Date post: | 20-Aug-2015 |
Category: |
Education |
Upload: | biblioteca-e-u-politecnica |
View: | 582 times |
Download: | 2 times |
Resevar exemplares prestados dende o catálogo web
Localizamos o documento que nos interesa no catálogo: [https://kmelot.biblioteca.udc.es/search*spi]
Pinchar en “Reservar ejemplar prestado”
Introducir os nosos datos para facer a reserva:
Os datos que nos solicita o catálogo son os seguintes:
• Apelidos e nome
• Código de barras: o número que aparece na parte traseira da tarxeta universitaria, normalmente formado por : 20 + o teu DNI (sen letra).
• Pin: Dende este curso, o PIN para renovar os préstamos na web é o mesmo ca o da Tarxeta de Identificación Universitaria. Podes consultalo na Páxina de Activación de Servizos da UDC: https://servizos.udc.es/, na ligazón "Recuperar o pin da tarxeta". [+ INFO SOBRE COMO OBTER O PIN] Todos os usuarios poden consultar o PIN na Páxina de Activación de Servizos, agás os usuarios externos, que deben solicitalo no mostrador da biblioteca.
Podemos seleccionar una data límite a partir da cal xa non nos interesa o documento, para que a reserva se anule automáticamente. Este campo é opcional, pode quedar baleiro.
Resevar exemplares prestados dende o catálogo web
Marcamos o exemplar que queremos reservar e pinchamos en “Solicitar el ejemplar seleccionado”:
A continuación debemos seleccionar a biblioteca onde queremos recoller o documento cando o devolvan, e pinchamos en “Enviar”:
Finalmente, veremos unha pantalla de confirmación da reserva. Lembra que cando esté no estante de reserva para recoller na biblioteca recibirás un aviso a través do correo electrónico.
Se no consegues facer a reserva ou tes calquera outra dúbida non dudes en consultala co persoal da biblioteca.