Date post: | 27-Aug-2018 |
Category: |
Documents |
Upload: | vuongquynh |
View: | 220 times |
Download: | 0 times |
12 de xullo de 201322:00 horas
Ruínas de San DomingosAvda. Montero Ríos, 1
Dep
ósito
Leg
al: P
O 3
08-2
013
Trío AssaiIdade Media, Renacemento e Barroco
Trío AssaiO Trío Assai xorde a principios de 1997 co fin de divulgar e mostrar ó público as posibilidades tímbricas, expresivas e técnicas dos instrumentos de plectro españois no ámbito da música clásica. Para iso, Assai vén realizando desde entón un intenso labor concertístico.
Cómpre sinalar a súa participación en recoñecidos festivais de plectro e música clásica ó longo de todo o territorio estatal, así como en Italia, Israel, Estados Unidos, Cuba, Venezuela, Portugal, Bélxica, Francia, Libia, Bulgaria, Finlandia e Rusia.
Entre as súas actuacións podemos destacar as realizadas no Casino de Madrid, Palau dels Borja en Gandía, Palacio Real de Aranjuez, Ateneo de Madrid, Museo Arqueológico Nacional, Museo Cerralbo de Madrid, Museo de Artes Decorativas, Museo Sorolla, Museo Nacional de Arte Romano de Mérida, Festival Clásicos en Verano (Comunidade de Madrid), Festival Clásicos en la Frontera (Huesca), Festival Musique a la Source (Lieja-Bélxica), Palacio de Bellas Artes de La Habana (Cuba) e Radio Clásica de Radio Nacional de España, no Día Europeo da Música.
Organizou, coa colaboración da Fundación Universitaria de Alcalá de Henares e a Fundación Colegio del Rey, diversas mostras de música de plectro xunto a recoñecidos músicos como os mandolinistas Ugo Orlandi (Italia), Steffen Trekel (Alemaña) e Mathieu Sarthe-Mouréou (Francia), Ricardo Sandoval (Venezuela), o guitarrista Michael Troester (Alemaña) e Tamara Volskaya (Rusia), considerada actualmente unha das figuras de máis relevo a nivel internacional da música de plectro.
Vén actuando asiduamente en diversos centros culturais da Comunidade de Madrid e colaborando con entidades como a Fundación Colegio del Rey, Patrimonio Nacional, Círculo de Bellas Artes, a Consejería de las Artes da Comunidade de Madrid, Juventudes Musicales de Alcalá de Henares, así como a obra cultural de Caja Madrid.
Realizou tres gravacións discográficas, a primeira en 1999 co título de “Ópera prima”, rexistrando obras de autores españois; un segundo compacto dedicado integramente a Albéniz e Granados e, por último, un álbum de música hispanoamericana que leva por título Milonga del ángel.
José Ramón García Herrero (bandurria)Jaime del Amo Sáez (laúde tenor)Javier García Navarro (guitarra)
PROGRAMA DO CONCERTO
Idade Media e Renacemento
PARTE I
Anónimo, S. XIV - Llibre VermellMaria Matrem
Stella SplendensEmperayritz de la ciutat Joyosa
Luís de Narváez (1500-1560)Diferencias sobre Guárdame las vacas
Antonio de Cabezón (1510-1566)Diferencias sobre El canto llano del caballero
Alonso de Mudarra (1510-1580)PavanaGallarda
Romanesca
Anónimo, S. XVII - Suite CortesanaLas vacasEl villanoCanarios
Barroco
PARTE II
Gaspar Sanz (1640-1710)Villano
Pasacalle de la caballería de NápolesMiñona de Cataluña
Canarios
Padre Antonio Soler (1729-1783)Sonata en Sol Mayor
Sonata núm. 53 en La (Clarines)
Domenico Scarlatti (1702-1768)Fandango