Date post: | 27-Jun-2015 |
Category: |
Documents |
Upload: | cristina-castineira |
View: | 950 times |
Download: | 4 times |
PROXECTO RÍOSRÍO LOIRA.
I. E. S “CHAN DO MONTE” MARÍN
PONTEVEDRA
obxectivos didácticos da actividade
Fomentar nos alumnos o interese polo seu entorno como vía para comprender a importancia do respecto e conservación do medio ambienteDesenvolver a capacidade de observación Aplicar o método científico na realización da actividadeAprender o manexo de material de laboratorio e de claves dicotómicas de determinación
● Adquiri-la conciencia de que un traballo individual, por sinxelo que sexa, pode ter unha grande importancia cando se suma a outros no mesmo senso
¿por que escollimos o río Loira?Os alumnos do I.E.S. Chan do monte proceden das parroquias de Seixo, Ardán, San Tomé de Piñeiro e Santa María do campo.O río Loira, que atravesa de este a oeste a península do Morrazo, rega parte desta zona antes de desembocar na praia de Loira, na ría de Pontevedra. Pertenece, por tanto á cunca do Lérez
O río Loira é un pequeno río cunha anchura que non soe superar os 5 metros, pero ten pozas, illotes, pequenas cascadas, ........
Nas súas ribeiras abundan os ameneiros e as avelairas, ainda que como veremos máis adiante, nalgúns casos está bastante alterada, ainda así ten fermosos rincóns
Dende sempre, o río Loira foi aproveitado para as moendas polo que abundan os muiños, algúns deles en total estado de abandono ainda que outros están recuperados
localización do treito de río inspeccionado
Escollimos un tramo de río na parroquia de San tomé de Piñeiro, o redor dun lugar chamado “a Pradeira” por ter bo acceso e ser coñecido polos alumnosA Pradeira é propiedade da igrexa evanxélica. Dispón dunha pista deportiva e unha zona con barbacoas baixo un bosquete de ameneiros á beira do río
O primeiro paso é o de caracterizar o tramo de río a inspeccionar
O primeiro paso é a caracterización do tramo de río que se vai inspeccionar e confeccionar un croquis que mostre as características máis suliñables, tanto do propio río como das zonas aledañas
Este croquis representa o tramo do río escollido para facer a inspección
A inspección do río
Os parámetros que medimos son:● caudal● ph● turbidez● temperatura● nitratos e nitritos
Tamén facemos inventarios de flora e fauna
Medición do caudal
Para calcular o caudal, delimitamos un tramo do río e medimos a súa anchura e profundidade medias. Logo votamos unha laranxa, e medimos o tempo que tarda en percorrelo, así obtemos a velocidade, que multiplicada pola anchura e a profundidade, danos o caudal en m3/s.
Isto facémolo tres veces como mínimo e obtemos a media dos valores, estes oscilaron entre 1,08 m3/s en outono de 2006 e 2,52 m3/s en xuño de 2007
medimos a temperatura e a turbidezMedimos a temperatura da auga cun termómetro. Os seus valores oscilan entre os 13 e 16 ºC aproximadamente
As augas do río Loira teñen moi pouca turbidez xa que conseguimos ver os catro cadrantes do disco
medimos o Ph e os nitritos e nitratos
O pH medímolo mediante tiras indicadoras e tamén cun peachímetro.
O valor do pH nestas augas oscila entre 5.8 e 6.0
A presencia de nitritos e nitratos, que son indicadores da contaminación orgánica, medímola mediante tiras indicadoras, e sempre deron negativo
Facemos tamén inventario da flora de ribeira
Mediante as fichas do Proxecto Ríos e claves dicotómicas elaboradas no instituto, tratamos de determinar as especies de vexetais máis representativos do río e as súas ribeiras.
Algunhas das especies máis representativas da flora
Son frecuentes a lentella de auga, o pe de boi, os lirios, etc. As árbores que máis abundan son os ameneiros e as avelairas, ainda que tamén hai salgueiros, loureiros carballos,...Chama a atención a presencia de fermosas matas de fento real
Preto da pista deportiva da “Pradeira” existe unha área de lecer
É un bosquete de ameneiros preto da pista deportiva da “Pradeira”, no que se intalaron barbacoas
Facemos inventario da fauna
Os invertebrados mellor representados son os insectos e as larvas destes, que recollemos no fondo do río. Como é o caso desta larva de libeliña
De vertebrados atopamos troitas e anguías entre os peixes, e rás e limpafontes entre os anfibios
Levamos mostras ó laboratorio para a súa observación detida. As mantemos un par de días en auga, que é oxixenada mediante un compresor para peceiras e un difusor. Unha vez observadas e identificadas son devoltas ó río
Có material recollido seguimos o desenvolvemento de anfibios e tivemos sorte cos efemerópteros
Unha das larvas de efemerópteros sufriu metamorfose e transformouse en adulto.
Ademáis seguimos o desenvolvemento dos cágados ata o estado adulto
Estado de saude do ríoEntre a fauna recolectada durante as tres inspeccións que realizamos neste treito do río atópanse especies bioindicadoras de augas de boa calidade como son: planarias, tricópteros con estoxo, larvas de libeliña, larvas de efemerópteros, zapateiros, etc, o que nos indica que, polo menos neste tramo, as augas ro río gozan de boa saude, ainda que este ano a abundancia e variedade de especies recolectadas foi moito menor que nas dúas saídas anteriores
Estado do bosque de ribeira
Os marxes do río neste tramo están moi modificados, especialmente na súa marxe ezquerda, na zona da “Pradeira”, aínda que se respetou o bosquete de ameneiros
Por outra banda en moitos treitos ddo río, os marxes teñen muretes de contención en pedra
Agresión ó ríoNesta primavera descubrimos que unha parte do treito inspeccionado, está a sufrir unha forte agresión, especialmente na súa marxe ezquerda, na que non se respecta nin a beira do río
No espacio que antes ocupaba un prado estase botando unha gran cantidade de terra, non sabemos con que intención
Actividades complementarias
Como complemento, e para sensibilizar ós alumnos da importancia de preservar a calidade das augas, os Seminarios de F e Q e CCNN organizamos certas actividades que desenvolvemos ó longo do curso:
Simulación no laboratorio do proceso de depuración de augas
Visita á planta potabilizadora de auga de Pontevedra
Visita á EDAR de Pontevedra (estes dous últimos anos non foi posible, xa que está en obras)
Fabricación de xabón utilizando aceites usados de cociña.