Date post: | 07-Jun-2015 |
Category: |
Education |
Upload: | adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia |
View: | 264 times |
Download: | 12 times |
OS TECIDOS VEXETAISOS TECIDOS VEXETAIS
Profesor: Adán GonçalvesProfesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓNINTRODUCIÓN
A complexidade estrutural e organizativa dos vexetais é menor que nos animais.
A pesar desto, as células vexetais tamén poden reunirse formando tecidos e órganos.
A disciplina dentro da Botánica que se ocupa dos tecidos vexetais denomínase Histoloxía vexetalHistoloxía vexetal.
Incluso, entre os organismos que non forman parte do Reino Animal (non todos pertencentes o Reino vexetal) podemos atopar distintos niveis de complexidade organizativa (niveis morfolóxicos de Strasburger).
1. 1. ORGANIZACIÓN VEXETALORGANIZACIÓN VEXETAL
NIVEL PROTÓFITOS: é o nivel de organización máis simple. O que posúen as algas máis sinxelas nas que só hai certa especialización na reprodución.
NIVEL TALÓFITOS: maior complexidade, pero todavía non hai verdadeiros tecidos, nin órganos. Posúen un talo pluricelular con certa especialización, pero sen vasos condutores. Neste grupos están o resto de algas, os fungos e os liques. As de maior complexidade son as algas pardas. Pero non hai nin raíz, nin talo, nin follas.
1. 1. ORGANIZACIÓN VEXETALORGANIZACIÓN VEXETAL
NIVEL PROTOCORMÓFITOS: grupo intermedio entre talófitos e
cormófitos. Está formado polos briófitos (carrizas e hepáticas). Non
teñen raíz, talo, nin follas, pero sí, estruturas moi próximas (rizoides,
caulidios e filidios). Son todavía moi dependentes do medio
acuático(precisan un alto grao de humidade).
NIVEL CORMÓFITOS: posúen verdadeiras, raíces, talo e follas
(posúen cormo). Son plantas que teñen vasos condutores con función de
transporte e outros tecidos especializados en diferentes funcións:
sostén, defensa, reprodución, protección. O cormo permitiu ás plantas
unha maior independencia da auga e a colonización do medio terretre.
Forman parte deste grupo os pteridófitos (fentos) e as espermatófitas
(plantas con semente).
PROTOCORMÓFITOSPROTOCORMÓFITOS
(BRIÓFITOS)(BRIÓFITOS)
CORMÓFITOS (PTERIDÓFITOS E CORMÓFITOS (PTERIDÓFITOS E ESPERMATÓFITOS)ESPERMATÓFITOS)
2. 2. TIPOS DE TECIDOS VEXETAISTIPOS DE TECIDOS VEXETAIS
Os vexetais teñen dous tipos de tecidos: simplessimples, se só posúen un tipo
celular, como por exemplo un parénquima e compostoscompostos, se posúen
varios tipos, como sucede no floema.
Segundo a súa función podemos falar de: MeristemosMeristemos ParenquimaParenquima De sostén ou mecánicosDe sostén ou mecánicos ProtectoresProtectores VascularesVasculares SecretoresSecretores
2.1. 2.1. MERISTEMOSMERISTEMOS
As súas células están en división constante xa que son os tecidos
encargados do crecemento e desenvolvemento da planta. Son células
vivas, pequenas e con grandes núcleos nos que é frecuente observar
distintas fases da mitose. Hai dous grandes tipos de meristemos:
• Meristemos apicais ou primariosMeristemos apicais ou primarios: proceden de células embrionarias e
aparecen nas zonas apicais (extremos) da planta. Son os responsables do
crecemento en lonxitude.
• Meristemos laterais ou secundarios:Meristemos laterais ou secundarios: proceden de células adultas que
recobran a súa capacidade de división. Sitúanse en zonas laterais e so
responsables do crecemento en grosor da planta. Hai dous tipos: o
cambium vascularcambium vascular, que orixina os tecidos condutores, e o felóxenofelóxeno que
orixina a cortiza ou súber (cuberta protectora).
2.2. 2.2. PARÉNQUIMASPARÉNQUIMAS
Os parénquimas son tecidos pouco diferenciado presentes en todos os
órganos vexetais. Formado por células redondeadas con grandes
vacuolos. Son os “conxuntivos” dos vexetais, e dicir, rechean e unen.
Ademais poden desempeñar outras funcións: Parénquima clorofílicoParénquima clorofílico: atópase por baixo da epiderme vexetal. Ten
células con numerosos cloroplastos. A súa principal función é a
fotosíntese. Presente en follas e talos. Parénquima de reservaParénquima de reserva: atópase, principalmente, no interior de froitos
carnosos, sementes, tuberculos... Almacena distintas substancias entre
as que a máis habitual e o amidón. Parenquima aeríferoParenquima aerífero: moi frecuente en plantas acuaticas. As súas
células deixan grandes espazos (meatosmeatos) polos que circula o aire.
2.3. 2.3. TECIDOS MECÁNICOS OU DE SOSTÉNTECIDOS MECÁNICOS OU DE SOSTÉN
Os fungos e as algas manteñen a súa forma grazas a turxencia celular.
Nos briófitos tampouco soe existir tecido de sostén, e se o hai as súas
células non posúen paredes con lignina, un compoñente esencial para dar a
consistencia e rixidez necesaria para manter a planta ergueita, por iso,
estas plantas viven a ras do solo.
Nas pteridófitas os propios tecidos vasculares actúan como sostén.
Nas plantas superiores, xa atopamos verdadeiros tecidos de sostén. Hai
dúas variedades: ColénquimaColénquima: formado por células vivas e alongadas con paredes
desigualmente grosas. Da consistencia ás partes novas da planta. EsclerénquimaEsclerénquima: constituído por células mortas, con paredes grosas e
lignificadas. Da resistencia as zonas xa desenvolvidas da planta.
2.4. 2.4. TECIDOS PROTECTORESTECIDOS PROTECTORES
Recobren a superficie do vexetal protexendo da desecación, da entrada
de patóxenos, dos cambios de temperatura e danos mecánicos. Hai dous
tipos: EpidermeEpiderme: é a primeira barreira da planta. É monoestratificada con
células aplanadas que non deixan espazos e sen cloroplastos. Por fora hai
unha capa de cera denominada cutículacutícula (impermeabiliza, protección solar e
defensa contra insectos). Na epiderme aparecen unhas aberturas
chamadas estomasestomas constituídas por dúas células con forma de ril que
deixan un espazo denominado ostioloostiolo que pode abrirse ou pecharse
regulando o intercambio de gases. A epiderme pode desenvolver tricomastricomas,
que son pelos uni ou pluricelulares. Nas raíces facilitan a absorción de
sales e auga; nos talos e follas teñen función protectora.
2.4. 2.4. TECIDOS PROTECTORESTECIDOS PROTECTORES
Súber ou tecido suberosoSúber ou tecido suberoso: protexe do desecamento e de
temperaturas extremas. Está formado por células mortas en
varias capas e recheas de aire. As paredes celulares posúen unha
substancia denominada suberinasuberina que é impermeable.
Para poder levar a cabo o intercambio de gases posúe uns espazos
chamados lenticelaslenticelas.
A cortiza (corcho) é tecido suberoso.
2.5. 2.5. TECIDOS VASCULARESTECIDOS VASCULARES
Son os tecidos condutores por onde circula o zume. As células están fusionadas para formar conductos. Hai dous tipos:
Xilema ou leño:Xilema ou leño: transporta o zume bruto dende as raíces ata as follas. Está formado por células mortas superpostas entre sí, con paredes reforzadas de ligninalignina denominadas traqueidas e tráqueastraqueidas e tráqueas. Os tabiques de separación entre células non existen ou están perforados.
O xilema representa a parte dura da planta que utilizamos como madeira.
Floema ou líber:Floema ou líber: transporta o zume elaborado por toda a planta. Constituído por células vivas con tabiques perforados chamados tubos tubos cribosos e células cribosas.cribosos e células cribosas. Ao final do outono os orificios tapónanse formado a calosacalosa que impide o paso do zume.
2.6. 2.6. TECIDOS SECRETORESTECIDOS SECRETORES
As plantas teñen distintos tipos de tecidos secretores. Entre eles destacan:
Tecidos laticíferos: Tecidos laticíferos: son tubos que conteñen látexlátex que é unha emulsión de auga con distintas substancias (alcaloides, azúcares...). O látex é considerado un subproduto metabólico que ademais axuda no peche das feridas.
Condutos secretores:Condutos secretores: os máis importantes son os condutos resiníferos que verten resinaresina cuxa función é defender a planta de axentes patóxenos (insectos fitófagos e fungos).
http://cienciasnaturales.es/TEJIDOSVEGETALES.swf
GRAZAS POR ATENDERMEGRAZAS POR ATENDERME
Bibliografía e Webgrafía Tecidos vexetais:-Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.
“Bioloxía e Xeoloxía. 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro Santillana. Santiago de Compostela.- Esteban Abad Mª Ángeles. 1995. “Niveles de organizacións de los seres vivos. La diferenciación celular. Tejidos animales y vegetales”. Biología y Geología en la Enseñanza Secundaria y Bachillerato. Tomo 2. Colegio Oficial de
Biólogos. Madrid. www.asturnatura.com
bioadaptvegunc.blogspot.com www.biologia.edu.ar
biosecc01.blogspot.com www.buildingforafuture.co.uk
http://www.cienciaybiologia.com/botanica/generalidades/niveles%20morfologicos.htme-ducativa.catedu.es
www.educa.madrid.orgwww.efn.uncor.edu www.etitudela.comwww.euita.upv.es www.flickriver.com
humorviral.wordpress.com ireneses.wordpress.com
legado.inea.org mazinger.sisib.uchile.cl ireneses.wordpress.com
http://www.slideshare.net/adaneco/savedfiles?s_title=niveles-de-organizacion-histologia-vegetal&user_login=shuarancawebs.uvigo.es
www.vi.cl www.wikipedia.org