+ All Categories
Home > Education > Ríos Europa

Ríos Europa

Date post: 31-Aug-2014
Category:
Upload: iesasorey
View: 519 times
Download: 8 times
Share this document with a friend
Description:
 
Popular Tags:
36
Ríos de Europa Alumnado de 1º de ESO, Adela Leiro, Chus García IES Francisco Asorey, xuño 2013 Os ríos de Europa son numerosos e de variadas caracteristicas que dependen da súa situación e da orientación das súas cuncas. En xeral son ríos curtos agás os das grandes chairas de Europa Central e do leste. O ríos agrúpanse en cinco vertentes: ÁRTICA: Pechora, Dvina ATLÁNTICA: Vístula, Oder, Elba, Rin, Támesis, Sena, Loira, Garona, Miño, Douro, Teixo, Guadiana, Gualquivir. Son ríos de caudal abundante e regular. MEDITERRÁNEA: Ebro, Ródano, Po. Acusan fortes secas no verán. MAR NEGRO: Danubio, Dniester, Dnieper e Don. Son ríos longo e de pouco desnivel. MAR CASPIO: Volga e Ural. Os máis longos son o Volga, con 3.690 km e o Danubio, con 2.888 km.
Transcript
Page 1: Ríos Europa

Ríos de Europa Alumnado de 1º de ESO, Adela Leiro, Chus García

IES Francisco Asorey, xuño 2013

Os ríos de Europa son numerosos e de variadas caracteristicas que dependen da súa situación e da orientación das súas cuncas. En xeral son ríos curtos agás os das grandes chairas de Europa Central e do leste. O ríos agrúpanse en cinco vertentes: ÁRTICA: Pechora, Dvina ATLÁNTICA: Vístula, Oder, Elba, Rin, Támesis, Sena, Loira, Garona, Miño, Douro, Teixo, Guadiana, Gualquivir. Son ríos de caudal abundante e regular. MEDITERRÁNEA: Ebro, Ródano, Po. Acusan fortes secas no verán. MAR NEGRO: Danubio, Dniester, Dnieper e Don. Son ríos longo e de pouco desnivel. MAR CASPIO: Volga e Ural. Os máis longos son o Volga, con 3.690 km e o Danubio, con 2.888 km.

Page 2: Ríos Europa

RÍO PECHORA

NACEMENTO E FONTES

Montes Urais septentrionais

LONXITUDE 1.809 km

PAÍSES Rusia

PERCORRIDO LINEAL

CIDADES: Jaksa, Troiko-Pekorsk, Vouktyl, Pechora, Usinsk, Ust-Liza, Velicovisoknoe, Narjan Mar.

DESEMBOCADURA Badía do Pechora no mar de Pechora (mar de Barents. Océano Ártico)

CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 322.000 km² LESTE: montes Urais (Septentrionais e Polares) OESTE:montes de Timani

AFLUENTES DEREITA

Sapkina, Usá, Shchugor, e Ilyc

AFLUENTES ESQUERDA

Tzilma, Pizma e Izma.

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

O val do Pechora é unha cunca sedimentaria entre dúas cadeas montañosas. Na desembocadura forma un amplo esteiro.

CLIMA Continental, temperado frío e polar.

TIPO DE RÉXIME

Mixto, con dominante nival e augas altas en primavera.

CAUDAL 4.000 m3/s

FLORA Bosques de coníferas da taiga e no norte tundra.

FAUNA

Peixes: esturión, anguía, coto, brema, alburno, carpa, leucisco, lucio, lota, eperlá,hucho, salmón, troita (común e alpina), peixe gato...

APROVEITAMENTO

Subministro de auga, navegación, pesca..

Na cunca do Pechora hai minas de carbón.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Nizhnepechorskiy, Boloto Okean, Pizhemskiy, Boloto Usinskoe, Schugovskiy, Bosques Virxes de Komi) o bosque virxe máis grande de Europa), Ilychskiy, Yugyd Va.

CURIOSIDADES Nas beiras do río atópanse fermosos exemplos de igrexas de madeira típicas da zona.

PROBLEMAS Contaminación por minería.

Page 3: Ríos Europa
Page 4: Ríos Europa

RÍO VÍSTULA

NACEMENTO E FONTES

Na vertente norte do Cárpatos (1.220 m de altitude), nas montañas Breskydy Silesia.

LONXITUDE 1.070 km

PAÍSES Polonia, Ucraína, Bielorrusia

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Cracovia, Sandomierz, Varsovia, Pioc, Toruh, Grudziadz, Gdansk

DESEMBOCADURA Golfo de Gdansk, no mar Báltico.

CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 194.424 km2 (en Polonia 168.700 km2) SUR: Cárpatos

AFLUENTES DEREITA

Dunajev, San, Wioprz, Bug

AFLUENTES ESQUERDA

Pilica, Brda

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

O Vístula adquireu a forma actual nos últimos 14.000 anos despois de restirarse o xeo das glaciacións. O curso alto ten moito desnivel (montañas dos Cárpatos) e no medio e baixo atravesa zonas chairas e discorre mainamente. Na desembocadura forma un amplo delta chamado Wislane Zulawy e dívídes e en dous brazos o Leniwka (esquerda) e o Nogat (dereita). Os brazos do delta cambiaron de dirección ao longo da historia debido ás grandes enchentes. O río forma unha lagoa de 90 km de lonxitude e 19 km de ancho pechada por unha gran barra de area. Nela desembocan tamén os ríos Pregolya e Nogat. Está conectada co mar aberto polo estreito de Baltiysk.

CLIMA Continental.

TIPO DE RÉXIME Pluvio nival.

CAUDAL 1.080 m3/s, con augas altas na primavera e verán, polo desxeo.

FLORA Bosques temperados de frondosas e de coníferas.

FAUNA

Londras, castores, ciños, garzas, gazotas, parrulos, garzas, corvos mariños, gaivotas, galiñolas, picapeixes, limícolas...

APROVEITAMENTO

Subministro de auga para cidades, industrias e agricultura; pesca, Navegación. O Vístula é navegable case na súa totalidade para barcos de pequena tonelaxe. Está comunicado co río Oder por medio de canles.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Unha gran parte do curso do río Vístula e os seus afluentes etán protexidos. No seu entorno hai outros espazos protexidos: Mevia Lacha, Krajobrazowy, Gostyninsko-Wloclawski , Środkowej, Kampinoska, Jaśliska.

Page 5: Ríos Europa

DATOS HISTÓRICOS

Nas proximidades do delta do Vístula vivían as tribos dos Godos, os Suevos e os Burgundios O primeiro rexistro do nome do Vístula (Vístulak) é de Plinio, no 77 d. C., na súa Historia Natural. Desde tempos antigos o río era unhas das principais arterias comerciais de Polonia. Estaba conectado co río Dnieper e co Mar Negro formando parte da Ruta do Ámbar que Unía o Mar Báltico e o Mar Negro. Ao longo do curso do río e dos seus afluente consérvase un importante patrimonio: castelos, pontes, núcleos históricos…

CURIOSIDADES É o río máis longo de Polonia. Os campos de concentración de Auschwiz (2ª Guerra Mundial) estaban nas beiras do Vístula.

PROBLEMAS Contaminación, enchentes...

Page 6: Ríos Europa

RÍO

RIN

NACEMENTO E FONTES

Nos Alpes, no leste de Suíza, é o resultado da confluencia de dous ríos, o “Rin anterior” e o “Rin posterior “

LONXITUDE 1.238 Km

PERCORRIDO: PAÍSES

Suíza, Austria, Liechtenstein, Alemaña, Francia, Países Baixos.

PERCORRIDO LINEAL

Contanza, Basilea, Estrasburgo, Maguncia, Wiesbaden, Coblenza, Bonn, Colonia, Dûserdorf, Clèveris, Nimega, Utrech, Róterdam

DESEMBOCADURA Desauga no mar do Norte mesturando as súas augas coas do río Mosa no grande delta.

Nos Países Baixos, o Rin divídese para formar un delta:

Preto de Noviomago o Rin divídese no Rin Baixo (ou Nederrijn en neerlandés), o Linga (ou Linge en neerlandés) e o Vales (ou Waal en holandés)

En Arnhemia, o Rin Baixo divídese no Rin Baixo e o Isala (ou IJssel en Neerlandés)

Preto de Gorinchen, o Vales xúntase cun brazo da Mosa e continúa baixo o nome Merivido (ou Merwede en neerlandés)

Despois Wijk bij Duurstede, o Rin Baixo divídese na Leica (ou Lek en neerlandés), no Rin Vello (ou Oude Rijn en Neerlandés) e no Rin Curvado (ou Kromme Rijn en neerlandés).

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 185.000 km² Sur: Alpes Oeste: Vosgos Leste: Selva Negra

AFLUENTES DEREITA

Neckar, Lohn, Sieg, Ruhr, Lippe

AFLUENTES ESQUERDA

Mosela

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

Cataratas do Rin, con 14 000 á 17 000 anos de idade, teñen unha altura de 23 metros (desnivel total de 33 metros) e unha largura de 150 metros, cun fluxo medio de 373 m3/s. Fervenzas de Schaffhausen. Canón de Ruinaulta, entre Ilanz/Glion e Chur (Suíza) Lago Constanza: o Rin atravésao

CLIMA Oceánico temperado

TIPO DE RÉXIME Na cabeceira é nival puro (as súas enchentes danse ao final de primavera ou inicios do verán. As estiaxes son en inverno). Augas abaixo, nivopluvial e pluvionival, matizado polos seus afluentes pero a partir de Basilea (Suiza) e ata a desembocadura (ao redor de 850 km) presenta un réxime esencialmente oceánico no que as enchentes e estiaxes son moderadas. A súa irregularidade é escasa.

CAUDAL

2.300 m3/s

Fluxo medio anual na fronteira franco-alemá: 1 240 m3/s.

Fluxo medio en Estrasburgo : 1 080 m3/s.

En Basilea : medio : 1062 m3/s ; seca : 202 m3/s ; maior enchente: 5700 m3/s.

Page 7: Ríos Europa

FLORA Bosque galería onde abondan, entre outros, os salgueiros, chopos, olmos e tilleiras.

FAUNA PEIXES: anguías, Chondrostoma nasus, Silurus glanis

APROVEITAMENTO

Subministro de auga (rubán, industrias, agricultura), navegación, pesca, leces, enerxía eléctrica... O Rin é navegable nun tramo de 883 km entre Basilea (Suiza) e o seu delta no mar do Norte. O seu curso está marcado por numerosas canles que dircorren a carón del (canal de Alsacia) ou que o comunican con outros ríos: canal Saint-Symphorien (co Ródano-Saona) ou el Rin-Meno-Danubio. En Alemaña, os viñedos esténdense ao longo do río, sendo un dos seus principais recursos económicos xa dende tempos medievais.

ESPAZOS PROTEXIDOS

O delta a gran maioría das súas marxes están protexidos.

DATOS HISTÓRICOS

O Rin constituía a maior parte da fronteira setentrional do Imperio Romano. Os romanos chamaban ao río co nome de Rhenus. Desde esa época o Rin é un curso de auga moi usado para o transporte e o comercio.

CURIOSIDADES O nome Rin é de orixe celta e significa fluír.

PEIBLEMAS Contaminación por actividades industriais, agricultura, mineiría e urbanas.

Page 8: Ríos Europa

RÍO

RIN

NACEMENTO E FONTES

Nos Alpes, no leste de Suíza, é o resultado da confluencia de dous ríos, o “Rin anterior” e o “Rin posterior “

LONXITUDE 1.238 Km

PERCORRIDO: PAÍSES

Suíza, Austria, Liechtenstein, Alemaña, Francia, Países Baixos.

PERCORRIDO LINEAL

Contanza, Basilea, Estrasburgo, Maguncia, Wiesbaden, Coblenza, Bonn, Colonia, Dûserdorf, Clèveris, Nimega, Utrech, Róterdam

DESEMBOCADURA Desauga no mar do Norte mesturando as súas augas coas do río Mosa no grande delta.

Nos Países Baixos, o Rin divídese para formar un delta:

Preto de Noviomago o Rin divídese no Rin Baixo (ou Nederrijn en neerlandés), o Linga (ou Linge en neerlandés) e o Vales (ou Waal en holandés)

En Arnhemia, o Rin Baixo divídese no Rin Baixo e o Isala (ou IJssel en Neerlandés)

Preto de Gorinchen, o Vales xúntase cun brazo da Mosa e continúa baixo o nome Merivido (ou Merwede en neerlandés)

Despois Wijk bij Duurstede, o Rin Baixo divídese na Leica (ou Lek en neerlandés), no Rin Vello (ou Oude Rijn en Neerlandés) e no Rin Curvado (ou Kromme Rijn en neerlandés).

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 185.000 km² Sur: Alpes Oeste: Vosgos Leste: Selva Negra

AFLUENTES DEREITA

Neckar, Lohn, Sieg, Ruhr, Lippe

AFLUENTES ESQUERDA

Mosela

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

Cataratas do Rin, con 14 000 á 17 000 anos de idade, teñen unha altura de 23 metros (desnivel total de 33 metros) e unha largura de 150 metros, cun fluxo medio de 373 m3/s. Fervenzas de Schaffhausen. Canón de Ruinaulta, entre Ilanz/Glion e Chur (Suíza) Lago Constanza: o Rin atravésao

CLIMA Oceánico temperado

TIPO DE RÉXIME Na cabeceira é nival puro (as súas enchentes danse ao final de primavera ou inicios do verán. As estiaxes son en inverno). Augas abaixo, nivopluvial e pluvionival, matizado polos seus afluentes pero a partir de Basilea (Suiza) e ata a desembocadura (ao redor de 850 km) presenta un réxime esencialmente oceánico no que as enchentes e estiaxes son moderadas. A súa irregularidade é escasa.

CAUDAL

2.300 m3/s

Fluxo medio anual na fronteira franco-alemá: 1 240 m3/s.

Fluxo medio en Estrasburgo : 1 080 m3/s.

En Basilea : medio : 1062 m3/s ; seca : 202 m3/s ; maior enchente: 5700 m3/s.

Page 9: Ríos Europa

FLORA Bosque galería onde abondan, entre outros, os salgueiros, chopos, olmos e tilleiras.

FAUNA PEIXES: anguías, Chondrostoma nasus, Silurus glanis

APROVEITAMENTO

Subministro de auga (rubán, industrias, agricultura), navegación, pesca, leces, enerxía eléctrica... O Rin é navegable nun tramo de 883 km entre Basilea (Suiza) e o seu delta no mar do Norte. O seu curso está marcado por numerosas canles que dircorren a carón del (canal de Alsacia) ou que o comunican con outros ríos: canal Saint-Symphorien (co Ródano-Saona) ou el Rin-Meno-Danubio. En Alemaña, os viñedos esténdense ao longo do río, sendo un dos seus principais recursos económicos xa dende tempos medievais.

ESPAZOS PROTEXIDOS

O delta a gran maioría das súas marxes están protexidos.

DATOS HISTÓRICOS

O Rin constituía a maior parte da fronteira setentrional do Imperio Romano. Os romanos chamaban ao río co nome de Rhenus. Desde esa época o Rin é un curso de auga moi usado para o transporte e o comercio.

CURIOSIDADES O nome Rin é de orixe celta e significa fluír.

PEIBLEMAS Contaminación por actividades industriais, agricultura, mineiría e urbanas.

Page 10: Ríos Europa

RÍO

TÁMESIS

NACEMENTO E FONTES

Preto da localidade de Kemble

LONXITUDE 346 km

PERCORRIDO: PAÍSES

Reino Unido

PERCORRIDO LINEAL

Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on Thames, Marlow, Maindenhead, Eton, Windsor e Londres

DESEMBOCADURA Mar do Norte

CONCA Superficie: 12.935 km²

AFLUENTES DEREITA

Churn, Leach, Cole, Coln, Windrush, Evenlode, Cherwell, Ock, Thame, Pang, Kennet, Loddon, Colne, Wey e Mole. O máis importante é o Cherwell.

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

O río Támesis contén máis de 80 illas que van desde as grandes illas do esteiro: Illa de Sheppey , Illa de Grain e illa de Canvey a pequenos illotes como Rose en Oxfordshire e Headpile Eyot en Berkshire. Esteiro

CLIMA Oceánico con invernos húmidos

TIPO DE RÉXIME Pluvial oceánico, con máximos de inverno e mínimos de verán, de acordo cas precipitacións e evaporación.

CAUDAL 65,8 m³/s

FLORA A escaseza de bosque é a nota máis característica. As formacións predominantes son as landas e as praderías, así como as turbeiras. Nas beiras do río hai salgueiros, amieiras, eneas, carrizos, xuncos...

FAUNA

MAMÍFEROS: lontra AVES: corvos mariños, gaivotas, ciños (mudo, negro e branco), gansos, fochas, galiñas de auga, garzas, lavancos… PEIXES: salmón, anguía, troita, cacho, carpa, barbo, perca, lucio…

APROVEITAMENTO

Navegación (ao longo do río hai 45 exclusas de navegación) Captación de auga Fonte de enerxía: muíños

ESPAZOS PROTEXIDOS

Esteiro do Támesis Cunca do Támesis

DATOS HISTÓRICOS

Durante o Pleistoceno, o primitivo río Támesis fluía dende Gales ata Clancton-on-Sexa, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluínte do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade de Xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres. Hai evidencia de presenza humana nas beiras do Támesis desde o Neolítico. Aparece citado nos relatos de Xulio César onde se fala das tribus catuvellauni e atrebates Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxeouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támesis non se volveu a conxear totalmente.

Page 11: Ríos Europa

CURIOSIDADES

É o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga en Londres. O Támesis é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge. Ao longo dp Támesis consérvase un importante patrimonio cultural: castelos, pazos, pontes... A Abadía e o pazo de Westminster están na illa de Thorney .

PROBLEMAS A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támesis. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.

Page 12: Ríos Europa

RÍO

LOIRA

NACEMENTO E FONTES

Monte Gerbier de Jonc, no Macizo Central Francés. A fonte máis lonxana é a do Áigue Nègre.

LONXITUDE 1.020 km

PERCORRIDO: PAÍSES

Francia

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Orleáns, Tours, Saumur, Angers, Nantes, Saint Nazaire.

DESEMBOCADURA Esteiro de Nantes (Océano Atlántico)

CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 117.000 km2 NORTE: colinas Perche SUR: Macizo Central, Meseta do Limousin LESTE: Vivarais, Lyonnais, Maconnais, Morvan

AFLUENTES DEREITA

Sarthe

AFLUENTES ESQUERDA

Allier, Beuvron, Indre, Vienne, Sevre Nantoise

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

O curso alto do loira e algúns dos afluentes que baixan do Macizo Central Francés salva un gran desnivel e discorre por zonas onde abondan os canóns, os rápidos e as fervenzas. O perfil xeral do leito do río Loira vai en escadas, tramos horizontais conectados entre sí por bruscos desniveis en foxas tectónicas. O cauce do río é moi inestable con mestura de áreas pouco profundas e canles máis profundos que nas enchentes cambian de lugar. Nos curso medio do río atópanse tramos con rochas calcárias nas que hai covas que foron haitadas desde a prehistoria. No curso baixo dominan os granitos e xistos. Gorxa das Rochas (desfiladeiro de Neulise): esténdese 32 km desde Saint-Priest-la-Roche, ao sur, ata Villerest (ao norte), un encoro construído en 1985 deixouno case mergullado.

CLIMA Atlántico (temperado e húmido), con áreas máis frías nas cabeceiras.

TIPO DE RÉXIME Pluvial. Ten enchentes en febreiro e outubro.

CAUDAL

850 m3/s

FLORA

Na cunca do Loira consérvanse os mellores bosques atlánticos de Francia. Nas beiras do río hai freixos, salgueiros, amieiras, carballos e unha gran variedade de plantas acuáticas e de marisma (na desembocadura).

FAUNA

MAMÍFEROS: lontra, aguaneiro, castor… AVES: o Loira acolle arredor do 64% das especies de aves que crían en Francia, 164 especies, das que 54 son aves acuáticas: gaivotas, corvos mariños, garzas, garzotas, biluricos, píllaras, carráns, lavandeiras, picapeixes, galiñolas, parrulos, gansos, ciños… PEIXES: hai catalogadas 57 especies: salmón do Atlántico, salmón do Loira, troita de mar, sábalo, lampreas (Petromyzon marinus, Lampetra fluviatilis Lampetra planeri ), olía, anguía,

Page 13: Ríos Europa

muxe, troita, siluro europeo, lucioperca, tímalo, lota, rodio, lucio… ANFIBIOS: ras (Pelodites punctatus, Hyla arborea, Rana temporaria, R. dalmatina, R. esculenta, R. perezi, R. ridubunda, R. lessonae); sapos (Bufo bufo , Alytes obstetricans , Bombina variegata , Bufo calamita , Pelobates fuscus, Pelobates cultripes), pintafontes (Triturus marmoratus, T. vulgaris, T. alpestris, T. helveticus), salamántiga.

APROVEITAMENTO

Subministro de auga para as cidades, a agricultura e a industria; produción de enerxía, pesca, lecer, navegación. Nas súas ribeiras cultívanse vides.

ESPAZOS PROTEXIDOS

O Val do Loira foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Todo o curso do Loira e parte dos seus afluentes está protexido como LIC, pola súa diversidade e por ser lugar de paso para especies migratorias. Marismas Breton, Badía de Bourgneuf, illa de Noirmoutier, Marismas de Guérande (Humidal Ramsar), Illa Tern, Grande Brière, Bai, Val do Loira, Saint-Étienne e Gorxas do Loira, Val do Allier, Gorxas do Allier, Planicie de Saint Flour, Val de Chanudefour, Saint Mesmin...

DATOS HISTÓRICOS

O val do Loira está habitado desde o Paleolítico Medio. No ano 600 a.C. o río era unha importante ruta comercial entre os celtas e os gregos. Ata mediados do século XIX foi a vía principal pola que se transportaban as mercadorías desde o porto de Nantes ata o interior do país. As beiras do Loira conservan un rico patrimonio histórico-artístico e etnográfico: castelos, pazos, centros históricos, pontes...

CURIOSIDADES

É o río máis longo de Francia e o que ten a cunca máis extensa (unha quinta parte do país). Tamén se chama “Río Real” pola gran cantidade de castelos que hai nas súas ribeiras.

PROBLEMAS Contaminación, enchentes, alteración do curso polas obras, especies invasoras...

Page 14: Ríos Europa

RÍO

MIÑO

NACEMENTO E FONTES

Pedregal de Irimia (Serra de Meira). Forman tamén a súa cabeceira os Regos Porto da Pena e Xirómeno.

LONXITUDE 307, 5 km

PERCORRIDO: PAÍSES (cunca)

España (Galicia, Castela León) Portugal

PERCORRIDO LINEAL Meira-Rábade-Lugo-Ourense-As Neves-Arbo-Salvaterra-Tui-A Guarda

DESEMBOCADURA Ao pé do Monte Sta Tegra- A Guarda. Océano Atlántico

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 12.486 km2 NORTE: Serra de Meira, O Xistral SUR: Laboreiro, San Mamede LESTE: Loba, Cova da Serpe, Careón, Farelo, Faro, Martiñá, Faro de Avión, Paradanta, Groba OESTE: Meira, Mirador, Oribio, Courel, Eixe, Queixa…

AFLUENTES DEREITA

Madanela, Anllo, Támoga , Ladra , Narla, Asma, Búbal, Barbantiño , Avia, Cerves, Ribadil, Deva, Termes, Tea, Caselas, Louro, Furnia, Cereixo, Tamuxe.

AFLUENTES ESQUERDA

Azúmara , Lea, Chamoso, Neira , Loio, Sardiñeira , Sil, Loña, Barbaña, Arnoia, Deva, Barxas, Coura

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

CANÓNS: Miño (Belesar-Os Peares, As Neves), Sil, Navea, Edo, Mao, Xares, Bibei, Bubal... FERVENZAS: Augas Caídas ( rego de Marce), Búbal, Erbedeiro, Canón Mao, Casteligo, Xares, Cenza, Arcos, San Lázaro, Río Cerves , Barbantiño… LAGOAS: Fonmiñá, Cospeito, Bardancos, Caldelas de Tui SURXENCIAS TERMAIS: Lugo, Ourense, Caldelas de Tui (Miño), Baños de Molgas (Arnoia), Río Cerves. Esteiro do Miño, frechas de Camposancos e Camiña Illas: Cela, Rábade, Boeira,

CLIMA Atlántico

TIPO DE RÉXIME Pluvial-oceánico: augas altas en inverno; estiaxe durante o verán aínda que pouco acusado.

CAUDAL 340 m3/sg CAUDAL RELATIVO: 24,6 l/sg/km2

FLORA Salgueiros, amieiras, freixos, eneas, espadanas, ambroíño enano, espigas de auga, oucas, xuncos, fentos...

FAUNA

MAMÍFEROS: lontra, aguaneiros AVES: lavancos, garzas, galiñas de auga, galiñolas negras, mergullón pequeno... RÉPTILES: sapoconcho, cobra de auga ANFIBIOS: saramaganta galega, ra verde, ra patilonga, ra vermella, pintafontes, estroza, salamántica… PEIXES: salmón, lamprea, troita, espiñento, anguía, escalo, boga de río… MOLUSCOS: mexillón de río, caracol de río, lapa de río INSECTOS: cabalos do demo, libeliñas, chinches de auga, escorpións de auga, ditiscos, efímeras. Mosquitos...

APROVEITAMENTO

Enerxía hidroeléctrica (encoros) Centrais hidroeléctricas de potencia superior a 10 MW: Belesar, Os Peares, Velle, Cachamuíña ou Castadón (R.Loña), Castrelo, Alvarellos (R.Avia), Frieira.

Page 15: Ríos Europa

ESPAZOS PROTEXIDOS

-RESERVAS DA BISOFERA: Terras do Miño e Terras De Allariz -PARQUES NACIONAIS: Invernadoiro, Enciña da Lastra -LICS: Serra do Xistral, Parga-Ladra-Támoga, Canóns do Sil, O Courel, Monte Dfaro, Pena Veidosa, Baixo Miño, Careón, Río Cabe, Pena Trevinca, Macizo Central, Bidueiral de Montederramo, Río Navea, Río Tea, Gándaras de Budiño -ZEPA: Enciña da Lastra

DATOS HISTÓRICOS O Miño e algúns dos seus afluentes (Sil) foron amplamente explotados polos romanos para extraer ouro. Quedan restos das explotación en Montefurado e Caldesiños

TRADICIÓNS-LENDAS

A tradición popular fai referencia á presenza de diferentes seres míticos relacionados cos ríos. Existen lendas que falan de homes e mulleres peixe no río Miño. Tamén neste río se citan as lavandeiras, as feiticeiras, os encantos e os xacios e xacias. A pervivencia destes seres ven de moi antigo. San Martiño de Braga (século VI) na súa obra “De correctione rusticorum” dinos: “Numerosos son os demos que, expulsados dos ceos, presiden mar, os ríos, as fontes e os bosques, aos que os homes ignorantes do Deus verdadeiro lles fan sacrificios, no mar adoran a Neptuno, nos ríos as Lamias, nas fontes as Ninfas, nos bosques as Dianas...” O RITO DA INMERSIÓN En Galiza nas épocas de secura o pobo adoita pedir chuvia por medio de oracións, procesións e rogativas a certos santos “hidróforos” considerados “portadores de auga”. Mais en algúns lugares acostúmase a meter o santo no río ou simúlase facelo. Tal como ocorre no río Deva, afluente do Miño, onde os veciños de San Breixo de Deva levan ao San Bartolomeu, en Cuntis onde meten a Santiago Apóstolo no Gallo, afluente do Umia, ou en santa Mariña de Ribeira, na Estrada, que levan a imaxe de San Vicente a mollarlle os pés no río Ulla. No Miño viven homes peixe, xacios e xacias

CURIOSIDADES É o río máis longo de Galicia

PROBLEMAS Contaminación, encoros, especies invasoras, sobrepesca…

Page 16: Ríos Europa

RÍO

DOURO

NACEMENTO E FONTES

Picos de Urbión (no Sistema Ibérico) a uns 2.160 m de altitud, en Duruelo de la Sierra (Soria)

LONXITUDE 897 km

PERCORRIDO: PAÍSES

España, Portugal

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Soria, Aranda de Duero, Laguna de Duero, Toro, Zamora, Miranda do Douro, Porto Varios afluentes nacen en Galicia. O Támoga pasa por Verín

DESEMBOCADURA Océano Atlántico (esteiro do Douro)

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 97.290 km² (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués). É a conca máis grande da Península Ibérica. Norte: Cordilleira Cantábrica Leste: Sistema Ibérico Sur: Sistema Central

AFLUENTES DEREITA

Pisuerga, Valderaduey, Esla, Órbigo, Tera, Sabor, Tua, Corgo, Támega, As cabeceiras do Támega e do Tua (Mente-Arzoá) fórmanse na vertente sur do Macizo Central en Galicia.

AFLUENTES ESQUERDA

Riotuerto, Riaza, Duratón, Tuerto, Adala, Tormes, Águeda, Côa, Torto, Távora, Paiva, Guareña

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

CANÓNS: Rio Lobos, Douro Internacional ( Arribes do Douro) FERVENZAS: “Pozo De Los Humos”, no río Uces, entre Masueco e Pereña de la Ribera (Salamanca), no Parque Natural Arribes de Duero. Afluentes do Támega, A Ola (Vilardevós). Unha das cabeceiras do Douro desauga da Lagoa Negra, de orixe glaciar, situada ao pé dos Picos de Urbión. O Tera baixa do lago da Sanabria

CLIMA Na parte española é mediterráneo con marcada tendencia continental. Nas proximidades á fronteira portuguesa, xa se deixa notar a influencia do Atlántico.

TIPO DE RÉXIME Pluvio-nival no percorrido inicial (máximo en primavera debido á achega nival dos afluentes de ámbalas dúas vertentes). A medida que percorre a Meseta pasa a pluvial (pola achega das precipitacións atlánticas, presentando un máximo secundario de caudal no inverno e mínimo no verán).

CAUDAL 800 m³/s (medio)

FLORA Bosques de ribeira (álamos, freixos, salgueiros) xunto cos carrizos e espadanas conviven coa vexetación mediterránea (aciñeiras, romeus, tomelos...). Na vexetación das beiras destacan Freixo, salgueiro, chopo, fentos, espadainas, xuncos, oucas...

FAUNA

PEIXES: barbo, boga, colmilleja, pardilla, calandino, gallego, bermella, escalo,anguía, esturión (en perigo de extinción) Epecies exóticas: lucio,carpín, carpa, gobio, tenca, gambusia, percasol, black-bass. ANFIBIOS: tritón ibérico, sapo comadrón, sapo común, sapo corriqueiro, pintafontes verde, estroza, saramaganta… RÉPTILES: tartarugas ( galápago europeo, galápago leproso)

APROVEITAMENTO

Regadío, pesca, turismo, aproveitamento hidroeléctrico e subministro de auga. É navegable nun pequeno tramo en Portugal. O Douro ten sete encoros en zona española e nove en zona portuguesa: Curda del Pozo; Aldeadávila I e II; Almedra, Castro, Ricobayo, Saucelle I e II, Villacampo, Bemposta, Miranda, Picote...

Page 17: Ríos Europa

ESPAZOS PROTEXIDOS

Reserva Natural de Urbión Parques Naturais: Canón do río Lobos, Lago de Sanabria, Douro Internacional, Arribes de Duero, Alvao (Portugal) Humidal RAMSAR: Lagoas de Villafáfila LIC Río Támega (Comarca de Monterrei-Galicia)

DATOS HISTÓRICOS

A canle de Castela, construído no século XVIII-XIX, percorre parte das provincias de Burgos,

Palencia e Valladolid. Fois construída para facilitar o transporte de trigo cara aos portos do

norte.

Ao longo do percorrido do Douro e os seus afluentes consérvanse importantes núcleos históricos, pontes, muíños...

TRADICIÓNS-LENDAS

Barcos para o transporte de viño en Portgal (Porto)

CURIOSIDADES

O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού As fortes estiaxes que sofre ao final do verán son tan pronunciados que en Toro chegaron a reducir o seu caudal a 2 m/s. En Porto as enchentes ofrecen un caudal 770 veces superior ao das estiaxes, e a auga sube 20 m o seu nivel, ás veces con caudal de 30.000 m³/s.

PROBLEMAS Exceso de encoros, contaminación por vertido agrícolaas, industriais e urbáns. Especies invasoras...

Page 18: Ríos Europa

RÍO

TEXO

NACEMENTO E FONTES

Fuente de García (Teruel), na Serra de Albarracín ( Montes Universais) a 1.593 m de altitude

LONXITUDE 1.120 km, 816 deles por territorio español , 47 km pola fronteira e 145 km en Portugal

PERCORRIDO: PAÍSES

-España: onde discorre por catro comunidades autónomas (Aragón, Castela-A Mancha, Madrid e Extremadura) -Portugal: Alto Alentexo, Ribatexo e Estremadura

PERCORRIDO LINEAL

-Cidades: Aranjuez, Toledo e Talavera de la Reina (España), Abrantes, Santarém e Lisboa (Portugal).

DESEMBOCADURA Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 83.678 km2 NORTE: Sistema Central (Serra de Guadarrama, Somosierra), Gredos, Gata, A Estrela. SUR: Montes de Toledo, Serra de Montánchez LESTE: Sistema Ibérico, Serra de Alabarracín, Serranía de Cuenca.

AFLUENTES DEREITA

Jarama, Guadarrama, Alberche, Alagón, Ponsúl, Zézere

AFLUENTES ESQUERDA

Algodor, Almonte , Guadiela, Salor

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

Canóns en rochas calcárias no curso alto Esteiro

CLIMA Mediterráneo

TIPO DE RÉXIME No seu curso superior é pluvio-nival. Conforme vai recibindo achegas dos seus afluentes vai tornando a pluvial. É bastante irregular con enchentes en primavera e profundas estiaxes a finais do verán.

CAUDAL 444 m³ /s (medio)

FLORA Nas zonas máis altas, variedades de piñeiros, sabinas, caxigos. No curso meseteño piñeiro carrasco, aciñeiras e sobreiras acompañadas dunha matogueira composta por esparto, tomeloesteva... Na zona máis ao oeste predomina a sobreira. Nas beiras do río: freixo, salgueiro, chopo, fentos, espadainas, xuncos, oucas, carrizos...

FAUNA

MAMÍFEROS: lontra, musgaño, rata de auga, AVES: cegoña negra, cegoña branca, garciña boieira, garza real, garza cangrexeira, garzota, corvo marriño real, grúa común, flamingo, lavanco real, galiñola, galiña de río, picapeixes… PEIXES. lamprea, troita, barbo, lucio, boga, anguía, sábalo, O Texo acolle 14 especies endémicas ibéricas (das 23 existentes) ANFIBIOS: ra patilonga, pintafontes, píntega, Cangrexo de río

APROVEITAMENTO

Subministro urbano, regadío, pesca, enerxía... Enerxía hidroeléctrica: ten numerosos encoros, un dos máis grandes é o de Alcántara.

ESPAZOS PROTEXIDOS

O seu curso alto está incluído dentro do Parque Natural do Alto Texo, nas provincias de Guadalaxara e Cuenca. O seu curso medio-baixo está protexido no Parque Nacional de Monfragüe (Cáceres) Parque Natural do Texo Internacional, entre a provincia de Cáceres e Portugal. Na súa desembocadura atópase a Reserva Natural do Esteiro do Texo (Portugal).

Page 19: Ríos Europa

DATOS HISTÓRICOS

Ao longo do Texo e os seus afluentes hai importantes núcleos antigos e consérvase un rico patrimonio arquitectónico e etnográfico. Pola súa antigüidade destacan as pontes romanas de Alcántara en Toledo e en Alcántara (Cáceres).

CURIOSIDADES

É o río máis longo da Península Ibérica. A súa conca está moi poboada e acolle cidades como Madrid. O Trasvase Texo-Segura deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de España.

Page 20: Ríos Europa

RÍO

GUADIANA

NACEMENTO E FONTES

Fórmase pola confluencia de varios ríos, regatos e acuíferos: ríos Cigüela (co Záncara) e Guadiana Alto ou Guadiana Vello, así como o Acuífero 23 da Mancha Occidental. Tradicionalmente dicíase que o Guadiana nacía en Ojos del Guadiana (Villarubia de los Ojos-Ciudad Real). O Guadiana Alto (76 km) nace nos Campos de Montiel a partir da confluencia de varias augas subterráneas que dan lugar aos mananciais de Pinilla, pero as súas fontes máis alonxadas son as Lagoas de Navalcudia (El Bonillo-Albacete). Río Cigüela: nace no Porto de Cabrejas (Sistema Ibérico) e ten un percorrido de 225 km (é a fonte do Guadiana máis alonxada). O seu principal afluente é o Záncara, con 158 km de lonxitude.

LONXITUDE 744 km. As fontes máis alonxadas están a máis de 800 km. 502 km corresponden a territorio español, 140 km a portugués e 100 km a zona fronteiriza.

PAÍSES España (Castela-A Mancha, Extremadura, Andalucía) e Portugal

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Ciudad Real, Mérida, Badajos, Ayamonte, Vila Real do Santo Antonio.

DESEMBOCADURA Golfo de Cádiz (Océano Atlántico), entre Ayamonte (España) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal).

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 67.733 km². 81,9%, España (55.513 km²) e 17,1%, Portugal (11.620 km²). NORTE. Serra de S. Pedro, Montánchez, Guadalupe e Montes de Toledo. SUR: Serra Morena. OESTE: Serra do Caldeirao. LESTE: Sistema Ibérico

AFLUENTES DEREITA

Záncara- Cigüela, Bullaque, Guadarranque, Ruecas e Gévora.

AFLUENTES ESQUERDA

Azuer, Jabalón, Zújar, Matachel, Ardila e Malagón.

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

Unha gran parte do curso do Guadiana discorre por terreos chans na comunidade de Castilla-La Mancha, encáixase no curso medio e forma unh amplo esteiro na desembocadura. Tablas de Daimiel: sistemas de lagoas no curso do Guadiana. Os terreos calcários das cabeceiras provocan unha gran perda de caudal do río por infiltración. No curso do Guadiana Alto prodúcense infiltracións en terreos calcários moi permeables formándose 15 pequenos lagos chamados en conxunto como Lagoas de Ruidera.

CLIMA Mediterráneo seco

Page 21: Ríos Europa

TIPO DE RÉXIME Pluvio-nival con precipitacións irregulares e neve escasa.

CAUDAL 78,8 m3/s

FLORA

Algas do xénero Chara (Ch. Hispida, Ch. Major, Ch. Canescens), Cladophora glomerata e Zannichellia pedunculata; plantas acuáticas Lentella de auga (Lemna trisulca), e plantas palustres: masiega (Cladium mariscus), carrizo (Phragmites australis), salicaria (Lythrum salicaria), enea (Typha domingeusis)… xuncos (Juncus maritumus) e vexetación arbórea: Taray (Tamarix gallica), salgueiros, adelfas e flora do Monte Mediterráneo: aciñeiras (Quercus rotundifolia e Quercus coccifera), sobreiras (Quercus suber), queixigos (Quercus faginea), xenebreiros (Juniperus thurifera), escornacabras (Pistacia lentiscos), oliveira brava (Olea europaea var. sylvestris), e piñeiros con matogueiras de romeu (Rosmarinus officinalis), estevas (Cistus…), tomelo...

FAUNA

MAMÍFEROS: lontra, melonciño, ratas de auga... AVES: Patudas, cegoñas (branca e negra), garzas, garzotas, parrulos, galiñolas, corvos mariños, gaivotas, mergullóns, picapeixes e numerosos paxaros das canaveiras e do bosque de ribeira. RÉPTILES: sapoconchos e cobregas de auga. ANFIBIOS: ras e sapos. E unha gran variedade de invertebrados, especialmente insectos.

APROVEITAMENTO

Abastecemento humano, regadíos e produción de enerxía. É navegable, nun tramo duns 70 km, no curso baixo. No Guadiana, en Portugal, atópase o encoro de Alqueva considerado o máis grande de Europa. Ocupa unha superficie de 250 km² e ten unha capacidade de almacenamento de 4.150 hm³.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Parques nacionais: Tablas de Daimiel e Cabañeros Parques Naturais: “Lagunas de Ruidera”, Cornalvo e Aracena, Picos de Aroche, Vale do Guadiana, Sapal e Castro Marim. Paraxe natural das marismas de Isla Cristina, en Huelva. Zonas ZEPA: Azud de Badajoz e Ríos da cunca media do Guadiana e ladeiras vertentes. LIC: Río Guadiana

DATOS HISTÓRICOS

Durante a dominación romana o Guadiana separaba as provincias Baetica e Lusitana. Ao longo do río consérvase un rico patrimonio cultural: pontes (destaca a Ponte romana de Mérida), núcleos históricos, muíños…

CURIOSIDADES

O nome do río está formado pola xuntanza e mestura do nome latino (Flumen Anae, "río dos Patos") no que os musulmans sustituiron a palabra flumen, río en latín, pola palabra uadi, río en arabe. O río dalle nome á denominación de orixe Ribera del Guadiana, que acolle a producción vitivinícola das comarcas extremeñas de Tierra de Barros, Montánchez, Ribera Alta, Ribera Baja, Matanegra e Cañamero. Existe unha ruta que permite percorrer case todo o curso do río por territorio español.

TRADICIÓNS Romería da Nosa Señora de Alcantarilla, en Belalcázar. Levan a Virxe en procesión durante máis de 20 km e atravesan o río Zújar.

PROBLEMAS Sobreexplotación dos acuíferos, enchentes, alteracións do curso e do caudal polos encoros, contaminación, especies invasoras...

Page 22: Ríos Europa
Page 23: Ríos Europa

RÍO

GUADALQUIVIR

NACEMENTO E FONTES Oficialmente, nace na serra de Cazorla, en Cañada de las Fuentes (Quesada- Jaén), pero as

fontes máis lonxanas (Guadiana Menor-Barbata) atópanse na Serra da Sagra.

LONXITUDE 657 km

PAÍSES España (Comunidades autónomas de Andalucía, Extremadura, Castilla-La Mancha e Murcia)

PERCORRIDO LINEAL Cidades: Andújar, Córdoba, Sevilla, Sanlúcar de Barrameda.

DESEMBOCADURA Sanlúcar de Barrameda (Golfo de Cádiz-Océano Atlántico)

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 59.978 km2

Norte: Serra Morena Sur: Cordillera Penibética Leste: Sistema Subbético

AFLUENTES DEREITA

Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadealmellato, Guadiato, Bembézar, Huéznar, Viar, Ribera de Huelva, e Guadiamar.

AFLUENTES ESQUERDA Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil e Corbones.

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

No curso alto do Guadalquivir e dos seus afluentes hai grandes desniveis con canóns e rápidos. No curso medio e baixo remánsase e forma unha amplas marismas na desembocadura.

CLIMA Mediterráneo

TIPO DE RÉXIME Pluvial con achegas de neve. Ten augas altas en inverno e na primavera.

CAUDAL 164,3 m3/s (Sevilla)

FLORA Lentella de auga (Lemna trisulca), e plantas palustres: masiega (Cladium mariscus), carrizo (Phragmites australis), salicaria (Lythrum salicaria), enea (Typha domingeusis)… xuncos (Juncus maritumus) e vexetación arbórea: salgueiros, adelfas e flora do Monte Mediterráneo: aciñeiras (Quercus rotundifolia e Quercus coccifera), sobreiras (Quercus suber), queixigos (Quercus faginea), xenebreiros (Juniperus thurifera), escornacabras (Pistacia lentiscos), oliveira brava (Olea europaea var. sylvestris),e piñeiros con matogueiras de romeu (Rosmarinus officinalis), estevas (Cistus…), tomelo...

FAUNA AVES: máis de 150 especies de aves utilizan as marismas do Guadalquivir como lugar de paso ou invernada e unhas 125 como lugar de cría: mergullóns, patos mariños, corvos mariños, cullereiros, garzas, garzotas, gaivotas, patudas, avocetas, flamingos, gansos, cegoñas, picapeixes, limícolas... PEIXES: anguías, sábalos, muxes, carpas, acedías, lenguados, róbalos, lucio, troita, calandino, cacho, jarabugo, lamprea de rio ... Noutros tempos houbo esturións. MAMÍFEROS: lontras, aguaneiras... RÉPTILES: sapoconcho común, cobra sapeira... E unha gran variedade de invertebrados, especialmente insectos.

APROVEITAMENTO

Regadío, abastecemento urbán e industrial, acuicultura, producción de enerxía. É navegable no curso baixo, uns 80 km, desde Sevilla.

ESPAZOS PROTEXIDOS Parque Nacional Doñana, Corredor Ecolóxico do Guadalquivir, Alto Guadalquivir, Serra de Cazorla...

Page 24: Ríos Europa

DATOS HISTÓRICOS

A conca do Guadalquivir estivo poboada desde tempos moi antigos. Nas beiras do río consérvase un importante patrimonio histórico-artístico e etnográfico de distintas épocas e culturas.

CURIOSIDADES

Os fenicios chamáronlle Baits, despois Betis (ou Baetis), ata a invasión árabe. Os gregos chamáronlle río de Tartessos. O nome actual deriva do árabe al-wadi al-Kibir que significa «o río grande».

PROBLEMAS Sobreexplotación, contaminación urbana e por produtos agrícolas e industriais, destrución de ecosistemas por obras...

Page 25: Ríos Europa

RÍO

EBRO

NACEMENTO E FONTES

A fonte máis lonxana é o río Híjar que nace no circo do Pico Tresmares (Cordilleira Cantábrica) a 1.880 m de altitude. Tradicionalmente considerábase como nacemento Fontibre (concello de Hermandad de Campoo de Suso, en Cantabria) nun manancial situado a 880 m de altitude.

LONXITUDE 910 km

PERCORRIDO: PAÍSES

ESPAÑA: Comunidades autónomas de Cantabria, Castela e León, A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña. Ademais, a súa conca hidrográfica tamén abrangue territorios da Comunidade Valenciana (río Bergantes), do País Vasco (case toda Álava), ANDORRA e FRANCIA.

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Miranda de Ebro, Haro, Logroño, Calahorra, Alfaro, Tudela, Alagón, Utebo, Zaragoza, Caspe, Tortosa e Amposta.

DESEMBOCADURA Delta do Ebro, entre os termos municipais de Deltebre e Sant Jaume d'Enveja, en Tarragona A Illa de Buda divide a corrente en dous brazos principais (Golas Norte e Sur).

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

A conca do Ebro ocupa unha superficie de 95000 Km², que se distribúen nun 0,52% (445 km²)

por Andorra, nun 0,58% (503 km²) por Francia e nun 98,8% (84.414 km²) por España.

NORTE: Picos de Europa e Pireneos SUR e OESTE: Sistema Ibérico OESTE: Picos de Europa LESTE: Cordilleiras Costeiras Catalanas

AFLUENTES DEREITA

Oca, Oja, Najerilla, Lumbreras, Jalón, Isuela, Aranda, Piedra, Huerva, Martín, Guadalope, Matarraña.

AFLUENTES ESQUERDA

Nela, Aragón, Candanchú, Onsella, Irati, Gállego, Guarga, Segre, Valira, Noguera Ribagorzana, Cinca, Ésera.

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

Delta e illa Buda. O delta do Ebro cobre 330 km² -o 20 % dos cales son áreas naturais e a superficie restante é agrícola e urbana; os campos de arroz no delta cobren sobre unhas 21.000 ha. Foces e fervenzas de Orbaneja del Castillo. Foces do Rudrón; o río desaparece e volve a aparecer nun terreo calcário. Nas proximidades hai augas termais. Canón das Palancas Gorxa dos Hocinos e Sobrón. Foces do río Oca. Galachos: meandros abandonados. Fervenzas do Monasterio de Piedra

CLIMA Atlántico de montaña no nacemento, continental extremadamente seco no curso medio e mediterráneo no baixo.

Page 26: Ríos Europa

TIPO DE RÉXIME

Mixto: no curso alto e medio-alto, pluvionival xa que recibe a achega do desxeo pirenaico; no curso medio- baixo pluvial mediterráneo. O caudal moi irregular, a finais do verán ten fortes estiaxes e na primavera, co desxeo pirenaico presenta o seu máximo caudal. O Ebro sofre as súas enchentes máis frecuentes na estación fría, de outubro a marzo, mais ás veces prolónganse no tramo final ata maio; as de estación fría acostuman estar ligadas ao réxime pluvial oceánico, mentres que as da primavera proceden da fusión da neve dos Pireneos. As secas prodúcense no verán: de xullo a outubro, en Miranda de Ebro e de fins de agosto e primeiros de setembro en Tortosa.

CAUDAL 426 m³/s (medio)

FLORA É un río cunha gra diversidade, polas distintas áreas climáticas da súa cunca. Na primeira parte do seu curso dominan os pasteiros, faiais e carballeiras. Cando entra na Depresión, aparece a sabina albar e, nos lugares máis secos, a estepa, onde o esparto é abundante. Nas beiras do río hai bosques de ribeira formados por ameneiros, álamos, chopos, freixos, olmos, salgueiros, fentos, espadainas, xuncos, oucas, carrizos...

FAUNA

MAMÍFEROS: desmán Ibérico, musgaño de Cabrera, morcego ribeirego, (nos regos de montaña), lontra, rata de auga... AVES: garza imperial, avetorillo, tartaraña, patuda, lavanco real, galiña de auga, galiñola negra, galiña de río, garza real, mergullóns, cegoña negra, águia pescadora, bilurico, pilro, lavandeiras, merlo acuático, picapeixes, avión zapador, corvo mariño real... RÉPTILES: galápago europeo e leproso, cóbregas de auga, viperina e de colar. PEIXES: troita (Salmo trutta), bermella (Chondrostoma arcasii), gobio (Gobio gobio), piscardo (Phoxinus phoxinus), barbo de cola vermella, barbo do Ebro, loína, carpa, tenca, locha ou lobo de río, lampreíña, colmilleja (Cobitis paludica), en perigo de extinción; peixe frade ou blenio de río... ANFIBIOS: pintafontes, sapos, ras. INVERTEBRADOS: cangrexo de río (Austrapotamobius pallipes), mexillón de río e multitude de insectos e arácnidos.

APROVEITAMENTO

Subministro a cidades e industrias, regadio (destaca o cultivo de arroz no Delta), pesca, acuicultura, enerxía, lecer, deportes... En todo o percorrido do Ebro atopamos centrais hidroeléctricas. Ao seu paso por Aragón: 74 centrais hidroeléctricas na provincia de Huesca cunha potencia instalada de 847.297 kW cunha produción de 2.787.000.000 kW h; 30 centrais na provincia de Zaragoza cunha potencia instalada de 372.437 kW cunha produción de 761.000.000 kW h; 34 centrais na provincia de Teruel cunha potencia instalada de 24.135 kW cunha produción de 28.000.000 kW h.

ESPAZOS PROTEXIDOS

O Delta do Ebro comprende os espazos naturais protexidos do Garxal (280 ha), Illa de San Antonio (170 ha) e illa de Buda (1231 ha). Temén é Humidal RAMSAR Parques Naturais: Hoces del Alto Ebro e Rudrón, Monasterio de Piedra Reservas Naturais: Os Galachos de la Alfranca de Pastriz, La Cartuja y el Burgo de Ebro; Rio Algars. Parques Nacionais: Picos de Europa, Pirineos. Reserva da Biosfera: Valles del Jubera, Leza, Cidacos y Alhama.

DATOS HISTÓRICOS

O seu nome deriva do antigo topónimo Hiber (Hiberus Flumen), que dá tamén nome á Península Ibérica e aos pobos iberos, adaptación latina do termo grego Ίβηρ (Iber), que recollen as numerosas fontes historiográficas gregas, que significaría ribeira ou marxe do río. Colonos gregos establecéronse un pouco máis ao norte cara ao 575 a.C. na importante colonia de Empúries (Ἐμπόριον). Por iso é polo que o termo de Iberia orixinalmente deriva do nome mesmo do río Ebro.

Page 27: Ríos Europa

CURIOSIDADES

O Ebro é o río máis longo e con maior conca de España. Canle Imperial de Aragón: é unha das obras hidráulicas máis importantes de Europa. É unha canle para rego e navegación construída a finais do século XVIII entre Fontellas (Navarra) e Fuentes de Ebro (Zaragoza). O Camiño do Ebro (Camino Natural del Ebro GR 99): o primeiro camiño fluvial realizado en España, con 1.280 kilómetros, desde Fontibre (Cantabria) hasta Riumar (Tarragona), é o máis longo dos itinerarios naturais.

PROBLEMAS Contaminación, centrais e encoros, especies invasoras... O mexillón cebra supón un grave problema neste río xa que é considerado unha praga. En 2001 calculáronse uns 500 mexillóns cebra por m²; a súa elevadísima capacidade de reprodución (cada adulto pode orixinar unha descendencia de 1,5 millóns de exemplares por temporada) convérteo nun axente de cambio ecolóxico radical xa que diminúe a concentración de fitoplancto na auga e altera completamente a cadea trófica do río. Na cunca do Ebro, o molusco bloqueou e inutilizou numerosas infraestruturas, obrigando a realizar abundantes e custosas operacións de limpeza.

Page 28: Ríos Europa

RÍO PO

NACEMENTO E FONTES

Cordilleira dos Alpes Occidentais, no Pian del Re, no concello de Crissolo, ao pe do Monviso a 2.022 m de altitude.

LONXITUDE 652 km

PAÍSES Italia, Suíza

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Torino, Piacenza, Cremona, Ferrara, Porto Tolle.

DESEMBOCADURA Mar Adriático (Mediterráneo)

CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 71.057 km2 NORTE e OESTE: Cordilleira dos Alpes SUR: montes Apeninos, Alpes Marítimos

AFLUENTES DEREITA

Maira, Tanaro, Trebbia, Taro, Parma, Panaro.

AFLUENTES ESQUERDA

Chisone, Dora Riparia, Orco, Dora Baltea, Secia, Agogna, Ticino, Adda, Ogglio, Mincio.

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

O río salva grandes desniveis no curso alto ao baixar dos Alpes e logo atravesa zonas chans (A Padana) onde se divide en numerosos brazos e forma moitas illas (a máis grande é a Serafini, na desembocadura do Adda). Na zona de Ferrara forma un amplo delta de 380 km², dividíndose en cinco brazos principais (Po di Maestra, Po della Pila, Po delle Tolle, Po di Gnocca e Po di Goro), un brazo secundario (o Po di Volano) que atravesa a cidade de Ferrara e centenares de pequenos brazos. Forma tamén un gran número de illas.

CLIMA Continental suave con áreas mediterráneas. Na parte da montaña máis frío.

TIPO DE RÉXIME Nivo-pluvial

CAUDAL

1.540 m3/s Ten augas altas en primavera e baixas ao remate do verán Á veces ten enchentes no outono. O caudal máximo rexistrouse nas enchentes de 1951, con 13.000 m³/s en Pontelagoscuro, e o mínimo rexistrado foi de 270 m³/s.

FLORA

Na alta montaña pradeiras alpinas e bosques de coníferas e caducifolias. Nas chairas bosques de ribeira con chopos, salgueiros, amieiras, fentos, carrizos, xuncos, espadanas...

FAUNA

Algunhas especies endéminas e subendémicas de peixes da cunca do Po: esturión (Acipenser naccarii), Sabanejewia larvata), barbos (Barbus caninus, Barbus plebejus), cucarachas (Chondrostoma genei, Rutilus aula), savetta (Chondrostoma soetta), pigo (Rutilus pigus), vairone (Telestes muticellus), gobio de lagoa (Knipowitschia panizzae), gobio de rallas (Knipowitschia punctatissima), gobio do Po (Padogobius Bonelli), ghiozzetto Heron (Pomatoschistus canestrinii), lamprea Valley (Lethenteron zanandreai), troita de mármore (Salmo trutta marmoratus)... No delta abondan as aves acuáticas.

APROVEITAMENTO

Subministro de auga para as cidades, a industria e a agricultura; enerxía hidroeléctrica, pesca, acuicultura, navegación, lecer… Nas beiras do Po viven unas 16 millóns de persoas e concéntranse máis dun tercio das industrias e da produción agrícola e gandeira italiana.

Page 29: Ríos Europa

ESPAZOS PROTEXIDOS

PATRIMONIO DA HUMANIDADE: Delta do Po. PARQUES NACIONAIS: Gran Paradiso, Stelvio (Italia), Schweizer (Suíza) Outras áreas protexidas: Illa Boscone, Viadana, Val do Mincio, Lago Garda, Oglio, Bosque de Ticino, Confluencia Po/Sesia, Fondo Toce, Mersino (Po-Stura)...

DATOS HISTÓRICOS

A desembocadura de Po variou ao longo da historia por cambios no nivel do mar. O río Po era coñecido antigamente en grego como como Ηριδανός / Eridanos e máis tarde Πάδος /Pados/, en latín como Padus. A cunca do río está habitada desde tempos mi antigos. A súa desembocadura tivo importancia no tempo dos gregos e dos estruscos. Na época romana os portos máis importantes no río eran Cremona, Piacenza, Brescello, Ostiglia... Plinio escribeu que o río Po era navegable ata Turín. Entre 1600 e 1604 a República de Venecia desviou o tramo final do río Po (corte de Porto Viro) o que estendeu o delta cara ao leste.

CURIOSIDADES

É o río máis longo de Italia. No ano 729, nunha batalla contra as tropas bizantinas de León III, o papa Gregorio III ordeou ás súas tropas “Facede que o río Po se converta nun río de sangue”. A putrefacción dos cadáveres dos soldados contaminou tanto as augas do río que os habitantes de Rávena non puideron consumir peixe ata pasados seis anos.

PROBLEMAS Contaminación, alteración de ecosistemas polos encoros, sobreexplotación, enchentes...

Page 30: Ríos Europa

RÍO DANUBIO

NACEMENTO E FONTES

Na Selva Negra, a 60 km a noroeste do Lago Constanza (alemán Bodensee), a partir de dous pequenos afluentes chamados Brigach e Breg, que se xuntan en Donaueschinge (Alemaña) e son chamados Danubio de alí en diante.

LONXITUDE 2.888 Km

PERCORRIDO: PAÍSES (cunca)

Alemaña, Suíza, Italia, Austria, Eslovaquia,Hungría, Croacia, Bosnia Herzegovina, Serbia, República Checa, Eslovenia, Montenegro, Romanía, Bulgaria, Moldavia e Ucraína.

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Ulm, Ingolstadt e Ratisbona( Alemania); Linz e Viena (Austria); Bratislava (Eslovaquia); Budapest (Hungría); Novi Sad e Belgrado (Serbia), Galati (Rumania)

DESEMBOCADURA Mar Negro

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 817 000 km² Norte: Cárpatos, Selva Negra Oeste: Alpes, Transilvania Sur: Balcáns

AFLUENTES DEREITA

Inn, Drava, Szava

AFLUENTES ESQUERDA

Marva, Tisza, Olt, Prut

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

No curso alto do Danubio no distrito de Tuttlingen en Baden-Wurtemberg está o Sumidoiro do Danubio, exemplo de captura fluvial kárstica, no que unha parte do río desaparece debaixo da terra. As augas reaparecen en Aachtopf, a 11,8 km de distancia, e acaban vertendo no Rin no lago de Constanza. Desfiladeiro das Portas de Ferro

CLIMA Continental

TIPO DE RÉXIME Regular pero complexo. Na cabeceira, nival (máximo en verán e mínimo en inverno). No curso medio, nivo-pluvial (máximos de primavera e outono). Na parte baixa, pluvio-nival (máximo en primavera-outono e mínimo acusado en verán).

CAUDAL 7.000 m³/s (medio)

FLORA

Bosque reducido ás montañas da cabeceira (aciñeiras, carballos, faias). Na chaira, praderías e

estepas (bastante reducidas ante a ocupación das terras de labor) e pequenas áreas de

bosque de ribeira.

FAUNA

Salmón do Danubio Seis especies de esturión: beluga , esturión ruso , esturión bastardo , esturión , esturión estrelado e esturión de mar europeo , todos ameazados

APROVEITAMENTO

Regadío, subministro de auga ás cidades, enerxía eléctrica, pesca, navegación, lecer... O Danubio é unha importante vía comercial. É navegable desde o Mar Negro ata Bräila (Rumania) por barcos transoceánicos e ata a cidade de Ulm (Alemaña) por barcos fluviais. 60 dos seus 300 afluente son tamén navegables e algúns están unidos por canles.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Está clasificado como patrimonio mundial pola Unesco desde 1991. -Naturpark Obere Donau (Alemania) -Donauauen zwischen Neuburg und Ingolstadt (Alemania) -Donauleiten (Alemania) -Nationalpark Donau Auen (Austria) - -Chranena krajinná oblasť Dunajské Luhy (Eslovaquia) -

Page 31: Ríos Europa

-Duna-Ipoly Nemzeti Park (Hungría) - -Gemenc (Hungría) - -Naturalpark Kopački Rit (Croacia) - -Gornje Podunavlje Reserva Natural (Serbia) - -Fruska Gora Parque Nacional (Serbia) -Rit Koviljsko-petrovaradinski Reserva Natural (Serbia) -Illa Gran Guerra Reserva Natural (Serbia) -Parque nacional Djerdap (Serbia) -Parque Natural Puertas de Hierro (Rumania) -Persina Parque Natural (Bulgaria) - -Kalimok-Brushlen Protected Site (Bulgaria) - -Reserva Natural Srebarna (Bulgaria) - -Parque Natural Montes Măcin (Rumanía) -Parque Natural Pequena Illa de Brăila (Rumanía) -Reserva da Biosfera del Delta del Danubio (Rumania) -

DATOS HISTÓRICOS

Foi o límite natural do Imperio Romano. Nas súas marxes desenvolvéronse multitude de conflictos bélicos en todas as épocas. A longo do curso do Danuvio hai un rico patrimonio cultural.

CURIOSIDADES O Danubio foi inspiración para moitas peza musicais

PROBLEMAS Contaminación por industrias e vertidos urbáns e agrícolas

Page 32: Ríos Europa

RÍO DON

NACEMENTO E FONTES

Meseta Central de Rusia

LONXITUDE 1.950 km

PAÍSES Rusia

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Novomoskovsk, Dankov, Lebedyan, Vorínez, Paulovsk, Kachalino, Kalach do Don, Volgodonsk, Konstantinovks, Rostov do Don, Azov.

DESEMBOCADURA Mar de Azov (mar Negro-Mediterráneo)

CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 425.600 km2 LESTE: Alturas do Volga OESTE: Meseta de Rusia Central

AFLUENTES DEREITA

Krasivaya Macha, Tichaja Sosna, Devica, Tolucheevk, Liska, Chir, Donets, Tuzloe

AFLUENTES ESQUERDA

Nepravda, Vorónezh, Ilorek, Bitivg, Osered, Chetnna Calitva, Biguchav, Peskovatka, Khoper, Medveditja, Iloviya Donskaja Carica, Sal, Manych.

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

O río ten un curso con moi pouco desnivel e discorre polas vastas chairas rusas onde forma amplas zonas de inundación e meandros. Só ten un pequeno tramo onde se encaixa, nas proximidades de Kalach do Don. As beiras das dereita son máis altas que as da esquerda. Na desembocadura forma un amplo esteiro de 540 km².

CLIMA Continental.

TIPO DE RÉXIME

Nival de chaira O Don comeza a conxelarse a finais de novembro e permanece conxelado 149 días ao ano no curso superior e de 30 a 90 días no curso inferior.

CAUDAL

935 m3/s

FLORA

Bosques de coníferas e de ribeira (salgueiros, bidueiros, fentos, xuncos lirios...)

FAUNA

Salmóns, esturións, peixes gato...

APROVEITAMENTO

Subministro de auga para as cidades, a agricultura e a industria; pesca, navegación, aproveitamento hidroeléctrico. O Don é navegable en case todo o seu curso. A navegabilidade do río mantense mediante un sistema de esclusas. Nas proximidades de Kalach do Don o río pasa moi preto do río Volga e está conectado e el por unha canle de 101 km inaugurada en 1952.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Delta do Don, Poima Dona, Tsimlyanskiy, Kumylzhenskiy, Dubrovskiy, Khoperskiy, Voronezhskiy (Reserva da Biosfera).

DATOS HISTÓRICOS

Na antigüidade o Don era considerado a fronteira entre Europa e Asia. Era coñecido como Tanais. Foi desde sempre unha importante vía comercial.

Page 33: Ríos Europa

CURIOSIDADES

O río Don ten máis de 5.200 afluentes. No val deste río asentáronse nos séculos XVI e XVII os Cosacos do Don. O Don é un tema central nas obras do escritor Mijaíl Shólojov.

PROBLEMAS Contaminación, alteración de ecosistemas polas presas...

Page 34: Ríos Europa

RÍO VOLGA

NACEMENTO E FONTES

Montes Valdai

LONXITUDE 3.690 km, o río máis longo de Europa

PERCORRIDO: PAÍSES

Rusia

PERCORRIDO LINEAL

Cidades: Rzhev, Tver, Dubná, Kimry, Úglich, Rybinsk, Yaroslavl, Kostromá, Kíneshma, Nizhni Nóvgorod, Cheboksary, Novocheboksarsk, Volzhsk, Zelenodolsk, Kazán, Uliánovsk, Toliatti, Samara, Novokúibyshevsk, Syzran, Balakovo, Volsk, Marks, Engels, Sarátov, Kamyshin, Volzhski, Volgogrado, Ajtúbinsk, Astracán

DESEMBOCADURA Mar Caspio O Delta do Volga ten unha lonxitude de arredor de 160 quilómetros e inclúe ata 500 canles e ríos máis pequenos.

CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES

Superficie: 1.450.400 km² NORTE E LESTE: Montes Urais OESTES: Colinas Valday, Meseta de Rusia Central SUR: Caúcaso

AFLUENTES DEREITA

Oka, Sura

AFLUENTES ESQUERDA

Suhona, Vetluga, Kama,

FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS

Lagos Delta Mar Caspio

CLIMA

Continental O Volga conxélase tres meses por ano en gran parte.

TIPO DE RÉXIME

O Volga está alimentado nun 60% por fusión das neves, un 30% por augas subterráneos e o restos polas chuvias. Ten un réxime moi irregular. A medade da auga que leva o río nun ano faino nun período de só seis semanas (de finais de abril a comezos de xuño), no momento do desxeo.

CAUDAL 8.000 m³/s (medio)

FLORA A estepa (palabra de orixe ruso). Trátase dunha paisaxe sen árbores, de chairas herbáceas. nas beiras do río bosques de hibeira e plantas acuáticas.

Page 35: Ríos Europa

FAUNA

Foca do Caspio (Phoca caspica, o Pusa caspica), esturión estrelado (Acipenser stellatum), esturión xigante ruso (Huso huso), siluros ganis…

APROVEITAMENTO

Subministro urbán, agricultura, pesca, navegación, enerxía eléctrica... O sistema formado pola Canle Moscova-Volga, a Canle Volga-Don e a Canle Mariinsk forman unha vía navegable conectando Moscova co Mar Branco, o Mar Báltico, o Mar Caspio, o Mar de Azov e o Mar Negro. Hai nove centrais hidroeléctricas principais e varios grandes lagos artificiais ao longo do Volga. Os maiores lagos son, de norte a sur, o Rybinsk,Nizhny Novgorod, Samara, e encoros no Volgogrado.

ESPAZOS PROTEXIDOS

Volzhsko-Kamsky (Reserva Biosfera) Levashovskiy Drofiny Delta do Volga, Kama Bekoldino (RAMSAR)

DATOS HISTÓRICOS

O antigo Ptolomeo de Alexandría mencionou o Volga na súa Geographia. Os antigos gregos coñecían o Volga co nome de Rha. Os pobos indíxenas do curso superior do Volga eran os finlandeses merias, e no curso medio residían tamén os finlandeses mari e mordves. As poboacións turcas apareceron arredor do ano 600 e mesturáronse cos anteriores formando os chuvashios cristiáns eos tártaros musulmáns, así como os nogaios, actualmente reinstalados en Daguestán. Os mongois budistas kalmukos colonizaron o Volga no século XVII. Nos tempos de Catalina II de Rusia instaláronse colonos alemanes. O río xogou un importante papel nos grandes movementos de xente de Asia a Europa. Unha vez floreceu un potente imperio Búlgaro, onde o río Kama se xunta co Volga. Volgogrado foi testemuña da Batalla de Stalingrado, a principal vitoria da Unión Soviética sobre Alemaña na Segunda Guerra Mundial. Despois da guerra a conca do Volga tivo un gran desenvolvemento industrial.

CURIOSIDADES

En antigos tempos foi coñecido como Atil, Itil or Idil. Astracán, situada sobre o delta do Volga, é o centro da industria de caviar, actualmente moi mermada pola sobrepesca de esturións.

PROBLEMAS Contaminación polas actividades industriais e vertidos urbáns

Page 36: Ríos Europa

Recommended