Na mansión de Rath, no condado de Offaly vivían os serventes da familia HAWGAROY, que coidaban da casa mentres eles pasaban longas tempadas en DUBLÍN.
Polas noites, cando debían irse a deitar, estremecíanse de medo cada vez que oían algún ruído no enorme caserón, xa que éste tiña fama de estar encantado. Todas as noites resoaban, no medio das tebras, o golpeteo da porta do forno, o tintineo dos ferros do fogar ou o ruído de cacerolas, tarros e pratos, coma se alguén estivese preparando un suculento banquete.
Unha noite , en vísperas do Nadal, en que permaneceran máis tempo que de costume xunto ao lume, contándose uns a outros contos de pantasmas, encantamentos e outros conxuros, o máis novo dos serventes quedou durmido nun rincon á beira da cheminea. Unha vez que todos os seus compañeiros foron a durmir púidose escoitar o ruído duns cascos sobre as pedras do chan.
Espiando desde o seu recuncho o raparigo divisou a un asno, sentado no chan e bostezando xunto ao lume.
- Bo, dá o mesmo empezar polo principio que polo final, dicía o animal; o importante é empezar.
O pobre raparigo comezou a tremer de medo pensando que aquel animal o ía comer. Pero non foi así.
Éste avivou o lume, puxo auga a ferver e meteu dentro da pota todos os utensilios que había na cociña. Máis tarde enxuagounos, secounos e volveu colocar cada cousa no seu lugar. Terminou dando ao piso da cociña o mellor lavado que recibira desde que se construíse a mansión.
Ao terminar a súa tarefa o asno, que en realidade era un POOKA que adoptara esa forma, mirou ao raparigo cun enorme sorriso e marchou.
Podedes imaxinar a sorpresa do resto dos serventes cando , á mañá seguinte lle contou o que vira durante a noite. Ao principio ningún quixo crerlle pero como viron a vaixela e o piso limpo e as potas brillantes non lles quedou máis remedio que facelo.
Así que decidiron entre todos que se o POOKA se adicaba a limpar todo mentres durmían non se ían a matar a fregar e fregar todo o día. Deste xeito eles descansaban e folganeaban durante o día e o pooka traballaba pola noite. Pronto, afixéronse á boa vida pero isto cambiou cando o raparigo quedou a falar outra noite co asno-pooka.
O por que o pooka limpaba foi descuberto. Díxolle que era un alma en pena que non podía abandonar este mundo ata que traballase todo o que non fixo durante a súa vida.
Como ao raparigo lle dou moita pena preguntoulle ao pooka se había algún xeito de axudalo.
- Pois si, díxolle. Se me facedes un bo abrigo acolchado e forrado en pel, axudaríame a soportar o frio deste inverno e sería un agasallo de Nadal magnífico.
Dúas noites máis tarde, o mozo esperou novamente ao pooka e entregoulle un precioso abrigo de grosa la, forrado en pel de ovella, co cal aseguroulle que non tería frío.
- Perfecto! Dixo compracido o asno- Séntame moi ben. Agora teño que dicirvos adeus. A miña penitencia tiña que durar ata que alguén me recompensase pola miña aplicación ao traballo. Así que xa non vos volverei a molestar pola noite.
E entón acabouse a felicidade dos serventes, naquel Nadal, que tiveron que volver ao traballo e moitas veces arrepentíronse de terse apurado a axudar a aquel pooka que lles tomou o pelo!