+ All Categories
Home > Education > Ud5 3eso

Ud5 3eso

Date post: 06-Jul-2015
Category:
Upload: enrique-cardona
View: 724 times
Download: 5 times
Share this document with a friend
Description:
UD 5
25
Unidade Didáctica 5 A industria e a enerxía
Transcript
Page 1: Ud5 3eso

Unidade Didáctica 5

A industria e a enerxía

Page 2: Ud5 3eso

Introdución

• O sector secundario agrupa as actividades baseadas na extracción e transformación de materias primas noutros produtos.

• O desenvolvemento da industria creou moitos postos de traballo, pero na actualidade a crecente automatización dos procesos provocou a diminución do emprego industrial.

• Algunhas empresas industriais multiplicaron os seus establecementos ou fábricas e espalláronos por diversos países. Estas empresas multinacionais ou globalizadas atenden un mercado de ámbito mundial.

05

Page 3: Ud5 3eso

1. As materias primas1.1. As materias primas naturais

• As materias primas naturais son necesarias para elaborar un produto industrial.

• Atópanse na natureza e, debidamente transformadas nas industrias, convértense en produtos utilizables.

• As materias primas naturais pódense clasificar en: materias de orixe animal, vexetal e mineral.

05

Page 4: Ud5 3eso

1.2. A minaría

• A minaría é o conxunto de procesos que permite extraer os minerais, a maioría dos cales se atopan no subsolo.

• As explotacións mineiras ou minas poden ser de dous tipos: a ceo aberto ou subterráneas.

Ver Superman III: 1h 49min

05

Page 5: Ud5 3eso

Principais países produtores de recursos minerais non enerxéticos 05

Page 6: Ud5 3eso

1.3. Produción e consumo de minerais

• Os países industriais consomen moitos recursos minerais de xeito que, ás veces, a súa produción é insuficiente. Noutras ocasións carecen de minerais necesarios para a industria.

• Estes países mércanlles os minerais que precisan a grandes empresas nacionais ou internacionais que explotan ou comercializan os minerais que se extraen noutros países.

05

Page 7: Ud5 3eso

2. As fontes de enerxía tradicionais

2.1. Clasificación das fontes de enerxía

2.2. As fontes de enerxía tradicionais

05

Page 8: Ud5 3eso

2. As fontes de enerxía tradicionais2.1. Clasificación das fontes de enerxía

• As fontes de enerxía son recursos naturais a partir dos cales é posible obter formas de enerxía necesarias para o funcionamento de industrias, transportes e para usos domésticos.

• As fontes de enerxía pódense clasificar en dous grupos:

• Segundo a posibilidade de que se esgoten, as fontes de enerxía poden ser renovables e non renovables.

• En función da súa importancia económica, as fontes de enerxía clasifícanse en tradicionais e alternativas.

05

Page 9: Ud5 3eso

2.2. As fontes de enerxía tradicionais

• O carbón. Na actualidade, emprégase principalmente como combustible para a produción de enerxía térmica.

• O petróleo. É a fonte de enerxía máis utilizada, xa que posúe un gran poder calorífico, e é doado de extraer e de transportar.

• Gas natural. Emprégase como combustible ou como materia prima na industria química. O seu consumo é cada vez maior.

• Enerxía hidráulica. É a enerxía da auga acumulada nos encoros, que se utiliza para obter electricidade.

• Enerxía nuclear. Os combustibles nucleares son unha fonte de enerxía. Nas centrais nucleares, un reactor xera a calor necesaria para obter electricidade.

05

Page 10: Ud5 3eso
Page 11: Ud5 3eso

3. Localización das fontes de enerxía tradicionais3.1. Unha desigual distribución dos recursos enerxéticos

• O carbón é un combustible moi abundante na natureza. Salientan pola súa produción China, Estados Unidos e os países da Unión Europea.

• O petróleo. Os principais depósitos localízanse en Oriente Medio. Séguenos Estados Unidos, Rusia, Venezuela e Brasil.

• O gas natural concéntrase nos países do Golfo Pérsico e, tamén, en Estados Unidos, Rusia e Canadá.

• Os principais produtores de enerxía nuclear son Canadá e Estados Unidos.

• Salientan pola súa produción de hidroelectricidade Canadá, China, Estados Unidos, Noruega e Xapón.

05

Page 12: Ud5 3eso

Distribución dos recursos enerxéticos no mundo05

Page 13: Ud5 3eso

4. As fontes de enerxía alternativas

4.1. Buscando fontes alternativas de enerxía

4.2. A enerxía solar ou fotovoltaica

4.3. A enerxía eólica

05

Page 14: Ud5 3eso

4.1. Buscando fontes alternativas de enerxía

• O esgotamento das enerxías tradicionais non renovables como o carbón ou o petróleo e a contaminación que xeran fan desexable a súa substitución por outras fontes de enerxía.

• Na actualidade hai un grande interese por desenvolver fontes de enerxía alternativas que son, polo xeral, renovables e pouco contaminantes.

• As fontes de enerxía alternativas máis desenvoltas son a enerxía solar e a enerxía eólica.

05

Page 15: Ud5 3eso

4.2. A enerxía solar ou fotovoltaica

• A enerxía solar é abundante, inesgotable e non contamina, pero a intensidade da radiación solar non é igual en todas as zonas da Terra. Existen variacións ao longo do día e do ano.

• As aplicacións da enerxía solar son tanto industriais coma domésticas. Utilízase sobre todo para obter auga quente e electricidade.

• Os paneis solares fotovoltaicos permiten converter a enerxía solar en eléctrica.

05

Page 16: Ud5 3eso

4.3. A enerxía eólica

• Obtense a partir do aproveitamento da forza do vento para a obtención de enerxía eléctrica.

• Este tipo de enerxía é renovable e non contamina a atmosfera, aínda que está moi localizada e non é regular, xa que a forza do vento non é constante.

http://erenovable.com/energia-eolica/

05

Page 17: Ud5 3eso

5. A industria: un pouco de historia

- O traballo artesanal. Con anterioridade á industria, os artesáns elaboraban os seus produtos manualmente, aínda que se axudaban das ferramentas propias do seu oficio.- Os inicios da industrialización. No século XVIII substitúense o traballo manual e as ferramentas pola máquina-ferramenta. As máquinas aumentaron a produtividade.- As máquinas instaláronse en fábricas ou factorías situadas nas cidades ao utilizar o carbón como fonte de enerxía.- A industria actual. Caracterízase pola automatización e sofisticación dos seus procesos, a redución de man de obra e a fabricación de produtos cada vez máis diversos.

05

Page 18: Ud5 3eso

6. Clasificación das industrias. A empresa industrial6.1. Tipos de industrias

• As industrias presentan características diversas e admiten numerosas clasificacións. Un criterio de división é segundo o destino dos produtos fabricados. Pódense distinguir:

● Industrias de bens de produción. Elaboran produtos que non se consomen directamente senón que son produtos semielaborados, que serven como materia prima doutras industrias. Adoita chamarse tamén industria pesada.

● Industrias de bens de uso e consumo. Producen artigos que van destinados directamente ao mercado e aos consumidores. Adoitan denominarse tamén industrias lixeiras.

05

Page 19: Ud5 3eso

6.2. Clasificación das industrias: As industrias punta

• As industrias pódense clasificar segundo o seu nivel técnico. Denomínanse industrias punta aquelas que utilizan as tecnoloxías máis avanzadas e recentes como a microelectrónica, as telecomunicacións, a informática, etc.

• Caracterízanse porque requiren un persoal moi preparado e especializado, e por manter equipos de investigación numerosos que implican investir moito capital.

05

Page 20: Ud5 3eso

6.3. A clasificación da empresa industrial

• A unidade básica da actividade industrial é a empresa. As empresas pódense clasificar das seguintes formas:

• Clasificación segundo o tamaño. Poden ser pequenas empresas, medianas ou grandes empresas.

• Clasificación segundo a organización. Poden ser sociedades limitadas ou sociedades anónimas.

• Clasificación segundo a procedencia do capital. Poden ser públicas ou privadas.

05

Page 21: Ud5 3eso

6.4. Clasificación das industrias. A concentración da empresa industrial

• A concentración da empresa industrial pode ser horizontal ou vertical.

● Concentración horizontal. Únense varias empresas dun mesmo sector, como por exemplo a agrupación de empresas que explotan o carbón ou o petróleo.

● Concentración vertical. Agrúpanse empresas que fabrican distintos produtos dun mesmo sector. Por exemplo, no sector téxtil agrúpanse empresas de fiados, confección, etc.

• Asociacións de empresas: Cartel, Trust, Holding

05

Page 22: Ud5 3eso

7. O proceso e o traballo industrial7.1. Elementos do proceso industrial

• O proceso industrial combina unha serie de elementos cuxa finalidade é obter un produto industrial. Os principais elementos do proceso son:

● As materias primas e as fontes de enerxía.

● A forza de traballo.

● O capital.

● A tecnoloxía.

● A organización da empresa.

05

Page 23: Ud5 3eso

7.2. A división técnica e social do traballo

• Unha industria precisa duns traballadores que realicen un traballo indispensable para obter o produto final, pero tamén unhas persoas que realicen traballos de mantemento das máquinas, administración, vendas, etc.

• Esta división técnica do traballo impide que o traballador poida comezar e rematar o proceso produtivo por si só.

• A división técnica do traballo na empresa industrial implica ao mesmo tempo unha división social do traballo.

05

Page 24: Ud5 3eso

8.1. Factores de localización industrial

• As industrias actuais sitúanse nos lugares que lles ofrecen as condicións que máis lles conveñen:

• Algunhas industrias manteñen a súa localización tradicional, xa que dispoñen de boas infraestruturas, de industrias complementarias e de servizos técnicos de todo tipo.

• As industrias que precisan moita man de obra pouco especializada sitúanse frecuentemente en países con man de obra barata.

• As industrias que precisan tecnoloxía e investigación instálanse nos países con man de obra especializada, preto de universidades ou en parques tecnolóxicos.

05

Page 25: Ud5 3eso

8.2. Rexións industriais

• As rexións industriais máis importantes sitúanse en Europa, nos Estados Unidos e no Xapón. Tamén hai centros industriais na China, Corea do Sur, México ou no Brasil.

05


Recommended