Date post: | 23-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | ma-teresa-rivas-lago |
View: | 219 times |
Download: | 2 times |
O conto da paz
Había unha vez un rei que ofreceu un gran premio a aquel artista que puidera captar nunha pintura a paz perfecta.
Moitos artistas intentárono. O rei observou e admirou todas as pinturas, pero soamente houbo dúas que a el realmente lle gustaron e tivo que escoller entre elas.
A primeira era un lago moi tranquilo. Este lago era un espello perfecto onde se reflectían unhas plácidas montañas que o rodeaban. Sobre estas atopábase un ceo moi azul con tenues nubes brancas.
A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero estas eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do que caía unha impetuosa choiva con raios e treboada.
Montaña abaixo parecía retumbar un espumoso torrente de auga. Todo isto non se revelaba para nada pacífico.
Pero cando o Rei observou coidadosamente, viu tras a cascada un delicado arboriño crecendo nunha greta da rocha.
Nesta arbore atopábase un niño. Alí, no medio do ruxir da violenta caída de auga, estaba sentado plácidamente un paxariño no seu niño...
O Rei escolleu a segunda.
Sabes por que?
porque, explicaba o Rei,
Paz non significa estar nun lugar sin ruidos, sin problemas, sen traballo duro ou sen dor.
Paz significa que a pesar de estar en medio de todas
estas cousas permanezamos
calmados dentro
do noso corazón.