Date post: | 24-Jan-2017 |
Category: |
Education |
Upload: | jmsantaeufemia |
View: | 78 times |
Download: | 4 times |
RISCOS ASOCIADOS Á DINÁMICA LITORAL
INUNDACIÓNS COSTEIRAS
RISCOS DERIVADOS DA EROSIÓN E SEDIMENTACIÓN COSTEIRAS
Características do risco nas zonas de costa
Alta exposición debida á elevada poboación
Intensificación dos problemas nas épocas de afluencia de turistas
Sistema de interaccións complexas
Alto descoñecemento da dinámica litoral
A erosión e sedimentación costeiras prodúcense pola acción de diversos axentes: •Ondas •Correntes •Mareas
DEFINICIÓN DE ONDAS
Son movementos ondulatorios da auga que se propagan ata as costas.
ORIXE DAS ONDASO vento en contacto coa superficie da auga é o principal xerador do movemento ondulatorio na maioría dos casos.
Tamén poder orixinarse a partir de sismos, desprendementos, meteoritos, etc.
Nunha onda distínguense varios movementos: •existe un movemento circular de vaivén, que se vai contaxiando e atenuando cara abaixo. •tamén existe outro movemento de propagación da onda, que é lateral e transmite enerxía
pero non materia.
CARACTERÍSTICAS DAS ONDAS
Preto da costa a profundidade é menor. Cando non hai altura suficiente para manter o movemento ondulatorio, a onda
deforma e rompe.
O movemento do fluxo das ondas (ida) ten máis enerxía que o refluxo (volta). Isto, que é debido á infiltración de parte da auga, favorece a deposición de sedimentos nas praias.
CARACTERÍSTICAS DAS ONDAS
A erosión do cantil produce o seu derrumbe. Isto produce o retroceso da liña de costa
ACCIÓNS DAS ONDASActúan sobre a base do acantilado (erosión directa, abrasión e cavitación)
DEFINICIÓN DE MAREA
Son cambios periódicos no nivel do mar.
ORIXE DAS MAREAS
Son producidas pola acción gravitatoria da Lúa e do Sol sobre a gran masa oceánica.
A marea é un proceso cíclico que se repite cada 12 horas aproximadamente (12 horas y 24 minutos) •cando o nivel do mar acada o máximo fálase de PREAMAR. •cando o nivel do mar acada o mínimo fálase de BAIXAMAR.
CARACTERÍSTICAS DAS MAREAS
CARACTERÍSTICAS DAS MAREAS
Os niveis que acadan as preamares e as baixamares non son iguais, xa que existen diferentes intensidades de mareas:
• MAREAS VIVAS: a amplitude de marea (diferenza entre ambos niveis de marea) é moi grande.
• MAREAS MORTAS: a amplitude de marea é pequena
•Modifican a zona de influenza e acción das ondas
•Removen en transportan sedimentos ACCIÓNS DAS MAREAS
DEFINICIÓN
Correntes costeiras
TIPOS
Agrupan aos diferentes movementos da auga nas zonas costeiras e son responsables do transporte e reubicación dos sedimentos
CORRENTES DE DERIVA CORRENTES DE RETORNO CORRENTES DE MAREA CORRENTES OCEÁNICAS
EFECTOS Transporte e reubicación dos sedimentos costeiros
DEFINICIÓN
Correntes costeiras: A DERIVA LITORAL
ORIXE
Corrente que move os sedimentos de forma paralela á costa
1) As ondas arrastran nunha dirección os sedimentos cara á costa. 2) O retroceso da onda ten unha dirección diferente (a favor de gravidade). 3) A resultante dambos movementos orixina un desprazamento paralelo á liña de costa.
RíasTransformación da liña de costa debida a unha transgresión mariña: subida do nivel do mar, a liña de costa avanza cara ao
continente.
Riscos derivados da erosión costeira
As construccións no bordo da liña de costa incrementan o risco de derrumbe e aceleran o retroceso do acantilado
Edificación que sufre un alto risco de derrumbe. A construcción nunha ubicación inadecuada acelera o proceso de desprendemento do cantil.
Riscos derivados da erosión costeira
A construcción de muros na base do cantil e no bordo das praias protexe da acción das olas, limitando a erosión costeira.
Sen embargo, a enerxía de retorno das ondas é maior polo que en moitos casos prodúcese a evacuación do sedimento na base do acantilado, desaparecendo as praias.
Riscos derivados da erosión costeira
2º) Construcción dun muro de protección, de máis edificacións e dunha estrada
EstradaMuro
1º) Situación de partida
praia ancha
Escarpe que evidencia a erosión
Estréitase a praia
Aumenta a pendente da
praia sumerxida
Un caso real na costa lusa
3º) Despois de 4 anos As ondas pasan por riba do muro nas marexadas, danando as construccións e o propio muro
Desaparece a praia
Aumenta a pendente na praia sumerxida
4º) Despois de 10–60 anos... Construcción dun muro máis forte e elevado
Á aumentar a profundidade as ondas impactan contra a liña de costa con toda a enerxía
Resultado final: unha enorme urbanización veraniega preto dun enorme muro tralo que se adivina o mar. Xa non hai praia e o fondo do acantilado está cheo de restos do antiguo muro e escombros.
Riscos derivados da alteración da sedimentación e a erosión nas áreas continentais
O aumento da erosión dos continentes por accións antrópicas (incendios, deforestación, prácticas agrícolas non apropiadas, etc.) significa unha maior chegada de sedimentos á desembocadura polo tanto un aumento da sedimentación.
A maior sedimentación na desembocadura pode producir: • o avance dos deltas (progradación) • a destrucción dos arrecifes de coral (por excesiva
turbidez das augas)
Riscos derivados da alteración da sedimentación e a erosión nas áreas continentais
A construcción de encoros augas arriba producen que os sedimentos queden depositados nas zonas altas do río, antes do muro do encoro.
A falta de sedimentos na desembocadura pode producir o retroceso dos deltas (retrogradación). Así ocorre co delta do Ebro, que reduce a súa estensión de ano en ano.
A profusión de encoros ao longo do percorrido deste río así como a perda de caudal (uso para rega e outros aproveitamentos) fan que cada vez cheguen menos aportes sedimentarios ao delta, que está retrocedendo na actualidade.
Riscos derivados da alteración das correntes de deriva costeira
A construcción de espigóns e portos aumenta a sedimentación na zona anterior e activa a erosión na zona posterior
Constrúese un espigón: • Alteración do ciclo natural de erosión - sedimentación
• Pérdese area das praias próximas
• Sen embargo a solución demóstrase insuficiente e imposible: o problema trasládase a outros lugares e cada vez fánse maiores inversións
• Construcción de rompeolas, espigons e muros • Establecemento de seguros • Estudios da dinámica litoral: correntes de deriva, mareas, erosión e sedimentación • Elaboración de mapas de perigosidade • Ordenación do territorio
Medidas de predicción e prevención de riscos costeiros
• Bens de dominio público: terreos comprendidos entre a baixamar e os límites acadados polas ondas nas maiores tempestades • Zona de servidumbre de protección (100 m terra adientro) con prohibición para cualquera uso • Zona de influenza (500 m), con normas de ordenación urbanística, se permiten aparcadoiros e determinadas edificacións
Ordenación do territorio nas costas