APARATO RESPIRATORIO
1º DE BAC. IES ÁNXEL FOLE
“Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica”.GABRIEL CELAYA
(FUNCIÓNS DE NUTRICIÓN)
RESPIRACIÓN INTERNA (CELULAR)
RESPIRACIÓN EXTERNA
(PULMONAR)
Proceso respiratorio
Ventilación pulmonar: inspiración e
espiración.
Intercambio gasoso entre o aire e o sangue.
Ocorre nos alveolos
Transporte dos gases polo sangue.
Hemoglobina dos g. vermellos.
Intercambio gasoso entre o sangue e os
tecidos.
Respiración celular. Ten lugar nas
mitocondrias.
RESPIRACIÓN
EXTERNA O
PULMONAR
RESPIRACIÓN
INTERNA
A respiración externa oupulmonar é o proceso de intercambio de gases (osíxeno e dióxido de carbono) que ten lugar nos pulmóns (alveolos) entre o corpo e o exterior.
A respiración interna ou celular é o proceso
de degradación de glicosa en presenza de
osíxeno; desta maneira a célula obtén enerxía e
produce dióxido de carbono. Ocorre nas
mitocondrias. Ese osíxeno utilizado nas
mitocondrias procede da respiración pulmonar.
Anatomía do aparato respiratorio
Vías respiratorias
Fosas nasais
Farinxe
Larinxe
Tráquea
Bronquios
Bronquíolos
Alveolos
Pulmóns
Alvéolos
Os bronquíolos terminan en pequenos sacos (1 mm de
diámetro) rodeados de abundantes capilares sanguíneos.
Son os alvéolos.
No aparato respiratorio pode haber centos de millóns de
alvéolos.
O intercambio
de gases ten
lugar nos
alvéolos por un
proceso de
difusión simple
(a favor de
gradiente).
O osíxeno e o dióxido de carbono son
transportados pola HEMOGLOBINA dos
glóbulos vermellos do sangue
(oxihemoglobina/carboxihemoglobina).
As vías respiratorias: Fosas nasais
As fosas nasais están comunicadas cóexterior polos orificios nasais
O interior das fosas nasais atópasetapizado por unhamembrana, a pituitaria vermella.
Ésta encárgase defiltrar, quentar e humidificar o aire.
Porén é preferible respirar polo nariz e non pola boca.
Farinxe
Tubo musculoso común aos aparatos dixestivo e respiratorio.
Larinxe
Tubo musculo-cartilaxinoso que
comunica a farinxe coa tráquea.
Forma unha prominencia no
pescozo, máis acusada no home,
chamada noz ou bocado de
Adán.
A epíglote ten forma de lengüeta. Durante a
deglutición pecha a entrada á larinxe para impedir que
os alimentos entren nas vías respiratorias
Dentro da larinxe están as cordas vocais.
Tráquea, bronquios e bronquíolos
A tráquea é un tubo de
13 cm de lonxitude e 2 de
diámetro. Situado diante
do esófago e formado por
aneis cartilaxinosos
Divídese en dous
bronquios, que penetran
nos pulmóns, e siguen
dividíndose formando os
bronquíolos e terminan
nos alvéolos.
Epitelio mucociliar (función protectora)
Todo o tracto respiratorio está
tapizado por un epitelio de
células ciliadas secretoras de
Moco (EPITELIO
MUCOCILIAR)
Os movementos ciliares trasladan
as bacterias e outras
partículas capturadas pola
mucosa cara á gorxa, desde onde
serán expulsadas. Ás veces,
expúlsanse pola tose ou
esbirros.
Pulmóns
Son dous órganos de forma
cónica, aloxados na caixa
torácica
O dereito é máis grande e
ten tres lóbulos . O
esquerdo ten dous lóbulos.
Están recubertos por unha
dobre membrana serosa
protectora chamada pleura.
A capa interior da pleura
está unida aos pulmóns e a
exterior, ao tórax“. Entre as
dúas capas existe líquido
pleural
Os pulmóns teñen
unha capacidade
de 5 litros.
Ventilación pulmonar
EXPIRACIÓN
Os músculos intercostais reláxanse
As costelas baixan
O diafragma reláxase
A caixa torácica diminúe de volume
O aire sae dos pulmóns
INSPIRACIÓN
Os músculos intercostais contráense
As costelas elévanse
O diafragma contráese e tira dos
pulmóns cara abaixo
A caixa torácica aumenta de volume
O aire entra nos pulmóns
Control da respiración:
O control da
Respiración efectúase
no bulbo raquídeo,
activando ou relaxando
os músculos que interveñen na respiración.
A variación de concentracións de osíxeno e dióxido de
carbono no sangue son os estímulos químicos que necesita
o bulbo raquídeo para controlar a velocidade e a
intensidade da respiración.
PULMÓNS DE VERTEBRADOS
ANFIBOS
Bolsas ocas.
RÉPTILES
Tabicados
internamente
AVES
Con sacos aéreos,
extensión en forma
de bolsas
MAMÍFEROS
Con alvéolos
pulmonares
Ao longo da evolución, os pulmóns dos vertebrados adquiren
estruturas que os converten en máis eficientes ao aumentar a
superficie de intercambio gasoso.
SAÚDE
O tabaco
SUBSTANCIAS QUÍMICAS QUE CONTÉN UN CIGARRILLO
O tabaco cumpre os tres requisitos para
seren considerado unha DROGA:
1. TOLERANCIA: Consiste nun proceso de adaptación do
organismo ás sustancias do tabaco; cada vez necesítase consumir
maior cantidade para conseguir o mesmo efecto.
2. DEPENDENCIA: Consiste nun estado no cal o adicto sinte a
necesidade de continuar a consumir tabaco para sentirse ben. Se
non o consome sofre unha serie de transtornos físicos e psíquicos
que se coñecen como Síndrome de Abstinencia.
3. ADICCIÓN: Consiste no desexo irrefrenable de continuar
consumindo tabaco.
A NICOTINA é a principal responsable da adicción do
tabaco.
O tabaco é a principal causa de
cancro de pulmón.
FONTES DE INFORMACIÓN:
http://recursos.cnice.mec.es/