Date post: | 25-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | isabel-tome |
View: | 225 times |
Download: | 2 times |
O muíño Vello
CEIP OS MUÍÑOS- MUXÍA
Roberto Vidal BolañoLetras Galegas 2013
TÁBOA DE CONTIDOS
Editorial
Roberto Vidal Bolaño
Galería fotográfica de E. Infantil de 3 anos
Traballos do alumnado de E. Infantil de 3 anos.
Galería fotográfica comentada polo alumando de E. Infantil de 4 e 5
anos.
Traballos do 1º Ciclo.
Traballos da Aula Específica.
Traballos de 3º A
Traballos de 3º B
Traballos de 4º
Cousiñas de 5º
Traballos de 6º
Epílogo
Revista escolar O Muíño Vello 2013
1
EDITORIAL
Teríanos gustado poder ofrecervos esta revista en “carne e óso”, ou mellor dito: en papel de verdade, non en... virtual realidade. Peeeeeero... RECORTES obrigan.
Aínda que sexa triste e lamentable, a realidade está aí golpeando a todos de parecida maneira. En todos os sectores houbo recortes, pero ben sabedes que Educación e Sanidade levaron a palma. Pois ben, houbo algo que non puideron recortar: as nosas ganas de traballar. E aquí tedes a mostra: este ano “O Muíño Vello” ten máis contidos que nunca.
Veunos ben saber desde o comezo, que este ano era Roberto Vidal Bolaño o homenaxeado polas Letras Galegas. Si, porque grazas á súa figura, soubemos tomar as cousas doutra maneira. Dalgún xeito, poidemos imitalo, poñernos o nariz de pallaso e ó tempo que denunciabamos as inxustizas cometidas co ensino público, aprendemos a enfocar as cousas coa lente do humor.
Debemos ser optimistas, positivos e transmitir ó noso alumnado que tamén se pode sacar algunha aprendizaxe positiva dos tempos de crise. Que se aprende a sobrevivir aguilloando a imaxinación, e ensinándolles que no dicionario, un pouco antes da palabra recorte, aparece a palabra reciclar. Un pouco despois, reducir e, máis adiante, reutilizar e que todas elas son accións que nesta época adquiren un valor engadido. E nós, que xa o faciamos antes, agora con máis razón. Así, non houbo caixa de cartón sobrante das obras que non convertiramos en decorado teatral ou en mural. Incluso hai cartóns que por un lado anuncian o Día do Libro e polo outro a Roberto Vidal.
Unha ventaxa atopamos neste método da revista dixital, por primeira vez en moito tempo non tivemos que poñer “tope” de espazo para os traballos (que antes tiñamos limitado a catro páxinas por curso). Tamén é esa a razón pola que desta vez poderedes disfrutar dunha boa galería fotográfica, a ver se é certo aquelo de que “unha imaxe vale máis que mil palabras”. Confiamos en que poidades pasar máis dun rato agradable véndoa cantas veces queirades. Aquí vola deixamos, e, como corren malos tempos, se alguén a quixese ter en papel... terá que ser pola súa conta.
Desexamos para todos tempos mellores.
Isabel Tomé AmenedoCoordinadora do E.D.L.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
2
LETRAS GALEGAS 2013Roberto Vidal Bolaño
O Día das Letras Galegas deste ano 2013 dedicouse a unha figura central da literatura e do teatro galego.
Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela no ano 1950 e morreu no 2002.
Destacou pola súa dramaturxia e foi moi importante pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio na lingua propia de Galicia. O seu compromiso co idioma marcou a súa obra xa que toda ela está escrita integramente en galego. Ademais, o seu traballo foi o que fixo posible que hoxe o teatro profesional funcione na nosa lingua. Traballou como actor, director, iluminador...
No ano 1977 convertiu o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, poñendo en escea en 1984 (en colaboración co Centro Dramático Galego) a súa obra Agasallo de sombras.
Cabe destacar a súa aportación ao audiovisual galego que naquel tempo empezaba a nacer. Neste terreo fixo guións para a Televisión de Galicia e para Televisión Española, por exemplo: Malos tratos, Morosos varios. Levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX como “Cara de Lúa” de Anxel Fole e “O noxo” de Eduardo Blanco Amor. Tamén participou como actor en varias series televisivas de prestixio como Mareas vivas.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
3
Obras escritas Representacións Premios
- Laudamuco, Señor de Ningures (1976)-Bailadela da morte ditosa (1980)- Agasallo de Sombras (1992)- Días sen Gloria (1992)- Saxo Tenor (1993)- As Actas Escuras (1994)- Rastros (1998)- O Día que os Chífanos deixaron de Zoar
- Laudamuco, Señor de Ningures (1976)- Bailadela da morte ditosa (1980)- A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello)- Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)- Caprice des Dieux (1985)- Anxeliños. Comedia Satánica (1996)- La Lengua de las Mariposas (1999)- Mar Revolto (2001)
- Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures.- Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes).- Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa- O Facho (1977). - Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón".- O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto.- Medalla de oro (Premio ciudad de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.- Premio Rafael Dieste- Premio Álvaro Cunqueiro- Premio Xacobeo (1992)- Premio Eixo Atlántico- Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto teatral en galego)
As súas últimas actuacións foron no grupo “Teatro do aquí” que foi a súa compañía dos últimos anos.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
4
Os máis pequenos do cole mostramos algunhas das actividades realizadas ao
longo deste curso 2012/13.
Estes somos nós, os nenos de 4º E.I.
Esta é a nosa clase
Revista escolar O Muíño Vello 2013
5
Xa estamos no Outono
Revista escolar O Muíño Vello 2013
6
Festexamos o SAMAÍN
Revista escolar O Muíño Vello 2013
7
E o MAGOSTO
Revista escolar O Muíño Vello 2013
8
Tivemos máis dun
Revista escolar O Muíño Vello 2013
9
ALMORZO SAUDABLE
Fomos á panadería, aprendemos a facer pan e …comémolo!
Revista escolar O Muíño Vello 2013
10
Revista escolar O Muíño Vello 2013
11
Tamén fixemos Madedonia.
Que boa estaba!
Revista escolar O Muíño Vello 2013
12
E, como non, celebramos o NADAL
Revista escolar O Muíño Vello 2013
13
Revista escolar O Muíño Vello 2013
14
E o DÍA DA PAZ
Revista escolar O Muíño Vello 2013
15
Disfrazámonos no ENTROIDO
Revista escolar O Muíño Vello 2013
16
Participamos en Recitais de Poesía e
Revista escolar O Muíño Vello 2013
17
en Tíralle da Lingua
Revista escolar O Muíño Vello 2013
18
Fixemos murais e manualidades nas distintas estacións.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
19
Aprendemos a plantar sementes
Conmemoramos o Día do Libro
Revista escolar O Muíño Vello 2013
20
O Día das Letras Galegas
Moldeamos o barro
Revista escolar O Muíño Vello 2013
21
Estivemos nos Contacontos
Revista escolar O Muíño Vello 2013
22
Fomos a Muxía
Expuxemos os medios de transporte
Revista escolar O Muíño Vello 2013
23
…e para o ano,
Máis e mellor.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013
Revista escolar O Muíño Vello 2013
24
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Os nenos/as de tres anos fixemos unha pequena biografía sobre Roberto
Vidal Bolaño
Revista escolar O Muíño Vello 2013
25
BRAIS CARLA
Revista escolar O Muíño Vello 2013
26
TAMARA LETICIA
Revista escolar O Muíño Vello 2013
27
XOEL IRIA
Revista escolar O Muíño Vello 2013
28
IVAN XAVI
Revista escolar O Muíño Vello 2013
29
SERGIO ALEX
DÍA DO LIBRO“20.000 LEGUAS DE VIAXE
SUBMARIÑA”
Revista escolar O Muíño Vello 2013
30
Revista escolar O Muíño Vello 2013
31
ESTES SON OS “NAUTILUS” DOS NENOS DE 3 ANOS (4º E.I.)
XOEL
Revista escolar O Muíño Vello 2013
32
XAVI
CARLA
LETI
Revista escolar O Muíño Vello 2013
33
BRAIS
TAMARA
Revista escolar O Muíño Vello 2013
34
SERGIO
IRIA
Revista escolar O Muíño Vello 2013
35
IVÁN
ALEX
Revista escolar O Muíño Vello 2013
36
Revista escolar O Muíño Vello 2013
37
Revista escolar O Muíño Vello 2013
38
Revista escolar O Muíño Vello 2013
39
Revista escolar O Muíño Vello 2013
40
Revista escolar O Muíño Vello 2013
41
Revista escolar O Muíño Vello 2013
42
Revista escolar O Muíño Vello 2013
43
Revista escolar O Muíño Vello 2013
44
OS TRABALLOS DE 2º
Revista escolar O Muíño Vello 2013
45
Diegho, non nos
coñece nin Luisa…
Non insistas Luisa
que non che digo
quen son…
Ti pela… que eu
ben as como.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
46
Non quería manchar
as mans, pero sen a
miña axuda esto non
vai a diante.
ta.
Esto si que é o meu…
jajaja nin Picasso nin Dalí
nos fan sombra. Dálle
Borja…
Revista escolar O Muíño Vello 2013
47
Menos mal que me mandaron pintar
de vermello. Esto vai per-fec-to. Quen dixo que non
chegou a primaveira?
Nin caso, vós traballade
que temos que encher o
cole de colorido.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
48
Vou de excursión
con miña nai…
Un sorriso á
cámaraaa
Despois de tanto traballar
durante o curso, teño unhas
merecidas vacacións.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
49
Este curso descubrín o gusto pola
pintura. Son un artista!!
Ti canta que eu toco. Aquí teño
o meu repertorio.
Este coche é ben
folgazan, se non lle
empuxo non se move.
Tanta foto tanta
foto… vou a
cobrar por ser
modelo.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
50
Te envío poemas de mi
puño y letra, te escribo
canciones….
Xa veredes que axiña
medrades. Cántovos
unha canción?
Non me desconcentres que
estou traballando.
Pero será posible!
Revista escolar O Muíño Vello 2013
51
Diegho dáme esa peza
home.
Botareite de menos
Borja.
Eu tamén.
Móvete Borja.
Teño sono.
Móvete ti.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
52
qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx
cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiop
asdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwert
yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnm
qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx
cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiop
asdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwert
yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnm
rtyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbn
mqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjkl
zxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd
fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqw
ertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvb
nmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjk
lzxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfgh
jklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopa
ESTES SON ALGÚNS DOS
TRABALLOS QUE FIXEMOS
OS NENOS E NENAS DE 3º.
ANO 2012/2013
XUÑO 2013
Revista escolar O Muíño Vello 2013
53
Revista escolar O Muíño Vello 2013
54
Revista escolar O Muíño Vello 2013
55
Revista escolar O Muíño Vello 2013
56
O MARABILLAS
Revista escolar O Muíño Vello 2013
57
Revista escolar O Muíño Vello 2013
58
Revista escolar O Muíño Vello 2013
59
Revista escolar O Muíño Vello 2013
60
RECORDANDO….
Revista escolar O Muíño Vello 2013
61
Experimentando en 3º B.
De todas as seccións que se poden ver no noso sitio web de aula muiñeiros e mariñeiras, queremos destacar para a revista a que leva o título experimentamos.
Nela pódense ver algúns dos proxectos que fixemos, como unha clasificación de follas de árbores e plantas e outra de rochas e minerais.
As follas recollémolas nós mesmos, e para a colección de rochas e minerais, aproveitamos dúas vellas coleccións que había no cole e, coa axuda da estupenda páxina que ten na internet a escola de Enxeñeiros de Montes da Universidade Politécnica de Madrid, clasificalas e etiquetalas.
O profe trouxo un par de minerais que tiña pola casa e nós tamén recollemos algún anaco de granito ou cuarzo polo patio.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
62
Outro tema que tamén nos tivo ocupados foi a observación das cousas máis pequenas.
Desempolvamos un vello microscopio que había polo cole e puidemos ver os ollos dunha mosca, distintos tipos de sementes ou as tramas que forman os tecidos e o papel. Quedounos pendente de mirar o curso que vén a lingua das bolboretas.
Pero o experimento máis completo que levamos a cabo consistiu na demostración de que as plantas posúen a función de relación.
Fixemos xermolar unhas sementes (fabas) dentro dunha caixa cun único burato na parte superior. Deste xeito, ao agromar as plantiñas, terían que facelo cara o burato, buscando a luz, co cal quedaría demostrada a función de relación nas plantas e que estes seres vivos “senten”, dalgunha maneira, a luz que precisan para nutrirse.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
63
Deste xeito tan sinxelo quedaba
demostrado que as plantas posúen a
función de relación co entorno.
Aos poucos días xa asomaba unha
plantiña que medrou buscando o burato.
Só abriamos a parte dianteira da caixa
para regar. A única luz entraba polo
buratiño superior.
Estas e outras experiencias podedes atopalas no noso sitio web:
https :// sites . google . com / site / muineirosemarineiras /
Revista escolar O Muíño Vello 2013
64
Revista escolar O Muíño Vello 2013
65
Revista escolar O Muíño Vello 2013
66
Revista escolar O Muíño Vello 2013
67
Revista escolar O Muíño Vello 2013
68
Revista escolar O Muíño Vello 2013
69
Revista escolar O Muíño Vello 2013
70
Revista escolar O Muíño Vello 2013
71
Revista escolar O Muíño Vello 2013
72
Revista escolar O Muíño Vello 2013
73
Cousiñas de Quinto.O alumnado de quinto curso quixo facer un resume escrito para dar conta de parte do seu traballo. Claro está que só aparecen algúns e aínda así hai cousas repetidas (pero con enfoque diferente). Por un momento convertíronse en cronistas e ofrecen a súa visión do tempo que pasou.
Estas minicrónicas están feitas cos seus flamantes equipos de ABALAR. Daba xenio velos traballando. Parecían xornalistas dun diario de gran tirada tecleando na súa redacción...Tamén aproveito para agradecerlles todo o esforzo que fixeron colaborando e participando en todo canto lles propuxen.
A titora
O curso máis disparatado do mundoPor Alejandro Sar Rey
Nada máis chegar ao colexio todos nos saudamos. Gustounos moito a nosa nova clase.Cando chegaron os ordenadores quedamos abraiados. Facemos as mesmas cousas que no
caderno, pero preferimos facelas no ordenador.Tivemos moito “jaleo” cos disfraces e vestidos do “Revoltixo de contos”. Os personaxes foron estes:
Carapuchiña, Lobo, Cincenta, Branca, Pinocho, Cazador, Fada e Burro (de Shrek), Gato, Anano 1, Anano 2, Anano 3, Jasmine, Alicia, Sirenita, Bela, Narradora, Polgariño e Príncipe.
Chegando o carnaval tivemos que facer as (malditas) medusas. Casi un mes inflando globos para que volvan a estoupar, embadurnándonos de cola, e cando chegabamos ao cole parecían figos. Cando os acabamos algúns quedaron moi ben e outros quedaron... ben.
O día 30 de abril tivemos unha videoconferencia. Falamos cuns nenos de Cambados polo Skype. Falamos de cousas do mar, porque o tema deste ano no colexio foi o mar. Nós falamos das embarcacións típicas de aquí e viceversa.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
74
O día 24 de abril fixemos unha excursión a Marcelle. Pasámolo moi ben.Cando saímos do parque leváronnos ata Lugo para ver a muralla romana.Teríanos gustado baixar e dar un paseo por ela, pero tivemos que conformarnos con rodeala e vela desde o bus porque non daba tempo para máis.Xusto un mes máis tarde, o 24 de maio, levamos un susto cun golpe que levou Martín.
E agora vou pasar un conto curto que fixen nun exame. Daban tres ideas e a partir delas había queescribir unha historia moi breve. Eran propostas simpáticas:
● un rei do país dos monos que lle tiña alerxia ós plátanos...● Unha nena que descobre que o seu paraugas pode atopar tesouros antigos.● Un soldado da Idade Media que desperta no ano 2020.
Eu escollín a última. E quedou así:“Estaba confuso e á vez sorprendido: era todo máquinas! Foi camiñando ata chegar a un pazo cheo decables. A Robotcloa.Entrou e viu a Mariano Robojoy e a Xosé Lois Androide Zapatero pegándose para ser presidentes.Acabaron os dous sen batería e elixiron ó soldado presidente.O soldado foi retirando máquinas e fixo unha campaña para acoller a persoas sen fogar.Tres anos despois... O soldado seguía gobernando e o país era perfecto. É que con tanta máquina...”
O “jaleo” da obra Revoltixo de contosPor Sole e Mireya
Todo empezou nun verdadeiro revoltixo de contos. Actuamos todos os da clase cun papel diferente, pero non nos podemos parar nomeando todos os personaxes e actores. Pasámolo xenial, e a clase parecía unha tenda de disfraces.
Un día veu o inspector para ver como estaban as cousas das obras. Nós estabamos no comedor. Cando nos enteramos de que entrara na nosa clase, asustámonos, porque estaba patas arriba: estaba chea de perchas coa roupa colgada....
... había unha plancha na mesa da profe... pero polo que nos contaron, ao inspector encantoulle. Dixo que se vía que era unha clase con moita vida.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
75
Fixemos con tres cartóns grandes o decorado do noso conto e colocámolos nos biombos.
Javi: o gato con botas...
Sole fixo de “Bela Durminte” e Ainhoa, como pode deducirse, de “Carapuchiña”, unha rapaza in-de-pen- dien-te!!
A obra representámola no ximnasio. Quedounos moi ben pero a pena é que non se puido gravar ben. Foi moi divertido!Un saúdo de Sole e Mireya.
“Preparativos de teatro”Sheila Rey Carballo
Empezamos a preparar a nosa obra de teatro a finais de outrubro. Fixemos varias lecturas do texto. Despois aprendémolo de memoria e logo, fixemos “italianas”. (Por se non o sabedes, “facer italianas” consiste en decir o texto coa entonación pero sen representar).
Un tempo antes do festival de Nadal empezamos a ensaiar na clase actuando. E uns días antes, xa ensaiamos con roupa (disfraces que tiñamos na casa) e decorado (que fixemos por grupos).
Un día veu o inspector facer unha revisión ao ximnasio (porque aínda que é novo, chovía dentro) e nós tiñamos a clase ... con todo o “tinglao“ montado. Dixéronnos que lle gustara poque lle pareceu moi viva e creativa.
Por fin chegou o momento de representar a obra. Saíu ben pero a cámara non nos colleu porque estaba apuntando á porta do ximnasio.
Unha compañeira nosa quedou sen papel e fixo de presentadora xunto cun rapaz de sexto.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
76
ÉRASE UNHA VEZ QUE SE ERA, UNHA CLASE DE SEXTO.
Érase unha vez que se era, unha clase de sexto.
En esta clase tan peculiar hai unha chiguagua, un poni, dous raposiños do monte… en fin, unha clase de animais. O único que terá algo de sentido será o “Lorcho”, chamámoslle así porque, de tanto pescar, vanlle saír os peixes ata das orellas, pero isto, non é todo; a marciana é a mellor amiga dunha vaca, o poni é vermello, a chiguagua é a rapaza máis alta da clase e os raposiños sempre din… Lume!!!
A pesar de todo, somos unha “pequena familia”, ata cando nos atacan os de cuarto, que son os mellores en fútbol de todo o colexio, permanecemos unidos.
Un día vivimos unha pequena aventura. Mentres estabamos a xogar a “Gas”, un xogo inventado polos raposiños, os malvados alumnos de cuarto tiráronnos unha bomba fétida. BUF! COMO CHEIRABA AQUELO!
Decidimos que isto era a guerra, e como se foramos militares, con xiz, pintamos dúas raias en cada moflete.
Cando os temibles alumnos estaban a xogar na pista do colexio, lorcho esbirrou e todos esvararon cun peixe que lle acababa de saír do nariz.
Cando estaban cociñando na cociña do comedor, os dous raposiños chocaron as mans en plan malvado e a pota estoupou.
Cando a malvada bruxa Lucrecia estaba preparando o seu plan contra os alumnos de segundo, a chiguagua, que fixera un exército de cans, mordeulle na saia á bruxa e agora anda cun parche no cu.
Moita xente di que a vinganza é doce, pero en realidade, nós non gañamos nada con vingarnos, posto que o fedor a mofeta causado pola bomba fétida seguía invadindo a nosa pel.
Os alumnos de cuarto levaron unha lección que nunca esquecerán e nós descubrimos que a vinganza é efémera.
Zoraida Barrientos
6º EP
Revista escolar O Muíño Vello 2013
77
Revista escolar O Muíño Vello 2013
78
Revista escolar O Muíño Vello 2013
79
Entrevista realizada por Sara Sambad, Darío Lago e Zoraida
Barrientos de 6º.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
80
Revista escolar O Muíño Vello 2013
81
Revista escolar O Muíño Vello 2013
82
Revista escolar O Muíño Vello 2013
83
Entrevista realizada por Sara Sambad, Raúl Domínguez, Eva Calvo e
Darío Lago de 6º
Revista escolar O Muíño Vello 2013
84
Capitán crea una especie de papel
hasta ahora desconocido.
Encuentran una fórmula para obtener
papel de origen marino.
El Capitán Nemo el 30 de diciembre de 1877 en un lugar
desconocido inventó una fórmula para obtener papel de origen
marino. Gracias a sus conocimientos ha podido secar algas y con un
líquido del que no nos han informado, creó una hoja flexible en la que
se podía escribir con tinta.
La tarde del 30 de diciembre de
1877 a las 19:30 el Capitán Nemo
junto con algunos tripulantes de su
desconocida embarcación ha
conseguido una fórmula para
transformar simples algas en una hoja
flexible, lisa y plana en la que solo
intervienen materiales exclusivamente de origen marino y se puede
escribir con tinta.
El capitán afirma que no lo habría conseguido sin ayuda de su
tripulación y, le está muy agradecido por todas sus labores.
No sabemos mucho sobre el invento que acaba de descubrir el
ingenioso Capitán, pero estamos completamente seguros de que no
es su primera ni última invención.
Seguiremos informando.
Zoraida Barrientos Rey
Revista escolar O Muíño Vello 2013
85
El capitán fue llamado a una entrevista pero se negó rotundamente a asistir.
Una nueva y ecológica forma
de obtener papel.
El reciente descubrimiento de un hombre conocido como “Capitán
Nemo”, nos muestra una nueva forma de obtener papel: este hombre fabrica
papel de origen marino. La información fue conocida hace pocos días en el
laboratorio Kingsfoks de Berlín.
En el laboratorio Kingsfoks de la ciudad de
Berlín, el 4 de enero de este 1883 recibieron una
excelente información firmada por una persona
que no dio más datos que “Capitán Nemo”. Este
hombre explicaba una manera extraña pero
probable y precisa de extraer del mar material
para hacer papel. Ellos son: conchas de moluscos,
cloruro de sodio y una substancia que se extrae de
las algas sin dañarlas lo más mínimo.
El proceso no era demasiado complicado:
primero había que colocar cada substancia en un
recipiente distinto. Se debían triturar las conchas minuciosamente hasta el
punto de hacerlas polvillo. Luego hay que mezclar con agua el cloruro de
sodio y la substancia procedente de las algas. A continuación se debe
colocar todo en un recipiente que tenga la base de la forma que queremos
que tengan las hojas de papel, en este orden: llenarlo con cloruro, luego
espolvorear con las conchas y terminar aplicando la substancia de las algas.
Se debe dejar secar aproximadamente durante cinco horas y como
resultando se obtendría un taco blando y blanquecino que hay que cortar
en hojas finísimas para convertirlo en papeles. En su mensaje el “Capitán
Nemo especificó que él las cortaba perfectamente con una máquina
eléctrica que creó él mismo, esto extrañó a los científicos, que no aclararon
ninguna duda ya que el “Capitán Nemo” no proporcionó más detalles.
Conocer este método fue útil ya que se comenzaron a talar menos
árboles para fabricar papel y se obtendrá por medio del mar.
Sara Sambad
Revista escolar O Muíño Vello 2013
86
EPÍLOGO
Cando chegamos ao remate do curso, a reflexión sempre é a mesma: cada curso corre
máis ca o anterior. O tempo voa.
Todos traballamos un montón, aínda que o entusiasmo vai e vén segundo as
circunstancias. Non sempre é doado aceptar algunhas decisións da Administración que, ó noso
xuízo, fan que retrocedamos en logros que xa tiñamos conqueridos. A veces costa encaixar
ese “pau” que fai que teñamos que asumir unha pequena frustración, ó ter que aumentar as
horas de traballo aínda sabendo que “eles” non van pagalas nin algúns de vós, recoñecelas.
Avecíñanse máis cambios. O próximo curso veredes que as tesoiras seguen en alto.
Toca pagar comedor, hai menos axudas para libros, teremos menos cartos para orzamentos...
(porque aínda que sexan os mesmos, os prezos das cousas soben, o material funxible ten un
IVE tan elevado... o diñeiro non chega!)
Os que tivestes a ben honrarnos coa vosa presenza nos actos que organizamos para
toda a comunidade educativa, seguro que poidestes constatar que non garda relación
proporcionada o traballo e o esforzo que facemos cos resultados. Falo por exemplo dos
diferentes festivais, que ó non ter un espazo axeitado, (escenario, telóns, equipo de
megafonía, asento para os espectadores...) resultan un tanto “cutres” a pesar da ilusión que
poñen os nenos e das horas “extras” que lles dedicamos nós. Ben cadra que contamos coa
vosa comprensión.
O refraneiro popular, tan sabio sempre, di “non hai mal que cen anos dure”. Agardando
logo, tempos mellores, despedímonos ata o curso que vén.
Isabel Tomé Amenedo.
Coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística.
Revista escolar O Muíño Vello 2013
87