+ All Categories
Home > Documents > Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo...

Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo...

Date post: 02-Apr-2021
Category:
Upload: others
View: 0 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
13
e e e L qu L e l Tarefas de competencia lectora PRIMARIA 3
Transcript
Page 1: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

eee

LquLel

Tarefas de competencia

lectora

PRIM

ARIA3

Page 2: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

O caderno Lequelé para 3.º de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada

e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. /

Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

Ánxela Carril Caldelas Irene Penas Murias

Afonso Toimil Castro

ILUSTRACIÓN

Ayesha L. Rubio David Sierra Listón

EDICIÓN EXECUTIVA

Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO

Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA

Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero

Page 3: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

3

Las tareas de trabajo de este cuaderno permiten desarrollar las destrezas y habilidades necesarias para comprender todo tipo de textos: narraciones, cómics, textos informativos, instrucciones, poemas…

La mejora de la competencia lectora redundará positivamente en el aprendizaje de los alumnos y alumnas, los ayudará a desenvolverse en su vida cotidiana y despertará, además, su interés por la lectura.

As tarefas de traballo deste caderno permiten desenvolver as destrezas e as habilidades necesarias para comprender todo tipo de textos: narracións variadas, cómics, textos informativos, anuncios publicitarios, textos descritivos, poemas, textos teatrais…

A mellora da competencia lectora vai redundar positivamente na aprendizaxe dos alumnos e das alumnas, vai axudalos a desenvolverse na súa vida cotiá e, ao mesmo tempo, a espertar o seu interese pola lectura.

Page 4: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

4

Índice TAREFA 1 FÁBULA O raposo e a cegoña . . . . . 8

TAREFA 2 POEMA Unha serea poeta . . . . . . . . 12

TAREFA 3 TEXTO DESCRITIVO Un animal moi curioso . . . . . . . . . . 14

TAREFA 4 CONTO Un reloxo do revés . . . . . . . 16

TAREFA 5 ANUNCIO Usa a auga con cabeza . . . . . . . . . . 20

TAREFA 6 CONTO POPULAR O camelo perdido . . . . . . . . . . . . . . . 22

TAREFA 7 POEMA O señor merlo . . . . . . . . . . . 26

TAREFA 8 CONTO O pitiño feo . . . . . . . . . . . . . . 28

Page 5: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

5

TAREFA 9 CÓMIC Unha noite movidiña . . . . . 32

TAREFA 10 TEATRO O lobishome . . . . . . . . . . . . . 34

TAREFA 11 TEXTO INFORMATIVO Unha inventora excepcional . . . . 40

TAREFA 12 POEMA Menú . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 42

TAREFA 13 CONTO A vila sen cores . . . . . . . . . . . 44

TAREFA 14 NOTICIA Premio ao compromiso coa reciclaxe .. . 48

TAREFA 15 CONTO Baixo o chan . . . . . . . . . . . . .. 50

TAREFA 16 PANTALLA DE VIDEOXOGO Os viaxenios . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 54

TAREFA 17 RELATO MITOLÓXICO Hércules e Atlas . . . . . . . . . . . . . . . . . 56

TAREFA 18 POEMA A cabra barbuda . . . . . . . . . 60

TAREFA 19 CONTO Gora, unha rata de biblioteca . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 62

TAREFA 20 CONTO Tres estrelas . . . . . . . . . . . . . 66

Page 6: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

6

Destrezas de comprensión lectora

TEXTOS NARRATIVOS

TARE

FAS Identificación

de personaxes, lugar, tempo…

Dedución e explicación

de significados

Interpretación da información

visual

Ordenación de secuencias

Análise de accións e recoñecemento

de detalles

Expresión de valoracións

e opinións

1 � � � � �

4 � � �

6 � � � �

8 � � � �

9 � � � �

13 � � � � �

15 � � � �

17 � � �

19 � � � � �

20 � � � � � �

TEXTO TEATRAL

TARE

FA Identificación de personaxes, lugar, tempo…

Dedución e explicación

de significados

Recoñecemento de trazos formais do xénero teatral

Ordenación de secuencias

Análise de accións e recoñecemento

de detalles

Expresión de valoracións

e opinións

10 � � � � �

Page 7: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

7

TEXTOS POÉTICOS

TARE

FAS

Identificación de personaxes, lugar, tempo…

Dedución e explicación

de significados

Interpretación da información

visual

Identificación de trazos textuais: verso, estrofa…

Identificación de rimas e recursos

expresivos

Expresión de valoracións

e opinións

2 � � � � �

7 � � � �

12 � � �

18 � � � �

TEXTOS INFORMATIVOS

TARE

FAS Identificación

do tema e da idea principal

Recoñecemento e análise

da estrutura textual

Interpretación da información

visual

Identificación de detalles

Interpretación da información

achegada

Expresión de opinións e xeración

de novos textos

3 � � � � �

5 � � � �

11 � � � �

14 � � � � �

16 � � � � �

Page 8: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

8

O raposo e a cegoña

Un día, o raposo foi buscar a cegoña e, cando a atopou, díxolle moi amablemente:

–Irmá, é unha mágoa que, vivindo como vivimos tan preto un do outro, non sexamos máis amigos. Aceptarías vir mañá xantar á miña casa? Así poderiámonos coñecer un pouco mellor. Que me dis?

–Que tes toda a razón e que acepto a invitación de moi boa gana –respondeulle a cegoña contenta.

Ao día seguinte, á hora fixada, a cegoña acudiu á casa do raposo, que a recibiu con grandes mostras de alegría. A cegoña relambíase pensando no suculento banquete que, sen dúbida, a esperaba.

Despois dos saúdos, o raposo levou a súa amiga ata a mesa, onde non faltaba ningún detalle. A cegoña observou a comida: era unha crema boísima... Pero estaba servida nuns pratos chairos, moi pouco apropiados para o seu longo peteiro.

A cegoña, desconcertada, intentaba con todas as súas forzas coller a crema co peteiro. Pero éralle imposible!

TAREFA 1

O texto que vas ler a continuación é unha fábula. As fábulas son narracións protagonizadas por animais que falan e actúan coma se fosen persoas.

A fábula que vas ler nesta tarefa está protagonizada por unha cegoña e un raposo.

Antes de lela, pensa e contesta: Cres que os protagonistas se farán amigos?

Page 9: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

9

COMPLETA O CONTO

Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña.

O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas. Mesmo deixou o prato relucente de tanto lambelo!

Daquela, a cegoña comprendeu que o raposo a convidara para burlarse dela e decidiu darlle unha lección.

Así pois, unha mañá a cegoña saíu ao encontro do raposo e díxolle:

–Quero devolverche o convite. Queres vir xantar hoxe comigo?

O raposo aceptou con gusto e acompañouna á casa. O xantar era realmente apetitoso: un guiso de carne que ulía tan ben que ao raposo facíaselle auga na boca. Hummm!

Pero había un pequeno problema: estaba servido nuns recipientes que tiñan un colo moi alto e moi estreito.

Co peteiro, a cegoña chegaba facilmente aos anacos de carne. En cambio, o raposo, por máis que estiraba e estiraba a lingua, non podía conseguir aquel manxar saboroso.

Finalmente, famento e de mal humor, o raposo tivo que renunciar.Daquela, a cegoña preguntoulle:–E logo non che gusta o meu xantar? Vexo que nin sequera o probaches.–A túa comida estaba exquisita –respondeu o raposo–. Pero só co aroma

alimenteime tanto que é imposible que dea comido un anaco.O raposo marchou da casa da cegoña enfadado e coa barriga baleira. Mentres se afastaba, a cegoña dixo:–Non che gustan as bromas, irmán? Pois así as fas, así as atoparás.

Fábula popular

Page 10: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

10

1 Le e responde.

• Por que di o raposo que quere convidar a xantar á cegoña?

• É sincera a súa proposta?

• Que quere facer en realidade?

Como dirías que é o raposo? Pensa e comenta co compañeiro ou coa compañeira.

2 Que lle podería dicir a cegoña ao raposo para evitar a burla? Valora, recorta e apega.

Explica o porqué da túa elección e escoita o porqué das compañeiras e dos compañeiros. Despois de escoitar todas as explicacións, cambiarías a túa resposta? Por que?

Aceptarías vir mañá xantar á miña casa?

bromista

amable

falso

desconsiderado

espelido

burleiro

...

Page 11: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

11

3 Escribe V se é verdadeiro ou F se é falso.

• A cegoña convidou o raposo a xantar para facer as paces.

• Para xantar, a cegoña preparou un guiso de carn e.

• O guiso estaba servido nun recipiente de colo baixo e largo.

• O raposo marchou da casa da cegoña farto e satisfeito.

4 Que outro refrán lle podería dicir a cegoña ao raposo ao final? Comenta coa clase e marca.

Quen non se fía non é de fiar.

Quen sementa ventos recolle tempestades.

Polo froito coñécense as árbores.

Quen non queira po que non vaia á eira.

5 Que característica das persoas podería representar cada animal nunha fábula? Elixe e escribe.

orgullo paciencia sabedoría lealdade preguiza cacholada afecto

Comproba se coincidiches, ou non, con outras compañeiras e compañeiros.

6 Inventa e escribe outro título para a fábula que liches.

7 Completa a Ficha de lectura da páxina 77, correspondente a esta fábula, e gárdaa no porfolio.

Así as fas, así as atoparás.

Page 12: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

12

Unha serea poeta

Unha serea poeta aló, no fondo do mar, fai cantigas coas cunchas que ninguén sabe cantar.

Fai instrumentos de corda coas algas e os corais, belas pezas cristalinas que ninguén sabe tocar.

Escribe versos salgados nun caderno sen cesar. Versos cheos de dozura que ela quere recitar.

Unha serea poeta aló, no fondo do mar, fala sen dicir palabras por se a queren escoitar.

Antonio GArcíA teijeiro

1 Cantos versos ten o poema Unha serea poeta? Le, conta e arrodea.

• Ten 12 versos. • Ten 14 versos. • Ten 16 versos.

2 En que verso se nomean? Localiza e escribe o número correspondente.

Os poemas son textos literarios escritos en liñas curtas. Cada liña dun poema é un verso.

TAREFA 2

Page 13: Tarefas de competencia lectora e...Inventa un nome divertido para as comidas que cociñaron o raposo e a cegoña. O raposo, en cambio, comía a súa ración moi a gusto e sen problemas.

13

3 Que cousas fai a serea? Marca.

Fai cantigas coas rochas. Escribe versos doces.

Fala sen dicir palabras. Fai instrumentos de corda.

Corrixe coa clase as afirmacións que non marcaches.

4 Lembra e escribe o título dun libro que leses e que che gustase moito.

Por que che gustou tanto ese libro? Explícallo a un compañeiro ou compañeira.

5 Converte o seguinte texto nun poema de seis versos.

O pirata Caradura do seu conto escapou voando

e subiu ata a Lúa no seu barco dourado.

Cando chegou, díxolle: «Lúa, de ti estou namorado!».

O pirata namorado

Compara o teu poema cos do resto da clase. Coincide en todos os versos?

Porque contaba cousas graciosas.

Porque os protagonistas vivían

moitas aventuras.

...

Unha pista: verso si, verso non, acaban

de xeito semellante.

Porque a historia era misteriosa.


Recommended