Date post: | 22-Jul-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | revista-triptica |
View: | 228 times |
Download: | 4 times |
FISIOSPORTCORUÑA + Fisioterapia general + especialidad trauma y deporte + osteopatía + terapias manuales + atm + vendajes + reeducación postural + terapia miofascial + masajes terapéuticos y deportivos + especialidad lesiones running y triatlón + Indiba ® + EPI Advanced ® + ecografía músculo – esquelética + tratamiento integral
del
pie
C/ Alfredo Vicenti, 2 – 2ºE
CP: 15004 – A Coruña
Telf.: 981.91.91.43 -
981.92.51.68 E – mail: [email protected] Fisioterapia + Podología
TRÍPTICMaio
201
5 #2
Ma
io 2
015
#2
Nova garante de podio: GV Sports Nova garante de podio: GV Sports
Un Cidade de Lugo provincialUn Cidade de Lugo provincial
A TVG populariza o tríatlon dandoA TVG populariza o tríatlon dandoas Series Mundiais en directoas Series Mundiais en directo
Os segredos do circuíto de BaionaOs segredos do circuíto de Baionana súa estreana súa estrea
TRIATLÓN ATLÁNTICODE BAIONA
TRIATLÓN ATLÁNTICODE BAIONANATACIÓN: 1.500 m (1 volta) DIFICULTADE:
CICLISMO: 40 km (2 voltas) DIFICULTADE:
CARREIRA A PÉ: 10 km (3 voltas)DIFICULTADE:
Na estrea do Triatlón Atlántico de Baiona, dende a organización, Rogelio Ferreira, indica ao detalle tódolos aspectos a ter en conta antes de dar a saída.
NATACIÓN: Sairase dende a praia da Barbeira, xusto coa preamar, e a chegada realizarase na praia da Ribeira. En condicións normais, é unha auténtica piscina debido ao propio abrigo que proporciona a enseada de Baiona.
A temperatura prevista para a auga será duns 15 ou 16 graos, fresquiña. Deste xeito, superando os 14 graos e sen chegar a 22, o uso do neopreno será opcional.
TRIATLÓN ATLÁNTICODE BAIONA
Área Transición T1
TRIATLÓN ATLÁNTICODE BAIONA
TRIATLÓN ATLÁNTICODE BAIONA
TRIATLÓN ATLÁNTICODE BAIONA
CICILISMO: Circúlase na súa totalidade pola estrada PO-550, pegada á costa. O seu perfil presenta
catro pequenos tobogáns de apenas 40 m de altitude, que o fan moi divertido para os ciclistas máis expertos e, á súa vez, sen dificultade para os menos experimentados.
Apto para tódolos públicos e bastante rápido. Ideal para ir con cabra e moi recomendable o uso de acoples para aqueles que vaian en bici de ruta.
Os ventos de compoñente sur acostuman ser habituais nesta zona, de maneira que nos daría de cara na ida e a favor na volta.
CARREIRA A PÉ: Na primeira parte, na volta ao Parador, nada máis saír da T2 temos unha rampla
pouco pronunciada duns 200 m que nos fai gañar algo de altura. Unha vez arriba, o perfil é favorable, con baixada moi tendida, e vaise moi rápido.
A segunda parte do circuíto é integramente polo casco histórico de Baiona sobre chan empedrado con lousas grandes que permiten correr sen ningunha dificultade. No km 2,4, coa última modificación do circuíto por obras, hai una rampla ascendente duns 30 metros.
Sen medo a equivocarme, atrévome a decir que sairán boas marcas.
TRIATLÓN ATLÁNTICO DE BAIONA
TRIATLÓN ATLÁNTICODE BAIONA
TRIATLÓN ATLÁNTICODE BAIONA
TRÍATLON Á ANTIGA USANZA
Hoxe en Baiona decídense os campións galegos da especialidade: tríatlon distancia olímpica sen drafting.
Tanto na xeral como por categorías de idade, os mellores triatletas de Galicia colgaranse a medalla de ser os máis rápidos en distancia curta e despois de rodar en solitario na bici, sen perder nin gañar nada formando pelotóns, só triatletas contra si mesmos.
Ademais de Baiona, serán campionatos galegos en 2015 o Tríatlon de Riveira en distancia olímpica con drafting, o Northwest Triman de longa distancia, o Tríatlon do Miño en sprint e o Desafío Islas Cíes para coñecer os mellores nun medio ironman.
Área Transición T2
TRIATLÓN ATLÁNTICO DE BAIONA
A localidade catalá de Altafulla acollerá o 29 de agosto para categoría elite e o 30 de agosto en grupos de idade o campionato de España de tríatlon olímpico.
Riveira é un dos clasificatorios para a competición elite xa que en grupos de idade a participación é aberta, pódese inscribir calquera triatleta federado.
1 Poderán participar no campionato de España elite os dez primeiros de 2014 entre os que se atopan os galegos Uxío Abuín, actual campión, e Pablo Dapena, subcampión o ano pasado. Moi preto quedou o junior Alberto Castiñeira que en 2014 foi 12º na proba elite asombrando ao tríatlon nacional.
2 O segundo criterio para estar presente en Altafulla é ter rematado entre os dez mellores do ranking nacional de tríatlon do ano anterior á proba. Non é o caso de ningún galego xa que quen máis se aproximou foi Diego Paz sendo duocédimo.
3 Por suposto, os triatletas que fosen seleccionados pola FETRI en competicións internacionais en 2015 teñen o dereito de competir no campionato de España elite. É o caso de Melina Alonso, os propios Pablo Dapena e Uxío Abuín e o estratosférico Javi Gómez Noya que esta temporada non ten previsto incluílo no seu calendario.
Queres participar nocampionato de
España de tríatlonen distancia curta?
4 As Federacións Autonómicas teñen a disposición dos seus triatletas unha única invitación.
5 Sendo cinco –Madrid, Riveira, Cáceres, Banyoles e Ávila- os clasificatorios elite, hoxe haberá praza directa para os 15 mellores da xeral en cada categoría. Cinco é o número máximo de clasificatorios pero, se algún dos previstos finalmente se suspendese, as prazas directas pasarían a ser 20 con catro probas, 25 con tres e 35 con dúas.
6 Os 20 primeiros clubs do ranking a 30 días da celebración do campionato de España, entre os que se atopan actualmente os galegos do Arcade Inforhouse de Santiago e o Cidade de Lugo, terán a opción de convidar tamén a un único triatleta do seu equipo. O ranking de clubs verase modificado esta mesma semana xa que se están a disputar a Copa do Rei e o
campionato de España de tríatlon por Relevos.
7 Co límite de 100 participantes, o resto de prazas asignaranse segundo o ranking individual a 30 días da proba e por orde de inscrición.
A maiores, queda a posibilidade de que os triatletas listaxe de espera que acudan á reunión técnica elite sexan incluídos na listaxe de saída en caso de que algún inscrito non acuda sen xustificación, dado que é obrigatoria a asistencia para os triatletas de categoría elite. No caso de non entrar, os deportistas en listaxe de espera poderán participar no seu grupo de idade ao día seguinte.
Os criterios son os mesmos para poder competir no campionato de España de tríatlon sprint en Pontevedra?
Si para os grupos de idade porque a inscrición tamén é libre.
Non para a categoría elite porque neste caso terán praza os 20 primeiros do campionato 2014
entre os que non hai galegos; os dez mellores do ranking nacional do ano pasado; os internacionais 2015; a FEGATRI poderá convidar aos medallistas do campionato autonómico pasado (cos galegos Brais Canosa, Gustavo Rodríguez, Uxío Abuín e Melina e Camila Alonso); os clubs terán invitacións segundo a súa posición no ranking a 30 días da proba e unha extra para os equipos que fixeran podio no campionato de España por clubs de Santander –o Arcade Inforhouse de Santiago, que gañou en homes e foi bronce en mulleres, e o Cidade de Lugo, subcampión feminino-; a nivel individual tamén contarán o ranking nacional de tríatlon a un mes do campionato e a orde de inscrición.
Polo tanto, inscríbete xa para o campionato de España na triatlética cidade de Pontevedra do próximo 20 de xuño e no campionato de España de Ácuatlon do domingo 21 tamén no Lérez.
En Ácuatlon, os criterios son exactamente os mesmos que os de tríatlon distancia sprint. Polo tanto, por ter subido ao podio no campionato galego de Parga, teñen praza directa en categoría elite os galegos Andrés Cendán, Alberto Castiñeira, Laura Paola Montes, Sandra Sobreira e Xiana Rendo.
“Atento aos cambios no circuíto de bici”
Xunto a triatletas, adestradores e clubs, os xuíces galegos suman igualmente éxitos a nivel nacional e internacional.
Aínda que nas súas obrigas se inclúa pasar desapercibidos, en campionatos de España acostumamos ver caras coñecidas.
Sabemos os requisitos de clasificación que deberon pasar os deportistas para estar aí, e os xuíces?As probas que se lles confían ano a ano son as particulares medallas que se colgan os oficias para medir o seu rendemento pero sen subir nunca ao podio.
Con máis de 70 licenzas que acumula neste momento o Colexio Galego de Xuíces e Oficiais en 2015, agárdase que coa temporada de tríatlon haxa máis renovacións e se sumen aqueles que rematen as súas prácticas despois de ter superado o exame teórico.
Aínda con designacións pendentes, os xuíces galegos de maior nivel serán convocados pola FETRI, a ETU en probas europeas e a ITU en máis dunha ducia de competicións.
O ano estreouse con Mónica Flores -xuíza nacional de nivel 4 e que se corresponde co ITU 2- como Delegada Técnica (DT) nos campionatos de España de Dúatlon por equipos e de relevos en Avilés, acompañada de Roi Cuba -nivel 3- coma xuíz árbitro de ámbalas dúas probas. A lucense será unha das galegas que máis experiencia acumule a final de ano sumando a pasada Copa de Europa de Melilla na que a súa función foi de Asistente do Delegado Técnico, a Copa de Europa de Madrid na que foi chamada como oficial e, como xoia da coroa, o campionato de Europa de tríatlon en Xenebra onde será de novo oficial.
Xa tendo debutado tamén neste 2015, Miguel Alejandro Fernández –nivel 4- exerceu de DT no campionato de España de Dúatlon en Soria, máxima responsabilidade que deberá ocupar na Copa de Europa de Egidir en Turquía, despois de arbitrar o sábado 9 de maio o Ironman de Mallorca. Como colofón, o rabadense será un dos oficias presentes en Bakú (Azerbaián) onde xa a principios de mes comprobou in situ o nivel organizativo do país cunha proba test para o que será a primeira edición da historia dos Xogos Europeos, creados a imaxe e semellanza dos Xogos Panamericanos ou os da Commonwealth. De tódolos xeitos, o Comité Nacional da FETRI, do que forma parte Mónica Flores, non ten pechadas tódalas convocatorias do ano e está previsto que Miguel sexa un dos galegos que repitan no Ironman de Barcelona en Calella despois de estar presentes en 2014 tanto Mónica como José Martínez “Poka” e Luis Coira, os catro xuíces internacionais cos que conta Galicia.
En Pontevedra, o santiagués Juan Luis Botana –nivel 3- será o DT do campionato de España de tríatlon distancia sprint e do campionato de España de ácuatlon, estando previsto que a coruñesa Olga Navarrete –nivel 3- o axude nas súas funcións como asistente.
Pecharía o calendario nacional dos xuíces galegos, a falta de convocatoria oficial, o lucense Alfonso Pérez -nivel 3- como Delegado Técnico do clasificatorio de Riveira para o campionato de España de tríatlon de distancia curta ou tamén chamada olímpica.
A ELITE DO TRÍATLON É GALEGA
A ELITE DO TRÍATLON É GALEGAA ELITE DO TRÍATLON É GALEGA Completan o catálogo da elite dos xuíces galegos, Emerio Ares e Tucho Barreiro –ambos nivel 3-
que seguen vencellados ao tríatlon en distintas vertentes pero coa súa proxección estatal aparcada polo momento.
E cales son as funcións principais dun Delegado Técnico?
Antes da Competición:
Supervisión previa da carreira. Contacto co organizador. Revisión de circuítos. Requirir toda a información do proxecto e ofrecer a colaboración para o desenvolvemento da proba segundo o tipo de carreira e as condicións técnicas da mesma, así coma os condicionantes. Planificación da carreira e de cada sector con organizador.
A ELITE DO TRÍATLON É GALEGA
A ELITE DO TRÍATLON É GALEGAA ELITE DO TRÍATLON É GALEGA Durante a carreira:
Reunión co Xuíz Árbitro e co Responsable de Xuíces e Oficiais para planificar a actuación. Comprobar que toda a montaxe se axusta á normativa e procedementos previamente comprometidos. Comprobar que todos os medios e servizos están en posición. Comprobar que todo é seguro e equitativo. Anticiparse e solucionar imprevistos para que a proba se desenvolva segundo o planificado. Manter o control sobre o desenvolvemento de cada sector. Supervisar a imaxe e protocolo da proba.
Despois da carreira:
Solución de problemas. Valoración da proba e emisión de informes.
A ELITE DO TRÍATLON É GALEGA
A ELITE DO TRÍATLON É GALEGAA ELITE DO TRÍATLON É GALEGACOMO LÍDER DO COLEXIO GALEGO DE
XUÍCES, MÓNICA FLORES VALORA O SEU EQUIPO:
Roi: Ref lexivo valorando o regulamento. Dialogante, tenta aportar a súa experiencia como deportista para asegurar que a proba sexa satisfactoria. Elude conflitos.
Juan Luis: Gran habi l idade na p lan i f i cac ión e coordinación. Aporta tranquilidade e seguridade ao desenvolvemento da proba.
Miguel: Experiencia e coñecemento que difunde e proxecta ao equipo. Ampla capacidade de dirección e organización. Autocontrol.
Alfonso Pérez: Firmeza á hora de aplicar procedementos e manter o control sobre o evento.
Olga: Serenidade e flexibilidade. Aplicación dos procedementos técnicos regulamentarios de xeito estrito pero tentando ver a competición desde o lado do deportista á hora de aplicar os procedementos de sanción.
A ELITE DO TRÍATLON É GALEGA
A CORUÑA
BTWIN ULTRA 900
Peso y potencia, las palabras que pasan por la cabeza de todo ciclista.
“B'twin propone productos que te facilitan la vida en bicicleta. Desde las primeras bicicletas «marca DECATHLON» en 1976, su misión consiste en diseñar y vender productos técnicos y exclusivos, con la mejor relación calidad-precio posible. Cada bicicleta B'twin está concebida para darte entera satisfacción el mayor tiempo posible”.
El triatleta del Arcade Inforhouse de Santiago y técnico de taller en Decathlon A Coruña, Óscar Fernández Vázquez, os presenta la nueva joya de la marca B´twin: “se trata de la Ultra 900con la que he podido entrenar durante unas semanas”.
CARACTERÍSTICASCuadro: Gracias a las fibras Evo Dynamic (mezcla de fibras HM e IM) y a su peso de 850 g en talla M, el cuadro BTWIN ULTRA Evo Dynamic ofrece una de las mejores relaciones peso-dinámica del mercado. Cuenta con una caja de pedalier estándar Press-fit 86, que aporta rigidez al chasis, y una horquilla de 320 g exclusiva para este modelo.
Ruedas: Las novedosas ruedas BTWIN AERO 20/24 se consideran la revelación del año. Poseen un perfil de llanta polivalente de 24 mm de altura, con 20 radios aero y un peso de 1760 g (el par). Manillar: Para su montaje se han utilizado los accesorios marca DEDA. El manillar DEDA ZERO 2, proporciona un óptimo agarre inferior gracias a su forma compacta. Fabricado en aluminio 6061, pesa 320 gramos en talla 42cm. A su vez, la potencia DEDA ZERO 2, forjada también con aluminio 6061, pesa 140 g en talla 110mm. La dirección es estanca para alargar su vida.
Transmisión: Monta el renovado 105 (5800) de 11 velocidades, un grupo que se aproxima cada vez más a los todopoderosos Ultegra y Dura-Ace. El cambio trasero acepta casetes de 32 dientes para rampas más exigentes. Viene de serie con un casete 11x28 y un pedalier de 52x36.
Neumáticos: Cubiertas Lythion, con una sección de 25 mm.
Sillín y tija: El sillín FI´ZI.K Arione, pesa 260 gramos. Por su parte, la tija de perfil aero, está construida en carbono.
Peso: 7,850 kg, talla M sin pedales.
Ante la primera ojeada de la Ultra 900, destaca un cuadro de formas cuidadas, pintado en un sofisticado color negro mate. Se aprecia el cableado interno, la tija aero y el puente de freno trasero oculto, detalles que hacen de esta bici toda una preciosidad.
En una observación más minuciosa, llaman la atención las ruedas BTWIN AERO 20/24, las cuales considero una opción muy interesante para entrenar. Una vez decido cogerla, por fin compruebo su característica estrella: la ligereza. La Ultra 900 de serie detiene la báscula en los 7.850g, que con unos retoques puede alcanzar los 7kg.
Adentrándonos en la funcionalidad, ¿qué sucede cuando te subes en ella? Lo primero que sientes es comodidad y, una vez acondicionada a la biomecánica de cada uno, la bici está a punto para darle caña. En carretera continúas percibiendo su confort, pero además distingues cómo las cubiertas de 25 mm absorben los impactos más de lo habitual. El grupo 105 renovado marcha tan bien como mi actual Ultegra. Su alargada patilla en el desviador hace que los cambios de plato sean suaves y fiables. En las subidas, cada pedalada se transfiere al asfalto, definiendo una bici muy rígida.
Tras experimentar la B´twin Ultra 900, considero que este modelo tiene total cabida en el triatlón, tanto en corta como en media distancia. Si además dispones de unas ruedas para competir, sumas perfección y versatilidad a este fantástico producto.
MI OPINIÓN
MI VALORACIÓN
No campionato galego de dúatlon
demostrouse que o Triatlón Ferrol e o Cidade de
Lugo teñen un novo rival na clasificación por
equipos co GV Sports Club. Conseguindo o
bronce en Santiago, Marga Villaverde, Mariña
Ramos e Bea Castiñeira compartiron podio con
triatletas de nivel nacional e internacional.
Unha ducia de deportistas compoñen a
sección feminina do GV Sports que xa deu o
primeiro aviso no campionato galego de
dúatlon contrarreloxo impoñéndose ao Arcade
Inforhouse de Santiago , segundo, e
Nosportlimit-Trek Galicia, terceiro.
“A semana anterior a Vedra adestramos algo
os relevos e axudou bastante porque acostumas
saír en grupo pero non tan a roda e pendentes
unhas das outras”, lembra Bea Castiñeira.
“Eu non puidera adestrar antes –relata
Marga Villaverde- porque é difícil que
coincidamos todas xuntas, María Coya, por
exemplo, traballa en Zamora. Non tiñamos os
mesmos ritmos e decidimos ir marcando coas
que menos ían e nas costas empuxábamos.
Despois en bici foi onde máis acurtamos coas
segundas”.
Ningunha das dúas duatletas de Combarro se
dedican ao tríatlon pero vénlles posibilidades ás
súas compañeiras de volver despuntar entre as
triatletas galegas? As súas apostas oriéntanse
por Sonia Pariente –recente gañadora do
Tríatlon Popular Concello de Moaña-, a cadete
Mariña Ramos na súa categoría e coa
posibilidade de que María Coya dea algunha
sorpresa en Galicia.
Un novo equipo feminino no podio
Presidente:
Antonio Pérez Montecelo
Adestradores:
Adrián Vázquez e Ana Valín
10 benxamíns
16 alevíns
5 infantís
9 cadetes
Na capital lucense case medio cento de triatletas forman a escola do Cidade de Lugo que vén de proclamarse
campioa galega de Nada e Corre despois de ser o club cun maior número de clasificados de toda Galicia e que, sen dúbida, optará aos postos de podio na Final Galega de Dúatlon Escolar da próxima fin de semana.
Pero non conseguiron gañar na piscina e nas pistas do CGTD sen o complemento dos seus compañeiros de Vilalba e, en especial, dos nadadores de Monforte.
Coa supervisión dos adestradores do Cidade de Lugo, Ana Valín e Adrián Vázquez, o triatleta vilalbés do club Alejandro Fernández encárgase do grupo da capital da Terra Chá cunha quincena de deportistas de categorías benxamín, alevín e infantil.
Por outro lado, o Cidade de Lugo colabora co Natación Monforte para que un infantil e catro
cadetes, que xa inclúen a carreira nos seus adestramentos enfocados á piscina, teñan a oportunidade tamén de probar o multideporte.
Deste xeito, os rapaces das principais vilas do interior da provincia de Lugo -quedando a Mariña cuberta co San Roque de Viveiro- teñen acceso á práctica do tríatlon co Cidade de Lugo, sumando en total preto de 70 canteiráns.
Club Triatlón Cidade de Lugo
Novamente sen Jonathan Brownlee, as Series Mundiais continúan a decidir quen será o mellor triatleta do mundo de 2015.
Antes de Yokohama, o galego Gómez Noya só quedou fóra do podio en Abu Dabi sendo sexto e iso que competiu cunha contractura no glúteo.
Xunto a Mario Mola, o ferrolán non descartou ningunha cita do circuíto polo momento dado que ao final de temporada puntuarán os cinco mellores resultados máis a Gran Final.
A finais de maio, a planificación de Carlos Prieto para o tetra-campión do mundo pasa polas Series Mundiais de Londres en formato sprint, na que podería ser a última parada das WTS na capital inglesa antes de ser trasladada a Leeds, base dos Borwnlee.
O mes de xuño será de transición para poder preparar un dos retos do ano que servirá como test para os Xogos Olímpicos de 2016 ao xogarse un título nun día: o Campionato de Europa de Xenebra do 12 de xullo.
Delly Carr / ITU
JAVI GÓMEZ NOYA
29 de marzo Series Mundiais de Auckland
Nova Zelandia
Curta
Tempo: 01:55:41
/ Natación: 18:27
/T1: 00:51
/ Ciclismo: 01:05:13
/ T2: 00:33/ Carreira: 30:39
11 de abril Series Mundias de GoldCoast
Australia
Curta 3º
Tempo: 01:47:21/ Natación: 17:27 /T1: 00:25/ Ciclismo: 59:15/ T2: 00:22/ Carreira: 29:54
26 de abril Series Mundiais de Cidade do Cabo
Sudáfrica
Curta 2º
Tempo: 01:39:24/ Natación: 08:32/ T1: 00:42
/ Ciclismo: 59:44/ T2: 00:18/ Carreira: 30:09
2º
A Galega leva o tríatlon de eliteás nosas casasA Galega leva o tríatlon de elite
ás nosas casas
“O twitter do En Xogo tivo máis tráfico na madrugada con Auckland que durante toda a tarde”
Uxío Abuín ou Aida Valiño poderían sumarse á listaxe de comentaristas de tríatlon na TVG
“Ver á redacción habituada ao fútbol pendente do cuarto mundial de Javi dáche unha idea da interese”
Canto pesou a retransmisión da Gran Final de Edmonton na que Javi Gómez Noya fixo historia para que a TVG decidise este ano dar a tempada completa das Series Mundiais?
Hai decisións estratéxicas que xa se me escapan pero a verdade é que houbo satisfacción polo resultado visualmente. A realización que nos chega –proporcionada pola ITU- é moi boa e os comentaristas fixérono moi sinxelo.
Para contar unha proba de tríatlon tes fases vertixinosas que se poderían comparar cun partido de balonmán coma as transicións, o final da carreira ou a saída da natación e, despois, tes fases máis docentes nas que podes formar a audiencia.
Que función xogan os comentaristas na divulgación do tríatlon sen caer na limitación a un público especializado?
É posible que noutros lugares non teñan a sorte que temos en Galicia, que temos os mellores triatletas e os mellores adestradores. Cando os atletas non estean viaxando, poderán vir tamén. Eles son a clave para o espectador que non entende o que é ter o corazón a 190 pulsacións nunha subida de bici ou as sensacións do cambio da bici á carreira a pé. O reto é traducir esas sensacións. Cando vexo que se fala dun xeito moi técnico, encárgome de rebaixar o ton para que se poda comprender pero a verdade é que se nota que, nestes últimos casos, Mon –adestrador lucense da selección mexicana e presidente do Triatlón Arteixo- e Omar González –ex-adestrador de Javi Gómez Noya e técnico da FEGATRI- son licenciados en INEF, están acostumados a adestrar con rapaces e teñen ese perfil docente.
A Galega leva o tríatlon de eliteás nosas casas
A Galega leva o tríatlon de eliteás nosas casasA Galega leva o tríatlon de elite
ás nosas casas Quen poderán ser os próximos comentaristas no plató da Televisión de Galicia?
Temos falado con Pablo Dapena, con Uxío Abuín tamén, a idea é que veña Aida Valiño –recentemente atropelada de novo- pero depende dos seus calendarios. Imos vendo quen está en Galicia ou pensamos: coñecen o circuíto? Por exemplo, nas de Auckland e GoldCoast queríamos que estivese Omar porque el estivera alí con Javi.
Sendo as primeiras probas de madrugada, que expectativas de audiencia tedes para o resto?
A verdade é que, sendo unha cadea pública, non temos tanta presión niso. Eu calculo máis público que non coñeza o tríatlon así que haberá que facer un esforzo nas retransmisións para facer chegar a emoción. O primeiro é comprender o deporte e nesa liña imos ir.
Non é como dar o Tour en Teledeporte que o público xa está acostumado. Aquí estase xuntando xente moi especializada con xente doutros deportes e hai que combinar esas dúas liñas de narración. Con Edmonton viuse que casan perfectamente e puideno ver xa na xente da redacción que está habituada ao fútbol e que todos estaban pendentes de se gañaba Javi.
Eu levo o twitter do En Xogo e na primeira proba houbo máis tráfico durante o tríatlon, con xente de toda España, que no En Xogo durante toda a tarde, que xa ten un seguimento boísimo.
Como televisión pública foi moi importante conseguir as Series Mundiais.
A Galega leva o tríatlon de elite ás nosas casas
ITUITU
O pontevedrés deu un paso máis incluíndo no seu currículo debutar nas Series Mundiais en Cidade do Cabo cun loitado 31º posto e iso que o separaron de Alistair Brownlee menos de tres minutos ao cruzar a meta.
22 de marzo Copa do Mundo de NewPlymouth Nova Zelandia Sprint 15º
Tempo: 53:34 / Natación: 08:36 / T1: 00:29 / Ciclismo: 28:36 / T2: 00:25 / Carreira: 15:27
26 de abril
Series Mundiais de Cidade do Cabo Sudáfrica Curta 31º
Tempo: 01:42:11 / Natación: 08:38 / T1: 00:49 / Ciclismo: 59:39 / T2: 00:19 / Carreira: 32:49
10 de maio
Copa de Europa de Madrid
España Curta
Tempo: 1:57:59/ Natación: 18:32/ T1: 01:22/ Ciclismo: 1:03:29/ T2: 00:27/ Carreira: 34:09
14º
22 de marzo Copa do Mundo de NewPlymouth
Nova Zelandia
Sprint 53º
Tempo: 56:14 / Natación: 08:37 / T1: 00:29 / Ciclismo: 29:46 / T2: 00:25 / Carreira: 16:53
19 de abril Copa de Europa de Melilla España Curta 3º
Tempo: 01:54:08 / Natación: 19:58 / T1: 02:02 / Ciclismo: 57:56 / T2: 00:18 / Carreira: 33:54
10 de maio Copa
de Europa de Madrid
España
Curta
Tempo: 1:55:40/ Natación: 18:33/ T1: 01:24/ Ciclismo: 1:04:28/ T2: 00:29/ Carreira: 30:46
1º
UXÍO ABUÍN
ANTONIO SERRAT
21 de marzo Copa de Europa de Quarteira
Portugal
Curta 22º
Tempo: 01:51:55 / Natación: 19:28 / T1: 01:06 / Ciclismo: 57:35 / T2: 00:30 / Carreira: 33:15
10 de maio Copa de Europa de Madrid
España
Curta
Tempo: 1:59:53/ Natación: 19:07/ T1: 01:24/ Ciclismo: 1:02:51/ T2: 00:26/ Carreira: 36:05
24º
DIEGO PAZ
MELINA ALONSO
19 de abril Copa de Europa de Melilla España Curta 7ª
Tempo: 02:13:35 / Natación: 22:37 / T1: 02:19 / Ciclismo: 01:04:58 / T2: 00:23 / Carreira: 43:18
PABLO DAPENA
21 de marzo Copa de Europa de Quarteira
Portugal
Curta
Tempo: 01:50:11 / Natación: 19:30 / T1: 01:03 / Ciclismo: 57:32 / T2: 00:31 / Carreira: 31:32
19 de abril Copa de Europa de Melilla España Curta 2º
Tempo: 01:53:55 / Natación: 20:51 / T1: 02:00 / Ciclismo: 55:53 / T2: 00:18 / Carreira: 34:53
10 de maio Copa de Europa de Madrid
España
Curta NF
7º
SUSANA RODRÍGUEZ GACIO
O Europeo de Dúatlon xa o ten no peto a paratriatleta viguesa coa colaboración de BlancaLabandeira como guía. Agora en xuño xa será moito máis esixente gañar o campionato de Europa de Tríatlon e por iso acudirá coa experta ciclista Mayalen Noriega coa que porá rumbo aos primeiros Xogos nos que o paratríatlon sexa olímpico.
25 de abril Campionato de Europa de Dúatlon PT5
Alcobendas
Sprint 1ª
Tempo: 01:22:32 / Carreira: 21:01 / T1: 01:04 / Ciclismo: 47:04 / T2: 01:19 / Carreira: 12:04
10 de maio Copa de Europa de Madrid PT5 España Sprint
Tempo: / Natación: / T1: / Ciclismo: / T2: / Carreira:
1ª
CARMEN GÓMEZ
Os junior galegos tentan facerse un oco entre a boa canteira internacional. A pontevedresa Carmen Gómez, recuperándose actualmente dunha escordadura de nocello e rotura de ligamentos, é a única con praza asegurada no Europeo de Tríatlon da súa categoría.
22 de marzo Copa de Europa de QuarteiraJunior Portugal Sprint 4ª
Tempo: 01:02:56 / Natación: 10:09 / T1: 01:05 / Ciclismo: 32:32 / T2: 00:51 / Carreira: 18:17
INÉS SANTIAGO
19 de abril Copa de Europa de Melilla Junior España Sprint 2ª
Tempo: 01:07:37 / Natación: 12:54 / T1: 02:17 / Ciclismo: 32:11 / T2: 00:24 / Carreira: 19:51
25 de abril Campionato de Europa de DúatlonJunior Alcobendas Sprint 6ª
Tempo: 01:04:59 / Carreira: 15:32 / T1: 00:53 / Ciclismo: 39:44 / T2: 00:31 / Carreira: 08:17
SARA GUERRERO
22 de marzo Copa de Europa de QuarteiraJunior Portugal Sprint 26ª
Tempo: 01:07:11 / Natación: 10:41 / T1: 01:07 / Ciclismo: 34:43 / T2: 00:52 / Carreira: 19:46
IRENE SERRAT
22 de marzo Copa de Europa de QuarteiraJunior Portugal Sprint 52ª
Tempo: 01:16:53 / Natación: 12:46 / T1: 01:10 / Ciclismo: 37:21 / T2: 01:00 / Carreira: 24:35
ANDRÉS CENDÁN
22 de marzo Copa de Europa de QuarteiraJunior
Portugal
Sprint 10º
Tempo: 56:44 / Natación: 09:26 / T1: 01:00 / Ciclismo: 28:48 / T2: 00:45 / Carreira: 16:44
19 de abril Copa de Europa de Melilla Junior
España
Sprint 25º
Tempo: 01:02:26 / Natación: 10:18 / T1: 02:13 / Ciclismo: 30:23 / T2: 00:23 / Carreira: 19:09
ALBERTO CASTIÑEIRA
22 de marzo Copa de Europa de QuarteiraJunior
Portugal
Sprint 20º
Tempo: 57:27 / Natación: 09:16 / T1: 01:01 / Ciclismo: 29:00 / T2: 00:47 / Carreira: 17:23
19 de abril Copa de Europa de Melilla Junior
España
Sprint 8º
Tempo: 59:39 / Natación: 10:13 / T1: 02:05 / Ciclismo: 28:42 / T2: 00:19 / Carreira: 18:20
A triatleta do Náutico de Narón Leticia Baña resolve as súas dúbidas sobre podoloxía e tríatlon coa axuda da podóloga deportiva Rebeca Prieto Riaño da clínica lucense O Camiño.
Que son as unllas de corredor?
As unllas dos corredores están sometidas a un maior roce e fricción coa zapatilla debido a un microtraumatismo continuado que provoca o continuo impacto coa zapatilla no xesto deportivo. Isto provoca un hematoma sububgueal que é unha acumulación de sangue baixo a unlla.Tamén poden aparecer unllas encarnadas por un mal axuste da zapatilla, exceso de suor ou alteracións dixitais de diferentes tipos.Os fungos nas unllas son outra causa de consulta dado á acumulación de humidade polo exceso de suor.
Como se evitan?
Para minimizar estes problemas, se o hematoma acostuma formarse na unlla do primeiro dedo, cambia o tipo de lazada. Cruza o cordón que sae da zona do primeiro dedo ata o ollal contrario e pasa o resto dos cordóns de lado a lado. Desta forma, cando fagas o nó, o cordón levantará levemente a tea da zona do primeiro dedo e darache algo máis de espazo para que non roce. A maiores, a lonxitude das zapatillas debe manter un espazo libre de 1 cm desde o dedo máis longo ata a punteira da zapatilla e ter un bo axuste na zona do empeine.
Por outro lado, para a unlla encarnada, aconséllase sempre un corte recto das unllas, evitando cortalas en exceso nin tampouco levalas demasiado longas. En caso de dúbida, o mellor é acudir ao podólogo para unha revisión.
No caso da prevención dos fungos nas unllas e na pel, utiliza calcetíns específicos para a práctica deportiva e, despois da ducha, seca coidadosamente todo o pé. Se coexiste unha hiperhidrose importante, un antitranspirante de uso diario e un xabón antiséptico estarían indicados.
Cales son as diferentes variantes de pegada mal executada? A que afecta cada tipo?
Durante a carreira, a primeira zona que fai contacto co chan é a parte externa do talón, definindo o movemento en termos xerais denominado supinación. Ese movemento é normal e prepara o pé para a fase de contacto.
Unha vez que o talón contactou co piso, o nocello realiza o movemento normal de rotación interna ao mesmo tempo que o pé comeza a apoiarse sobre o chan comprimindo lixeiramente a bóveda plantar. Ese movemento denomínase de pronación, coa finalidade de absorber o choque e adaptarse ao terreo para amortiguar de maneira natural o impacto.
A continuación, dáse o segundo apoio do pé sobre o piso dunha maneira neutral para executar o máis eficientemente posible o despegue.
Un exceso nos graos de calquera destes movementos ou da velocidade á que se executan poderán provocar patoloxías. Demasiada supinación provocará xeralmente no pé sobrecarga no compartimento exterior da perna e o xeonllo, lesións dos peroneos, escordaduras de repetición, fracturas de estrés...
Un exceso do movemento de pronación e da súa velocidade provocará patoloxías como periostite, disfuncións do tibial posterior, pata de ganso, lesións d a fascia plantar, entre outras.
Que problemas derivados da natación son os máis habituais?
A alteración que máis afecta aos nocellos e aos pés dos nadadores é a tendinite, cando o pé realiza unha flexión plantar e un estiramento dos tendóns flexores en grao máximo. O tratamento é semellante ao de calquera outra tendinite e inclúe exercicios de flexibilidade e descanso na zona lesionada. Problemas dérmicos na pel como infección por papilomas ou dermatomicose e infección por fungos nas unllas son quizais as causas máis frecuentes de consulta.
Acabas de sumar os primeiros puntos para o novo circuíto galego NO DRAFT.
A asemblea da FEGATRI, con representación de deportistas, adestradores, xuíces, organizadores e clubs, aprobou a creación dun ranking no que puntúan Baiona, o Rías Baixas e o Northwest Triman olímpico en curta distancia, o Desafío Islas Cíes e o Hércules XTRM en media distancia e, cun maior valor para a clasificación xeral, o Northwest Triman longa distancia.
Consulta os teus puntos a día de hoxe na táboa de distancia estándar:
Finalizaches o Triatlón Atlántico Baiona?? NORABOA!!
TÁBOA XERAL TÁBOA LD TÁBOA MD TÁBOA D. ESTANDAR
* Puntuaránse os deportistas que consigan ata o posto 725º en Longa Distancia e 705º en Distancia Estandar
LONGA DISTANCIA (O primeiro cñasificado collerá a puntuación do posto 1 da táboa xeral.- 1000ptos.
MEDIA DISTANCIA (O primeiro clasificado collerá a puntuación do posto 11º da táboa xeral.- 855ptos.
DISTANCIA ESTANDAR (O primeiro clasificado collerá a puntuación do posto 51º da táboa xeral.- 760ptos.
Dirección e redacción:
Silvia Vieito
Fotografía:
Juan Luis Pedrosa
Maquetación e impresión:
Deseño de Impresión
Depósito Legal:
C 67-2015
ISSN:
2387-1865
A revista TRÍPTICA chega cada mes aos triatletas e afeccionados galegos nas propias competicións para estar ao teu lado.
As túas probas, os teus circuítos, os clubs, as escolas e os internacionais aos que admiras atópalos tamén na versión dixital de TRÍPTICA en formato PDF a través de
issuu.com/revistaTRIPTICA
Petición de números atrasados:
Na práctica da liberdade de expresión, TRÍPTICA pode publicar opinións coas que é posible que a súa liña editorial non coincida e das que non se fai responsable.
Respecta o medio ambiente. Reutiliza ou recicla TRÍPTICA.
Cando volve a revista TRÍPTICA?
Despois do Dúatlon de Lugo e o Tríatlon Atlántico de Baiona, conseguirás un dos 300 exemplares gratuítos de TRÍPTICA á túa disposición en:
6 de xuño III Tríatlon Popular Concello do Porriño 18 de xullo V Tríatlon Concello de Arteixo9 de agosto XV Tríatlon Cidade de Ferrol27 de setembro III Tríatlon Desafío PASTOR Islas Cíes
Xunto a ti en:
Revista TRÍPTICA @tripticatri
Un novo paso para Aaron Ortiz
Despois de debutar en 2014 como duatleta, agora o paratriatleta do Monte Abaixo Aaron Ortiz ten fixado este verán para estrearse nun tríatlon xa que precisamente foi na natación onde se ve máis melloría. Ao inicio, este catalán de 23 anos afincado en Marín e con parálise cerebral tiña problemas para coller a respiración ou non levar tensos os brazos. Hoxe, segundo asegura a súa adestradora na Escola Municipal de Pontevedra, Alba Cuba, “o adestramento xa o ten, conseguimos que poda facer as distancias para un popular minisprint, está preparado para 300 metros”.
Poio ou Pontevedra son algunhas das posibilidades para Aaron e está preparado. “Nadar en piscina ben pero, cando nadas en augas abertas sen tocar parede, tes que facelo todo seguido e... Haberá un pouco de follón ao principio pero cando te tiras á auga xa está”, valora o paratriatleta que previsiblemente volva contar ao seu lado coa súa adestradora. Como preparación, o peirao da ponte dos Tirantes e a zona da praia fluvial do Lérez serán os lugares onde aclimatarse ao cambio. “Todos
sabemos como son as saídas nos tríatlons –recoñece Alba Cuba- e non é o mesmo que a piscina, por iso quero estar con el”.
A confianza cega na súa adestradora pálpase en cada elección. Bici de montaña ou de estrada? “Como diga Alba, fixen o Dúatlon de
Santiago con bici de montaña e tamén a popular do Mundial de Dúatlon 2014. Se teño que usar a de estrada, usareina e, se teño que saír coa de montaña, tamén a usarei”. E é que en bici Aaron recoñece que se esforza pero aínda lle falta un pouco así que, coa de montaña, gaña en estabilidade.
Porque esforzo é o que lle sobra ao paratriatletaAaron Ortiz que se divertiu formando parte do ambientazo do Mundial de
Dúatlon de Pontevedra e tamén o fai cada semana cos canteiráns da escola pontevedresa. Escollendo o tríatlon, Alba Cuba cre que acertou
porque “lle gusta sacrificarse e ver os seus resultados, ademais xa ves as magníficas relacións cos compañeiros”.