Date post: | 22-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | carmen-gomez |
View: | 238 times |
Download: | 5 times |
TOPONIMIA D'A LIMIA 2011
OS BLANCOS
ENFÍA: (lat. Filare) Lugar pantanoso que se dedicaba en tempos á produción
do liño, por ser un terreo fértil. Nese lugar había unha fonte onde as
mulleres poñían a remollo o liño.
OS LAMEIROS: (Lat. Lama) Zona augacenta onde, debido á abundancia de
auga, se desenvolven plantas hidrófilas.
MOURIL: (Lat. Mauru) Pequena aldea situada nas proximidades do concello
onde, segundo os veciños, había moitas mouras.
A PIPA: (Fr. Pipe) Terreo chan no cal, antigamente, se cultivaba millo e trigo.
Cando os agricultores ían traballar a terra e facer a seitura, fumaban alí
con pipa.
AS TEIXOGUEIRAS: (Lat. Taxu ou Gótico Thahsuks) Especie de monte
silvestre de gran variedade de seres animais e vexetais autóctonos. Hai
quen di que alí había moitos teixugos.
FONTE SALGUEIRA: (Lat. Fonte Salicariu) Contan que esa zona en tempos
estaba inzada de salgueiros.
AS LAXAS: (Lat. Lagena, de orixe celta) Lugar cheo de laxas.
O SANTO VELLO: (Lat. Sanctu Vetulu) Santuario antigo no cal se realizaron
excavacións e onde, segundo os vellos, houbo unha igrexa.
O CASTELO: (Lat. Castellu) Chamábase así debido a que un señor feudal
residía nun pazo no alto para exercer a súa soberanía sobre os seus
territorios.
RECANTO: (Lat. Re+Cantu) Lugar afastado do núcleo poboacional onde se
atopan as casas máis vellas.
O PENEDAL: (Lat. Pinna) Camiño situado nas proximidades de Ouvigo que
posúes unha superficie pétrea.
TRABALLO REALIZADO POR:
Iván Penín, Daniel Rodríguez, Milagros Moure e Nerea Prol
ABAVIDES
A COSTA: (Lat. Costa) Nome que recibe un penedo de forte pendente nos
límites da aldea, onde hai abundantes rochas emerxentes.
O CORTIZO: (Lat. Corticea) Nome que recibe unha zona de pequenas hortas
dentro da aldea e situada detrás das casas.
O FORNO: (Lat. Furnu) Lugar onde está o forno, usado antigamente polas
familias para ir cocer o pan.
A NOGUEIRA: (Lat. Nucaria) Zona da aldea onde conflúen os principais
camiños que van para Cacabelo e A Trapa, e onde antigamente había unha
nogueira.
A TORRE: (Lat. tURRE) Nome que recibe unha parte da aldea que está
situada nun alto.
A MADORRA: (Lat. Meda) Zona da aldea en que escasean as casas debido a
que está situada preto dos camiños que van cara ás leiras e ao monte onde
abundan os lobos.
INFORMANTES:
Carmen Colmenero Cotilla, 59 anos
Julia Blanco Ferrón, 92 anos
TRABALLO REALIZADO POR:
Lucía Lavandeira, Olaya Gómez e Tania Lorenzo
LAMAS
CARREIRA FONDA: (lat. Carraria funda): Na miña aldea coñécese
como unha carreira estreita por onde pasaban os carros e ademais
baixaba a auga do monte.
CASTAÑAL: (lat. Castanea; derivado): Chámase o lugar onde había un
souto de castiñeiros.
CARBALLEIRA: (de prerromano carva; derivado): Chámaselle a aquela
zona onde hai un conxunto de carballos.
CASTRELO: (do lat. Castro; derivado) Chámase así debido a que é
unha zona onde se pode atopar un conxunto de castros.
NOGUEIRA: (do lat. Nucaria) Chámaselle ó lugar onde abundan
árbores que dan noces.
PENEDO: (lat. Pinna; de pena) Chámaselle a unha zona na que hai un
conxunto de casas encima dun terreo de penedos.
A PEDREIRA: (lat. Petrum; de pedra) Na miña zona coñécese como o
lugar onde hai unha explotación de cantería.
POZO DO FOZÓN: (lat. Puteu fodiare) Na miña aldea coñécese como
unha zona onde a xente coa axuda da chuvia realizaron un pozo con
pouca habilidade e servía para lavar e bañarse.
FRAGA: (lat. Fraga) Chámaselle ó lugar ou terreo onde hai moitas
árbores e mato espeso.
CAMPO DA LAMA: (lat. Campus lamma) Zona aberta ó ambiente
enchoupado de lodo e abundancia de auga sucia.
CABANELAS: (lat. Capanna) Zona de pastoreo para as ovellas.
GÁNDARA: (do célt.ganda) Terra baixa chea de vexetación brava de
pouca altura.
LAMAREGA: (lat lama(m)) Terreo moi húmido que se encharca con
facilidade.
CANADOURO: (lat canna+auru(m)) Lugar baixo o que se cre que hai
una mina de ouro agochada.
INFORMANTE:
José Antonio López Rodríguez (73 anos)
TRABALLO REALIZADO POR:
Nuno Álvarez, José Luís Domínguez
VILARIÑO DAS POLDRAS
A NOGUEIRA: (lat. NUCARIA) Zona na que en tempos había
nogueiras.
SOPENEDO: (lat. SUB + PINNA) Rúa que discorre por debaixo dos
penedos.
PONTE-NOVA: (lat. PONTE + lat. NOVU) Anteriormente había unha
ponte que foi derrubada.
A FONTE DAS FONTELAS: (lat. FONTE + lat. FONTE) A auga
desta procede doutras situadas máis arriba.
FOZÓN: (lat. vulgar FODIARE = movemento terra) Leira que pola súa
calidade se traballa moito.
MELONAR: (lat. MELONE) Zona de terreo moi rico na que se podía
plantar calquera cousa, incluso melóns.
INFORMANTE:
Delfina Rodríguez Teijeiro de 79 anos.
FARAMONTAOS
AS LAXAS: (lat. LAGENA) Lugar onde abundan unhas pedras moi lisas
chamadas laxas.
A PENEDA: (lat. PENNA ou PINNA) Lugar onde antes de que as casas
fosen edificadas había un monte pequeno de penedos.
MAZADOIRO: (lat. MATTEA) Lugar onde anteriormente as mulleres
se puñan a mazar o liño.
A VIÑA: (lat. VINEA) En tempos foi o único lugar da aldea onde
había viñas.
TRAS DA IGLESIA: (lat. TRANS + DE + ECCLESIA) Zona situada
detrás dunha igrexa que xa non existe.
A LAMA: (lat. LAMA) Zona moi húmida que a maior parte do ano
está cuberta por lama.
O REGUEIRO OU RIGUEIRO: (lat. RIGUU) Regato que corre
ocasionalmente na actualidade, en tempos corría todo o ano.
DIESTRO: (lat. DEXTRU) Terras das que o cura da aldea era
propietario.
CAMIÑO BLANCO: (lat. CAMMINU+ xerm. BLANK) Camiño de
composición dun tipo de terra chamada sábrego caracterizada pola
súa cor abrancazada. Aínda que na actualidade o camiño se encontre
asfaltado, pode verse a terra branca nas leiras da zona.
FONTEPÍA: (lat. FONTE + PILA)Fonte e terreos nos que esta se
atopa que eran propiedade dunha mullerchamada Pía.
A PONTE: (lat. PONTE) Zona situada polos arredores da ponte
romana da aldea.
INFORMANTES:
Clara Rodríguez Rodríguez de 81 anos.
Lucía Cuquejo Rodríguez de 72 anos.
CALVOS DE RANDÍN
POZA BARREÑA: (lat. PUTEU + pre célt. BARRO) Poza moi grande
que parecía unha barreña.
PENAS ALTAS: (lat. PINNA + ALTA) Penedos moi altos.
LAMALONGA: (lat. LAMA + LONGU) Lameira moi longa.
FONTE DA FARRUCA: (lat. FONTE + FARRUQ = valente) Fonte na
que sempre había un paxaro denominado farruca.
PENEDO DA MOURA: (lat. PINNA + lat. MAURU) Penedo que toma o
nome dunha lenda. Segundo a lenda alí vivía unha moura que saía a
lavar a unha fonte que estaba cerca.
FONTE DO SALGUEIRO: (lat. FONTE + lat. SALICARIU) Fonte que
nace ao pé dun salgueiro.
O PENEDO DA CHISPA: (lat. PINNA + onomat.) Penedo que foi
fracturado por un raio durante unha tormenta.
PENEDO DO CUCO: (lat. PINNA+ onomat.) Penedo sobre o que
repousaba e cantaba todos os anos un cuco.
FONTE DO CARBALLO: (lat. FONTE + prerromano) Colidindo con
esta fonte había un carballo centenario moi grande.
FONTESAPIÑA: (lat. FONTE + éusc. ZAPOA) Fonte sempre habitada
por sapos.
MONTE PEDROUZO: (lat. MONTE + lat. PETRA) Monte no que hai
moitas pedras.
TOUZA REDONDA: (preromano TAUCIA + lat. ROTUNDO) Conxunto
de árbores en forma de circunferencia.
LOBARREINA: (lat. LUPU + lat. REGINA) Monte que toma o nome
dunha lenda. Segundo a mesma a raíña era unha loba e vivía nese
monte)
MONTE DO XEIXO: (lat. MONTE + lat. SAXU = pedra) O xeixo é un
nome co que se coñece ó cuarzo. Neste monte abundaba este mineral.
OUTEIRO DAS MOAS: (lat. ALTARIU + lat. MOLA) Outeiro no que
cortaban as pedras e facían as moas dos muíños.
POZO DO CABALO: (lat. PUTEU + lat CABALU) Pozo no que morreu
un cabalo afogado.
INFORMANTES:
Carmen Barroso Fernández de 52 anos.
Jaime Barroso Fernández de 54 anos.
Jaime Barroso Losada de 79 anos.
Raquel Quintas Pérez de 82 anos.
Mª Luz Fernández Santana de 44 anos.
TRABALLO REALIZADO POR:
Tania Morán, Raquel Seoane, Iria Barroso
RAIRIZ DE VEIGA
O CASTELO (latín CASTELLU) din os vellos que antes de facer as
devasas había unhas pedras con forma de castelo.
O BIDUEIRO (latín BETULA) recibe este nome porque nesta zona hai
moitos bidueiros.
O CASTIÑEIRO (latín CASTINEA) recibe este nome porque neste
lugar antigamente había moitos castiñeiros, pero agora ese lugar
emprégase para o cultivo.
A VEIGA (prerromano VAIKA) chámase así porque nesta zona hai
unha grande extensión de terreo é ao lado pasa un río.
A POZA (latín PUTEU) chámase así debido a que neste lugar
antigamente había unha poza e agora hai un pozo.
A FONTE (latín FONTE) este lugar chámase así porque neste lugar
sempre había unha fonte.
O TOXO (prerromano TOJU) chámase así porque antigamente había
toxos, agora esta zona está dedicada ao cultivo.
O CRUCEIRO (latín CRUCE) recibe este nome porque dende sempre
neste lugar houbo un cruceiro.
SANDIÁS
O REGUEIRIÑO (latín RIGARE) recibe este nome porque no lugar
nacía na terra un regueiro pequeno e nel vivían os animais e era
consumida por algúns habitantes e mesmo se lavaba alí a roupa. Na
actualidade construíuse unha fonte e un merendeiro.
O AGRO (latín AGRU) recibe este nome porque o lugar
caracterizábase por ter grandes extensións de terra bastante
produtiva e axeitada para a agricultura por tratarse dunha planicie. A
maioría deste terreo pertence á igrexa, aínda que actualmente é
traballada pola veciñanza.
O SOUTO (latín SALTU) chámase así polo grande número de
castiñeiros que había nese lugar, actualmente a maioría foron tallados
por mor da concentración parcelaria.
AS CAVADAS (latín CAVARE) chámase así polo abundante número de
hortas pequenas ao lado das casas que se traballan ao sacho xa que
non había espazo suficiente para animais e demais utensilios. A
produción desta terra era escasa pero aportaba comodidade,
actualmente foron concentradas en terreos de maior extensión.
O CASTRO (latín CASTRU) recibe este nome polo castelo medieval
construído na zona (un outeiro). Na actualidades ó hai dúas casas
habitadas na zona. O castelo sigue en pé malia que a maioría del está
derrubado.
O RABAZAL de rabaza (latín RAPACIA/ RAPA (angellica
archangellica) chámase así por tratarse dunha zona moi húmida onde
medraba abundantemente unha herba coñecida como “rabaza”. Na
actualidade aumentou a construción de casas no lugar e o traballo
destas terras.
OS MUÍÑOS (latín MOLINU) recibe este nome debido á abundancia
de muíños de auga construídos no lugar. Actualmente só quedan
restos das construcións.
VALADO BLANCO (latín VALLATU + xermano BLANK) chámaselle así
a unha zona de monte de San Bieito de Sandiás, debido a súa altitude
abundan as xeadas polo que os valados tiñan a cor característica
branca que esta lle daba. Na actualidade non foi modificado.
A CARREIRA (latín vulgar CARRAIRA) conxunto de casas que se
comunican entre elas por unha rúa moi estreita e longa, actualmente
mantén o nome e non foi modificada.
A RAÑA (latín tardío ARANEA) lugar que recibe este nome debido ao
escarpado relevo que nesta zona predomina composto por barrancos
con marcas de desprendemento denominadas “rañas”. Na actualidade
estes foron asegurados e ó pé deles construíronse casas.
OUTEIRO DE ADENTRO/OUTEIRO DE FÓRA (latín ALTARIU)
recibe este nome porque nun outeiro as propiedades estaban
divididas; as persoas que vivían a un pé do outeiro chamábaselle zona
do outeiro de dentro e as que vivían ao outro lado as súas propiedades
eran denominadas outeiro de afora, actualmente non se produciron
cambios nesa zona.
MOSTEIRO DE RIBEIRA
A LOMBA (latín LOMBU) nome que recibe unha pequena elevación do
terreo.
GOIA/GOIO (orixe incerta) recibe este nome debido a que unha
fonte situada neste lugar está situada nun foxo, sinónimo da palabra
goia/goio.
MONTE DO CASTELO (latín MONTE + CASTELLU) tal e como o
nome indica neste monte había un castelo propiedade da familia
fidalga dos Rivera, hoxe en día o castelo atópase en ruínas. Os Rivera
eran unha familia que tiña relación cos condes de Monterrei.
CRUZ DO PONDÓN (latín CRUCE) lugar onde noutro tempo había
unha cruz de madeira; e referido á palabra pondón vén dado a que a
zona estaba ateigada de leiras de millo e o pondón é a flor masculina
desta planta. Hoxe en día non existe tal cruz por mor da
concentración parcelaria.
PORTELEIRO (latín PORTALE) zona da aldea onde antigamente había
unha porta para dividir o pobo en clases sociais: a un lado os humildes
e ó outro os fidalgos, na actualidade non existen tales portóns.
AS CANCELAS (latín CANCELLU) zona de leiras onde antigamente
estaban todas separadas por pequenas cancelas.
OS OLMOS (latín ULMU) lugar onde só había dous olmos pero de
gran tamaño e idade, hoxe en día non existen tales olmos debido á
construción de casas na zona.
FONTE DAS CRUCES (latín FONTE DE CRUCE) recibe este nome
posto que no lugar hai unha fonte onde conflúen varios camiños.
VILAMAIOR DE BOULLOSA
A CRUZ (latín CRUCE) este nome provén debido a que nesta zona
conflúen varios camiños en forma de cruz.
POZO DA FORXA (latín PUTEU + FORGE) o nome adquíreo debido a
que antigamente nesta zona ao redor do século XIII se forxaban alí
os materiais para construír a igrexa do pobo. Na actualidade non
existe tal forxa pero si o pozo do cal se quitaba a auga e fíxose nel
unha fonte.
SOUTO (latín SALTU) recibe este nome debido a que antigamente na
zona había un conxunto de castiñeiros centenarios, hoxe en día hai
casas habitadas polo que non existe tal souto.
A PIPELA (latín vulgar PIPA) chámase así porque antigamente
atopábase unha fonte de pequenas dimensións nun cruce de camiños.
A CORREDOIRA (latín CURRERE) esta zona denomínase así debido a
que é o barrio máis ancho da aldea e zona de paseo e na actualidade
pasa a estrada comarcal por ela.
BARRIO DOS OUTEIROS (árabe BARRI + latín ALTARIU) esta zona
é denominada así debido a que é lugar de mais altitude do pobo,
arredor dos 1000 m. É un dos lugares da aldea onde é mais complicado
construír debido ás numerosas rochas que hai.
BARRIO DA FONTE (árabe BARRI + latín FONTE) este barrio
denomínase así xa que nel hai unha fonte e arredor dela durante
séculos e séculos creceu o pobo ó seu redor.
BARRIO DO FORNO (árabe BARRI + latín FORNU) esta zona é
denominada de tal xeito posto que nela está o forno onde a xente
cocía o pan, na actualidade xa non se realiza tal actividade.
FONTE DO REGUEIRO (latín FONTE + RIGARE) recibe este nome
porque antigamente nesa rúa da aldea pasaba un regueiro que nacía
nunca fonte alí presente. Na actualidades só existe a fonte xa que o
regueiro foi tapado pola estrada.
A POULA (latín PABULU) esta zona denomínase así debido a que nela
antigamente había unha eira na que se preparaba e cortaba a leña dos
veciños do barrio. Alí na actualidade non se conserva tal eira, xa que
se arranxaron os accesos á igrexa, pero moita xente ten alí cortes
nas que garda a leña.
TRABALLO REALIZADO POR:
Pablo González, Pablo Casas, Manuel Rodríguez, Héctor Fernández
NOCELO DA PENA:
O CARREIRO LADRÓN: (latín CARREIRA + LATRONE) Camiño situado no
monte, onde en tempos, se realizaba contrabando de cobre, transportado
con burros.
A LAMA DA PENA: (latín LAMA + PINNA) Zona na que había moito bulleiro.
Antigamente os veciños da aldea levaban alí os seus cochos, para que se
emborcallaran e paceran. Hoxe en día son leiras.
O CORNIÑO: ( latín CORNU) Lugar no monte onde hai unha pedra grande
con forma de corno e outras ao seu redor de menores tamaños.
O MARCO DOS VALENTES: ( xerm. MARKA + latín VALENTE) Lugar no
monte da aldea, onde hai unha pedra grande. Antigamente alí xuntábanse os
mozos, para ver quen era capaz de erguela. Así comprobaban cal era o máis
valente e o que tiña máis forza. Esta pedra tamén serve como división entre
as terras de Nocelo e O Santo.
SAN PEDRO: (latín SANCTU + PEDRO) Terreo, onde existiu antigamente a
aldea celta de San Pedro, a cal se estragou e da que quedaron restos como
unha tumba de pedra, que aínda hoxe se pode ver.
O MUÍÑO: (latín MOLINU) Lugar no monte no que hai un muíño. Hoxe en
día non está en uso, pero antigamente os veciños empregábano para moer o
trigo, o centeo…
AS MINAS: ( fr. MINE) Terreo do monte onde antigamente extraían das
minas o estaño. Hoxe en día é un terreo cerrado.
O TOXAL DO SEÑORITO: (de toxo-prerrom. TOJU + de señor-lat.
SENIORE) Zona na que antes había un toxal que pertencía ós Becerras, que
era a familia máis acomodada de Nocelo. Hoxe en día é unha zona de
carballos e bidueiros.
VEIGA: ( prerrom. IBAIKA ) Zona cunha leira de gran tamaño, onde
antigamente os veciños da aldea levaban a súa facenda.
A PENEDA: ( de pena-latín POENA) Terreo no monte onde hai un val, e na
súa cima unha peneda.
O PENEDO GRANDE DE FONTE DE MOUROS: ( de pena- latín POENA +
latín GRANDE + lat. FONTE + lat. MAURU) Zona do monte onde hai un gran
penedo. Conta a lenda que aquilo estivo habitado por mouros. Á beira hai un
penedo máis pequeno.
FONTE DA GALERÍA: (lat. FONTE + lat. GALERÍA) Zona na que
antigamente sacaban o estaño, hoxe en día é unha fonte de auga.
PENEDO REDONDO: ( de pena-lat. POENA + de redondo-lat.ROTUNDU)
Lugar no monte no que hai un penedo grande con forma redondeada.
ESCORNABOIS
AS FORCADAS:(latín FURCA). Nesa zona, antigamente a xente cortaba a
madeira para facer o instrumento agrícola.
AS DEVESAS:(latín DEFENSA(M)).É un terreo extenso, poboado de
árbores non moi mestas dedicado antigamente ao pastoreo.
AS GÁNDARAS:(celta GANDA).É un terreo baixo, areento, húmido e
improdutivo, onde só medra a maleza.
O POMBAL:(latín PALUMBA(M)). Antigamente neste terreo había moitas
aves, especialmente pombas.
A
CAMPAÍÑA:(latín CAMPANA). É un terreo lonxe da aldea onde se oen as
campás da igrexa distorsionadas.
LAMEIRO DA VACA:(latín LAMA(M) + latín VACCA(M)).É un terreo que ten
moita lama pero tamén ten boa herba para os animais.
LUDRO
AMIEIROLONGO: (latín AMINARU + LONGU). Aldea na que hai moitos
amieiros grandes.
CABEZAL: (latín CAPITIA). Prado que ten un carballo no medio no que
ataban as bestas para que paceran á sombra. (o cabezal é a corda que se ata
á cabeza dunha besta para guiala).
CARBALLEDO: (prerromano CARBA). Conxunto de leiras rodeadas de
carballos.
A CORTIÑA: (latín CURTARE). Era un prado que tiña abundante auga.
FREIXIERO: (latín FRAXINU). Praza na que abundaban os freixos
antigamente.
HORTA DA FONTE: (latín HORTU + FONTE). Era un conxunto de hortas
presididas por unha fonte.
LAMA DA IGREXA: (latín LAMA + ECLESIA). Era unha praza de traballo
agrícola pola que pasaba un camiño de terra que no inverno se convertía en
lodo, pola que os habitantes de Ludro ían á igrexa parroquial de Rairiz.
OUTEIRIÑO: (latín ALTARIU). Aldea situada na elevación dun terreo illado.
AS MÍLLARAS: (latín MILIU). Praza onde se sementaba millo.
MOLEIRA: (latín MOLLE). Praza con terreo moi brando.
A NOGUEIRA: (latín NUCARIA). Praza na que había moitas nogueiras.
A PEDROSA: (latín PETRA). Era un terreo con moitas pedras pequenas.
PIÑEIRAL: (latín PINUS). Terreo antigamente poboado de piñeiros.
POZOCA: (latín PUTE). Prado no que hai unha poza para regar.
RAPOSEIRAS: (latín RAPU). Aldea que se localiza no monte de vexetación
baixa e mesta.
O SOUTO DA MARQUESA DE CELME: (latín SALTU + occitano antigo).
Terreo onde hai moitos castiñeiros e pertenceu a dita marquesa.
REGUEIRO: (latín RIGARE). Conxunto de prados polos que pasa un regato
con moita auga.
RETORTA: (latín TORCERE). Prados aos que se chega por un camiño que
cambia bruscamente de dirección.
O SEIXO: (latín SAXU). Conxunto de prados que estaban separados por
paredes de coios.
INFORMANTES:
J. Carlos Fernández Cid (39 anos)
Isabel Martínez Martínez (42 anos)
Manuel Martínez Rúa (69 anos)
Bibiana Martínez López (66 anos)
J. Luís Pazos (39 anos)
Abel Fernández Rodríguez (39 anos)
Mª Pilar Fernández Dafonte (35 anos)
TRABALLO REALIZADO POR: Noelia Fernández, Laura Fernández, Silvia
Pazos Rivera
SAN PEDRO
LAIOSO: (celta lagena) Lugar onde hai moitas pedras, neste caso laxes.
PALENQUE: (latín pallanca palu) Lugar arrodeado de estacas de madeira.
LAMEIRO: (latín ou celta lama) Lugar moi húmido onde hai prados. É un
lugar onde, ás veces, hai lama.
CENTEEIRA: (latín centena) Terra onde se cultiva con facilidade o centeo.
NABEIRA: (latín napu) Terreo sementado de nabos.
VIEIRO: (latín vía) Camiño estreito, carreiro.
RECANTO: (de re+canto) (latín canthu) Camiño estreito preto do que viven
poucos veciños.
PARADA DE RIBEIRA
FONTELAS: (latín fonte) Sitio onde nacen mananciais de auga.
TOUZA NOVA: (Ibérico tautia) Monte poboado de carballos.
CAVADAS: (latín cavare) Terra que se cavou para dedicala a labranza.
A POULA: (latín pabulu) Terreo que se deixa sen cultivala, en descanso, por
un tempo.
VEREA
PENEDELO: (latín pinna). Lugar onde se atopan moitos penedos.
AGROMAIOR: (latín agru) Terreo grande onde se cultiva.
LOMBO: (latín lumbu) Lugar que se atopa no cumio dun monte.
AREOSA: (latín area) Terreo onde hai moita area.
FERRADAL: (latín ferrattu) Lugar onde se cultivan cereais. Ferrada é unha
medida de superficie que se usa en Galicia.
RUTA VELLA: (francés route <latín rupta) Camiño principal que xa non se
usa.
CORZAS: (latín vulgar curtiu) Terreo onde abundaban os corzos.
CURUXEIRAS: (provén da onomatopea do canto da curuxa). Pola noite nese
lugar escóitase o canto da curuxa.
SABARIZ
A PENA: (latín pinna) Lugar onde se atopa un penedo enorme.
PENEDELO: (latín pinna) Lugar onde hai moitos penedos.
OS CORTIZOS: (latín corticeu) Lugar onde abundan os cortizos ou
sobreiras.
A BANDEIRA: (gótico bandwo) Hoxe en día é unha aira onde se atopan os
canastros da aldea. Posiblemente noutros tempo alí estaba colocada unha
bandeira.
LAVANDEIRA: (latín lavandaria) Lugar onde se vían a miúdo, sobre todo na
primavera e no verán, lavandeiras.
PEREIRAL: (latín piru) Terreo poboada de árbores froiteiras, a maioría
pereiras.
O DIESTRO DO CURA: (latín dexter) (latín cura) Finca moi ampla, situada
ao carón da antiga igrexa da parroquia e cuxa propiedade era da igrexa.
Aínda que despois trasladaron a igrexa a outro lugar e o terreo pasou a ser
de propiedade privada, segue mantendo o mesmo nome.
CAMPINA: (latín campu) Campo grande dedicado á agricultura.
CACHÓN: (latín coctione) Terreo atravesado por un pequeno regueiro e que
facía unha pequena fervenza.
CARBALLEDO: (prerromano carba) Lugar poboado de carballos.
A POULA: (latín pabulu) Terreo que se deixa sen cultivala, en descanso, por
un tempo.
CIGOÑEIRA: (latín ciconia) Lugar onde tiña o seu niño algunha cegoña.
LIÑARES: (latín linu) Terreo no que se sementaba liño antigamente.
RAPOSEIRAS: (latín rapu) Nese lugar atopábase unha cova dun raposo.
CAMPOGRANDE: (latín campu) Campo grande dedicado a pastos.
LOBEIRA: (latín lupu) Lugar onde se atopaba unha cova habitada por lobos.
VEIGUIÑA: (prerromano ibaika) Finca de labor baixa e fértil, situada á
beira dun río.
MOUTEIRA: (orixe descoñecido) Lugar poboado de matogueiras.
SALGUEIRÓN: (latín salicariu) Lugar onde se atopaba un enorme salgueiro.
SABUCEDO: (latín sabucetum) Lugar onde abundan os salgueiros.
LAMEGO: (latín lama) Terreo lodoso e amolecido pola auga.
LACEIRAS: (de Lázaro) Terreo bastante pobre en relación á fertilidade.
PORTELA: (latín portella) Lugar que se atopa nun paso entre montañas.
CARRASCAL: (orixe preindoeuropeo) Lugar onde abundan as carrascas, unha
especie de aciñeira pequena.
GÁNDARA: (prerromano gandara) Terreo areoso e pouco produtivo.
OS LEIROS: (latín glarea) Leira pequena; terra pequena de labradío.
A CORGA: (latín corrugu) Lugar en forma de barranco pequeno formado por
un torrente de auga.
LAMARELLA: (lat. Lama) Lugar onde brota unha fonte, polo que a terra está
enchoupada en auga.
LAMA DA MEDA: (latín lama + meta) Terreo abondoso en auga e onde se
recolle moita herba para o gando.
CAVADAS: (latín cavare) Terra que se cavou para dedicala a labranza.
VESADA: (latín versare) Terra que se labrou abrindo sucos ou regos.
FEAL: (latín fenu) Lugar onde abunda a herba que se dá ao gando como
alimento.
PICOUTO: (de pico + outo – latín altu) Lugar situado nun monte que acaba en
forma de pico.
CERNADELA: (latín cinerata) Terras que se queimaban periodicamente para
aumentar a súa produtividade.
VALDOBOI: (latín valle+bove) Lugar entre montañas onde había moitos bois.
COUTADAS: (latín cautu) Terreos de monte que antano estiveron vedados
de caza.
FREIXEDO: (latín fraxinu) Terreo onde abundan os freixos.
INFORMANTES:
José Suarez Rivero (81 anos – Parada de Ribeira)
Andrés Bolaño Barreiro (75 anos)
Carolina Rodríguez (74 anos)
Emilio Vázquez Fernández (78 anos – Nogueiras)
Rosa Fernández Alvarez (78 anos – Nogueiras)
Jaime Prieto Quintas (53 anos – San Pedro)
TRABALLO REALIZADO POR:
Ledicia Prieto, Iria Bolaño, Laura Parejas, Alejandra Parejas
ORDES
ORDES (lat. ordine): nome que recibe o pobo debido a que no século XVI,
estaba nas mans dos condes de Gallón, que vivían nun pazo señorial, aínda
hoxe conservado; e os vasalos falaban do lugar do cal viñan as ordes, e por
iso lle quedou ese nome.
CAMPO DA LAMA (lat. campu lama): rúa onde antigamente os camiños eran
de lama (rúa que tiña, antigamente, os camiños de lama) e había unha zona
extensa de terreo que no inverno se convertía en lama.
TELLEIRA (lat. tegula): anteriormente fabricábanse tellas nesa rúa.
IGREXARIO (lat. ecclesia): lugar no cal está situada a igrexa, e a casa do
cura, tamén está formado por terreos pertencentes á igrexa.
TOUZA DO CURA: terreo situado no monte, con abundantes árbores, as
cales utilizaba o párroco para facer leña.
PEGAS (lat. pica): lugar do monte, con abundante vexetación, onde había
moitos paxaros, entre eles, pegas.
A PEZA (celta pettia): lugar de prados pequenos (peciñas).
A PATAQUEIRA (car. patata): lugar onde a calidade das patacas era mellor
ca dos outros terreos.
O FREIXEIRO (lat frexinu): lugar onde abundan os freixos.
A PLAZA (Praza) (lat. platea): lugar de cultivo extenso e chan.
A PEAGUDA: lugar do pobo, no cal a maioría dos veciños se apelidaban
Peaguda.
RAPOSEIRAS (lat. rapu): lugar do pobo situado no monte, onde hai
abundancia de raposos e das súas goridas (raposeiras).
O RIAL (lat. rivu): zona da aldea pola cal discorre un río.
FONDEVILA: lugar máis afastado do pobo; o que queda máis ás aforas.
CARPACEIRAS (or. prerrom): zona con abundancia de carpazas.
A LAVANDEIRA (lat. med. lavandaria): zona situada ao carón do río, na cal
teñen o niño as lavandeiras.
O OUGUEIRO: un ougueiro é un burato polo cal brota a auga do subsolo, e
este lugar chamase así debido a que contén numerosos ougueiros.
AS TOXEIRAS (prerrom. toju): lugar con abundancia de toxos.
REGUEIRO BO (lat. riguu bonu): zona pola cal pasa un pequeno regato, onde
as colleitas son moi boas.
AS SEBES (lat. saepe): (sebe=silveira) zona na que as divisións dos terreos
están feitas por silvas.
TRIGUEIRA (lat. tritico): zona na que se sementa o trigo.
LAMA GRANDE (lat. lama grande): zona de cultivo moi lamenta.
A PEDRA (lat. petra): terreos de cultivos ruíns, nos cales hai moitas pedras.
SEIXO BLANCO (lat. saxu branquear): terreos sombrizos, nos cales a
xeada tardaba en derreterse, perdurando brancos.
PRADO NOVO (lat. pratu novu): prado que se formou a partir doutros máis
pequenos.
AS DO ABADE (lat. abbate): terreos pertencentes ao párroco.
OS BARBEITOS (lat. vervactu): zona que se deixaba de barbeito ano si e
ano non.
A MERA (lat. meru): conxunto de prados pequenos.
AMIEIRAL (lat. aminariu): zona con moitos amieiros.
SALGUEIRO (lat. salicariu): zona con abundancia de salgueiros.
AMIEIRO LONGO (lat. aminariu longu): zona con amieiros moi antigos.
A PEDREIRA (lat. petra): zona de ladeira do monte moi pedregosa.
PICOUTO DO MILLO (lat.altu miliu): zona do monte na que se poñía a secar
o millo debido a que lle daba o sol, todo o día.
FONTE BOA (lat. fontu bona): dise que a auga desa fonte é curadora e de
moi boa calidade.
O CASAL(lat. casale): zona de horta, situada a carón das casas.
A COSTA (lat. costa): barrio situado nunha zona empinada da aldea.
O REGUEIRAL (lat. rigun): zona de val con abundancia de regatos e fontes.
OS TERREOS (lat. terrenu): zona extensa de cultivos.
PARADELA
A AIRA DE PEDRA (lat. area de petra): aira na que se mallaba o centeo e
ten o chan de pedra.
A XESTEIRA (lat. genesta): lugar onde hai moitas xestas.
O PENEDO REDONDO (lat. pinna rotundu): lugar no monte onde hai unha
gran pedra redonda.
O SALGUEIRIÑO (lat. salicariu): lugar onde abundan os salgueiros ao lado
da aldea.
A FENTEIRA (lat. filictu): terreos ao lado da aldea onde hai moitos fentos.
A LAMA (lat. lama): zona da aldea moi lamenta e húmida.
O CRUCEIRO (lat. cruce): sitio onde se xuntan tres rúas e no medio hai un
cruceiro de pedra.
O CAMPIÑO (lat. campu): lugar onde había uns campos e a xente
descansaba ao mediodía.
PEDRA LONGA (lat. petra longu): chámase así porque está situada nun lugar
do monte onde hai unha pedra moi alongada.
A VEIGA (lat. prerrom. ibaika): lugar fora da aldea onde hai prados e levan
o gando.
TABALLO REALIZADO POR:
Luís Manuel Novoa
VILAR DE SANTOS
MINA: (celta MEINA) fonte da que a auga desta sae dunha mina
subterránea.
BARRELIÑA: (pre celta BARRO) terreo no que se forma moito barro cando
chove.
CANIZO: (celta CANLA) terreo que conduce dunha parte da aldea á outra.
TOXAL: (prerromano TOJU) terreo seco caracterizado pola abundancia de
toxos.
CHEDEIRO:(celta CLETA) rúa utilizada para facilitar o paso dos carros.
CARRIZO: (xermánico CAREX) lugar no que abundan silvas enredadas entre
si.
VIDRA: (celta UEITIRA) terreo no que abundan as videiras (árbore da uva).
FORCADELA: (latín FORCA) lugar no que abundaban un determinado tipo de
insecto.
PENEDIÑAS: (latín PINNA) terreo moi rochoso.
LAMEIRIÑO: (latín LAMA) terreo no cal abunda a auga.
MILLARA: (latín MILLARA) terreos grandes onde se dan cereais.
SOUTO: (latín SALTU) terreo no que abundan os castiñeiros.
REBOIRA: (latín REPLU) terreo no que abundan as pedras graníticas.
CURRO: (latín CURRALE) terreo cerrado dedicado ao pasto.
PRADO TAPADO: (latín PRATU) terreo onde medra a herba e que se sega
para dar de alimento ao gando e chámaselle tapado porque está no medio
doutros terreos separados por un marco (pedra limítrofe de campos).
AIRA: (latín AREA) espazo chan co pavimento de terra firme onde se
reúnen os anciáns na aldea,é dicir, é unha especie de praza.
MUÍÑO: (latín MOLINU) lugar no que antigamente a xente se reunía para
moer.
SEARA: (latín SENARA) grandes terreos secos nos que se dan cereais.
AVELAÍÑO: (latín AVELAÍÑA) terreo chan con algunhas subidas suaves ou
con pouca brusquidade.
INSUA: (latín INSULAM) leira illada dos demais por camiños.
FONTAL: (latín FONTANA) terreo no que había unha fonte natural.
FEAL: (latín FEO) terreo no que se planta feo(planta).
PARAÑÓN: (latín PARAÑO) terreo no que antigamente se facía lume (causa
descoñecida).
CADABULLO: (latín CAPITOLIU) terreo grande no que cada veciño ten unha
porción de terreo para cultivar ó gusto de cada un.
SALGUEIRO: (latín SALICARIU) terreo onde abundan os salgueiros.
ARNEIROS: (latín ARNA) terreo estéril onde abunda a area.
CEPO: (latín CIPPU) lugar de caza.
MONTE DE ALBÁN: (latín ALBA) monte sobre o que se ve saír o solo dende
a miña aldea.
AS CERDEIRAS: (latín CERASIU) terreo no que abundan as cerdeiras.
HÉDROMO: (latín HEDERA) terreo no que aparecen hedras nas árbores.
BURREIRO: (ibérico BURRO) zona onde acostumaban a pacer os burros.
TRABALLO REALIZADO POR:
Héitor Colmenero, Cristian Morgade, Carolina Seoane, Laura Quintas
PIÑEIRA SECA
A VEIGA.(PRERROM. ´´BEIKA`` TERREO ARABLE). En 1970 foi posto
como terreo arable, antano era adicada a pastoreo e estrume.
A POZA REDONDA.(LAT. PUTEM+LAT.ROTUNDUM). Lugar dedicado a
lameiros xa que non agostan no verán e énchense de auga no inverno.
O ESTANCO.(CELT. TANKO) Lugar dedicado a cereais e patacas pola
calidade da terra.
A POULIÑA(LAT.PABULUM). Lugar dedicado a lameiros no pasado e agora a
cereais e patacas.
AS POULAS.(DO LAT.PABULUM). Lugar adicado ao pastoreo comunal no que
os veciños levaban o gando,hoxe está dedicado ao cultivo de patacas e
cereais.
O PONTÓN.(LAT. PONTONUN). Lugar no que había unha trabe de carballo
moi grande. Para o aparcelamento fixeron falta tres máquinas para tirala.(é
unha parte d'A Veiga).
A CORTIÑA GRANDE.(LAT. CURTARE)+(LAT. GRANDEN). Lugar dedicado
ao labradío, hoxe en día seméntanse cereais e patacas.
A UZ (LAT. ULICAM). Lugar dedicado ao cultivo de millo, patacas e outros
cereais.
O TOUZAL( PRERROM.TAUCIA. “CEPO”). Lugar onde había moitos carballos,
toxos e unha lagoa. no ano 2004 foi construído un campo de fútbol.
OS POZACOS. (LAT. POTUN). Lugar moi fresco onde se cultivan patacas, e
hai moitos lameiros.
A CARREIRA GRANDE.(LAT. CARRARIAM)+(LAT. GRANDEM). Lugar
dedicado ao cultivo de patacas e cereais.
A LAGOA.(LAT. LACUNAM). Lugar dedicado ao cultivo de cereais e patacas.
A BOSCA.(LAT. BOSC). Lugar dedicado ao cultivo de cereais e patacas.
A LADEIRA.(LAT. LOTUS). Lugar moi húmido en inverno e desecado por un
canal onde se cultivan millo e patacas.
A COSTA.(LAT.COSTAM). Lugar dedicado á plantación de piñeiros,
antigamente era raso.
O AGRO.(LAT.AGRUM). Terreo caracterizado pola súa excelente terra apta
para calquera cultivo,onde se cultivan cereais e patacas.
A SENRA.(PROB. CELT. SENARA). Terreo onde se cultivan cereais e
patacas.
A FONTE GALEGA.(LAT.FONTEM)+(LAT.GALAICUM). Lugar moi húmido
dedicado a ladeiras.
A LAMA.(LAT.LAMAN). Lugar de lameiros onde antigamente había pozas
para lavar a roupa.
O CORGO(LAT.HISPANICA CORGUM). Lugar de touza por onde pasa un
regato en pendente.
A CORTIÑA DO MONTE(LAT CURTARE LAT.MONTEM). Lugar de toxos e
nichas, con presenza de bidueiras.
A MOURA(LAT.MOURUM). Lugar de poula,o nome do lugar débese a un
penedo que recibe o nome de PENEDO DA MOURA. Hai unha lenda que
conta que en tempos moi remotos viviron alí unha serie de poboados mouros
e este lugar era a súa fortaleza.
O PENEDO RACHADO(LAT.PENAM). Linde entre Piñeira e Cortegada onde
hai un penedo de gran tamaño.
CALVOS
A LAPA: (latín LAPPA). Lugar no que actualmente hai moitos terreos
pequenas, situada nas aforas da aldea. Segundo os vellos do lugar, chámanlle
así porque hai auga, e segundo estes a auga lápase.
A MALLADOIRA: (de MALLO) Lugar onde se realizaban as mallas de toda a
aldea. Ademais facíanse merendas (sardiñas, chourizos…), ás que lle
chamaban o taco, nas que o veciño que mallaba ese día, invitaba aos veciños
que lle foran axudar.
PENEDO DA MOURA: (latín PINNA + MAURU). Lenda case descoñecida
polos veciños, só recordan que no cal vivía unha moura cos seus fillos, case
afastada do resto da aldea, nese lugar hai unha fonte na cal esta lavaba a
roupa.
PENEDO DA CHISPA: (latín PINNA), (chispa ONOMATOPELLA). Conta a
lenda que neste penedo caeu un raio nunha tormenta e que o abriu en dúas
partes, como aínda se pode observar na actualidade.
A CARPINTEIRA: (latín CARPENTARIU). Conxunto de poulas, onde,
antigamente, cortaban os carballos para facer as trades os carpinteiros.
A LOMBA: (latín LUMBU) Lugar no que hai moitas leiras, pero o nome
procede pola ondulación do terreo.
CORTIÑA DO PEGO: ( latín COHORTE+ pego) Nese lugar había uns terreos
moi bos para o cultivo, e neles había moitas pegas que ían comer.
CACHACEREIXA: (latín vulgar CACCULUS + CERESIA) Zona na cal hai
moitas leiriñas, de moi pequena extensión, e que ten unha fonte no medio, a
cal se usa para regar os terreos.
O PASTIZAL: (latín PASTU) Terreo de moitísima extensión, no cal hoxe hai
unhas granxas con vacas, e un estanque. Usa as grandes extensións de
pradería para o pasto. Ademais está todo valado, polo cal, os animais non
poden saír del.
O EIRO: (latín AREA). Aira as portas do pazo Texada, onde había unha
fonte, e xogaban os nenos.
PORTOCELO: (latín PORTU + ZELU) Lugar onde se xuntaba o gando de
todos os veciños, para levalo ao pasto, a isto chamábanlle A Beceira.
A MINA: (francés MINE). Lugar entre as leiras onde hai unha mina.
O PENEDO DO CUCO: (latín PINNA+ONOMATOPELLA CUCO). Lugar no
que antigamente se pousaba o cuco e cantaba cando viña.
TRABALLO REALIZADO POR:
José Magalhais, Raúl Parada