Date post: | 22-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | maria-cruz-estevez |
View: | 238 times |
Download: | 5 times |
PRIMARIA FRANCELOS
DIARIO PROXECTO A PREHISTORIA.
1. Buzón.
- Recibimento de unha carta no buzón de aula, en onde se nos di que en vindeiros días teremos
novas da persoa que no las escribe e a cal nos encomenda ir ao patio e buscar pedras con forma de
rombo e triángulo. Os nenos fanse preguntas coma: quen será o que nos manda esta carta?, Será a
profe?, Vamoslle preguntar ao profe Lucas.
PRIMARIA FRANCELOS
PRIMARIA FRANCELOS
- Carta en onde se nos explica quen a persoa que no la envía, chamada Francelín, que ven dunha
época chamada Prehistoria, e a cal nos pide que busquemos unha serie de cousas como son a Caixa
máxica cargada de obxectos coma óso, láminas motivadoras, contos, pedras…, xunto cunha caixa
na que hai letras e carteis para formar o recuncho da prehistoria e a que será a mascota do
proxecto, Tintín, a cal esqueceu no banco do patio.
Tintín (Mascota do proxecto)
PRIMARIA FRANCELOS
Caixa máxica
- Creación do recuncho da Prehistoria.
PRIMARIA FRANCELOS
PRIMARIA FRANCELOS
- A parición na clase dunha tela simulando pel de animal, os nenos establecen as súas conxecturas:
E pel de tigre, cheira a animal morto, que quentiña, parece unha manta…
- Nos vindeiros días estivemos falando dos obxectos que había dentro da caixa, vendo se nos
daban pistas sobre a vida do tal Francelín, tivemos conversas moi interesantes.
- Para poñernos mansa o traballo tíñamos que saber un pouco máis que era aquilo da Prehistoria.
Para elo buscamos información en….. e cubrimos dúas fichas unha que fai alusión as etapas da
Prehistoria e outra referente ao período que enmarca a Prehistoria.
- Visionado de vídeos como: ÉRASE UN VEZ EL HOMBRE (CAP.1), encomendado polo Cavernícola
Francelín.
Comentarios de nenos/as:
- Son señores vellos.
- Viven en covas.
- Collen comida do chan.
- Comen ósos que atopan dos animais mortos.
- Parecen monos.
- Non saben falar.
- Cazan mamuts.
-Despois de ver este vídeo soubemos a que se dedicaban.
PRIMARIA FRANCELOS
Visionado de vídeos dos Picapedras e posterior interpretación en papel, a través do debuxo.
PRIMARIA FRANCELOS
PRIMARIA FRANCELOS
-A orixe da vida. Visionamos vídeos como o de “érase una vez el hombre” mencionado
anteriormente e outros que foron xurdindo ao longo do proxecto e fixemos actividades tales
como.
Chegados a aparición do home na terra decidimos averiguar como foi cambiando ao longo do
tempo. Andivemos coma eles, emitimos sons similares aos deles. Todo elo despois de ver vídeos
como “evolución del ser humano” https://www.youtube.com/watch?v=IDRwsP6hhVY , o” Las tres mellizas y
el hombre de cromañon”. Editorial Salvat. Cromosoma, o cal podemos ver na seguinte dirección:
PRIMARIA FRANCELOS
https://plus.google.com/photos/108689500445337959790/albums/5221034053868106929?b
anner=pwa
- Decidimos comezar a cumplir todos as misións que Francelín nos propoñía, entre elas,
construir unha cova, polo que nos puxemos man a obra, cos materiais que nos deixou,
canas de bambú e papel comezamos a construila.
PRIMARIA FRANCELOS
PRIMARIA FRANCELOS
- Posteriormente decoramola coas pinturas rupestres e xogamos nela a mamás e papás,
serviunos tamén de refuxio para a lectura de contos…
- Tamén construímos en papel unha cova para decorar a portada dos nosos traballos.
Para elo empregamos área, pegamento e follas de árbores, e covertímonos a nos
mesmos en cavernícolas. O final o título para o noso libriño de traballos foi o mesmo,
unha nena decidíu un e o os demáis decantáronse polo mesmo, “Os segredos da miña
cova”.
PRIMARIA FRANCELOS
PRIMARIA FRANCELOS
- Mentres construímos a cova aprendimos moitas cousas da prehistoria:
-Poesía da Prehistoria:
PRIMARIA FRANCELOS
-Cousas da súa vida: http://www.youtube.com/watch?v=i6rPnN42rBU : Cuento de Cromagnon.
Proyecto de la prehistoria.
- Construímos armas. Elaboración de armas e ferramentas prehistóricas, para elo os nenos, coa
colaboración das familias trouxeron das súas casas, un pau, lá, e recollerán área no patio.
- Tamén unha alumna nos trouxo unas hachas prehistóricas que os seu pai lle axudou a
construir.
PRIMARIA FRANCELOS
- - Entroido cavernícola: con bolsas de plástico, cada escola dunha cor, elaboramos os
nosos traxes de prehistóricos e nas súas casas cada un engadiu os complementos que
considerou oportunos. Ademáis entoamos a canción: Somos Trogloditas de Barrio
Sésamo: http://www.youtube.com/watch?v=hb26St9OVxc
PRIMARIA FRANCELOS
- Indagamos para saber que comían.
- Saída polo entorno da escola, no que nos atopamos cunha cova. Os nenos quedaron sorprendidos
ante ese achado e desfrutaron moito, facendo conxecturas como, “aquí e onde dorme Francelín
cando ven a nosa escola”.
PRIMARIA FRANCELOS
-Na caixa máxica aparecen unha serie de dinosaurios. Os cales observamos e comezamos a
formular hipótesis sobre eles. Algúns dos comentarios que xurdiron foron: este como se chama?,
oe, o meu come o teu porque e máis grande? O meu ten o cuello moi longo? Ao día seguinte varios
nenos trouxeron das súas casas diferentes dinosaurios.
PRIMARIA FRANCELOS
-Investigamos sobre los dinosaurios: visionado del vídeo “la era de los dinosaurios”. Pero antes
cumplimentaremos unha actividade impresa para detectar o que os nenos desexan saber.
- Formulase a pregunta: ¿ que é un dinosaurio? Buscamos información en internet e contestamos
nunha actividade impresa. http://rimasdecolores.blogspot.com.es/2012/06/dinosaurios-tipos-de-dinosaurios.html
-Visto todo o anterior xurdiu a pregunta: E como apareceron na Terra? Para dar resposta a alguna
das súas dúbidas leemos un documento atopado en internet en donde se lle explica un pouco de
modo resumido e sinxelo o paso dos dinosaurios dende a súa aparición ata a súa extinción e que lle
foi de gran utilidade e interés. http://www.monografias.com/trabajos/dinosaurios/dinosaurios.shtml
- Coa axuda das súas familias os nenos buscaron información nas súas casas sobre diferentes dinosaurios e cubriron unha
pequena ficha sobre cada un deles.
PRIMARIA FRANCELOS
- Como isto é un proxecto de todo o CRA Amencer, todo o profesorado traballou algo relacionado con este tema dende a
súa materia. Por exemplo, en relación cos dinosaurios a mestra de plástica axudounos a confeccionar un mural.
-Conocendo animais prehistóricos: Un neno trouxonos a clase un libro sobre o mamut, e Francelín
deixounos outros como Mamíferos Prehistóricos: Nuestro mundo después de los dinosaurios de
Ediciones Plesa, na cal observamos determinados animais que habitaban na prehistoria, e partir do
PRIMARIA FRANCELOS
cal algúns dos nenos quixeron saber como se lle chamaba hoxe en día, é dicir, o seu nome
científico, para o cal buscamos en internet a información requerida, empregando páxinas como:
ESENCIA21 BLOG, http://www.slideshare.net/elenarincon/animales-prehistricos,
http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Mam%C3%ADferos_prehist%C3%B3ricos
Ademáis deses libros traballamos con outros como Dinosaurios (sonidos de dinosaurios) da
editorial Susaeta,
- Aproveitando que estábamos traballando na área de coñecemento do medio “Os
animais” fixemos alguna actividade de modo globalizado en particular con esta área.
Saída ao cine a Leiro: visionado da película “ Los Croods: una aventura prehistórica”.
Posteriormente cada neno realizou un debuxo daquelo que máis lle gustou ou chamou a atención do
mesmo.
PRIMARIA FRANCELOS
Saída a Campolameiro: visionado vídeo para adquirir uns coñecementos previos antes da saída,
http://www.youtube.com/watch?v=HdNXTrS86SM, Parque Arqueolóxico da arte rupestre de Campo
Lameiro. Recibimos tamén unha carta de Francelín.
PRIMARIA FRANCELOS
Saída polo entorno da escola para buscar paus e pedras para facer a fogueira e aparición do que
os nenos chaman muíño prehistórico, o cal nos serve para moer tiza, para facer pinturas, arxila…
PRIMARIA FRANCELOS
-Intento de facer lume frotando dúas pedras. (profe cheira a queimado, temos que facelo no
patio porque na clase pode arder todo e o mellor non podemos volver ao cole).
PRIMARIA FRANCELOS
- Elaboración de unha fogueira ficticia para a nosa cova.
Decoramos unha imaxe coa axuda das nosas familias relacionada co lume.
PRIMARIA FRANCELOS
Realización de pinturas rupestres:
- Vemos os debuxos que aparecen reflexados na caixa máxica: Os nenos comezan a
poñerlle nome ao que están vendo, uns din que e un touro, outros unha vaca, porque ten
cornos e rabo…
- Para solucionar as dúbidas anteriores, despois de un momento de debate, vimos un
vídeo das covas de Altamira en Cantabria: http://www.cuevamuseoaltamira.com/
http://museodealtamira.mcu.es/Prehistoria_y_Arte/la_cueva.html
http://www.youtube.com/watch?v=4TqdMEo4vXU : Cueva de Altamira (vídeo)
- Taller de pulseiras e tarros de barro prehistóricos: modelamos barro, deixamos secar
e por último cada un pinta con pintura de dedos das cores que quere.
- Plasmar as súas mans na cova.
PRIMARIA FRANCELOS
PRIMARIA FRANCELOS
- Debuxar diferentes animais prehistóricos como o mamut e esceas de caza, para as
cales se empregou como instrumento para pintar paus recollidos no patio.
- Debuxamos e pintamos un bisonte da cova de Altamira, con xiz. Primeiro esmagamos
xiz de cor vermello, marrón e laranxa e despois co dedo pintamos o debuxo.
PRIMARIA FRANCELOS
- Facemos gravados. Nun folio extendemos plastilina e posteriormente con un pau
realizamos o símbolo que na prehistoria representaba a auga.
PRIMARIA FRANCELOS
- Elaboración, coa colaboración das familias, dun conto sobre a prehistoria, actividade
moi atraínte e motivadora para os nenos. Cada día un neno levaba o conto e tiña que
continuar a historia en consonancia co escrito con anterioridade polos seus
compañeiros.
- Outras cartas que recibimos:
PRIMARIA FRANCELOS