => CO3Ca + 2NaOH
A continuación, as lixivias clarifícanse e lávanse, co que se separa
a sosa do carbonato cálcico. As lixivias débiles que conteñen sosa e
sulfuro de sodio almacénanse nunha cuba de almacenamento de lixi-
vias débiles e, a continuación, acumúlanse nun tanque de almacena-
mento de lixivias brancas.
A porción separada do lavador de lixivia almacénase nun depósito,
espésase nun espesador e introdúcese no denominado forno de cal,
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
36
onde o carbonato cálcico se converte en cal vivo, de acordo coa seguin-
te reacción:
CO3Ca => CaO + CO2
O cal vivo obtido no forno de cal apágase no apagador de cal e
obtense hidróxido de calcio ou cal apagado, de acordo coa seguinte
reacción:
CaO + H2O => Ca(OH)2
Este cal apagado utilízase de novo para dar, xuntamente co carbo-
nato sódico, carbonato cálcico e sosa cáustica, segundo a reacción
anteriormente descrita.
DESLIGNIFICACIÓN CON OSÍXENO
A deslignificación con osíxeno componse de dous reactores que tra-
ballan a presión de 4,5 kg/cm2 e dous novos filtros, un deles similar ós
filtros de lavado IMPCO Andritz, e unha prensa Twin, igualmente
Andritz, despois da fase de prebranqueo. O grao de deslignificación é
de máis dun 45%, e obtense unha celulosa en óptimas condicións para
ser sometida ó proceso de branqueo.
Co obxecto de obte-lo osíxeno necesario para a etapa de prebran-
queo (deslignificación con osíxeno), instalouse unha planta de produc-
ción de osíxeno, operativa desde outubro de 1991.
A instalación do 2° reactor de osíxeno e da prensa tivo lugar a finais
de 1996, dentro do proceso de optimización da pasta TCF.
BRANQUEO
Entre outubro de 1991 e xuño de 1992 púxose en servicio gradual-
mente unha liña de branqueo con capacidade de 900 t/día, cun esque-
ma de proceso que é D-EOP-D, a cal substituíu ás dúas antigas liñas
CD-EO-H-D e CD-E-H-D-E-D. Tamén en 1991 se introduciu unha modifi-
cación substancial na liña de branqueo, consistente na adición dunha
etapa de peróxido de hidróxeno. Así, a fábrica pode producir pasta
branqueada sen cloro elemental (ECF) ou sen compostos de cloro (TCF),
utilizando as mesmas etapas de branqueo con diferentes productos
químicos en cada caso.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
37
As liñas de branqueo desígnanse polas seguintes letras:
D Fase de ClO2, utilizando unha solución deste en auga.
E Fase de extracción alcalina, utilizando NaOH.
EO Fase de extracción alcalina, utilizando NaOH con
adición de osíxeno gasoso.
EOP Fase de branqueo de extracción alcalina, utilizando
NaOH con adición de osíxeno e unha solución de
peróxido de hidróxeno.
CD Fase de branqueo con ClO2 e cloro.
Esta liña de branqueo complementouse coa instalación dunha etapa
de peróxido presurizado, o que mellorou as posibilidades de alcanzar
maior brancura e de reduci-lo consumo de productos químicos na pasta
TCF.
MÁQUINAS DE SECADO DE PASTA
O equipo de secado consiste, por unha parte, nunha máquina
Fourdrinier de 3,3 m de ancho, cunha capacidade de 380 t/día, equi-
pada cun secador Flakt, e, por outra, nunha máquina “dobre tea”
Andritz, de 3,4 m de ancho, con 95 cilindros secadores e cunha capaci-
dade de 570 t/día.
ALMACENAXE E ENVÍO
A pasta fabricada en ENCE-Pontevedra almacénase e envíase en
balas directamente ó cliente por camión, ferrocarril ou embarcándoa no
veciño porto de Marín; esta última modalidade é a que absorbe de
maneira primordial a maior proporción dos envíos. A capacidade de
almacenamento da fábrica é de aproximadamente 18.000 t.
CALDEIRA DE RECUPERACIÓN
Una nova caldeira de recuperación instalouse para substituí-las
dúas antigas. A nova caldeira, que se completou en 1994, ten unha
capacidade nominal para queimar 1.000 t ó día de lixivia negra, e unha
capacidade máxima de 1.200 t/día. A capacidade de producción de
vapor é de 161 t/día a 64 atm e 460°C. Ademais, a instalación inclúe
un precipitador electrostático con tres cámaras en paralelo e unha
nova liña de seis evaporadores.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
38
TURBINA DE VAPOR
Instalouse un novo turboxerador de 37 MVA co obxecto de reduci-la
dependencia da fábrica da enerxía eléctrica exterior. A turbina de vapor
é alimentada a 190-200 t/hora pola caldeira de cascas e pola caldeira
de recuperación descritas previamente. A fábrica consome habitual-
mente o 86% da enerxía que produce a plena capacidade; despois da
instalación da nova caldeira de recuperación, hai un exceso neto de
enerxía, que é vendida á compañía de distribución eléctrica da área
(UNIÓN FENOSA). A compañía obtén un alto beneficio desta venda de
enerxía.
NOVAS INSTALACIÓNS AUXILIARES
A empresa construíu unha planta de tratamento de auga bruta,
cunha capacidade de 1.000 I/s, e unha planta de tratamento de efluen-
te, unida a un emisario submarino de 3.000 m de lonxitude, equipado
cunha área de difusores ó longo doutros 500 m, tendido a 20 m de pro-
fundidade no mar, o cal reducirá a incidencia medioambiental dos
efluentes líquidos na ría. Este proxecto desenvolveuse en colaboración
coas autoridades autonómicas, e poderá ser usado tamén para a eva-
cuación de efluentes urbanos. O efluente da factoría depúrase previa-
mente nun tratamento secundario (biolóxico) polo sistema de lagoas
aireadas.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
39
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
40
0
50.00
0
10.00
00
150.0
00
200.0
00
250.0
00
300.0
00
350.0
00
6364
6566
6768
6970
7172
7374
7576
7778
7980
8182
8384
8586
8788
8990
9192
9394
9596
9798
PAST
A TC
FPA
STA
BRAN
QUEA
DA E
UCAL
IPTO
PAST
A SE
MIB
RAN
QUEA
DA E
UCAL
IPTO
PAST
A CR
UA E
UCAL
IPTO
PAST
A BR
ANQU
EADA
PIÑ
EIRO
PAST
A CR
UA P
IÑEI
RO
HIST
ÓRIC
O DA
PRO
DUCC
IÓN
DA
FÁBR
ICA
DE P
ONTE
VEDR
A (D
istri
buci
ón p
rodu
ctos
ano
s 19
63-1
998)
Tone
lada
s
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
41
4.2.1 DIAGRAMA DE BLOQUES
M.P. R.S.
R.S.
E.A.
M.P.
R.S.
bio
lóxi
coar
eafu
el ó
leo
casc
as
M.P.
O 2 SO4M
g
M.P.
SO4H 2
SO4M
gD.
T.P.A
.N
aOH
H 20 20 2
E.L.
(pro
ducc
ión)
cond
ensa
do e
vapo
rado
res
Cal
Caliz
aN
aOH
gases non condensados
R.S.
E.L.
(recu
pera
ción
)M
.P.=
Mat
eria
Prim
aE.
L.=
Eflu
ente
Líq
uido
R.S.
= Re
sidu
os S
ólid
osE.
A.=
Eflu
ente
a la
atm
ósfe
raQ.
= En
erxí
aD.
T.P.A
.= Á
cido
Die
tilen
Tria
min
o Pe
ntaa
cétic
o
R.S.
lixiv
ia b
ranc
a ox
idad
a
gase
s no
nco
nden
sado
s
gase
s no
nco
nden
sado
s
cond
ensa
dos
trata
dos
Diag
ram
a de
blo
ques
do
proc
eso
kraf
t de
ENCE
E.A.
E.L.
(liña
IV)
prep
arac
ión
lixiv
ias
bran
cas
reco
cido
de
lodo
s ca
lizas
trata
men
toco
nden
sado
s
Met
anol
quei
ma
dega
ses
cald
eira
de
casc
as
desl
igni
ficac
ión
con
osix
eno
R.S.
R.S.
dixe
stió
n
este
lado
alm
acén
emba
laxe
seca
dope
neira
dola
vado
lava
dobr
anqu
eo
strip
ping
cond
ensa
dos
evap
orac
ión
lixiv
ias
negr
as
trata
men
tobi
olóx
ico
cald
eira
de
recu
pera
ción
E.L.
E.A.
desc
asca
do
parq
ue d
em
adei
ra
(Q)
E.L.
E.L.
E.L.
E.L.
Segundo o anexo II do Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, que
desenvolve a Lei 38/1972, de protección do ambiente atmosférico, na
catalogación de actividades potencialmente contaminadoras da atmos-
fera, este sector encádrase no Grupo A, punto 1.6.22. “Fabricación de
celulosa e pastas de papel”.
5.1 FONTES
O sector de fabricación de pasta para papel é un dos sectores indus-
triais con máis alto potencial contaminador, non pola contía das emi-
sións, senón pola natureza dalgúns dos contaminantes.
Os chamados compostos reducidos de xofre (TRS), entre os que se
engloban o sulfuro de hidróxeno, metil mercaptano, dimetil sulfuro e
dimetil disulfuro, emítense en cantidades relativamente pequenas,
pero debido ó baixo nivel de percepción olfactiva que posúen, son
detectados con facilidade despois de sufrir grandes dilucións no aire,
a distancias considerables do foco emisor. A súa orixe encóntrase fun-
damentalmente nas operacións de tratamento con lixivia e recupera-
ción de lixivias negras. Sobre todo, no baleirado dos dixestores ó tan-
que de descarga, por ter lugar unha expansión brusca desde o dixestor
ó tanque aberto á atmosfera, prodúcese un escape de vapor que arras-
tra consigo sulfuro de hidróxeno, metil-mercaptano, sulfuro de dimeti-
lo e bisulfuro de dimetilo; o olor dos gases anteriores detéctase a con-
centracións de 1mg/l, aproximadamente.
5.2 CONTROL
Na fábrica de ENCE-Pontevedra existen catro focos emisores de
efluentes atmosféricos:
• Cheminea de caldeira biomasa
• Cheminea de fornos de cal
• Cheminea de caldeira de recuperación
• Cheminea de disolving
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
43
5 FONTES POTENCIAIS DE CONTAMINACIÓNATMOSFÉRICA E O SEU CONTROL
As principais emisións á atmosfera da fábrica son: dióxido de xofre,
procedente de fornos e caldeiras; compostos olorosos derivados do
xofre, como o ácido sulfhídrico; e partículas en suspensión.
Na táboa que se mostra a continuación pódese observar unha evo-
lución dos parámetros de contaminación atmosférica nos últimos anos.
Na táboa seguinte exprésanse os resultados da cuantificación da
emisión media en cada un dos focos existentes na fábrica para cada
uns dos parámetros, xunto co límite establecido pola lexislación.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
44
1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998
Ekg SO2/t 10,6* 6,23 6,23 6,9* 2,76 1,82 1,76 1,48kg SH2/t 0,49 0,03 0,03 0,051* 0,013 0,01 0,01 0,01(SO2+TRS) (t/ano) 1.800* 1.400 1.410 1.680* 806,9 525,2 520,95 467,6Partículas (t/ano) 1.165* 445 325 765** 495 217 245,3 206,4NOX (t/ano) - - - 300 242 374 350,8 353,1
Parámetro Unid. Esixencia CRIII DVIII FFCC C.BM CRIII DVIII FFCC C.BM
Partículas mg/Nm3 150 91 78 29 61 91 80 13 70SO2 mg/Nm3 1.700 47 - 193 414 99 - 26 315SH2 mg/Nm3 7,5 1,1 4,4 2,5 - 3,0 2,2 2,5 -NOX mg/Nm3 616 * * * * 77 - 187 167
1996 1997
* Caldeira recuperación CR-II** Caldeira recuperación CR-II e antiga caldeira cascas
Parámetro Unid. Esixencia CRIII DVIII FFCC C.BM
Partículas mg/Nm3 150 75 55 9 52SO2 mg/Nm3 1.700 56 - 24 299SH2 mg/Nm3 7,5 3,0 3,6 2,2 -NOX mg/Nm3 616 79 - 210 138
1998
(-) Non se produce emisión dese parámetro nese foco.(*) Non se facía control dese parámetro.CRIII: caldeira de recuperación; DVIII: disolving; FFCC: fornos de cal; C.BM: caldeira de biomasa.
Desde 1997, os datos reflectidos son os obtidos nos monitores en
continuo, a excepción dos correspondentes ó SH2, así como os do
disolving III, que son obtidos mediante os autocontrois de emisión.
5.2.1 INMISIÓN ATMOSFÉRICA
Os valores rexistrados, expresados como medias anuais, na Rede
de vixilancia e control da contaminación atmosférica de Galicia, que
recollen a inmisión, xunto cos valores de esixencia, exprésanse no
cadro seguinte:
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
45
Parámetro Unid. Esixencia Areeiro Brilat Campelo Marín
Partículas µg/Nm3 350* 174 106 120 95SO2 µg/Nm3 250* 19 20 22 36SH2 µg/Nm3 40 2 2 1 2
1996
Parámetro Unid. Esixencia Areeiro Brilat Campelo Marín
Partículas µg/Nm3 350* 90 108 78 112SO2 µg/Nm3 250* 26 21 24 39SH2 µg/Nm3 40 2 2 1 3
1997
Parámetro Unid. Esixencia Areeiro Brilat Campelo Marín
Partículas µg/Nm3 350* 75 83 107 94SO2 µg/Nm3 250* 33 27 31 52SH2 µg/Nm3 40 3 3 2 4
1998
* Valores asociados a percentis 98 dos períodos anuais segundo o RD 1321/1992
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
47
6.1 FONTES
Na fabricación pasteira, a auga actúa como vehículo de transporte
de substancias flotantes (estelas, fibras) ou de substancias en suspen-
sión coloidal ou disoltas; como consecuencia deste servicio hidráulico,
é inevitable que a auga adquira unha contaminación máis ou menos
grande.
Por outra parte, a auga actúa como materia prima do proceso, xa
que o proceso de fabricación de pasta química pode incluírse dentro
dun caso típico de extracción sólido-líquido, no que o sólido o consti-
túe o vexetal, e o líquido, unha solución de producto químico na auga;
o proceso de lavado é tamén outro caso de extracción no que a auga se
encarga de lle quitar sales disoltos á pasta xa fabricada.
Finalmente, a auga actúa como axente de refrixeración e servicios
auxiliares.
A influencia do grao de reutilización da auga dentro da fábrica é
decisiva pola súa relación coas augas residuais. Canto maior sexa o
grao de reutilización da auga dentro da fábrica, menor será o seu con-
sumo e menor o caudal de vertido; o que máis encarece o tratamento
das augas residuais é o seu volume e non o valor absoluto da impure-
za que se desexe eliminar.
O parque de madeira e as operacións de descascado e transforma-
ción en estelas, cun traballo que é de tipo mecánico, require un consu-
mo de auga de aproximadamente o 5% da totalidade, se ben traballan
normalmente en circuíto pechado con grandes caudais, e ese 5% é o
que se estima que se perde; este caudal residual constitúeno augas
turbias con anacos de madeira, cascas e terra en suspensión.
Nas etapas de tratamento con lixivia e de lavado pódese estimar
que radica o 95% dos problemas contaminantes dunha fábrica de pasta
química, e non pola magnitude dos seus caudais efluentes, senón pola
calidade destes. Así mesmo, este é o punto principal da emisión de
olores.
6 FONTES POTENCIAIS DE CONTAMINACIÓN DAAUGA E O SEU CONTROL
A totalidade dos vertidos líquidos xerados na fábrica de ENCE vér-
tense a través dun único punto á ría de Pontevedra.
Na táboa seguinte móstrase un resumo das características das
augas residuais:
6.2 CONTROL DE VERTIDOS
Como se comentou anteriormente, a empresa construíu unha planta
de tratamento de efluente unida a un emisario submarino de 3.000 m
de lonxitude, equipado cunha área de difusores ó longo doutros 500 m,
tendido a 20 m de profundidade no mar. O efluente da factoría depúra-
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
48
Orixe Características %
Parque de madeiraLavadoDesperdiciosDesaugadoiros do solo
Caustificación Sedimentos Desaugadoiros areososRebordesRefrixeraciónDesaugadoiros do solo
EvaporaciónCondensadoresRefrixeración
Augas de últimos lavadosRebordes de lixivias
PastaRebordesLavado de pasta
Augas de refrixeraciónCondensadores
DepuraciónAugas de lavado
Augas de refrixeración
Secado de pastasRebordesRecuperación de fibras
Refrixeración
Central térmicaLavadoRefrixeración
Augas turbias con sólidos en suspensión,principalmente cascas, estelas e terra
Augas turbias, con abundante achega desales minerais, pero sen materia orgánica
Augas limpas
Augas con materia orgánica
Augas con materia orgánica
Augas con algo de graxa
Augas con materia en suspensión
Augas limpas
Augas con materia en suspensión
Augas limpas
Augas ácidas con materia mineral en sus-pensión
5
20
5
2
2
5
15
5
20
5
16
se previamente nun tratamento secundario (biolóxico) polo sistema de
lagoas aireadas.
A adopción de medidas internas reductoras da contaminación hídri-
ca está xustificada aínda cando se dispoña de tratamentos externos, xa
que reducen o custo destes tratamentos e a súa complexidade.
Estas medidas pódense distribuír en catro grupos:
• Reutilización de augas limpas.
• Reutilización de condensados limpos.
• Depuración e reutilización de condensados contaminados.
• Recirculación de augas brancas.
Desde 1990 existe unha tendencia clara de diminución da carga con-
taminante do efluente líquido da fábrica, o que se reflicte no cumpri-
mento folgado das esixencias legais. Esta mellora constátase ó con-
trasta-los resultados de varias auditorías externas e estudios, entre
eles, os realizados en decembro de 1994 por Jaakko Pöyry, a consulto-
ra finlandesa líder no sector.
Segundo as súas conclusións, ó comparala coas fábricas escandina-
vas, “ENCE-Pontevedra sitúase entre as mellores fábricas con respec-
to ás súas baixas emisións”. “Con respecto ás emisións de demanda
química de osíxeno e organoclorados, en 1995, ENCE-Pontevedra
ocupa o mellor posto”, conclúe o informe.
Os países do PARCOM -aqueles que verten as súas augas ó
Atlántico Norte- xa estableceron un límite máximo de emisión de orga-
noclorados en 1 kg/t para o AOX. A Confederación Europea de Industria
de Celulosa e Papel (CEPI) tamén lle recomendou á UE uns límites
máximos de emisións para o 2002.
ENCE cumpre tamén os límites propostos polo Consello de Ministros
Nórdico para fábricas novas posteriores ó ano 2000.
A continuación amósase unha táboa da evolución dos parámetros de
contaminación de augas nos últimos anos e a súa evolución gráfica:
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
49
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
50
valor máximo de esixencia
quilo
s/to
nela
da
D.B.O.
0
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
94 95 96 97 98X F M A M X X A S O N D
COR
valor máximo de esixencia
unid
ades
de
cor
800
700
600
500
400
300
200
100
094 95 96 97 98X F M A M X X A S O N D
pH
valor máximo de esixencia
valor mínimo de esixencia
unid
ades
0
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
94 95 96 97 98X F M A M X X A S O N D
quilo
s/to
nela
da
S.S.
valor máximo con tratamento secundario
valor máximo con tratamento primario
0
5
10
15
20
25
30
35
94 95 96 97 98X F M A M X X A S O N D
1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998
CDBO (kg/t) 23,4 15,7 8,40 4,46 3,91 3,99 3,15 2,95DQO(kg/t) 87,0 47,8 22,5 14,32 12,78 14,26 10,23 10,94pH 6,6 6,5 6,8 7,3 7,4 7,5 7,4 7,4COR (Und.) 1.179 457 268 215 187 232 248 282SS (kg/t) 2,8 2,4 2,31 2,76 2,18 1,63 1,05 0,96AOX (kg/t) 3,1 0,8 0,37 0,06 0,02 0,02 0,01 0,01
Fonte: ENCE
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
51
quilo
s/to
nela
da
A.O.X
valor máximo de esixencia
0,0
0,2
0,4
0,6
0,8
1,0
1,2
1,4
1,6
1,8
2,0
2,2
94 95 96 97 98X F M A M X X A S O N D
quilo
s/to
nela
da
94 95 96 97 98X F M A M X X A S O N D
D.Q.O.
valor máximo de esixencia
0
80
75
70
65
60
55
50
45
40
35
30
25
20
15
10
5
D.B.O.
D.Q.O.
pH
S.S.
A.O.X.
COR
Hg
9 kg/t
65 kg/t
5-9 Und
10-20 Und.
2 kg/t
600 Unid.
1g Hg/lCl2
2,35
9,88
7,5
0,89
0,01
288
0,014
2,80
10,09
7,3
0,87
0,01
287
0,022
2,91
10,49
7,3
0,91
0,01
298
0,013
3,18
12,05
7,4
1,06
0,01
250
0,020
3,10
11,04
7,4
1,05
0,01
288
0,012
2,97
10,71
7,4
0,94
0,01
293
0,016
3,17
11,14
7,2
1,04
0,01
246
0,051
3,01
10,78
7,5
0,96
0,01
269
0,074
2,57
9,34
7,8
0,87
0,01
347
0,013
2,83
9,99
7,6
0,92
0,01
380
0,042
3,48
13,32
7,5
0,96
0,01
243
0,021
3,08
12,43
7,5
1,00
0,01
193
0,01
2,95
10,94
7,4
0,96
0,01
282
0,026
xan feb mar abr mai xuñ xull ago set out nov dec
VALORES MEDIOS 1998Valor
MedioLímiteLegal
Fonte: ENCE
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
53
Os principais productos residuais resultantes do proceso de produc-
ción da celulosa son os procedentes da madeira: cascas e lignina, que
se recuperan e incineran para xerar vapor e enerxía eléctrica.
Os dregs son os residuos obtidos trala combustión do licor negro na
caldeira de recuperación. A necesidade de recuperar e reutilizar este
licor negro foi o que impulsou o desenvolvemento das caldeiras de
recuperación. Da combustión resulta un residuo inorgánico en forma de
sales fundidos que, unha vez apagado con auga, constitúe os denomi-
nados “sedimentos procedentes da combustión de licor negro na cal-
deira de recuperación” (DREGS, no argot do sector). Son partículas
sólidas sen disolver que constitúen un material lixeiro e esponxoso e
cunha procedencia diversa (sulfato sódico de reposición, cal, estelas,
restos de cascas...). Estes residuos almacénanse nun parque aberto
nas propias instalacións da fábrica.
As cinzas do electrofiltro proceden da caldeira de biomasa, onde se
queiman nun leito fluidificado as partículas procedentes do descasca-
do.
Os productos residuais perigosos destínanse adecuadamente
segundo a súa natureza, entregándoos a xestores ou entidades autori-
zadas para o seu tratamento.
A xeración de todos eles descríbese a seguir:
RESIDUOS INERTES
7 RESIDUOS
Residuo 1996 1997 1998 Orixe
Cinzas L. verdes (dregs) (t/ano) 6.289 5.463 5.888 IndustrialCinzas electrofiltro (t/ano) 3.991 4.985 6.611 Industrial
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
54
RESIDUOS PERIGOSOS
OUTROS RESIDUOS
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
1996 1997 1998
ChatarraEscourasBiolodosMadeiraR.S.U.Entullo
t/ano
Residuo Unidade 1996 1997 1998 Orixe
Lodos apagador (pesos secos) t/ano 220 111 * IndustrialAceites usados t/ano 7 17 22 Xral. fábricaDisolvente de corte t/ano 1,95 2,76 3,11 MantementoTubos fluorescentes m3 ** ** 2 Xral. fábricaRestos análise DQO m3 ** ** 0,040 Laboratorios
Residuo (t/ano) 1996 1997 1998 Orixe
Chatarra 515 459 337 Xral. fábricaEscouras (peso seco) 1.141 1.951 550 C. biomasaBiolodos (peso seco) 156 1.912 1.789 Tto. de efluentesMadeira (peso seco) 1.782 296 438 Materias primasRSU 2.766 1.298 1.228 Xral. fábricaEntullo e terra 625 - 3.496 Xral. fábrica
* Non se xera este residuo** Non se xestionaban como tales
A política medioambiental de ENCE exprésase nos “Principios de
política ambiental”, que establecen como prioridade a utilización dos
procesos e tecnoloxías máis limpos fronte ó emprego de medidas
correctoras. De acordo con esta filosofía, ENCE comprométese a apli-
car medidas correctoras na medida en que as tecnoloxías dispoñibles
non poidan reducir de forma concluínte o impacto ambiental.
8.1 O SISTEMA DE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL
As fábricas de ENCE de Pontevedra e Huelva obtiveron o Certificado
de Xestión Medioambiental concedido por AENOR en outubro de 1997
e abril de 1998, respectivamente. Os complexos industriais presenta-
ran a solicitude de certificación dos seus Sistemas de Xestión
Medioambiental tras finaliza-las fases de formación do persoal, elabo-
ración de documentación e implantación efectiva nas dúas plantas.
Apoiado na certificación de calidade, segundo a Norma ISO 9002,
obtido por ENCE en 1994, o Sistema de Xestión Medioambiental -a
implantación do cal ó longo dos dous últimos anos supuxo un gran
esforzo económico, técnico e organizativo e de formación- complemen-
tará as melloras tecnolóxicas e medioambientais introducidas nas
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
55
8 POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL DA PLANTA
plantas de Pontevedra e Huelva, que se concretan no uso das “mello-
res técnicas dispoñibles” (MTD) e “as mellores prácticas medioam-
bientais” (MPM), como se definen no convenio de París (PARCOM).
A certificación AENOR foi utilizada como referencia para a adhesión
voluntaria ó Regulamento 1836/93 da Unión Europea sobre ecoxestión
e ecoauditoría. ENCE foi a primeira compañía española do sector que
solicita a inclusión no 1836/93. Para iso, someteu as súas Declaracións
Medioambientais de Huelva e Pontevedra ó proceso de validación rea-
lizado por AENOR, único verificador autorizado por ENAC (Entidade
Nacional de Acreditación). Unha vez validadas, presentáronse no orga-
nismo competente para a obtención do número do Rexistro no 1836/93.
A implantación do Sistema de Xestión Medioambiental supuxo para
ENCE un investimento económico en medios e horas de traballo en
torno ós 200 millóns de pesetas.
8.2 PLAN DE MELLORA
Desde 1989, a empresa levou a cabo o Plan de Mellora Tecnolóxica
e Medioambiental, un programa de investimentos por valor de 18.000
millóns de pesetas, que converteu a ENCE nunha fábrica punteira no
sector en cuestións medioambientais.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
56
O mercado competitivo actual esixe non só desenvolver con acerto
estratexias de fabricación, senón que a estratexia comercial é actual-
mente un dos principais valores engadidos da empresa. O crecemento
non só se logra mediante a incorporación de tecnoloxías modernas e
avances constantes no proceso de producción, senón por inserir cicli-
camente na historia da empresa cambios profundos de organización e
estructuración, como o foi a implantación dos Sistemas de
Aseguramento da Calidade, e como sería na actualidade considera-lo
medio ambiente como un factor clave e compatible con outros intere-
ses.
Unicamente tras ter esgotadas tódalas posibilidades de actuar en
orixe, se deberán avalia-las necesidades de tratamento dos residuos e
emisións xerados. A instalación dun sistema de tratamento resultará
menos custosa, tanto no investimento inicial necesario, como no man-
temento da instalación e a posterior xestión dos “residuos concentra-
dos” xerados, tras aplicar durante o proceso productivo tódalas posibi-
lidades de reducción dos residuos.
Anque a industria é consciente de que reciclar un residuo ou un sub-
producto é, polo xeral, máis económico e ambientalmente máis benefi-
cioso que tratalo, aínda se poden detectar numerosas oportunidades
de reciclado, por exemplo, por medio do aumento da reciclabilidade do
residuo segregando en orixe as distintas correntes de residuos en fun-
ción dos destinos de reciclaxe previstos.
9.1 TÉCNICAS DE REDUCCIÓN DE RESIDUOS
Toda actividade industrial xera, en maior ou menor medida, algún
tipo de residuo como consecuencia do seu proceso productivo. Esta
xeración de residuos dáse fundamentalmente por dúas razóns:
• Porque o aproveitamento dunha materia prima principal dificil-
mente pode alcanza-lo 100%.
• Porque para o proceso de fabricación precísase da utilización de
materias primas auxiliares, que non se incorporan no producto, e
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
57
9 CONCLUSIÓNS E MELLORAS NAS TECNOLÓXIAS
que cando deixan de reuni-las especificacións necesarias para o
seu uso convértense en residuos.
A xeración de residuos está, polo tanto, inevitablemente asociada
ós procesos industriais, pero o seu volume de xeración dependerá do
grado de eficiencia do proceso. A medida que aumenta a eficien-
cia do proceso productivo, a cantidade de residuos xerada diminúe,
como resultado do mellor aproveitamento das materias primas utiliza-
das.
Agora ben, cando un residuo se envía a unha instalación de trata-
mento, o resultado que se obtén é a depuración da corrente orixinal e
a xeración de novos residuos, co que resulta sinxelo comprender que a
solución ó problema da xeración de residuos pasa pola prevención. É
dicir, por evitar que tales residuos se orixinen ou, cando menos, por
reduci-la súa producción.
En lugar de instalar unha depuradora como solución á xeración de
residuos, resulta económica e medioambientalmente máis rendi-
ble analiza-lo proceso e detectar cáles son as causas que orixinan a
contaminación para posteriormente avaliar cómo se pode incidir sobre
estas causas e decidir qué podemos facer para evitar a xeración de
residuos. Os gastos de investimento e mantemento das instalacións de
tratamento final resultarán menores canto menor sexa a cantidade de
residuos que haxa que tratar.
Unha posible clasificación das técnicas destinadas á mellora
medioambiental da empresa é:
CAMBIOS DE MATERIAS PRIMAS
I- Control das materias primas en exceso, caducas ou en desuso, e
dos productos terminados.
II- Reducir ou elimina-la utilización de materias perigosas.
III- Empregar materias primas dunha maior calidade para evitar
incorporar contaminantes no proceso.
IV- Utilizar materiais reciclados para crear un mercado destes pro-
ductos.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
58
BOAS PRÁCTICAS OPERATIVAS EN PRODUCCIÓN
V- Reduci-la perda de materiais, productos e enerxía debido a
fugas e derramamentos.
VI- Situa-los equipos de maneira que se minimicen os vertidos, as
perdas e a contaminación durante o transporte de pezas e mate-
riais.
VII- Mellora-la xestión do inventario de materias primas e produc-
tos para evita-la súa deterioración e que expire a data de caduci-
dade.
VIII- Mellora-lo programa de mantemento preventivo para evitar
perdas por paradas.
IX- Evitar mesturar diferentes tipos de correntes de residuos.
REUTILIZACIÓN EN FÁBRICA
X- Recicla-las augas de refrixeración e de proceso e outros mate-
riais dentro da planta ou fábrica.
XI- Recupera-la enerxía calorífica cando sexa posible.
XII- Buscar usos para a reutilización de rexeitamentos.
XIII- Crear subproductos de utilidade a partir de materiais resi-
duais.
CAMBIOS TECNOLÓXICOS
XIV- Cambiar equipos, a súa implantación ou os tubos para mello-
ra-la eficiencia e o aproveitamento das materias primas.
XV- Utilizar mellores sistemas de control e automatización dos pro-
cesos para mellora-la calidade ou diminuí-los rexeitamentos de
producción.
XVI- Optimiza-las condicións do proceso, como por exemplo os cau-
dais, a temperatura, a presión e o tempo de residencia, co obxec-
to de mellora-lo rendemento e reducir así as cantidades de resi-
duos.
XVII- Utilizar de maneira óptima as materias primas auxiliares e
aditivos, como os catalizadores, por exemplo.
CAMBIOS EN PRODUCTOS
XVIII- Cambia-la composición dos productos para reduci-lo seu
impacto ambiental ó ser utilizados polos consumidores.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
59
XIX- Aumenta-lo tempo de vida dos productos.
XX- Facilita-la reciclaxe dos productos mediante a eliminación das
partes ou compoñentes non reciclables.
XXI- Elimina-los envases e embalaxes innecesarios.
TÉCNICAS LEXISLATIVAS
Existe unha serie de ferramentas técnico-lexislativas que é preciso
ter en conta:
XXII- Avaliacións de impactos ambientais (EIA).
XXIII- Auditorías ambientais e sistemas de xestión ambiental. Son
instrumentos de xestión que comprenden unha avaliación sistemá-
tica, documentada, periódica e obxectiva da eficacia da organiza-
ción, o sistema de xestión e os procedementos destinados á pro-
tección do medio ambiente.
XXIV- Análise do ciclo de vida do producto (ACV). A análise do ciclo
de vida é un proceso obxectivo para avalia-las cargas ambientais
asociadas a un producto, proceso ou actividade, identificando e
cuantificando tanto o uso de materia e enerxía como os vertidos de
todo tipo ó entorno. O estudio inclúe o ciclo completo do producto,
proceso ou actividade.
9.2 MELLORAS NAS TECNOLOXÍAS
A política medioambiental de ENCE-Pontevedra establece como
prioridade a utilización de tecnoloxías limpas antes que o emprego de
medidas correctoras. ENCE-Pontevedra conta xa coas mellores tecno-
loxías dispoñibles e mellores prácticas medioambientais referenciadas
actualmente para o sector, dous conceptos estendidos no ámbito inter-
nacional polo PARCOM sobre calidade tecnolóxica e tecnoloxías “lim-
pas”.
9.3 EMISIÓNS Á ATMOSFERA
Para trata-los gases non condensables de alta concentración e baixo
volume de compostos reducidos de xofre (TRS), que proceden, princi-
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
60
palmente, da condensación de descargas, de evaporadores e do strip-
ping de condensados, déronse os seguintes pasos:
• Optimización da instalación existente de recolección e purgas
• Instalación de preparamentos específicos
• Incineración dos gases nunha caldeira específica
• Tratamento dos gases de saída da caldeira nun scrubber de SO2
GASES DILUÍDOS
O tratamento dos gases non condensables de baixa concentración e
alto volume (diluídos) que se orixinan en lavados, filtros e tanques,
peneirado, evaporadores e caustificación, iníciase coa súa recolección
nos puntos de orixe para, posteriormente, proceder ó seu
lavado-enfriamento nunha torre deseñada especificamente e a súa
incineración na caldeira de recuperación como aire terciario con boqui-
llas específicas.
9.4 MELLORAS TECNOLÓXICAS XERAIS
Entre as prácticas tecnolóxicas e medioambientais introducidas na
planta de Pontevedra nos últimos anos gracias ó Plan Estratéxico de
Mellora Tecnolóxica e Medioambiental, destacan as seguintes:
• Descascado en seco (1988)
• Peneirado en circuíto cerrado (1991)
• Depuración por destilación (stripping) dos condensados máis con-
taminantes e máxima reutilización destes (1989)
• Sistemas de recuperación de rebordes e perdas eventuais (1989-
1992). Cercáronse as zonas da fábrica nas que poderían producirse
perdas. Instalouse unha rede de canles conductoras ata fosos de
recollida, desde onde se bombean para reincorporalos ó circuíto.
Deslignificación estendida, prebranqueo con osíxeno e branqueo
sen cloro (pasta TCF/ECF) (1991). Unha porcentaxe superior ó 90%
é branqueada polo sistema TCF.
• Lavado eficaz (1991). Está en marcha o proceso de lavado con tres
etapas previas á fase de branqueo con osíxeno e dúas etapas post-
osíxeno en circuíto cerrado.
• Tratamento biolóxico de efluentes líquidos (1992)
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
61
• Queima a alta concentración na caldeira de recuperación (1991).
Coa instalación de novos evaporadores e superconcentradores de
alta eficacia, alcánzanse elevadas concentracións da materia
orgánica, o que optimiza a súa queima na caldeira de recuperación.
• Recolección e incineración de gases olorosos. Os gases dos
dixestores, evaporadores e stripping son recollidos e incinerados.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
62
Na bibliografía que aparece na presente publicación están citadas
fontes moi amplas referentes a este apartado; de tódolos xeitos, este
informe quedaría incompleto se non se citase, polo menos, o máis rele-
vante da normativa vixente en cada campo medioambiental. Isto é o
que se trata de conseguir neste apartado.
10.1 NORMATIVA BÁSICA
EUROPEA
• Directiva 96/61/CE do Consello, do 24 de setembro de 1996, rela-
tiva á prevención e ó control integrados da contaminación (IPPC).
• Decisión 2000/479/CE, da Comisión, do 17 de xullo de 2000, rela-
tiva á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes
(EPER) con arreglo ó artículo 15 da Directiva 96/61/CE.
ESTATAL
• Real decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba
o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigo-
sas.
• Real decreto lei 9/2000, de 6 de octubro, de modificación do Real
decreto legislativo 1302/1986 do 26 de xuño (Evaluación de Impacto
Ambiental).
GALEGA
• Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para
Galicia (DOG nº 188, 25 de setembro de 1990).
Decreto 327/1991, de avaliación de efectos ambientais para
Galicia (DOG nº 199, 15 de outubro de 1991).
• Lei 1/1995, do 10 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.
Esta lei constitúe unha lei marco sobre a regulación do medio
ambiente na nosa Comunidade Autónoma.
No seu título primeiro establece o obxecto xeral da lei, un “sistema
de defensa, protección, conservación e restauración (...) do medio
ambiente en Galicia”, así como o aseguramento da “utilización racio-
nal dos recursos naturais” (cfr. artigo 1º).
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
63
10 LEXISLACIÓN
Esta regulación baséase nos principios e obxectivos de prevención,
de avaliación do impacto, dos efectos e da incidencia ambiental, de
información pública, obxectiva, permanente e completa, o nivel de
acción adecuada complementado co principio de subsidiariedade e de
colaboración das instancias autonómica e local, e de coordinación e
unidade de acción mediante o adecuado deseño da administración
ambiental no ámbito autonómico (cfr. artigo 2º).
• Decreto 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental.
• Orde do 30 de maio de 1996, pola que se regula o exercicio da
inspección ambiental única e a tramitación de denuncias ambientais.
10.2 ATMOSFERA
EUROPEA
• Directiva 96/62/CE do Consello, do 27 de setembro de 1996,
sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente (DOCE número
L 296, do 21 de novembro de 1996).
• Recentemente publicouse a Directiva 1999/30/CE, do 22 de abril,
relativa ós valores límite de dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno e
óxidos de nitróxeno, partículas e chumbo no aire ambiente. Con esta
directiva, que se debe traspoñer antes do 19 de xullo de 2001, adopta-
ranse os novos valores límites de inmisión.
• Directiva 1999/13/CE do Consello, do 11 de marzo de 1999, rela-
tiva á limitación das emisións de compostos orgánicos volátiles, debi-
das ó uso de disoventes orgánicos en determinadas actividades e ins-
talacións.
ESTATAL
• Lei 38/1972, do 22 de decembro, de prevención do ambiente
atmosférico.
• Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, que desenvolve a lei 38/1972.
• Orde do 10 de decembro de 1975, pola que se aproba o
Regulamento de homologación de combustibles líquidos en instala-
cións fixas.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
64
• Orde do 10 de agosto de 1976, pola que se establecen as normas
técnicas para a análise e a valoración dos contaminantes de natureza
química presentes na atmosfera.
• Orde do Ministerio de Industria do 18 de outubro de 1976,
sobre prevención e corrección da contaminación atmosférica de orixe
industrial.
• Orde do 25 de xuño de 1984, sobre instalación en centrais tér-
micas de equipos de medida e rexistro da emisión de contaminantes á
atmosfera.
• Real decreto 1613/1985, do 1 de agosto, polo que se modifica
parcialmente o Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, e se establecen
novas normas de calidade do aire no referente a contaminación por
dióxido de xofre e partículas.
• Real decreto 1154/1986, do 11 de abril, polo que se modifica o
Real decreto 1613/85, do 1 de agosto, sobre normas de calidade do
ambiente: Declaración polo Goberno de zonas de atmosfera contaminada.
• Real decreto 717/1987, do 27 de maio, sobre contaminación
atmosférica por dióxido de nitróxeno e chumbo: Normas de calidade do
ambiente.
• Orde do 22 de marzo de 1990, pola que se modifica a Orde do 10
de agosto de 1976, respecto ó método de referencia para o fume nor-
malizado.
• Real decreto 646/1991, do 22 de abril, polo que se establecen
novas normas sobre limitación ás emisións á atmosfera de determina-
dos axentes contaminantes procedentes de grandes instalacións de
combustión.
• Decreto 1088/1992, do 11 de setembro, polo que se establece
novas normas sobre a limitación de emisións á atmósfera de determi-
nados axentes contaminantes procedentes de instalacións de incinera-
ción de residuos municipais.
• Real decreto 1321/1992, do 30 de outubro, polo que se modifica
parcialmente o Real decreto 1613/1985, do 1 de agosto, e se estable-
cen novas normas de calidade do aire no referente á contaminación por
dióxido de xofre e partículas.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
65
• Real decreto 1494/1995, do 8 de setembro, sobre contaminación
atmosférica por ozono.
• Real decreto 1800/1995, do 3 de novembro, polo que se modifica
o Real decreto 646/1991, do 22 de abril.
• Orde do 26 de decembro de 1995 para o desenvolvemento do
Real decreto 646/1991, sobre limitación de grandes instalacións de
combustión en determinados aspectos referentes a centrais termoeléc-
tricas.
• Real decreto 1217/1997, do 18 de xullo, sobre incineración de
residuos perigosos e de modificación do Real decreto 1088/1992, do 11
de setembro.
GALEGA
• O imposto sobre contaminación atmosférica de Galicia. Galicia foi
pioneira en España na tributación para a protección do medio ambien-
te atmosférico, mediante a Lei do Parlamento de Galicia 12/1995,
do 29 de decembro.
Segundo a exposición de motivos da lei, a finalidade perseguida é a
de “conseguir que as empresas afectadas adopten, nun prazo curto, as
medidas anticontaminantes precisas para diminuír substancialmente
as emisións”.
A diferencia da proxectada “ecotaxa” comunitaria, que grava as
materias primas e productos que xeran contaminación ó utilizalos, o
imposto galego grava un volume de emisións de determinadas subs-
tancias contaminantes á atmosfera (dióxido de xofre ou calquera outro
composto osixenado de xofre, e dióxido de nitróxeno ou calquera outro
composto osixenado de nitróxeno).
A base impoñible do imposto exprésase en “toneladas/ano” como a
suma das cantidades emitidas de cada unha das substancias contami-
nantes por un mesmo foco emisor. A dificultade estriba na súa deter-
minación, ou, o que é o mesmo, nos sistemas de medición.
A tarifa impositiva aplicable prevé tres tipos de gravame: un tipo
cero (en realidade, unha exención) de 0 a 1.000 t/ano, un segundo
tramo (5.000 pta/t) para os focos que emiten entre 1.001 e 50.000
t/ano, e un terceiro (5.500 pta/ano) para os que emiten de 50.001 t/ano
en diante.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
66
• Decreto 4/1996, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o
Regulamento de imposto sobre a contaminación atmosférica.
• Orde do 26 de xaneiro de 1996, pola que se aproban os modelos
de xestión e liquidación do imposto sobre a contaminación atmosférica.
10.3 VERTIDOS LÍQUIDOS
ESTATAL
• Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.
Os seus artigos 92 a 100 traspoñen as normas de emisión sinaladas
pola Directiva do Consello 76/464/CEE, do 4 de maio de 1976, relativa
á contaminación causada por determinadas substancias perigosas ver-
tidas no medio acuático da Comunidade.
O seu artigo 94 traspón as normas de emisión sinaladas na Directiva
do Consello 80/68/CEE, do 17 de decembro, relativa á protección das
augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas
substancias perigosas.
• Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o
Regulamento de dominio público hidráulico, que establece a regulación
sobre emisións que se prevé na directiva marco comunitaria
76/464/CEE.
Este real decreto foi modificado polo RD 1315/1992, do 30 de outu-
bro, para variar esencialmente determinados aspectos en relación coa
contaminación dos acuíferos subterráneos que non foran fielmente
traspostos desde o ordenamento comunitario.
Os seus artigos 245 a 273 traspoñen as normas de emisión sinala-
das pola Directiva do Consello 76/464/CEE, do 4 de maio de 1976, rela-
tiva á contaminación causada por determinadas substancias perigosas
vertidas no medio acuático da Comunidade. Os seus artigos. 256 a 258
traspoñen as normas de emisión sinaladas na Directiva do Consello
80/68/CEE, do 17 de decembro, relativa á protección das augas subte-
rráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias
perigosas.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
67
• Orde do 23 de decembro de 1986, pola que se dictan normas
complementarias en relación coas autorizacións de vertidos de augas
residuais.
• Orde do 12 de novembro de 1987, sobre normas de emisión,
obxectivos de calidade e métodos de medición de referencia relativos
a determinadas substancias nocivas ou perigosas contidas nos vertidos
de augas residuais.
• Lei 22/88, do 28 de xullo, de costas.
• Real decreto 1417/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o
Regulamento da lei de costas.
• Real decreto 1315/1992, do 30 de outubro, polo que se modifica
parcialmente o Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado
polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril.
• Orde do 13 de xullo de 1993, pola que se aproba a instrucción
para o proxecto de conduccións de vertido desde terra ó mar.
• Real decreto 484/1995, do 7 de abril, sobre medidas de regulari-
zación e control de vertidos.
GALEGA
• O canon de saneamento da Lei de administración hidráulica de
Galicia. A Comunidade Autónoma de Galicia, o mesmo que fixeron
outras comunidades autónomas, como Cataluña, Baleares, Navarra e
Valencia, creou o denominado “canon de saneamento”, en aplicación
da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica
de Galicia, e que ten por obxecto a potenciación da infraestructura de
saneamento das augas continentais administradas pola Comunidade
Autónoma de Galicia (é dicir, as cuncas hidrográficas intracomunitarias
de Galicia).
En termos xerais, os canons de saneamento pretenden corrixi-las
exterioridades que se producen pola contaminación das augas. Para
eles, trátase de lle “esixir (ó suxeito contaminador) a propia depuración
e saneamento da auga utilizada, ou ben de poder obrigalo a paga-los
danos que cause ou a repara-la degradación causada ós bens de domi-
no público ou, se é o caso, a soporta-lo custo dos servicios públicos de
depuración e saneamento”.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
68
• Decreto 8/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o
Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei
8/1993, reguladora da administración hidráulica, relativo ó canon de
saneamento.
10.4 RESIDUOS
EUROPEA
• Directiva 75/442/CEE do Consello, do 15 de xullo de 1975, relati-
va ós residuos (DOCE n° L. 194, 25.7.75), coñecida como a “Directiva
marco de residuos”.
• Directiva 91/156/CEE do Consello, do 18 de marzo de 1991, pola
que se modifica a Directiva 75/442/CEE (DOCE nº L. 78, 26.3.91).
• Directiva 91/689/CEE do Consello, do 1 de decembro de 1991,
relativa a residuos perigosos. (DOCE nº L. 377, 31.12.91).
• Regulamento nº 259/1993 do Consello, do 1 de febreiro de 1993,
relativo á vixilancia e ó control dos traslados de residuos no interior, á
entrada e á saída da Comunidade Europea (DOCE nº L. 25, 22.2.93).
• Decisión 94/3/CE da Comisión, do 20 de decembro de 1993, pola
que se establece unha lista de residuos de conformidade coa letra a)
do artigo 1 da D. 75/442/CEE do Consello, relativa ós residuos (DOCE
nº L. 5, 7.1.94).
• Decisión 94/904/CE do Consello, do 22 de decembro de 1994,
pola que se establece unha lista de residuos perigosos en virtude do
artigo 1, apartado 4, da D. 91/689/CEE (DOCE nº L. 356, 31.12.94).
• Directiva 94/62/CE do Parlamento e do Consello, do 20 de decem-
bro de 1994, relativa ós envases e residuos de envases (DOCE nº L. 365,
31.12.94).
• Regulamento nº 120/1997 do Consello, do 20 de xaneiro de 1997,
polo que se modifica o Regulamento nº 259/1993, relativo á vixilancia
e ó control dos traslados de residuos no interior, á entrada e á saída da
Comunidade Europea (DOCE nº L. 22, 24.1.97).
• Decisión 97/129/CE da Comisión, do 28 de xaneiro de 1997, pola
que se establece o sistema de identificación de materiais de envase de
conformidade coa Directiva 94/62/CE do Parlamento europeo e do
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
69
Consello, relativa ós envases e residuos de envase (DOCE nº L. 50,
20.2.97).
• Directiva 98/101/CE da Comisión, do 22 de decembro de 1998,
pola que se adapta ó progreso técnico á directiva 91/157/CEE, do
Consello, relativa a pilas e acumuladores que conteñan determinadas
sustancias perigosas.
• Directiva 1999/31/CE do Consello, do 26 de abril de 1999, relati-
va ó vertido de residuos.
• Decisión 2000/532/CE da Comisión, do 3 de maio de 2000, que
sustitue á decisión 94/3/CE pola que se establece unha lista de resi-
duos de conformidade coa letra a) do artigo 1 da directiva 75/442/CEE
do Consello, relativa os residuos, e á 94/904/CE do Consello, pola que
se establece unha lista de residuos perigosos en virtude do apartado 4
do artigo 1 da directiva 91/689/CEE do Consello relativa a residuos
perigosos.
ESTATAL
• Real decreto 833/1988, do 20 de xullo (BOE nº 182, 30.7.88), polo
que se aproba o regulamento para a execución da lei 20/86 básica de
residuos tóxicos e perigosos.
• Orde do 28 de febreiro de 1989, pola que se regula a xestión de
aceites usados (BOE nº 57, 8.3.89), modificada por orde do 13 de xuño
de 1990.
• Orde do 14 de abril de 1989, sobre a xestión dos policlorobifeni-
los e policloroterfenilos (BOE nº 102, 29.4.89).
* O 17 de febreiro de 1995 aprobouse o “Plan Nacional de Residuos
Perigosos (1995-2000)”, que ten por finalidade orienta-la actuación do
Goberno e incorpora-los plans autonómicos xa existentes. Entre os
seus obxectivos prioritarios atópanse a aplicación do principio de pre-
vención e de responsabilidade do productor e a reducción progresiva
do volume de residuos xerados, fomentando a reciclaxe e a reutiliza-
ción.
• Intimamente relacionado co Plan Nacional de Residuos Perigosos,
o Goberno adoptou un acordo polo que se aproba o Plan Nacional de
Recuperación de Solos Contaminados.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
70
• Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases
(BOE nº 99, 25.4.97), e o Real decreto 782/1998, do 30 de abril (BOE
nº 104, 1.5.98), que a desenvolve. O obxectivo básico deste regula-
mento constitúeo a articulación concreta dos novidosos mecanismos xa
previstos na lei de envases (presididos sempre polo principio de pre-
vención na producción de residuos) para a consecución dos obxectivos
da lei en materia de reducción, reciclado e valorización, os cales son os
mesmos que establece a Directiva 94/62/CE, do 20 de decembro, rela-
tiva ós envases e residuos de envases. Obxectivos que deben cumprir-
se para todo o territorio español a partir do 31 de xuño do ano 2001.
O regulamento desenvolve e regula amplamente o que deu en cha-
marse o “sistema dual” de xestión dos envases e residuos de envases,
que xira arredor da posibilidade de optar entre dous sistemas de xes-
tión: o Sistema de Devolución, Depósito e Retorno (DDR) -tamén cha-
mado de Consigna- do que os envasadores poden quedar exentos se
participan no segundo dos sistemas previstos representado na figura
dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX), coñecidos a través do sím-
bolo do punto verde.
• Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, (BOE nº 160, 5.7.97), polo
que se modifica o regulamento para a execución da Lei 20/1986, bási-
ca de residuos tóxicos e perigosos, aprobado mediante o RD 833/1988,
e co que se pretende adapta-la normativa española á Directiva 91/689.
• Lei 10/1998 de residuos, do 20 de abril. Introduce un maior grao de
control ambiental nas actividades de producción e xestión, de tal forma
que a partir de agora as autorizacións para a instalación de industrias
productoras de residuos van ter que indicar necesariamente a cantida-
de máxima de residuos que se poden xerar por unidade producida e as
súas características, para o que se considerarán, entre outros criterios,
as tecnoloxías menos contaminantes en condicións técnica e economi-
camente viables, co que se introducen xa na nova norma os principios
inspiradores da directiva sobre prevención e control integrado da con-
taminación (IPPC).
• Real decreto 1378/1999, do 27 de agosto, polo que se establecen
medidas para a eliminación e xestión dos policlorobifenilos, policloro-
terfenilos e aparatos que os conteñan.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
71
• Resolución do 17 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de
Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dispón a publicación do
catálogo europeo de residuos (CER), aprobado mediante a Decisión
94/3/CE da Comisión, do 20 de decembro de 1993 (BOE nº 7, 8.1.99).
GALEGA
• Decreto 72/1989, do 27 de abril, polo que se aproba definitiva-
mente o Plan de Xestión e Tratamento de Residuos sólidos Urbanos de
Galicia.
• A Comunidade Autónoma de Galicia, desde o ano 1986, puxera en
marcha, a través da Consellería de Industria e Comercio, diversos plans
e accións para a xestión deste tipo de residuos: os plans de elimina-
ción de aceites usados, de eliminación de pilas usadas, de eliminación
de residuos hospitalarios, a xestión de PCB-PCT, e o centro de trata-
mento de residuos industriais de Galicia.
• En execución dos respectivos plans nacionais, publicouse en
novembro de 1995 o documento titulado “Plan de Xestión de Residuos
Perigosos e Solos Contaminados de Galicia” para o período 1995-2000.
Este plan deseña unha estratexia específica para a realidade indus-
trial e social da nosa Comunidade Autónoma e orienta cara a unha
minimización dos residuos que favoreza a súa reducción en orixe e a
súa reciclaxe, mediante o establecemento de una infraestructura de
tratamento.
• Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de
Galicia (DOG nº 168, 2.9.97).
• Publícase o Catálogo de Residuos de Galicia, mediante o Decreto
154/1998, do 28 de maio (DOG nº107, 5.6.98).
• Decreto 260/1998, do 10 de setembro, polo que se regula a auto-
rización de xestor de residuos sólidos urbanos e a inscrición no
Rexistro Xeral de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos (DOG nº189,
29.9.98).
• Decreto 263/1998, do 10 de setembro, polo que se regula a auto-
rización e se crea o Rexistro de Productores e Xestores de Residuos
Perigosos (DOG nº190, 30.9.98).
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
72
- Allen, D. T., Rosselot, K. S. (1997). Pollution Prevention for
Chemical Processes. Wiley Interscience.
- Bueno, J. L., Sastre H., Lavin A.G. (1997). Contaminación e
Ingeniería Ambiental. FICYT.
- Centro de estudios de postgrado de administración de
empresas. (1996). Energía y Medio Ambiente. Fundación General
Universidad Politécnica de Madrid.
- De Nevers, N. (1997). Ingeniería de control de la contaminación
del aire. McGraw-Hill.
- Editorial Praxis. (1999). Manual práctico de legislación
medioambiental.
- EMGRISA. (1993). Especificaciones técnicas y anteproyectos de
minimización. Sector química orgánica y materias primas plásticas.
- ENCE Pontevedra. (1997). Informe Medioambiental.
- ENCE Pontevedra. (1998). Declaración Medioambiental.
- ENCE Pontevedra. (1998). Dossier Informativo.
- EOI (Escuela de Organización Industrial). (1993). Manual
Media. Ministerio de Industria y Energía.
- EOI (Escuela de Organización Industrial). (1996). O medio
ambiente en España. Mundi Prensa.
- European Commission. Directorate-general joint research
centre. (1998). Draft Reference Document on best available techni-
ques in the Pulp and Paper Industry. Institute for Prospective
Technological Studies.
- Fiksel J. (1996). Ingeniería de diseño medioambiental. McGraw-
Hill.
- Freeman H.M. (1998). Manual de Prevención de la Contaminación
Industrial. McGraw-Hill.
- Garrido S. (1998). Regulación básica de la producción y gestión
de residuos. Fundación confemetal.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
73
BIBLIOGRAFÍA
- Glynn J., Heinke G. (1999). Ingeniería ambiental. Prentice Hall.
- Hendriks, C. e Papameletiou, D. Estrategias para el Futuro de
la Industria del Cloro. European commission. Directorate-general joint
research centre. Institute for Prospective Technoloxical Studies.
- IHOBE. (1998). Producción Limpia. Goberno Vasco.
- Institut Cerdà. (1992). Manual de minimización de residuos y emi-
siones industriales.
- Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia. 1998. A contami-
nación atmosférica en Galicia. 1996. Consellería de Industria e
Comercio. Xunta de Galicia.
- Omil, F., Méndez, R., Lema, J. M. (1995). Anaerobic treatment of
saline wastewaters under high sulphide and ammonia content. Biores.
Technol., 54, 269-278.
- U.S. Environmental Protection Agency Office of
Compliance. (1995). Profile of the Lumber and Wood Products
Industry. Sector Notebook Project. EPA.
- U.S. Environmental Protection Agency. (1995). Wood panel
industry inspection guidance document. EPA.
- U.S. Environmental Protection Agency. (1998). Lumber and
Wood Products. EPA.
- Veiga, M.C., Méndez, R., Lema, J. M. (1994). Anaerobic filter
and DSFF reactors in anaerobic treatment of tuna processing waste-
water. Wat. Sci. Tech. 30(12), 425-432.
PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN NO SECTOR DE TRANSFORMACIÓN DA MADEIRA: FABRICACIÓN DE PASTA DE PAPEL
74