Date post: | 05-Dec-2014 |
Category: |
Education |
Upload: | coordinadora-galega-endl |
View: | 3,573 times |
Download: | 4 times |
• Uxío Novoneyra nace o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda, unha aldea do Courel, onde pasa a nenez e a mocidade, o que terá unha influencia decisiva na súa obra.
Logo vivirá dous anos en Madrid, cidade na que fará o exame de Estado e na que se matriculará como ouvinte en Filosofía e Letras. Por estes anos tamén comezará a escribir en castelán, publicará na revista Bengala dous poemas e dará o seu primeiro recital poético.
Volve a Galicia para facer o servizo militar. En Compostela entrará en contacto co galeguismo e comezará a escribir en galego
• Unha pleuresía terao recluído varios anos na súa casa do Courel, aínda que participa nalgúns actos culturais como o recital celebrado en Compostela dentro do ciclo “Homenaje a la poesía gallega”.
• Nesta época Galaxia publica Os Eidos (1955) cun prólogo de Ramón Piñeiro.
Panos brancos esfiañados da nebraouveando polos vales polos soutos i as devesas marelasen busca dun caborco ou dunha valiña outa que os acollai os faga acougar!
Fiañas da nebra rubindo e baixando á gaiola do airePolas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal! Os Eidos
• Volve de novo a Madrid onde pasará catro anos. Alí traballará na radio e na TV en programas relacionados coa poesía e estará en contacto cos artistas e escritores que vivían daquela na capital do Estado, entre eles os integrantes do Grupo Brais Pinto.
• No 1966 publica Elegías del Caurel y otros poemas, libro bilingüe castelán-galego que será editado posteriormente no ano 1991 só en galego co título de Tempo de Elexía.
• No ano 1966 regresa tamén definitivamente a Galicia.
Fostes onte carreiriña para quedarmofo na pedra.
MARÍA MARIÑO CAROU: A Galicia.
Os que así nos teinSó tein noso os nosos nomes no censo,Que hasta o noso sudor sin alento pérdese na terra.
GALICIA, será a miña xeración quen te salve?Irei un día do Caurel a Compostela por terras libradas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inutle! Elegías del Caurel y otros
poemas
• Novoneyra permanecerá no Courel ata o ano 1983.
• Durante estes anos publicará Os Eidos 2 (1974), ilustrado por Laxeiro, e Poemas Caligráficos (1979) e tamén traducirá ao galego varios poemas de Mao Zedong.
DEVESA DE ROGUEIRA
Bidueiros cimeiros!Pena das Augas!Xardois teixosRebolos tocos faias derrubadas!
Camiño da Veneira!Carreiro dos dez regueiros!Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairasPincheiras e pincheiras!
/
Eiquí sempre foi bosque…
Ruxir soloDa fonte do corzo!Barbas de mofoPingando dos toros!
Os Eidos 2
• Desde 1983 ata a súa morte no 1999 vivirá en Compostela, onde se fará cargo da presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
• Nestes anos publica Muller para lonxe (1986), Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988), Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994), Camelio xaponés (1995), Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas (1997).
• Tamén escribe dous contos de aventuras para nenos ambientados no Courel: O cubil do xabarín (1991) e Gorgorín e Cabezón (1992).
• No ano da súa morte, 1999, publicará Onde só queda alguén para aguantar dos nomes en coautoría con Emilio Araúxo, co que xa fixera tamén o libro de conversas Dos soños teimosos (1998).
• Postumamente sairá publicado Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999).
ELEXÍA POR UN SOUTO
SOUTO de Leburínamarelo antetempoe aburado por fin!
Este brillo premido entre as pálpebras