+ All Categories

ud6

Date post: 01-Jul-2015
Category:
Upload: enrique-cardona
View: 185 times
Download: 10 times
Share this document with a friend
17
Os servizos. O desenvolvemento do turismo 1. As actividades terciarias 2. O sector terciario no mundo de hoxe 3. Un exemplo de servizo social básico: a sanidade 4. O turismo 5. Os efectos do turismo 06
Transcript

Os servizos. O desenvolvemento do turismo

1. As actividades terciarias

2. O sector terciario no mundo de hoxe

3. Un exemplo de servizo social básico: a sanidade

4. O turismo

5. Os efectos do turismo

06

Introdución

• O sector terciario ou sector servizos inclúe a educación, a cultura, a sanidade, o comercio, o transporte, a banca, etc. Serve para mellorar a calidade de vida das persoas.

• O sector terciario foi o último sector en desenvolverse, pero ao mesmo tempo, é o que na actualidade adquiriu maior importancia, sobre todo nos países ricos.

06

1. As actividades terciarias

1.1. Que é o sector terciario

1.2. A diversidade do sector servizos

1.3. Os servizos e os cambios sociais recentes

06

1.1. Que é o sector terciario

• O sector terciario é o sector económico que inclúe as actividades que non producen bens materiais. Préstanlle servizos á poboación.

• Nos países industrializados o sector terciario foi medrando en importancia, tanto polo número de traballadores que ocupa como pola riqueza que xera.

• Na actualidade, é o sector económico predominante.

06

1.2. A diversidade do sector servizos

• O sector terciario caracterízase pola gran diversidade de actividades que abrangue: sanidade, educación, turismo, comercio, transportes, etc.

• A máxima expansión do sector terciario acadouse coa sociedade da información, que produciu o desenvolvemento técnico e científico, a mundialización da economía, etc. Fálase de revolución do terciario.

• O conxunto das actividades relacionadas coa técnica e a ciencia forma parte do sector terciario superior ou cuaternario.

• Hai un sector terciario banal dedicado a traballos que esixen pouca preparación e están mal remunerados: servizos de limpeza, venda ambulante, etc.

06

1.3. Os servizos e os cambios sociais recentes

• Os servizos tamén se multiplican para lles dar resposta aos cambios sociais recentes.

• O aumento da esperanza de vida fai necesarios unha serie de servizos relacionados co coidado das persoas maiores ou dependentes.

• A incorporación da muller ao mundo laboral fai urxente a creación de escolas infantís e de servizos que faciliten o traballo doméstico.

• A redución da xornada laboral e as vacacións pagas explican a oferta de actividades de lecer e a importancia do sector turístico.

06

2. O sector terciario no mundo de hoxe 2.1. Características

• Na actualidade as actividades do sector terciario caracterízanse por:

• Seren moi heteroxéneas, non soamente pola variedade de servizos que existen ou pola cualificación do persoal, senón tamén polo tamaño das empresas que os ofrecen.

• Seren actividades intanxibles e inmateriais.

• Seren actividades imposibles de almacenar.

• Estaren situadas preto do consumidor.

• Teren un nivel de mecanización relativamente baixo.

• Seren actividades en expansión en todos os países do mundo.

• Estaren desigualmente repartidas.

06

2. O sector terciario no mundo de hoxe 2.2. Clasificación

• Existen diversas formas de clasificar as actividades terciarias. Unha delas organízaas en catro grupos:

• Os servizos sociais agrupan as actividades vinculadas á administración, á educación, á sanidade, etc.

• Os servizos de distribución agrupan as actividades relacionadas coa circulación de persoas, bens e información.

• Servizos ás empresas.

• Os servizos ao consumidor están relacionados co comercio polo miúdo, a hostalaría, lecer, reparacións e instalacións, etc.

06

Clasificación das actividades terciarias06

3. A sanidade 3.1. A mellora da esperanza de vida

• Ao longo do século XX a poboación mundial aumentou de xeito considerable porque en moitos países baixou a mortalidade infantil e aumentou a esperanza de vida. Estes progresos debéronse a diversas razóns:

• Unha mellor alimentación grazas aos progresos na agricultura.

• As melloras na hixiene.

• O descubrimento de remedios eficaces, como vacinas e antibióticos, para combater epidemias e doenzas.

06

3. A sanidade 3.2. A sanidade como servizo

• A sanidade é un servizo social básico. Todas as persoas teñen dereito a recibir asistencia médica. Pero este dereito, polo xeral, unicamente o poden exercer os habitantes dos países desenvolvidos.

• En moitos países o dereito á saúde garánteo o Estado. Unha parte dos impostos destínase a organizar o servizo de sanidade.

06

3. A sanidade 3.3. Saúde e riqueza

• O nivel económico dun país determina, en gran medida, o número e a calidade dos seus servizos sanitarios.

• Os países pobres carecen con frecuencia dos servizos sanitarios básicos e sofren os estragos de enfermidades transmisibles e infecciosas.

• Os países ricos dispoñen, cada día máis, de avanzados medios científicos e tecnolóxicos para combater certas doenzas. Nestes países, así e todo, aumentan as enfermidades do estilo de vida derivadas de formas de vida pouco saudables.

06

4. O turismo 4.1. Causas do desenvolvemento do turismo

• Unha das actividades do sector terciario que coñeceu un maior crecemento nos países ricos é o turismo. O crecemento débese a estes factores:

• A xeneralización da semana laboral de cinco días, que dá lugar a unha longa fin de semana, e dun período de vacacións pagas ao ano, polo que aumenta o tempo de lecer.

• A sociedade do benestar, ao cubrir as necesidades básicas e asegurarlles aos traballadores pensións de invalidez e de vellez, liberou os traballadores do aforro de previsión. Estes, como consecuencia, poden entrar na sociedade de consumo.

• A xeneralización do uso do automóbil e a mellora da rede viaria.

06

4. O turismo 4.2. Os desprazamentos turísticos

• Os centros emisores de turismo adoitan ser as grandes cidades ou áreas urbanas desde onde as fins de semana e, sobre todo, durante o verán, saen moitas persoas.

• Os fluxos turísticos diríxense cara a núcleos receptores que, segundo a distancia, son de diversos tipos:

• Núcleos turísticos próximos, situados nun raio de ata 200 quilómetros de distancia dos centros emisores.

• Núcleos turísticos intermedios, situados nun raio de ata 2000 quilómetros dos centros emisores.

• Núcleos turísticos afastados, situados a partir de 2000 quilómetros dos centros emisores.

06

4. O turismo 4.3. A importancia económica do turismo

• O turismo xera a creación e expansión de empresas e servizos: compañías aéreas, axencias de viaxes, cadeas hoteleiras, empresas de animación, etc.

• Estas empresas, asemade, proporcionan numerosos e diversificados postos de traballo: camareiros, guías turísticos, comerciantes, etc.

• Os turistas adoitan gastar os seus cartos nos lugares de destino: desprazamentos, aloxamento, actividades de lecer e diversión…, deixando beneficios no país.

• Nos países pobres, o sector turístico adoita estar en mans de grandes empresas tour operadoras e de transportes internacionais, con sedes nos países desenvolvidos.

06

4. O turismo 4.4. Os efectos do turismo

• Factores positivos do turismo. O turismo representa para un país ingresos elevados, crea moitos postos de traballo, dinamiza outros sectores económicos, permite o contacto con outras culturas e facilita a aprendizaxe de novas linguas.

• Factores negativos do turismo. O turismo tamén contribúe ao aumento dos prezos, incrementa a especulación do solo, enriquece a grandes empresas e moitos dos traballadores que crea son de pouca cualificación e están mal remunerados.

• O turismo tamén provoca grandes impactos ambientais: alteración da costa ao construír portos, contaminación da auga…

06

O turismo no mundo06


Recommended